Page 1

Día das Letras Galegas 2011 Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Manuel

Hermenegildo

Pura

Mª Inés

Manuel

Xosé Manuel

Lois Pereiro

Inés

Balbina


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Lois Pereiro (Luis Ángel Sánchez Pereiro), naceu un 16 de febreiro de 1958 que cadrou en domingo de entroido. Fillo de Manuel Sánchez, dono dun taller de cristalaría e de Pura Vila mestra, ambos do Incio. Era o segundo fillo da parella tras o seu irmán Manuel –

hoxe periodista-, sete anos máis tarde viría ao mundo a súa irmá Inés. Criouse en Morforte na casa que a familia tiña na estrada de Ourense onde coma calquera outro neno pasaba os días entre a escola e os xogos cos seus amigos no faiado, nas rúas, nos solares… Pasaba os veráns nas aldeas do Incio, primeiro en Reádigos e logo en Santa Cristina. Non faltaron tampouco as escapadas coa súa familia ás praias de Riazor ou Miño na Coruña.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Lois, estudou nos Escolapios, onde lle recoñeceron o seu bo traballo entregándolle un diploma coa cualificación de ―sobresaliente‖ no curso 63-64 cando estudaba en párvulos.

Tamén nos Escolapios fixo a Primeira Comuñón no ano 1964 para logo celebralo na súa casa xunto coa súa

familia.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Participou tamén en campamentos dos Scouts no Río Lor. Na súa nenez foi tímido e calado.

No Monforte de aquel tempo non había moito espallamento cultural e Lois atopaba

resposta ás súas inquedanzas na lectura de libros, sendo asiduo das librarías Xistral, Balado ou Mapa de Monforte. Cando ían a Lugo ao médico tamén aproveitaba para mercar libros, de feito, tiñan

un pacto familiar moi saudable desde o punto de vista cultural <<unha visita, un libro>>. Tamén foi un gran entusiasta da música e do cine.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Con tan só 17 anos recitaba aos simbolistas franceses nas discotecas. Participaba nos debates dos lectores nas revistas de cine e gozaba escoitando a Velvet,

Bowie ou King Crimson. Tamén na mocidade entra en contacto coa poesía de Manuel Antonio, que se revelou unha influencia fundamental na súa decisión de escribir en galego.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Lois fixo o bacharelato no Instituto Rio Cabe de Monforte. No 1975 foi estudar a Madrid Socioloxía na Universidade Alfonso XIII pero desistiu de facelo xa no primeiro trimestre e coincidindo coa morte de Franco retornou á casa e estivo traballando como un empregado máis da cristalaría do seu pai poñendo cristais nas

obras. No 1976 volve a Madrid matriculándose en francés, inglés e alemán na Escola Oficial de Idiomas.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Lois durante a súa estancia en Madrid coñece a outros rapaces coas súas mesmas inquedanzas culturais; a Manuel Rivas, aos pintores Reimundo Patiño, Antonio Patiño e Menchu Lamas, a Fermín Bouza e a Vicente Araguas. É o momento no que fundan a revista Loia.

Vivía

no

Paseo

Extremadura que

de

nun piso

compartía

con

Cabo

súa

Piedad

compañeira), Couso, amigos.

entre

(a

Pedro

e

outros


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

En Madrid fundou a revista 'Loia‗ xunto a Antón Patiño e Manuel Rivas, que só coñecería catro números -o último de 1978-.

No 1981 moita da xente que integraba o círculo que editaba 'Loia' xa non estaba en Madrid pero Lois quedou e todos os que vivían no piso foron afectados pola colza. Lois foi o que en peor estado quedou, perdeu moita masa muscular e non tiña mobilidade nas articulacións.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Gaña

o

Concurso Nacional de Poesía O Facho, foi o

único premio que recibiu que

xa non

adoitaba difundir o seu traballo individual .


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Lois entregouse á estética centroeuropea á que sempre sería fiel. Paul Celan, Jean Lorraine, Elouard, Breton, Alfred Jarry, Handke, Bernhard. naquela época moitos víano escasamente comprometido, demasiado vangardista. As súas palabras foron: <<Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo>> <<Por iso podo decidir militar na miña propia lingua>> (lingua que asumimos precisamente nese tempo de buscar quen es e que queres ser).

Tempo máís tarde, outros criticábanlle fidelidades e militancias pouco modernas. A estas críticas dixo: <<Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse>>, Nas viaxes iniciáticas por Europa atopaba reencarnados na Bretaña os labregos do Incio, e nas estacións de tren de Alemaña o mesmo cheiro agre a creosota das vías monfortinas.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Foi un viaxeiro incansable percorrendo: Gran Bretaña, Irlanda, Alemaña, Paris, Estrasburgo, Bruxelas, Praga…


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

A comezos dos 80 estableceuse na Coruña vivindo primeiro co seu irmán e logo tamén coa súa irmá.

Regresou a Galicia, xa co corpo enxoito e cunha enfermidade que había de acompañalo o resto da súa existencia, era unha vítima máis da colza. Lamentablemente o seu contacto coa heroína deixoulle pegada e isto xunto coa SIDA fixéronlle difícil os seus poucos anos de vida.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

A imaxe de Lois Pereiro, co pelo de punta e chupa negra, é reflexo da súa actitude fronte a vida: esgazada, crúa e

espida coma os seus versos. Estes elementos

determinaron

o

mito

marxinal e cosmopolita que o poeta personifica.

A

autodestrución,

a

desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía. Da aniquilación á nostalxia foi o camiño literario que andou, deixando unha pegada cada vez máis fonda en lectores cada vez máis novos.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Lois Pereiro compaxinou profesionalmente o exercicio da tradución coa labor poética e contribuíu a artellar varias antoloxías colectivas. Contribuíu como letrista a Radio Océano que era unha banda de rock galego que naceu no 81,

sendo o seu vocal Xosé Manuel, o irmán de Lois.

Fixo

dobraxes

películas

e

de

series

Tamén traballou como redactor de guións

para a TVG.

televisivos intervindo en programas de

Del din que sempre

modernidade e primeiros audiovisuais

foi

experimentais como a curta Valle de

difusión

lágrimas de Jorde Demetrio Rodríguez.

do seu traballo.

reticente

á

individual


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

De volta a Galicia, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi

diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostemento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.


Lois Pereiro afirmaba que ''todo forma parte dun ciclo: vivir-falar-falar da propia vida-escribir e calar. Isto último é o máis difícil''. Así é a obra de Lois Pereiro nace dentro del propio, para percorrer as entrañas do ser e amosarnos como é a

súa vida e tamén a de toda unha xeración que se desenvolveu nos anos 80. En vida Pereiro só publicou dúas obras: (1992) e

Poemas

1981/1991

Poesía de amor e

enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes

as

pegadas

expresionistas, as referencias á literatura

xermánica

trazos da contracultura.

e

certos


O compromiso político tamén está presente na obra de Lois. Aínda que el nunca foi un militante nos seus poemarios si que se declara anarquista e tiña unha clara concepción política da vida. Despois do seu ingreso no hospital por un grave

empeoramento do seu estado de saúde, Lois Pereiro viu a vida dunha forma nova. É consciente de que se lle deu unha segunda oportunidade para continuar con unha vida que, tal como expón en 'Poesía última de amor e enfermidade', non ten tampouco expectativas de prolongarse moito no tempo. O propio Lois nunha entrevista recoñece que é un libro cronolóxico. Despois da primeira parte do poemario ''hai unha resurrección en min no libro, quen escribe o resto de poemas non é mesma persoa''.


Con só dous libros publicados xa define un estilo literario curto e tenso, cualificado como de economía expresiva: non se excede en recursos formais, emprega abundantemente o establecemento dicotómico de

realidades elementais (amor/desamor, vida/morte). Neste derradeiro libro, en vida, de Lois, que foi reeditado nos últimos tempos, atópase un novo xeito de entender a existencia: para aprehendela en profundidade é necesario ter conciencia da morte. Isto pode ter unha interpretación vitalista que encaixaría coa ríxida etiqueta de poeta maldito, ao entender que esta postura fronte á vida nace da súa propia experiencia, que se mergulla na liña que a separa da morte.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Conversa ultramarina é o diario que Lois escribiu entre os meses de marzo e xuño de 1995 como unha longa e errática carta á xornalista Piedad R. Cabo (a que fora a súa parella na mocidade e até mediados dos 80) durante a súa estancia en San Francisco (EEUU). Sobre a súa publicación, Lois dixo bromeando: "impublicable e irreproducible, a non ser que o beneficio que lle reporte lle sirva para comer un sándwich en Chinatown". Deste diario di o editor que é o prólogo de Poesía última de amor e enfermidade na que se poden rastrexar todos os seus referentes

artísticos e vivenciais, de xeito que, ademais do seu valor literario, evidente e inmediato, o texto revélase coma un laboratorio no que

experimenta en prosa cos materiais que conforman os seus derradeiros poemas».


Algunhas

das

pĂĄxinas da revista Loia que aparecĂ­an mecanografiadas.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Na

revista

Loia

apareceron

poemas seus que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro no que se inclúe

o

ensaio

"Modesta

proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica

historia

universal

da

infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Alexandre González, Manu Clavijo, Uxía, O Leo, os grupos Radio Océano, Fanny+Alexander e Nación Reixa … musicaron moitos dos seus poemas.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

A ironía macabra da vida fixo que mentres os amigos preparaban as necrolóxicas de Lois o día 26 de maio de 1996, tamén se facía pública a sentenza da colza.

Foi enterrado na aldea de Santa Cristina na montaña do Incio. O seu enterro foi ao aire libre, cos paxaros cantando ao ritmo das campás. O altar riba dun remolque de tractor e os gaiteiros interpretando a marcha do Antigo Reino. O epitafio no cemiterio de Santa Cristina, en Monforte, recolle os seus propios versos : Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria‖.


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Material utilizado: Fotobiografía sonora. Ed. Ouvirmos. Lois Pereiro “poemas 1981-1991” Ed. Positivas Lois Pereiro “poesía última de amor e enfermidade 1992-1995” Ed. Positivas Rede: http://loispereiro.blogaliza.org http://islakokotero.blogsome.com/category/lois-pereiro/ http://www.culturagalega.org/ http://www.realacademiagalega.org/GoToMainPage.do;jsessionid=A00B45B5 4C2791E1C34669FCA3436AE5


Equipo dinamización lingüística – CEIP A PONTE

Para seguir coñecendo máis na nosa lingua sobre Lois:

Teatro: ‗Mundo Lois‘ é un espectáculo baseado en textos do poeta monfortino e dirixido por Lino Braxe, con escenografía audiovisual de Manu Paz e Antón Reixa, e banda sonora Alexandro González


Biografía e Ensaio - Radiografía do abismo (Antón Patiño, Espiral Maior). - Dicionario de sombras (Antón Patiño, Espiral Maior). - Lois Pereiro: náufrago do abismo (Marcos Calveiro, Xerais). - Lois Pereiro. Vida e obra (Iago Martínez, Xerais). -O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro (José Luis Calvo e Carlos Gegúndez, Toxosoutos). -Audiolibros - Lois Pereiro ao vivo (Xerais). -Do Cumio aínda non ten título para as 16 composicións que o galegoarxentino Manu Clavijo dedica a Pereiro. -Banda Deseñada -Lois Pereiro. Novela gráfica (Jacobo Fernández Serrano, Xerais). Audiovisual - Contra a morte (Alexandre Cancelo e Iago Martínez). Documental producido por IB Cinema e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales. -Gonzalo Enríquez documental para Mr. Misto Films.

Lois Pereiro  

Homenaxeado nas Letras Galegas 2011

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you