Page 1

LUZ FANDIÑO ESCOLMA DE POESÍA.


sandarei as chagas. Aínda que fiedes fino de vós non me fío, de vós desconfío, con vós non me lío. Non hai mentira que non teña a súa parte de verdade, nin verdade tan absoluta da que non se poida dubidar, e sen a dúbida ¿como saber o que é a mentira,

Trémanme os beizos

Nai, cando digo Amigo, cando digo Orbaio, cando digo Amor. Nai, orbaio, amigo da fror do Amor, que non pide ren, fonte de tenruras que non por parir se ten, unha nai é lección endexamais é lei. cando digo

ou é verdade?



Ollei e quixen ver a nena no espello, ¿son tola eu, ou minte o reflexo? ¡Non! eu ollei dos ollos

Enchen ós meus pulmóns

arrecendo do sangue da herba. Aspiro e nunca me sacio de tal esencia. o verde

A nena contaba a nena cantaba cantos, e contos da súa primeira infancia, i eu, nena vella, emocionada, contos, e cantos para os nenos da nosa Terra.

para dentro.



Chega o antroido

miña nai fará filloas cun cacho de touciño. -Chega o antroido antroidón a miña nai fará boas chulas recheas con algodón. -Chega o antroido

rideiro, vestireime

de carneiro -Carmeliña que é tan fina, vestirase de froriña. -Antón que é tan lambón pode ir de porco ceibo, de crego

antroidiño:

-Ata que dure o noso Amor. -Para que non morra eu dareiche o meu alento. -Dasme un bico? -Douche un canto. -¡Meu ben! -¡Vidiña! -Agarímame no teu colo, e escoitemos cantar ó vento.

ou gobernador.



Estreliña, ollo aceso namoradiña dos séculos, estreliña que de gala vísteste ti, cada noite pendurada no espacio, diamante, que a lúa garda. Os teus centileos, estreliña, son risas, ou bágoas? Roda e xira

e xogan os nenos na eira, e xira xiraa

xira a roda,

a roda do muiño

como se estivera tola. Roda e xiraa xira a roda. Roe moe millo, centeo, e trigo, xiraa a roda e canta o río un paxariño no niño vai rachando o cascabello, e xira a roda que o rico grao vai moendo.


Meu Amado, meu Amigo vento, sabes canto Amor teño para ti no meu peito. Meu amigo meu Amado vento. Mais deixa caer na terra o tan preciado elemento. Meu Amado Meu Amigo, vento... Que se enchan as veas, dos regos, e ríos, que reverdeza o xade das campiñas, Sé clemente, Amado Amigo. E se queres, eu de xeonllos cho pido. -Quéresme? -quérote! -Ata cando?


Tres Abeleiras

prantei eu,

Non sei que pasa

tres Abeleiras,

por min

e unha Nogueira,

hoxe,

e polo val da Amaía

quixera escribir algo....

as campás de Bastavales

.....algo que,

ó verme co sacho

que dentro de min bule

escachábanse de risa.

e no máis íntimo

¡¡Chas, chas!! cantaba

recuncho

o sacho na terra viva

está acochado.

¡¡Chas,chas .....!!

Cicais non quere

co meu esforzo

saír á luz

á nosa terra

por medo a ser manipulado.

dáballe eu vida.

Se é así.., ¡que siga no meu peito gardado!

Uhna fotografía é algo máis que un cacho de papel. É un tempo detido que nos fala do que foi, e xa non é.


Os poetas

Non hai peor

son

ignorante que

cal paxaros

aquel, que di

cantores:

todo saber,

cantan

despreza

as ledicias

a ocasión

e berran

dalgunha cousa

as súas dores.

adeprender, e non soporta que outra saiba o que non sabe por envexa.

O carballo e a sobreira galán el, ela belida, doncela, na máis fermosa das colindantes eiras, danse bicos polas polas por iso cantan alí os paxaros todo o ano cal se fose primavera.


Non todos os que sofren, choran, nin tódolos que choran sofren, hai bágoas que deixan sulcos nas facianas, e outras que secan as fontes das arterias.

No planeta Terra Es ti, Galiza, Verde parcela, Orxía De cores, Onde O sol Bica O espello Secular Das pedras. Danza a choiva Mainiño Co vento Envolta En veus De brétema.


Non hai cárcere Nin fronteira Que poida Deter O meu pensamento. Corre E cabalga Co vento. Para forxar Os eslabóns Das súas Cadeas Aínda non Naceu O ferreiro. Paxaro da pantasía, Paxaro ceibo, Lampo Que racha As tebras Do cerebro.

Castañas. Choiva. Camelias.

Que un normal

Nos invernos

Acontecer de nacer.

De Compostela As pedras Toman vida. A choiva fainas cantar, Os camelios danlle cor, As castañas arrecendos, Mornura e sabor. Nacer en Compostela É moito máis


En vida!

de poesía, será

Só en vida,

Máis fermoso,

Se de verdade

Se a súa mensaxe

Ben me queredes,

Leva a denuncia

Agasalládeme

Coas súas espiñas.

Cun feixe de verbas amigas.

En vida!

En vida!

Só en vida!

Só en vida Regaládeme A flores dun libro

Quixera ser, Rosalía, O poema que esqueciches, Aquel que por ruín No lume guindaches. Quixera ser a sombra Da túa sombra, A pedra en que te sentaches. Quixera ser o paxariño Que ouvías aledando Aqueles teus tristes días, A flor que ti preferías. O cantar que ti cantaches. Rosalía: quixera ser A fungallas da túa Poesía.


Nas árbres o vento asobía; na pedra o vento é unha queixa, no cemento o vento é un berro, e no meu corazón o vento é unha cantiga.

Meu querido Amigo-Fillo, hoxe se ti viviras ademais das “Actas Escuras” terías material para escribir “as actas tenebrosas” e poderías continuar a obra maxistral de “Rastros” pois aínda hoxe hai infiltrados que teñen a teima de desfacer o que con tanto esforzo outras e outros fixeron, mentres “o capricho dos deuses” continúa coa súa macabra e cruel desfeita, laméndolle o cu de divos e divas con merda, ou sen merda.


É o mar, é a terra, é o ventre dos volcáns que se rebelan contra o maltrato que nós lle damos a esta nosa nai terra, que non satisfeitos co que nos dá, fozamos nas súas entrañas sen ter dor dela.

Os soños non se mercan, é unha das poucas cousas que non custan cartos, os soños máis fermosos e ousados son os soños dos desherdados ós que todo lles foi negado.


Cando vexo unha folla en branco, aínda que só sexa polo dorso, cólleme o desexo de escribir algo, o mesmo que lle acontece ós grafiteiros. É o anceio de plasmar o lume que levamos dentro de nós.

Aínda que se bulren de min eu sosteño que as pedras tamén teñen vida, contraen doenzas, e gardan memoria, cantan, rin, falan e choran, gardan nas súas entrañas segredos aínda que moi poucos saiban velos e aínda menos, entendelos.


os berros silenciados

das mulleres asesinadas,

Miña naiciña querida,

das mulleres violadas,

cando eu desnaza,

das mulleres torturadas,

eu voltarei a ser ti,

das mulleres viúvas,

voltarei a ser terra,

das mulleres emigradas,

voltarei a ser auga,

das vellas mulleres

voltarei a ser lume,

que son afastadas nun asilo,

voltarei a ser vento,

coma quen se desfai

voltarei a ser nun os catro

dun trasto vello

elementos,

que estorba na súa propia

voltarei a ser todo,

casa.

voltarei a ser ren,

Roen nas miñas entrañas

voltarei a ser tempo.


Non!!! Abofé, Roberto, fillo querido e non parido por min, non foi sen tempo para que recoñeceran a túa valía, a túa valentía, a túa maxistral obra, silenciaron en toda a nosa xeografía a túa mensaxe, máis ti fixeches no eido do noso teatro escola, trabucáronse os que pensaron neciamente que co paso dos anos serías esquecido, sacaches á luz segredos da nosa historia, ti foches pioneiro, levando o teatro a vilas e aldeas, nen Moliere fixo o que ti fixeches, pola nosa lingua, pola nosa cultura.


Xa dez anos do teu desnacemento, Roberto. Fillo que me pariches, que compartiches con sabedoría e grande humildade os teus coñecementos comigo a sabendas da miña ignorancia. Ti que soubeches ver a anguriosa amargura daquel meu xesto desesperado de coller e meter no meu peto da nosa nai terra un puñado, ti, fillo-mestre e amigo que entendeches a miña verba que era un berro de desraizamento desesperado, ti que entendeches o sangrar daquel éxodo que hoxe se repite. As miñas verbas e as miñas mans treman e choran a túa ausencia.

Para vós: Que sabedes moitísimo de matemáticas pero non entendedes a linguaxe dos sentimentos, tendes a ialma

pechada.

Toupas que andades sobor da terra. A materia compréndese comprendendo a fermosura

dunha noite de luar, un árbore, ou unha pedra. Abride as fiestras dos ollos! Que ate nos números hai poesía, si non lla vedes poñeide, un chisco de pantasía.


Repenican as campás estouran as bombas. ¡E festa na aldea! As mozas engalanadas cun fresoo arrecendo a herbas. ¡E festa na aldea! Fumegan as parrumeiras os nenos brincan na eira. ¡E festa na aldea! A ave nocturna cuns fins lucrativos, aproveitando o balbordo prendeulle lume ó monte da aldea.

¡Silencio!

Canta ti, amiga choiva! Un cantar de esperanza, farei de ti mil louvanzas. Canta ti, amiga choiva! un cantar de liberdade, enferruxa e racha cadeas ancestrais. Axudada polo vento alivia o sofremento de Etiopía. Voa, voa…. boa amiga, eu cantarei para ti mentres viva.


¡¡Risss.......!! ¡¡Brummm......!! ¡¡Craggg........!! ¡¡Profff........!! Roxen as máquinas no mundo do "progreso" engulindo ó home avanzan con

furia

con apetito

insaciable

Roen... Constrúen... Destrúen... Roen... Roen con tal ansiedade que máis que máquinas semellan homes.


Doce anos. Doce brancasu

pombas.

Son tan só doce alboradas

douradas.

Van cheas de fantasía as

primeiras

badaladas do reloxo da túa

vida.

Doce bolboretas que soñan doce mil

esperanzas. ¡Soñar! Eu soñei soños, soños por min moi soñados, a vida non permitiu que eu seguira soñando e os meus soños un... a un... todos fóronse esfumando. Mais se eu volvera nacer volvería soñar os soños por min soñados.


A noite non é ruín,

Dunha conversa,

é a amiga

do poeta

Dunha amizade,

e dos amantes

unha espiña.

é a confidente

Do resto

secreta.

da sociedade,

A noite

transforma

silveiras,

en princesas

ortigas.

Pechadas nun

ás que

no día só son cincentas.

unha flor.

libro atópanse as

verbas amigas.

Que cantos anos fan falla para aprender o xogo da vida? Sendo ben experto e durando cen anos non sei se outros tantos chegarían.


Que chova, que arrolle aínda que eu me molle que a terra ten sede, que arrolle, que trone, para que abran as fervenzas, para que se enchan os ríos, para que non sequen as fontes, que chova, que arrolle aínda que eu me molle que a terra ten sede.

Logo dunha forte tormenta en outa mar, amar ó mar iso si é amar.


Hai palabras insidiosas, palabras meleiras, palabras mentireiras, palabras que destilan velenos, palabras envexosas, palabras escuras, palabras demagóxicas, palabras baleiras que non din ren, máis tamén hai palabras tímidas, palabras sabias, palabras que irradian luz, palabras que abren camiños, palabras ceibes, palabras que fenden

silencios

palabras que por onde pasan deixan semente de xustiza

e liberdade.

As derradeiras

son as palabras

que a min me valen.


O teu nome,

meu fillo-amigo

aínda

hoxe dá medo,

pois

a túa palabra

non se

disfrazaba, vai e

ía espida

e transparente,

como criatura

recén nada,

como rego

que baixa

da máis

outa montaña.

¡Pioneiro!

o teu verbo ficou para nós

e para o futuro

como o arrecendo

do pan

fresco.


¿Cantos máis recunchos tés, para engaiolarme? fasme sentir tan pequerrechiña, e ó mesmo tempo tan inmensamente grande ¡Galiza ábrese o meu peito para dicirche Ámote!!

Sabio e nostálxico chega o outono. Cabelos de prata alfombrando o chan de ouro, ollos cansos, espellos turbados por unha bágoa de adeuses, esbozado sorriso sen dentes.


Durme, meu neniño, durme durme tranquiliño, si que non quero darche un bico para non despertarche a ti.

Durme mentras lavo a roupa e remedo este mandil, logo fareiche unha chambra moi bonita para ti.

Deixai de piar, paxariños que está durmindo o meu neno i o sono ten lixeiriño. Mirai que bonito é que cariña ten de rosa i o corpiño, Deus bendito, non hai cousa máis fermosa, é este meu neno pequeño igual que esta terra nosa que é Galicia no universo, unha frol marabillosa.

Non hai bico máis sinceiro que o bico que da unha Nai. Leva esencias de Amor, forza de vida, calor de Amiga.


Cando as mans da miña Mamaíña alcendían o lume na lareira, tódalas tristruras fuxían co fume pola cheminea, as papas de millo sabían a gloria e entre remexida e remexida…. iamos narrando lendas e historias e libros prohibidos que marabillosamente sacaba dos casilleiros maxistrais da biblioteca da súa irreverente e lúcida memoria.


Doces son as laranxas do meu laranxal máis doces son os olliños que me están a namorar. Galloupan os cabalos ceibos polo monte a todo galloupar aínda máis galloupa o meu corazón cando na miña porta véxote parar.

Eu vou repartindo bicos na herba namoradeira para que na mañá cedo cóllalos na faldriqueira. Cando miro para os teus ollos olliños que me embelesan a luz que desprenden eles deixan sen luz ás estrelas.


Nada no barrio de Sar, en Santiago de Compostela en 1931, é unha escritora e activista galega.

En 1952 emigrou a Arxentina, e en 1964 emigra de novo a Francia. Mentres vivía en París visitárona Roberto Vidal Bolaño e a súa muller Laura que acababan de casar. Luz díxolle a Roberto que tiña que ir visitar Sante Chapelle, un monumento precioso.

No ano 1979 retorna definitivamente a Galicia, a Santiago de Compostela onde reside.

Colabora en diferentes publicacións galegas, no programa Diario Cultural da Radio Galega, coas Redes Escarlata, Mulheres Trasgredindo e Mar de Tinta. Reivindica a lingua e o poder transformador da poesía.Na actualidade, segue en activo, escribindo diariamente e acudindo a centros sociais, colexios e institutos a dar charlas sobre a súa estadía na emigración, os seus poemas e a súa visión da vida. Roberto Vidal Bolaño e Luz Fandiño sempre estiveron moi unidos, de feito, comenta a escritora, que Roberto ensináballe os seus poemas e escritos antes de publicalos para que lle dera a súa opinión. Nas súas poesías refírese a el como "o meu fillo-amigo" ou "fillo querido".


Luz fandiño  

Selección de poesía de Luz Fandiño.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you