Issuu on Google+

ÉTICA 4º ESO Estrutura moral Nome.......................................................................Nº........Data.......................... 1. Vocabulario Etnocentrismo

Crenza / Coñecemento

2. Autonomía / Heteronomía Di se as seguintes persoas se comportan de xeito autónomo ou heterónomo, xustificando a túa resposta: a) Imos   facer   unha   competición   de   dardos   entre   a   xente   da   cuadrilla.   Estamos   na   cafetería  decidindo as normas para participar, os premios e as quendas. b) Non podo ir convosco á cafetería. O meu amigo Xan ponse furioso se non quedo con el polas  tardes. c) Apetéceme saír coa miña cuadrilla pero a miña amiga Carla está operada, así que decido ir ó  hospital facerlle unha visita. Por isto collín o autobús; xa estou chegando. d) Onte decidín que hoxe visitaría á miña amiga Carla no hospital, pero agora mesmo debe estar  pasando o único autobús e aínda non saín de cama.

3. Cuestións a) Explica esta frase de J.P. Sartre: Estou condenado a ser libre b) Explica por que é tan importante en ética o concepto de Liberdade c) Explica o concepto de Tolerancia. Hai algún límite para a tolerancia?

4. Discusión: Edipo de Tebas Discute se Edipo de Tebas era libre ou non para matar a Laio

Puntuación: Prgs. 1, 2: 2 ptos.; Prgs. 3, 4: 3 ptos. Non contestes ningunha pregunta nesta folla. Pon o teu nome e número en tódalas follas que entregues


ÉTICA 4º ESO Estrutura moral Nome.......................................................................Nº........Data.......................... 1. Vocabulario Tolerancia

Autonomía / Heteronomía

2. Crenza / Coñecemento Di se as seguintes afirmacións son crenzas ou coñecementos, xustificando a túa resposta: a) Estou vendo a Pedro. Ten unha camiseta verde. b) Cando chegues busca a Pedro. Poderás saber quen é porque seguramente levará unha camiseta  verde, como soe facer. c) Creo que Deus existe: o 100% dos Papas estiveron de acordo nisto. d) O equipo médico cre que a paciente ten unha enfermidade contaxiosa: o 90 % estaban de acordo,  á vista das análises e as radiografías.

3. Cuestións a) Explica esta frase de J.P. Sartre: Estou condenado a ser libre b) Compara a situación dos seres humanos e as máquinas ante a ética c) Explica o concepto de Tolerancia. Hai algún límite para a tolerancia?

4. Discusión: Edipo de Tebas Discute se Edipo de Tebas era libre ou non para casar con Iocasta

Puntuación: Prgs. 1, 2: 2 ptos.; Prgs. 3, 4: 3 ptos. Non contestes ningunha pregunta nesta folla. Pon o teu nome e número en tódalas follas que entregues


Exemplo exame Estrutura Moral 4º ESO