Page 1


Índice 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26. 27.

Índice Editorial. Autor: A Redacción A Catedral de Santiago. Aut: Laura Herbello Santos. 2º B BACH. A utilidade de coñecer todas as linguas na formación persoal. Aut: Montserrat Logroño Silva. As miñas mascotas. Aut: S.F.V. Aterra como poidas. Aut: Paula Chapela Bamio, 2º B BACH. A pesca en Cangas. Aut: Raquel Rodríguez Martínez, 2º C BACH. César. A Panteira Rosa. Aut: Adrián Davila Abal, 1º C BACH. A danza de Aldán. Aut: Ruth Ventosinos Iglesias, Patricia Cabaleiro Molanes e Lorena Menduiña Nerga, 1º C BACH. Datos non plasmados. As relacións cine-literatura. Aut: Mónica Rodríguez Juncal, 2º C BACH. Entrevista a Nacho Mata. Aut: Laura Parcero Santos, 2º C BACH. Entrevista a Rubén Martínez Portas. Aut: Laura Entenza Martínez e Cintia Piñeiro Cordeiro, 1º B BACH. Heráclito. Un conto histórico. Aut: I.A.F. O enterro da sardiña en Moaña. Aut: Iria Garrido Mercedes, 2º C BACH. Unha aventura en Italia. Aut: Sara Martínez Gutiérrez, 2º B BACH. Muller e traballo. Aut: Almudena Guimeráns Ferradás, 1º C BACH. Atardecer en Venecia. Aut: B.M.A. Nerga. O meu pobo. Aut: Aarón García Martínez, 1º B BACH. O número de ouro. Aut: Trinidad Pérez López. A historia do Pazo de Aldán. Aut: Laura Bastón Pazó, 2º C BACH. Delicias galegas. Receitas. Aut: Sandra Villar Blanco, 2º C BACH. A problemática da integración dos inmigrantes. Aut: S.V.A.I. A moda da anorexia e a bulimia. Aut: A.O.F. A nosa experiencia gráfica en Andorra. Aut: Trini Costas Lorenzo, 1º C BACH. A violencia de xénero na sociedade actual. Aut: Ana Germade Fernández, 2º C BACH. Comentario musical. Aut: Denís Nerga García, 1º B BACH. Pasatempos. Aut: Rebeca Cordeiro Santos, 1º C BACH; Nerea Bastón Martínez, 2º B BACH; Trini Costas Lorenzo, 1º C BACH.

1


Editorial.

Agora é cando, Galiza é donde. Arando cedo

volve puntual á cita con vós. Despois de moitas demoras, escusas, indecisións, incumprimentos... a revista do Instituto trema de novo nas vosas mans. Coma sempre é o resultado do voso esforzo e da vosa creatividade, alumnos e alumnas do IES María Soliño. Esforzo e creatividade que se conxuran espontaneamente para poñerse ao servizo da supervivencia da lingua desta Galiza nosa, que moitas veces, semella apartala ou esquecela, como se aparta ou se esquece a unha filla espuria. Nós non queremos nin debemos contribuír a esa actitude de afastamento ou descoido. Por iso a nosa vontade é decidida: no medio da sombra da tempestade e contra os ventos da Meseta levantaremos ata o máis alto a bandeira da lingua, para que luza soberbia e escintilante nos vindeiros miles de días soleados que lle quedan por vivir. Por isto, a utilización do slogan do Xacobeo 2010 como título desta editorial. O momento é tan delicado para o galego, que todo o que fagamos por el ten que ser “xa e aquí”. A situación non admite dúbidas nin voltas, é a hora das decisións. Moitas delas móvense no plano persoal, por exemplo, facendo unha aposta pola expresión diaria en galego nas nosas relacións cos compañeir@s do Instituto: nos últimos dez anos reduciuse o uso do galego un cinco por cento entre a poboación do voso tramo de idade. Outra aposta importante sería non minorar (non entendo!) ás persoas que se dirixen a nós en galego senón máis ben continuar a conversa na lingua na que se iniciou... hai outras apostas, que todos nós coñecemos, e que son tan simples, que só precisan desfacerse de certos prexuízos sociais pola nosa parte, para activalas, e farían que a situación do galego mellorase sensiblemente. Dende unha perspectiva máis colectiva e social poderiamos favorecer o desenvolvemento de foros de debate sobre a lingua, nos magníficos sofás da cúpula, no Facebook, no Twiter... Só naqueles momentos que nos deixe libres a discusión futbolística, musical... ou o intercambio confidencial da fin de semana. Só con ese tempo sobrante, a vitalidade do idioma veríase tan enriquecida que poderíamos ser capaces de comprender a cantidade de mentiras, verdades a medias, medias mentiras e tópicos que se viñeron vertendo este último ano sobre a realidade lingüística de Galicia. Finalmente, é responsabilidade dun colectivo de elite cultural, ou que polo menos aspira a selo nun prazo de tempo non moi longo, como é o alumnado de ensino secundario, situarse e manterse en posturas de defensa da cultura e das tradicións que nos dotan de identidade como pobo, aspecto este que nos fai ser e sentirnos galegos en Galiza, sen, por iso, desprezar outras culturas máis o menos afíns á nosa, senón máis ben considerándoas como unha mostra da enorme capacidade creadora do ser humano de cada recuncho do planeta. ¡Vaia por todos estes desexos o Arando cedo de 2010!

2


A Catedral de Santiago de Compostela: Compostela Por Laura Herbello. 2º B de bacharelato

DOCUMENTACIÓN XERAL:

NOME: Catedral de Santiago de Compostela. CRONOLOXÍA: 1075-1128 LOCALIZACIÓN: Santiago de Compostela (Galicia). ESTILO: Románico. MATER.UTILIZADO: Pedra. DIMENSIÓNS: 97 m (longo basílica).

A Catedral de Santiago é unha obra arquitectónica do s.XII da arte Románica. O Románico proclamábase como a arte de triunfo definitivo da igrexa convertida en vínculo básico, entre os recentemente creados estados cristiáns e impulsora dunha unidade supranacional cun máximo expoñente que sería no s.XI a primeira cruzada. Recibiu o seu apoio definitivo a finais do século X coa expansión dos mosteiros clunacienses e o seu protagonismo nos grandes camiños de Peregrinación: Santiago,Roma… O edificio da igrexa Románica subordinaba todas manifestacións artísticas (arquitectura, escultura, e pintura) o servizo da Gloria de Deus e o mantemento do Feudalismo. O obxectivo do Camiño de Santiago era chegar ata igrexa que gardaba os restos do Apóstolo Santiago, un dos discípulos máis próximos a Xesús, decapitado entre os anos 41-44. Co descubrimento da súa tumba ,no s.IX, despois dos séculos de esquecemento, o rei Afonso II o Casto mandou construír alí unha basílica, precedente a actual Catedral. En plena Reconquista o rei Afonso II necesitaba un elemento aglutinador para o seu reinado e converteu o Apóstolo Santiago nun símbolo de loita cristiá contra o Islam. O éxito foi inmediato e

3


mentres Santiago de Compostela convertíase en obxecto de peregrinacións cristiáns tamén nacía o mito de Santiago Matamoros. Logo en 1075 , das mans do bispo compostelán Diego Peláez, comezaron as obras para construír un gran templo no lugar da antiga basílica prerrománica asturiana, máis tarde o proxecto é detido ata 1100, finalmente a Catedral e finalizada en 1128. Santiago de Compostela é a culminación das grandes igrexas de peregrinación que recolle na súa distribución, os precedentes de templos Franceses como Saint – Foy de Conques e Saint–Sernin de Touluse , está considerado como o arquetipo do Románico pleno, non só pola súa revelancia como meca senón tamén porque aplicou experiencias constructivas precedentes co fin de asegurala súa funcionalidade. Trala súa construcción, o edificio impactou pola súa complicada cabeceira románica, os longos brazos do transepto e as espectaculares torres, que flanqueaban a fachada. Durante os s.XVII e XVIII , a súa fonte basilical foi cuberta por un luxoso paramento barroco que acabou con calquera vestixio románico. Así, da vella catedral só queda a fachada sur do transepto(Praterías unicamente románica). A Catedral de Santiago acolle na súa entrada occidental unha maxestuosa obra escultórica convertido nun dos grandes tesouros que alberga a igrexa O pórtico da Gloria,obra do mestre Mateo. A Catedral responde a idea de gran igrexa de peregrinación, caracterizada por ter un planta de Cruz latina, practicamente igual a de Saint-Foy de Conques. Organízase en tres naves lonxitudinais cruzadas por un gran transepto dividido tamén en tres naves .Os brazos das cales soportan catro absidiolas , rematan en dúas grandes portadas. A cabeceira acolle un deambulatorio con cinco capelas radiais. No espazo interior prima a sensación de verticalidade e esveltez potenciada polos 22 m de altura da Nave Central. A nave principal cúbrea unha bóveda de canón con arco faixóns, contrarrestada por bóvedas de aresta nas naves laterais e de cuarto de canón na tribuna. O alzado articúlase en dous niveis: as arcadas e unha tribuna moi desenvolvida. A tribuna e xunto, ó deambulatorio, a maior novidade constructiva que caracteriza a igrexa de peregrinación. O transepto , a tribuna , e o deambulatorio permítenlles ós peregrinos recorreren todo o templo sen interferiren na celebración do culto. A tribuna da Catedral é elevada e profunda, con vans en ámbolos lados do corredor que, no lado da nave central, ábrense arcos xerminados e a converten nun singular corpo de luz en

4


contraste coa penumbra da nave central, iluminada indirectamente polas fiestras das naves laterais. O deambulatorio con capelas radiais, foi concibido para facilitalo acceso ás reliquias do apóstolo que se atopaban na cripta baixo o altar do presbiterio. As cinco capelas radiais que rematan a cabeceira teñen planta semicircular. Nos elementos como o deambulatorio, ou a triple nave do transepto, é onde se recolle sen dúbida o modelo francés. Finalmente o resultado deste ambicioso proxecto, de gran impacto polas súas dimensións, é un proxecto maduro, de claridade constructiva , que articula con gran harmonía todas as partes.

L. H. S. 2º B de bacharelato

5


A UTILIDADE DE COÑECER LINGUAS PARA A FORMACIÓN PERSOAL Cando era pequena tiña un amigo na clase que odiaba o inglés. O único que aprendeu a dicir foi “ Pitinglis?” (Do you speak English?) Logo casou cunha moza veciña, herdaron un restaurante en Londres e marcharon para alá a traballar. Supoño que lle custaría un chisco comunicarse cos clientes, sen dúbida. Todo o mundo está de acordo en que a lingua inglesa é casi imprescindible hoxe en día neste noso mundo globalizado aínda que de ningún xeito significa que sexa máis importante que calquera outro idioma (francés, alemán,…) Últimamente tense debatido moito a suposta necesidade de primar una lingua sobre outra. De ser así, en todo caso teriase que protexer a máis necesitada. Lembremos a drástica desaparición do Manx, lingua vernácula da illa de Man (Reino Unido)

É o que adoita pasar coas linguas que non se falan, que non se len ou que non se queren: desaparecen. Imaxinade que houbera que elixir entre dous menús: as saborosas patacas de sempre e o alternativo-innovador mango chutney. Ámbolos dous son nutritivos e máis ou menos dixestivos, por que habería que escoller? Poderiamos combinalos porque supoño que a todo o mundo lle gustaría sentirse ó mesmo tempo moderno e actual disfrutando co mango chutney sen ter que renunciar as tradicionais patacas, non é? A riqueza que supón o coñecemento dunha lingua non se limita ao ámbito lingüístico ou comunicativo senón que abrangue moito máis: relacións sociais, expresións amorosas difíciles de traducir, lembranzas dos antergos, conexións familiares,… do que se pode deducir que cantas máis linguas coñezamos máis aberta estará a nosa mente. Por sorte, teño viaxado bastante, vivido en ciudades ben distintas e falado outras linguas polo que sen dúbida ninguna comparto que o ensino e a aprendizaxe bilingüe ou trilingüe é posibel, útil e desexábel nunha sociedade multicultural coma vai sendo a nosa.

6


Outrora non se tiña esta visión de que as linguas son algo vivo e en evolución, igualiño que nós, con cambios, diferentes acentos e variantes locais , que ben paga a pena chegar a coñecer. Segundo sexa o país ou a rexión, as linguas xogan un papel determinante en canto á conservación da cultura popular e o legado familiar dos proxenitores aos seus fillos e fillas. Poño un exemplo. A miña identidade está ligada a un capricho da lingua como a de moitos de vós, supoño.

Na aldea da miña nai todos teñen alcumes, uns máis cariñosos e outros menos. A vella da casa onde ela naceu chamábase Micaela, nome un tanto exótico daquela, que se foi transformando en “Mixela” e acabou abranguendo a toda a familia polo que eu veño sendo neta de Avelina, a de Mixela. A connotación dos alcumes en inglés (nicknames) é totalmente diferente, quizáis non tan entrañabel diría eu. Xa vedes, cousas das linguas. Cada unha ten o seu aquel. Montserrat Logroño Silva

7


AS MIÑAS MASCOTAS O MEU CAN O meu can, mellor dito a miña cadela, chamase Lúa e é unha yorkshire. Regaláronmo cando eu tiña 10 anos e fíxome moita ilusión. Ao principio a penas comía e estaba todo o día deitada, como se estivese triste. Levámola ao veterinario e díxonos que non tiña nada, que podía ser porque aínda se estaba afacendo e non estaba acostumada a nós, xa que antes vivía con outra familia. Cando pasaron unhas semanas todo iso cambiou, comezou a comer e a notarse máis feliz, cada vez que lle ensinabamos a correa para paseala poñíase a saltar na porta. Recordo que sempre durmía comigo aos pés da cama e que me encantaba facela rabiar, sempre lle estaba a apertar o fociño e finxía que a ía pisar. Facíame graza porque sempre me gruñía, ata que un día, tanto a cabreei, que me mordeu no pé e inda por riba miña irmá riuse de min. A partir disto miña irmá sempre me picaba, poñiámonos as dúas a chamar pola cadela e a min non me facía caso en cambio a ela si, incluso cheguei a coller algo de comida para que viñese a xunto miña, pero aínda así ía xunto a miña irmá en vez de vir a coller a comida. Iso enfadábame moitísimo. Outro recordo que me vén á cabeza é, ao principio, cando non estabamos na casa e tiña que facer as súas necesidades, ía diante da taza do bater para facelas. Moitísimas anécdotas, a que máis graza me fixo foi cando un día cheguei a casa e tiña todo o fociño cheo de esponxa, cando fun ao salón atopei todo o sofá rillado, que cabreo se colleu miña nai, pero eu non podía evitar rirme. A medida que pasaron os anos funlle facendo cada vez menos caso, agora apenas lle dou unhas caricias de vez en cando. A pesar diso, o día que falte botarei de menos o chegar á casa e tela brincando na porta, esperando a que a abramos, e a compañía que fai, aínda que non me dea conta.

8


A MIÑA CABRA A verdade é que da miña cabra non teño tantos recordos como coa miña cadela. É normal xa que non a teño dende fai tanto tempo, ademais nunca estou con ela porque está noutra finca, pero aínda así tamén teño algunha anécdota que contar... A cabra tamén foi un regalo, e diredes vós, “un regalo un tanto estraño”, pois si, pero é que á miña nai encántanlle os animais e ao meu pai non se lle ocorreu outra cousa que regalarlle unha cabra. Pois é unha cabra anana, destas que non crecen, e chámase Cornelius. O nome puxéronllelo a miña cuñada e a miña sobriña que o pasan pipa con ela. A verdade é que é unha cabra moi simpática, aínda que eu case nunca baixo a mirala, Ás veces, miro cando miña nai lle vai botar de comer e faime moita graza porque sempre lle vai detrás e intenta darlle cornadas, entón miña nai enfádase e ponlle o caldeiro, no que lle pon de comer, na cabeza. Tamén me fixo moita graza cando lle comeu todas as plantas a miña nai. A verdade, non sei como lle seguen gustando tanto os animais despois de todo o que lle fan.

S.F.V.

1º B de bacharelato

9


Aterra como poidas Son as seis da madrugada. Nervios. Impaciencia. Unha gran explosión de sentimentos sobre o que sabía que sería a viaxe da miña vida. Tan só tería que esperar oito horas de avión para chegar ao meu destino: Canadá. Unha viaxe programada para aprender inglés pero sobre todo para vivir novas experiencias con xente totalmente descoñecida, tanto os compañeiros de grupo como a “familia de acollida”. Despois da viaxe ata o aeroporto chegou o momento de atoparse coas 25 persoas que serían os meus compañeiros durante tres semanas e nese momento ninguén se imaxinaba o unidos que estariamos antes de chegar, é máis ninguén podería imaxinar o que pasariamos nesa viaxe. Todo comezou no aeroporto de Vigo, xa que a nosa viaxe estaba programada para facer unha escala en París e despois ir directamente a Toronto, pero despois de estar dúas horas esperando dixéronnos que o voo fora cancelado por mal tempo en París. A angustia comezou a aparecer, ninguén sabía que facer, o que non sabiamos é que os problemas tan só acababan de comezar. Despois dun bo rato buscando algunha alternativa, a axencia mandounos nun voo ata Barcelona, de Barcelona iriamos ata París. De París a Montreal e de aí Toronto, é dicir, cando facturei a miña maleta dixen: “ Au revoir, a ver cando te volvo a ver”. Cando chegamos a Barcelona, o que non sabiamos é que nos atopariamos unha folga de autobuses e, aínda que non tería porque afectarnos, case perdemos o seguinte voo... Chegando a París outra vez tarde collemos o voo ata Montreal, 7 horas... Pero o peor aínda estaba por chegar e ninguén o esperaba. Aeroporto Montreal, xa levabamos dez horas entre avión e avión, pero o cambio non se notaba apenas pola diferenza horaria. O cansazo xa reinaba entre nós e sen esperalo, un dos policías de aduanas colleu a dous dos nosos compañeiros por levar un portátil... Dúas horas de reclamacións e interrogatorios ata que os devolveron e por suposto xa perderamos o seguinte voo... Con todos os problemas que lle estabamos causando a compañía xa nos puxera un cartel de grupo perigoso e, a punto de coller o seguinte voo ata Montreal á 1 da mañá, os auxiliares comunícannos que faltan catro prazas no último avión do día ata Toronto... Que facer, separarnos ou quedar todos xuntos? Finalmente quedamos todos en Montreal á unha da mañá no aeroporto despois de case medio día entre aeroporto e aeroporto e pensando e durmir alí ata ás 6 da mañá para coller o seguinte voo... Pero a COMPAÑÍA tivo consideración por nós e pagounos unha noite de hotel, a pesar de que os autobuses chegaran dúas horas tarde e a penas durmiramos unha hora... Ben, todo parecía mellor ao día seguinte, estabamos a punto de coller o seguinte avión cando alguén se dá conta de que faltan dous compañeiras!! NON o podiamos crer!! Quedarán a durmir e non

10


nos deramos conta.. Solución: separarnos finalmente e que elas colleran o seguinte voo...Levabamos máis de un día entre aeroportos e nada podía ir peor... entre nós xa se buscaba quen podería ser o que trouxera tan mala sorte!! Pero para sorpresa nosa, ao chegar a Toronto dinnos que non chegou NINGUNHA maleta a Toronto... NINGUNHA!!... Unhas en Barcelona, outras en París e algunha afortunada en Montreal... Todo era surrealista, todos pensabamos xa que todos os problemas que houbera ese día na compañía aérea eran nosos e que non podía pasar nada máis. Finalmente despois dun día horrible chegamos vivos ás nosas casas. Despois de tres semanas incribles nas que xa se nos esquecera o peor da viaxe, pero aínda nos faltaba a viaxe de volta. Embarcamos no avión sen problemas, todos pensando que a nosa mala sorte xa desaparecera. Pasa unha hora, seguimos sen despegar, dúas horas, tres horas, catro horas e todos xa desesperados, mensaxe do piloto: un motor queimado, ou despegamos con un motor acabado de arranxar nunha hora ou voamos ata Montreal de proba. Para desgracia de todos decide cruzar o charco á aventura, cun avión de 700 pasaxeiros e cunha duración de 7 horas... As historias de avións que caeran na mesma situación que a nosa era o tema de conversación entre todos e a preocupación das azafatas e miralas chorar foi moi tranquilizador para todos. Eu xa me imaxinaba que desa viaxe non sobreviviría, xa levaba un bo tempo pensando non mellores momentos da miña vida, pensando na miña familia, os meus amigos... Cando a un pasaxeiro dun grupo de estudantes queda inconsciente e teñen que darlle asistencia médica no medio do avión, todo estaba tan alborotado que a penas había sitio, as súas compañeiras pensando que non tería solución, azafatas chorando, mensaxes do capitán pedindo tranquilidade... Finalmente recuperouse e nós conseguimos chegar vivos a Vigo e ningún problema máis. Cando tocamos terra non o podiamos crer, incluso bicamos o chan do aeroporto agradecendo a chegada. E despois disto... a quen lle poden gustar os aeroportos?

Paula Chapela Bamio 2º B BACH

11


A pesca en Cangas Para falar un pouco sobre a pesca que se está a dar no noso Concello primeiro teremos que botar un pouco a vista atrás. O noso pobo sempre tivo unha tradición mariñeira ao estar tan preto do mar. Xa na Revolución I ndustrial tivo unha gran importancia polas fábricas que se construíron neses anos como, por exemplo, a tan coñecida fábrica de Massó baseada sobre todo na sardiña. Esta vila mariñeira segue maioritariamente unha pesca de baixura, os traballadores dos barcos son os seus propietarios, estes barcos faenan preto da costa xa que non teñen moita capacidade polo seu pequeno tamaño. En Cangas é importante o marisqueo. A ameixa, a zamburiña, a vieira... ou a navalla (submarinismo) son exemplos de mariscos que se encontran nas costas do noso concello. Por suposto, tamén debemos nomear o papel da Lonxa. Nela os pescadores levan o recollido durante a xornada e véndeno mediante un sistema de poxas. Poxanse diferentes especies coma o percebe, a centola, polbos (capturados con liña), chocos (poteira ou volanta), ameixas... Algunhas especies, que nalgunha época sexan moi demandadas, poden chegar a acadar prezos demasiado altos. Tamén é importante mencionar a Praza de abastos onde cada día chegan moitas peixeiras para vender os peixes frescos de cada día. Nela véndese diferentes tipos como a faneca, a raia, a sardiña, o corbelo.... Como é evidente, a tradición da pesca en Cangas é ancestral e a todos nos gustaría que esta tradición continuase ao longo das seguintes décadas. Para iso debemos respectar o mar que tanto nos dá e non explotalo facendo cousas como pescando peixes que non superan o tamaño marcado ou vertendo residuos no mar.

Raquel Rodríguez Martínez 2º C BACH

12


A DANZA DE ALDÁN ORIXE: A súa orixe está vencellada a dúas danzas de similares características do Morrazo –as de Darbo e O Hío na honra de Santa María (celebrada o 8 de setembro) e San Roque (16 de agosto). Todas estas danzas presentan elementos similares como a música (a de Aldán é a mesma ca de O Hío), vestimenta, coreografía e lugar de execución (pazos e igrexas). Non é posible precisar con exactitude a antigüidade da danza de Aldán como tal, debido á carencia de documentación explícita ao respecto. Nun documento do 8 de setembro de 1678 no que se constitúe a confraría “del glorioso señor San Sebastián”, aparece citado por primeira vez. Non obstante temos constancia de que se bailaba con anterioridade a esta data xa que así aparece reflectido no mesmo texto. Non hai acordo sobre a orixe: uns sosteñen que é relixiosa na honra de San Sebastián; para outros sería pagá e como outras tradicións foi cristianizada pola igrexa. Tamén hai quen sitúa o inicio da mesma no precristianismo onde existía un forte sentido matriarcal da familia. Hai tamén quen asegura, finalmente, que naceu como imitación das danzas palatinas medievais… Elementos como as flores dos sombreiros, o galanteo (as figuras que representan os danzantes teñen un certo toque de sensualidade, os galáns representan unha especie de cortexo dirixido a namorar as damas) fannos supor que nun principio dita danza tivo unha orixe pagá, agora ben, outros como a propia coreografía e o lugar de execución lévannos a supoñer que non sempre debeu ser bailada así. Os que manteñen que a súa orixe sempre estivo ligada ao santo especulan con que dita danza se trasladou de agosto-setembro a xaneiro para facela coincidir coa data do santo. A DANZA: Interprétase todos os anos o 20 de xaneiro na honra de San Sebastián. Actualmente realízanse tres representacións. A primeira ao lado da igrexa, despois da misa principal durante a procesión do santo (bailada completa). A segunda ás catro e media no Torreiro, diante do Pazo, e a terceira as seis na Alameda.

13


A preparación da festa corre a cargo do mordomo, persoa que se ofrece voluntaria (ao igual cos danzantes) para tal fin, normalmente por unha promesa feita ao santo. Este encargarase de buscar os danzantes, os gaiteiros; arranxar a igrexa. Para executar dito baile necesítanse once homes (dez galáns e un guía) e cinco mulleres (as damas deben ser solteiras). O traxe denota a evolución sufrida pola danza co paso do tempo. O máis salientable é o das damas, pois crese que cambiou menos, xa que se gardaba simplemente dun ano para outro. Componse basicamente de sombreiro de copa e de ala ancha de palla, adornado con flores de tea e cintas de cores; blusa, faldón e enaguas brancas adornados con puntilla; mantón de Manila, mandil de veludo negro, panos de cores vivas colgando a cada lado do faldón, zapatos negros pechados, medias marróns, numerosas xoias (colares, broches e pendentes vistosos); o peiteado ao cadrelo (postizo na maioría dos casos). O vestiario dos galáns consta de traxe e sombreiro negro (de ala ancha e ríxida), camisa branca, garabata gris e a banda coas cores propias do santo, acompáñanse de castañolas. Os danzantes sitúanse en tres filas, na central as cinco damas e por ambos lados as dúas filas de cinco galáns, o guía situarase no centro cara os danzantes. Antes de comezar a bailar (dando volta a igrexa), hai unha especie de preparación (venias) cando empeza a música o guía da o sinal para comezar. O movemento básico consistirá en ir danzando cara á esquerda e á dereita repetidamente e de forma irregular (o guía fará os pertinentes axustes).Os movementos dos brazos das damas serán ata a cintura mentres que os homes os levarán en alto tanxendo as castañolas durante todo o desenvolvemento da danza. Ao rematar cada figura, faise unha especie de punteo e danse dúas voltas, á primeira cara á dereita e a segunda á esquerda. Ao finalizar a danza e sen parar a música comeza a muiñeira,(contradanza) na cal cambia o paso base, realizándose este sen moverse do sitio.A música que acompaña a danza consta de dúas pezas monódicas baseadas na típica repetición a modo de secuencia de seccións melódicas con semicadencias ecadencias conclusivas. A partitura aparece documentada en 1942. A melodía é de carácter tonal e sen demasiados adornos debido o carácter danzante rápido da mesma. A instrumentación é a de gaita e tamboril acompañada en todo momento polas castañolas tanxidas polos galáns.

Ruth Ventosinos Iglesias, Patricia Cabaleiro Molanes e Lorena Menduiña Nerga 1º C BACH

14


DATOS NON PLASMADOS. AS RELACIÓNS CINE-LITERATURA

Datos non plasmados, finais diferentes, escenas que non se parece…Estas son algunas das causas que identifican o paso dunha obra narrativa ao cine.Actualmente existen moitos libros que inspiran aos directores cinematográficos a levar a cabo unha nova película que case sempre recibe o nome do libro, un libro que pouco ten en común cunha imaxe proxectada nunha sala na que os espectadores poden gozar de entre unha ou dúas horas dunha película que posiblemente se semelle pero non sexa exactamente igual á obra orixinal. Un exemplo atópamolo en películas como ``o neno do pixama a raias´´ ,``o nome da rosa´´,``os xirasois cegos´´… Nestes libros podemos atopar detalles, escenas, diálogos, pensamentos, sentimentos. Non identificados nunhas cantas imaxes proxectadas nunha pantalla que a miúdo fan que quedemos abraiados e namorados da película elaboradapor unha serie de actores que posiblemente só se centren no diálogo sen ler tan sequera nin un anaco do libro. Pero…A que se debe isto? Posiblemente a nosa vagancia, pensamento de que ler é aburrido e que os libros só son un conxunto de follas e cartón que abultan. Pero non é así, un libro proporciona satisfacción, aventura,que a nosa imaxinación voe ata a propia trama escrita. Non negó que tamén é moi gustoso sentarse tranquilamente a ver unha película pero, Que será dos libros? Da nosa cultura? Que será de nós se non cultivamos a lectura? Porque non ler e despois ver? Pois sería unha forma máis correcta para gozar da película e, á vez ,antes podernos envolvernos nunha trama, nunha historia …¡ Nun libro!

Mónica Rodríguez Juncal 2º C BACH

15


ENTREVISTA A NACHO MATA

Nacho Mata é un musico galego que forma parte do grupo musical Ciudad Dormitorio. Este grupo afincado en Madrid está dándose a coñecer entre o publico grazas a plataformas de Internet como Myspace. Acaban de presentar o seu novo disco Caleidoscopio no que mostran unha visión colorista e desenfadada da súa música e Nacho, batería do grupo, respondeu unhas cuantas preguntas.

Ola! En primeiro lugar moitas grazas polo teu tempo. Grazas a ti. Pensas que é máis doado darse a coñecer cantando en inglés ou en español? A localización xeográfica do grupo pensas que tamén influe? Pois penso que en castelán, por aquilo de que estamos en España jeje! En cuanto á segunda pregunta, si é verdade que hai certas cidades onde é mais probable dar a coñecer a túa música, como poden ser Madrid ou Barcelona.

Cres que na actualidade o ser un grupo indie ou pop, frente a tocar música máis comercial inflúe en que calquera discográfica se fixe? Ben, está claro que as discográficas buscan grupos que vendan e se fas unha música máis alternativa telo máis difícil á hora de fichar por unha discográfica "das grandes" (unha multi) Grazas a Myspace, Herzio e demais plataformas similares, cres que é máis doado comunicarse con outros grupos para facer concertos xuntos? Internet é unha ferramenta fundamental, sobre todo para os grupos "pequenos" e plataformas como as que citas son importantísimas para nós. Myspace axuda moitísimo no tema da promo e, como dis, para contactar con outras bandas, pechar "bolos", descubrir novas bandas... hai un montón de grupos moi bos por aí que non teñen o recoñecemento que merecen!! Ter un bó Myspace ou calquera outra plataforma axuda para atraer a xente e que se interese polo teu traballo? Está claro que canto maís coides a túa imaxe moito mellor. Parece unha tontería, pero ter una boa imaxe e fundamental, tanto no estético, como en temas de myspace ou calquera outra cosa relacionada co grupo.

No caso de calquera dos grupos dos que formas parte ( Ciudad Dormitorio, The Turbulents e Los Basonautas),cres que as plataformas existentes en internet axudaron a darvos a coñecer? Pois tomando como exemplo o caso de Ciudad Dormitorio, si. Ademais, permitiunos viaxar por distintas cidades, coñecer moitísima xente, etc. Cando decidides saír da vosa cidade para dar concertos, inflúe os fans que haxa na zona para asistir ao lugar ou máis as ganas de saír e daros a coñecer? Pois o tema de tocar é o mellor de todo este mundillo. O directo é a clave, e todo o que sexa tocar benvido sea.Aínda que, está claro que se vas a unha cidade onde hai un grupo de xente que te coñece é moito millor.

16


Actualmente, os grandes grupos gañan máis nos concertos que na venta dos seus discos e merchandising, opinas que é mellor isto posto que os grupos obteñen máis ganancia? Pois penso que sempre os grupos gañaron máis cos directos que cos discos. Dun disco, a maior parte dos beneficios van á discográfica. E nos concertos onde o grupo gaña a pasta (ben, se es Pereza jeje..)

Con Ciudad Dormitorio saistes un par de veces fóra de Madrid, e achegastevos ata varios puntos da península. Vigo foi unha das cidades elixidas en duas ocasións, tiveches unha boa experiencia coa xente? O concerto de Vigo foi xenial. E a xente moi, moi simpática. Sentímonos coma na casa e estamos desexando volver!

Unha das preguntas que non se poden evitar, existe o mito de que os baterías apenas ligan, xa que todas as mozas fíxanse no cantante ou no guitarrista. Que opinas? jajaja esta sí que e boa! si, iso din, o que liga é o cantante pero vamos, tampoco estamos nisto para ligar, ou sí? jajaja

Para ter máis información do grupo Cidade Dormitorio visitade a súa dirección www.myspace.com/ciudaddormitorio

Laura Parcero Santos 2º C BACH

17


Entrevista a Rubén

-Ola Rubén, comentáronnos de que es unha pequena estrela no mundo do deporte futbolístico e ímosche facer unhas preguntas. -Non é para tanto pero adiante. -Pois para empezar gustaríanos saber cales son as túas afeccións. - Pois practicamente o fútbol, no meu tempo libre saio cos meus amigos como todo o mundo e pois nada máis. -E ¿fumas ou bebes porque iso podería repercutir na túa carreira como xogador de fútbol non? -Non, non fumo e beber...pois tampouco practicamente jaja -Algo que tamén é importante ter en conta cando estás tan entregado a unha afección son os estudos, ¿estás conforme cos teus resultados académicos? -Pois claro, son un bo estudante. -E sendo un pouco máis ambicioso ¿que meta queres conseguir no ámbito profesional como xogador de fútbol? -Pois non sei, o primeiro é chegar ao que se poda eu inténtoo e se chegan as oportunidades pois que cheguen pois estas serán consideradas. -¿Con que persoa che gustaría traballar? -Con Johan Goürculff, xogador Girondins de Burdeos, un gran xogador. -¿Que pensas que fai falta para ascender? -O primeiro humildade e despois esforzo, se pos empeño no que queres pois supoño que o acadarás. -¿Quen che influíu máis á hora da elección do fútbol? -Pois a verdade o fútbol sempre me gustou moito pero supoño que se teño que dicir a alguén pois claramente o meu pai. -Supoño que terás os teus trucos para debutar ¿cales son os seus puntos fortes no xogo? -Pois supoño que a velocidade e a potencia no tiro. -E, ¿tes algunha preferencia por xogar nalgún equipo en particular? -No Fútbol Club Barcelona sen dúbida, é o equipo que máis me gusta desde sempre . -E logo de estas preguntas para facernos unha idea de ti cóntanos como foi o teu debute no Alondras C.F -Pois realmente eu non lle chamo un debute, pois como había algunhas baixas no Alondras colléronnos, a min e a tres compañeiros máis os que eramos os mellores para xogar con eles. Isto é algo que non

18


sucede normalmente, pois somos demasiado novos para xogar con eles pero foi unha moi boa experiencia que, a verdade, volvería repetir e por suposto é algo que espero facer. -Debícheste de sentir moi orgulloso de ti mesmo e os teus pais e amigos tamén non? -Por suposto, non é algo que me pase todos os días e pois os meus pais e demais tamén orgullosos. -Supoño que aínda que xogases con eles non estarías todo o partido no campo non? -Non, xoguei 20 minutos pero foron intensos. -Pois esperamos que sigas mellorando no fútbol xa que es un bo xogador.

Laura Entenza Martínez e Cintia Piñeiro Cordeiro 1º C BACH

19


“HERÁCLITO” Atopámonos no 2110. Ao noso arredor só vemos edificios que alcanzan unha gran altura, coches e estradas que parece que conducen a ningures. Á volta do 5º edificio e seguindo todo recto, un parque con varios tobogáns, bambáns e todo o que adoitan ter. Á entrada do parque vemos o típico cartel que atopamos en calquera parque que pon “non tirar lixo ao chan, por favor“, escrito en “heráclito” a lingua falada en todo o mundo e por todo o mundo neste 2110 no que estamos. Preguntarédesvos, porque non está en galego ou castelán, se nos atopamos en Galicia, non si? Pois ben, a miña dúbida comezou hai tan só uns días na clase de historia. Mentres o profesor explicaba a historia da Galicia de hai uns centos de anos, dixo que non se falaba o idioma que hoxe temos, é máis, dixo que contaban con galego e castelán.Pero unha vez que dixo isto deu por rematado este tema, sen darnos máis explicacións de porque desapareceu.Eu estou convencida que detrás disto escóndese algo, porque quen é tan parvo como para cambiar dúas linguas oficiais dun país por outra que non é nin sequera oficial? Seguramente fose un conflito que xurdiu entre políticos e quixeron cambialo. Ou non mellor, que houbo outra ditadura da que os adultos non queren falar porque foi moito peor que a de Franco, e decidiron non dicir nada sobre ela porque do horrible que fora, moita xente caera en depresións e traumas e non querían lembrala para que a xente non se acordara do mal que ou pasou. Porque seguramente tivéronse que gastar todos os seus cartos en psicólogos. Fose cal fose a causa eu tiña que investigar porque desapareceran estes dous idiomas. Nada máis chegar a casa, pregunteilles aos meus pais se sabían algo destes idiomas, e eles dixéronme que cando eran pequenos falábanos cos seus pais na casa. Quedei abraiada, porque os meus pais nunca me dixeran nada? E o inquietante, porque os meus pais non me ensinaran a falar estes idiomas se eles sabían falalos? Así que non o dubidei e preguntéillelo. A miña nai só dixo, agora non che servirían de nada, así que para que cho iamos ensinar? O meu pai só se limitou a darlle a razón. Quedei indignada, eu tiña que conformarme con falar só unha lingua que falaba todo o mundo a nivel global, e eles tiñan o privilexio de saber dúas máis e ademais saber usalas correctamente. A verdade é que xa escoitara algo de que antes de ter a lingua que agora se fala en todo o mundo, había outras diferentes. Empecei coa miña investigación e atopei que cada país tiña a súa propia lingua oficial, incluso había sitios nos que se falaba máis dunha, por exemplo, en España, falábanse o castelán, o galego, o vasco... Había unha chea de linguas e agora cambiárano todo: está ben ter unha lingua común. Agora ben, iso non ter porque implicar que desaparezan outras. En definitiva, non ten que supoñer rachar co noso pasado, coa nosa historia. Non lograba entender porque ese rexeitamento, se a lingua de cada lugar é o que nos define tal e como somos, cal é a nosa orixe e a nosa cultura. Seguín procurando información e empeceillo a comentar á xente. A maioría dos meus compañeiros e compañeiras apoiáronme, houbo moitos profesores que se puxeron de acordo con nós tamén. Terminamos por xuntarnos moita xente, así que decidimos facer algo para que as cousas cambiaran. Comezamos por pequenas folgas, reivindicando o dereito a conservar a nosa propia lingua, a lingua que xa había uns centos de anos fora nosa, e que agora queríamos recuperar. Empezaron a mobilizarse todos os países xa que na meirande parte deles se daban situacións semellantes, e había xente que pensaba coma min. Cada vez houbo máis e máis mobilizacións. Mágoa que os nosos devanceiros non se decataran de que cun pequeno esforzo conxunto, non teríamos perdida a nosa cultura, a nosa fala e o que nos define como persoas. Mágoa que chegáramos a ese punto de globalización a sermos todos como ovellas... Parece que se están a dar os primeiros pasos para acadar este obxectivo. Mais, teremos chegado a tempo? I.A.F.

20


O ENTERRO DA SARDIÑA O domingo 21 de febreiro celebrouse en Moaña o xa tradicional enterro da sardiña que contou con miles de persoas que participaron nel. Aínda que, tradicional, a súa forma de celebrarse foi cambiando cos anos xa que na súa orixe o enterro da sardiña consistía en ir detrás da sardiña para despedila e moitas mulleres e homes disfrazados de viúvas chorábana. Cos anos as viúvas foron desaparecendo, aínda que este ano se puideron ver unhas catro ou cinco rapazas intentando seguir coa tradición que xa se perdera. Por este motivo, moita da xente que empezou organizando o desfile foi deixando de facelo xa que crían que o carnaval de Moaña fora perdendo o espírito que tiña ao principio e polo que eles o crearan. Como cada ano o desfile partiu do Portal do Almacén pasadas as cinco da tarde e toda a xente disfrazada comezou o desfile protagonizado outro ano máis polo colorido, a música e a festa. Ás comparsas locais únense agrupacións de outras comarcas próximas como as do Hío ou as de Cangas e incluso algunas de Aldán ou Bueu, ademais dos numerosos veciños que saíron á rua para seguir á sardiña ata o seu fin. Tamén moita xente sen disfrazar se sitúa a ambos lados da rúa para gozar e rir das persoas que van desfilando cos disfraces máis orixinais e enxeñosos. Ademais dos atuendos apropiados moitas das comparsas contaban con curiosos carromatos feitos por eles mesmos. No que se refire ao percorrido, non variou en canto a outros anos, como xa dixen as comparsas e o resto da xente disfrazada partiron do Portal do Almacen, foron pola rúa Ramón Cabanillas ata chegar á rotonda da Praza do Concello onde deron a volta para, seguidamente, chegar ao paseo maritimo entorno ao cal as persoas se agrupan para ver a queima da sardiña e o posterior espectáculo pirotécnico. O Enterro da sardiña en Moaña e o desfile de Bueu foron este ano os clausuradores do entroido tan aclamado na comarca do Morrazo polos veciños.

Iria Garrido Mercedes 2º C BACH

21


UNHA AVENTURA EN ITALIA

O pasado día 17 de febreiro estabamos citados un grupo de alumnos do I.E.S. María Soliño na estación de autobuses de Cangas destino Schio, previo paso polo aeroporto de Vigo, Madrid e Venecia. Despois dun longo día de viaxe, alá chegamos nós, cargados coas maletas, ao pé de altas montañas de cumes brancas. Ía frío, pero non foi nada que nos sorprendese, pois xa estabamos máis que avisados de que o norte de Italia, en inverno, non é caloroso precisamente. Porén, non foi o frío o que máis incomodidades causou en territorio italiano, senón a chuvia. Si, a chuvia! Nin fuxindo a 200 qm. nos liberamos dela. Custoume convencer a familia que me acolleu que non me sorprendía, que estaba afeita a ela, que aquí temos as mellores praias do mundo pero que iso non impide que chova un día si e outro tamén. Finalmente, créronme ao terceiro día, cando ao volver de Trento trataba de lembrar un só minuto no que a chuvia parase. Non fun quen de conseguilo! Chovía cando as montañas, cada vez máis elevadas, se reflectían no autobús, cando nos falaron do Concilio de Trento, xa estudado, cando percorremos as fermosas rúas camiño do lugar no que se celebrou e, por suposto, cando sacamos as fotografías nel. A chuvia unha está máis que acostumada, pero aquilo... Todo o día! Ata que me durmín pensando en Trento. A cidade recordárame a imaxe que tiña de Suíza, polos edificios, o colorido e as montañas nevadas sempre ao fondo, pois, en realidade, tampouco distan tanto estes territorios, separados polos Alpes.

Eran as montañas as que dominaban toda a paisaxe, tamén en Schio, o noso concello durante a semana que pasamos en Italia. Non chega a ser o que consideramos unha cidade, pois aínda que ten moitos habitantes, estes atópanse moi repartidos. A casa onde vivín, por exemplo, atopábase a máis de 20 minutos do centro. Síntome moi afortunada pola familia que me acolleu, aínda que era difícil non ter boa sorte sendo todas tan atentas e afectuosas.

Din que os italianos teñen un carácter aberto e amigable e é certo. Pero é que ademais preparan unha comida tan boa! Entre a pasta, o xeado e o chocolate quente repoñiamos as forzas rapidamente e é que non paramos, a excepción do último día, no que tivemos que asistir ás clases do instituto. Realizamos visitas a cidades dos arredores, aínda que moitas eran libres, polo que non fomos todos aos mesmos

22


lugares: Vicenza, Marostica, Bassano... Houbo compañeiros que foron á neve, outros de compras, algúns a museos...

A onde fomos todos os alumnos do María Soliño foi a Venecia. Aínda que as rapazas italianas non puideron acompañarnos, xa que debían asistir ás clases do instituto, probablemente fose o día que mellor o pasei. Escoitara comentarios de todo tipo sobre a cidade: que se cheira mal, que te decepciona un pouco respecto á imaxe que a xente ten dela, incluso que ao final rematas aburríndote porque é todo o mesmo, auga, auga e máis auga. Que cheira mal non podo confirmalo porque non fun quen de aprecialo... Quizais polo arrefriado que trouxera de Trento. Pero en Venecia ata o tempo nos respectou. Sacamos todas as fotos que non fixéramos ata entón, permanecendo para sempre a carón das pombas na Praza de San Marcos ou das góndolas nas pontes que atravesan os canais. As góndolas e os gondolieri... Ai os gondolieri! Tan guapiños e pesados eles! Que nos facían desconto e todo... Pero non houbo maneira, o paseo por Venecia fixémolo en Vaporetto e non en góndola, pois preferimos investir os cartos en recordos dunha cidade tan especial. Por moito que digan, a min chamaríame a atención ver un barco de policía ou unha ambulancia marítima aínda que levara alí un mes. Que, desafortunadamente, non foi o caso. Un día despois xa estabamos sentados sobre unhas maletas que non querían pechar. O mércores, tras unha dolorosa despedida, que en realidade non era máis que un ata pronto, dirixímonos novamente a Venecia, esta vez cara ao aeroporto. Durante o regreso cavilaba no discurso que tería que repetir os días vindeiros, cando fose preguntada polo intercambio. Todo xenial: a familia que me acolleu agradable, as rapazas italianas encantadoras, os lugares que visitamos fermosos... Tutto bene! O único negativo, por dar certa obxectividade á miña versión, a chuvia. Pero cando o piloto comunica aos pasaxeiros que o aeroporto de Vigo acaba de pechar por temporal, non podes evitar un sorriso de resignación, mentres camiño de Santiago chegas á conclusión de que a viaxe a Italia non puido ser mellor. Sara Martínez Gutiérrez 2º B BACH

23


MULLER E TRABALLO O traballo lonxe do fogar A revolución industrial, sobre todo durante o século XIX, significou un cambio extraordinario no campo laboral pola masiva incorporación de asalariados e asalariadas ao traballo industrial. O primeiro efecto foi a separación do lugar do traballo respecto da vivenda, cando antes se traballaba no mesmo lugar en que se vivía. Isto produciu unha rápida e altamente desordenada urbanización, coa aparición de aglomerados de vivendas precarias, carentes de servizos e mínimas comodidades. Claro que a alternativa era a fame, polo cal non criticarei o traballo en si, pero si as súas condicións. En canto á vida familiar, que xeralmente constitúe a mellor defensa contra a pobreza e a enfermidade, o feito de que as mulleres puidesen achegar algún beneficio económico ao fogar sería seguramente positivo, a pesar de que se pagou por el un alto prezo, que foi o virtual abandono do fogar por parte de pai e nai por case todo o día, ou, como alternativa nada do mesmo problema, a incorporación prematura dos rapaces ao traballo asalariado. As novidades sobre o traballo da muller cara a fins do século XIX, e sobre todo durante o século XX, consistiron na incorporación da muller ao traballo profesional, que implicou a apertura á poboación feminina primeiro de institutos terciarios e despois das universidades, aínda que non todas as facultades. As primeiras profesións femininas tiñan que ver coa atención ás persoas, así que se tratou sobre todo de formar a enfermeiras especializadas e a mestras e profesoras. Despois foron caendo unha a unha as barreiras culturais que impedían o ingreso feminino en determinadas carreiras, e as universidades foron admitindo ás mulleres en todas as súas especialidades, non sen ter que estas tivesen que vencer ulteriores obstáculos nos seus compañeiros, profesores ou futuros clientes. Agora o panorama é moi diferente e as dificultades son tamén distintas. Seguen persistindo algúns prexuízos respecto da idoneidade feminina en determinadas especialidades, por exemplo a cirurxía ou a industria pesada, pero hai mulleres traballando en practicamente todos os traballos e os niveis directivos posibles, seguramente con maior presenza onde estea en xogo o contacto coas persoas. O interesante da cuestión non é tanto derrubar os últimos prexuízos existentes contra unha igualdade de oportunidades entre homes e mulleres- nalgúns países europeos chegaron mesmo a crear un ministerio que se ocupa precisamente diso- senón en mellorar a relación traballo-vida persoal e familiar, dado que o risco cultural actual non é a exclusión da muller do mundo do traballo, senón o sacrificio da persoa e da familia en aras da produtividade. É lóxico pensar que nun países economicamente inestables , por exemplo, ter traballo é xa

24


de seu un ben, así que un agradece e non ten pretensións. Con todo xa se ouven queixas cada vez máis frecuentes sobre a dificultade de conciliar a vida laboral coa vida familiar, e adoita ser a muller a que se queixa máis, por sentirse máis directamente implicada nas problemáticas da casa, pero tamén os fillos e os maridos son parte interesada nun cambio cultural a favor dun traballo integrado harmoniosamente cos outros aspectos da vida da persoa. Presenza na casa Un segundo aspecto que hai que ter en conta para buscar solucións é que a presenza feminina cada vez máis numerosa en todo tipo de traballo ten como contrapartida unha casa con cada vez menos presenza de mulleres. Pódeseme obxectar que isto sucede tamén co home, ao que contestarei que é verdade, e que quizais a actual crecente ausencia de mulleres no fogar faranos finalmente buscar unha solución para que tamén o home recupere o seu tempo para a familia. Ignorar a importancia da familia para a sociedade é someterse a unha ideoloxía abstractamente individualista, segundo a cal a vida de cada un é independente da dos demais, e o progreso profesional e económico será tanto maior canto máis autónoma sexa a persoa de esixencias doutros. Sen dúbida, a familia é unha estrutura orgánica da sociedade, pola cal esta crece e transmite os seus valores e a súa cultura. Se funciona medianamente ben, o recambio xeracional vai ser de boa calidade, con persoas capaces de convivir e interactuar xenerosa e eficazmente. Por iso a familia, en xeral, e a maternidade, en particular, son dignas de ser protexidas. Pola súa banda o mundo do traballo, como aspecto integrante da sociedade, debe estruturarse de tal maneira que a persoa poida vivir unha vida persoal e familiar satisfactorias. Até agora parecía que a familia debía ser sacrificada en aras da total dispoñibilidade para o traballo; o ingreso de moitas mulleres ao mundo do traballo modificou isto, porque foron elas -máis ca elesas que reclamaron máis tempo para a familia. En realidade tanto o home como a muller benefícianse se hai máis flexibilidade e máis recoñecemento das necesidades persoais e familiares, pero o reclamo foi máis unha iniciativa feminina-por motivos ligados aos embarazos, a lactación e a crianza de fillos pequenos- que masculina. Agora trátase dunha nova cultura de conciliación entre ambos os espazos. Aínda que estamos recentemente nos comezos, benvida! 4- Redistribuír os tempos e as tarefas Distribución do tempo

25


· As mulleres que traballan fóra da súa casa dedican aos fillos o 33,6% , se traballan a tempo parcial, e 27,3%, se traballan a tempo completo; · A muller que traballa fóra da súa casa dedica só un 2% de tempo a ela mesma, un 4 % a estar co marido sen os fillos; · Ao traballo dedican o 21,8 % (a tempo parcial) e o 31,9 % (a tempo completo); · Ás tarefas domésticas dedícase o 12% (a tempo percial) ou o 7,8% (a tempo completo); Valoración do traballo da muller por parte dos maridos · O 81% valora que a muller teña o seu traballo, e o 76 % valórao tanto como o propio; · O 54% dos maridos axuda espontaneamente na crianza dos fillos e faino o 64%, se a súa axuda é requirida; · O 63% dos maridos axuda nas tarefas domésticas. En canto ás responsabilidades, o 51% quéixase de non poder satisfacer plenamente as da familia contra o 64% que se queixa respecto das laborais. Das enquisadas, o 51% traballa por necesidades económicas e o 34% para desenvolverse profesionalmente. Como se trata dunha enquisa que implica o acceso a Internet, non é representativa da poboación total do mundo, pero si é indicativa da poboación urbana. Unha conclusión que se pode extraer destas porcentaxes é que á vida familiar vese reducida nos tempos, pero que se están a empezar a sumar máis os pais; por outra banda o traballo da muller é menos asumido por parte dos maridos e é, a miúdo, recoñecido e valorado, non só polos seus resultados económicos. Falta moito para que o traballo de homes e mulleres sexa plenamente compatible cunha vida familiar satisfactoria. Trátase dunha prioridade persoal e social, porque da calidade do mundo do traballo- e esa calidade mídese en termos da plenitude das persoas- depende a calidade de vida da comunidade. Almudena Guimeráns Ferradás 1º C BACH

26


ITALIA 2010 Atardecer en Venecia

Despois dunha longa tarde na praza de San Marco, facendo compras por esas rúas tan estreitas e comendo no Mc Donald´s, puidemos ver as góndolas nas canles de Venecia.

27


As góndolas

Pode que a viaxe non estivera a gusto de todos, pode que houbera moitos contratempos e tamén que non fose o que nos esperábamos, pero estou segura de que xamáis imos esquecer as cousas que nos pasaron alí e a xente que coñecemos.

Fotos feitas cunha cámara de usar e tirar.

B. M. A.

28


O MEU POBO

N

erga é unha pequena aldea que pertence á parroquia de O Hio, en Cangas do Morrazo, Pontevedra. Está situada no sureste de esta parroquia a que tamén pertencen outras aldeas como Donón, Vilanova, Igresario, Vilariño e Liméns.

O que máis caracteriza a Nerga é a sua gran praia que cada verán atrae a centos de turistas que buscan o mellor lugar para pasar as vacacións gozando dunhas preciosas vistas as illas Cíes. A “praia de Nerga” é unha praia con marea baixa que se une con outras dúas, unha de elas Barra que é unha praia nudista. O conxunto da praia e o campo de dunas constitúen un conxunto de altísimo valor científico natural. MATERIAL

Area

ACCESOS

Rodados

COR

Tostado

ALDEA

Nerga

FORMA

Rectilínea

PARROQUIA

O Hío

700 metros

LONXITUDE

DESEMBOCADURA FLUVIAL Si Por outra parte cada mes de febreiro, Nerga, como o resto das aldeas da parroquia de O Hío, prepárase para o seu particular entroido, unha festa que dura tres días e para moitos xa é considerada a mellor festa do ano. O carnaval de O Hío é unha tradición moi antiga que consiste en percorrer todas as aldeas da parroquia na seguinte orde: Vilariño, Igresario, Pinténs, Vilanova, Liméns, Nerga e Donón. Este percorrido comeza xa moi cedp na mañá do Luns e acaba na tarde do Martes, sempre acompañado polo ritmo dos gaiteiros, previamente contratados polas súas respectivas aldeas, xa que cada unha ten o seu propio grupo de gaiteiros. En definitiva, Nerga é unha aldea tan bonita en verán como aburrido no inverno, na que o principal sinal de identidade é a súa praia. Aarón García Martínez 1º B BACH

29


O NÚMERO DE OURO

A xeometría ten dous grandes tesouros; un é o Teorema de Pitágoras; O outro, a división dunha línea entre proporción media e extrema. Ó primeiro podemos comparalo cunha medida de ouro; Ó segundo podemos denominalo unha preciosa xoia.

Johannes KEPPLER (1571-1630)

Todos os que nos dedicamos á ensinanza das Matemáticas sabemos que, quizais, un dos labores máis complicados da nosa tarefa é tratar de que os nosos alumnos sexan capaces de apreciar a utilidade que ten esta disciplina. Unha das preguntas que se repite ano tras ano é “e isto… ¿para que serve? Posiblemente sexa a Xeometría a disciplina matemática que nos permite achegarnos máis á vida real, ou cando menos, a que nos permite dar máis exemplos intelixibles polo alumnado da utilidade da nosa asignatura. Traterei neste pequeno traballo o tema das proporcións e máis en concreto o “número de ouro” como exemplos da aplicación das matemáticas á vida real e máis en concreto á búsqueda da beleza.

É ao gran matemático Pitágoras ao que lle debemos a teoría das proporcións; aínda que foi, posteriormente, Euclides o que desenvoveu toda esa teoría no libro V da famosa obra “Os Elementos” (o segundo libro máis editado despois da Biblia). Como exemplo de proporcionalidade, cabe destacar que Pitágoras foi quen de relacionar esta teoría de proporcións coa harmonía musical, é dicir, relacionou as proporcións con intervalos musicais, así podemos comprobar que unha corda que da o Do grave é

2 3

obtense o Sol e con

1 2

3 4

da lonxitude dunha corda que da o Fa. Con

o Do natural.

En xeral chámase proporción á igualdade de dúas razóns ou cocientes, é dicir:

A C = B D

.

30


Tal vez, a pesar de que se lle atribúe a Pitágoras a teoría das proporcións, un dos seus maiores impulsores fose Thales.

“O número de ouro” ou “divina proporción”

O número de ouro ou número aúreo (que aparece sempre representado pola letra grega

f

, letra elixida

en honor do gran escultor e arquitecto grego Phidias, que foi un dos primeiros en utilizar para as súas creacións esta proporción), ten a súa orixe na división dun segmento en (como dicían os gregos) “media e extrema razón”. Trátase de dividir un segmento en dúas partes de lonxitudes m e n de maneira que a lonxitude total do segmento sexa á lonxitude do anaco grande coma a lonxitude deste anaco é á lonxitude do pequeno:

m+ n m = m n

Se chamamos

m x= n

, obtemos a seguinte ecuación e as suas solucións:

ìï ïï x = f = 1 + 5 = 1, 6180339... ï 2 x 2 - x - 1 = 0 Û ïí ïï 1- 5 ïï x = f , = = - 0, 6180339... ïî 2

A partir do número de ouro podemos construír un rectángulo “dourado” de dimensións que

m =f n

m´ n

de xeito

.

Con respecto a estes rectángulos de ouro, é interesante mencionar que aparecen a diario nas nosas vidas, vexamos algúns exemplos:

·

Se nos fixamos nas tarxetas de crédito, tarxetas telefónicas, D.N.I., podemos observar

que as súas

medidas son aproximadamente 86 mm. 53 mm. e que se efectuamos o cociente entre elas obtemos un

´

número moi próximo a 1,618.

31


De feito chegouse a dicir deste rectángulo que é a forma xeométrica máis satistactoria, e segundo probas efectuadas por psicólogos alemáns, foi o preferido pola xente dende o punto de vista estético, de entre multitude de rectángulos (incluíndo o cadrado).

·

En Arquitectura o rectángulo “dourado” ou o que é o mesmo o “número de ouro” aparece nos máis

famosos edificios como por exemplo en Notre Dame, no Partenón ou na famosa pirámide de Keop, etc.

·

É moi coñecido o grabado de Leonardo Da Vinci para ilustrar os traballos de Vitrubio acerca das

proporcións humanas. Segundo Vitrubio, se se coloca a punta dun compás no embigo dun home e tomamos como radio a distancia que hai entre a planta dos pés (xuntos) e o embigo, entón os dedos das mans e dos pes tocarán a circunferencia así trazada. Por outra banda un rostro humano ben proporcionado tamén se pode enmarcar nun “rectángulo dourado”. De feito unha cara é máis ou menos agraciada canto máis se acerquen as súas proporcións ó número de ouro.

·

En Astronomía: se se colocan os planetas en fila vese como cada un divide as distancias entre os dous

planetas veciños, e soamente a Terra está no punto que divide segundo o “número de ouro”.

·

Existen na natureza multitude de exemplos que adoptan a forma de espiral, dende a maioría das

galaxias, as telas de araña, remuiños, colmillos de animais, cornos, etc. Existe unha relación moi directa entre o número de ouro

f

e algunhas espirais, e, sobre todo, coas

formas de crecemento, tanto no reino animal coma vexetal. A espiral logarítmica podemos obtela a partires dun rectángulo de ouro e esta espiral podemos achala en conchas mariñas, no Anmonites, no Nautilus, etc.

·

O número de ouro tamén foi representado en obras de arte dende a “Mona Lisa” de Leonardo Da Vinci

ata “O sacramento da derradeira cea” de Salvador Dalí.

·

Pénsase que o número de ouro está conectado co comportamento dos mercados de valores.

32


·

Os seguidores de Pitágoras estaban tan obsesionados co número

f

que pensaban que esta

proporción revelaba a man de Deus.

Posiblemente algún de vós estea pensando que o número de ouro é un produto da xeometría inventada polos matemáticos. Porén os matemáticos non teñen nin idea de cara a que mundo de conto máxico os conduce este producto. Se a xeometría non se inventara, quizais non coñeceriamos nunca o número de ouro. Pero entón, ¿quen sabe?, aparecería caprichoso como resultado dun breve e sinxelo programa matemático.

Trinidad P.L.

33


O PAZO DE ALDÁN

O Pazo de Aldán, tamén coñecido como Pazo de Vista Alegre é unha edificación que pertence aos Condes de Canalejas. O seu estilo é Barroco, do século XVIII. Tras a morte da propietaria, María del Mar Barequistain Díaz (a viúva de Ramón Gil de Careaga, o cal herdou a propiedade do conde, Ramón Pérez Armada, o pequeno dos tres irmáns) ningún deixou descendencia, nin a falecida. O Pazo de Vista Alegre garda unha gran parte da historia de Aldán, din que nel se encontrou un testamento dun dos condes, José María Pérez Armada, cun legado para os seus criados e afillados que nunca viu a luz. Moitos veciños recordan aos condes, José María, Antonio e Ramón Pérez de Armada, que morreron sen descendencia. O Pazo da Torre, foi testemuña da vida dos fidalgos. Na Torre segue vivindo a súa propietaria, Fuencisla Roca de Togores, a viúva de Antonio Pérez Armada, herdeiro do título, con quen casou por segunda vez e que ao seu falecemento por enfermidade legou o título ao seu único irmán en vida, Ramón, o señor de Vista Alegre. Outro dos irmáns, José María, foi conselleiro delegado do banco "Hijo de Olimpio Pérez" fundado polo seu pai Julián Pérez Esteso. O banco sería despois Banco de Crédito e Inversións e Banco Gallego. Actualmente en Aldán sobrevive unha sucursal. Segundo os veciños, Julian Pérez Esteso casou cunha muller asturiana, Carmen Quiroga Armada, de onde procedía a liñaxe dos Canalejas. O matrimonio tivo cinco fillos, aínda que Julían e Carmen morreron novos. A saga continuárona José María e Antonio e Ramón.

Laura Bastón Pazó

34


DELICIAS GALEGAS.RECEITAS Torta de Santiago INGREDIENTES: · 6 ovos · 250 grs. améndoa moída · Raiadura de limón · 250 grs. azucre · Un chorro de coñac · Azucre glass para decorar · (podemos engadir canela) PREPARACIÓN: Batemos os ovos un pouco e logo engadimos o azucre, a raidura de limón e o coñac. Batemos ata que quede esponxoso. Engadimos as améndoas moídas e mesturamos con movementos envolventes. Poñemos este recheo no molde. Introducímolo no forno previamente quecido, durante 35 ou 40 min. Cando estea quente déixase amornar e desmóldase. Finalmente decórase con azucre glass deixando a forma dunha cruz (débese facer cun cadro). BICA GALEGA: INGREDIENTES - 125 grs. de manteiga - 250 grs. de azucre - 3 ovos medianos - 125 grs. de fariña - 1/4 de sobre de po de lévedo de repostería (unha culleriña) - 125 grs. de masa de pan xa fermentada

PREPARACIÓN: Os ovos e a manteiga non deben estar fríos do frigorífico, senón estar a temperatura ambiente e a manteiga branda e untuosa. Primeiro elabórase a masa de pan obtendo unha masa branda e

35


déixase fermentar ata que se duplique de sobra o seu volume. Xa lista a masa, bater a manteiga coa batedora de variñas a velocidade media 2-3 minutos, engadir pouco a pouco o azucre e bater 2-3 minutos ata que estea espumosa e subida. Engadir despois pouco a pouco a masa de pan sen deixar de bater e bater 2-3 minutos máis. Engadir logo sen deixar de bater a velocidade mínima, un a un os ovos sen incorporar o seguinte ata que estea ben incorporado o anterior. Unha vez ben mesturados engadir, pouco a pouco e igualmente, a fariña. Unha vez a fariña ben incorporada, verter a pasta nun molde engraxado e forrado de papel barba ou similar e cocer ao forno a uns 170-180 Cº previamente quente a altura media ata que estea dourada e no seu punto (uns 30-45 minutos). Antes ou despois de cocelo decorar a superficie con po de azucre granulado e, se se quere, un pouco de canela en po. Xa listo deixar arrefriar 15 minutos no molde, desmoldar e deixar terminar de arrefriar de todo manténdoa co forrado de papel de barba. Trucos e consellos - A masa de pan pode adquirirse xa elaborada e fermentada nalgunha panadería ou confeccionala un mesmo segundo a receita. - Este biscoito está moito máis saboroso deixándoo repousar unhas cantas horas antes de consumilo ou ata o dia seguinte.

36


POLBO Á GALEGA INGREDIENTES: (6 persoas) 2 quilógramos de polbo 1 qug. de patacas medianas Pemento picante Sal Aceite de oliva PREPARACIÓN Lavar o polbo en auga fría. Poñer a ferver a auga. Cando ferva, meter o polbo. Deixar uns segundos e sacar. Esperar a que volva a ferver e meter o polbo outra vez, etc... Repetir isto 3 veces. Cando, despois do anterior, a auga volva a ferver, botar o polbo e as patacas peladas e deixar 1/4 de hora ou 20 minutos. O polbo ten que quedar un pouquiño duro. Meter as patacas no forno cinco minutos, os mesmos cinco minutos que se estará deixando repousar o polbo no cazo coa auga, xa fóra do lume. Sacar el polbo e cortalo en anacos. Colocar polbo e patacas nunha táboa e condimentar todo nesta orde con sal, pemento picante e aceite de oliva.

Sandra Villar Blanco 2º C BACH

37


A PROBLEMÁTICA DA INTEGRACIÓN DOS INMIGRANTES

Era o ano 1983, no mes de maio e o sol relucía no ceo como non relucira nunca no país coñecido polos seus tulipáns, queixos e bicicletas. El acababa de desembarcar no porto de Vigo despois de unha longa e atarefada viaxe, o único que quería era irse a algún sitio a comer cos seus compañeiros máis cercanos e olvidarse por unhas horas de que pronto tería que volver a facer comida para duascentas persoas. A súa primeira impresión de Vigo foi mala, simplemente polo feito de que detesta as cidades, dende pequeno viviu nunha vila pequena e estaba afeito á tranquilidade e aos aires sen fumes que rodeaban a súa casa, pero aínda así, el estaba contento, contento de poder facer un descanso da súa gran tarefa no barco. Despois de comer volveron ao barco para coller algunhas pertenzas, e a súa sorpresa foi maior cando lles comunicaron a el e aos demais compañeiros que se tiñan que quedar uns días máis atracados no porto. Non me preguntedes por que, xa que el non me quixo contar as verdadeiras razóns. Resulta que ao día seguinte, despois de recuperar as horas de sono acumulado, el máis un dos seus compañeiros decidiron vestirse coa sua mellor ropa e ir a discoteca, xa que no seu país a xente apenas saía pola noite e sabían que España tiña a fama de festeira. Para ser máis exactos, foron á discoteca “Cocos”, a cal fai anos que a cerraron. Alí dentro o compañeiro encontrou unha moza española, coa cal pasou toda a noite e, ao mesmo tempo, el coñeceu a amiga de esa moza española, coa que tivo que pasar a maior parte do tempo para non quedarse só. Ao final da noite, el decidiu marchar cara o barco, amolado pola pouca responsabilidade do seu compañeiro, que non dubidou en deixalo só en canto se lle presentou unha oportunidade para ligar. Nos seguintes días, o seu compañeiro seguiu quedando con esa moza, e como non quería ir soa, levou unha amiga con ela e o compañeiro levouno a el. Resultou ser a mesma moza que el coñecera na discoteca Cocos. Fóronse coñecendo, e pese a que non falaban o mesmo idioma houbo algo entre eles especial, pero ela, poñamoslle de nome Rosa, pensaba que só era un noivo de verán, deses que despois nunca volves a ver, el díxolle que tiña que marchar pero que ía volver pero ela non o creu. Despois de nove meses

38


volveuse a presentar no porto de Vigo, e esta vez non foi co barco da súa empresa, se nón que se decidiu a pasar unhas vacacións es Galiza, sen saber se Rosa tería outro mozo ou se o recibiría ben.A primeira impresión de Rosa ao velo foi de sorpresa xa que non se esperaba para nada esa visita. Durante a ausencia del, ela dedicouse a gozar da súa xuventude e a ter outros mozos, e dende que el marchou cara ao seu país ela non volveu a pensar nel, como se aqueles días que estiveron xuntos non pasaran xamais. Pero o certo é que lle gustou volver a velo, porque pese a que non pensou nel, os días que pasaron xuntos foron bastantes divertidos e especiais, ademais diso, el dedicárase tamén neses nove meses a facer un curso de español, o que lle permitiu poder comunicarse mellor con Rosa e mellorar a relación. Ese foi a motivo polo que el decidiu virse a vivir a España, co tempo namorouse perdidamente dela, e o sentimento era mutuo. Cando el se instalou só nun piso de Vigo ,que lle deixaran os tíos de Rosa, o tempo que non tiña que estar embarcado , pasábao con ela, non se despegaban nin un momento. El íase adaptando a España, e despois duns meses parecíalle incrible non vir antes a este país, xa que lle gustaba moito máis que a súa terra natal. Pero na súa adaptación a un novo pais non foi todo bo, xa que tivo que enfrentarse a problemas de comunicacións, a problemas con xente que non lle gustaba que viñesen estranxeiros á súa terra e co pai da familia de Rosa, que non quería un home embarcado como mozo para a súa filla. El traballaba na mesma empresa ca el, por iso sabía a vida que levaban os mariñeiros, o que o pai de Rosa non sabía é que el non era como pensaba, que era un home que o único que quería era quedarse con Rosa, fora onde fora.Seguiu estando con ela, e conseguiu que o pai de Rosa lle dera o visto bo e que aceptase coñecelo, agora resulta que se levan de marabilla. E así estiveron durante os tres anos seguintes, ata 1886 que foi cando decidiron casar xa que a familia de Rosa dicía que non estaba ben visto que foran noivos tanto tempo e que aínda non se casaran, en realidade o que eles quería era que a súa filla marchase da casa canto antes xa que sabían qeu se podía defender soa na vida cotiá. E así foi, fóronse vivir a Vigo os dous sós e uns anos máis tarde estiveron a punto de marchar ao país del a vivir, por cuestións de traballo, pero a sorte chegoulles cando lle ofreceron a el un posto de traballo noutra empresa que lle permitía quedar a vivir aquí, onde aínda permanecen agora cos seus dous fillos que son os meus primos. Actualmente residen no Morrazo, e a el encántalle vivir aquí, di que non o cambiaría por nada e que pese a que non entende o galego e que non sabe falar a perfección o castelán séntese totalmente de nacionalidade galega, e esta moi orgulloso de poder vivir aquí, na nosa terra. S.V.A.I.. Artigo de Opinión

39


A MODA DA ANOREXIA E A BULIMIA Quero comezar este artigo facendo una pregunta a todos aqueles e a todas aquelas que lean este texto: ¿Ata que punto estamos enganchados/as ás modas…? ¿Ata que punto somos capaces de chegar para conseguir ser o máis popular ou a máis fermosa…? ¿Estamos dispostos a cruzar a delgada liña que separa a vida da morte por presumir un corpo perfecto…? Antes de seguir quero facer una parada para reflexionar sobre un tema tan perigoso como doloroso: a ANOREXIA e a BULIMIA. Dous trastornos de alimentación que están impostos na nosa sociedade actual. Hoxe en día ter unas medidas perfectas é un obxectivo que moitas das nosas compañeiras, irmás, fillas, amigas… están dispostas a conseguir, pero tal vez non sexan moi conscientes do que signifique a anorexia e a bulimia (anorexia: alteración, por defecto, dos hábitos e/ou comportamentos involucrados na alimentación. // bulimia: trastorno de alimentación no cal interveñen factores biolóxicos,

psicolóxicos e sociais, que desvirtúan a visión que o enfermo ten de si mesmo e responden a un gran temor a engordar.). Sobre todo, é triste observar como chegan a tales extremos por lucir uns pantalóns da talla 38 ou como sofren ao ver as fotografías de modelos expostas nas paradas de autobuses. E os pais e nais?... Cando se dan conta de que esta enfermidade está inscrita na súa casa? Como detectan este problema? Debe ser moi duro para un pai ou para unha nai ver como se consome a vida da súa filla ou do seu fillo, e que o problema xurdiu sen que eles se desen conta. Pois ben, a continuación expoño una serie de síntomas que espero que lles sexa de axuda: Anorexia: 1.- Négase a manter o seu peso por enriba do que sería normal para idade e altura. 2.- Temor a aumentar de peso aínda cando este non sexa suficiente. 3.- Percepción distorsionada do seu corpo. 4.- Mantén ese peso a través de exercicios, de dietas, de abuso de laxantes… 5.- No caso das mulleres, ausencia polo menos de tres ciclos menstruais.

Bulimia: 1.- Episodios recorrentes de enchentes de comida. 2.- Sensación de perda do autodominio durante a farta de comida. 3.- O uso regular do vómito autoinducido, laxantes ou diuréticos, dieta estrita, exercicio moi enerxético para evitar o aumento de peso. 4.- Síntomas de depresión. 5.- Excesivo temor a engordar. 6.- Comer ás agachadas ou o máis inadvertidamente posible. 7.- . A diferenza das anoréxicas, as bulímicas non teñen unha figura demacrada que as delate. Se cadra estamos tan acostumados a vivir nunha sociedade hipócrita e superficial, que estamos dispostos a chegar ata os límites máis insospeitados. Pero é necesario saber que detrás de cada problema hai un motivo polo cal chegamos a poñer a vida pendendo dun fío. Algunhas delas son as modas, esa dictadura horrible que nos empuxa a chegar á extrema delgadez; factores de vulnerabilidade persoal, é dicir, non aceptarse tal e como é un mesmo, ter unha autoestima baixa, preocuparse en exceso do que opinen os demais sobre un; trastornos emocionais e tamén factores familiares.

De calquera xeito, é importante saber que hai solucións, que se pode saír dese “burato”, que vai haber xente que estea disposta a salvarnos de nós mesmos. Podemos acudir a grupos de autoaxuda, terapia psicolóxica individual, psicoeducación, tratamento dietético nutricional... pero tal vez o mellor tratamento sexa un mesmo e a forza de vontade que poñamos.

40


A continuación quero compartir un testemuño que relata o seu paso por esta enfermidade e o que significou na súa vida. “A verdade é que eu empecei nisto cando a penas tiña 14 anos. Acórdome de que era o meu primeiro ano de instituto, e como todas as da clase, para o verán quería perder uns quiliños; empecei por perder un e outro e outro, e pouco a pouco perdín o control. Canto máis delgada estaba mellor me atopaba; a idea de pesar un quilo máis arrepiábame, era o castigo máis grande. Cando engordaba un só gramo de máis, eu mesma me sentía desprezable, e autocastigábame xaxuando os días seguintes. Atopábame gorda (e iso que non chegaba aos 40 quilógramos), todo o mundo me dicía que parecía un cadáver vivinte, pero pensaba que estaban tolos, que me dicían iso para que engordara, pero que era algo que non ían conseguir porque eu tiña que adelgazar para seguir sentíndome ben. A raíz de todo isto empecei unha tempada a ter moita fame, algo que tampouco podía controlar, e cando comía, como me sentía culpable, autoprovocábame o vómito, cousa que continúa a facer, porque sigo sen ser capaz de controlar. Agora estou en tratamento para poder saír deste pesadelo, deste inferno que me fixo caer nunha tremenda depresión “ Para finalizar só direi que o peso ideal non existe, hai que aceptarse tal e como é un mesmo, con todas as virtudes e con todos os defectos, xa que somos humanos e non robots feitos a medida.

A.O.F.

41


Excursi贸n a Andorra

(Estaci贸n Grandvalira)

42


43


Caldea (Balneario)

Andorranos 2010 Trini Costas Lorenzo- 1ยบ C BACH

44


A VIOLENCIA DE XÉNERO NA SOCIEDADE ACTUAL DEFINICIÓNS En ocasións, as distintas denominacións dos malos tratos leva a confusión: Violencia de xénero, violencia domestica, de parella, hacia as mulleres ou hacia os homes. A violencia doméstica fai referencia a aquela que se produce no fogar, tanto entre marido e muller, como a nai co fillo ou o neto co avo. Pero a violencia de xénero ten que ver coa violencia que se exerce hacia as mulleres polo simple feito de selo, e poden ser os malos tratos da parella como agresions físicas e sexuales de extraños, mutilacions dos xenitais, etc… Outra definición que abarca a violencia de xénero son todolos actos mediante os cales se discrimina, ignora ou somete as mulleres nos diferentes aspectos da súa existencia. É todo ataque material e simbólico que afecte a súa liberdade, seguridade, intimidad ou integración moral e física.

TIPOS DE VIOLENCIA 1. Física. A violencia física é aquela que pode ser obxectivos percibida por outras

persoas, que normalmente deixa trazos máis externos. Refírese a empurrar, morder, pontapés, socos, etc, causadas polas mans ou calquera obxecto ou arma. Ela é a máis visible e, polo tanto, facilita a percepción da vítima, pero tamén fixo del un dos máis comunmente recoñecidos socialmente e xuridicamente, principalmente relacionados coa violencia psicolóxica.

2.

Psicoloxíca. A violencia psicolóxica, inevitablemente, ocorre sempre que hai outro tipo de violencia. Trátase de ameazas, insultos, humillación, desprezo pola propia muller, desvaloriza o seu traballo, as súas opinións ... Trátase dunha manipulación que ata a indiferenza ou o silencio que provoca sentimentos de culpa e impotencia, aumentando o control e dominación do autor sobre a vítima, que é o obxectivo final de violencia de xénero.

45


3. Sexual. "El é formado mediante presións físicas ou psicolóxicas que visam

impoñer unha presión sexual non desexada, intimidación ou desamparo". Aínda que poida ser incluído dentro do prazo de física, diferente daquela en que o obxecto é a liberdade sexual das mulleres, no canto da súa integridade física. Ata recentemente, a lexislación e os xuíces consideran este tipo de agresión, como tal, aínda dentro do casamento ocorreu.

Consecuencias psicolóxicas para mulleres maltratadas O síndrome da muller maltratada é definida como unha adaptación á situación adversa caracterizada por un aumento da capacidade do individuo que xestione os estímulos adversos e minimizar a dor, ademais de presentar as distorsións cognitivas, tales como a minimización, a negación, ou disociación; cambio na forma de ver a si mesmos, os outros e o mundo. Eles poden desenvolver síntoma de PTSD, sentimentos de depresión, rabia, baixa autoestima, culpa e resentimento, e moitas veces teñen queixas somática, disfunción sexual, comportamentos de dependencia e as dificultades nos seus relación. Ademais, o alto nivel de ansiedade xerados por problemas de saúde e trastornos psicosomáticos e problemas depresivos maior poidan xurdir.

46


PREVENCIÓN A principal forma de acabar coa violencia de xénero é a prevención. Isto inclúe, naturalmente, un cambio global na forma como ve as relacións entre homes e mulleres, un cuestionamento dos papeis sociais e estereotipos, lingua, etc. Estas modificacións deben ser de adultos, a fin de comunicar eficazmente que os nenos.

Ademais, pode previr e evitar que se participa nunha relación que se pode facer violenta: • Primeiro, detectar adulteración, os enfoques non desexada, coidado coas promesas que non fan sentido nun tempo de relación, é claro ao dicir que " non para algo non é Negociable lonxe cando esa persoa se achega a tentar facer vostede ver que ten moito en común ou se lle debe algo. Por todo isto é moi importante para confiar na súa intuición, sentimentos de ansiedade que produce. Cando atopar alguén que avaliar tamén avaliar se a persoa se encaixa con vostede, só importante que a partir de agora tamén inclúen estes elementos se desexa para evitar atoparse en unha relación violenta. Taxa de ideas machistas, como os seus relacións anteriores (se rompe ou non, como fala sobre eles ...) e así por diante. •Ademáis aprecia as súas ideas sobre o amor eo matrimonio, o papel das mulleres na mesma que dar para o amor, etc ... • E, por riba de todo, coñecer a si mesmo e cos seus valores claros. Se o enfrontamento da outra persoa, os valores que co seu, vostede sabe como recoñecer e aceptar, en calquera caso.

Ana Germade Fernández-2º C BACH

47


Comentario Musical Para comezar este percorrido polos discos que eu xulguei convenientes, botaremos a nosa vista cara os EEUU de América, onde Ghostface Killah, compoñente do lendario grupo Wu Tang Clan, acaba de sacar o seu ultimo disco: Ghostdini The Wizard Of Poetry in Emerald City. Este disco é do mellor que, na miña opinión, fixo GFK, en solitario, pois con WTC sacou cada temazo que… Pero non nos desviemos do tema, deste disco hai que destacar o single Stappleton Sex, un tema satírico, pero con linguaxe explícita, ao igual que o resto das cancións; aínda así, se es capaz de soportalo, vale a pena escoitalo. Por último, a portada do disco deixa claro que tipo de contido vai ter. Esta é a portada da versión explícita, tamén hai á venda unha censurada, pero as cancións perden moito censuradas.

Saímos un pouco do rap para analizarmos o novo traballo dos irlandeses Muse. Deste álbum, chamado The Resistance, teño que dicir que me deixaron abraiado ese son e eses ritmos pegadizos. Era a primeira vez que escoitaba a Muse, e ese tema é Uprising, o single, que pareceume impresionante, e iso que non é o meu tipo de musica.O seguinte tema que escoitei foi o que dá nome ao disco, The Resistance, e de novo sentín ese formigo, pois é tamén pegadizo e incluso emotivo. Así que, se podedes e vos gusta ese tipo de música, una especie de rock suave pegadizo, comprádeo. Outro punto a favor é o acertado deseño da portada,impactante e inquietante, como o son das cancións que contén.

48


Entramos de novo no rap, para comentar un album que non é novo, pero que na súa época foi un bombazo, tratase do disco dos barceloneses Magnatiz, e o nome deste é A Puerto. Neste traballo cabe destacar o tema Ciudad Maravilla, con ZPU,MC tamen barcelonés, xa que é un vivo retrato de todos os aspectos e zonas da cidade condal, ademais de que ten un bo ritmo e é moi entretida, insisto, na miña opinión. Este CD tamén ten contido non apto. A portada é un deseño moi acertado, tendo en conta as letras duras e reais, e o titulo do disco.

Por ultimo, para rematar este breve percorrido, finalizareino comentando un disco de un grupo de metalcore, chamado In This Moment, o primeiro deste grupo estadounidense, de nome Beautiful tragedy. Este disco recae sobre o lado melódico do metalcore, mesturando voces limpas, cos típicos guturais (gritos) do heavy. Salientarei dúas cancións que para min destacan neste disco: Prayers e unha incluída de bonus track chamada Have no fear. Respecto á primeira direi que é case toda gritada, con pequenas partes cantadas con voz limpa; a segunda esta repartida máis ou menos a partes iguais, e mantén o equilibrio perfectamente, polo que é unha canción moi recomendable. Ademais, a portada ten un deseño que expresa perfectamente o contido do disco.

Denís Nerga García

49


PASATEMPOS • Busca na seguinte sopa de letras doce nomes de animais:

Atopa no seguinte cadro: catro nomes de escritores galegos, catro nomes poucos usados da lingua galega, catro nomes de animais domĂŠsticos e catro nomes de animais salvaxes.

50


Atopa as sete diferenzas:

51


Realiza o seguinte sudoku: SUDOKU: Enche as casiĂąas en branco cos nĂşmeros que faltan do 1 o 9 sen repetilos para completar as filas, columnas e celas.

52


ATOPA AS 7 DIFERENZAS

CADRO NUMÉRICO: Enche os cadros en branco cos números apropiados, de modo que resolvendo as operacións que se especifican, se poidan obter os resultados que se solicitan. -

+ +

=7 +

5 x

=3

-

:

+ =6

: =2

=5 =4

53


· Olimpiada Artúrica: sete diferenzas.

· Criptograma. #¿ ^>#ç$ç<¿< <> $¿<¿ &%? %? $?%-ç-¡> >% >- ¡ ? % ç > % ¿ ¨& > # # ? - ç % ? > % $ ? % - > % ¡ ç ! / @ ? + ¿ ! $ ¿ < ¿ & % ? # ? ¨& > #> ¡ ç > % >. Baltasar Garcián Pistas: #=L %=N >=E <=D -=S =Q ¡=T != R + =Z /=Y

$= C

¿= A ? = O ^= F

54

ç=i

&=U

@= G

¨


· Picross. Instrucións: colorea os cadros tendo en conta o número tanto dos verticais como dos horizontais e farás una imaxe. Pista: ten forma de barco

Viñeta final.

Antes diso, sorte na selectividade e nos exames finais. Ata o vindeiro ano, e lembrade que “Arando Cedo saberá o que fixestes este verán” (de novo, A Redacción)

55


Arando Cedo  

Revista escolar do IES María Soliño

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you