Page 1

MARILUZ AVESTRUZ


MARILUZ AVESTRUZ VIVE NA SABANA AFRICANA

DURME COA CABEZA AGOCHADA NO CHAN PARA NON ESMAGAR AS PLUMAS DA COLA... É UNHA PRESUMIDA.


A SÚA NAI DILLE...

SÓ OS AVESTRUCES PAPÁNS DURMEN COA CABEZA AGOCHADA NO CHAN...


UNHA MAÑÁ...

NON É CAPAZ DE SACAR A CABEZA DO CHAN... PATEXA ESPERNEXA E ABANEA A COLA, PERO A CABEZA NON SAE.


SOCORRO... BERRA MARILUZ

PERO A SÚA NAI ESTÁ CHOCANDO OS OVOS E NON A ESCOITA.


SOCORRO... BERRA MARILUZ

PERO O SEU PAI ESTÁ A DURMIR PROFUNDAMENTE E NON A ESCOITA.


SOCORRO... BERRA CO PETEIRO CHEO DE AREA

PERO OS ANTÍLOPES E AS CEBRAS ESTÁN PACENDO NA SABANA E NON A ESCOITAN.


SOCORRO... BERRA MARILUZ

ÁS AVESTRUCES PEQUENAS FAILLES CHISTE E RINSE... E MARILUZ PONSE COLORADA DE VERGOÑA.


AGORA A NAI CHEGA E VE A MARILUZ...

TIRA DA SÚA COLA CON FORZA, PERO... MARILUZ, NON SAE. PATEXA, ESPERNEXA E ABANEA A COLA, PERO NON SAE.


AGORA O PAI CHEGA E VE A MARILUZ...

TIRA DA COLA DA NAI E DA COLA DE MARILUZ, PERO NON SAE. PATEXA, ESPERNEXA E ABANEA A COLA, PERO NON SAE.


UN ANTÍLOPE CHEGA DANDO SALTOS...

AGARRA A COLA DE PAPÁ AVESTRUZ E TIRA, E TIRA, E TIRA, PERO NON SAE. PATEXA, ESPERNEXA E ABANEA A COLA, PERO NON SAE.


UNHA CEBRA CHEGA TROTANDO...

ENGANCHA O RABO DO ANTÍLOPE E TIRA, E TIRA, E TIRA, PERO MARILUZ NON SAE. PATEXA, ESPERNEXA E ABANEA A COLA, PERO NON SAE.


DE REPENTE... PLOP!

MARILUZ SACA A CABEZA DO CHAN...

QUE LEDICIA! PERO...

A SÚA NAI TEN O PETEIRO, CHEO DE PLUMAS DA COLA DE MARILUZ!


MARILUZ ESTÁ TAN LEDA...

QUE NON LLE IMPORTA A SÚA COLA...

E VAI XOGAR COAS SÚAS AMIGAS.


ESA NOITE...

MARILUZ NON AGOCHA A CABEZA NO CHAN. DURME ANIÑADA COMA O RESTO DE AVESTRUCES.


MARILUZ AVESTRUZ  

CONTO PARA INFANTIL

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you