Page 1

Bonsai: (De orixe xaponesa) Pranta ornamental sometida a unha técnica de cultivo que impide o seu crecemento mediante o corte de raíces e a poda de ramas.

Este Nadal

todo foi de marabilla, pero o día 5 complicáronse as cousas. O

repiqueteo da choiva no chan espertou á que vive nunha historia

Poucasmigas Malababa, unha bruxa

que hai na biblioteca. A

Malababa non lle chista ver como os demais gozan e,

Poucasmigas

facendo uso das súas

malas artes xaponesas—hai malas artes en todas partes—, estraga todo cunha vara de lata. Viña eu da cabalgata mollado, pero contento co paraugas dobrado e cheo de caramelos para vós, cando unha luz verdiazulada iluminounos: a min e ao paraugas e aos caramelos e ás paredes da biblioteca até mudarlle as cores, como comprobaredes. Despois, oíuse unha gargallada tremenda e pataplaf: todos os caramelos, confeti se volveron. Confeti enorme, porque esa risotada maligna era cousa de

Poucasmigas, e ela

todo o fai ao grande ou ao

pequeno, como veredes máis adiante. A noite de Reis, as criaturas fantásticas imos cedo a cama para ver os agasallos canto antes. Canto antes te deites, antes che reparten os regalos. Ese é o noso lema. Pero …, aquela noite había algo que non nos arrastraba ao leito; algo pasaba e non era a choiva. As criaturas fantásticas galegas non tememos a choiva. Forma parte de noso, como o mar, o verde da herba, e as vacas e as ovellas apegadas a ela.

Poucasmigas Malababa estaba

desatada. Ese era o problema. Xa non había quen durmira. Pero os Reis chegaron a pesares da nosa vixilia e de Poucasmigas, deixando unha árbore enorme á porta da escola. Cando se foron, a pérfida

Poucasmigas Malababa encerrouse coa árbore

nunha pompa que fixo cun moco do nariz (é realmente noxenta). Alí pechada, convertiu aquela árbore enorme nun diminuto bonsai cunhas tesoiras de cristal e a vara de lata. Poda que te poda, acelerou o tempo e fixo que pasaran oito longos anos nun instante entre lóstregos e tronos verdiazulados. Cando se aburriu, rompeu a pompa e saiu voando coa risa.


—Non queriades unha árbore, aínda que fose pequena? Pois aí a tendes— e nun plisplásxanonestás desapareceu.

Que fariamos cunha árbore nova? Temos uns xardíns tan pequenos … Como temos espírito positivo, vemos as cousas desta maneira.

Poucasmigas fíxonos tres favores sen querelo:

1 2

PINTOU A BIBLIOTECA POR DENTRO.

OS CARAMELOS ESTRAGAN OS DENTES E O CONFETI XIGANTE É MOTIVO DE FESTA.

3

APRENDEREMOS A COIDAR UN

BONSAI, LENDO AS INSTRUCIÓNS.

OS BONSAIS SON DELICADOS E REQUEREN UNHAS ATENCIÓNS ESPECIAIS, COMA TODOS OS SERES VIVINTES. DÚAS COUSAS DE NADA. DAREMOS INSTRUCIÓNS ÁS CLASES QUE QUEIRAN COIDALO.

Se a túa clase e titor/a queredes participar no coidado desta árbore especial, anotádevos no papel da entrada contestando a esta pregunta :

A árbore, que nos regalaron os Reis e que converteu Poucasmigas en bonsai, é unha versión reducida dunha das árbores dos xardíns do colexio. Recoñecerédela polas follas e polas pólas. Cómo se chama? Na saída a San Roque, Eva, a nosa guía, falounos desta árbore.

Rato

carta 5 Poucas migas  

carta do rato

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you