Issuu on Google+

PELÍCULAS QUE CHEGAN AO

CORAZÓN Podes atopalas na biblioteca e levalas en préstamo


Un elegante play boy e unha bela cantante dun club nocturno coñécense a bordo dun transatlántico. Ela é a amante dun magnate e el está comprometido cunha rica herdeira. Entre eles xorde un apaixonante romance que os levará á seguinte promesa: romper cos seus compromisos actuais, buscar traballo e encontrarse aos seis meses, para continuar a súa vida xuntos. Pero un tráxico accidente impide aTerry acudir á cita, co que o futuro de ambos os dous sufrirá un xiro emotivo e incerto.


Jing, un colexial inxenuo da cidade que debe trasladarse a un remoto pobo na montaña para a súa "reeducación" durante a Revolución Cultural. O seu pai foi encarcelado e a súa nai loita para alimentar os seus tres fillos. Jing sabe que tanto o seu futuro coma o benestar da súa familia dependen do seu bo comportamento en opinión das autoridades. Abondaría cun erro para arruinar as súas vidas. Pero a súa prudente e tranquila existencia vese trastornada cando se namora de Sun, o encantador fillo dun militar de elite.


Un home nace con oitenta anos e vai rexuvenecendo a medida que pasa o tempo, é dicir, en lugar de cumprir anos descúmpreos. Esta é a historia dun home extraordinario, da xentes que vai coñecendo, dos seus amores, pero sobre todo da súa relación con Daisy .


Anna (Felicity Jones), unha moza británica que estuda na universidade de Los Ángeles, namórase de Jacob (Anton Yelchin), un mozo norteamericano, pero ambos os dous vense obrigados a separarse porque a ela non lle renovan o visado . Regresa entón a Londres, de modo que a parella se ve obrigada a manter a súa relación a distancia.


Andrés vive en Alemaña dende hai 10 anos. Regresa a Chile para pechar o seu pasado antes de asentarse definitivamente en Berlín. Na súa estanza, asiste á festa de aniversario dun dos seus amigos, onde redescobre todo un mundo que deixou de ver, incluída Beatriz, o seu grande amor. Este reencontro pode cambiar a vida de Andrés para sempre.

seu


Amanda Woods unha rapaza americana que posúe unha próspera axencia de publicidade, vive no sur de California e acaba de romper co seu noivo. Pola súa banda, Iris Simpkins , redactora da popular columna de vodas para o London Daily Telegraph, vive nunha encantadora casa de campo en Inglaterra e as súas relacións cos homes tampouco son doadas. A través de Internet chegan a un acordo para intercambiarse as súas respectivas vivendas.


Durante unha visita a Roma, Ana, a nova princesa dun pequeno país centroeuropeo, trata de eludir o protocolo e as obrigas que implica, escapándose de pazo para visitar a cidade de incógnito. Así coñece a Joe, un xornalista americano que busca unha exclusiva e finxe descoñecer a identidade da princesa. A parella vivirá unhas xornadas inesquecibles percorrendo a cidade.


Daniel é fillo dun taxista de París, e o pai de Lauren é o xefe dunha multinacional americana en Europa. Ambos os dous adolescentes acaban de descubrir o amor. Julius St. Toran, un vello diplomático inglés, cóntalles aos rapaces que para que o amor sexa eterno é preciso ratificalo cun bico baixo o veneciano Ponte dos Suspiros.


Arxentina, anos 70. Benxamín Espósito é oficial dun Xulgado de Instrución de Bos Aires e está a punto de retirarse. Obsesionado por un brutal asasinato acontecido trinta anos antes, decide escribir unha novela sobre o caso, do cal foi testemuña e protagonista. Revivindo o pasado, vén tamén á súa memoria o recordo dunha muller, a quen amou en silencio durante todos eses anos.


Jack, un novo artista, gaña nunha partida de cartas unha pasaxe para viaxar a América no Titanic, o trasatlántico máis grande e seguro xamais construído. A bordo coñece a Rose , unha moza dunha boa familia vinda a menos que vai contraer un matrimonio de conveniencia con Cal, un millonario fachendoso a quen só interesa o prestixioso apelido da súa prometida. Jack e Rose namóranse, pero o prometido e a nai dela poñen todo tipo de trabas á súa relación. Mentres, o xigantesco e luxoso trasatlántico se aproxima cara a un inmenso iceberg.


Libremente inspirada na obra homónima da escritora danesa Isak Dinesen. A principios do século XX, Karen contrae un matrimonio de conveniencia co barón Blixen . Ambos os dous establécense en Kenya co propósito de explotar unha plantación de café.En Karen Blixen nace un apaixonado amor pola terra e polas xentes de Kenya. Pero tamén se namora pérdidamente de Denys Finch-Hatton , un personaxe aventureiro e romántico

á antiga usanza, que ama a liberdade por enriba de todas as cousas.


Durante

a

Segunda

Guerra

Mundial,

Casablanca era unha cidade á que chegaban fuxindo do nazismo xentes de todas as partes: chegar era doado, pero saír era case imposible, especialmente se o nome do fuxitivo figuraba nas listas da Gestapo. Nesta ocasión o principal obxectivo da policía secreta alemá é o líder checo e heroe da resistencia Victor Laszlo, cuxa única esperanza é Rick Blaine, propietario do 'Rick's Café' e antigo amante da súa muller, Ilsa. Cando Ilsa se ofrece a quedar a cambio dun visado para sacar a Laszlo do país, Rick deberá elixir entre a súa propia felicidade ou o idealismo que rexeu a súa vida no pasado..


Películas que chegan ao corazón