Page 1


Pereiro no Rosal


Este libro deseñouse para o Obradoiro de Encadernación Poéticamente Correcto impartido por Casamanita Cartoneira, organizado polo Departamento de Normalización Lingüistica do CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal. Este libro está composto por poemas de Lois Pereiro e por poemas creados polos alumnos a partir de textos do propio Lois Pereiro. As cubertas dos libros, as ilustracións e a encadernación (de maneira artesanal e con materiais de refugallo), correu a cargo do alumnado deste centro.

Casamanita Cartoneira (Galiza, México DF, El Salvador) Maquetación Eva Cabo de Casamanita Cartoneira Ilustradores

Primeira edición, Casamanita Cartoneira, Galiza 2011 http://www.casamanitacartonera.blogspot.com


Pereiro no Rosal

Cogumelos 3

Casamanita Cartoneira (MĂŠxico, El Salvador, Galiza) Galiza, 2011


Lois Ánxel Sánchez Pereiro Naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Estudou nos Escolapios ata os 18 anos. Logo viaxou a Madrid para estudar Ciencias Políticas e Socioloxía aínda que acabou cambiando e estudou francés e alemán na Escola Oficial de Idiomas. Alí coincidiu con outros escritores como Manuel Rivas, Menchu Lamas ou Fermín Bouza. Con eles fundou a revista Loia. Con 25 anos decide viaxar por Europa coa súa moza Piedade Cabo. De tren en tren van pasando por Berlín, Praga, Dublín... na busca dos seus heroes literarios e musicais. Sufriu unha intoxicación con aceite de colza adulterado, e a enfermidade acompañouno ata o día da súa morte. No 1981 regresa á Coruña. Alí entra en contacto cos poetas do grupo Amor e dDesamor como Miguel Anxo Prado, Fernán-Vello, Pilar Pallarés... Gaña o premio de poesía “O Facho”. Nos anos seguintes traballa como tradutor de filmes e como guionista da TVG. Introdúcese no consello de redacción da revista La Naval e nela publica varios artigos comprometéndose coa loita dos traballadores do metal, na época da reconversión. Colabora coa revista Luces de Galiza. Alí publica o ensaio político Modesta, no que fai unha crítica á infancia facendo referencia á súa ideoloxía anarquista. Nos anos 90 publica os seus dous libros: Poemas 1981 – 1991 Poesía última de amor e enfermidade. Finou na Coruña en maio do 1996. Neste ano adícaselle o Día das letras Galegas.


Abecedario


Poemapas para atopar a Lois Os textos en cursiva son creaci贸n dos alumnos a partir dos versos de Lois Pereiro que aparecen ao principio.


Calculou ben o impulso e deu o salto forzando a resistencia do tempo recluído nas súas sombras

Non mirou cara a atrás para non ter que chorar. Seguiu cara a adiante, pero sen tropezar coa realidade. Comezou a decatarse da dura verdade; decatouse da vida pola que un se guía. Superou doadamente o valado dos soños da súa amada e penetrou naquel xardín alleo co seu inferno dentro e sen máis nada. 3º ESO A


El xa non sentía nada alí deitado e ela tampouco ó velo. Preguntouse se o amara algunha vez mentres vía o seu sangue a caer na alfombra que ela, sempre ela, tería que limpar cando o levasen.

Nin bicos, nin agarimos, nin apertas. Cada vez a pel púñase máis branca manchando cada vez máis a alfombra que tiña que limpar, coma se fose un destino negro, sen final chorando pola escuridade. 3º ESO B


Cartografía Cal morto xa ou vencido falo sen min e durmo no desastre.

Alí enterrado, afogado polo aburrimento sentado nunha cadeira, alí, pensando nela. Escura sombra 3º ESO B


Cartografía Cal morto xa ou vencido falo sen min e durmo no desastre

Cal vivo xa ou perdido non coñezo vida sen ti

Xeografía Cal vivo onte xa morto hoxe soña esperto fala durmido 4º ESO LATÍN


Calculou ben o impulso e deu o salto forzando a resistencia do tempo recluído nas súas sombras.

Mirou o seu corazón cara a un mundo novo e imaxinario e sentiuse coma un rato, colleu o queixo e marchou bulindo. Ámote, roquefort e eu a ti uva de viña. E empurrou a porta para abrila, quedou durmido no medio da alfombra cara a un lugar moi lonxano sorteando a vida e a morte, cara a un lugar solitario. Superou doadamente o valado dos soños da súa amada e penetrou naquel xardín alleo co seu inferno dentro e sen máis nada.

4º ESO LATÍN


El xa non sentía nada alí deitado e ela tampouco ó velo. Preguntouse se o amara algunha vez mentres vía o seu sangue a caer na alfombra que ela, sempre ela, tería que limpar cando o levasen.

Descansara xa quedou durmido, quedou calado alí, pero soñaba con ir no cabalo e ir co cabelo solto ao vento, polo prado verde e encantado. Só soñaba a túa vida xunto a min deitada. 4º ESO LATÍN


Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar no que eu repouse enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria

Non vos apenedes pola miña morte, xa que estou facendo o que máis me gusta (nada). 3º ESO B

Isto si que é vida. 3º ESO B

O día que estea aquí dentro, non veñades chamar, por moito que eu queira, non me poderei levantar. 3º ESO B

Cando eu estea morto quixera que me levasen ao lugar ao que tardei unha vida en chegar. Díxenvos que estaba enfermo e non me fixestes caso, e así me vedes, aquí morrendo. Cando eu estea morto quero que me cantedes, todos xuntos, “RIP – RIP – HURRA”.


Perdoa que non me levantE, pero saber morrer costa a vida e despois de cada caída, os mortos son xente fría. 4º ESO LATÍN


Amarte, vida, amarte case sempre inda que sexas dura e leves entremedias piedade e odio intermitente

Amarte, vida, amarte case sempre por anos e anos sempre inda que outro amor me tente Amarte, vida, amarte case sempre por séculos e séculos sempre o meu corazon amor por ti desprende Amarte, vida, amarte case sempre por milenios e milenios sempre quererte e quererte é o meu deber permanente Amarte, vida, amarte case sempre.... Oscar Cuntín Jennings Pereira Rodrigo Piñeiro Fernando Rodriguez 2º ESO


Amarte vida, amarte case sempre Non quero ocultarche algo sobre min. Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo que sobrevivise. Estou tendo un soño repetido, deixei unha viaxe sen retorno. Debe ser que estou morto. Erik de la Santísima Trinidad Iván Fernández Manuel Martínez Raúl Martínez 2º ESO


Debe ser que estou morto e esa sería a causa de que agora me vexa desde enriba a catro ou cinco metros de distancia da miña propia vida.

Neste mesmo intre, hai un home que sofre, un home torturado tan só por amor. Ignoro onde vive, que lingua fala, de que cor ten a pel, como se chama... Pero neste mesmo intre, cando os teus ollos len o meu pequeno poema, este home existe, berra, pode oír o seu choro de animal encerrado mentres morde os seus beizos, para non denunciar os amigos. Daniel Fernandes,Natalia González Adrián Lorenzo, Andrea Rocha 2º ESO


Debe ser que estou morto e esa sería a causa de que agora me vexa desde enriba a catro ou cinco metros de distancia da miña propia vida.

Xa non hai constancia despois da miña fuxida. Xa foi collendo distancia a miña pobre alma doída mais xa foi collendo estancia o outro lado da miña vida. Xa non me queda descendencia ali abaixo onde eu vivía agora estou aquí apodrecendo día a día xa que o corazón me doe como antes non me doía. Juan Carlos Areal, Andrea Martínez, Samuel Sobrino, 2º ESO 






















ACRÓSTICO Máis alá da vida Onde o sol Reloce por sempre, Terás amor Eternamente. Voando polo ceo Imaxinando o final Do camiño sen regreso, Aproximándose á escuridade. Sentimentos que desaparecen Enxaugados de bágoas, Noites escuras de dor e Tristeza, pensando en ti, Intentando volver sentir as Razóns de vivir. Breves recordos Achéganse a min mentres Gotean bágoas amargas Ao lado da miña alma que Anhelaban o desexo de Sentir un amor esquecido. Tania Mariño, Irene Pérez, Miriam Alonso, Sandra Sobrino, Patricia Rodriguez 4º ESO


Debe ser que estou morto e estou vivindo un soño repetido. A muller que teño detrás obsérvame polo espello que hai xusto diante miña. Como a visión dun soño fracasado, cun roce de plumas, levemente desaparecía cun rumor minguante. Debín morrer daquela, aínda que respiraba e seguía vivo. Un segundo antes de renderme souben que debería ter sabido amar a vida inda que esta sexa dura. Juan Adrover Antonio Portela Sara Rodríguez 4º ESO


Debe ser que estou morto Esa seria a causa De que me vexa dende enriba A catro ou cinco metros de distancia Da miña propia vida.

Nos máis fríos invernos E nos máis calorosos veráns A morte preséntase sen temperatura Ata nos máis bonitos seráns Agora, sempre, xamais ninguén xa me atenderá Eu xa na miña caixa, sen vida Coma unha flor vella e envellecida Ninguén me recordou en dez anos E ninguén me recordará despois deste día Só quero estar na vosa memoria e que recordedes que existía. Alejandro Baz, Oscar Rodríguez, Cristian Martínez , Moises Sobrino , Guillermo Piñeiro 4º ESO


Cartografía Cal morto xa ou vencido falo sen min e durmo no desastre Deberá ser posible facer mapas

de Europa aburrida, de galiñas, de África cando é noite, de todo o mundo, dun mundo imposíbel sen nome, de circuítos de caracois, dese horrible lugar, de cemiterios, dun mundo máxico, dun mundo paralelo, dos meus soños soños durmidos? De planetas diferentes, de pel silvestre, dos países soñados. 1º ESO B


Revisando danos A man dereita á dereita do corpo, a man esquerda á esquerda. En plenas facultades, teño a cabeza no centro do mundo

e a boca no medio a bondade en todo o corpo o corazón a cen revolucións o pescozo suxeita a cabeza pelo afro, coma sempre pero non sei que lle dar de comer os ósos no seu lugar os músculos non están moi ben as orellas ao lado da cabeza. A lingua ao lado do ollo? E a cabeza no seu sitio non teño feridas nin moratóns aquí estou, todo enteiro poderei estar morto? Non o creo. Non é imposíbel pero tampouco críbel estou morto ou vivo? Merezo morrer xa? Seguro que non o merezo! O corazón a 120 Km/hora e... 1º ESO B


Lembro o costume Lembro o costume de bailar cando se sae dunha botella.

Entón doume conta de que a miña vida é triste e amarga porque non me recoñezo de tanta música e vou de vacacións nun verán de calor. Ao chegar volvo ao frío inverno que non me deixa durmir tranquilo hai que horror! O ruído! Con tanta neve é mellor quedar na casa. 1º ESO A


En Góo En Góo insectos de prata auga do ar mans invisibles tecen o ceo en gris

Na Cunchada, Un can veu hai sete anos. En Tamuxe podo ulir a tranquilidade. En San Miguel de Tabagón, vén o calor. En Marzán, monte, monte, monte e máis monte. En Burgueira, hai tranquilidade. En Novás, os cans ladran. A tranquilidade é abundante. En Fornelos, a tranquilidade non se escoita desde hai moito tempo. Compartir momentos. En Sandián, moitos campos, poucas casas.


En Martín, soan as fervenzas.

1º ESO A


En Góo En Góo insectos de prata auga do ar mans invisibles tecen o ceo en gris

En Novás descansar na beira remollando os pés escoitan a auga remoer. Na Guarda no porto, na gamela, na beira do mar. En Pías, río, parque, pontes, pasear. En Tabagón só se volta no crepúsculo. No Rosal o vento rompe o teito. En Fornelos un cuarto de tranquilidade. En Goián, entrar na casa. En Couselo, as follas choven ao camiño. En Burgueira herba de verde perfecto. 1º ESO C


Despois do tempo frío sabes que estamos perdidos

Unha xeada conxeloume o corazón. Despois do tempo frío, a guerra chegou a Rusia. Non hai ningún silencio: vén a boa tronada, o cálido verán, a xente por fin sorrí. Acaba o inverno. Empezan a caer as follas. Veñen a calor e os ríos ruidosos. e queda o silencio en guerra.

1º ESO C


Casamanita Cartoneira Somos un proxecto editorial que conta coa participación, de mexicanos, salvadoreños e galegos. A Casamanita é un espazo de coincidencia, un cruce de vieiros máis alá do lugar onde nos atopemos, un seguir estando sin estar, un xeito de levarnos o que queremos a outra parte. No noso camiñar itinerante polo mundo parécenos unha alternativa ideal para que a poesía circule libremente dun lugar a outro, e así poder crear libros independientemente do sitio no que esteamos, aproveitando os materiais que estean ó noso alcance en cada momento. Contamos con catro coleccións de poesía, todas elas bautizadas con nomes de especies de cogumelos. ¿Por qué? Porque son unha desas cousas que se reproduce en calquera lugar sin importar as fronteiras, igual que a poesía. Amanitas, poesía en lingua española. Paneolus, poesía híbrida (traduccións ou poesía multilingüe). Chantarelas, poesía en lingua galega. Cogumelos, poesía xuvenil.

Proxectos análogos Eloísa Cartonera (Arxentina), Santa Muerte Cartonera (México), Sarita Cartonera (Lima, Perú), Animita Cartonera (Santiago, Chile), La Cartonera (Cuernavaca, México), Yiyi Yambo (Asunción, Paraguay), Felícita Cartonera (Asunción, Paraguay), Dulcineia Catadora (Sao Paulo, Brasil), Mandrágora Cartonera (Cochabamba, Bolivia), Yerba Mala Cartonera (A Paz, Bolivia), Matapalo Cartonera (Riobamba, Ecuador), Regia Cartonera (Monterrey, México), Cartonerita Solar (Neuquén, Arxentina), La Cabuda Cartonera (El Salvador), Patasola Cartonera (Bogotá, Colombia), Nicotina Cartonera (Santa Cruz, Bolivia), Katarina Kartonera (Florianopolis, Brasil), La Cizarra Cartonera (Santiago, Chile), La Propia Cartonera (Montevideo, Uruguay), LuzAzul Cartonera (República Dominicana), Atarraya Cartonera (Puerto Rico), Editorial Ultramarina Cartonera (España- México).


Este libro rematouse de deseñar en Casa Roxón, unha calurosa noite de maio, tras atravesar tres provincias da Galiza para chegar até aquí . Ceamos moito e no noso bandullo floreceu un rosal. Seguimos sen ter noticias de Gurb.


A quinta de Pereiro  

Antoloxía de textos feitos polo alumnado sobre poemas de Lois Pereiro

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you