bahia novembro

Page 28

VIRXILIO VIEITEZ EMIGRANTES Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo Datas: 22 outubro 2010 - 24 abril 2011 Lugar: salas de exposición da planta baixa Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 15.00 Cando se cumpren dous anos do pasamento de Virxilio Vieitez (Soutelo de Montes, Pontevedra, 1930-2008), inaugúrase nas salas da planta baixa do MARCO a esperada retrospectiva deste fotógrafo, realizada en coprodución con Fundación Telefónica. A existencia dun importante arquivo familiar que garda a totalidade da súa produción, fixo posible unha investigación a fondo. Ademais dos traballos máis coñecidos de Vieitez, preséntase unha grande cantidade de obras inéditas, entre elas fotografías en cor e vintage, nunha selección comisariada pola italiana Enrica Viganò, especialista en fotografía. A mostra inclúe un total de 293 fotografías expostas en salas —261 en branco e negro e 32 a cor— das que máis da metade son traballos inéditos, ás que se suman os 142 vintage exhibidos en vitrinas. Unha sala biográfica e a proxección do documental Virxilio Vieitez. “Más allá del oficio”, realizado por José Luis López Linares en 2005, con entrevistas a Virxilio e á súa filla Keta Vieitez, completan o discurso expositivo.

COLECCIÓN ZANCHI Caixanova Santiago de Compostela Fechas: del 3/10 al 16/1 Horario: de lunes a viernes de 17 a 20:30 h; sábados, domingos y festivos de 11 a 14 y de 17 a 20:30 h En el Centro Social Caixanova en Santiago se encuentra la exposición “Colección Zanchi Grandes maestros”, que reúne una selección de 40 piezas de esta pinacoteca privada. La muestra permite realizar un apasionado recorrido por la creatividad en Europa de la mano de 27 excepcionales figuras del arte europeo. El viaje comienza con una delicada Madonna del siglo XV de Andrea Mantenga y termina con la fuerza del romanticismo de Turner, tras haber contemplado la maestría de artistas de la talla de Durero, Tiziano, Tintoretto, Miguel Ángel, Van Dyck, Caravaggio, Rubens, Murillo, Ribera o Ingres. Se trata, por lo tanto, de un gran acontecimiento artístico, una cita ineludible para los amantes del arte, y una ocasión única para que el público admire estas excepcionales piezas que abandonan temporalmente Suiza, de donde proviene la colección.

MÁIS QUE A VIDA - VASCO ARAÚJO E JAVIER TÉLLEZ Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / CAM, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa Comisariado: Isabel Carlos Datas: Ata o 9 xaneiro 2011 Lugar: salas de exposición do 1º andar Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 21.00 Domingos, de 11.00 a 15.00 A exposición ‘MÁIS QUE A VIDA’, coproducida polo MARCO de Vigo e a Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa, ten como protagonistas aos artistas Vasco Araújo (Lisboa, 1975) e Javier Téllez (Valencia, Venezuela, 1969). O proxecto, comisariado por Isabel Carlos, podería definirse como unha dobre antológica que inclúe unha revisión dos seus traballos, ademais de pezas creadas especificamente para esta ocasión. A confrontación de obras de dous artistas supón un modelo curatorial pouco explorado, e formúlase aquí como unha mostra na que se pretenden destacar unha serie de aspectos en común. As salas acollen un conxunto de pezas de formatos variados —cinema, vídeo, fotografías, instalacións— se ben o nexo de unión non son os medios utilizados nas obras, senón os conceptos que as percorren. 28

OUTOMURO LOOKS Auditorio de Galicia Ata o 12/12/2010/ Lu-Do: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 A exposición Outumuro Looks. Vinte anos fotografando moda, organizada polo Museu Téxtil e de Indumentaria - Disseny Hub Barcelona, foi ideada por Ramón Prat e Silvia Ventosa e recolle a traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel OUtomuro. Presenta unha selección de 222 fotografías de moda realizadas por Manuel Outumuro durante as dúas últimas décadas, 1990-2010. A mostra constitúe un percorrido pola historia da indumentaria do último cambio de século a través das imaxes creadas por un dos fotógrafos máis recoñecidos do noso país.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.