Issuu on Google+

ESPANTAR O RATO – OURENSE – 31 DE MAIO Boas   tardes!   Ola     todos   e   todas!   Grazas   por   acudir   a   esta   chamada   de  compromiso e deber cidadán Esta   acción   de   hoxe   é   para   facernos   oír,   para   dicir   alto   e   claro   que   o  Goberno   de   España   e   os   das   Comunidades   Autónomas,   xunto   aos  dirixentes das máis altas institucións do Estado, estannos levando á creba  ou a unha intervención dunha magnitude descoñecida ata o de agora.  E   queremos   facer   ruído,   para   manifestar   a   nosa   perplexidade   ante   a  actuación   dun  goberno   que  é   partícipe   (e  sospeitamos   que  beneficiario)  deste   saqueo   impune,   ao   que   asistimos   sen   recibir   ningún   tipo   de  información dos medios de comunicación submisos os seus amos e señores  Estamos   atónitos   ante   as   manobras   de   ocultamento   das   contas   dunha  entidade   Bankaria,   quebrada   polos   propios   políticos   que   nos   gobernan,  membros   dos   seus   consellos   de   administración,   que   o   único   que   lles  importa   é   perpetuarse   no   poder   a   costa   de   incautarnos   os   nosos   máis  básicos dereitos. Eles sabían dende hai un ano o que estaba pasando, por iso colocaron ao  Sr. Rato quen, non só non informou senón que, enganou aos seus clientes  poñendo accións a venda e abusando da confianza que estes depositaron  nos empregados desa entidade. E se o sabían, porque non implementaron un gabinete que lle fora buscando  a solución?. Moi sinxelo: porque o establecemento medidas que puxeran  remate á esa desfeita, suporía a fin da súa caste corrupta e parasitaria. Roubáronlle á xente, pero non o consentiremos: NON CONFIAREMOS  NELES! NON NOS REPRESENTAN! Preguntámonos por que non houbo control desas emisións. O Estado ten  responsabilidades e esiximos que as asuman.  Nun impúdico baile de cifras, primeiro dixéronnos que necesitaban 7 mil  millóns de euros, despois 10.000, 15.000,  19.000 e agora  xa son 23.500  millóns. 23.500 millóns que baixo políticas a favor das persoas, e non da  avarícia sen límites dos que nos desgobernan, supoñerían: Subir un 20% as pensións,  1


Cubrir 18’5 veces o programa de bolsas. Incrementar o 28% o gasto en educación e sanidade. Subir o 13% o gasto social en España. Multiplicar por 11 a Axuda Oficial ao desenvolvemento. Ampliar 167 veces as actuacións de apoio ás PEMES Ou cubrir 4 anos de investigación e desenvolvemento, entre outras .  Pero non é sómente Bankia.  A débeda financeira deste país rolda os 700.000 millóns de euros, para os  que os recortes en sanidade e educación son só un petisco.  Asumir esta débeda supón arrasar o país para moitos anos,  tirar pola borda  o futuro das próximas xeracións, condenándoas á precariedade de por vida. Rexeitamos esta visión do futuro.  Sabemos que ninguén vai vir a salvarnos, que hai alternativas e   que saír  desta situación é algo que nós compete só a nós: Nós temos que solucionar os nosos propios problemas! Xa é hora de esixir un cambio de réxime político. Unha alternativa a este  enxendro tardo­franquista.  Temos que botalos!  Eles non van soltar xamais o poder.   Temos que conseguir que a xustiza actúe e, aínda que sabemos que nunca  un ladrón corre diante doutro ladrón, temos que presionar e esixir  que os  imputen (delitos acumulan dabondo) e os leven á cadea. Cómpre, ao mesmo tempo, iniciar un proceso constituínte que nos permita  elixir o futuro que queremos.  Endexamais   coma   agora,   foi   máis   necesaria   a   unidade   de   todas   na   rúa  presionando,   a   través   de   accións   pacíficas,   polo   cambio   dun   sistema  político imposto no 1978. Por iso, dende aquí facemos un chamamento á toda a cidadanía ourensá,  partidos,   sindicatos,   plataformas   de   defensa   dos   servizos   públicos   e  asociacións veciñais e de todo tipo para que leven esta iniciativa de protesta  activa aos seus respectivos colectivos e fixemos citas unitarias de protestas  sucesivas. 

2


NON   PODEMOS   QUEDARNOS   ATÓNITAS,   TEMOS   QUE  REACCIONAR,   SAIAMOS   UNIDAS   PARA   RECLAMAR     A  SOBERANÍA E O PODER QUE É NOSO. SOMOS O 99% TODXS SOMOS UNX!

3


Espantar o Rato - Manifesto