1 minute read

Reto 17 | Desbloqueo de temas pendentes: Urbanismo e PXOM

RETO 17 | DESBLOQUEO DE TEMAS PENDENTES: URBANISMO E PXOM

Necesitamos repensar o urbanismo da nosa vila, como nos afecta no noso día a día e como podemos solucionalo. O Concello ten as competencias e debe desenvolver as ferramentas que permiten atopar as solucións.

Porén, levamos case trinta anos cunha normativa de mínimos, imposta desde administracións superiores, que ningunha corporación foi quen de desprazar cun planeamento feito desde aquí. Despois dos avances (e atrasos) nesta pasada lexislatura, a próxima lexislatura debe parir por fin un Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Accións que propoñemos:

1. Aprobación definitiva do PXOM​, que debe recoller as solucións de deseño da nosa vila. Antes do proceso de validación:

a. Posta en marcha da Oficina do Plan Xeral​, para a atención á veciñanza.

b. Presentación en todas as parroquias dos avances e principais propostas de planeamento,​ para facilitar a compresión e participación no PXOM.

2. Posta en marcha dun ​Consello Sectorial de Urbanismo efectivo​.3. Desafectación de espazos de uso non portuario​.

4. Reforzo das vías alternativas ao centro da vila​, co desenvolvemento da Avenida de Galicia e da Circunvalación, como avenidas abertas compartindo espazo peonil e ciclable.

5. Recoller no planeamento o camiño a Punta de Couso como de uso público​.

6. Desenvolvemento da zona de Massó, ​priorizando a preservación ambiental do espazo.