Page 1

TÍTULO: LA VUELTA AL MUNDO EN 28 E-MAILS. AUTOR: STEFANO BORDIGLIONI EDITORIAL ALMADRABA

¿Gustaríache facer unha viaxe de varias semanas? Fabrizio pode: seu pai, que é periodista, lévao a unha longa viaxe na que experimenta cousas sorprendentes e extraordinarias. Cando pode, envía un e-mail aos seus amigos Sara e Giulio desde sitios cada vez máis afastados, e intercambia con eles unha correspondencia dixital inxeniosa e divertida.

TÍTULO: JIM BOTÓN y Lucas el maquinista AUTOR: MICHAEL ENDE EDITORIAL NOGUER

Jim, un neno tan negro coma a ferruxe, chega nun paquete ao pequeno país de Lummerland. Cando Jim medra, marcha co seu amigo Lucas o maquinista e a súa locomotora. Na viaxe agárdanlles un sinfín de emocións e aventuras e coñecerán aos seres máis extraordinarios.

TÍTULO: O MOSTRO DAS PALABRAS AUTORA: MARÍA REIMÓNDEZ EDITORIAL XERAIS

Alba e Lela chegan máis tarde á escola e atópanse con que xa están todos os nenos e nenas, mais ninguén fala. Nese momento chega a mestra e lles di que todo indica a chegada do monstro. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa “normal”, que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. Unha reflexión sobre o valor da lingua propia e a necesidade de defendela.

TÍTULO: CONTATRÁS AUTORA: PAULA CARBALLEIRA EDITORIAL POSITIVAS

Trátase dun conxunto de poemas afastados da convencional poética infantil cunha gran carga narrativa. Comeza coa viaxe sen límites…

TÍTULO: KE-TUMBA KE-TAMBA AUTOR: XERARDO QUINTIÁ EDITORIAL GALAXIA

Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios TaramBainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro.

TÍTULO: FÁBULA GALÉNICA AUTOR: IGNACIO VILARIÑO BAÍA EDICIÓNS

Fábula galénica, onde «hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais», conta as aventuras do burro da tía Lola, personaxe inmortalizado polos gaiteiros Os Dezas de Moneixas no pasodobre do mesmo nome.

guía verán 2º ciclo  

guía verán 2º ciclo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you