Page 1

“Non interesa ler moitos libros, senón bos libros.” Séneca

Biblioteca IES Rafael Dieste

VERÁN 2010


GUÍA DE LECTURA DE VERÁN

1º DA ESO 2º DA ESO

Un can de palleiro narra as aventuras que compartiu con Ulises. ¿Trátase do famoso heroe grego? Si, pero segundo este can Ulises non era grego senón galego, concretamente do Xobre, unha antiga vila de pescadores que hoxe forma parte da Pobra do Caramiñal. Pere Tobaruela

Unha historia marabillosa con Venecia como telón de fondo, onde o Señor dos Ladróns lidera unha panda de rapaces entre os que se atopan os irmáns Próspero e Bo, que son perseguidos por un detective que nunca consegue atrapalos, contratado pola súa tía. Esta historia entrecruzarase coa doutros dous irmáns anciáns que agachan un tiovivo con propiedades máxicas ao que lle falta unha peza para funcionar, que lle encargan atopar ao Señor dos Ladróns. A través destas fábulas e cun gran sentido do humor, Irigoyen transmítenos aventuras da vida cotiá, situadas en Grecia, que vos entusiasmarán. Ata Esopo aparece como personaxe. Somos animais humanos e podemos aprender moito dos nosos parentes os cans, os leóns, as anduriñas…


Esta novela , que foi Premio Lazarillo 2009, conta unha historia que “acontece na pequena vila francesa de Auvers, na ribeira do río Oise durante sesenta e nove días do verán do ano de 1890 e está protagonizada polo rapaz do lenzo que acompaña ao pintor do sombreiro de malvas...", como explica o autor, Marcos Calveiro.

Afganistán. Inverno de 1975. Amir proponse gañar a competición anual de cometas sexa como sexa. Ten que lle demostrar a seu pai que xa é un home, aínda que teña que traicionar a Hassan, un rapaz da súa idade que o defendera e coidara dende pequeno. Mais Amir non sabe que se achegan momentos terribles para el e o seu país e non esquecerá nunca que eses días perdeu para sempre ao seu amigo.

Xoel é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra. O protagonista vivirá aventuras incribles cos seus amigos, que o levarán a descubrir lugares e segredos inesperados, grazas a unha persoa anónima que parece sabelo todo del.


GUÍA DE LECTURA DE VERÁN

3º DA ESO 4º DA ESO

Selección de poemas de amor de autores españois e iberoamericanos dividida en cinco partes dependendo do tema elixido: o descubrimento do amor; o desamor e as súas penas; o achegamento ao pasado; a paixón e finalmente os romances tradicionais. Para ir descubrindo autores e poemas de amor fundamentalmente do s.XX.

Carme, estudante de violín de dezasete anos, busca compañeiros para formar un cuarteto e dar concertos. Carla, Celia e Cloe responderán ao anuncio: xuntas compartirán durante un tempo alegrías, tristezas, desexos e decepcións, á vez que descobren a historia que envolve a "Sonata de amor" do compositor e pianista Glen Gondelier.

A historia da lingua galega do ilustrador Pepe Carreiro é unha narración rigorosa, sintética, amena e chea de humor da nosa lingua, paralela a unha exposición sobre o mesmo tema. Seguro que o pasaredes moi ben léndoa ao tempo que aprendedes os avatares que tivo que pasar a nosa lingua ata o día de hoxe.


"Entonces el abuelo me contó unas cosas increíbles. Me explicó maneras de llegar a la verdad de cualquier tema, no sólo sentándote a pensar en ello como Aristóteles (un señor griego, listo pero confundido), sino saliendo a mirar con tus propios ojos; me habló de hacer hipótesis e idear experimentos, y de comprobar mediante observación y llegar a una conclusión."

Eduardo Lago, gañador do premio Nadal 2006 con Llámame Brooklyn, reaparece con estes contos marabillosos que un escritor introduce en internet para propoñer un pacto de lectura. Sophie acepta o reto convencida de que se trata dunha persoa que ela coñece, e recibe por correo electrónico uns relatos que como mapas misteriosos a van levar a iniciar unha viaxe por África, India, Rusia, N. York, París… da man de personaxes coñecidos do cine e a literatura.

O Hobbit é o primeiro libro publicado por JRR Tolkien. Nel aparecen xa os lugares e os personaxes que aparecerán posteriormente n’O Señor dos Aneis: Bilbo, Gandalf, Sauron, a Terra Media… Aquí Gandalf e os ananos capitaneados por Thorin veñen buscar ao hobbit Bilbo para que os acompañe nunha aventura: a percura do tesouro da Montaña Solitaria, propiedade dos antepasados dos ananos. O grupo terá que enfrontarse a moitos perigos e loitar contra trolls, trasgos, wargos e outros seres diabólicos para acadar a paz soñada e poder regresar de novo ás súas casas.


GUÍA DE LECTURA DE VERÁN

1º E 2º DE BACH.

Un libro para perderlle o medo á poesía. O prólogo que o autor, o tamén poeta Antonio Colinas dirixe ao lector, comeza con estas palabras: “Tienes, amigo lector, entre tus manos una música”, e finaliza dándonos un consello: “haz el grato esfuerzo de aprender de memoria algunos de los poemas aquí recogidos…Al hacerlo habrás logrado que la música del texto y la sabiduría de su mensaje pasen a ti.” A partir dun suceso real que conmocionou o Vigo dos anos 70, o escritor-protagonista vai presentando ao lector as miserias e contradiccións da sociedade viguesa dos últimos anos do franquismo. Unhas páxinas cheas de intriga, humor, orixinalidade e constantes referencias cinematográficas.

Neste libro Delibes de Castro denuncia que as transformacións do chan son as responsables da terceira parte do efecto invernadeiro e do cambio climático e manifesta que o desafío a nivel mundial é “conservar una naturaleza funcional para que nuestra vida, también la económica, pueda seguir más o menos como hasta ahora” e destaca que a conservación da natureza non debe considerarse como “un capricho o un lujo, sino como un requisito imprescindible para mantener nuestro modo de vida.”


Cristóbal, un rapaz que leva unha vida máis ou menos tranquila, coñece un día a unha rapaza chamada Daniela que lle conta unha desconcertante historia de amor á que a morte pon punto e seguido. A partir dese momento Cristóbal vaise converter sen pretendelo en protagonista desa historia, a reencarnación dun rapaz que viviu hai vinte anos unha apaixoante historia de amor cunha rapaza que se suicidou ao día seguinte da súa morte. Incrédulo, comeza a investigar, e pouco a pouco vaise ver atrapado por uns sentimentos que o conducirán a sentirse enganado. Un incrible desenlace vaino axudar a madurar e a definir o seu futuro.

Unha das novelas máis destacadas do s. XIX. Recrea o mundo violento, sensual e cheo de contrastes sociais e culturais do campo galego a través duns personaxes trazados a cincel.

UN CLÁSICO

Penélope despois de agardar polo home durante once anos, recibe unha carta dunha misteriosa muller chamada Circe na que lle di que o seu home está a vivir con ela un apaixonado romance, e que lle escribe porque non podería ser feliz de non facelo. A partir dese momento inician unha relación epistolar na que falan e reflexionan tamén sobre outras mulleres famosas como Helena, Medea, Andrómaca… que provocará unha serie de cambios nas súas vidas.


A biblioteca do IES Rafael Dieste deséxavos un bo verán lector. lector

Guía de lectura verán 2010  

catálogo de libros

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you