Issuu on Google+

O COLEXIO ENCANTADO

A continuación vou a contarvos unha historia que pasou hai moitos anos neste colexio, As Vendas da Barreira (UUUUUHHH,UUUUUHHHH!!!!). Era o ano 1890 cando se fundou esta escola, e o día da súa inauguración sucedeu algo moi misterioso. (UUUUHHHH!!!!!). Ás dez da mañá dese día, todos os alumnos das Vendas da Barreira comezaron a baixar as escaleiras para reunirse cos seus mestres e mestras e ir ao salón de actos. (...) Cando entrou o último neno no salón de actos as portas pecháronse fortemente (PLUM!!!!). Todos os alumnos comezaron a berrar (AAAAHHHH!!!!!). Ata os profesores se asustaron, pero intentaron manter a calma. Unha vez que os nenos e as nenas se tranquilizaron, un dos mestres empezou a contalos (1,2,3,4...e así ata 36), decatouse de que faltaban dous rapaces. Todos estaban asustados e puxéronse a buscalos. Intentaron abrir as portas para saír (PLAS PLAS), pero non había maneira, non se daba aberto. E por máis terror empezou a caer unha gran tormenta (PRRRRUUMM). Un dos raios caeu xusto nunha porta (SSHHH PUUM). Fixo tremer todo o salón de actos (TRRRRRREMMM). Os mestres, cheos de medo, volveron a contar os nenos e...volvían a faltar outros dous! Os mestres buscaron e buscaron por todas as aulas e déronse conta de que alguén os estaba collendo. Estaban todos mortos de medo. (UUUUUHHHH!!!!). Despois, tras moito buscar, o mestre máis valente chamado Martín mirou debaixo do escenario e...alí estaban os nenos! Estes dixéronlle que un “Señor en cara” os collera para comer! (...) Martín saíu correndo na súa busqueda e atopouno escondido detrás dunha cortina. Alí agarrouno e comenzou a pelexar con el (PUN PLAS), ata que coseguiu inmovilizalo. Ao final, a directora chamou a unha bruxa para que o levara moi lonxe. Cando a bruxa chegou, abríronse as portas (ÑIIIII...), colleu o “Señor sen cara”, montouno na súa basoira e levouno á cociña do noso comedor para cocelo nunha pota grandísima e servirllo na hora da comida ao alumnado deste colexio. (JAAAAAJAJAJAAAAAA!!!!).


OS LIBROS VIVOS DA BIBLIOTECA ATACAN DE NOVO

Esta mañá foron á nosa biblioteca uns rapaces a estudar. Pero sabedes o que lles sucedeu? Pois como era o día de Halloween, varios personoxes dos libros que estaban nunha estantería fixéronse reais. Un dos nenos sen saber o que podía pasar, colleu un libro titulado “A pantasma medorenta”. Unha vez que o tiña na man, o libro saltoulle á cara e tragouno! O neno en menos dun segundo pasou a ser un personaxe daquela historia. Aí coñeceu a pantasma que era a protagonista principal do conto e comentoulle o problema que lle estaba a suceder. E queredes saber cal era o problema? Resulta que nin sabía meter medo nin sabía asustar á xente. O neno como bo amigo axudoulle, así que vou a explicarvos o que practicaron para que a pantasma aprendera a meter grandes sustos. O primeiro que fixeron foi aprender a gritar moi agudo (AAAAHHH!!!!!!) O segundo foi estudiar palabras terroríficas: MALDICIÓNS, MEDO, TERROR, PÁNICO, MORTE, CALAVERAS, CRÁNEOS, ESQUELETOS, LOBOS, VAMPIROS, MONSTRUOS, SANGUE, FANTASMAS, ESPÍRITUS, ZOMBIS, DEMOS, SATANÁS, SERPES, LUME, TUMBAS, LÁPIDAS, MORTOS, CADÁVERES, DEFUNTOS... E así seguiron ata chegar a mil palabras! A terceira e a última cousa que lle ensinou foi realizar persecucións de tras da xente, é dicir, correr detrás dos seres humanos. (...) Entón fixeron a proba final, chegara o momento de asustar a alguén. E a idea do neno foi saír coa pantasma das páxinas do libro para asustar ós amigos que estaban a estudar na biblioteca. A pantasma e o neno o primeiro que fixeron foi apagar as luces da biblioteca para despois gritar de maneira moi aguda (AAAHH) e dicirlles mil palabras medorentas (...) e correr detrás deles (...). Pero un dos rapaces que viña andando lentamente polo pasillo abriu a porta da biblioteca, e ao ver as luces apagadas encendeunas!! Foi nese momento cando a pantasma se cagou de medo e marchou correndo para meterse dentro do libro. Esta é unha das historias dos libros vivos da nosa biblioteca. O próximo ano contareivos outraaaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!!!!!!!!


O ESPANTALLO POSEÍDO No pobo de Riós había un campesiño pequeniño que tiña unha horta moi fermosa. Pero unha mañá de Halloween apareceulle chea de corvos os cales facían un ruído espantoso. (Ajaaaaahh) A horta pasou de estar relucente a ser unha manta negra de corvos. O campesiño pequeniño comenzou a espantalos con berros (joia,joia,joia!) e cos sons dos tellos das potas (chas chas). Os corvos non lle facían caso, é mais, xuntáronse todos e collérono polas orellas e levárono voando ata o río, e alí deixárono caer ao vacío (shhhhhii puum). O campesiño pequeniño moi cabreado decidiu crear un espantallo para escorrentalos. O espatallo tiña un gran sombreiro de palla, a cara pintada cun tizón e unha máquina de sulfatar ó lombo. O campesiño moi contento da súa obra de arte colocou o espantallo no medio da horta. E sorprendentemente, cinco minutos máis tarde viñeron máis corvos (ajaaaaahh). O campesiño pequeniño sen saber que facer marchou para a cama. Foi naquel momento cando entrou en acción o espantallo. Primeiro comenzou a xirar os dous brazos e a mover os seus pés tan rápido que se soltou do pau ao que estaba enganchado. Despois, lanzoulle a cada corvo unha araña. (Serpentinas) E finalmente, coa sulfatadora regou a horta cun produto máxico. (Auga) Ao día seguinte, o campesiño pequeniño non daba crédito ao que estaban vendo os seus ollos... A horta estaba relucente e nela non había ningún corvo!!!! pero...onde estaba o espantallo???? aquí!!!!!!!! (serpentinas).


QUEN SERÁ ESA PANTASMA? Hoxe é Halloween e os meus amigos viñeron á miña casa para que a miña avoa nos conte unha historia espantosa que según ela era verdade. Trataba dunha pantasma que asustaba a todos os que estiveran no cemiterio pola noite. Nós rímonos da historia (JAJAJAJAJA!!) e decidimos ir a ver se era verdade, pero cunha aposta: “quen se asustara perdería todos os seus caramelos”. Fomos todos ao cemiterio. Ó chegar alí abrimos a portela que había na entrada (ÑIIIIII). Camiñamos moi lentamente (BOMBO) e de repente...(BOMBO) cerrouse a portela! A continuación oímos uns sons moi raros (BUUUUUU) e vimos unha pequena luz ó fondo (LUZ). Foi nese momento cando saímos todos gritando (AAAHHH), pero iso non serviría de nada porque teriamos que volver a entrar de novo. Viñeron comigo os meus tres amigos: Marco, Paola e Ana. Sen querer pisamos unha ra (CROAAAC) e apareceron unhas grandes sombras (LUZ DE SOMBRA). Todo era moi raro! Tan só se podía tratar dunha pantasma! De súpeto dímonos conta de que Marco xa non estaba, chamámolo pero nada! (MARCOOOO) E adiviñades a quen vimos? A miña avoa! Estaba a gastarnos unha broma xunto con Marco! E ó ver que era miña avoa quen facía de pantasma, todos comenzamos a rir sen parar (JAJAJAJAJAJAJA). Pero nese momento apareceu unha pantasma de verdade detrás de Marco. (AAAAHHHHH!!). Entón botamos a correr para a casa tan rápido que nos chegaban os xeonllos ás orellas! Nin a nós nin a miña avoa nos quedaron ganas de volver ó cemiterio.


Contos halloween