Issuu on Google+

STOPNEPOTISMO Nós, como cidadáns, estamos a favor dos servizos públicos, do traballo público, da función pública… Por iso esiximos uns procesos de acceso limpos, unha administración transparente e eficaz . Esta non é unha acción contra un partido político concreto , nin contra unha familia concreta, nin siquera contra esta administración provincial. Sabemos que non só na Deputación se practica o nepotismo. Non é un único partido que o practica. E a todos queremos facer chegar as nosas xustas demandas. Pero sí é certo que esta institución, e o partido que a goberna dende hai anos, simboliza para moitas persoasaquelo que hoxe vimos denunciar. Queremos dicir alto e forte: STOPNEPOTISMO. Isto non pode seguir así. Non podemos aturar que se nos pregoen palabras como austeridade e exemplaridade mentras haxa cinco conserxes vixiando unha porta. A provincia de Ourense leva en crise dende moito antes de 2008. A mocidade emigra, os parados son milleiros e a economía agoniza. E mentras isto acontece, certas administracións son convertidas en instrumentos para perpetuarse no poder . Instrumentos nepóticos onde os afiliados, os simpatizantes ou os amigos e familiares destes conseguen traballos sen méritos a través de procesos suxos que atacan ao principio de igualdade . Non é só o que se fai. É, sobre todo, o que se deixa de facer: investindo o 40% do orzamento en persoal é complicado poñer a andar proxectos estratéxicos de dinamización económica que teñan efectos reais. Colocando a persoal pouco ou nada capacitado é difícil acadar unha administración eficaz , competente e dinámica . Ao tempo, as axudas, finanzamentos e subvencións concédense de xeito arbitrario . Unha grande parte da cidadanía ourensá síntese avergoñada e indignada con esta situación. Moitas máis persoasdas que hoxe estamos aquí. Todos levamos un cacique dentro . Temos que botalo. Cada vez que entendemos, xustificamos ou promovemos o nepotismo, estamos alimentando ese cacique e axudando a que se perpetúe esta situación. Somoso que facemos para cambiar o que somos. Osnosos soños anuncian outra realidade posible. Por iso esiximos ben alto e ben forte: LIMPEZA,EFICACIA,IGUALDADE,XUSTIZA, EXEMPLARIDADE.

STOP NEPOTISMO

OURENSE - 14 DEMAIO DE2012-05-13


STOPNEPOTISMOde Asemblea Aberta Ourense está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial 3.0 Unported.


STOP NEPOTISMO