1 minute read

Reto 27 | Ocio na xuventude

RETO 27 | OCIO NA XUVENTUDE

Queremos fomentar un ocio alternativo ao que se da en establecementos mercantilizados para a xuventude, provendo novos espazos públicos de socialización. Non podemos ignorar a realidade actual e a relación do ocio nocturno co consumo de alcol, e a problemática que isto xera nas fin de semana, cun “botellón” agora diseminado, que provoca problemas de convivencia coa veciñanza.

Accións que propoñemos:

1. Crear dunha programación cultural e de actividades alternativas de ocio nocturno ​os venres e sábados, non asociado ao consumo de alcol.

2. Fomentar o espazo público como espazo educador e de cohesión social​, con actividades especiais en parques, xardíns e prazas. Algunhas propostas:

a. Animación á lectura

b. Dinámicas teatrais e maxia

c. Conta-contos

d. Obradoiros

e. Obras de títeres

f. Xogos de cooperación

3. Facilitar un espazo para a auto-organización de actividades por parte dos colectivos da mocidade​ (podería ser nunha das naves de Ojea).

4. Buscar unha solución non represiva ao “botellón”​.

5. Reclamar a eliminación da publicidade do xogo e apostas nos medios de comunicación​, e evitar a implantación deste tipo de negocio en zonas onde concorre a xuventude, polo seu posible fomento das adiccións, especialmente entre a mocidade.