Page 1

ANO 2013 REVISTA

OFICIAL

DO

XULLO “ATENEO VIKINGO”

Nº 176 - CATOIRA -

w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m

CARTA ABERTA Ó CLUB CATOIRA

OS CARTEIS DE FAUSTO ISORNA ILUSTRARON O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

R

ematada a temporada de fútbol e vendo o pobre resultado fai pensar nun fracaso A realidade do fútbol é así, e por esa regra de tres: todo equipo que baixa de categoría debería desaparecer.

O caso do Catoira é ben distinto, os xogadores lonxe de tirar a toalla seguiron xogando cada domingo sen importarlles as derrotas e demostrándonos a grandeza do fútbol e o honor de vestir a camiseta do club. Para eles, non haberá recepcións institucionais, nin titulares na prensa ou alguén que lles pidan un autógrafo pero si terán o apoio incondicional dos seus afeccionados, “poucos si, pero bos”.

2013

U

n sombreiro, un cigarro prendido nos labios baixo o bigote, un nariz vermello de pallaso. Esa é a imaxe icónica do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. O seu autor foi Fausto Isorna, o deseñador de moitos dos carteis que anunciaron as obras do compostelán■

Tanto a directiva, o adestrador e todos aqueles que axudaron a que Catoira seguira xogando partido a partido, solo por elo merecen o meu respecto e admiración, pois é cando se demostra de verdade o que vale cada un.

XVI DÍA DO ATENEO EN HONESTI

Lembraremos esta temporada como lembraremos outras, uns contaremos o que vimos e outros farano de oídas.

o

Os que vimos a Catoira diremos que os xogadores marcaron goles e que o respecto polo rival foi de auténticos deportistas, pois a pesares de perder non houbo malos xestos nin xogos agresivos e así é como hai que comportarse nun campo de fútbol. Isto tamén é para a directiva e os afeccionados. E pois o momento de mirar polo Club Catoira, lonxe de grandezas persoais, pois irán días en que alguén destacará e voltaremos ós primeiros postos e todos quererán sacar fotografías, pois a fotografía hai que facela con estes xogadores que son o mellor que ten Catoira■ Socio nº 23 O Ateneo Vikingo non se fai responsable das opinións aquí reflectidas.

sábado 20 de xullo celebramos o Día do Ateneo nas Torres de Oeste cun xantar de confraternidade para tódolos socios e o tradicional “pasarrías” no Úrsula. Para xantar teremos: pan, viño do país, mexillóns ao vapor, churrasco e café. Todo amenizado cos sons da gaita galega. Lembramos que os acompañantes dos socios que desexen asistir deberán pagar 15 € .

¡MOI IMPORTANTE! Ateneo Vikingo infórmalle aos socios que desexen participar O nos actos do “XVI Día do Ateneo en Honesti” acompañados por un convidado (non socio) deberán aboar a cantidade de 15 euros. euros. Tamén recomendamos aos socios que teñan pensado participar no desembarco a bordo do galeón “Ursula” comproben a súa inclusión na lista, xa que as prazas son limitadas. Isto pódese realizar chamando aos teléfonos: 639904300 (Miguel) 639289098 (Abraham)■ (Abraham)■


Nº 176

XA N E L A A B E R T A

Os méritos de Elena

Vázquez

N

o capítulo do libro Aquela Xente de Catoira dedicado a Jesús Dios, por tratar de destacar o feito de que axudou a empregar a algunha xente de Catoira na Clínica del Trabajo (posteriormente Seguridade Social), cometín o erro de non resaltar o esforzo continuo destas persoas por perfeccionarse, aumentar os seus coñecementos e, como consecuencia, ir acadando metas profesionais máis importantes. É o caso de Elena Vázquez, da familia das Restutas, que casou con Víctor Naveiro. Pois esta muller sacou tempo de onde puido co obxecto de ir preparándose e alcanzar a titulación necesaria para, en convocatoria aberta, facerse coa praza que lle permitiu finalmente realizar o seu currículo profesional en Pontevedra.

E

lena nunca tivo as cousas fáciles, pois foi a maior de unha familia de 12 irmáns con maioría de mulleres que se tiveron que “espabilar” para saír todos para adiante. E ben que saíron, pois segundo comentan os veciños de Catoira, aquelas irmáns

x ull o 2 0 1 3

2

sempre se apañaban para ir ben “arregladas”, pois de calquera cousa sabían facer uns vestidos estupendos. Se consideramos que todas eran unhas mozas moi guapas, como se pode comprobar en diversas fotografías que se publican no libro, non é de estrañar que os mozos se fixasen nelas. Aínda que esta limpeza e habilidade non sempre lles serviu para moito, como aconteceu cando no Concello as autoridades pertinentes estaban a repartir polo Nadal unhas caixas de alimentos para as familias máis numerosas que o puidesen necesitar. Cando un dos repartidores viu dende a ventá do Concello que na casa das Restutas había un arame con estas roupas a secar, dixo: “Como lle imos a dar a esta familia que ten semellantes vestidos. Estes non o necesitan”. E non lle deron o agasallo. Cousas que pasan.

Q

ue quede aquí feita a xustiza que se merece quen con moita seriedade, polos seus propios méritos, polo seu traballo responsable e afán de superación constante, foi acadando na vida as metas que ninguén lle regalou. Non resulta doado compaxinar o levar unha casa, o traballo profesional e estudar para mellorar as propias metas. Elena Vázquez o fixo. É de xustiza o recoñecelo. Pepe Castaño Dios

FESTAS DE "SAN ANTONIO DE PADUA" 13, 14 e 15 de xullo

A

s festas de San Antonio de Catoira cumpren 105 anos e xa teñen programa. Tres días cheos de actos para todas as idades e nos que todos os veciños poderemos disfrutar.

Fotografia do ano 1929? Procesión do domingo nas Festas de San Antonio.

Foto extraída da web www. Catoira.net © Alberto Piñeiro


Nº 176

XA N E L A A B E R T A

x ull o 2 0 1 3

3

En Catoira; grandes e pequenos sumáronse á marcha ciclista que organiza o Ateneo.

© Juan Correa Abuín


Nº 176

XA N E L A A B E R T A

x ull o 2 0 1 3

© Juan Correa Abuín

4


Nº 176

XA N E L A A B E R T A

x ull o 2 0 1 3

5

© Juan Correa Abuín

D

E

P

O

R

T

E

S

F ÚTBOL

O

Fichaxes!

mercado de fichaxes móvese e algúns futbolistas de Catoira fichan ou renovan. Vexamos os máis destacados:

Sergio selando a súa renovación cunha aperta de mans co presidente do Celta Carlos Mouriño.

Sergio: Renovou polo RC Celta de Vigo. Padín: Deixa o Ordes e ficha polo Boiro de 3ª división. Jesú: Fichou polo Arosa recén ascendido a 3ª división. Jonathan: Renovou polo Arousa■


Nº 176

XA N E L A A B E R T A

D

A c o l um n a

E

P

O

por Pepe Castaño Dios

VENANCIO

E

ste sábado16 de xuño cumpriu 82 anos Luís Quiñoy Fernández “Venancio”, un dos mellores futbolistas que vestiu a camisola do Club Catoira. Este santiagués xogaba na posición de defensa central ou en calquera outra que se lle encomendase, e sempre con un rendemento extraordinario. Foi ebanista de profesión ate que o empregaron no Sanatorio de Conxo, no que traballou moitos anos. Venancio posúe o “récord” absoluto de promiscuidade en equipos de fútbol, pois debeu estar fichado en máis de unha ducia (hai que ter en conta que por aqueles anos 1950 podíase xogar en dúas Ligas distintas cada tempada: a de verán e a de inverno). E no Catoira estivo unhas 4 tempadas. Desa época recorda que o fichou Manolito Castiñeiras “o do Xefe”, que se ten bañado na casa de Don Pepe… e moitas cousas máis. Tamén xogou no San Martín, un equipo que daquela concentraba os xogadores dende o día anterior ó partido. Pero era peor o remedio que a enfermidade, pois facían que se metían na cama e despois escapábanse para saír por Vilagarcía. Xogou moito con Harguindei, o fillo do médico, e con Peón, fillo do notario de Pontevedra, con Fernando Caamaño “Nando”, a quen Nando Casal lle debe o nome. Por certo que este faleceu en Brasil vítima de un asasinato pouco esclarecido… Tamén xogou no Catoira con José Luís, irmán de Nando, alcumado Pelouro, que despois militou como extremo no Deportivo e no Langreo.

O

alcume deportivo “Venancio” lle viña de un xogador do Celta. Vexamos quen foi. Venancio González Iglesias (1914 – 1978) era de Rivadavia, xogou neste equipo e no C.D. Ourense como extremo dereito, sendo titular ós 15 anos. Con 19 fichou no Celta e xogou 12 tempadas, con 168 partidos e bastantes goles, pese a que era un “asistente”. Estivo no primeiro ascenso e na final de Chamartín contra o Sevilla. Foi socio, xogador, capitán e directivo. Todo un líder. O primeiro gran xogador importante do Celta. Rexeitou a equipos grandes. O seu alcume era “Capitán Veneno” pois era

R

x ull o 2 0 1 3

T

E

6

S

moi temperamental. Na tempada 1943-44 Venancio era un dos 13 dianteiros que formaban a “plantilla” do Celta, pois daquela xogábase con 5 atacantes.

V

olvendo co noso Venancio, o do Club Catoira, adoitaba tomar as “chiquitas” co adestrador Virgilio Pajares, de quen se falou nesta columna. Presume de ter deixado no “banquiño” dos reservas a Santiago García Blanco “Chancho” aquel que despois xogou en Atlético de Madrid e Elche, sendo internacional, e do tamén temos falado nesta columna. Secou a Rafael Franco, aquela figura arxentina, quen despois do partido lle dixo que podía ser profesional pero que non llo recomendaba xa que era moi sacrificado. De feito Venancio puido ser tamén xogador do Celta, igual que o seu antecesor, pero despois de pasar unha proba rexeitou a fichaxe porque o mandaban a foguearse ó Turista. Así era Luís Quiñoy. Un home que cando mantiven unha conversa con el paseando por Santiago de Compostela (na compaña de Ferreirós e Ramón das Pedras) deixaba de recordar os temas futbolísticos para afirmar cousas como “Ata aquí a Alameda, toda esta parte nova daquela eran leiras de patacas…”.

F

elicitacións a Venancio polo seu oitenta e dous “cumpreanos” e esperamos velo novamente polas comidas dos históricos do Catoira ou no bar do seu fillo Suso en Rianxo■

Xanela 176 xullo  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you