Page 1

O paso da Música Clásica a través da sociedade.

By: Adrián Bermúdez Pérez

1


1.A música clásica. É unha das artes máis valoradas pola sociedade e é a que máis presenza ten no desenvolvemento da nosa vida diaria. No mundo occidental a música ten as súas raíces na Grecia antiga onde a música aparece como un fenómeno ligado á necesidade do home de comunicar sentimentos e vivencias. A música coral era o elemento básico na educación dos mozos espartanos e era un elemento fundamental dentro das traxedias gregas. Era unha época na que predominan os elementos rítmicos sobre os melódicos e a voz humana tiña unha clara primacía sobre os instrumentos. Estes eran poucos e non demasiado variados; non obstante, coñecíanse xa instrumentos de vento, como a frauta de Pan, e de corda como as cítaras ou arpas. Os gregos tamén foron os primeiros en imaxinar, no século VI a.C, un sistema de notación relativamente conciso, que utilizaba como signos os caracteres dun alfabeto arcaico, rectos, invertidos ou inclinados, segundo responderan ao son natural, a un semitón ou á elevación dun cuarto de ton. 2.A música na antigüidade. A música na Idade Media era unha música culta e só para os grupos privilexiados, posto que era entendida só por este tipo de persoas; nesta etapa déronse tres tipos: -->Renacemento: Vaise fusionando pouco

a pouco a música relixiosa e profana. Maior equilibrio entre as diferentes voces. Foise substituíndo pouco a pouco as voces por instrumentos o que favoreceu a danza e o florecemento da música instrumental. A música chega aos salóns cortesáns. A música úsase como un medio para o gozo e a diversión Unha maior dignificación do músico profesional, grazas ao mecenado das clases poderosas. -->Barroco: Os compositores utilizan texturas musicais lixeiras e homófonas. O baixo continuo, ou baixo cifrado, convértese no alicerce musical da maior parte das composicións. Se preserva un mesmo clima ou sentimento musical ao longo de toda a peza. A familia de violíns substitúe a das violas antigas. A orquestra comeza a coller forma, sendo o seu compoñente principal de cordas. O sistema de modos cae en desuso por completo cara ao final do século XVII. Baséase agora no sistema de escalas maiores e menores. Formas musicais características utilizadas por compositores do Barroco: binaria ,ternaria, as variacións, a forma, ritornello, a fuga.

Tipos principais de música Barroca:vocal e instrumental. A miúdo obsérvase ritunos enérxicos que levan a música cara a diante. As melodías son frecuentemente longas e fluídas. -->Clasicismo: A música no clasicismo é cortesá, refinada, elegante, obxectiva e pouco emocional. Forma: Sonata, Sinfonía, Concerto solista, Cuarteto... Melodía: Claridade, frases nítidas e regulares que se abren e pechan con certos repousos. Estilo: Homofónico ou vertical. Trátase de acompañar unha melodía ou tema. Pouca utilización do contrapunto. Harmonía: Clara e non cromática. As disonancias resólvense satisfactoriamente. Ritmo: Sinxelo, regular, con silencios intercalados, como descansos contrastantes entre temas e melodías. Dinámica: É tranquila, sen bruscos crescendos ou diminuendos. Instrumentación e orquestración: A música instrumental é máis importante que a vogal. Como a extensión dos instrumentos é reducida aínda, evitan rexistros extremos. Empeza a desenvolverse o piano. Aparecen os concertos públicos. Grande expansión da música editada.


3.A música clásica na actualidade (s. XIX). Desaparece o baixo continuo e no seu lugar acompáñase con acordes repetidos ou enarpexios. O ritmo do acompañamento vólvese máis suave e natural que no Barroco. A melodía principal constrúese case sempre de forma simétrica, con frases de catro ou oito compases. Os compositores intentan que as obras garden as proporcións precisas, sen que ningún fragmento destaque excesivamente. Utilizan a forma sonata en todo momento. Fórmanse agrupacións instrumentais fixas, buscando o equilibrio dos diferentes timbres, como o cuarteto de corda ou a orquestra clásica. 4.A música popular. A música popular comprende un conxunto de xéneros musicais que resultan atractivos para o gran público e que xeralmente son distribuídos a grandes audiencias a través da industria da música. Isto está en contraste tanto coa música culta coma coa música tradicional, as cales normalmente se difunden por vía académica ou por vía oral a audiencias máis minoritarias. Características: - É distinta segundo cada país e época ( algúns lograron repercusión internacional ). -Dirixida ás masas ( busca ser aceptada por unha ampla maioría, o pobo). -Xorde e desenvólvese

nas cidades ( por iso dise que é urbana). - Persegue a máxima expectación ( a través dos medios de difusión, radio, discos e cine ). Corais. Coa chegada do Romanticismo, faise música xa non nas cortes para solaz dos aristócratas senón nos salóns dos burgueses, nas salas de concerto e nas óperas estatais. Os músicos xa non son lacaios con librea como Haydn, senón cuentapropistas, os cales compoñen para editores e frecuentan os salóns artísticos. Os seus clientes son ás veces sociedades corais (referente ás corais; tipo) cuxos membros cantan en coros; algúns deles son exclusivamente masculinos e para eles compoñen compositores como Anton Bruckner. Pero a maioría da produción coral da época son coros a tres ou catro voces, onde sobresaen os mestres alemán e austríacos: Mendelssohn, Brahms, Bru ckner,Schumann... A temática dos coros de cámara do Romanticismo é variada: relixiosa (os Marienlieder de Brahms), a natureza (o Jagdlied de Mendelssohn), nacionalista (Der Deutscher Rhein de Schumann), colorista (Zigeunerlieder de Brahms)... A letra á que poñen música os compositores é un fiel reflexo da súa época. O paso da música clásica a través da sociedade. A música dende a antigüidade ata os nosos días non só foi diferenciada pola cantidade senón basicamente por formular novos rumbos nas condutas humanas; Xa que hai 2,500 anos, a música se considerou unha forza tan

potente e influente na sociedade "ata os principais filósofos e políticos loitaron polo seu control", mesmo a través da constitución da súa nación. Este foi o caso en Esparta e Atenas. Outras culturas antigas, como as de Exipto, India e China, manifestaron preocupacións similares. Hoxe, un control lexislativo ou gobernamental deste tipo sería case inconcibible, pero mesmo neste século, hai gobernos que implementar leis para controlar a música. Un dos argumentos que predomina ao longo do século XX é: "O libre pensamento". Polo cal xa non se toman en conta os estándares de ética; non quere dicir que se incumpran se non que agora xa non lle ten tanta importancia só se dá o tempo necesario para "dixerilas e discutilas. polo cal se fai necesaria a investigación sobre o por que e o como a música se a convertido nun fenómeno de cambio nas sociedades; non só de cambio se non tamén de empoderamiento social. Esta monografía propón analizar o impacto que desenvolve a música sobre a sociedade en xeral, dende os puntos de vista antropolóxico, sociolóxico e psicolóxico.


Revista (Proba) V:PRO  

Revista non acabada desculpen as molestias

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you