Issuu on Google+

aventura: aventura s. f. 1 Suceso estraño e perigoso que lle acontece a alguén.2 2.fig. empresa de éxito dubidoso ou arriscado; que ofrece perigo.

Ola: Debido a outra maldade de Poucasmigas Malababa teño que partir de viaxe. E non é unha viaxe calquera . É unha viaxe ao pasado. Voume á época dos petróglifos. Con Urg o troglodita. É longa a historia e teño présa. Pura aventura. Contaréivola por capítulos . Na miña ausencia … varias misións ou asuntos:

ASUNTO ANTROPÓNIMOS DO CEIP A DOBLADA

Busquets, Pomar, Pumares, Couselo, Oliveiras e Pereiras, Soutos e Outeiros e Flor e Silveiras e Da Silvas. Todos os que nos anotamos nas cartulinas da entrada beige sabana entregade aos titores e titoras un folio co teu apelido e o que significa explicado cun debuxo e cunhas poucas palabras. Tamaño folio. Seredes recompensados. ASUNTO OS TOPÓNIMOS DE GALIZA

O mapa de Galiza —tan azul e branco— está mudo, á espera dos topónimos do bosque : Carballo, O Carballiño, Tomiño, Fornelos de Montes… Hai centos. Localizádeos no mapa sobre papeis verdes e amarelos e buscade máis dos que vos propoño nesta misiva. Teño présa. A clase que máis topónimos localice, tamén terá agasallo. Polo que na tarxeta do topónimo, deberedes escribir o curso que o localizou.


ASUNTO PETRÓGLIFOS: CONFERENCIA

Este xoves día 3 vén ás 10 Xosé Lois Vilar a falarnos desas pegadas que deixa a historia nos nosos montes: 0s petróglifos. Por causa deles e da pérfida Poucasmigas volto eu ao pasado. Xa vos contarei.

BONSAI DE OLIVEIRA: OLIVEIRA:

Saíronlle follas á pequena oliveira. Teremos olivas para a primavera? Haberá colleita pasado o verán? Vexo un labirinto, unha espiral. Voume.

Muaaaaaaaaaaaaaaaaaac RATo



carta despedida rato