Page 1

BIBLIOTECA DO IES MUGARDOS

10 DE DECEMBROHUMANOS.

DÍA

INTERNACIONAL

DOS

DEREITOS

Neste día conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos humanos pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no 1948.

Este ano 2013 cúmprense 20 do establecemento do mandato do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos que constitúe unha voz autorizada e independente para falar a favor dos dereitos humanos. A oficina do Alto Comisionado reacciona ante as crises, apoia aos defensores dos dereitos humanos e acerca os dereitos humanos ás persoas. «Coa ocasión da conmemoración do vixésimo aniversario da Declaración e o Programa de Acción de Viena redobremos os nosos esforzos para cumprir a responsabilidade colectiva de promover e protexer os dereitos e a dignidade de todas as persoas en todo o mundo.» Secretario Xeneral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon

Un extraordinario loitador a favor dos dereitos humanos. O pasado 5 de decembro morre Nelson Mandela, o home que loitou contra o apartheid, o venceu e se coverteu no primeiro presidente negro de Sudáfrica.


BIBLIOTECA DO IES MUGARDOS

APARTHEID

• •

• •

1910, Sudáfrica logra a independecia da Commonwealth e fíxase o obxectivo de manter a supremacía dos “afrikáners”(calvinistas brancos de orixe holandés) sobre a poboación negra. Para lograr iso lévase a cabo unha política de apartheid ou segregación racial e organización territorial por razas. 1942, nace o Partido Nacional Afrikáner. 1950, o partido promulga leis que instauran un rexistro racial obrigatorio e establecen un reparto territorial por razas. 1953, o apartheid, palabra afrikáner que significa “separación”, é unha realidade. Negros e brancos estan separados en escolas, praias, autobuses, hoteis… 1960, o goberno de Pretoria crea 10 estados autónomos, “bantustanes”, e obriga aos negros a reubicarse neles. Negáselles o cidadanía e obrigáselles a circular cun pasaporte xa que eran considerados como “transeúntes” que debían circular como extranxeiros. O Congreso Nacional Africano creado no 1912 leva a cabo un plan de resistencia que inclúe marchas de protesta e desobedicencia civil. 1960, o goberno de Pretoria queda excluído da Commonwealth. 1972, prohibéselle participar nos Xogos Olimpicos de Munich. O réxime é oficialmente condenado pola comunidade occidental e sometido a un embargo de armas. 1964, Mandela xunto con outros 19 activistas do Congreso Nacional Africano é condenado a cadea perpetua. 1990 F. W. de Klerk accede ao poder e inicia a desintegración da arquitectura legal do sistema. De Klerk libera a Nelson Mandela.


BIBLIOTECA DO IES MUGARDOS

NELSON MANDELA (Umtata, Transkei, 1918 - Johannesburgo, 2013) Nelson Mandela liderou os movementos contra o apartheid e tras unha longa loita e 27 anos no cárcere foi o primiero presidente negro dun gobernó que poñía fin a un réxime racista. No 1944 ingresa no Congreso Nacional Africano e foi un dos líderes da Liga da Xuventude do Congreso de ideoloxía nacionalista, antirracista e antiimperialista. A Liga da Xuventude (presidida por Mandela no 1951-52) organiza campañas de desobediencia civil contra as leis segregacionistas. En 1952 é víctima da represión do réxime e confinado en Johannesburgo onde establece o primeiro bufete de abogados negros de Sudáfrica. Despois da matanza de Sharpeville onde a represión das protestas contra as leis racistas foi brutal, o goberno declara o estado de emerxencia e arresta a varios líderes da oposición negra entre os que se atopa Mandela. Estes feitos orixinan un cambio de rumbo na acción dos líderes do Congreso Nacional Africano que ven que coa loita pacífica non poden acadar os seus fins. A súa estratexia céntrase a partir deste momento en atacar instalacións de importancia económica ou de valor simbólico, excluíndo atentar contra vidas humanas. En 1962 Mandela viaxa por diferentes países africanos para recadar fondos, recibir instrución militar e facer propaganda da causa sudafricana. En 1964 é condenado a cadea pertua e ese mismo ano ñe nomeado presidente do Congreso Nacional Africano.


BIBLIOTECA DO IES MUGARDOS

Mandela cumpriu unha condena de 27 anos convértese nun símbolo da loita antiapartheid.

durante os cales

No 1984 o goberno ofrécelle a liberdade se accede a instalarse nun dos Batustanes que foran creados no 1960. Mandela rexeita o ofrecemento. Mandela é liberado en 1990 e en 1994 convértese presidente negro de Sudáfrica.

no primeiro

Dende a presidencia do país, Mandela pon en marcha unha política de reconciliación nacional. Mandela recolleu entre outros numerosos premios o Nobel da Paz eo Príncipe de Asturias.

INVICTUS. Este poema escrito no 1875 por William Ernest Henley axudou a Mandela a soportar a súa estancia no cárcere.

Más alla de la noche que me cubre, Negra como el abismo sin fin, Agradezco a los dioses si existen Por mi alma inquebrantable.

Caído en las garras de la circunstancia No he llorado ni pestañeado


BIBLIOTECA DO IES MUGARDOS Bajo los golpes del destino Mi cabeza está ensangrentada, pero erguida.

Más allá de este lugar de cólera y lágrimas Yace el horror de la sombra, Y sin embargo la amenaza de los año Me encuentra, y me encontrará sin miedo.

No importa cuán estrecha sea la puerta, Cuan cargada de castigos la sentencia, Soy el amo de mi destino: Soy el capitán de mi alma.

http://blogs.cadenaser.com/sofa-sonoro/las-canciones-de-mandela-2598953/ QUE LIBEROU A MANDELA

A

CANCIÓN

http://www.youtube.com/watch?v=H7V1paUlUPE TRACY CHAPMAN:“FREEDOM NOW” http://www.youtube.com/watch?v=elQ4zudTaHU SIMPLE MINDS: “MANDELA DAY” http://www.youtube.com/watch?v=MgM-1r0X5Zc PETER GABRIEL : “BIKO”. Biko foi un activista sudafricano antiapartheid que foi torturado e asasinado polo réxime de Pretoria. http://www.rtve.es/noticias/20131205/apartheid-cuando-hombre-blanco-debe-ser-siempreamo/700240.shtml http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/mandela.htm

Dereitos humanos e mandela  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you