Page 1

GALICIA INNOVADORA Y CREATIVA CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

XACOBEO 2010 Galicia


GALICIA INNOVADORA Y CREATIVA A Fundación Galicia Europa, coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e da Dirección Xeral de Xuventude, convocou este concurso fotográfico “Galicia Innovadora e Creativa”. A temática do certame baseouse na celebración do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación. Desde as institucións europeas consideran fundamental potenciar as aptitudes creativas da poboación para responder aos desafíos e oportunidades da globalización e á situación de crise actual. Neste sentido, apoiando aos novos creadores galegos se quere contribuír ao desenvolvemento do seu potencial artístico, así os mozos creadores expresaron a través da fotografía a súa particular visión da Galicia máis vangardista e innovadora, resaltando aspectos nos que se acadou un relevante progreso e evolución nos últimos anos. A cultura, como expoñente principal dunha Comunidade Autónoma como a nosa, ve nestes momentos de crise a importancia de abrir novas vías para favorecer o desenvolvemento laboral da nosa xuventude; presentando asemade, as novas correntes de Galicia. O obxectivo global deste concurso é favorecer, nesta nova etapa de goberno, a colaboración entre as distintas entidades que conforman o Goberno Autonómico actual. Así pois, este concurso fotográfico quere ser un reflexo do traballo conxunto dunha iniciativa que propiciará moitas outras actividades que demostren os beneficios de proxectos culturais, que como este, se desenvolvan priorizando a colaboración entre as diferentes institucións. De entre todos os candidatos valorouse a calidade técnica e a habilidade fotográfica dos participantes, a súa capacidade para transmitir o perfil dunha Galicia creativa e innovadora, manifestacións artísticas que mostrarán aos visitantes a riqueza cultural dun pobo como o galego. De acordo con estes aspectos, a comisión seleccionou 9 obras co fin de formar parte duna exposición itinerante que percorrera ás catro provincias galegas, e rematará o seu percorrido en Bruxelas, ante representantes das institucións e das rexións europeas, para exhibir a imaxe dunha nova Galicia. Esta proxección cultural constitúe pois unha das canles principais para dar a coñecer Galicia, promovendo a difusión do sentir e dos creadores galegos en toda a Unión Europea. Jesús Mª Gamallo Aller Director-Apoderado da Fundación Galicia Europa


As รกs do vento / PRIMEIRO PREMIO Arturo Magรกn Escariz


Cuvi / SEGUNDO PREMIO Rosana Calvo Diéguez


Grafismos I - SEGUNDO PREMIO María Moldes Suárez


O silencio tamén era de cor azul / TERCEIRO PREMIO María Marco Covelo


Galiza abríndose camiño / MENCIÓN DE HONRA Céline Nédélec


M17 - 006 / MENCIÓN DE HONRA José Andrés Santiago Iglesias


O tunel do tempo / MENCIÓN DE HONRA Rosa Mª Cordero Aristegui


Paisaxe@urbano.eu / MENCIÓN DE HONRA Raúl Marín Pazó


Torre contol maritimo Coruña / MENCIÓN DE HONRA Jacobo Alonso Núñez


Concurso fotografía galicia innovadora e creativa fundacion galicia europa  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you