Page 1

BIBLIOTECA IES MUGARDOS

MAIO 2012

AÍ VÉN O MAIO

A orixe dos maios A celebración dos maios ten, sen dúbida, a súa orixe na prehistoria. Marcaba o fin do inverno e o inicio do bo tempo e a colleita dos primeiros froitos. É unha celebración cíclica que posúe un carácter agrario e lúdico, e que deixou vestixios en casi toda Europa. Na Antigüidade Clásica xa existían datas fixas nas que se daba culto a divindades vencelladas á agricultura como Deméter, Ceres, Flora ou Maia. Para Alfredo Vicenti, a súa orixe podería ser grega ou celta. Segundo Fracer, en moitos pobos de Europa existía o costume de celebrar o primeiro día de maio adornando as portas das casas con flores ou ramos, portar grilandas, pedir polas casas e agasallar cun ramo ou decorar unha árbore con flores, ramas, ovos ... O cristianismo tentou impregnar esta festividade dun carácter relixioso adicando p.ex. o mes de maio á Virxe María ou á Invención da Santa Cruz. Caro Baroja fala de que nas Cantigas de Alfonso X existen “maias” que cantan aos beneficios que dispensa o mes.

Tipos de rituais Durante o ciclo de celebracións que pode abranguer desde mediados de abril ata mediados de maio ou máis tarde, atopamos dous tipos de rituais:

Rituais agrarios coa finalidade de asegurar unha boa colleita e protexer aos animais das enfermidades.

Rituais lúdicos coa finalidade de festexar o bo tempo e a aparición dos primeiros froitos.


Página 2

Os rituais agrarios consisten en poñer ramas de xesta nos aparellos de labranza, nos cornos do gando, nas cortes e nas casas; e na bendición dos campos, que recibe o nome de “alumear o pan”. Alfredo Vicenti fala de que na derradeira noite de abril “los labriegos de cada

lugar dan primeramente tres vueltas en derredor de las heredades propias sacudiendo sobre ellas las chispas de sus fachuzos y pasan en seguida la velada haciendo lo mismo con las ajenas”.

“Alumea Alumea o pan Maio humano

“ lume ó millo

Aluméao ben

lume ó millo

Alumea o pan

cada espiga seu ferradiño.”

Para o ano que ven Alumea o pai , Cada gran un toladán Alumea o fillo, Cada gran un pan de millo.” A noite do 30 de abril era en Europa central a Noite de Walpulgis, o momento favorito para expulsar as bruxas. Era costume percorrer os campos cunha rama de xesta ou codeso mollada en auga bendita. Esta crenza testemúñaa a seguinte copla:

“Cobras e sapos Bruxas e ratos Toupas e meigas Fóra das miñas veigas.” Dentro dos rituais lúdicos atopamos unha grande variedade:

Cruz de maio

Ramos de flores que se entregaban ás noivas (ás mozas de mal carácter podíaselles entregar toxos ou toros secos de verzas).

Arcos de flores por debaixo dos cales pasaba unha nena ou neno mentres os demais lle cantaban cancións alusivas ao inverno e á chegada do bo tempo. Estaban adornados con cintas, vimbio e flores. Poñíanse nos camiños.


Página 3

Cruces de maio.

Árbore de maio. Non é moi frecuente en Galicia, aínda que existen exemplos. Tratábase xeralmente dun bidueiro verde que os mozos roubaban e colocaban na praza da vila. A esta árbore se lle quitaba a codia e as pólas, e logo de adornala, bailábase arredor..

Os maios. maios Poden ser humanos ou figurativos: MAIOS HUMANOS :

Propios do Norte de Galicia. Xa están

desaparecidos. Un neno ou nena cuberto de hedras, flores, fiúncho vai pedindo unha recompensa pola súa actuación en forma de diñeiro ou lambonada (maiolas, noces, abelás). Tamén nalgún lugar de

Árbore de maio

Austria e entre os xitanos de Transilvania e Romanía existía a figura de “ Xurxo o Verde”, un mozo cuberto de arriba abaixo con follas verdes, figura principal da festividade de San Xurxo (23 de abril). MAIOS FIGURATIVOS :

Propios do Sur de Galicia. A súa orixe

está nunha árbore adornada que acabou convertíndose nunha figura cónica, que recorda a esta, pero que é movible e pode ser transportada mediante unhas andas. Trátase dunha estrutura de madeira recuberta de arpilleira e musgo, e adornada con restras de carabullos, flores, plantas (xesta, codeso, chorima, breixo) laranxas, ovos... Existiu tamén outra modalidade, os maios barco, definida por Filgueira Valverde como un tipo de barco engalanado e feito de cartón que, pola festividade de Corpus, percorría as rías de Pontevedra.

As coplas dos maios. Tanto nos maios figuraticos como nos humanos, cántanse coplas, pero o seu carácter é distinto. Nos maios figurativos, as coplas teñen un carácter agresivo, burlón ou irónico. Os cantos acompáñanse de golpes de paos que os mozos levan nas mans. A estrutura das coplas dos maios humanos consiste nunha breve introdución, seguida da descrición do maio e da petición e despedida.

O maio


Windows XP

“-Tíreno Tíreno--las maias/ Señora María/ tíreno tíreno--las maias/que bailan na criba.” “Santo que estás no caínzo/ tira as castañas abaixo/ tira das máis grandiñas/ que ás pequenas non me abaixo.”

“Levántate maio/que tanto dormiches,/xa pasou o inverno/ e non o sentiches.” “- Maio: ¡Cantarán o maio! - Coro: ¡E máis ben cantado.”

“ Eu pedinlle o maio

AS COPLAS

“Hai quen di orgulloso

“ Señores e señoras

a un cabaleiro...

sunrídose ufano

poñan atención

Moita bambolla

que toda a vida foi

que imos falar

e pouco diñeiro.”

un gran republicano.

do Sr. Gobernador.

Algúns dos que o din

Nin é alto, nin é baixo,

gastaron mil cartos

nin é malo, nin é bó,

servindo a lacaios

parece un reló parado

e tirachaquetas.”

dentro da Diputación.” (Coplas Coplas de maio figurativo)

“Principiamos a cantar/el día de Santa Cruz,/principiamos a cantar/ Dulce Nombre de Jesús./Ángeles del cielo bajamos/si nos dan licencia/el Maio cantamos” (Exemplo Exemplo de maio cristianizado en Betanzos.) Bibliografía: •

BERNÁRDEZ MARTÍNEZ, Santiago.. El ciclo anual festivo en el mundo celta.

<www.galiciaespallada.com.ar/ciclo_festivo_celta.htm.> Consulta 02/05/2012

• •

GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio. Fiesta de los “mayos en Galicia. <www.funjdiaz.net/folklore/07ficha.cfm?id=258. > Consulta 02/05/2012 TARRÍO FERNÁNDEZ, José A. Orense e a súa sociedade: un século de historia interpretada dende as Coplas dos Maios. <webs.uvigo.es/jtarrio/Investigacion.es. > Consulta 02/05/2012

FRAZER, J. G.. La rama dorada. México: Ed. Fondo de Cultura Económica,1981.

Galicia. Antropoloxía. Tomos XXVII e XXIX. A Coruña: Hércules de ediciones

aí vén o maio  

publicación

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you