Page 1

MEMORIA 2016

Asociaciรณn de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC


Índice Presentación

5

1. A Asociación 1.1. A Xunta Directiva

7

1.2. Asembleas 1.2.1. Asemblea Xeral Ordinaria

9

1.2.2. Asemblea Xeral Extraordinaria de outono

11

1.3. Asociados

12

1.4. Socios protectores

13

1.5.

Tesouraría 15

1.6. A Asociación na Internet

16

1.7. A Asociación e a Universidade 1.7.1. Axuda institucional

18

1.7.2. Representación da Asociación no Consello Social da USC

18

1.7.3. Proxecto Mentoring USC

19

1.7.4. EnMente, 1º Encontro de Intelixencia Emocional da USC

19

1.7.5. Actos Académicos

20

1.8. A Asociación e a Cidade. 1.8.1.- En Santiago de Compostela. Colaboración co Concello.

21

1.9.- Recanto da Saudade 1.9.1.-Vodas de Ouro

22

1.9.2.- Vodas de Prata

23

1.9.3.- Inauguración do 2º monólito do Recanto da Saudade

27

2.- Actividades organizadas desde a Asociación 2.1.-. Actividades 2.1.1.- En Santiago

28

a) Homenaxe a Alejandro Pérez Lugín

28

b) Café con... Julio C. Arca Ruibal

29

c) Celebración do 20 Aniversario da Asociación e Homenaxe a Juan J. Casares Long

29

d) Visita á Casa Museo de Rosalía de Castro

31

e) Visita á Cidade da Cultura

32

f) Conferencia de Roxelio Pérez Moreira

32

g) Xornada mariñeira no Joaquín Vieta

33

h) Homenaxe a Domingo Fontán

34

i) Conferencia de Darío Villanueva

34


2.1.2.- En Lugo a) Visita á cidade de Lugo

36

b) Visita á Estación Científica do Courel

36

c) Visita ao Pazo de Tor e Monforte de Lemos

37

2.1.3.- Na Coruña. Visita á cidade

37

2.1.4.- XI Premio de Relato Curto

38

2.1.5.- Actividades do Club de sendeirismo

39

3.- Servizos 3.1. Revista FONSECA

42

4.- Relacións institucionais 4.1. Foro Cívico Empresarial

44

4.2. Museo Casa da Troia

44

4.3.- Aulas da 3ª Idade, Ategal

45


Presentación O ano 2016 foi importante para Alumni USC: cumprimos vinte anos de existencia ! E quixemos conmemorar este fito coa celebración de algúns eventos especiais, como foi o nomeamento do noso primeiro presidente, Juan José Casares Long, como socio de honra que se levou a cabo nun acto solemne celebrado no paraninfo da Universidade de Santiago, presidido polo Reitor e que contou coa presenza, entre outras personalidades, do reitor fundador de Alumni USC, Darío Villanueva. Outro acto salientable foi, precisamente, a conferencia impartida por Darío Villanueva, actualmente director da Real Academia de la Lengua, que co título: “2016 año de aniversarios: Rubén Darío”

facía alusión aos diversos e

relevantes aniversarios que coincidiron o pasado ano. Co afán de estar presentes na vida das cidades nas que viven a maioría dos nosos socios e socias, organizamos actos culturais, como as homenaxes a Giner de los Ríos e a Domingo Fontán, actividades formativas entre as que salientamos EnMente, o primeiro encontro sobre intelixencia emocional da USC, e actividades de lecer, como por exemplo o xa clásico paseo no balandro Joaquín Vieta. Démoslle un pulo importante ao Premio de relato curto e inauguramos un novo monólito no Recanto da saudade, grazas á colaboración do Concello de Santiago. Os incansables camiñantes do Club de sendeirismo seguiron a súa andaina e no ano 2016 acometeron o percorrido do camiño de inverno, unha das mais duras rutas xacobeas. Pero estás son só algunhas das actividades, o resto pódense ver na presente memoria que reflicte a intensa actividade desenvolvida. Os aniversarios, sobre todo os que coinciden con números redondos, son propicios para facer balance, para recoñecer o labor de todas as persoas que fixeron que Alumni USC sexa unha realidade. Pero tamén son unha boa ocasión para novos proxectos e novas ideas, para mirar cara ao futuro e analizar todo o que podemos facer e aínda non fixemos. E niso estamos, contando co apoio e a colaboración de todos os socios e socias, a traballar con novos pulos e ilusións renovadas.

Benita Silva Hermo

5


1. A Asociación 1.1. A Xunta Directiva

O 12 de decembro 2015, na Asemblea Xeral Extraordinaria, quedou conformada a actual Xunta Directiva, como segue: Presidenta: Dona Benita Silva Hermo Doutora en Ciencias Químicas. Profesora Titular na USC. Vicepresidenta: Dona Mª Julia Melgar Riol Doutora en Farmacia e Catedrática da USC. Secretaria: Dona Mª del Mar Fernández Vázquez Diplomada en Estudos Avanzados pola USC. Tesoureiro: Don Agustín Pena Herva Diplomado en Maxisterio e empregado na empresa privada.

7


Vogais: Don Benigno Amor Barreiro Licenciado en Dereito e xerente de empresa privada. Dona Isabel Aneiros Penedo Diplomada en CC. Empresariais e Licenciada en C.C. Económicas e Empresariais pola USC. Analista do departamento de fondos de capital risco en Xesgalicia. Don Francisco R. Durán Villa Doutor en Xeografía e Historia. Profesor Titular na USC Don Manuel Fraga Carou Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e administrador de empresa privada. Don Víctor A. García Dopico Licenciado en Dereito pola USC e avogado en exercicio. Don Carlos Herrero Latorre Doutor en Ciencias Químicas. Profesor Titular na USC no Campus de Lugo. Don Jesús López Romalde Doutor en Ciencias Biolóxicas. Catedrático na USC. Dona Mª Xosé Taibo Mirón Licenciada en Filoloxía Hispánica, Románica e Galego-Portuguesa pola USC e Profesora de Secundaria no IES da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

8


1.2. Asembleas 1.2.1. Asemblea Xeral Ordinaria Con data 10 de xuño celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria no Salón de actos da Facultade de Filosofía. Orde do día: 1.- Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior, se procede. 2.- Informe da Presidenta. 3.- Informe de Ingresos e Gastos 2015. 4.- Orzamento 2016. 5.- Memoria 2015 6.- Dossier de prensa 2015. 7.- Actuacións futuras. 8.- Rogos e preguntas.

Neste mesmo día fíxose un recoñecemento aos últimos Socios Protectores e entregóuselles un diploma acreditativo.

9


As empresas homenaxeadas son as seguintes: 1.- Aresa, Álvaro Ródríguez Eiras S.L. 2.- Bodegas Terras Gauda S.A. -Catherine García, responsable das actividades de enoturismo da empresa. 2.- Cogal, Conejos Galegos S. Coop. Galega 3.- El Progreso de Lugo S.L: Alfonso Álvarez Riveiro, director da edición dixital do diario. 4.- José Otero Otero- Antonio Linares Seco -Secretario da Fundación. 5.- Lápices 4 S.L.- Santiago Martínez, director xerente. 6.- Limpiezas Salgado S.L. - Ramón Salgado, director. 7.- Restaurante Camilo- Inocencio Pereira, xerente. 9.- Tórculo Comunicación Gráfica S.A. 10.- Vía Láctea Comunicación S.L.- José Ortigueira, presidente.

O acto pechouse coa conferencia impartida polo Profesor Dr. Francisco Díaz-Fierros Viqueira titulada “O coidado da paisaxe como defensa do patrimonio natural e cultural”.

10


1.2.2. Asemblea Xeral Extraordinaria O sábado 17 de decembro, celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria de outono coa seguinte orde do día: 1.- EnMente, 1º Encontro de Intelixencia Emocional da USC 2.- XI Premio de Relato Curto 3.- Revista FONSECA nº 39

11


O programa do día tamén incluía unha conferencia do Doutor en Bioloxía e experto en microfotografía Antonio Guillén Oterino, titulada “El Lago de Sanabria: un ecosistema en desequilibrio”

Para rematar a xornada celebrouse un xantar no restaurante da Residencia Universitaria Monte da Condesa

1.3. Asociados Rematouse o ano con 615 socios, cifra moi similar á do ano anterior, no que tivemos 612 socios. O número de asociados mantense pero non se está a cumprir o obxectivo de incrementalo.

12


1.4. Socios protectores Alumni USC conta na actualidade con 22 socios protectores. O ano 2015 foi moi positivo neste aspecto pois acadamos 16 novos socios desta categoría. No ano 2016 foron catro as empresas que se uniron á nosa entidade: unha de Santiago, unha de Lugo e dúas de Pontevedra.

Limpiezas Salgado S.L.

Fernando III El Santo, nº 41 15701-Santiago de Compostela Tfno: 981 59 90 89 http://salgadolimpiezas.es/?lang=es

Amslab S.L.

Avda. Benigno Rivera, 56 27003 Lugo Tfno España: +34 982808074 http://www.ams-lab.com/web2012/

Conejos Gallegos Cogal S. Coop. Gallega

Alceme 36530-Rodeiro (Pontevedra) Tfno: 986 790 100 http://www.cogal.net/

13


Bodegas Terras Gauda S.A.

Estrada Tui- A Guarda km 55 36760 O Rosal (Pontevedra) Tfno: 986 621 111 www.terrasgauda.com

14


1.5.-TESOURARÍA INGRESOS COTA SOCIAL CONSELLO SOCIAL USC CONSELLO SOCIAL USC RECANTO DA SAUDADE ENMENTE XI PREMIO RELATO CURTO ACTIVIDADES VARIAS

Ordinaria e socios protectores Subvención EnMente Axuda para 20 Aniversario Ingresos Vodas Prata e Ouro Ingresos por matrícula Patrocinio de La Rosaleda

TOTAL

17.954,00 € 4.600,00 € 1.000,00 € 23.527,74 € 3.775,00 € 500,00 € 4.248,00 € 55.604,74 €

GASTOS GASTOS DE PERSOAL REVISTA FONSECA GASTOS DESPRAZAMENTO ACTIVIDADES VARIAS RECANTO DA SAUDADE ENMENTE TELÉFONO CURSO CONVERSIA GASTOS BANCARIOS XESTORÍA DE LA TORRE GASTOS XERAIS MUGATRA COTA FEDERACIÓN 20 ANIVERSARIO XXI ASEMBLEA XERAL ORDIN. ASEMBLEA EXTR. OUTONO SALDO NEGATIVO 2015 REMANENTE 2016 TOTAL

nóminas e seguridade social Ana Cividanes- Maquetación- Copias

Gastos Vodas de Prata e Ouro

(dedúcese da S/S sen o IVE) (Seguro respon. civil- 418,19- poliz acci-51,17) Servizo de Prevención riscos e vixilancia saúde

15

15.735,40 € 241,75 € 328,14 € 4.523,00 € 20.725,25 € 5.904,37 € 413,38 € 508,20 € 75,41 € 1.095,63 € 323,02 € 322,77 € 300,00 € 1.122,00 € 114,09 € 437,00 € 955,38 € 2.479,95 € 55.604,74 €


1.6. A Asociación en Internet Alumni USC está conformada por socias e socios de perfís profesionais multidisciplinares, de variables franxas de idade e inquedanzas múltiples, que gozan a diario do emprego de distintas formas de comunicación, entre as que se conta Internet. De aí a aposta da Xunta Directiva por informalos das actividades desenvolvidas vía correo electrónico (desde alumni@usc.es) e actualizando os contidos da páxina en liña de Alumni USC á que se accede desde a páxina de inicio da USC na que está aloxada. (http://www.antigosalumnos.usc.es/antigosalumnos/gl/index.html) Nos últimos meses do ano 2015 a páxina en liña da Asociación, dotouse de contidos máis dinámicos e creouse un perfil en Issuu que permite unha visualización máis interactiva das publicacións realizadas. A publicación mais salientable de Alumni USC é a revista FONSECA, que foi experimentando un proceso constante de renovación. A partir do ano 2015 a revista publícase anualmente e en edición dixital. Pódese acceder a os últimos números correspondentes aos anos 2015 (nº38) a ao 2016 (nº 39) a través do enlace: (http://issuu.com/asociacionantigosalumnosusc)

Entendendo que hoxe en día as redes sociais constitúen un elemento esencial de comunicación, Alumni USC mantén un grupo en Facebook que serve para difundir as diversas actividades que organiza ou aquelas nas que participa, así como outras actividades e novas que os seus membros desexen que se fagan visibles. https://www.facebook.com/ Tamén dende o ano 2015 mantén un grupo en LinkedIn (https://www.linkedin.com/in/alumni-usc-b5aa57ba), polo feito de que esta rede social está a funcionar nos últimos tempos como primeira criba empregada por numerosos ciberusuarios e empresas para seleccionar currículos profesionais desde calquera país do mundo. A 16


idea é ofrecer a oportunidade de recuperar o contacto con antigos alumnos e alumnas, e mesmo con amigos e amigas da USC, para que poidan manter así un vínculo entre eles e coa súa alma mater, pese á atopararse fóra de Galicia e de España, en moitos casos.

17


1.7. A Asociación e a Universidade 1.7.1. Axuda institucional A USC facilita o local social, o local para reunións e asume o custo dos gastos correntes (luz, un teléfono e correo postal). Así mesmo a Asociación ten un convenio co Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade social para contar con aloxamento gratuíto para unha colaboradora activa de Alumni nunha residencia universitaria. 1.7.2. Representación da Asociación no Consello Social da USC Grazas ás xestións do anterior presidente, Ángel Álvarez Prechous, e do secretario, Carlos Nieves Vicente, a principios de 2013 acadouse un fito importante para a Asociación: que un membro das asociacións de antigos alumnos das universidades galegas entrara a formar parte do Consello Social de cada unha das universidades do Sistema Universitario Galego. Con data do 3 de xullo do 2013 (DOG nº 125) publicouse a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia con entrada en vigor o 4 de xullo de 2013. No artigo 77.3 da Lei establécese a composición do Consello Social, e entre os representantes dos intereses sociais figura un membro designado pola Asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades. A Xunta directiva, a actual, nomeou a Ángel López Conde coma representante ante o Consello Social o 4 de marzo de 2015, cometido que seguiu a desempeñar ao longo do ano 2016 .

18


1.7.3.- Proxecto Mentoring USC

O 15 de marzo asinouse un convenio polo cal Alumni USC colabora co Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade social no seu proxecto Mentoring USC. Moitos socios e socias que son na actualidade directivos de empresas ou profesionais por conta propia exerceron de mentores de estudantes de últimos cursos para así orientalos e encamiñalos na busca de emprego.

1.7.4.- EnMente, 1º Encontro de Intelixencia Emocional da USC

Presentado conxuntamente por Alumni USC e o Instituto de Ciencias da Educación da USC, EnMente é un proxecto de educación emocional para o desenvolvemento profesional e persoal de membros da comunidade universitaria.

19


Alumni USC acudiu á convocatoria de axudas do Consello Social e acadou unha subvención que cubriu parcialmente os gastos do proxecto.

A xornada celebrouse o 1 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación, e cumpríronse os obxectivos marcados xa que se cubriron todas as prazas ofertadas e o grao de satisfacción dos participantes foi elevado. 1.7.3. Actos Académicos Actos organizados coa colaboración da Asociación: A) Acto de Graduación de Medicina, 27 de abril

20


Celebrado como todos os anos no Palacio de Congresos de Santiago, o acto estivo presidido polo Reitor. Ademais dun amplo abano de profesores e representantes doutras entidades, asistiu a presidenta de Alumni USC.

B) Acto de Graduación de Ciencias Químicas, 18 de xuño A Presidenta representou á Asociación no acto celebrado no Auditorio de Galicia, no que participaron tamén: -Francisco Rivadulla Fernández, Profesor do Departamento de Química Física -Mª Teresa Pereira Lorenzo Profesora do Departamento de Química Inorgánica -Manuel Rodríguez Méndez, vocal da Xunta Directiva do Colexio Oficial de Químicos de Galicia -Mª Pilar Bermejo Barrera, Decana da Facultade de Química -Miguel A. Ríos Fernández, Presidente da Real Academia Galega de Ciencias -Isabel Rodríguez-Moldes Rey, Vicerreitora de Investigación e Innovación. 1.8. A Asociación e a Cidade. 1.8.1.- En Santiago de Compostela. Colaboración co Concello.

O día 23 de maio a Presidenta e o tesoureiro, Agustín Pena, mantiveron unha reunión co Concelleiro responsable de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela, Xan Duro, para presentarlle un proxecto consistente na sinalización das árbores mais 21


significativas da Alameda. Con este proxecto a Asociación pretende contribuír á difusión de coñecemento xerado na nosa Universidade e poñer en valor o patrimonio botánico de Compostela. Este proxecto que está patrocinado pola empresa madeireira, FINSA, foi acollido con gran agrado polo representante do Concello. 1.9.- Recanto da Saudade 1.9.1.- Vodas de Ouro e outras conmemoracións 56 Aniversario Maxisterio

Antigas alumnas da Diplomatura de Maxisterio da promoción 19571960 reuníronse na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo para festexar este aniversario e o seu reencontro nas aulas. O acto estivo presidido polo decano do centro, Francisco Rodríguez Lestegás, e como representante das antigas alumnas actuou Helena Villar Janeiro. A Vicepresidenta, Mª Julia Melgar Riol representou á Asociación no acto.

22


1.9.2.- Vodas de Prata En Santiago 1.-Licenciatura en Física, promoción 1986-1991.

Un grupo de exalumnos e exalumnas, representado polo socio e profesor Jorge Mira, reuniuse o 17 de xuño na Facultade de Física para festexar o 25 aniversario da súa titulación. En representación de Alumni USC asistiu o vogal Jesús López Romalde.

23


2.-Licenciatura en Ciencias Empresariais, promoción 1986-1991.

O acto de conmemoración das vodas de prata, celebrado o 17 de setembro, estivo presidido polo reitor, Juan Viaño, e ademais da decana do centro, Emilia Vázquez, asistiu en representación da nosa entidade, Mª Isabel Aneiros, vogal da Xunta Directiva.

24


3.-Licenciatura en Medicina, promoción 1985-1991.

O grupo de antigos alumnos e alumnas mais numeroso dos que conmemoran as vodas de prata é sempre o de medicina e a nosa entidade participa ano tras ano na organización deste evento. O acto, celebrado o 8 de outubro, estivo presidido polo decano da facultade Juan Gestal Otero, como representante do alumnado da promoción actuou Juan E. Quevedo Seco, e representando ao profesorado tomou a palabra Manuel Noya García. Como representante de Alumni USC acudiu, ao igual que nos últimos anos, a presidenta, Benita Silva. 4.-Licenciatura en Psicoloxía, promoción 1986-1991.

25


A decana do centro, Socorro Rodríguez Holguín, recibiu ao grupo de antigos alumnos e alumnas da promoción que se reuniu na Facultade o 29 de outubro para celebrar o seu 25 Aniversario. Como representante do alumnado da promoción, asistiu Maca Rego Piñeiro, como representante do profesorado, Rosa Rivas Torres e en representación de Alumni USC, a presidenta, Benita Silva.

En Lugo 1.-Enxeñaría Agronómica, promoción 1986-1991.

O 14 de maio reuníronse os antigos alumnos e alumnas da promoción de Enxeñaría Agronómica nun acto presidido polo Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema. Como representante do profesorado da promoción estivo Francisco Maseda Eimil, tamén estivo a Secretaria Académica de Infraestructuras e Asuntos Económicos, Monserrat Valcarcel Armesto, e Jesús López Romalde, vogal da Xunta Directiva, como representante de Alumni USC.

26


1.9.3.- Inauguración do 2º monólito do Recanto da Saudade.

1. Ao acto de inauguración do monólito, celebrado o 8 de outubro, acudiron en representación do Concello de Santiago Xan Duro, Concelleiro de Medioambiente e Convivencia e en representación da USC por delegación do reitor asistiu Marta Carballo Fidalgo, Asesora do Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social. En nome da Asociación participou a Presidenta. A inauguración coincidiu coa data en que os exalumnos e exalumnas da Licenciatura en Medicina da promoción 1985-1991 celebraron as súas vodas de prata polo que o acto estivo moi concorrido e animado.

27


2. Actividades organizadas desde a Asociación 2.1.- Actividades 2.1.1- En Santiago a) Homenaxe a Alejandro Pérez Lugín, na Casa Museo da Troia, 22 de febreiro

A Xunta Directiva quixo homenaxear ao autor do libro A Casa da Troia colocando unha placa conmemorativa. Ao acto acudiron, ademais da Presidenta e do vogal da directiva e director da Casa Museo da Troia, Benigno Amor Barreiro, as seguintes persoas: - Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC- Dolores Álvarez Pérez. - Concelleiro de Educación do Concello de Santiago, Manuel Dios Diz. - Xerente do Consorcio de Santiago- Belén Hernández Lafuente.

28


b) Café con... Julio Arca Ruibal, 16 de marzo

O socio e antigo membro da Xunta Directiva, Julio C. Arca Ruibal, que na actualidade é director financeiro da empresa Genesal Energy S.L. participou nun coloquio no que comentou aos presentes a súa traxectoria profesional como exemplo de emprendimento e dinamismo dun antigo alumno da USC.

c) Celebración do 20 Aniversario da Asociación e nomeamento a Juan J. Casares Long coma socio de honra, 1 de abril

Na reunión da Xunta Directiva do 30 de novembro de 2015, acordouse nomear socio de honra a Juan José Casares Long, proposta que foi aprobada por unanimidade na Asemblea Xeral Extraordinaria do 12 de 29


decembro, por considerar que na súa persoa concorren méritos dabondo para tal distinción. Juan José Casares Long ostentou a presidencia da Asociación durante 8 anos, os primeiros da vida da entidade. Pódese dicir que puxo a andar a Asociación, conseguiu facerlle un oco na nosa Universidade logrando que unha gran parte da comunidade universitaria a coñecese e se implicase neste proxecto. Durante o seu mandato consolidouse a relación de colaboración co Consello Social. Así mesmo fixo que a nosa Asociación fora una das primeiras e das mais activas da Federación Alumni España. Por todo isto, e en recoñecemento da súa dedicación e esforzo en prol da Asociación concedéuselle esta distinción nun acto celebrado o 1 de abril no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. O acto estivo presidido polo Reitor, Juan Viaño Rey, que estivo acompañado polo Secretario Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o Concelleiro de Educación do Concello de Santiago de Compostela, Manuel Dios Diz, e o que non podía faltar, o exReitor da USC e responsable da creación de Alumni USC, Darío Villanueva Prieto.

30


d) Visita á Casa Museo de Rosalía de Castro.

Un grupo de socios acudiu o 13 de maio á Casa Museo de Rosalía de Castro onde foi recibida polo seu director Anxo Angueira.

Despois da visita ao Museo todos os asistentes fixeron unha lectura de poemas rosalianos.

31


e) Visita á Cidade da Cultura e o Bosque do Galicia.

O 20 de maio un grupo de socios visitou o Bosque de Galicia para ver in situ a plantación de árbores que fixo a cidadanía compostelá á que tamén socios de Alumni USC contribuíron. Logo, visitou tamén os edificios da Cidade da Cultura e a exposición “De cotío”. f) Conferencia de Roxelio Pérez Moreira.

O profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola no Campus de Lugo, Roxelio Pérez Moreira disertou sobre “A paisaxe habitada: poética paisaxista de Manuel María” para festexar o día das Letras Galegas, o 15 de maio no salón de actos da Facultade de Filosofía.

32


g) Xornada mariñeira no Joaquín Vieta.

Como xa vén sendo habitual un grupo de socios e socias navegou pola ría de Muros-Noia no balandro Joaquín Vieta capitaneado polo socio Enrique Blanco Lado, o 2 de xullo. Despois de xantar en Muros, o grupo visitou a vila.

33


h) Homenaxe a Domingo Fontán.

A Xunta Directiva quixo homenaxear ao xeógrafo galego Domingo Fontán nun acto no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia o 26 de outubro. Xunto co tesoureiro, Agustín Pena, que actuou de moderador, participaron na mesa redonda o Profesor de Xeografía Humana e vogal da Xunta Directiva, Francisco Durán e o escritor Marcos Calveiro. A continuación, os asistentes puideron observar o Mapa Xeográfico de Galicia, obra de Fontán, que se conserva na Facultade.

34


i) Conferencia do director da Real Academia Española, Darío Villanueva Prieto.

No ano 2016 a Xunta Directiva invitou a Darío Villanueva, reitor fundador de Alumni USC, catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada e actual director da RAE, a impartir unha conferencia, acto que formaba parte do programa de actividades conmemorativas do vixésimo aniversario da Asociación. A conferencia que levou por título “2016, ano de centenarios: Rubén Darío”, celebrouse o 7 de novembro e ademais da presidenta, interveu o vogal Manuel Fraga que actuou como mestre de cerimonias.

35


2.1.2.- En Lugo a) Visita á cidade de Lugo.

Dentro do programa de actividades para o curso 2015-2016 estivo a visita á cidade de Lugo que se celebrou o 4 de xuño co seguinte programa : - Visita ás cubertas da Catedral. - Visita ao Museo Provincial. - Conferencia do arqueólogo Celso Rodríguez Cao sobre as escavacións na Casa do Saber e visita ás mesmas. b) Visita á Estación Científica do Courel.

Os socios e socias asistentes á xornada cultural, o 5 de novembro, foron recibidos polos tamén socios Antonio Rigueiro, director da Estación que lles mostrou as instalacións, e por María Moure experta botánica, boa 36


coñecedora da flora do lugar, e que llela foi mostrando aos asistentes ao longo dun agradable paseo. c) Visita ao Pazo de Tor e Monforte de Lemos.

Un grupo de socios e socias de Santiago reuniuse o 28 de novembro con outro de Lugo para visitar o Pazo de Tor e o Colexio Nosa Señora da Antiga, Colexio dos Escolapios, de Monforte. Xantaron no Museo do Viño e remataron a xornada dando un paseo polo casco histórico da cidade. 2.1.3.- Na Coruña. Visita á cidade.

O 9 de xullo a Presidenta acudiu á cidade herculina acompañada polo vogal Víctor A. García Dopico e un grupo de socios e socias. Visitaron o Museo de Belas Artes, guiados polo socio Javier González Fernández, e o Museo Arqueolóxico da cidade.

37


2.1.4.- XI Premio de Relato Curto

A xunta directiva actual decidiu abrir o premio ao público en xeral e realizouse unha ampla difusión da convocatoria polos centros de secundaria de Santiago de Compostela e Lugo ademais da comunidade universitaria. O envío de traballos ampliouse ata o 15 de febreiro de 2016, ano do vixésimo aniversario da Asociación. Recibíronse 42 relatos. O Xurado desta edición estivo constituído por Mercedes Brea, Catedrática de Filoloxía Románica da USC, Juan Blanco, director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e Mª Elisa Pérez Vilariño, mestra de primaria e a Secretaria de Alumni USC, Mar Fernández, en representación da Xunta Directiva, con voz pero sen voto.

38


2.1.5.-Actividades do Club de Sendeirismo Roiteiros mensuais As Furnas-Corrubedo, 30 de xaneiro

Varios membros do Club de sendeirismo participaron nesta xornada de andaina, percorrendo o camiĂąo que vai desde a praia das Furnas ata a de Corrubedo. Subida ao Monte Santa Tegra, 30 de abril

39


Acompañados de moi bo tempo, o grupo de sendeiristas subiu ao Monte Santa Tegra para admirar a paisaxe e rematar a xornada xantando no camiño. Visita ás Bodegas Terras Gauda e percorrido polos arredores, 24 de setembro

Os camiñantes do Club de sendeirismo realizaron unha actividade cultural engadida á xa habitual de andainas para visitar as Bodegas Terras Gauda no Rosal. Acompañados da guía da empresa, percorreron as bodegas e foron agasallados cun viño.

40


Etapa Camiño de inverno, 22 de outubro

Como percorrido mensual ofreceuse esta etapa do Camiño de Inverno na Ribeira Sacra: desde Rendal ata Penasillás (24 km) Camiño de inverno, desde Ponferrada

O Club de sendeirismo programou para este ano 2016 o Camiño de Santiago de Inverno desde Ponferrada. Na foto en Monforte de Lemos 41


coa Presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno, Aida Menéndez.

3. Servizos 3.1. FONSECA

42


No ano 2016 a revista FONSECA, editouse unicamente en formato dixital igual que se fixera no 2015. O sumario do número 39 é o seguinte: -

Editorial da Presidenta sobre o XX Aniversario Encontro de Intelixencia Emocional Innovación y Mercados, por José Antonio Moreno XI Premio Relato Curto Talento físico na USC Juan Casares, socio de honra Integrar los exalumnos, por Ángel Álvarez Prechous Actividades sociais, institucionais e culturais O Campus da Cidadanía, por José Antonio Caride Entrevista a Luis Iglesias Feijoo: “Lo fundamental sigue siendo la palabra” - Nomes propios - Recanto da Saudade - Cáritas interparroquial de Santiago fala dos “invisibles” - Novidades editoriais USC - Memoria de Manuel Bao e de Luis Suárez-Llanos - Socios protectores - Exposición colectiva no Casino compostelán Pódese acceder ao nº 39 a través do seguinte enlace: https://issuu.com/asociacionantigosalumnosusc/docs/fonseca_ 38-proyectar/1

43


4. Relacións institucionais 4.1. Foro Cívico Empresarial No ano 2016 o Foro celebrou varias reunións, nas que Alumni USC participou a través dos seus representantes: o tesoureiro Agustín Pena, que é o representante permanente da Asociación, ou o vogal Benigno Amor que actúa como suplente. Na foto, unha reunión á que acudiu o alcalde do Concello de Santiago

4.2. Museo Casa da Troia. Reunión do Padroado. O 8 de marzo acudiu a presidenta, Benita Silva, á reunión anual do Padroado, ao que pertence a Asociación.

44


4.3.- Aulas da Terceira Idade, Ategal. Acto de clausura do curso académico 2015-2016. Celebrouse o 8 de xuño no Colexio Maior San Agustín e asistiu en representación de Alumni USC, Francisco Durán.

45

Memoria 2016  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you