1 minute read

Reto 12 | Economía e facenda: Eficiencia, fiscalización e acabar coa débeda

RETO 12 | ECONOMÍA E FACENDA: EFICIENCIA, FISCALIZACIÓN E ACABAR COA DÉBEDA

Un concello saneado pode planificar, anticiparse e establecer estratexias de investimento, proxectos, obras, acción social, deportiva, cultural a medio e longo prazo. Pode deseñar o futuro para non afogar na inmediatez. Traballaremos para combater a improvisación, a precipitación e pularemos pola metodoloxía, o traballo en equipo, a especialización, e un comportamento profesional, como en calquera outro traballo.

Accións que propoñemos:

1. Re-negociación das condicións do Plan de Axuste​, agora que a débeda foi reducida notablemente, imprescindible para a reestruturación económica e organizativa do concello.

2. Incorporación de criterios ambientais, éticos e sociais aos contratos de obras, licitacións e compras realizadas polo Concello​. Aposta pola economía verde.

3. Realización dun Plan de eficiencia enerxética​, incluíndo locais e edificios públicos e as luminarias de rúa, e cambio cara modelos enerxéticos de baixo consumo coa aplicación de estándares de recomendación para evitar a contaminación lumínica.

4. Modificar a ordenanza fiscal sobre o imposto de circulación de vehículos​ ​para aplicar bonificacións a favor dos titulares de vehículos​, que pola clase de carburante empregado, ou polas características do motor, considérase ​que producen menor impacto ambiental.