Page 1

E.N.D.L. do C.E.I.P. “” A PONTE” (LUGO)

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009


Nado o 31 de maio do 1915 na parroquia de San Pedro de Armeá en Láncara (Lugo) e morre o 27 de agosto do 1990 en Santiago de Compostela a consecuencia dunha grave insuficiencia hepática. Profesión: escritor, ensaísta, tradutor, filósofo e político.

Fai o bacharelato elemental en Lugo ata 1930 e logo retorna ao seu pobo para axudar nas tarefas agrícolas familiares, traballando logo en Sarria onde asiste a actos electorais no ano 1931, ano no que é proclamada a II República. Retorna a Lugo no 1932 para facer o bacharelato superior e, influído por un mitin do recén creado Partido Galeguista, Ramón participaría na creación da Mocidade Galeguista de Lugo, onde coñece a Ramón Otero Pedrayo. Foi elixido secretario de Cultura (máis tarde chegaría a desempeñar o cargo de presidente). Desde moi novo entrou en contacto coas figuras míticas do galeguismo de antes da guerra coma Alfonso Daniel Castelao, Alexandre Bóveda e Gómez Román. Fundador da Editorial Galaxia e codirector de Grial. No 1936 é elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Durante a guerra civil loita no bando nacional. Ao rematar a guerra estuda Filosofía e Letras na Universidade de Santiago e Madrid pero estaba máis preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo e abandona os estudos pola política.


Desde o 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista participando despois tamén na súa auto-disolución. Cando a finais de 1945 os nacionalistas cataláns, bascos e galegos deciden tratar co goberno republicano exiliado en Francia, Piñeiro será designado como representante galego naquela xestión. No 1946 é detido e permanece 3 anos na cadea nos penais de Alcalá, Ocaña e Yeserías. No 1949 establécese en Santiago defende a loita cultural, preocupándose de que as novas xeracións sentisen apego á cultura e se preparasen para a transición democrática.

Esforzouse

radicalmente

a

estratexia

prescindindo

da

opción

en

mudar

galeguista, política

e

reducíndoa cara á intervención cultural, o que provoca a desvertebración do Partido Galeguista. Froito deste posicionamento, coñecido como "piñeirismo", será a fundación en Vigo da editorial Galaxia no 1950 coa finalidade de difundir a cultura na postguerra, sendo o seu primeiro director e traballando nela ata 1966.


Galaxia foi a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega. Desde a mesa do seu gabinete de Xelmirez fomentará entre a mocidade o imposibilismo dunha reactivación política galega e dedicarase á escrita. En 1951 funda xunto con Francisco Fernández del Riego a Revista Grial. 1966 trasládase a Estados Unidos, como profesor invitado da Universidadede Middlebury, en Vermont. O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega, co discurso "A lingoaxe i as lingoas", que foi respondido por Domingo García-Sabell (médico nacido en 1909, membro tamén da «Xeración Galaxia»). Foi censurado por ideólogos galeguistas como conservador, mesmo Méndez Ferrín o criticou. Pretendía que todos os líderes políticos galegos asumisen o galeguismo entre os seus obxectivos fundacionais. Baixo o grupo denominado Realidade Galega, influíu notablemente para acadar partidos homologables aos europeos. Mantívose en contacto cos líderes culturais e políticos de todos os partidos que existían na clandestinidade galega, e os que agromaban ao principio da democracia, tales como Xosé Manuel Beiras, Xaime Illa Couto, Xerardo Fernández Albor. Cando chega a democracia, Piñeiro, que nunca deixou de defender a postura do "galeguismo difuso" (isto era, "tinguir todos os partidos de galeguismo en vez de ter un único partido galeguista") formou parte do primeiro Parlamento Autonómico, como deputado pola provincia de A Coruña, como independente dentro das listas do Partido

Socialista

de

Galicia,

xunto

con

outras

destacadas figuras da cultura galega como Alfredo Conde ou Benxamín Casal. Gran amigo de Carlos Casares. Foi ponente da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia.


En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, como público e merecido recoñecemento a unha das personalidades máis egrexias e que máis fondamente influíron na vida política e cultural da Galicia do século XX. Cargo que desempeñou ata o seu pasamento. En 1984 recibe a “Creu de San Jordi”. En 1985 recibe a Medalla Castelao. O 11 de febreiro de 1993 créase o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.


A súa correspondencia publicouse en Cartas para os amigos (1992) e Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000).

“Filosofia da saudade”

libro que recolle

unha

compilación cunha achega completa ao tema da saudade na análise dun dos maiores pensadores galegos do século XX. Comprende cinco ensaios: "A filosofía e o home", "Significado metafísico da saudade", "Para unha filosofía da saudade", "Saudade e sociedade, dimensión do home" e "A saudade en Rosalía".


No

libro

“Da

miña

acordanza.

Memorias” recóllense as lembranzas que Ramón Piñeiro escribiu do seu puño e letra mais a trascrición das cintas nas que foi contando a Carlos Casares a súa vida e as súas intervencións no campo da cultura e a política galega da segunda

metade

do

século

XX.

Engádense tamén fotos sobre a vida do intelectual galeguista, e un texto sobre Galicia da súa autoría.

No libro “Olladas no futuro” recóllense os textos nos que se refrexan o seu pensamento sobre Galicia, reflexións sobre un tempo que iluminan e axudan a pensar o presente.

“ A linguaxe e as linguas” libro que tamén recolle o texto do discurso de ingreso na Real Academia Galega no que aborda a lingua e a súa relación coa identidade colectiva do pobo galego e tamén un limiar de Henrique Monteagudo e o discurso de resposta de Domingo García-Sabell.


“Notas pra unha filosofía galaico-portuguesa”.

“Lembrando a Castelao”

Os seus traballos e traducións foron decisivos na normalización do galego catapultando a lingua do seu ámbito rural na que foi encadrada ao que é hoxe, unha das linguas oficiais de España. Como editor destacar a publicación do Dicionario Enciclopédico Galego-Castelán de Don Eladio Rodríguez González. No eido das traducións traballou xunto con Celestino Fernández de la Vega nas obras do celtista austrohúngaro Julius Pokorny traducindo o Cancioneiro da Poesía Céltica e do filósofo alemán Martin Heidegger traduce a conferencia Von Wessen der Wahrkeit co título galego Da esencia da verdade.


http://centros.edu.xunta.es/ceipapontelugo

Ramón Piñeiro López  

Vida e obra do autor a quen se lle adica o Día das Letras Galegas do 2009

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you