1 minute read

Reto 9 | Inclusión social: dereito á cidadanía

RETO 9 | INCLUSIÓN SOCIAL: DEREITO Á CIDADANÍA

Mais alá das actuacións en materia de Servizos Sociais, cremos que a Igualdade e a Diversidade precisan dunha aposta política e un compromiso maiores. Cremos que, malia todos os avances sociais que se van acadando queda moito por facer.

Temos que garantir que todas as persoas teñan as oportunidades e os recursos precisos para participar completamente na vida económica, social e cultural.

Accións que propoñemos:

1. Aumentar a partida orzamentaria á axuda de persoas en situacións de vulnerabilidade e exclusión​, garantindo os subministros básicos e combatendo a pobreza enerxética.

2. Promover campañas de inclusión social das diversidades funcionais, afectivo-sexuais, sensoriais, étnicas ou culturais, ​en colaboración co tecido asociativo.

3. Crear o Plan local de inclusión social​, onde se detecten os colectivos en situación de exclusión e vulnerabilidade e as accións encamiñadas para superar esta situación.

4. Garantir a correcta alimentación das menores a través dos comedores dos centros educativos​, asumindo os custos xerados daqueles en situación económica desfavorable.

5. Introducir cláusulas nas contratacións de persoal para favorecer a inclusión laboral​ de persoas con diversidade funcional, mulleres vítimas de violencia e colectivos en exclusión social.