Page 1

1

MEMORIA 2015

Asociaciรณn de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC


Índice

2

Presentación

3

1. A Asociación

4

1.1. A Xunta Directiva

4

1.2. Asembleas

7

1.2.1. Asemblea Xeral Extraordinaria

2

7

1.2.2. Asemblea Xeral Ordinaria

7

1.2.3. Asemblea Xeral Extraordinaria

7

1.2.4. Asemblea Xeral Extraordinaria de Outono

8

1.3. Asociados

9

1.4. Socios protectores

9

1.5. Tesouraría

20

1.6. A Asociación en Internet

21

1.7. A Asociación e a Universidade

23

1.7.1. Axuda institucional

23

1.7.2. Representación da Asociación no Consello Social da USC

23

1.7.3. Actos Académicos - Actos de Fin de Carreira de distintas Facultades 1.8. A Asociación e a Cidade 1.8.1. En Santiago de Compostela 1.8.1.1. Actividades 1.8.2. En Lugo

24 24 25 25 25 27

1.8.2.1. O Recanto da Saudade

27

1.8.2.2. Actividades

28

1. 9. Vodas de Ouro

28

1.10. Vodas de Prata

29

2.- Actividades organizadas desde a Asociación 2.1. X Premio de Relato Curto

31 31

2.2. Visitas culturais e demais actividades

31

2.3. Actividades do Club de sendeirismo

41

3.- Servizos

44

3.1. Revista FONSECA 4.- Relacións institucionais

44 46

4.1. Foro Cívico Empresarial

46

4.2. Museo Casa da Troia

46

a) Reunión do Padroado.............................................................................46

b) II Encontros Troianos.....................................................................47


Presentación

3

O 21 de febreiro de 2015 o grupo de persoas que conformamos a Xunta Directiva actual asumimos a responsabilidade de guiar a nosa querida Asociación para que puidese seguir a cumprir cos seus obxectivos. E chegou o momento de dar conta do labor realizado, o que se reflicte na presente memoria. Coido que o balance é positivo. A pesares das dificultades, que a ninguén se lle ocultan, fomos quen de levar a cabo unha serie de actividades encamiñadas a aumentar a visibilidade da Asociación nas cidades que albergan os campus da USC e a presenza dos socios e socias na vida da entidade. Procuramos potenciar a Asociación en Lugo, comezando por incorporar na nova versión dos estatutos a sede da entidade nesa cidade, condición importante para poder levar a cabo algunhas xestións. Inauguramos un “Recanto da saudade” e incrementamos a dous o número de membros da directiva pertencentes a o campus lugués, co fin de facilitar o desenvolvemento de actividades na cidade das murallas. Fixemos esforzos por achegarnos á xente nova a través de actividades como “Un café con…” e da participación no programa de mentores da USC que lidera a Vicerreitoría de estudantes, cultura e responsabilidade social, no que moitos socios e socias se prestaron a colaborar. Así mesmo, intentamos abrirnos ao ámbito internacional para chegar aos antigos estudantes da USC que se encontran no estranxeiro, a través das redes sociais e dos grupos de Facebook e LinkedIN. No ano 2015, incrementouse notablemente o número de socios protectores, figura creada pola anterior equipa directiva, tanto en Santiago como en Lugo. Este foi un logro importante xa que permitiu aliviar en parte a complicada situación económica que estamos a pasar. E todo isto, grazas ao esforzo de todos e cada un dos membros da xunta directiva e de moitos socios e socias que colaboraron achegando ideas e mesmo arrimando o ombreiro e traballando activamente. Isto é o que queremos, que Alumni USC sexa un proxecto participativo e integrador co que os socios e socias se sintan identificados. Queremos que a Asociación sexa de utilidade para todos os asociados/as e que sirva de plataforma para as súas iniciativas, como poden ser a presentación dun libro, unha conferencia sobre un tema do seu interese, un proxecto ou o que desexen compartir cos demais asociados ou dar a coñecer á cidadanía en xeral. Grazas a todos e todas por facer posible que Alumni USC siga a camiñar cara o futuro.

Benita Silva Hermo


1. A Asociación 1.1. A Xunta Directiva

4

As eleccións do 21 de febreiro de 2015 conformaron unha nova Xunta Directiva: Presidenta: Dona Benita Silva Hermo Doutora en Ciencias Químicas pola USC e Profesora Titular de Edafoloxía e Química Agrícola na USC. Vicepresidente: Don Francisco R. Durán Villa Doutor en Xeografía e Historia pola USC e Profesor Titular de Xeografía Humana da USC Secretaria: Dona Mª del Mar Fernández Vázquez Diplomada en Estudos Avanzados pola USC. Tesoureiro: Don Agustín Pena Herva Diplomado en Maxisterio e empregado na empresa privada. Vogais: Don Benigno Amor Barreiro Licenciado en Dereito e xerente de empresa privada. Dona Margarita Castro Rey Diplomada en Traballo Social e Funcionaria xubilada da Xunta de Galicia. Don Manuel Fraga Carou Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e Administrador de empresa privada. Don Víctor A. García Dopico Licenciado en Dereito pola USC e avogado en exercicio. Dona Mª Julia Melgar Riol


Doutora en Farmacia e Catedrática de Universidade. Profesora na Facultade de Veterinaria da USC.

5

O 12 de decembro, na Asemblea Xeral Extraordinaria, elixíronse 4 vogais máis e houbo outros cambios na directiva coa renuncia de Margarita Castro Rey e o cambio de cargo de Francisco Durán Villa, quedando como segue: Presidenta: Dona Benita Silva Hermo Doutora en Ciencias Químicas pola USC e Profesora Titular de Edafoloxía e Química Agrícola na USC. Vicepresidenta: Dona Mª Julia Melgar Riol Doutora en Farmacia e Catedrática de Universidade. Profesora na Facultade de Veterinaria da USC. Secretaria: Dona Mª del Mar Fernández Vázquez Diplomada en Estudos Avanzados pola USC.


Tesoureiro: Don Agustín Pena Herva Diplomado en Maxisterio e empregado na empresa privada. Vogais: 6

Don Benigno Amor Barreiro Licenciado en Dereito e xerente de empresa privada.

Dona Isabel Aneiros Penedo Diplomada en C. Empresariais e Licenciada en C. C. Económicas e Empresariais pola USC. Analista do departamento de fondos de capital risco en Xesgalicia.

Don Francisco R. Durán Villa Doutor en Xeografía e Historia pola USC e Profesor Titular de Xeografía Humana da USC

Don Manuel Fraga Carou Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e Administrador de empresa privada. Don Víctor A. García Dopico Licenciado en Dereito pola USC e avogado en exercicio.

Don Carlos Herrero Latorre Doutor en Ciencias Químicas pola USC e Profesor Titular de Química Analítica no Campus de Lugo.

Don Jesús López Romalde Doutor en Ciencias Biolóxicas e Catedrático de Microbioloxía e Parasitoloxía na USC.

Dona Mª Xosé Taibo Mirón Licenciada en Filoloxía Hispánica, Románica e Galego-Portuguesa pola USC e Profesora de Secundaria no IES de Elviña (A Coruña).


1.2. Asembleas 1.2.1. Asemblea Xeral Extraordinaria

7

Con data 21 de febreiro 2015 celebrouse unha Asemblea Xeral Extraordinaria co fin de elixir unha nova xunta directiva ante a dimisión, por motivos persoais, do Presidente anterior, Don Ángel Álvarez Prechous, e dos membros da súa Xunta Directiva. 1.2.2. Asemblea Xeral Ordinaria O día 4 de xuño celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria cos seguintes puntos na orde do día: 1.2.3.4.5.6.-

Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior. Informe da Presidenta. Presentación da Memoria 2014. Aprobación, se procede, do Informe de Ingresos e Gastos 2014. Aprobación, se procede, do Orzamento 2015. Plan de actuación. Rogos e preguntas.

1.2.3. Asemblea Xeral Extraordinaria Ese mesmo día 4 de xuño celebrouse unha Asemblea Xeral Extraordinaria co fin da aprobación da modificación de Estatutos presentada. O programa do día tamén incluía:


Entrega do IX Premio de Relato Curto a Víctor A. García Dopico polo relato intitulado “El ocaso del éxito”.

8

Conferencia de Don emprendedora 2020”.

José

Ortigueira

Bobillo:

“Universidade

1.2.4. Asemblea Xeral Extraordinaria de Outono O 12 de decembro 2015 celebrouse Extraordinaria cos seguintes puntos na orde do día:

unha

Asemblea

1.- Cambios na directiva: Elección de 3 vogais. 2.- Proposta de nomeamento de socio de honra: Juan J. Casares Long.


3.- Actualización da cota social: 30 €/ano a ordinaria e 10 €/ano a reducida para recentes graduados. 4.- Socios protectores 2015: acto protocolario de entrega de diplomas na vindeira Asemblea Xeral Ordinaria (xuño 2016) 5.- Revista FONSECA nº 38. 6.- Presentación de solicitude de utilidade pública. 9

1.3. Asociados Rematouse o ano con 612 socios. Houbo un incremento de 37 socios con respecto ao ano anterior.

1.4. Socios protectores

Alumni USC conta con socios protectores das cidades e comarcas de Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra.

a) Santiago de Compostela e comarca DESDE 2014

1-CAFETERÍA LEMBRANZA

Rúa Montero Ríos, 39 15701 Santiago de Compostela Tfno: 981 593 636 www.cafeterialembranza.com


2-NINO. Centro de Impresión Digital, s.l.

10

Avda. Rosalía de Castro, nº 58, bajo 15706 Santiago de Compostela Tfno: 981 590 302 www.copynino.com

3-LIBRERÍA FOLLAS NOVAS, S.L.

Rúa Montero Ríos, 37 15706 Santiago de Compostela follasnovas@follasnovas.es Tel. 981 59 44 06 Fax 981 59 06 12 www.libreriafonsecadecompostela.es/es/

4-Paradores de Turismo de España S.A.

Praza do Obradoiro s/n 15704 Santiago de Compostela Tfno: 981 582 200 www.parador.es/es/paradores/parador-de-santiago-de-compostela


5- A Nave de Vidán S.L.

11

Avda. Mestra Victoria Míguez, 44 15706 Santiago de Compostela Tfno: 981 522 110 www.anavedevidan.com 6- Restaurante Terra A Nosa S.L.

Rúa Nova de abaixo, 5 15706 Santiago de Compostela Tfno: 981 597 354

7- Hotel Monumento San Francisco

Rúa Campillo de San Francisco, 3 15705 Santiago de Compostela Tfno: 981 58 16 34 www.sanfranciscohm.com


DESDE 2015 8- Carrocera Castrosua S.A. 12

Estrada da Coruña Km. 59,5 15890 Santiago de Compostela Tfno: 981 552 460 www.castrosua.com 9- Lápices 4 S.L.

Avda. da Coruña, 4, baixo 15701 Santiago de Compostela Tfno: 981 58 04 29 www.lapices4.com

10- Restaurante Casa Camilo

Rúa A Raíña, 24 15705 Santiago de Compostela Tfno: 981 58 45 93


11- Mª del Carmen e Mª Dolores Brocos Mareque S.L.

13

Avda. Juan Carlos I, 5, baixo 15701 Santiago de Compostela Tfno: 981 58 58 69

12- José Otero, S.A.

Rúa Xeneral Pardiñas, 13, baixo 15701 Santiago de Compostela Tfno: 981 569 230

13- Tórculo Artes Gráficas S.A.

Rúa Vía Edison, 33-35 (Polígono Industrial do Tambre) 15890 Santiago de Compostela Tfno: 902 905 024 www.torculo.com


14- Vía Lactea Comunicación S.L.

14

Praza Nosa Señora da Mercé de Conxo, nº 6-1º C 15706 Santiago de Compostela Tfno: 981 55 44 07 www.vialactea.es


b) Lugo e comarca DESDE 2015

15

1- Restaurante “Fonte do Rei”

Avda. de Madrid, nº 5 e nº 63 27002 Lugo Tfnos: 982 245 608 / 982 223 711 www.fontedorei.es

2- Instalaciones Cruz S.L.

Rúa Río Sil, 44, baixo 27003 Lugo Tfno: 982 253 446


3- Restaurante Mesón de Alberto

16

Rúa da Cruz, 4 27001 Lugo Tfno: 982 228 310 www.mesondealberto.es

4- Prelo S.L.

Ronda da Muralla, 34, baixo 27002 Lugo Tfno: 982 280 359 www.prelo.es

5- El Progreso de Lugo, S.L.

Rúa Ribadeo, 5 27002- Lugo Tfno: 982 298 146 http://elprogreso.galiciae.com/


6- Aresa Agrícola

17

Avda. de Madrid, 187 27002 Lugo Tfno: 982222400 Avda. de Breogán s/n 27370 Rábade (Lugo) Tfno: 982390371 http://www.aresa-agricola.com/


1.5. Tesouraría INGRESOS E GASTOS 2015

INGRESOS 18

COTA SOCIAL DEPUTACION A CORUÑA RECANTO DA SAUDADE ACTIVIDADES REVISTA FONSECA SALDO POSITIVO 2014 TOTAL

Ordinaria e socios protectores Subvención 2014 Ingresos Vodas Prata e Ouro Venta revista Fonseca 2014 Concello de Lugo e varios

15.025,53 € 1.507,77 € 22.641,36 € 4.519,00 € 505,00 € 3.380,25 € 47.578,91 €

GASTOS GASTOS DE PERSOAL REVISTA FONSECA GASTOS DESPLAZAMENTO ACTIVIDADES RECANTO DA SAUDADE TELEFONO CURSO CONVERSIA GASTOS BANCARIOS GESTORIA DE LA TORRE GASTOS XERAIS MUGATRA FEDERACION X PREMIO RELATO CURTO XX ASEMBLEA XERAL SALDO NEGATIVO 2015 TOTAL

nóminas e seguridade social Tórculo Vogal de Lugo e outros Gastos Vodas de Prata e Ouro (dedúcese da S/S sen o IVE) (SEGURO RESPON. CIVIL- 418,19- POLIZ ACCI51,17) (fotocopias, papelería, correos e varios) Servicio de Prevención riscos e vixilancia saúde (figura Sargadelos)

14.873,64 2.485,35 546,57 4.366,00 21.086,01 350,83 508,20 54,37 1.091,92 562,90 322,77 300,00 69,50 57,50 903,35 47.578,91


1.6. A Asociación en Internet

19

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante, Alumni USC) está conformada por socias e socios de perfís profesionais multidisciplinares, de variables franxas de idade e inquedanzas múltiples, que desfrutan a diario do emprego de distintas formas de comunicación, entre as que se conta Internet, de aí a aposta da Xunta Directiva pola informalos das actividades desenvolvidas vía correo electrónico (desde antalum@usc.es) e actualizando os contidos da páxina en liña de Alumni USC (http://www.antigosalumnos.usc.es/antigosalumnos/gl/index.html), á que se accede desde a páxina de inicio da USC na que está aloxada.

Nos últimos meses do ano 2015 estívose a dotar de contidos máis dinámicos esta páxina en liña da Asociación, de aí a creación dun perfil en Issuu (http://issuu.com/asociacionantigosalumnosusc) que permite unha visualización máis interactiva das publicacións realizadas, principalmente da revista FONSECA, que experimentou un proceso constante de renovación desde o número 33 (outubro de 2012) e que se converteu nunha revista dixital anual desde 2015.


20

Así mesmo a Xunta Directiva estivo a impulsar nos últimos meses do ano 2015 o seu grupo en LinkedIN (https://www.linkedin.com/in/alumni-usc-b5aa57ba), polo feito de que esta rede social que está a funcionar nos últimos anos como primeira criba empregada por numerosos ciberusuarios e empresas para seleccionar currículos profesionais desde calquera país do mundo, lle está a ofrecer a oportunidade de recuperar o contacto con antigos alumnos, e mesmo amigos, da Universidade de Santiago de Compostela, que poden manter así un vínculo coa súa alma mater, mesmo pese á grande distancia xeográfica no caso dalgúns deles, e integrarse nunha arañeira dixital de Alumni USC que está a medrar día a día para fornecerse de novas e artigos de relevancia (caso de iniciativas como “Café con...”, charlas de profesionais sobre temas obxecto das súas pesquisas e inquedanzas, mesas redondas de debate sobre a Universidade ante o cambiante século XXI e o anuncio do X Premio de Relato Curto, entre outras), e mesmo crear foros de debate abertos á participación e que acheguen novas vías para engrandecer a comunicación entre os Alumni USC.

[Modificación do texto publicado en FONSECA, N.º 38 (2015)]


1.7. A Asociación e a Universidade 1.7.1. Axuda institucional

21

A USC facilita o local social, o local para reunións e asume o custo da luz, un teléfono e o correo postal. Temos un convenio co Vicerreitorado de Estudantes para contar con aloxamento gratuíto para unha persoa nunha residencia universitaria. 1.7.2. Representación da Asociación no Consello Social da USC Grazas ás xestións do anterior presidente, Ángel Álvarez Prechous, e do secretario, Carlos Nieves Vicente, acadouse un fito importante para a Asociación: un membro das asociacións de antigos alumnos das universidades galegas entrara a formar parte do Consello Social de cada unha das universidades do Sistema Universitario Galego. Con data do 3 de xullo do 2013 (DOG nº 125) publicouse a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia con entrada en vigor o 4 de xullo de 2013. No artigo 77.3 da Lei establécese a composición do Consello Social, e entre os representantes dos intereses sociais figura un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades. Cos cambios na xunta directiva, a actual nomeou a Ángel López Conde coma representante ante o Consello Social o 4 de marzo de 2015.

1.7.3. Actos Académicos Con colaboración da Asociación: - Actos Fin de Carreira de distintas Facultades A Asociación estivo representada nos actos de Graduación de: Medicina, o 15 de abril, e o de Químicas, o 20 de xuño, aos que asistiu a Presidenta.


22

Ademais da Presidenta, estiveron presentes no acto de Graduación de Químicas, a Vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, que presidiu o acto, Andrea Velasco Pérez, Eva Vázquez López e Álvaro Doval Requejo como representantes dos alumnos da promoción, Juan Carlos Gregorio Pérez, padriño da promoción e profesor do Departamento de Química Orgánica, Antonio Macho Senra, Decano-Presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Miguel Ángel Ríos Fernández, presidente de la Real Academia Galega de Ciencias e Mª Pilar Bermejo Barrera, Decana do centro.


1.8. A Asociación e a Cidade 1.8.1. En Santiago de Compostela 1.8.1.1. Actividades 23

a) Plantación dunha árbore no Bosque de Galicia O 11 de abril reuníronse na Cidade de Cultura varios membros da asociación para plantar unha árbore no Bosque de Galicia, en resposta á iniciativa da Fundación USC-Deportiva.

b) Mesa redonda: A Universidade do século XXI O 23 de abril celebrouse unha mesa redonda para falar da Universidade baixo o título “A Universidade do xéculo XXI”.

A


A mesa estivo composta por Juan Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia; Senén Barro Ameneiro, exreitor da USC e presidente da RedEmprendia; Mercedes Brea López, catedrática de Filoloxía Románica na USC, candidata reitora en 2010; e Roberto Almuiña Díaz, director xeral de Cuarzos Industriales S. A. 24

c) Homenaxe a Giner de los Ríos

Con motivo do centenario do falecemento de Giner de los Ríos, organizáronse unha serie de actividades, celebradas o 18 de setembro, data na que pernoctara no Hostal Suizo durante a súa estadía na cidade compostelán fai 132 anos. Pola mañá inaugurouse unha placa conmemorativa, acto no que a Presidenta estivo acompañada polo Alcalde da cidade, Martiño Noriega, o Concelleiro de Educación e da cidadanía, Manuel Dios, e varios membros da corporación municipal de varios partidos políticos. Por parte da Universidade estivo presente Dolores Álvarez, Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social.


25

Pola tarde celebrouse unha mesa redonda, “Actualidade do legado de Giner de los Ríos: ensino laico, muller visible, misións pedagóxicas, formación profesorado”, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía contando coa presenza dos expertos: Uxío Otero Urtaza e Raquel Vázquez Ramil. Por parte da Asociación estiveron presentes o secretario, Agustín Pena, como moderador da mesa, e o vicepresidente Francisco R. Durán. 1.8.2. En Lugo 1.8.2.1. O Recanto da Saudade

Neste ano inaugurouse o Recanto da Saudade no Campus de Lugo, grazas á colaboración do Vicerreitorado de Coordinación do Campus e do Concello lucense. O día elixido foi o da celebración das Vodas de Prata de Enxeñaría Agronómica, o 15 de maio. Ademais colocouse a placa conmemorativa das Vodas de Prata de Veterinaria de 2014.


1.8.2.2. Actividades - Mesa redonda “Actualidade e perspectivas da Universidade en Lugo”

26

Na mesa redonda do 12 de novembro participaron: Carlos Herrero Latorre, exvicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo e profesor na Facultade de Ciencias; Carlota López Prado, adxunta á Presidencia do Grupo Aresa; Pilar García Porto, deputada da Área de Economía, Recadación, Facenda e Especiais de Contas da Deputación de Lugo; e Lourdes Pardo Rodríguez, secretaria xeral adxunta da Confederación de Empresarios de Lugo. 1.9. Vodas de Ouro Dereito (1960-1965) Aínda que a Asociación non se encargou de organizar o evento, si estivo representada polo vicepresidente, Francisco R. Durán. O 1 de xuño celebrouse na Facultade de Xeografía e Historia, onde estaba a facultade de Dereito naqueles anos.


Medicina (1958/59-1965)

27

O 12 de xuño un amplo número de antigos alumnos da promoción reuníronse na Facultade de Medicina e despois almorzaron no Hostal dos Reis Católicos. O día anterior xa o celebraran nunha cea na cafetería da facultade. Ademais da Presidenta estiveron presentes: Juan Gestal Otero, decano da Facultade de Medicina, os doutores José Peña Guitián e Manuel Sánchez Salorio como representantes dos profesores da promoción e coma representantes dos alumnos Miguel Cabanela González- Seco e Manuel Noya García. 1.10. Vodas de Prata Enxeñaría Agronómica (1985-1990)

Ao acto do 15 de maio, día da inauguración do Recanto da Saudade no Campus de Lugo, acudiron a presidenta Benita Silva e a vogal Mª Julia Melgar.


Medicina (1984-1990)

28

Celebráronse o sábado 17 de outubro, a xornada comezou no Recanto da Saudade, coa colocación da placa conmemorativa. Tras isto, realizouse a fotografía de grupo diante da porta principal da Facultade. A celebración continuou cun acto académico no Salón de Actos da Facultade de Medicina, cuxa apertura correu a cargo do decano o Sr. Don Juan Gestal Otero. Interviron tamén dous representantes do alumnado, un representante do profesorado e por parte da Asociación, Mª Julia Melgar Riol. A continuación inaugurouse a placa conmemorativa da Facultade, e acto seguido degustaron un aperitivo na Cafetería da Facultade. Para rematar a xornada, os compoñentes da promoción cearon no Hostal dos Reis Católicos, e remataron coa actuación cun DJ.


2. Actividades organizadas desde a Asociación 2.1. X Premio de Relato Curto

29

A xunta directiva actual decidiu abrir o premio ao público en xeral e realizouse difusión da actividade polos centros de secundaria de Santiago de Compostela e Lugo ademais da comunidade universitaria. O envío de traballos ampliouse ata o 15 de febreiro de 2016, ano do vixésimo aniversario da Asociación. 2.2. Visitas culturais e demais actividades Escavacións da Catedral de Santiago de Compostela O 13 de febreiro realizouse a visita ás escavacións arqueolóxicas constitúe unha das de maior acollida, das organizadas pola Asociación. Os membros participantes na actividade tiveron a posibilidade de coñecer as escavacións levadas a cabo en diferentes períodos, e descoñecidas pola meirande parte dos habitantes da capital galega.


Museo da Catedral de Santiago de Compostela

30

O 7 de marzo, un grupo de socios visitou o Museo da Catedral. Na visita puideron coñecer cómo, a partires dun sepulcro se construíu unha gran catedral, ao redor da cal, ao longo dos séculos, foi crecendo unha cidade e todo un fenómeno xacobeo que, co Camino de Santiago, xogou un importante papel na construción da identidade europea e que é, desde 1985, Patrimonio da Humanidade. Observación astronómica

O 22 de maio algúns socios acudiron ao Observatorio Ramón Mª Aller da USC para contemplar estrelas; unha actividade enmarcada na divulgación astronómica dentro do proxecto “Todocosmos”.

Cubertas da Catedral de Santiago de Compostela A Asociación organizou unha visita ás cubertas da Catedral o día 6 de xuño, unha das múltiples propostas ofertadas e que mereceu grande acollida.


31

A cuberta de pedra da Catedral está disposta de forma graduada, polo que os participantes na actividade puideron percorrela e desfrutar de vistas panorámicas espectaculares, tanto da basílica coma da cidade de Santiago de Compostela. Museo de Historia Natural da USC

O 26 de xuño varios asociados realizaron unha visita guiada ao Museo de Historia Natural, con motivo da celebración do “Ano Internacional dos Solos”. Para conmemorar esta efeméride O Museo de Historia Natural organizou unha exposición temporal de pinturas realizadas con terra natural polo artista José Carballo, que tamén foi visitada polos asociados.


Xornada mariñeira no “Joaquín Vieta”

32

O 27 de xuño antigos alumnos reuníronse, como todos os anos, no balandro Joaquín Vieta en Cabo de Cruz para percorrer as aguas da Ría de Arousa e logo xantar nun restaurante da Pobra do Caramiñal.

Conferencia do Prof. Izco Sevillano: “A camelia, flor peregrina”

O 14 de outubro, o profesor Izco Sevillano pronunciou a conferencia intitulada “La camelia, flor peregrina” no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.

Presentación do libro El ataúd vacante, de Marcelino Salgueiro O 15 de outubro, no Salón de Graos da Facultade de Medicina da USC, acudiron un amplo número de persoas á presentación da novela de Marcelino Salgueiro, quen explicou cómo decidiu escribila.


A presentación contou coa presenza de Juan Gestal Otero, actual decano da Facultade de Medicina e de Jesús Otero Costas, exdecano da Facultade. Café con ... Iria Fernández 33

O 19 de outubro, no Salón de Plenos do Consello Social, a Asociación comezou unha iniciativa pioneira: “Café con...”.

Esta proposta consiste nunha serie de coloquios nos que diversos profesionais poñen os seus coñecementos ao servizo dos estudantes da USC e comparten con eles as súas experiencias profesionais. “Café con…” inaugurouno Iria Fernández, bióloga e exploradora mariña que traballa na Academia das Ciencias de California, en San Francisco. A súa investigación céntrase nos procesos evolutivos e ecolóxicos que orixinan e manteñen a biodiversidade mariña, en particular nos ecosistemas dos arrecifes de coral dos Océanos Índico e Pacífico. Conferencia de Marta Ramos Goicoa: cognitiva dentro do envellecemento activo”

“A estimulación


O 26 de outubro, no Salón de Plenos do Consello Social da USC, Marta Ramos, directora da empresa "Valora, atención ao envellecer e á dependencia", expuxo unha serie de medidas á hora de loitar contra o envellecemento.

34

Conferencia de María Moure Oteyza: “Las plantas medicinais e o seu uso tradicional en Galicia. O Caurel coma referencia da sabedoría e tradición populares” O 10 de novembro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, María Moure falou sobre plantas medicinais en Galicia e, máis concretamente, sobre as da Serra do Caurel.

María Moure é Licenciada en Farmacia pola USC. Está a realizar un estudo etnobotánico das plantas medicinais da citada Serra do Caurel.

Xornada cultural e gastronómica en Lalín O 14 de novembro algúns socios participaron dunha xornada de lecer en Lalín. Visitaron o Pazo de Liñares e, a seguir, o Club Hípico Juan Oliveira, onde presenciaron unha


demostración de doma; e finalmente, o Museo Etnográfico na Casa do Patrón, onde xantaron.

Despois da comida, algúns animáronse a dar un paseo a cabalo, acudindo de novo ao Club Hípico Juan Oliveira. 35

Visita a Innopharma

O 20 de novembro varios socios acudiron aos laboratorios de Innopharma no edificio Cimus da USC.

Esta actividade encadrouse dentro das visitas a centros de investigación biotecnolóxica que a Unidade de Bioestatística da USC


organiza dentro das actividades do proxecto “Bioestatística para vivir e como vivir da Estatística”.

36

Presentación do libro de Marcelino Salgueiro Volframio, música e poesía

O 25 de novembro presentouse este libro de Marcelino Salgueiro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.

Na presentación participaron, ademais do autor, a Presidenta da Asociación, o escritor Suso de Toro e a responsable de Meubook (Tórculo), Lucila Ventoso.


2.3. Actividades do Club de Sendeirismo Ruta de Camelle a Laxe

37

O 31 de xaneiro o Club de sendeirismo realizou un roiteiro costeiro polas terras de Camelle a Laxe, onde xantaron ao rematar a andaina.

Roiteiro desde A Lanzada a Portonovo

O 28 de febreiro o Club fixo unha ruta, tamĂŠn costeira, desde a praia de A Lanzada a Portonovo onde xantaron nun furancho ao remate da xornada.


Roiteiro de San Andrés de Teixido a Cedeira

38

O 28 de marzo, os membros da agrupación percorreron as terras de San Andrés de Teixido cara a Cedeira.

Camiño de Santiago polo Norte Desde Tapia de Casariego (Asturias) a Santiago de Compostela, en 10 etapas, os membros do Club de sendeirismo percorreron uns douscentos dez quilómetros para acadar a Compostela.

Neste percorrido, pasaron polas terras asturianas e na provincia de Lugo por Ribadeo. Visitaron o Mosteiro de Sobrado dos Monxes e a tenda de produtos elaborados polos monxes.


39


3. Servizos 3.1. FONSECA

40

No ano 2015, FONSECA, a revista da Asociación, deixou de se publicar en papel para facelo nun formato dixital desde o número 38 (decembro 2015), que se pode consultar no perfil de issuu da Asociación: https://issuu.com/asociacionantigosalumnosusc/docs/fonseca_38proyectar/1


Sumario do número 38:

41

- Presentación editorial - Mesa redonda en Lugo - “Campus Terra, o futuro”, polo profesor Carlos Herrero - A universidade do s. XXI - “Cultura emprendedora y economía del conocimiento”, polo profesor Felipe Trillo - Entrevista ao doutor Cabanela, antigo alumno e cirurxián que interveu ao Rei Juan Carlos - A Asociación en Internet - Nomes propios - As matemáticas no mundo actual, por Peregrina Quintela - García Dopico, gañador do Premio de Relato Curto - “As persoas non están afeitas a comunicarse”, di a Valedora do Pobo, Milagros Otero - Recanto da memoria - Encontros Troianos - Novo equipo directivo - O club de Sendeirismo e o Camiño do Norte - Alberto Arce Arce, insignia de ouro da USC - Homenaxe a Giner de los Ríos, en colaboración co Concello de Santiago - “Neira Vilas, máis alá de Balbino”, recensión do profesor Anxo Tarrío - Presentación do libro do socio Marcelino Salgueiro, apadriñado por Suso de Toro - “Recuerdo de un apagón en quirófano”, por Sánchez Salorio - Novidades editoriais USC 2015 - Obituario da profesora de Filosofía Esperanza Guisán, por Victoria Camps (UAB) - Socios protectores da Asociación - Última: debuxo compostelán do arquitecto Pablo Tomé


4. Relacións institucionais

4.1. Foro Cívico Empresarial

42

O tesoureiro Agustín Pena é o representante da Asociación ante o Foro e o vogal Benigno Amor actúa como suplente seu.

No ano 2015 o Foro celebrou varias reunións, ás que acudiron os representantes da Asociación. Entre elas cabe referir a Xuntanza do Foro co Alcalde do Concello de Santiago celebrada o 17 de xullo para abordar a posición das institucións asistentes respecto á Estación Intermodal que se construirá en Santiago de Compostela.

4.2. Museo Casa da Troia

a) Reunión do Padroado do Museo Casa da Troia O 20 de abril acudiu o vicepresidente Francisco R. Durán á reunión do Padroado, ao que pertence a Asociación.


b) II Encontros Troianos en Compostela

43

O 6 de novembro tiveron lugar os II Encontros Troianos en Compostela, de carácter internacional, nos que reuniron máis de 250 tunos.

Con motivo da celebración do centenario da primeira edición da novela La casa de la Troya (1915), de Alejandro Lugín, a Asociación de Antigos Tunos Composteláns organizou este evento. Os actos comezaron o venres, día 6, pola mañá cunha ofrenda floral a Rosalía de Castro na Alameda. Pola tarde tiveron unha recepción dos directores das agrupacións participantes no Museo Casa da Troia. A seguir realizaron unha ofrenda ao Apóstolo Santiago na Misa do Peregrino e, ao remate, os grupos iniciaron un pasarrúas na Praza de Platerías, cun percorrido polo casco histórico que rematou na Praza do Obradoiro. O sábado día 7 actuaron de novo polas rúas de Santiago e remataron no Pazo de Fonseca nun Acto Académico presidido polo Reitor da USC. A Asociación estivo representada polo vicepresidente, Francisco Durán.

Memoira 2015  

Memoria de las actividades realizadas por Alumni USC durante el año 2015

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you