Page 1

AS ROCHAS ROCHAS SEDIMENTARIAS Denomínanse así ás rochas que están formadas a partir de sedimentos, que son fragmentos arrincados das rochas mediante meteorización e erosión. Estes sedimentos acumúlanse en zonas denominadas concas sedimentarias, nas cales se dispoñen formando capas horizontais chamadas estratos. Os sedimentos transfórmanse en rochas mediante un proceso denominado diaxénese. Clasifícanse en: Rochas detríticas Formadas a partir de sedimentos orixinados mediante un proceso de meteorización. Estes sedimentos son transportados ata áreas nas que experimentan un proceso de diaxénese converténdose en rochas. Clasifícanse en función do tamaño do sedimento que as constitúe. 1. Conglomerados: están formados por sedimentos tamaño grava, cementados. a. Brechas: os grans non están desgastados b. Pudingas; os grans non están desgastados 2. Arenitas 3. Arxilas Rochas non detríticas Fórmanse a partir de sedimentos disoltos en auga que precipitan debido a distintos procesos. •

Rochas carbonatadas ou orgánicas: están constituídas por carbonatos.

1. Caliza •

Rochas evaporíticas: fórmanse pola precipitación de sales disoltas en auga cando esta se evapora.

1. Xeso 2. Sal •

Rochas organóxenas: son rochas que teñen un gran interese económico debido ao seu poder calorífico. Fórmanse a partir de restos de materia orgánica que quedan somerxidos en auga e son fermentados. Se o proceso ocorre no continente

1


fórmanse os carbóns (a partir de restos vexetais) e se ten lugar no océano fórmase o petróleo (a partir de algas). 1. Carbóns: canto máis antigos son maior é o seu poder calorífico. TURBA → LIGNITO → ANTRACITA 2. Petróleo

ROCHAS MAGMÁTICAS OU ÍGNEAS Son as rochas que se forman cando se arrefría e consolida o magma. O magma é rocha fundida que contén gases disoltos. Poden ser volcánicas, cando o magma se solidifica na superficie terrestre, ou plutónicas cando o magma se consolida lentamente en profundidade. As rochas ígneas plutónicas obsérvanse na superficie cando as rochas situadas sobre elas son eliminadas pola erosión. Rochas volcánicas Son rochas que se forman cando a lava (magma sen gases disoltos) se arrefría na superficie terrestre ao saír a través dun volcán. Este magma arrefríase tan rápido, que os átomos que o constitúen non teñen tempo para ordenarse, por iso non se forman cristais, ou se os hai, son tan pequenos que non se distinguen a simple vista. As rochas volcánicas máis importantes son: 1. 2. 3. 4. 5.

Basalto Pumita ou pedra pómez Obsidiana Lava Lapilli

Rochas plutónicas As rochas plutónicas son aquelas rochas magmáticas que se orixinan a partir de grandes masas de magma que se arrefriaron lentamente en profundidade. Estas masas de magma denomínanse plutóns de aí o seu nome. Tamén se denominan intrusivas, xa que o magma do cal proveñen intrúe noutras rochas existentes e consolídase entre elas. Están formadas por minerais que constitúen cristais visibles a simple vista, xa que o magma se arrefría lentamente e iso permite que os átomos que o constitúen se coloquen de xeito ordenado formado ese cristal. As rochas plutónicas máis importantes son: 1. Granito 2. Sienita

2


3. Peridotita 4. Gabro Rochas filonianas As rochas filonianas son aquelas que se forman cando o magma ascende á superficie e se introduce en gretas onde se vai arrefriando en contacto coas rochas da codia, máis frías. O filón é un tipo de plutón de forma tabular e paralelo aos estratos da rocha na cal se introducen. Segundo o tamaño dos cristais que forman a rocha existen os seguintes tipos: 1. Pegmatita 2. Pórfido 3. Aplita ROCHAS METAMÓRFICAS As rochas metamórficas son aquelas que se forman a partir dun proceso chamado metamorfismo. O metamorfismo é un nome moi apropiado para este proceso xa que significa literalmente "cambio de forma". O metamorfismo é un proceso que afecta á textura (forma, tamaño e organización ou disposición dos minerais) e ao tipo de minerais, pero é un proceso isoquímico, xa que a composición química global da rocha permanece invariable. Son tres os factores que condicionan o metamorfismo: o tipo de rocha, a presión e a temperatura. Calquera tipo de rocha pode experimentar un proceso metamórfico e dar lugar a unha rocha metamórfica: tanto as rochas sedimentarias, como as magmáticas e mesmo as metamórficas, poden orixinar rochas metamórficas. Rochas sen orientación Posúen cristais que se aprecian ben pero non aparecen orientados. 1. Cuarcita: orixínase a partir de rochas detríticas areníticas. 2. Mármore: orixínase a partir de rochas sedimentarias carbonatadas. Rochas con orientación Están formadas por cristais orientados no mesmo sentido formando láminas. Dentro deste tipo de rochas distinguimos dúas series metamórficas que se orixinan a partir de distintos tipos de rochas: •

Cando as rochas que experimentan o metamorfismo son rochas sedimentarias arxilosas orixínanse as seguintes rochas metamórficas:

LOUSA → XISTO → NEIS → MICACITA

3


1. 2. 3. 4.

Lousa Xisto Neis Micacita

Cando as rochas que experimentan o metamorfismo son rochas magmáticas básicas, orixínanse as seguintes rochas metamórficas: XISTO VERDE → ANFIBOLITA → GRANULITA → ECLOXINA

1. 2. 3. 4.

Xisto verde Anfibolita Granulita Ecloxita

4

As rochas  
Advertisement