Issuu on Google+

+

Correo-e: - ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.es Web’s: - Nova: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmeanhoascovas/ - Vella: http://centros.edu.xunta.es/ceipdemeanhoascovas/ Blogues: - Infantil: http://meninhosdascovas.blogspot.com.es/ - 1º Ciclo: http://cousasdosnenos.blogspot.com.es/ - 2º Ciclo: http://facendouncaminhodepedras.blogspot.com.es/ - 3º Ciclo: http://euestudonascovas.blogspot.com.es/ - E.D.L.: http://ascovasengalego.blogspot.com.es/ - Música: http://musicanascovas.blogspot.com.es/ - Biblioteca: http://acovinha.blogspot.com.es/

Nº 25


LIMIAR Unha vez máis sae unha nova publicación do noso xornal escolar “Buxaina”, xa van 25 números editados dende que alá polo ano 1987 comezáramos coa primeira edición no formato tradicional de papel. Esta será a primeira edición dixital por completo, edición que veredes na páxina web e poderedes ler e mirar sempre, formato que continua coa liña apostada na escola coas novas tecnoloxías.

Nesta ocasión coma sucede tódolos anos, o colexio renovarase de alumnas/os e de mestras/es, pois algúns marcharán para outros “coles” e outros novos virán a nosa escola. Queremos agradecerlle aos que xa se foron en cursos anteriores e aos que este ano marcharán, a súa dedicación en favor dos escolares, do ensino e do colexio, facendo que todos recordemos con agarimo o noso paso polo centro escolar.

Este ano tamén estreamos a aula Abalar, e seguimos mellorando, tal e como podedes ver na web e nos blogues. Este feito indica que a nosa escola está permanentemente cambiando, é un centro moi activo, sempre estamos a preguntarnos de que xeito podemos mellorar, non somos conformistas, buscamos solucións para os problemas e procuramos facer as cousas cada ano mellor.

Queremos agradecerlle a moita xente a súa axuda desinteresada por colaborar con nós, dende avós e avoas, país, nais, tíos e tías que viñeron a axudarnos a facer a gaiola dos paxaros, a cantar, a contar historias da escola de antes, a pintar, a fresar a terra do noso horto, a explicarnos como é a vida noutros países, etc.. Por iso mil veces grazas a Sr. Manolo e a Roberto e tamén a nai de Brais e Iria, aos pais de Álex e Diego, ó pai de Mathew por amosarnos Nova Xersei, ó pai de Xián e de Brais, aos tíos de Brais Ramos, ao pai de Cecilia e de Damián por soldar e por tocar o piano, á avoa de Miguel polas historias e xogos de cando era pequena, a nai de Miguel pola súa voz, ao tío de Raúl e de Rodrigo, ao pai de Adrián polo Ou-pad (Appel copiounos co I-pad), etc... foron moitos e moitas os que axudaron. Poderían ser moitos máis, xa sabedes, estades a tempo, o vindeiro curso ben seguro que precisamos da vosa axuda, contamos con vós.

Este curso cumprimos 30 anos facendo escola é o 30 aniversario da inauguración do noso centro escolar. Parabéns e moitas felicidades, que cumpramos 30 máis.


E estes somos n贸s...


6º de Educación Infantil O que máis nos gustou de todo o curso 2011-12 :  A visita da avoa de Miguel, con ela aprendemos a xogar cos carozos. Cando a nai de Damián veu falarnos sobre o seu traballo de enfermeira.

 Os agasallos de Nadal e a festa de xoguetes. A visita do Peliqueiro.


 Investigar sobre o corpo humano e as visitas do Gnomo de Faxilde. Un día deixounos un zapatiño.

 Xogar a amigochos e cando veu a profe Luisa

 Cando cociñamos as trufas e o xeado e fixemos o traballiño sobre Valentín Paz Andrade.


O horto Os nenos e nenas de primeiro xunto cos nosos compaĂąeiros de segundo, decidimos cultivar o horto. Antes de preparar o horto tivemos que traer ĂĄ aula diferentes sementes, millo, fabas brancas e negras, tomate, pemento e cabaza.

Estas sementes foron crecendo e crecendo na nosa aula ata o dĂ­a de plantalas no horto. Agora no horto tĂŠmolas


que regar e coidar. Esperamos que pronto poidamos recoller algunha leituga ou tomate do noso horto.

AquĂ­ tendes unhas fotos de como cambiou, podedes ver o moito que traballamos...


Como cada curso escolar, os nenos e nenas de 3º participaron nas distintas celebracións.

NADAL

ENTROIDO

DÍA DO LIBRO

Ademais, tiveron moitas saídas. Aquí tedes algúns exemplos.

NATURNOVA CORRELINGUA

OBRAS DE TEATRO

CONCELLO


Pero, non todo foi festa! Tamén traballaron moito.

EXPERIMENTARON CO AIRE E A AUGA

XOGARON Á PITA CEGA

LERON CONTOS A 2º CURSO

Pódese facer todo isto nun curso? “Mi madriña!” FORON AO HORTO CON DORES DE REÚMA...


Hola! Estas son algunhas das actividades que realizamos durante todo o curso. Aquí estamos en Pontevedra asistindo a un concerto de instrumentos tradicionais galegos. Aínda que fomos a moitas máis …. Todas nos pareceron interesantes.

Coas nosas mans fixemos as tarxetas e cada un pediu un desexo. Tamén recitamos a poesía que inventou o noso ciclo.

Fixemos esta foto de presentación para mandarlla aos nen@s da India.

Aquí xogamos o trivial con Sogama. Pasámolo moi ben


No entroido, fomos disfrazados de compoñentes referentes ao universo

Tamén fomos a Vigo a Naturnova. Subimos ao submarino virtual, e aprendemos moitas cousas sobre o noso planeta.

Un ano máis ao correlingua! Aínda que fomos poucos colexios non faltou a diversión… O dragón, desta vez, si que nos mollou!


Ai vos vai a despedida dos de sextooo oooo! Cando tíñamos 3 anos, íamos entrar por primeira vez na escola. Sentíamos medo, e tamén emoción. Nesa clase tocounos a profe Maribel e tamén estaban dúas compañeiras nosas que se chaman Noelia e Sara, pero aos 5 anos marcharon. En 4anos tamén nos tocou Maribel. Logo 5 anos nos tocou con Pachú. Unha vez en primaria, no primeiro ciclo, tocounos con Mº Carmen, foi cando empezamos a estudar e traballar en serio. En terceiro de primaria con Serxio, en cuarto Nacho e, quinto e sexto con Paulo. Durante todos estes anos. Fixemos actividades divertidas como o Magosto, o Maio, o Samaín, o Nadal, o Entroido… Tamén coas novas incorporacións, fíxemos novos amigos, en 2º Elizabeth, Manuel e Fabián. En 4º Santi e en 6º Alba Mª e Óscar. Durante estes 9 anos, gustounos moito a escola, aínda que sentimos novas emocións, querémoslle agradecer a todos e todas os profesores/as o esforzo e a paciencia que tiveron para nos aturar…. e nós a eles tamén. Nalgúns momentos desta longa viaxe, tivemos algúns baixóns, pero coa axuda de todos e todas fomos capaces de superalo e puidemos chegar a onde estamos agora . Hoxe escribimos un dos últimos traballos do cole: ”A despedida”, as despedidas poden ser tristes, sentimentais ou alegres. Tristes porque perdemos amigos, etc… sentimentais porque botaremos de menos a escola. E alegres porque volveremos a empezar con novos amigos. Ata outra, moitos bicos!


Por fin, xa levabamos tempo intentando ter unha paxareira, onde podamos ver algunhas aves, como son, que comen, como viven, como fan o niño, e poñen ovos, e como nacen os pitiños , este curso coa axuda de Sr. Manolo e de Roberto e a súa familia, e coa colaboración das nenas e nenos de 6º, fixemos unha gran gaiola. Limpamos o estanque, as raíces dos nenúfares e os papiros invadiron todo e os peixes tiñan pouco espazo, axudaron os de 5º, 6º e incluso viñeron os de 2º, Manuel, colleu unha ra verde (Rana Perezi)! Pero a nosa sorpresa foi que a poboación de ras ía en aumento e descubrimos que as sabanduxas (Tristurus Boscai) que soltara o Director hai catro anos medraron, xa so falta que consigamos unha píntega (Salamandra Salamandra).

Neste ano cada curso adoitou unha árbore do noso xardín estamos a facer un herbario co clasificación das árbores, plantas, arbustos, cogomelos e brións da escola. Clasificando e numerando todas as especies. Aquí tedes un detalle das fichas que estamos a facer:

Para rematar lembrarvos que este ano o noso horto, despois de vir a fresalo todo o pai de Xián e Brais, comezou a producir: amorodos, leitugas, ata unha planta de romeu. Os nenos e nenas do 1º ciclo puxéronlle uns letreiros moi fermosos.


Dende a creación do Departamento ata hoxe, debemos remarcar que a evolución foi importantísima, a partir da dotación da Xunta e a do propio centro, mellorouse notablemente. A formación continua por parte dos compañeiros do claustro transmítese no alumnado, dende a inclusión no proxecto abalar do 3º ciclo o contaxio implica ao 2º ciclo que veñen como invitados á aula de 5º para facer actividades conxuntas nos miniportátiles. De cara ao vindeiro curso podemos implantar no 1º ciclo pois a cobertura wifi chégalles as súas aulas. Dende o premio Discapnet da ONCE vímonos motivados a facer un PFAC este curspo de 50 horas e agora solicitaremos un Grupo de Traballo cara o curso 2012-2013. Deste xeito os membros deste departamento seguimos asesorando e axudando a todo o persoal que o precise, nalgún caso puntual, algunha familia viuse axudada polo departamento, por exemplo a familia da alumna con NEE que durante este curso se lle incorporaron diversas adaptacións: - Un taboleiro de madeira para facer servir como mesa, para apoio do rato enganchado cun velcro a súa man por medio dunha pulseira de foam, a partir dos movemento dos ombros move o rato e co pulsador facial conectado ao rato por minijack fai as funcións do clic do rato. Encargáronse tres taboleiro máis de escritura para os distintos espazos, a fin de non ter que levar o taboleiro de un sitio a outro. - O curso anterior na memoria final falabamos que “...coa finalidade de chegar a escribir mediante un procesador de textos como word ou open office, precisamos dunha adaptación no teclado que facilite a marcación das teclas combinando cun programa de varrido, deste xeito a meniña pode usar un teclado virtual que lle aparece na pantalla do ordenador, utilizando o pulsador de barilla situado no extremo do brazo articulado que ten anclado á silla. Despois de establecer unha búsqueda de materiais consideramos que para comunicarse por escrito traballaranse os teclados In-tic e Plaphoons, ámbolos os dous levan un programa de varrido asociado.” - Neste curso ese teclado foi modificado do mesmo formato que o teclado xenérico de calque ordenador, coa mesma disposición de teclas, e a incorporación de tildes, signos cursor, etc.

Estamos a traballar nun teclado máis evolucionado a fin de ir probando con vistas a un futuro próximo.


- Este curso fixemos un traballo conxunto coa axuda de un pai da escola e os membros do Departamento Tic’s, modificamos un portátil vello dándolle a volta a parte da pantalla, anulouse o teclado e situouse nun atril para ser anclado na cadeira de rodas, co cal coa axuda do taboleiro de madeira Nerea pode escribir e desprazarse co seu caderno de traballo ás diferentes aulas: Inglés, Pt, A.L., Biblioteca, ou na propia aula. - Presentámosvos o “Em-pad”

Como cada inicio do curso a chegada de profesorado novo implica a formación do mesmo, co cal o primeiro trimestre é moi complicado de levar. Non é por nada, pero nestes momentos o persoal que está a traballar neste centro merece, con creces, un recoñecemento pola seu esforzo e dedicación. Ollade en internet o proceso do noso traballo nos seguintes enderezos: Web’s http://centros.edu.xunta.es/ceipdemeanhoascovas/ http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmeanhoascovas/ Blogs da escola http://musicanascovas.blogspot.com/ http://ascovasempreengalego.blogspot.com/ http://acovinha.blogspot.com/ Blogs dos ciclos http://meninhosdascovas.blogspot.com/ http://cousasdosnenos.blogspot.com.es/ http://facendouncaminhodepedras.blogspot.com/ http://euestudonascovas.blogspot.com/

“…. na foto collemos todas e todos”


Este curso estivemos a coñecer O ESPAZO: fixemos planetas para a Biblioteca. Tamén investigamos sobre Castelao e Charles Dickens. Descubrimos India a través de Lancy. Aprendemos moito coa Olimpíada do Saber. Desenvolvemos actividades de animación á lectura. Recompilamos lendas, rimas, cantigas, refráns, poemas ... Disfrazámonos ... E moitas cousas máis. Quérelo ver? Estamos aquí .......


Augas de Mondariz agasalla bolsas para as Bibliotecas de Aula de E.I.



buxaina 25