Page 1

ANO 2013 REVISTA

OFICIAL

DO

MAIO “ATENEO VIKINGO”

Nº 175 - CATOIRA -

w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m

IGACIENCIA

Que grandes rapaces!

U

n grupo de estudantes do colexio Progreso de Catoira poñerán rumbo a Toulouse (Francia) en maio para participar na final dun concurso de ciencias e matemáticas. A súa profesora Margarita Botana asegurou que están "ilusionadísimos, non hai forma de describilo", chegou a dicir. Non obstante, o máis complicado agora para estes escolares non serán os problemas e cuestións a superar, senón a organización da viaxe a Francia. Segundo a docente, a idea inicial é compartir desprazamento con outros centros galegos gañadores (en total son Fran, Brais, Brayan, Gonzalo, Iago, Antía, Rita, catro) pero non está exenta de Lucía, Marta, Sonia, Elena, dificultades. "A Consellería de Sara, Inés e Raquel Educación pagaría o desprazamento en autobús pero non é abondo. Poderíase aproveitar para facer unha visita cultural e hai que pensar non aloxamento, alimentación, etc. Haberá que consultar ás familias para que poñan cartos e a ver se algunha empresa ou institución nos axuda", explicou ao respecto. Estes oito mozos de 2º de ESO de Ciencias e outro tanto de Matemáticas de 3º, poderán demostrar no país galo que a educación pública do país ten moito que ofrecer a pesar das pesimistas cifras de informes como o PISA. Para empezar, xa superaron a fase do seu centro e despois a autonómica, en Santiago, no I Rallye Galego sen Fronteiras de Ciencias, convocado por Igaciencia. Segundo Botana, trátase dunha interesante iniciativa que permite introducir os escolares na aplicación real do cálculo e as fórmulas, afrontando os problemas coa lóxica e os seus coñecementos, ademais de fomentar o traballo en equipo, coordinándose na busca de respostas e traballando a contra o reloxo. De feito, na primeira parte, celebrada no propio colexio, as respostas tiñan que enviarse por Internet, a mesma vía por onde chegaban para garantir a transparencia do certame. De aí saíron os dous grupos gañadores aínda que a idea interesou a un bo número de escolares do Progreso, chegando a presentarse 14 grupos. Agora a meta dos 16 finalistas é demostrar a súa valía en Francia, onde competirán con estudantes de centros dese país e de España. De feito, trátase dunha proba nacida nese estado, que ten máis de 20 anos de traxectoria e un "gran prestixio", segundo Botana. Non é de estrañar que "a comunidade educativa do Progreso, en xeral, estea moi ilusionada e orgullosa" de ter chegado■

© G.S.


Nº 175

XA N E L A A B E R T A

LUGARES DE PASO

KM .

Adro do Concello de Catoira

0,0

Outeiriño

0,5

O Mirador (cruce á esq.)

2,4

O Mirador (cruce á dta.) ►Reagrup.

2,5

A Curva

4,9

Centro médico (cruce á dta.)

5,3

O Campo A Sartén (cruce á dta.)

6,1

Aragunde (cruce á esq.)

6,7

A Venduda (cuce á esquerda) ►Reagrup. Variante Catoira - Caldas (cruce á esq.)

7,9

2

► Estradas polas que circulará a XXI MARCHA CICLISTA POPULAR de Catoira: ESTRADA

KM

PO-548

3,9

Antiga PO-548

2,4

PO-8001 (variante Catoira –Caldas)

0,2

PO-8703 (estrada de Dimo)

1,1

PO-8702 (estrada de Oeste)

3,0

Pistas

3,9

TOTAL

14,5

8,1

Estrada Vilagarcía Caldas

8,3

Local de Protección Civil (AVIT.)

8,4

Rotonda (seguir dirección Caldas)

8,5

Estrada de Dimo (xiro á esquerda)

8,7

Tarrio (xiro á esquerda)

9,2

Os Pozos (xiro á esq.) ►Reagrup.

10,5

A Baiuca (cruce á dta.)

11,4

Adro de Oeste (seguir recto)

12,9

A Estación (Casa Emilio)

13,6

Adro do Concello de Catoira

14,5

SAÍDA/META: adro do Concello. AVITUALLAMENTO: sede de Protección Civil. INSCRIPCIÓN: de 10:30 a 11:00.

MOI IMPORTANTE

Maio 2013

Os participantes menores de 8 anos deberán estar baixo a tutela dun adulto posto que NON están cubertos polo seguro da marcha ciclista

NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA OS PARTICIPANTES DA MARCHA A pesares de ser unha marcha organizada, os participantes deberán aterse ás vixentes normas de circulación. Deberase circular pola beirarrúa da dereita e o máis pegado posible ó borde exterior da calzada, sen facer eses nin facer, cambios bruscos de dirección. O uso do casco protector é obrigatorio. A organización abrirá a marcha e non se permitirá que ningún participante a rebase. A organización reservase o dereito de modificar o itinerario por calquera circunstancia que puidese acontecer . A organización poderá, para aqueles ciclistas que circulen con moito retraso, habilitar un percorrido alternativo e realizar reagrupamentos. En caso de accidente a organización declina toda a responsabilidade, comprometéndose a tramitar o correspondente parte á Cía. Aseguradora. Infrinxir estas normas ou calquera outra das contempladas no código de circulación poderá ser motivo de sanción pola Dirección Xeral de Tráfico. Tódolos ciclistas, polo feito de participar neste evento, aceptan o presente regulamento.


Nº 175

XA N E L A A B E R T A

Maio 2013

XXI MARCHA CICLISTA POPULAR Os Pozos

DATA Sábado18 de maio SAÍDA/META Adro do Concello Oeste HORA

Gondar

A Baiuca

11.00 AVITUALLAMENTO Sede de Protección Civil

Estación

A Menda

PERCORRIDO

Tarrio

14,5 km. SAÍDA

Venduda META

Aragunde Outeiriño

Polígono industrial

O Mirador

3


Nº 175

XA N E L A A B E R T A

Maio 2013

4

sábado 18de maio ás 11.00 horas Adro do concello

► DECÁLOGO

DE MEDIDAS DE

3.

Protección Civil abrindo e

SINALIZACIÓN E SEGURIDADE:

Para garantir ao máximo a seguridade dos

pechando a marcha. 4.

ciclistas no ATENEO VIKINGO establecemos as

Ciclistas situados á cabeza do pelotón controlando a

seguintes medidas: 1.

Coches da organización e

velocidade.

Sinalización de cruces e

5.

Coche “escoba”.

6.

Ciclistas na cola do pelotón.

realizadas con pintura que se borra ás

7.

Ambulancia da Cruz Vermella.

poucas horas.

8.

Motos da organización controlando a marcha.

Membros de Protección Civil de

9.

Realización de reagrupamentos.

Catoira ao longo do percorrido

10. Establecer percorridos alternativos para aqueles ciclistas

interseccións, así como outros lugares, mediante marcas na calzada

2.

especialmente en todos os cruces.

O uso do casco é obrigatorio!

que circulen con moito retraso 

► ► ►

Sexa prudente. Use o casco. Trátase dun paseo en bici NON dunha competición. Respecte as normas de circulación. Revise a bicicleta, sobre todo: freos, cadea e rodas.

► Perfil do percorrido da XXI MARCHA CICLISTA POPULAR de Catoira: 60 50 40 30 20 10

Ad ro

es te

Es ta ci ón

s O

O

Po zo s

rio Ta r

T. M en da

AV I

A

da Ve nd u

Cu rv Ar a ag un de

A

do r M ira

Ad ro

0


Nº 175

Percorrido poético pola ribeira do Ullán en recordo de Rei Romero

Frases feitas Orixe e explicación dalgunhas frases feitas

TER VISTA DE LINCE

A

índa que ben é certo que o lince posúe unha magnífica agudeza visual, a orixe deste dito

XA N E L A A B E R T A

Maio 2013

M

áis de un cento de persoas das dúas marxes do Ulla se deron cita este sábado día 4 de maio para facer a ruta en recordo do poeta Faustino Rei Romero. Antonio Silva, Marita, Cruz e Ana Conde, entre outros compoñentes do grupo de teatro de Catoira leron poesías nas primeiras estacións do percorrido, así como tamén o escritor rianxeiro Xesús Santos. Todo coa organización da Plataforma Cultural Galega, coordinado por Xosé Agrelo e coa colaboración dos concellos de Rianxo e Catoira, grupos de teatro de Catoira e Airiños de Rianxo e da Coral Abrairas de Asados. Un gran éxito que terá continuidade nos vindeiros anos para poñer en valor a obra de Faustino Rei Romero■

nada ten que ver con este felino. Segundo o erudito “Padre Feijoo” (1676-1764), a expresión alude a un tal Linceo, fillo de Alfareo, rei dos mesenios, de quen se dicía que era capaz de ver e contar a simple vista, dende a súa atalaia de Libia, os barcos dunha frota de guerra que saíse de Cartago. A distancia entre os dous puntos era duns 240 quilómetros■

Sabía vostede que…

N

o 2010, John Isner e Nicolas Mahut, en Wimbledon, disputaron o que ata o momento é o partido de tenis máis longo da historia. Estiveron xogando 11 horas e 5 minutos que finalizou coa vitoria de John Isner. O resultado foi do máis inverosímil: 4-6, 6-3, 7-6 (7), 67 (3) e 70-68 xogado en 2 días.. En total disputaron 183 xogos■

5


Nº 175

XA N E L A A B E R T A

Peregrinación da asociación de amas de casa “Muíños do Vento” a Terra Santa

Maio 2013

6

covas onde se encontraron os Pergameos do Mar Morto. Continuación ao Mar Morto, o lugar máis baixo da terra . Visita de Qasr-o-Yahud, lugar do bautismo do Señor no río Jordán e renovación das Promesas Bautismais. Traslado a Jericó. Xantar. Pola tarde, visita das ruínas da cidade máis antiga do mundo. Contemplación do Monte da Corentena e do Oasis formado pola Fonte de Eliseo. Suba polo Deserto de Judea a Betania: pequena aldea nos arredores de Xerusalén onde tivo lugar a resurrección de Lázaro: visita da igrexa de Marta e María. Entrada en Xerusalén. Cea e aloxamento.  8 OUTUBRO: XERUSALÉN Visita do Monte das Oliveiras, cargado de recordos evanxélicos: lugar da Ascensión, pequeno edículo octogonal onde se recorda a ascensión de Xesús aos ceos; o recinto do Pater Noster, en cuxo interior se achan as placas coa oración do Padre Nuestro en máis de 100 linguas. Contemplación da Cidade Santa dende o cume do monte. Paseo ata a pequena capela franciscana de Dominus Flevit na faldra do Monte das Oliveiras, e Getsemaní no Torrente Cedrón: Basílica da Agonía e Horto das Oliveiras. Xantar. Pola tarde, visita do Monte Sión Cristiano: polo Barrio Armenio a San Pedro " in Gallicantu", onde se conmemora o arrepentimento de San Pedro; o Cenáculo onde Xesús celebrou a última cea cos seus discípulos; a Basílica da Durmición, construída a principios do s.XX sobre o lugar da Durmición de María, en cuxa cripta se acha a imaxe en repouso de María. Entrada na Cidade Vella pola Porta de Sión e percorrido polo restaurado Barrio xudeu, visitando o antigo Cardo Máximo e o Muro das Lamentacións. Cea e aloxamento.  9 OUTUBRO: XERUSALÉN Pola mañá, traslado a Ein Karem: visita dos Santuarios da Visitación e San Juan Bautista. Percorrido pola Cidade Nova de Xerusalén pasando xunto ao Parlamento (Knesset). Visita do Museo de Israel onde se expoñen os manuscritos do Mar Morto e a Maqueta de Xerusalén en tempos de Cristo. Xantar. Pola tarde, saída en dirección a Belén e á pequena aldea cristiá de Bet Sahur, onde se acha o Campo dos Pastores. De regreso a Belén, visita da Basílica da Natividade levantada sobre a Gruta do Nacemento. Grutas de San José e San Jerónimo. Regreso a Xerusalén. Cea e aloxamento.  10 OUTUBRO: XERUSALÉN Pola mañá, visita da Cidade Vella de Xerusalén: Igrexa de Santa Ana, Piscina Probática. Percorrido seguindo os pasos de Xesús pola Via Dolorosa ata a Basílica da Resurrección: visita do Calvario e Santo Sepulcro. Xantar. Pola tarde, tempo libre para ampliar a visita da cidade e outras actividades persoais. Cea e aloxamento.

 5 OUTUBRO: TEL AVIV - MONTE CARMELO - CANÁ NAZARET - TIBERIADES Chegada ao aeroporto de Tel Aviv. Asistencia e saída en autobús cara a Haifa, o maior porto marítimo do País. Suba ao Monte Carmelo. Almorzo e visita do Santuario "Stella Maris". Continuación a Caná de Galilea, lugar do primeiro milagre de Xesús: renovación das promesas matrimoniais. Traslado a Nazaret. Xantar. Pola tarde, visita da Basílica e Gruta da Anunciación. Fonte da Virxe; Igrexa de San José e Poboado Evanxélico. Resto da tarde libre. Traslado a Tiberiades. Cea e aloxamento.  6 OUTUBRO: TIBERIADES Lago e Monte Tabor Desayuno e saída cara ao Monte das Benaventuranzas, escenario do Sermón da Montaña. Tabgha (multiplicación dos pans e os peixes). Capela do Primado de Pedro. Cafarnaum, a "Cidade de Xesús", onde se visitan os restos da antiga sinagoga do século IV e a Casa de San Pedro. Travesía en barco polo Mar de Galilea. Xantar a beiras do lago. Pola tarde, traslado ao Monte Tabor: suba en taxi e visita da Igrexa da Transfiguración e panorama sobre o val de Esdrelón na Baixa Galilea. Regreso a Tiberiades. Cea e aloxamento.  7 OUTUBRO: TIBERIADES - QUMRAN - MAR MORTO JERICÓ - BETANIA - XERUSALÉN Saída polo val do Jordán cara á zona do Mar Morto: visita das escavacións do mosteiro Esenio de Qumran e panorámica das

 11 OUTUBRO: XERUSALÉN - TEL AVIV - MADRID Saída cara a Emaús Nikópolis (Amwas): preto de Latrun: onde se conservan os restos da igrexa bizantina do século XIII. Continuación a Jafa: visita do Santuario de San Pedro e Barrio Artístico. Xantar. Pola tarde,traslado ao aeroporto de Tel Aviv e saída en voo de regreso a Madrid. Chegada ao aeroporto de Barallas e fin da Peregrinación ■

PREZO POR PERSOA En habitación dobre: 1.325 € Splto. habitación individual: 350 € + Seguro de Cancelación: 20 €

MÁIS INFORMACIÓN

 4 OUTUBRO: MADRID - TEL AVIV Á hora que se indique, presentación no aeroporto de Barajas, asistencia nos trámites de facturación, e saída en avión con destino Terra Santa. Cea e noite a bordo.

PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA “MUÍÑOS DO VENTO” Dª Mª Mercedes Pérez López COORDINA D. Joisé María Tarrio TELÉFONOS 986 523 258 - 633 090 505 E-MAIL josemariatc@gmail.com


Nº 175

XA N E L A A B E R T A

I RUTA VIKINGA BTT

O

próximo domingo 26 de Maio terá lugar a I Ruta Vikinga BTT Catoira, con saída ás 9.30 horas dende o Pavillón Polideportivo de Catoira. A proba consta dun percorrido cunha distancia de 42 Km., en dificultade media. As inscricións deberán realizarse antes do 23 de Maio, e o prezo será de 5 € con seguro incluído. Os participantes dispoñerán de servizo de duchas e lavado de bicis, e ao finalizar a proba haberá un aperitivo e sorteo de material de ciclismo e unha noite na casa rural Os Migueliños. A inscrición pode realizarse a través de vikinbikescatoira@gmail.com mandando nome,apelidos, DNI e enderezo. A participación está limitada a 300 prazas■

xoves, 9 de maio de 2013

Sae a licitación a reforma da sede de As Torres

A

reforma da sede do club As Torres vai ser unha realidade en breve. O Boletín Oficial da Provincia publicou a licitación das obrascun orzamento de algo máis de 378.000 euros. A publicación dunha reportaxe nas páxinas de La Voz de Galicia do día 27 de marzo e a contestación social que xerou © Martina Miser acelerouno todo. A partir de aí, o incansable labor que tanto a xunta directiva como os pais dos padeeiros viñan realizando para denunciar o lamentable estado das instalacións acelerouse. Chegaron as recollidas de firmas e o apoio á causa de destacados deportistas como Saúl Craviotto ou Javier Gómez Noya. Apenas dúas semanas todos se desatascou. As instalacións están nun estado lamentable e esta reforma é moi necesaria e vital. Todo isto ocorre nun dos mellores clubs de piragüismo de Galicia e de España■

Maio 2013

7


Nº 175

XA N E L A A B E R T A

D

A c o l um n a

E

P

O

por Pepe Castaño Dios

ELPIDIO

N

a última xuntanza de algúns futbolistas históricos do Club Catoira que se plasmou cun xantar fai un par de meses só faltou á cita Elpidio Vicente Figueira (o Caldeireiro) debido a uns problemas de saúde que arrastraba. Todos os presentes o botaron de menos xa que se trataba de unha persoa que creaba moi bo ambiente no grupo, entre outras cousas porque tiña moita memoria e axudaba a rememorar acontecementos e detalles da época en que aqueles xogadores competían coas cores do noso equipo. O curioso é que Elpidio non foi futbolista nunca. Pero sempre estivo presente como directivo, amigo, colaborador ou o que é tan importante coma todo iso: afeccionado e gran seguidor do Club Catoira durante toda a súa vida. Lucho, César, Ferreirós, Paco, Gonzalo, Jorge… calquera vos falará marabillas deste compañeiro que nos acaba de deixar. Mesmo nunha ocasión que me entrevistei con Paco Pajares en Padrón, aquel home empezoume a preguntar por Froilán, Camilo, Suso… pero un dos primeiros polos que amosou interese foi por Elpidio, a pesares de non ser futbolista. Perdemos un gran lector da Xanela Aberta e, máis en concreto, desta columna. Debo confesar que en algunha ocasión me ten dado información e datos cos que un trata de enfiar esta sección deportiva da revista. Igualmente para o libro de Catoira que veño de publicar e, segundo me informara recentemente, xa me tiña preparadas unhas cousiñas para o próximo.

R

Maio 2013

T

E

8

S

corpachudo, solteiro, bonachón e moi apreciador de calquera detalliño que se lle puidera agasallar. Cando chegaba un visitante Pedro sempre se laiaba da súa pouca importancia neste mundo en que vivimos “Está aquí un nesta triste portería, no reino dos olvidados, esquecido de todos, cunha miseria de paga… ai Dios mío!” Indalecio e Elpidio comprenderon e, cada vez que volvían, lle levaban un purito e aquel home xa era o máis feliz do mundo. “Ai Don Indalecio e Don Elpidio…, exclamaba pasándoo polos fociños, isto xa é outra cousa!”

R

ecordo que alá polo ano 1969 eu era xogador xuvenil do Club Catoira, pero estudaba interno no Seminario Menor de Santiago e non podía acudir Recordo que alá polo ós partidos. Pois cada ano 1969 eu era xodomingo pola mañá se gador xuvenil do presentaban Elpidio e Club Catoira, pero Indalecio Carril (outro gran estudaba interno no colaborador e seguidor do Seminario Menor de equipo) e me ían buscar no Santiago e non podía coche para que non faltara á acudir ós partidos. cita. A primeira vez que o Pois cada domingo fixeron entraron no recinto e pola mañá se presenlle preguntaron por min ó taban Elpidio e Indacura de garda. Os dous lecio Carril (outro directivos sempre me gran colaborador e recordaban a resposta que seguidor do equipo) lles deu aquel crego: “Pasen e me ían buscar no y búsquenlo ustedes mismos. coche para que non Miren en la capilla, en la faltara á cita. biblioteca, en el patio, en las canchas deportivas, en el salón de juegos o en la sala de estudio. Aunque, la verdad, yo en su lugar este último sitio lo descartaría por completo”. Claro que despois xa lles facía ese servizo o porteiro Pedro, un home

Elpidio Vicente Figueira (Catoira - 1936)

P

or este e outros motivos sempre mantiven unha relación moi sentida con Elpidio. Agora non poderá estar cos seus amigos históricos do Catoira nas vindeiras xuntanzas. Botarase de menos, pero seguro que Lucho non parará de contar anécdotas de Pío (así lle chamaban a Elpidio de cativo) como cando foi pinche da perruquería de Casa Emilio, onde traballaba tamén Puebla, o seu pai, tanto de camareiro como no barco, ou da súa ampla traxectoria nas oficinas da CEDONOSA.

D

eixounos, pois, un home nado nos anos da guerra (1936 -1939) pero que irradiaba moita paz a todos os que o rodeaban. Descanse nela Elpidio Vicente Figueira, o amigo■


XANELA ABERTA  

Boletin informativao con novas relacionadas con Catoira

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you