val_de_fornela 330-fin

Page 135

456

por onde andan. chuécaro* s.m. Choca pequena. chueclo, -a adx. Choco, -a. chupapeidos* s.m. Tallo para sentar de tres patas furado no medio. churrascar vid. atorrar. chuver vid. chover. chuzo* s.m. Chuzo, arma de ferro semellante a unha lanza co mango de pao, que se usaba antes principalmente para cazar o xabaril. cien* adx. Cen. cilleiro vid. celeiro. cimbrear* v. Cimbrar, mover con forza unha vara ou obxecto flexible. cimbrio s.m. Cumio, parte superior dun teito ou tellado. cincha* s.f. Cincha, correa ou corda do arreo dos cabalos, burros... ciscar v. Ciscar. cismar v. Cismar. clavo* vid. cravo. coallada vid. cuaiada. coca* s.f. Coca, verme da carne. cocinha* s.f. Cociña. cochiello s.m. Coitelo. cocho, -a vid. gocho, -a. cochorra vid. merlo. codoxo s.m. Codeso. cogollo vid. cogulo. cogulo* s.m. Pallugada, por exemplo a que queda despois

Clodio González Pérez

de mallar. coidado* s.m. Coidado. coidar* v. Coidar. coier* v. Coller. coladera* s.f. Vertedoiro, sitio na cociña para lavar a louza, facer a bogada, etc. coller vid. coier. colmea* s.f. Colmea. colmeiro* s.m. Colmeiro, meda de palla en particular de centeo. colmenal* vid. cortín. comer* v. Comer. comidera s.f. Muller que leva a comida ós que están traballando no campo, sobre todo polas segas. compango* s.m. Compango, carne ou peixe que acompaña o pan. compuerta s.f. Comporta. conca* s.f. Cunca de madeira, para comer o caldo, as papas... concello vid. conceo. concellu vid. conceo. conceo* s.m. Concello, reunión de veciños para tratar asuntos da comunidade. concillón vid. coucillón. conchal* s.f. Nogueira. concho* s.m. Noz. conqueiro* s.m. Cunqueiro. 1. Persoa que fai cuncas e, en xeral, louza de madeira, case todos eran ambulantes asturianos. 2. Alzadeiro ou sitio


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.