Page 1

Nº 60 ANO V MAIO, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

Especial Letras Galegas´09

1€

Entrevista: Estado de Sitio

Consulta a programación dos tres concellos e “As bandas dos 80 e 90 foron os precursores coñece a vida e a obra de Ramón PiñeiroPáxinas 4 e 5 do que hoxe é o rock do Val da Louriña”

Páxina 11

Mos

O Concello de Mos inviste 50.000 euros en alcantarillado para Espaín Páxina 12

Mos

O goberno de Mos quédase sen PP Os concelleiros de goberno do Concello de Mos anunciaron hai uns días a través dun comunicado a súa baixa cautelar como afiliados do Partido Popular. É dicir, o PP agora mesmo, non ten representación no municipio. Os concelleiros adiántanse así ao suposto anuncio de expulsión que a dirección do PP faría por incumplimento do pacto antitransfuguismo. Para os responsables do BNG a decisión “xoga cos sentimentos dos veciños”. Páxina 14

Salceda

Actívase o novo Plan de Tráfico para ‘axilizar a circulación no centro’ ˆ Un dos obxectivos é gañar prazas de aparcamento

Páxina 10 Páxina 19


2

MAIO 2009

OPINIÓN

DE

e d i t o r i a l Edicións Val do Louro S.L.

As augas do Louro baixan revoltas

Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986 web: www.apeneira.com

L

ogo de moitas xestións políticas conseguiuse que as ribeiras do Louro foran limpas e as augas baixaran máis transparentes; puideran cohabitar as troitas coas anguías e os veciños pasear por ámbalas dúas ribeiras. Claro que, como pasa tantas veces, despois de tanto esixir a xente cánsase e unha vez que o obxectivo está acadado esquecémonos e abandonamos novamente. No río Louro pasou algo parecido. A xente laiase de que logo de tamaña inversión non exista un seguimento máis estrito das obras e un mantemento que non permita a volta ó pasado. Pero hoxe queremos falarlles doutro estado das augas que baixan de Mos. Alí, como todos coñecen, produciuse pouco tempo atrás unha moción de censura. Moción

e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fdez.

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

Fotografía:

que foi criticada, como o son este tipo de medidas que, aínda sendo lexítimas, non sempre están suficientemente xustificadas. Neste caso o PP valeuse dun tránsfuga que cabreado co seu partido (o socialista) fixo de elemento necesario para que a moción triunfase. Agora os populares a nivel de partido tiñan que definirse. Non podían facelo a favor dunha maneira explícita

Hernández - Foto Barros

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Policía Local

639 821377

Centro de Saúde

986 349008

Xulgado

986 347825

Oficina de Correos

986349076

986 331 200

Policía Local

986 335 000

Policía Local

620 404 040

Centro de Saúde

986 337 320

Centro de Saúde

986 486 667

Taxis

986 330 014

Taxis “As Angustias”

986 331 037

Oficina de Correos

986 334 455

Taxis “Puxeiros”

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

986 487 343

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Oficina de Correos

986 487 921

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Salceda Concello de Salceda

Concello de Mos Concello do Porriño

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

11 2

porque ían contra o acordo sobre transfuguismo que eles mesmos teñen asinado cos socialistas. Que se podía facer logo? Un amaño. Os populares de Mos solicitan a baixa cautelar do partido; así non teñen que expulsalos. Obviamente os nacionalistas e socialistas desbancados do poder pola moción de censura critican duramente este tipo de alianzas.

O Louro xa non baixa tan limpo de procedementos políticos que xunto cos "descoidos" dos veciños non está moi atractivo para pasear polas súas ribeiras. A política resulta ás veces pouco ética, por utilizar un termo excesivamente respectuoso. Menos mal que a parroquias de Cans volta a competir coa cidade francesa do mesmo nome. O Festival de Cans xa ten pasaporte internacional. O chimpín foi elevado a categoría artística e os alpendres da aldea porriñesa volvéronse salas de cine con sabor a campo, a natureza, a realismo. Saudamos ós responsables do Festival pola distinción dos Premios da Crítica como a Iniciativa Cultural mas sobranceira. Esperamos que este feito equilibre un chisco as outras cousas desagradables que nos ofrece o mundo político.


MAIO 2009

OPINIÓN

DE

DENDE

O

SEIXO

ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

A fantasía dos horizontes

Termineitor Marisa Alonso

O

s primeiros pasos que vai dando o novo presidente do goberno da Galiza son moi esclarecedores. Primeiro pon ao fronte dalgunhas consellerías, as máis cobizosas, a uns individuos cuns curriculum de coñecidos e recoñecidos profesionais que viven da política e non dubidan en aproveitarse dela. Xente desa que ten a indubidable virtude de pasar pola política para procurarse para sempre unha vida mellor. Despois de presentar un goberno con presencia destes tipos tan habilidosos, Feijo09 entrevístase cos empresarios (como non) e estes saen da xuntanza dicindo que a impresión que lles causou foi inmellorable, pero que o presidente de Galiza non ten competencias para solventar os problemas, porque iso é cousa de Madrid. Ou sexa, que despois de tanto esbardallar durante a campaña con que eles rematarían co paro, coa crise, co cambio climático e ata cos problemas dos carecos, todo eran mentiriñas electorais. Pecadiños que nin o Vaticano ten catalogados como tales. Seguindo na súa liña de erutos políticos, anuncia que os parlamentarios que non saben falar galego van facelo en castelán. En definitiva, eses parlamentarios que levan toda a vida instalados no bilingüismo harmónico, que polo que se ve é algo así como expresarse sempre castelan e, de cando en

CAFÉ

CON

E

u creo que Feijo09, ao final, vai a sorprendernos a todos e vai ser un presidente incluso divertido. Hai quen di que o home, no canto de soñar polas noites con solventar os problemas de Galiza, soña con ser o Termineitor do idioma galego vez, tocar un pouco a harmónica, van expresarse, no Parlamento dos galegos, en castelán. É un dos primeiros tributos que Feijo09 ten que pagar aos sectores máis reaccionarios coa lingua polo apoio á súa campaña. Eu creo que Feijo09, ao final, vai a sorprendernos a todos e vai ser un presidente incluso divertido. Hai quen di que o home, no canto de soñar polas noites con solventar os problemas de Galiza, soña con ser o Termineitor do idioma galego, eu non sei se será verdade, pero o que si é seguro e que Paquiño Vazquez, alá no Vaticano, mátase a Avemarías para que isto sexa así. O dia 17 todos a Compostela.

David Pérez Rego “Cato”

D

e pequeno sempre pensaba que o mundo era máis grande do que realmente era. Tiña a idea da existencia de paisaxes inabarcables, de carreiros que comezaban ás beiras do monte, preto da miña casa, e conducían a lugares inimaxinables a través de milleiros, millóns de quilómetros que atravesaban naturezas inexpugnables, descoñecidas. De enormes paisaxes cheas de vales, montañas, bosques indómitos, árbores e animais que apenas seriamos capaces de imaxinar. Pensaba que existían continentes enteiros aínda por descubrir, e que si seguira as direccións e orientacións correctas, a partir do camiño que saía da miña casa, podería introducirme en rexións onde ninguén ousara pisar. A pesar de que os montes de Torneiros non poderían cualificarse como unha selva tupida, non había quen me sacara da cabeza aquela ilusión por perderme entre eles, buscando a aventura da natureza “salvaxe”; e as veces collía folgos, metía no peto un bocadillo de mortadela, e enchendo a cantimplora de auga acometía un novo carreiro como quen da inicio a un acto histórico. Ás veces levaba unha navalla, para defenderme das bestas, e unha cana de pesca rudimentaria, para alimentarme nos regatos que atopase. Pretendíame un descubridor, un digno herdeiro de Magallanes, de Marco Polo, Admunsen ou Shackleton. Ben sabía, non se crean, que camiñando un pouco chegaría por un lado a Chenlo e polo outro a Tui, pero tampouco tiña tanto tempo, entre a hora de comer e a hora de cear, para descubrir continentes perdidos como un Alexandre Magno. Pero, sobre todo, cando a idade me permitiu viaxar máis alá das montañas deste vale, tentando sempre ir un pouco máis lonxe, decepcionoume o feito de que o home ten “humanizado”, “civilizado” a inmensa maioría das nosas paisaxes, e quen acomete un carreiro, por moi afastado que sexa, ten poucas oportunidades de camiñar unha decena de quilómetros sen atoparse unha casa, unha estrada, unha liña eléctri-

ca. Anosa paisaxe está tan domesticada, a nosa natureza tan explotada, que as miñas esperanzas de converterme nun aventureiro explorador quedaron do mesmo xeito domesticadas. Sobre todo na Louriña. Supoño que un neno de Mos non podería ter a día de hoxe a amplitude de miras, esa pequena fantasía do descubrimento ao que me refería, a ilusión por acometer o camiño dun monte que comunicara con continentes perdidos, porque por cen metros que andase acabaría atopándose coa cuneta dunha estrada. Case vivimos neste vale como engaiolados, entre tanta estrada, autoestrada, liña de ferrocarril e autovías. Somos como periquitos de salón: observamos o horizonte limitado por barrotes artificiais. Somos como notas enchironadas nun pentagrama. Sempre pensei que ese carácter galego, supersticioso, misterioso, brumoso, viña condicionado en grande medida pola nosa xeografía abrupta, polos nosos densos bosques, onde calquera cousa podería agocharse “detrás de”. Pero cada vez máis temos paisaxes fragmentadas, e incluso se constrúen zigzageantes camiños para que algunhas especies de animais non se atopen cos humanos. E o Miño, con tanta presa e minicentral, deixou de ser río para converterse nunha forma de Aquapark. Fragmentamos toda a nosa paisaxe, e, con elo, ímonos fragmentado un pouco máis a nós mesmos. Sempre houbo dispersión rural, pero co “progreso”, con tanta devoción pola construción, por esa teima de vivir no quinto carallo e pretender ter todos os servizos que un pode ter no medio da cidade, tendemos a unir cada núcleo poboacional, cada casa perdida, con tantas infraestruturas, arrasando tanta paisaxe que había polo medio, que a día de hoxe, quen observa Galicia dende un avión non sabe si está a ver unha paisaxe ou un prato de “espaguetti ao pesto”.

GOTAS

Sete anos despois de comezar a prantar setas Carlos Rego

S

ete son os anos de historia que acumula o plan xeral de urbanismo do Porriño. Moi pouco tempo se temos en conta a longa travesía que custou ter un. Demasiado se temos en conta o boom costructivo dos últimos anos. E aquí ocórreseme unha importante conclusión: parece evidente que o crecemento urbanístico da vila, por chamalo dalgún xeito, obedece máis ós estertores dunha pompa económica que tivo consecuencias en todo o territorio español, que por un afán desenrolista do actual goberno. En prata, nos últimos tempos os que estiveron dirixindo o concello perderon a oportu-

nidade de ires aplicando os poucos obxectivos que en limpo se poden sacar do PXOU porriñés en materia de ordeación do territorio, expansión dos equipamentos públicos e cohesión dos núcleos urbáns. Estiveron deixando pasar a oportudade de invertir as plusvalías que se foron xenerando (recordemos o potencial recaudador do imposto sobre instalacións e obras) para abrir a vila, mellorar os nosos barrios, consolidar verdadeiras zonas de recreo, etc. Bueno, éche ben certo que lle botaron o que lle tiñan que botar coa peonalización da Rúa Ramón Gonzalez e a remodelación da Avenida de Ga-

licia (este último, un proxecto que viña no programa electoral doutra formación política). Tamén tiveron un intento de reformar o PXOU coa finalidade de protexer certo patrimonio arquitectónico, propósito que foi rexeitado pola dereita no pleno municipal. Todo iso na anterior lexislatura. Sen embargo unha vila como Porriño necesita de moitas máis transformacións que unha ampliación de beirarúas, a protección dos soportais, un parking e unha carreteira que chega con 10 anos de retraso (refírome ó cruce do costilleta). Asemella que o que lle botaron no seu tempo ou xa se quedaron sen el, ou xa non queren botalo máis.

Tamén podes ler a Cato en... www.taz-cato.blogspot.com

3


A PENEIRA LOURIÑA MAIO 2009

DA

apuntamentos biográficos .......... 1915.- Nace o 31 de maio na parroquia de Armea (Láncara, Lugo). 1924-1928.- Marcha coa súa irmá maior e a súa nai a Lugo para facer o Bacharelato Elemental. Nesa etapa esperta o seu interese de lector con algúns tebeos e novelas de aventuras. 1931.- Marcha a Sarria, onde vive na casa familiar dun amigo de seu pai, Pedro Cortiñas, a quen lle leva as contas da súa ferraxería. Durante a campaña das eleccións republicanas asiste a un mitin de Xulio Sigüenza, Ánxel Fole e Lois Peña Novo. É o seu primeiro achegamento ao galeguismo. 1932.- Volve a Lugo para cursar o Bacharelato Superior. Funda, con outros amigos do Instituto, as Mocedades Galeguistas de Lugo, nas que traballa como secretario de cultura. Coñece a Otero Pedrayo, a Ánxel Fole, Pepe Gaioso e Luís Pimentel, aos que sempre considerou os seus verdadeiros mestres. 1933.- Intensifícase a súa participación no movemento galeguista. Coñece a Alexandre Bóveda e a Castelao. Tamén coñece a Luís Seoane, Ánxel Casal e Camilo Díaz Baliño. Debido a unha doenza deixa os estudos e céntrase na política. 1935.- Organiza o mitin do Partido Galeguista en Láncara. 1936.- Comeza a Guerra Civil. En Lugo créase unha comisión formada polos partidos para seguir os acontecementos; os representantes do Partido Galeguista son Ramón Piñeiro e Ánxel Fole. Ao pouco tempo ten que abandonar Lugo e refúxiase en Armea, onde estivo protexido sen el sabelo por un falanxista compañeiro de escola. 1939.- Rematada a guerra volve a Armea. Ese verán reúnese en Santiago con Marino Dónega e Xaime Illa Couto para debater a reconstrucción do Partido Galeguista. Ramón prefería agardar a ver cómo se desenvolvían os feitos e se clarificaba a situación internacional 1940.- Matricúlase en Filosofía e Letras en Compostela.

1942.- Marcha a Madrid para facer a especialidade en Filosofía pura. Alí intégrase no grupo galeguista da capital e mantén contactos con nacionalistas vascos e cataláns. 1946.- Viaxa a París nun intento de reforzar a presencia galega no goberno no exilio coa incorporación de Castelao. É condenado en consello de guerra a seis anos de prisión que cumpriu en parte en Alcalá de Henares, Yeserías e Ocaña. Adica o tempo á lectura fornecida polo seu amigo Fermín Penzol e a realizar traballos de tipo cultural, como darlles clase aos outros presos. 1949.- En marzo sae do cárcere cunha importantísima perda de visión. Reincorpórase á actividade galeguista na clandestinidade. 1950.- Participa no nacemento da Editorial Galaxia, que pretendía darlle cobertura legal ao galeguismo. Este ano comeza as súa viaxes a Barcelona (que se alongaron ata 1975) para establecer contactos políticos e desenvolver actividades culturais entre Galicia e Cataluña. 1951.- Aparece o primeiro caderno da Colección Grial co título Presencia de Galicia, no que Piñeiro publica o artigo Significado metafísico da saudade, que causa fonda impresión no ámbito galeguista. 1956.- Redacta o relatorio Adefensa do idioma, vencello espiritual de tódolos galegos, presentado no I Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires para conmemorar o centenario do Banquete de Conxo. Ramón Piñeiro concibe a idea da elaborar un Gran Diccionario da Lingua Galega, pero o proxecto non obtivo éxito. 1961.- Prologa o libro de Xosé Luís Méndez Ferrín, O crepúsculo e as formigas. 1963.- En setembro aparece Grial xa como revista, co subtítulo Revista galega de cultura. Aínda que fora designado como director un xornalista, a verdadeira dirección exercíana Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. O 7 de xullo, Otero Pedrayo, Carballo Calero e Xulio Rodríguez Yordi presentan a candidatura de Ramón Piñeiro á Real Academia Galega, na que ingresa como membro numerario o 29 de decembro.


A PENEIRA LOURIÑA MAIO 2009

DA

actividades das Letras na comarca 1967.- O 25 de novembro ingresa na Real Academia Galega co discurso A lingoaxe i as língoas, contestado por Domingo García-Sabell. 1977.- É un dos asinantes do Manifesto dos 29 no que se demanda un pacto galego para que os partidos que conseguan representación parlamentaria nas eleccións xerais de xuño, acepten o compromiso de defender os intereses de Galicia. 1981.- No outono celébranse as primeiras eleccións autonómicas. Ramón Piñeiro, xunto con outros tres galeguistas –Benxamín Casal, Alfredo Conde e Carlos Casares– decide aceptar a invitación do Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e presentarse como independente nas súas listas.

en MOS MÉRCORES 13 DE MAIO Recital dramatizado/Conferencia lúdica para os alumnos do IES de Mos sobre Ramón Piñeiro por Serafín Marcos. Multiusos das Pozas ás 12:15 h.

VENRES 15 DE MAIO Teatro infantil para nenos de primaria dos colexios de Mos coa obra “Un día de Treboada” a cargo da compañía “CulturActiva”. Multiusos das Pozas ás 12:00h.

no PORRIÑO DOMINGO 17 DE MAIO Tradicional lectural continuada no Círculo Recreativo Cultural do Porriño de 11:00h. á 13:00h. Degustación de callos á 13:00h. e charanga dende as 16:00h. ás 20:00h.

en Salceda VENRES 15 DE MAIO Inauguración da mostra “Ramón Piñeiro López. Vida e obra” no Centro Cultural de Parderrubias ás 21:30h. Ás 22:00h, no mesmo Centro Cultural, Play Backs Xunco e sorpresas...

DOMINGO 17 DE MAIO Concerto de Uxía no Multiusos das Pozas ás 19:30h.

Concerto da Banda de Música Municipal do Porriño ás 20:00 h. na Praza Arquitecto Antonio Palacios

SÁBADO 23 DE MAIO A Aula Municipal de Teatro de Salceda represanta “Pinchos picantes”. Ás 22:30h. no Centro Cultural de Parderrubias.

1983.- Ramón Piñeiro é o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega. Asiste en Lisboa, como convidado especial, ao Congreso Internacional sobre A situación da lingua portuguesa no mundo. 1984.-O 21 de novembro a Generalitat de Catalunya concedeulle a Creu de Sant Jordi “pola fecunda tarefa realizada na defensa e divulgación da lingua, a cultura e a identidade de Galicia”.

HISTORIAS

1994.- O 24 de marzo ten lugar a inauguración oficial do Centro Ramón Piñeiro de Investigacións Lingüísticas e Literarias, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 2000.-AEditorial Galaxia convoca o I Premio Ramón Piñeiro de ensaio. 2008.- A Real Academia Galega acorda dedicarllo o Día das Letras Galegas de 2009.

TRANVÍA

De maio de letras M. Soledad Castro

1985.- É galardoado pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao. 1990.- Recibe a Insignia de Ouro da Universidade de Compostela. En xaneiro morre a súa dona, Isabel López García. O 27 de agosto morre el.

DO

QLIBROS _Olladas no futuro. 1974. _Lembrando a Castelao. 1975. _Filosofía da saudade. 1984. _Fermín Penzol. 2001. _Da miña acordanza. Memorias. 2002. _Galicia. 2002. _A linguaxe e as linguas. 2008.

QTRADUCIóNS (con Celestino Fernández de la Vega) _Pokorny, J. Cancioneiro da poesía céltiga. 1952. _Heidegger, M. Da esencia da verdade. 1956. Escribeu, ademais, unha manchea de artigos, limiares, discursos, cartas, etcétera.

Porque é maio, este tranvía vai cheo de Letras: maiúsculas e minúsculas todas á espera de que o tranviario lles berre: “imos, veña! Cando o vaivén comeza, érguense ledas e bailan en rebumbio, até que o tranviario as atrapa e asenta. E asentadas expresan reflexións, ideas, pensares e certezas, que na cabeza do tranviario lidan e teiman. Ditos e sentenzas Que filosofía crean Ramón Piñeiro vén sendo quen tal tranvía leva.

E tras del vai marcando unha densa estela, da saudade que as palabras deixan. Filosofía da saudade pronuncian estas Letras Galegas, que vías adiante solicitan presenza. Coitadas! Non saben as lides e tira- puxas que elas espertan. E como isto só acontece nunha peculiar terra Rezaremos pois, para que non aconteza o conto do tranvía que olvidado queda, e pasado maio Alguén berre ás letras Galegas: Irvos, Veña!


6

MAIO 2009

O PORRIÑO

DE

Francés desminte a suposta discriminación á Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián O presidente do colectivo veciñal, Manuel Areal Grova, acusou recentemente ao Concello, a través dun comunicado , de “esquecerse intencionadamente” da Asociación nas súas demandas REDACCIÓN/O PORRIÑO

Ante nota remitida aos medios de comunicación pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, na que o presidente desta asociación denunciaba unha suposta discriminación por parte do Goberno do Porriño na celebración da Festa dos Maios, o Alcalde do Porriño manifestou que “A Festa dos Maios está incluída no programa Tempo para Nós, un programa para a xente maior impulsado por este Goberno, e que por primeira vez achega cursos e obradoiros ás distintas parroquias do municipio, historicamente relegadas na programación de actividades do Concello. A asociación, nun comunicado, aseguraba, a través do seu presidente, Manuel Areal Grova, que "recentemente a Concelleira Mirian Martinez en roda de prensa, anunciaba o certame de maios que se realizaría en Porriño coa colaboración dunhas Asociacións. A esta Asociación á que represento non tiveron nin a delicadeza de convidala a participar, a pesar de ofrecernos a colaborar nas actividades que realice o Concello, como así llelo fixemos saber a Raúl Frances Rodríguez, alcalde de Porriño. Descoñecemos o porqué nos están discriminando. Francés recalcou que “as per-

R

aúl Francés quixo lembrar que os barrios de San Benito e San Sebastián participan activamente da vida cultural do municipio.

O alcalde do Porriño Raúl Francés.

soas do casco urbán interesadas en participar neste programa, entre as que se atopan os veciños e veciñas dos barrios de San Benito e San Sebastián, o están a facer a través do Centro Sociocomunitario do Porriño (antigo Centro Social) quen de feito participou na festa elaborando coplas e un dos maios participantes no Concurso” .

“Eu mesmo comentei en repetidas ocasións este asunto co presidente da asociación, o señor Juan Manuel Areal, polo que non entendo as súas declaracións”, rematou o alcalde. Pola súa banda Manuel Areal comentou que "xa desde os inicios da nosa constitución, o alcalde, Raúl Francés, plasmou o seu desacordo nalgún medio de

comunicación. Criticou o noso proceder ao non comunicarlle a intención dun grupo de veciños de constituírnos en Asociación. Amosou o seu malestar cando organizamos unha manifestación contra a venda de droga nos nosos barrios e sobre todo nunha casa ocupada, acusándonos de utilizar a mesma como un ataque contra el”

A asociación aproveitou o comunicado para convidar ao alcalde e aos seus concelleiros a dar un paseo polos barrios de San Benito, San Sebastian, Cristo dos Cachos, Fonteliño entre outros, e comproben “in situ” o deterioración que presentan, o descoidados que están e as carencias que teñen. Raúl Francés quixo lembrar que os barrios de San Benito e San Sebastián participan activamente da vida cultural do municipio. “Recentemente, o final de etapa da Volta a Galicia rematou na zona, asistinto á mesma numerosos veciños e veciñas dos barrios de San Benito e San Sebastián”, sinalou Francés, quen engadiu “Hoxe mesmo, terá lugar en San Benito un Serán organizado por distinatas asociacións do municipio que conta coa colaboración do Concello”, referíndose ao Serán que tivo lugar o sábado día 9 de maio.


MAIO 2009

O PORRIÑO

DE

7

Das 235 persoas que recibiron formación, 148 foron mulleres e 87 homes

A concellaría de Emprego do Concello do Porriño aposta pola formación REDACCIÓN/O PORRIÑO

Desde a concellaría de Emprego dirixida pola nacionalista Obdulia Diniz, apóstase por potenciar a formación como unha das medidas para mellorar a situación das persoas desempregadas do municipio.“O traballo e o esforzo realizado polo Servizo de Emprego durante os últimos anos a través das accións incluídas no Plan Municipal de Emprego, permítennos agora afrontar mellor os tempos de crise. Unha das premisas deste Plan é a formación, tanto mediante recursos propios como en colaboración con outras administracións. “Actualmente, vimos de reforzar o Departamento coa contratación de máis persoal, mellorando os servizos prestados aos nosos usuarios e usuarias”, afirmou a concelleira. Durante os primeiros meses do ano, a concellaría de Emprego do concello porriñés for-

A

concellaría tamén colabora na formación de desempregados asinando convenios de colaboración para a realización de prácticas, a miúdo con compromiso de contratación, coas empresas da contorna

A concellaría de Emprego Obdulia Diniz.

mou a máis de duascentas persoas desempregadas en diferentes cursos de informática, atención ao cliente, loxística, control de calidade en xestión

de residuos, carretilleiro/a, ou en obradoiros de búsqueda de emprego. Das 235 persoas que recibiron formación, 148 foron mulleres e 87 homes. O feito de

teren participado máis mulleres que homes nestas accións formativas, valórase positivamente desde a concellaría, que está a realizar un decido esforzo á hora de potenciar a formación dun colectivo, o das mulleres, tradicionalmente con maiores dificultades de inserción laboral e con maior taxa de desemprego. A concellaría tamén cola-

bora na formación das persoas desempregadas do municipio a través da sinatura de convenios de colaboración para a realización de prácticas, a miúdo con compromiso de contratación, coas empresas da contorna. De esta forma, garántese unha formación específica e acaída ao posto de traballo a desenvolver nas propias instalacións da empresa colaboradora. A concelleira de Emprego destacou a importancia da formación na mellora das posibilidades de atopar un emprego. Obdulia Diniz, quixo lembrar a necesidade de inscribirse na Bolsa para asistir a estas actividades formativas. “As persoas inscritas na Bolsa Municipal de Emprego benefícianse da posibilidade de asistir a estos cursos, ademais de outras ventaxas como unha orientación laboral personalizada ou o acceso gratuito a internet para facilitar a búsqueda de emprego.


8

MAIO 2009

O PORRIÑO

DE

breves Xa está en marcha a actividade Bibliopraza

A Rede presentou o seu programa para o mes de maio no Porriño

Maryland actuará no Liceum o sábado 16

As actividades culturais no Porriño, iniciáronse coa estrea da Bibliopraza. Cun mobiliario composto por cadeiras, mesas, parasoles, etc, a Biblioteca Municipal creará un espazo axeitado na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, saíndo dos seus muros e sacando os seus libros á rúa para que a veciñanza do Porriño goze da climatoloxía que anuncia o inicio do verán, sen que por iso teña que deixar de aproveitar os servizos da súa biblioteca. Celebrarase tódolos xoves e venres de Maio e Xuño, entre as 17:00 e as 20:00 horas.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello do Porriño, anuncia novos obradoiros de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de maio no Centro Neural de Torneiros. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes: Iniciación á Informática, Presentacións Impress e Iniciación a Internet. Asemade, está prevista a realización da charla “Controla aos teus fillos na Rede”. Esta, que terá lugar o día 15 de maio.

O sábado 16 súbese ao esceneario do LicemMaryland reforzados cun novo membro desta inmensa vila de musicos que e Porriño. Inician a súa andaina a comezos do ano 2008. Non tardan en chamar a atención de salas galegas e españolas, e en cuestión de pouco tempo pechan numerosas datas de concertos, algúns deles abrindo para importantes e xa asentadas bandas como Deluxe, Dover, Vacazul, Camping ou Holywater. Será ás 23:00h.

O PSdeG-PSOE critica a ‘mala planificación’ da obra de humanización da rúa Antonio Palacios

Semana Internacional de Títeres

REDACCIÓN/O PORRIÑO

R EDACCIÓN /O PORRIÑO

O Grupo Socialista do Porriño esixiu ó concelleiro de obras e urbanismo, Pedro Pereira, que arranxe os problemas que está a xenerar a falla de planificación da obra de humanización da rúa Antonio Palacios O Vice-Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e membro da comisión de urbanismo, vías e obras do Concello do Porriño, Fernando Rodríguez, pediu ó goberno local que planifique mellor as obras que realiza no Concello, en concreto, as obras de humanización da rúa Antonio Palacios. Rodriguez quixo deixar claro que o PSOE non se opón a esta obra, pero sí que a forma en que se planificou e se está a executar é preocupante. A rúa Antonio Palacios segue a ser unha das principais arterias de comunicación viaria do Porriño, soportando un nivel de tráfico moi

A Xunta concede ao Porriño dous cursos dirixidos a persoas desempregadas REDACCIÓN/ O PORRIÑO

A concelleira de Emprego do Concello do Porriño, Obdulia Díniz, informa de que a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia concedeu ao Porriño a celebración de dous cursos de formación, dentro das Accións Formativas prioritariamente para persoas Desempregadas (AFD), anteriormente denominadas Formación e Inserción Laboral (Cursos FIP). Trátase dos cursos de perruqueiro/a e camareiro/a de restaurantebar. Estos cursos, que se desenvolverán no Edificio Multiusos de Torneiros en horario de mañán, darán comezo a mediados de maio e rematarán no mes de decembro.

R

odríguez dixo que pedirán ao goberno que cre unha comisión municipal de seguimento de obras municipais intenso, e este é un feito que hai que ter moi presente nestas obras que se estan a levar a cabo. “Unha vez máis, vemos como o goberno parece empeñado en rematar coas prazas de aparcamento público. Parece que quixeran favorecer ó parking privado” Os socialistas criticaron a desaparición de prazas públicas de aparcamento e afirmaron que “unha cousa é peonalizar o centro, pero nunha rúa de tanta amplitude, non ten sentido eliminar tantas plazas de aparcamento. Ós traballadores e

traballadoras que non teñen prazas de garaxe privado non llas vai pagar o BNG, dende logo.” “Erros constructivos graves” Os socialistas criticaron ó concelleiro de obras, que coma sempre, non conte coa opinión de ninguén, e lle pediron que pregunte ós técnicos antes de facer as obras, aludindo a varios erros constuctivos que a xuizo dos socialistas deberían ser enmendados antes de que a obra remate.. En concreto, Rodríguez referiuse á entrada da rúa Codesal, que se ve realmente entorpecida pola amplitude das novas beirarrúas. A humanización favorece a seguridade dos peóns, pero iso non pode ir en detrimento da seguridade vial. O concelleiro socialista citou ademáis varios erros na evacuación das augas pluviais, afirmando que “son varios os veciños da zona que

nos teñen advertido da mala planificación da saidas de augas das novas beirarrúas, que se atopan realizadas en sentido contrario, co que cando chova, xeneraránse bolsas de auga en vez de contribuir á saida das mesmas, e que xa provocaron asulagamentos nalgunhas casas.” Rodríguez pediu a Pereira que tome nota destes erros e os corrixa antes de que sexa tarde, e lle lembrou que “non pode volver a pasar o desastre de planificación da Avenida de Galicia onde apenas colle un vehículo e onde non se deixaron desagües, e cada inverno pacer que temos que coller barcas para cruzar a rúa.” Rodríguez rematou dicindo que pedirán ao goberno que cre unha comisión municipal de seguimento de obras municipais para que os grupos poidamos coñecer os proxectos de obras que o BNG esconde.

Escolares do Porriño poderán desfrutar os días 22, 25, 26 e 27 de maio dos espectáculos de diversas compañías que veñen de actuar no prestixioso Festival Internacional de Títeres de Redondela. O primeiro espectáculo leva por título Cocktails de Raphael Múrle (Alemaña). a representación será o vindeiro día 22 ás 19:00h. Múrle creou para esta produción figuras extravagantes suspendidas nun singular estado ilusorio entre humano e animal. Estas personaxes coinciden nun local nocturno formando un conxunto multicolor no noso calidoscopio moderno.

a imaxe Celebrouse no Porriño o obradoiro Quérome, de erótica feminina para mulleres. A concellaría de Igualdade do, organizou este obradoiro en colaboración co Servizo Galego de Igualdade (SGI) e coa Rede de Centros de Asesoramento Afectivo-Aexual para a Mocidade Quérote. “A principal protagonista deste obradoiro é a muller. Mulleres de diferentes idades conversarán sobre a sexualidade feminina e a influenza na mesma da cultura, da sociedade e da educación recibida. A través desta reflexión téntase contribuír a que as mulleres vivan a súa sexualidade do xeito máis pracenteiro posíbel”, afirmou a concelleira Obdulia Diniz.


MAIO 2009

O PORRIÑO

DE

9

O Porriño celebrou a Festa dos Maios Veciños e veciñas ateigaron a Praza do Arquitecto Antonio Palacios REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño, a través da súa concellaría de Benestar Social, recuperaron a tradición dos Maios , xunto a varios colectivos do municipio. Este concurso de maios e coplas inclúese dentro do programa Tempo para Nós. Cada un dos grupos participantes no programa de actividades Tempo para Nós, pertencentes a distintas parroquias do municipio (Atios, Budiño, Cans, Pontellas, Torneiros e o propio casco urbano) presentaron un maio e interpretaron as súas coplas. Houbo actuacións musicais e cantareiras. Lembramos que os maios son construccións de diferentes formas feitas con elementos vexetais. Chámase maios tanto a celebración da festa como as representacións que se fan nela. Esta tradición popular, que ten como fin celebrar a chegada da primavera, sempre estivo ligada ao medio agrícola e á necesidade de crear un ritual para o crecemento das colleitas e da súa protección contra calquera tipo de mal. As representacións vexetais complétanse con baile e coplas de caracter satírico. Miriam Martínez quixo destacar a importante afluencia de veciños e veciñas, afirmando que “desde o Goberno do BNG darémoslle continuidade ás actividades orientadas a recuperar o noso patrimonio etnográfico e cultural".

Celebrouse o segundo torneo benxamín mixto de baloncesto Basket na Rúa REDACCIÓN/O PORRIÑO

Durante todo o día, nenos e nenas de doce equipos galegos disputaron este atractivo torneo na Praza do Arquitecto Antonio Palacios e na Praza do Cristo. Á mañán celebrouse a fase de grupos, e pola tarde as eliminatorias finais. Desde o Porriño Baloncesto Base preténdese, achegando o baloncesto á rúa, ofrecer a nenos e nenas un lugar diferente onde practicar baloncesto ante a atenta mirada de familiares, siareiros e curiosos. Ademais da propia competición, promóvese a convivencia e a interrelación entre os nenos e nenas participantes

Campus de Verán Nesta edición, o Porriño Baloncesto Base aproveitará a mañán do sabado, co inicio do torneo, para presentar pública e oficialmente o seu XI Campus de Baloncesto, que se celebrará entre o 23 e o 28 de xuño, co obxectivo de darlle a oportunidade de practicar baloncesto tanto aos nenos e nenas que xa forman parte do clube, como a aqueles e aquelas que queiran participar no mesmo. As persoas interesadas en participar no campus deben dirixirse ao Pavillón Municipal do Porriño. O Concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Marcos Rodríguez Novás, quixo felicitar a toda a familia do Porriño Baloncesto

A

s persoas interesadas en participar no campus deben dirixirse ao Pavillón Municipal do Porriño.

Base por estas dúas iniciativas. “O Porriño Baloncesto Base desenvolve un traballo diario moi importante na formación dos nosos nenos e nenas. Este Goberno apoiará sempre ás entidades que aposten polo deporte desde a base, pensado para fomentar a práctica deportiva da nosa mocidade” , afirmou Rodríguez Novás

Durante un partido na Praza do Concello.


10

MAIO 2009

O PORRIÑO

DE

De esquerda a dereita: Maxi Adega, representante de Arela, Raúl Francés, alcalde do Porriño, Silvino, premio Chimpín de Prata, Carla Reyes, Xerente do Cluster do Audiovisual Galego, Cecilia Babarro, Directora de Comunicación de Estrella Galicia, Alfonso Pato, director do festival e Camila Bossa, actriz e Premio Chimpín de Prata 2009.

VI Festival de Cans.

Superándose

O Festival de cans presentou a súa sexta edición e deu a coñecer algunhas das caras coñecidas que pasarán polo festival entre as que estarán o monolguista e director de cine Luis Piedrahita, o xornalista Gonzo, a escritora Lucia Etxebarría, que presentará unha curta que partiu dun relato seu, ou o cantante de Def con dos, Cesar Strawberry,entre outros. Ademais destes convidados o festival tamén contará coa presencia de moitos outros actores galegos como Manuel

Manquiña, Tete Delgado, que debutará co seu novo grupo, Celia Freijeiro ou María bouzas. A presentación do festival tivo lugar no Bar Fortes de Cans onde se adiantou a programación desta edición que terá lugar do 20 ó 23 de maio. Na rolda de prensa estiveron presentes Raúl Francés, Alcalde do Porriño; Cecilia Babarro, Directora de Comunicación de Estrella Galicia; Carla Reyes, Xerente do Cluster do Audiovisual Galego, Camila Bossa, “Chim-

Os famosos cans marelos nos balcóns anuncian cada ano a chegada do Festival.

pín de Prata 09”; Silvino “Chimpín de Prata 09”; Alfonso Pato, director do festival e Maxi Adega, en representación da Asociación Cultural Arela. Entre as novidades que aporta a edición deste ano, destaca a sección “Fillos de Cans” , onde directores que pasaron como curtametraxistas polo festival presentarán en exclusiva avances dos filmes nos que están traballando; as sesións de “Disco Chimpín”, nas que un dj, nesta ocasión DJ Lagartija, pinchará dende un chimpín; “A rota da auga” un roteiro de sendeirismo que seguirá as presas, os ríos e muíños da parroquia de Cans; e a gravación real durante o festival das primeiras secuencias de “Última hora”, serie que emitirá TVG próximamente. Dentro da programación, tamén destaca a proxección do filme aínda sen estrenar en Galicia “La noche que dejó de llover” de Alfonso Zarauza, e as estreas musicais: a presentación mundial do grupo rockabilly “Teté y los Ciclones” liderado por Teté Delgado e a presentación do novo disco de Pancho Álvares “Sólidos Galicianos”. Na programación musical tamén se atopa Lamatumbá e un “cabeza de cartel” moi recoñecido, do que se están pechando os últimos detalles.

Premio da Crítica– Galicia´09 A Fundación dos Premios da Crítica – Galicia decidiu esta fin de semana outorgar o premio na categoría de Iniciativas Culturais ó Festival de Cans. É a primeira vez que un festival audiovisual recibe este galardón, un dos máis prestixiosos de Galicia polo que a organización agradece o premio e afirma que suporá un “grande impulso” para a celebración da edición deste ano. Os premiados noutras categorías son Ramón Lorenzo Vázquez (Galego Egrexio), Luis González Tosar (Creción Literaria), Enrique Monteagudo (Investigación), Camilo Nogueira Román (Ensayo e Creación), Juan Durán (Música) e Nova Galega de Danza (Ciencias e Artes da representación). Os galardóns entregaranse nun acto que terá lugar o 30 de maio en Mondariz Balneario. Entre outros, recibiron este premio anteriormente a, A PENEIRA, o Museo Etnográfico de Limia, a Semana Galega de Filosofía de Pontevedra, os cadernos da Escola Dramática Galega, o Grupo Atlántica e o Museo do Pobo Galego.

s n a C especial O grupo editorial A PENEIRA editará unha edición especial do seu magazine cultural Kalaikia co Festival de Cans como único protagonista. Un magazine de 24 páxinas a todo color, coordinado por Diego Giráldez, no que colabora xente como Rober Bodegas, Belén Regueira, Tony Lomba, Segio Lagartija, Roberto Vilar, Jorge Coira, Jesús Ordovás, Mariana Carballal, o humorista gráfico Luis Davila, o ilustrador Antonio Seijas ou a xente de Fuck Comics de Vigo. PRESENTACIÓN O MÉRCORES 20 Este número especial de Kalaikia será presentado o día inaugural do Festival, o mércores 20 no Bar Moncho a iso das 9 da noite. Ademáis estrearemos alí mesmo o spot de Kalaikia rodado hai pouco, producido por Massvisual e dirixido por Nacho Abia.


MAIO 2009

O PORRIÑO

DE

11

Estado de Sitio é un dos grupos musicais da comarca que están a pisar con máis forza . Veñen de quedar segundos no concurso de maquetas “Millo verde”. Disto, e de máis cousas, quixemos falar con eles...

D.G./O PORRIÑO

-Acabades de quedar segundos no concurso de maquetas Millo Verde ¿non está nada mal non? ¿que tal a experiencia? -A verdade que nos sentimos moi orgullosos pois de 35 grupos participantes acadar a segunda posición está bastante ben.A experiencia foi fantástica pois fixemos moi boas migas cos outros grupos finalistas Grand's e Skandalo GZ. A organización estivo notable e o público fixo que nos sentísemos en todo momento moi arroupados. -Se vos digo “El paso de los días” que me contestades? -É o noso último traballo, que supón unha evolución no nivel do

grupo coma no sonda gravación. "El paso de los dias" é un cocktail de traballo, sentimentos, ilusions, enfados, alegrías e por suposto Rock. Todo aquel que queira pode escoitalo en www.myspace. com/estadorock, ou contactar con nos a través do myspace ou do noso blog www.estadodesitiorock. blogspot.com para adquirila por un precio "anticrise". -Como lle describiríades a vosa música a alguén que non vos coñeza? -Pódese dicir que é unha música potente, melódica que se move no entorno do rock e que leva no seu ADN o estilo que só os 5 compoñentes de Estado de Sitio lle pode-

“As bandas dos 80 e 90 foron os precursores do que hoxe é o rock do Val da Louriña” mos dar. -Credes que está a haber no Porriño, e na Louriña en xeral, un rexurdir de grupos como aquel boom dos anos 80? -Un pequeno rexurdir si que está a haber, so hay que mirar a escena da Louriña en xeral con grupos como Baldosa Amarilla, Daga de dos puntas ou outros consolidados como é El Cubo, pero cremos que todavía non son suficientes. Dos

oitenta recordamos grupos como Callos Louriña ou Sobaco Negro. Pero tampouco temos que olvidar o rexurdir da segunda metade dos 90 que aportaron infinidade de bos grupos na louriña como Kunaxa, Tremula, Os enemijos do barbeiro, Ego-trip, Moby Dick, Os ghatos, Hijos de la Ira, Quimioterapia, Septiembre Negro, A orde do Carmelo,etc(disculpas os que neste momento non nos veñen a cabeza).

Cremos que tanto as bandas dos 80 coma os dos 90 merecen un grande recoñecemento pois eles foron os precursores do que hoxe é o rock do Val da Louriña. -Como vades de concertos? Hai traballo en tempos de crise? -Vamos bastante ben, concertos e máis nestas datas sempre hai, o que pasa e que a xente pensao máis a hora de soltar os cartos. Neste último mes de abril tivemos 3 actuacións, incluso houbo que suspender algunha por falla de tempo. Quizais se bota en falla na zona algún macrofestival onde os grupos da comarca poidésemos exibir o noso traballo e a vez unir mais a todo o gremio de músicos. -Aque andades agora mesmo? -A parte de tocar en directo e compoñer máis temas novos. O proxecto mais inmediato que temos en mente e grabar o noso primeiro videoclip do noso tema "Ven" incluido no noso último traballo "El paso de los dias". Cando o teñamos listo seredes os primeiros en sabelo..


12

MAIO 2009

PUBLIRREPORTAXE

DE

losofía, baseada na orientación ao cliente. Deste xeito, aquel mutualista que xa contratou o seguro do seu fogar, automóbil, negocio... pode seguir confiando nesta aseguradora no momento de pensar na súa xubilación, a súa saúde e a dos seus, etc. Ofrece un servizo integral a todos aqueles asegurados que depositan nesta compañía a súa confianza. Segurlouro s.l. axente exclusivo no Porriño de FIATC participa da ilusión de atender aos seus clientes dándolles un mellor servizo cunha atención personalizada a través do Axente Asistente Fernando Maceira (670521176).

A

REDACCIÓN/O PORRIÑO

Segurlouro ven de inaugurar as súas novas oficinas despois de un ano da creación da sociedade Segurlouro s.l. Concretamente foi o día 4 de maio cando coa vontade de prestar un mellor servizo e atención aos seus clientes inaugurou as súas oficinas na rúa Ramón González, número 44. Esta empresa aseguradora está encadrada dentro da compañía Fiatc que leva xa tres anos e medio ofrecendo o seu servizo nesta comarca e na zona de Porriño a través de axentes en exclusividade pero que conta cunha antigüedade a nivel estatal de máis de 75 anos. A orixe de FIATC, sitúase en Barcelona, en abril de 1930, cando o Gremio de Transportistas agrupouse para compartir os riscos derivados da súa actividade, fundando a Federación Industrial do AutoTransporte de Cataluña.

A primeira sede de FIATC atopábase nas Ramblas de Barcelona, máis adiante, pasou á Praza Tetuán, despois á Gran Vía e finalmente a rúa Bailén, en 1975. A inauguración da sede central actual da Avenida Diagonal 648, onde se atopa dende xuño de 1986, evidenciou o desenvolvemento

máis espectacular da entidade, iniciado naquela década. En 1979 FIATC contaba unicamente con delegacións importantes en Tarragona, Valencia, Murcia e Girona. No 1987 FIATC xa tiña 15 sucursais, no 1995, 32 e actualmente conta con 35 sucursais no territorio estatal.

FIATC Seguros é unha entidade aseguradora multisectorial, situada, no que fai a volume de ingresos por primas, como a primeira Mutua de Catalunya e a cuarta de España. O feito de que actúe na maioría de actividades do sector asegurador, permítelle levar a cabo a súa fi-

De esquerda a dereita: Fernando Maceira, Salomé Lago, Lourdes Moure e Alberto Mtnez. Todos eles socios de Segurlouro

s expectativas da empresa son seguir crecendo ao mesmo ritmo, dando un bo servizo e atención como o levan feito ata día de hoxe. No acto de inauguración Segurlouro contou co cariño da familia que, é o motor desta nova empresa. Aproveitaron o momento para agradecer ás distintas representacións de Fiatc Coruña, Fiatc Vigo ,Fiatc Ponteareas, Funeraria Pompas Fúnebres do Condado, etc. e aos clientes, xa que sin eles non podería ser posible levar a cabo esta gran labor. Tamén agradeceron a Fiatc Barcelona pola confianza prestada na zona de Porriño creando axentes exclusivos, a pesar de que xa traballaban na zona a través dos distintos corredores na vila. As expectativas da empresa son seguir crecendo ao mesmo ritmo, dando un bo servizo e atención como o levan feito ata día de hoxe.


MAIO 2009

MOS

DE

13

O Concello de Mos inviste 50.000 euros en alcantarillado para Espaín A Alcaldesa visitou as obras no barrio da parroquia de Mos, xunto cos edís de Saneamento e Vías e Obras. Anunciou que haberá unha segunda fase para esta zona REDACCIÓN/MOS

A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou as obras de acometida da rede de alcantarillado en Espaín, parroquia de Mos, acompañada dos concelleiros de Saneamento e Abastecemento, Ángel Pereira Carrera, e de Vías e Obras, José María Pereira Eiró. A que se está a levar a cabo estes días é a primeira fase da acometida do saneamento neste barrio e, segundo lles trasladou Arévalo a varios veciños, “estamos estudiando xa a segunda fase, que abarcaría a parte alta de Espaín, onde quedan unhas oito casas que non se beneficiarían desta primeira fase de alcantarillado; se ben a segunda fase non se poderá realizar inmediatamente despois da que agora se está a acometer, debido a problemas técnicos derivados das alturas dos enganches de conexión á rede”, aclarou a Alcaldesa. O orzamento destinado á pri-

A alcaldesa, Nidia Arévalo, visitou as obras .

meira parte da instalación do sistema de alcantarillado neste barrio ascende a 50.000 euros, procedentes dun préstamo bancario que foi desafectado polo goberno municipal encabezado por Nidia

Arévalo e que levaba bloqueado, sen utilizar, dende o ano 2005. A rexedora local declarou durante a súa visita matinal a Espaín que “gracias ó desbloqueo e cambio de afectación do préstamo xa se

está a acometer unha parte importante do alcantarillado necesario en Mos”. E é que en 5 meses de goberno o equipo municipal, segundo apuntan, “logrou iniciar a metade das obras de saneamento

programadas nas que se levan invertido xa 300.000 euros, dos cales 50.000 son os correspondentes ó alcantarillado que agora se está a acometer en Espaín”. Ademais de dita rede, neste momento estase a instalar saneamento en Pedrapinta e en tres barrios da parroquia de Cela. Arévalo adiantou tamén que “dende o equipo de goberno queremos que antes do verán estean iniciadas tódalas obras de saneamento que temos previstas”, e anunciou que “en breve comenzaremos coa acometida do sistema de abastecemento de auga potable no barrio do Monte, unha das zonas urbanas da parroquia de Sanguiñeda”. “Ó longo de todo o ano iremos cumplindo coas necesidades básicas do municipio: alcantarillado e traída de auga, tal e coma sempre prometemos”, explicou a Alcaldesa mosense a modo de conclusión.


14

MAIO 2009

MOS

DE

Mos quédase sen PP Arévalo e os seus concelleiros danse de baixa cautelar do partido

O BNG non entende que ‘se xogue deste xeito co sentimento dos veciños’

R EDACCIÓN /MOS

Os concelleiros de goberno do Concello de Mos anunciaron hai uns días a través dun comunicado a súa baixa cautelar como afiliados do Partido Popular. É dicir, o PP agora mesmo, non ten representación no municipio. Os concelleiros adiántanse así ao suposto anuncio de expulsión que a dirección do PP faría por incumplimento do pacto antitransfuguismo, acción criticada, lembremos, polo propio Núñez Feijóo. Si esta expulsión se fixera efectiva ningún dos oito edís podería presentarse ás vindeiras eleccións polo Partido Popular, agora as portas quedan abertas. No comunicado, os concelleiros expopulares comezan querendo lembrar que para “poñer fin a situacións de desgoberno están previstos –a nivel local, autonómico, estatal e comunitario- mecanismos legais como a moción de censura”. “Mos vivía unha situación de crise política na que os máximos perxudicados eran os propios veciños” opinan. No texto arrementen contra o PSdeG-PSOE dicindo que eran conscientes da “utilización política queían realizar da moción de censura”. Argumentan que “pola utilización política” que os socialistas están a facer da moción de censura “como medio de desgaste e de confrontación política” danse de baixa “antepoñendo os intereses do partido sobre os noso propios”

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, considera que a renuncia dos concelleiros do Partido Popular ao seu propio partido debe ser entendido como “unha maniobra do mesmo partido para non perder a posibilidade de volverse a presentar como Partido Popular nas proximas eleccións municipais”. O BNG non entenden que o mesmo día en que fan o anuncio se presente no pleno unha moción no nome do grupo popular, e que se siga utilizando a mesma sede do partido, e que se anuncie que se vai manter a mesma ideoloxía. Segundo din “a única ideoloxía é a do interese particular por enriba do interese veciñal, a única ideoloxía é a de manter 6 nóminas con cargo ó concello, e neste caso a ideoloxía de Gerardo Alonso que se move únicamente por intereses particulares, arrastrou para o seu grupo de “non adscritos” ao resto dos concelleiros, agora xa están todos os tránsfugas na mesma ideoloxía, na ideoloxía dos sen partido”. O BNG lamenta que “as persoas que votaron confiadamente ao Partido Popular e ao PSOE agora vexan que Mos está gobernado por unha persoa que abandona o PSOE para cambiar o goberno e outros tanto que abandonan o seu propio partido para evitaren ser expulsados”. “Os votantes do Partido Popular non teñen neste momento representantes no Concello de Mos, ésa á grande falta de respeto ó pobo de Mos. O BNG entende que todo está perfectamente tramado he pensado e que esta maniobra demostra que o Partido Popular de Galiza apoia ós tránsfugas de Mos e apoia a acción que botou do goberno ó goberno lexítimo constituido tralas eleccións”, rematan.

O PSdeG-PSOE non se sorprende e opina que ‘ o único que lle interesa a Arévalo é o poder’ O Grupo Municipal Socialista manifesta,que non lle sorprende o feito de que Nidia Arévalo e o seu grupo abandonen as siglas do PP, “xa que dende o principio todas súas accións foron dirixidas e apoiadas pola dirección do PP, tanto en Pontevedra como en Santiago”. “De non ser así, -apuntan- cando coñecen que se ía presentar a moción de censura, tiñan que ter vido a Mos e poñer orde e, non só non o fixeron, senón que apoiaron con declaracións nos medios de comunicación a decisión co falso argumento de que "gañaran as eleccións en Mos"”, sinalan Os socialistas din que “o paripé na comisión antitransfuguismo, poñendo en cuestión si Gerardo Alonso Porto era ou non un tránsfuga, foi unha mostra clara da connivencia no Partido para, sabendo que tiña que ter unanimidade na votación, evitar chegar á moción censurados”. “Tempo terán, e xa o comprobaremos, para volver a abrirlles as portas, pois antecedentes existen”, apuntan. “Todos coñecemos os casos de suposta corrupción que se están a destapar no PP en todolos lugares e eles non asumen nada, o mesmo sexa de enriquecimento ilícito de membros do seu partido, falsificación de actas de obras sin realizalas, etc. Aquí o importante é o poder, neste caso aproveitándose dun tránsfuga que, cos votos de simpatizantes e militantes do PSOE, dá a Alcaldía a quen antes criticaba moi duramente”, conclúen dende as filas socialistas de Mos


MAIO 2009

PUBLIRREPORTAXE

DE

Dismaboc ofréceche a súa “bolsapicnic” para que disfrutes do tempo de ocio Dismaboc é moito máis que unha empre-

sa de vending. Trátase dun grupo de profesionais entusiastas que ofrecen un servizo adecuado ás necesidades de cada cliente.

Conta con: - Seguro de Responsabilidade Civil - Número de Rexistro Sanitario: NRS 26.07712/PO - Plan de Prevención Laboral - Lei Orgánica de Proteción de Datos e Laboratorio para a análise de todos os produtos.

A bolsapicnic pon á disposicón do cliente diversos menús: infantil, tempo libre, empresa e terceira idade en función da actividade para a que se vaia a destinar.

A empresa Dismaboc ofréceche o seu servizo de bolsapicnic na que podes incluir alimentos e bebidas, coa posibilidade de obter tamén un agasallo entre o que se inclúe caramelos, bolígrafos, gorras, etc. para gozar no tempo de lecer.

O cliente pode elaborar a súa bolsapicnic a través dunha folla de pedido no teléfono 986 346 270 ou no mail dismaboc@dismaboc.com

15


16

MAIO 2009

MOS

DE

breves Arévalo inauguroua a nova fonte de Cela AAlcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, inaugurou unha fonte moi querida polos veciños da parroquia que lles foi roubada en dúas ocasións ó longo da súa historia. Actualmente a fonte atopábase abandonada polo que os seus usuarios requerían insistentemente a súa reparación que ó fin lles foi concedida. “A fonte conta agora cunha instalación en pedra digna dela, xa que constitúe un dos símbolos identificativos máis importantes da parroquia de Cela”, declarou a rexedora local.

Programa de Promoción da Saúde e Benestar para as Mulleres de Mos A edil de Benestar Social do Concello de Mos, Ana María Rodríguez Cabaleiro, presentou a primeira das actividades incluídas no ‘Programa de Promoción da Saúde e Benestar para as Mulleres de Mos’. Trátase dun circuíto termal no Palacio da Auga de Mondariz, iniciativa que se realiza por segunda vez. A primeira quenda realizarase dende o día 18 de maio ata o 12 de xuño, e a segunda en outono. Para a primeira quenda formaranse grupos de 20 mulleres que acudirán catro veces cada unha, no día que lles corresponda da semana.

O 17 de maio

A Peña Celtista organiza a ‘I Festa do Ovo estrelado con chourizo e pan de millo’ REDACCIÓN/MOS

A Asociación Peña Celtista de Mos celebrará a “I festa do ovo estrelado con chourizo e pan de millo” o día 17 de maio. A festa terá lugar no Pavillon “Oscar Pereiro de Mos durante a xornada do día 17 de maio organizada pola peña celtista en colaboración co Concello de Mos, a través da Concelleria de Xuventude, e de diversas empresas do concello na que se exhaltará un prato que ata o de agora non ten a calificación de prato típico, nin raigambre nun so pobo de Galicia senón na gastronomía popular e que forma parte da nosa memoria dende nenos da que non se debería perder o costume e o prazer de degustar esta suculenta combinación. Tratase do tradicional ovo estrelado (frixido en aceite) acompañada de chourizo e a pertinente ración de pan de millo, salientar que o pan vai ser elaborado pola propia organización coa colaboración dunha paderia local. Cada ración consistirá en dous ovos, un chourizo e un anaco de pan de millo, todo elo irá acompañado dunha cunca de viño e poderasé saborear polo módico precio de 7 € por ración, co-

Un aspecto do prato que se servirá o domingo 17.

mo agasallo cada ración levará un prato conmemorativo do acto. Ademáis da propia degustación a festa contará con diversas actividades paralelas como a exposición de vehículos clásicos coa colaboración de varias empresas e veciños de Mos, na que se podrá disfrutar dunha ampla gama de vehículos de colección de to-

dalas épocas; unha mostra sobre o ciclista mosense do Caisse d'Epargne, Oscar Pereiro, gañador do Tour de Francia de 2006, presidente honorífico da Peña na que se amosarán varias bicicletas, maillots, carteis…cedidos pola Fundación Oscar Pereiro; así coma demostracións e venta de produtos típicos da gastronomía e artesanía galega.

A honra de dar lectura o pregón da I festa do ovo estrelado con chourizo e pan de millo a terá a The Turres Band, grupo de once músicos saidos da Banda de Música de Torroso que veñen de editar o seu primeiro disco ¡¡¡ algho hai !!! as 12 da mañán. As actividades comenzarán as 10 da mañán e desenrolaranse o longo de toda a mañán.

O BNG de Mos recurre a contratación dun conductor para o Concello REDACCIÓN/MOS

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, considera que as contratacións de persoal teñen que realizarse coa maior transparencia posible. O BNG detectou fallos no anuncio da convocatoria que se fixo pública a través da páxina dixital do concello. “Non pode ser que unha praza de conductor de camión se saque a convocatoria pública, que se presenten varias persoas, que parte das persoas cumplan os requisitos e que resulte que unha persoa que cumpla os requisitos non aparece

na lista oficial de admitidos”, sinala. Segundo apuntan dende o BNG “esta persoa, que se entera dun xeito casual de que non está na lista, chama sorprendida ó concello, e despois da pasar por diversos departamentos, se lle contesta de que pode presentarse igual ainda que non estea na lista de seleccionados”. Ademais “a persoa que se considera en desventaxa para concurrir ó proceso por ser avisada a última hora, non se presenta, quedando unicamente as persoas que sí aparecen nesa “suposta lista correcta” O BNG non ve limpeza e

transparencia no proceso de selección e presenta un recurso para que se repita o proceso con total claridade, coa finalidade de que as persoas de diferentes lugares que se presentan a unha nova praza ou concurren por méritos a outras teñan sempre claro que o Concello de Mos actúa con claridade nos procesos de selección de persoal. O BNG está disposto a continuar o recurso, entendendo ademáis que si non se rectifica e se comenza de novo o proceso de selección, será porque algo se quere manter de forma ilegal e espera non chegar a ter ese pensamento.

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea.


MAIO 2009

MOS

DE

17

breves O PSOE di que ‘o programa ‘Alegrar Mos’ pretende ocultar os problemas do municipio’ O PSdeG-PSOE mosense, a través dun comunicado queren dar a coñecer o seu descontento polos 60.850 € que o Concello gasta no programa de actividades “Alegrar Mos”, algo “inédito nos tempos que corren”. “Coa chegada do PP ao goberno de Mos xa non hai crise, atrás quedaron os problemas e agora toca reir porque así o marca Arévalo”, sinalan os socialistas. “Parecen que remataron todos os problemas e todo vai ben”, rematan.

Tameiga celebra as Festas de Santa Filomena A parroquia mosense de Tameiga celebrará os días 15, 16 e 17 de maio, as festas na honra de Santa Filomena. O venres 15 de maio haberá unha gran verbena a cargo das orquestras Canela e Gran Estelares. O sábado 16 de maio a verbena estará amenizada musicalmente por Los Player’s e Passarela. O domingo, día 17 de maio, a partir das 10.00 horas, haberá un pasarrúas realizado pola Banda de Música Xuvenil de Barro; e xa pola tarde, celebrarase a verbena na que tocará o grupo Ilusión.

A Roda actuará na IV Xuntanza Popular na honra da Virxe de Fátima Os días 16 e 17 de maio celebrarase a IVXuntanza Popular na honra da Virxe de Fátima. O sábado. a partires das 23:00h., poderase disfrutar da Noite de troula cun concerto de Dagade2puntas, Leyendas e Baldosa Amarilla. O domingo a festa comeza ás 11:30 h. cun pasarrúas do Grupo de Gaitas de Torroso, unha hora máis tarde a misa na Capela de San Rafael e xa as 14:00h. o xantar popular no que se servirán 1.500 racións de callos. Ás 20:00h. remata a festa co concerto dos emblemáticos A Roda.

Emprego pon en marcha cursos dirixidos a desepregados do municipio REDACCIÓN/MOS

‘El sueño de Morfeo’

12 de xuño

‘El sueño de Morfeo’ será a actuación estelar da Festa da Rosa 2009 REDACCIÓN/MOS

A concelleira de Cultura de Mos, Sandra Temes, adiantou algúns datos sobre a programación da Festa da Rosa 2009. Fixo fincapé sobre todo nos tres pratos fortes do programa que son o concerto de El Sueño de Morfeo, que terá lugar o día 12 de xuño, a actuación das orquestras Miramar e Charlestton o día 13 e o Xantar Popular que se celebrará tamén o 13 de xuño. Temes declarou que “pese a ter unha partida orzamentaria moi reducida, faremos a mellor Festa da Rosa que se leva feito ata o de agora gracias a que contamos coa colaboración da consellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra”. O concerto que dará El Sueño de Morfeo realizarase o día 12

de xuño no campo de fútbol de Guizán a partir das 23.00 horas. A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo. Aedil responsable de Cultura explicou que “tivemos a sorte de poder contratar a este popular grupo con antelación e a sorte de que dentro de 20 días estreen o seu novo traballo, un disco que presentarán en Mos cando veñan a dar o concerto do día 12 do mes que vén”. Sandra Temes informou de que “coa entrada libre e gratuíta pretendemos facer fronte ós tempos de crise que se están a vivir en Mos e que, a pesares dos momentos de adversidade, os mosenses desfruten e obteñamos a máxima afluencia posible”. A concelleira expresou tamén a súa satisfacción co programa elaborado xa que “é a primeira vez que tere-

mos unhas festas tan completas, variadas e verdadeiramente á altura do Concello de Mos”, dixo Temes. E é que este ano quéreselle dar especial protagonismo a todas e cada unha das parroquias mosenses achegando as festas a elas e logrando que os seus veciños se acheguen á Festa. Temes Arnosi definiu a programación da nova edición das Festas da Rosa como “moi ambiciosa e completa, xa que abarca teatro, cine, música, etc.; e a música é de todo tipo, posto que haberá dende un macro concerto de pop ata actuacións de coros e orquestras”. “Aprogramación é variada e moi participativa: vai dirixida a tódolos públicos; haberá actividades para os nenos e tamén para os máis maiores”, concluiu a concelleira.

A Concellaría de Emprego do Concello de Mos, dirixida por Gerardo Alonso Porto, pon en marcha tres cursos dirixidos preferentemente a desempregados do municipio coa posibilidade de realizar prácticas en empresas da zona. As especialidades ofertadas son as de soldador de estructuras metálicas lixeiras (1015 horas), que se realizará de 7.30 a 15.30 horas; carpintería (930 horas), que se realizará de 8.00 a 15.00 horas, e electricista de edificios (930 horas), que se realizará de 7.30 a 15.00 horas, con data de inicio dos cursos o 25 de maio de 2009. A programación destes cursos forman parte da Estratexia Local

de Emprego do Concello, e actualmente no Plan de Activación do Emprego (PAE), que ten como obxectivo primordial conseguir un alto grao de “calidade” na formación e inserción laboral, e a adecuación da formación e cualificación dos desempregados do municipio ás necesidades das empresas; por eso anualmente estáse a facer unha análise en profundidade das necesidades das empresas con entrevistas directas nas mesmas, o que nos aporta unha información moi útil á hora da programación da formación ocupacional e de outros programas de fomento do emprego, apunta o concelleiro de Formación e Emprego, Gerardo Alonso Porto.

a imaxe

Reanudáronse as actividades incluídas no programa Noites Vivas que organiza a concellería de Participación Cidadá mosense. A concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro, e a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, achegáronse ata ambas actividades e interesáronse por saber se os participantes están satisfeitos con esta iniciativa municipal.


18

SALCEDA

Aprobados os orzamentos para 2009 REDACCIÓN/SALCEDA

Os Orzamentos presentados polo goberno municipal para o ano 2009 foron aprobados polo pleno do Concello de Salceda despois de resolver as alegacións presentadas polo Partido Popular, o Concello de Salvaterra de Miño, a Mancomunidade do Condado e os sindicatos CIGA e CCOO. Os orzamentos definitivos contemplan 5.507.586 € de ingresos e 5.289,636 € de gastos, o que supón un superávit de 217.950 €. O capítulo de inversións que ascende a 815,000 €, o que supón un incremento de 80.793,00€ con respecto ao 2008. Por outra banda, é resaltable a consolidación de tres prazas no cadro de persoal: a de arquitecto municipal (funcionario), a de axente de desenvolvemento local (laboral fixo) e a de tecnico da OMIX (laboral fixo). O concelleiro Martín Iglesias aclara que se vai empezar a regularizar situacións laborais irregulares herdadas do anterior goberno. Segundo, Marcos Besada “os sindicatos minten cando afirman que o equipo de goberno subiu os seus salarios e eles o saben, unicamente o que hai é un axuste nesa partida xa que ano anterior foi deficitaria polo número de plenos, xuntas de goberno e comisións que se celebraron”.

DE

MAIO 2009

CASELAS

DE

Comezan as obras de humanización da rúa Dr. Zunzunegui Marcos Besada, alcalde de Salceda, comenta que este proxecto vai a dar un valor engadido tanto aos veciños como aos comerciantes da zona REDACCIÓN/SALCEDA

O proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui”, do Concello de Salceda de Caselas está empezando a coller forma co inicio das obras na citada rúa. Este primeiro proxecto de humanización está financiado pola Consellería de Innovación e Industria nun 70% e polo Concello no restante 30%. En total a actuación conta cun orzamento de 300.000 €. A humanización que está executando a empresa Construcciones Vale, supón a recuperación da Rúa Dr. Zunzunegui para os viandantes e a ampliación da actual Praza do Concello nun total de 1.500 m2., un 43% máis da actual superficie. Tuberías e conductos As obras contemplan a pavimentación con granito GrisMondaríz de 1.500 m2, bancadas aproveitando o granito dos actuais bancos que pechan a praza actual e que resaltarán a presenza dos árbores existentes, un punto de fuga que unirá o vello Concello co novo Concello, un novo parque infantil na entrada principal do Auditorio Municipal, abrindo un espazo que na actualidade se atopa abandonado e pechado, e

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, visitou as obras.

tamén se instalará nova iluminación e mobiliario urbano acorde coa nova imaxe da zona. Ademáis tamén se colocarán todas aquelas tuberías e conductos para os cableados eléctricos, telefónicos, de saneamento e de abastecemento de auga. Un dos obxectivos funda-

mentais é convertir a zona nun lugar máis amplo para o lecer e o esparcemento dos cidadáns e transformar a nova Praza do Concello no punto de refencia de ocio e actividades culturais da vila ademáis de favorecer o comercio e a restauración. Marcos Besada, alcalde de Salceda, comenta que este pro-

xecto vai a dar un valor engadido tanto aos veciños como aos comerciantes da zona, que quedarán na zona máis privilexiada de Salceda. Por outra banda recalca que se intentarán coordinar os traballos, de forma que as molestias sexan as mínimas posibles para estes mentres duren as obras.


MAIO 2009

SALCEDA

DE

DE

350 prazas de aparcamento

A concellaría de Tráfico do Concello de Salceda de Caselas comenzou a aplicar a primeira fase do novo plan de tráfico que será fundamental para axilizar a circulación nas rúas máis céntricas e mellorará a acesibilidade de turismos, habilitando zonas de carga e descarga, zona azul e rúas de dirección única. Concretamente, nesta primeira fase, as rúas Arxentina e Brasil cambiaron de sentido, co obxectivo de facilitar a saída do centro urbano e facilitar o acceso ós aparcamentos dos edificios e a rúa Joaquín Fernández Sestelo pasou a ser de sentido único hacia o centro urbano para evitar atascos. O concelleiro de Tráfico, Martín Iglesias quere deixar claro que “a policia local ten ordes expresas de que durante as primeiras semanas faga un labor de información e solución de posibles problemas que se poidan presentar nestas rúas.” Por outra banda tamén se está a proceder á mellora da sinalización vertical

en todo o centro urbano e o repintado do pavimento co obxectivo de gañar prazas de aparcamento, sinalizar a zona azul, que se porá en marcha nas próximas semanas, regular e ordenar a carga e descarga e facilitar a circulación para o acceso os barrios de Santa María de Salceda. Veciñanza, compradores e comerciantes están a beneficiarse das máis de 350 prazas de aparcamento dispoñibles dende hai un meses na propia Rúa Dr. Zunzunegui e na Rúa Victoriano Pérez Vidal. Isto fará que os consumidores poidan achegarse á praza dunha forma rápida e cómoda para facer as súas compras ademáis de facer as xestións no Concello, na futura Casa da Cultura e nas entidades financieiras próximas. Marcos Besada, alcalde de Salceda, informa que o obxectivo é facilitar a mobilidade dos vehículos pero sen esquecer ós peóns, que se serán os protagonistas coa ampliación de beirarr úas que se está proxectando.

19

breves

Actívase o novo Plan de Tráfico para ‘axilizar a circulación no centro’ REDACCIÓN/SALCEDA

CASELAS

O Concello di que os Bancos do Tempo ‘están a ser un éxito’ O Banco do Tempo de Salceda de Caselas, segue a ampliar usuarios e participantes. A concelleira Mónica Vizcaya, está satisfeita da acollida de este proxecto por parte dos usuarios os cales son os grandes beneficiarios do banco do tempo. A Concelleira de Benestar Social e Voluntariado anima a todas as persoas a participar neste proxecto; o primeiro Banco de Salceda que ten como moeda de intercambio o tempo, e que pode ser moi útil cara os demais.

O GRUMIR de Salceda remata o seu labor

Novo Plano de Tráfico de Salceda de Caselas.

O Grupo Municipal de Intervención Rápida deu por rematada o seu labor como consecuencia da expiración dos contratos dos seus membros. Esta formación, subvencionada pola Xunta de Galicia estaba composta por 12 persoas, das cales, tres eran capataces. O Concelleiro de Urbanismo, Vias e Obras e Servizos Municipais Fortunato Álvarez, califica a labor realizada polo G.R.U.M.I.R. de moi positiva, caracterizándose pola súa versatilidade á hora de realizar tarefas preventivas e a dispoñibilidade en momentos de emerxencia.


20

SALCEDA

DE

Iniciada a segunda fase da reforma do Auditorio

MAIO 2009

CASELAS

DE

II Festa Trezecatorzeadora

en imaxes

REDACCIÓN/SALCEDA

Iniciouse xa a segunda fase das obras de reforma do Auditorio Municipal de Salceda de Caselas. Na primeira etapa, aínda por rematar, procedérase á renovación dos equipos de son e de proxección instalados na sala, cun orzamento total de 21.736,64 €, nunha obra adxudicada a SPICA, S.L. Nestes momentos estase procedendo ao cambio do emprazamento dos motores do aire acondicionado, que actualmente están ubicados no mesmo escenario, o cal imposibilita a súa utilización durante os actos debido ao enorme ruído que producen. A este problema váiselle dar solución cun orzamento de 19.546 €, e neste caso a empresa adxudicataria foi CHOLOKLIMA, S.L., que procederá a colocación destes motores no exterior do auditorio, coa colocación dos correspondentes silenciadores. Teresa Pérez, concelleira de Cultura defendeu a importancia destas obras para o desenvolvemento dos diversos actos culturais que se poñen en marcha dende a concellería e definiu a obra de cambio de emprazamento da climatización do auditorio como “imprescindible”, pois “no inverno resultaba imposible organizar actos no auditorio polo frío que tiña que soportar o público durante os actos, e no verán pasaba o mesmo co calor”.

Aquí un voluntario Alberto Álvarez Gil

N

os intres de eu escribir este artigo, o señor Alberto Núñez Feijóo non atopou aínda a ninguén que queira ocupa-la Secretaría Xeral de Política Lingüística. Seica non atopou ninguén disposto a derroga-lo Decreto do galego no ensino. Isto fala da pouca aceptación que ten o proxecto de regresión en materia lingüística que Feijóo quere levar a cabo. É por iso que, ante a falta de voluntarios a acepta-lo posto, ofrézome eu mesmo coma voluntario. Iso si, debe sabe-lo novo presidente da Xunta de Galiza que non penso derroga-lo decreto, e máis aínda, penso facer que se cumpra, xa que nunca se chegou a tal. Baixo o meu mando, a secretaría xeral vai nor-

maliza-lo galego en tódolos ámbitos, impedindo como sexa que se produzan situacións de discriminación e abusos contra a xente que fala galego, algo tan habitual por desgraza. Hai nada foron os traballadores da Capitanía Marítima de Burela, quen foron acosados por emprega-lo galego no traballo. De recente coñecemento foron os casos do Carrefour (“burra, no hables lenguas menores”) e algúns outros, mais o verdadeiramente triste é todo o que non se denuncia, pero que os galegofalantes padecen no día a día, sobre todo nas cidades da costa, nomeadamente Vigo e A Coruña. Prometo defende-la lingua galega ante estes desprezos e ante os

N

os intres de eu escribir este artigo, o señor Alberto Núñez Feijóo non atopou aínda a ninguén que queira ocupa-la Secretaría Xeral de Política Lingüística. Seica non atopou ninguén disposto a derroga-lo Decreto do galego no ensino

ataques máis frontais que se teledirixen dende grupúsculos de corte fascistoide como é o caso do Club Financieiro de Vigo (non teñen na-

da mellor que facer durante a crise do capitalismo que ataca-la nosa lingua?) ou a FAES, asociación de extrema dereita dirixida por José María Aznar, que veñen de publicar un documento no que falan de que o galego moderno é un invento e que se sobreviviu foi grazas ó analfabetismo e ignorancia da poboación galega. A ignorancia é atrevida, sabémolo, pero coido que é rechamante que ós poucos de gañalo PP a Xunta, a asociación do presidente de honra do PP saque este documento, como para marca-lo vieiro que se ha de seguir. Eu como secretario xeral non consentirei tales manipulacións. En definitiva, prometo normaliza-lo galego, convertelo na lingua

vehicular no ensino (e xunto coas asignaturas doutras linguas, que os estudantes poidan adquirir total competencia tamén en castelán, inglés e portugués), e tamén na universidade, lugar hostil polo de agora ó galego. Tamén prometo internacionaliza-la lingua, algo de vital importancia para a súa visibilidade, prestixio e supervivencia. Así que, Feijóo, estou á túa disposición, acepto cando queiras, ilusión non me falta por servir no que sexa á conservación e normalización da lingua galega, o idioma que nos une. Mentres agardo pola chamada xa fixen os primeiros plans: asistir á manifestación a favor do galego no Día das Letras Galegas en Compostela. Alí estaremos todos.


UN MUNDO FELIZ

Coidado! piratas á vista: a SGAE David Rollano

O

s señores da SGAE producen noxo. Son como esporas ou viruses que van flotando no vento e acaban con todo ser vivo que se cruza o seu paso. Os señores da SGAE son o reflexo de cómo funcionan as cousas neste país de listos. Unha asociación sen ánimo de lucro que serve para pagarlle as facturas e os liftins os vellas glorias da música. Son como rémoras. Fixeron do mundo da música e do audiovisual un lucrativo negocio que se rexe pola máxima que impera nos nosos días, darlle máis o que máis ten e quitarle máis o que menos posúe. A SGAE funciona como unha familia mafiosa que se encarga de facer calar a boca a todos aqueles que a critican ou non pensan como eles. Por este motivo e dende fai xa unha tira de anos, esta entidade “defensora dos dereitos intelectuais dos artistas”, viuse envolta en innumerables conflictos xurídicos derivados da súa estratexia recadatoria. Unha filosofía empresarial que lembra a aquelas épocas na que os campesinos tiñan que pagar os diezmos o señor feudal de turno en monedas, especias, colleitas ou deixando a súas fillas nas mans do todopoderoso. Hoxe que se saiba, os señores da SGAE,

non aplican todavía o dereito de pernada, pero si cobran os seus diezmos ata na BBC (Bodas, Bautizos e Comunións), sen que a Ramoncín, Cardalda e compañía se lles despeine o tupé. En época de crise, as arcas da SGAE non deixan de au-

mentar, a costa de accións como cobrarlle o imposto revolucionario a pequenos concellos por animar as festas con pequenas charangas e orquestas de toda a vida, reventar

bodas por videos grabados polos familiares en bodas…ou situación como o bochornoso espectáculo destes últimos días, no que a SGAE rouboulle cinco mil euros a familia do pequeño Juanma, un neno aqueixado dunha extraña e letal dolencia (o síndrome de

Alexandre), trala celebración dun concerto benéfico no que o mismísimo David Bisbal renunciou a cobrar unha peseta do seu caché para axudar a este rapaz. Pero ahí estaban os vampiros chuchacartos da SGAE para levar a súa dote, aínda que despois se retractaran o seu xeito debido a presión mediática, dicindo que ían “donar” esa cantidade en solidaridade có neno. Vergoñento. Mentres a crise azota, estes individuos reparten os seus beneficios nunha regra de tres inxusta, que deriva as maiores cantidades de diñeiro os artistas que máis venden, constrúen ostentosas mansións do movemento (como a sede recentemente inaugurada en Compostela), graban co seu canon todo tipo de aparato eléctrico (agora teñen ata pegatinas que indican “canon aplicado”!!!), e aumentan o seu gabinete xurídico, polo que poida pasar. A SGAE convertíu, o mesmo que as grandes discográficas, a creatividade musical nun negocio. Mercantilizou a música e os seus rendementos coa mirada cómplice dos gobernos que miran de refilón as accións semiextorsionadoras destes xenios do pirateo. Porque ainda que protesten, os piratas son eles.


22

MAIO 2009

EMPREGO

DE

Iníciase o Plan de Activación de Emprego en Mos Coa colaboración de Aemos, o concello de Mos e Cogami persegue facer competitivos e máis aptos ós desempregados mosenses REDACCIÓN/ MOS

Trátase dun plan de emprego no que actúan conxuntamente Aemos, o concello de Mos e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. O programa busca paliar o crecente desemprego nas empresas da localidade no momento actual de desaceleración da actividade industrial en sectores productivos de carácter estratéxico. Pretende tamén a redución do desemprego en sectores de difícil inserción, mellora da cualificación profesional e impulso da empregabilidade a través da promoción do emprego e autoemprego. Está enfocado de xeito especial para favorecer a inserción laboral de traballadores desempregados procedentes de empresas en crise. En palabras de Francisco Domínguez de Aemos “o PAE é un plan urxente, de choque, contra o paro en Mos, baseado na colaboración mútua das entidades promotoras e que persegue facer competitivos ós desempregados mosenses”. Para acadar este obxectivo trátase aos desempregados estudando individualmente cada caso para conseguir así facer un plan de puntos fortes a potenciar e puntos débiles a mellorar, creando un Itineario de Inserción Laboral segundo a casuística personal de cada demandante de emprego. Dentro deste plan contémplase unha batería de actividades. En primeiro lugar as orientativas que consistirán en dúas entrevistas individualizadas nas que se analizará e deducirá a situación de cada participante. Diseñarase a partir dos primeiros datos un Itinerario Personalizado de Inserción, que inclúe as actividades que a persoa debe realizar para conseguir recursos e poder xestionar con autonomía o seu proceso de inserción laboral. Neste itinerario buscarase a motivación, dotación de habilidades e competencias, coñecemento das ferramentas de búsqueda de emprego e do mercado laboral, etc. Haberá tamén un bloque de actividades que persiguen unha acción directa a través de sesións de desenvolvemento persoal, información de mercado, creación de grupos de búsqueda activa de emprego, formación e prácticas non laborais.

Xuntanza pertencente ao Plan Experimentad de Emprego en Mos na que interveñen os empresarios da empresa textil Kiabi

Ademais o Plan tamén contempla accións de intermediación laboral que pretenden mellorar a empregabilidade e inserción das persoas demandantes. Para isto os desempregados recibirán orientación laboral acerca do abano de posibilidades laborais ao que poden optar. Tamén obterán información directa sobre as ofertas de emprego publicitadas en prensa, no Servizo Público de Emprego e as recibidas particularmente polo Departamento de Intermediación. Terán acceso a directorios empresariais nos que atopar unha listaxe de empresas clasificadas por actividades onde acceder a unha base de datos con aquelas afíns ás súas capacidades laborais.

Neste bloque tamén destaca a información sobre os cursos de formación ocupacional, tanto os programados polo Departamento de Formación como os externos.

D

entro deste plan contémplase unha batería de actividades orientativas, de desenvolvemento persoal e de intermediación laboral O desempregados serán orientados sobre os recursos existentes á hora de atopar emprego para proceder así a unha búsqueda máis eficaz e segura.

Evaluación personalizada Ao longo de todo o proceso os participantes estarán sendo evaluados para deste xeito ir medindo a súa capacidade de inserción laboral. Están previstas tarefas específicas de adaptación curricular así como sesións de tutoración formativa segundo as necesidades persoais de cada caso. Neste plan de emprego ofrécese a posibilidade de establecer unha ponte de acceso máis directa e completa cara ao mercado laboral, xa que, coa acción conxunta dos tres organismos colaboradores os demandantes de emprego establecen un vínculo directo co sector empresarial que terá coñecemento propio das potencialidades das persoas inscri-

Reunión de apertura do Plan de Activación de Emprego á que asistiron membros das tres partes organizadoras: o concello de Mos, Cogami e Aemos

tas, ofrecéndoselle a posibilidade de realizar unha inserción temporal do traballador na empresa co fin de que se produza un coñecemento persoal do traballador podendo así definir de xeito claro a súa adaptabilidade ao posto. Este plan ofrece ao traballador unha depuración do camiño cara á inserción laboral, xa que, co establecemento do Itinerario Personalizado de Inserción preténdese acotar individualmentecada caso por separado co fin de acometer unha adaptación ao mercado de xeito máis eficaz e consistente. O feito da actuación coordinada do concello, Cogami e Aemos supón solventar un problema moi extendido á hora de acceder a un posto de emprego, como é o da solapación de accións por parte de empresas, organismos oficiais e organizacións tramitadoras das ofertas, que entorpecen e dificultan enormemente a inserción laboral dos demandantes. Deste xeito o desempregado atopa un camiño moito máis claro e definido sacando un maior proveito das súas capacidades persoais que lle permitirán un pronto e máis correcto encauzamento laboral. O desempregado atopará neste Plan unha fonte de recursos a través dos cales pulir o seu perfil profesional e alcanzar un coñecemento máis exhaustivo e directo dos movementos do mercado laboral, así como un enriquecemente na sua formación profesional.


MAIO 2009

EMPREGO

DE

AUX. ADMINISTRATIVO: ETT require para Vigo un Aux. Administrativo. Contrato: inicial a través de ETT con posibilidade de permanencia na empresa. Salario: segundo convenio (metal). F.P. I Administración. Nivel avanzado de informática. Experiencia mínima dun ano en posto similar, preferiblemente no sector naval. Residencia en Vigo ou periferia. Persoa ordenada, con capacidade de traballo en equipo, autónoma, ordenada e con iniciativa. Incorporación inmediata. Premiso de conducir e vehículo propio. OPERARIO MANTEMENTO: ETT require un Operario de Mantemento para o coidado de vivenda. Xornada laboral: Completa. Salario: Segundo convenio. Contrato: Temporal. Imprescindible: Experiencia mínima dun ano en posto similar. Menor de 45 anos. Coñecementos en: fontanería, electricidade, xardinaría e albañilería. Permiso de conducir e vehículo propio. COMERCIAL: Empresa de seguridade situada no Porriño require para o seu departamento de vendas un Comercial de venda directa de alarmas e sistemas se seguridade. Xornada laboral: Completa. Salario: 1115,15 € + Comisións. Contrato: Temporal con posibilidade de permanencia na empresa. F.P. II Electrónica ou Informática. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Coñecementos de office a nivel usuario. Permiso de conducir e vehículo propio. MOZO DE ALMACÉN: Empresa dedicada á actividade maiorista, baseada na importación e venda de produtos de decoración e agasallo require un Mozo de almacén. Xornada laboral: Completa. Horario: quendas rotativas de mañá e tarde de 7.00 a 15.00 e de 15.00 a 23.00 horas. E vez de noite de 23.00 a 7.00 horas de luns a venres. Contrato: Temporal. Salario: Segundo convenio de comercio do metal. Imprescindible dispoñibilidade horaria e incorporación inmediata. Educación secundaria e Formación Profesional. Valorarase experiencia en posto similar. Valorarase formación e experiencia

no manexo de carretilla elevadora. Permiso de conducir e vehículo propio.

empresas de distribución ou comercialización. Permiso de conducir e vehículo propio.

AUX. DE XERIATRÍA: Empresa estatal, líder en atención socio sanitaria integral a persoas maiores, apoiada por máis de 15 anos de experiencia, require para o seu centro situado en Vigo un Aux. de Xeriatría. Salario: segundo convenio. Contrato temporal. Requírese persoa con iniciativa e interese por aprender. Formación: Ciclo Medio de Atención Socio-Sanitaria, Ciclo Medio en Coidados auxiliares de emfermería, Técnico de Aux. de Enfermería. Experiencia mínima de dous meses en axuda a domicilio, xeriatría, hospitalización ...

DECATHLON RESPONSABLE: DECATHLON, Multinacional do deporte, busca para a súa tenda de próxima apertura en Centro Comercial Gandariña Responsables de Universo de Deportes. Incorporación inmediata. Formación a cargo da empresa. Plan de carreira. Xornada laboral flexible. Titulados Universitarios, preferiblemente en ADE, Empresariais e/ou Económicas. Idade: entre 22 e 29 anos. Valorable experiencia demostrable en posto similar. Orientación ao cliente. Afán polo logro. Capacidade de liderado. Iniciativa e responsabilidade. Dispoñibilidade horaria e xeográfica. Permiso B-1 e coche propio.

RESPONSABLE DE ADMINISTRACIÓN: Organización Empresarial Integral dedicada á comercialización e distribución da maior e máis extensa variedade de pescados e mariscos frescos, situada en Vigo, require un Responsable de Administración, para a xestión de tres empresas do grupo. Funcións: xestión contable, xestión de cobramentos e pagamentos, preparación de orzamentos e supervisión de: contabilidade, facturación delegacións, clientes, almacén e impostos. Horario: de luns a venres de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas e sábados de 8.00 a 13.00 horas. Diplomatura en Empresariais ou licenciatura en Económicas ou ADE. Imprescindible experiencia de: 1 a 3 anos en posto similar. Dominio do paquete Office. Permiso de conducir B e vehículo propio. ADMINISTRATIVO CONTABLE: Organización Empresarial Integral dedicada á comercialización e distribución da maior e máis extensa variedade de peixes e mariscos frescos, situada en Vigo, require un Administrativo contable. Contrato: Temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Salario: Segundo valía. F.P. Administrativo ou Diplomatura en Ciencias Empresariais. Coñecementos do novo Plan Xeral Contable. Imprescindible experiencia mínima de dous anos como administrativo contable. Valorarase experiencia en

DECATHLON VENDEDOR: DECATHLON, Multinacional do deporte, busca para a súa tenda de próxima apertura en Centro Comercial Gandariña Vendedores Deportivos. Incorporación inmediata. Formación a cargo da empresa. Plan de carreira. Contrato a tempo parcial. Xornada laboral flexible. Estudantes Universitarios, que busquen compaxinar afeccións deportivas e desenvolvemento profesional. Idade: entre 18 e 22 anos. Orientación ao cliente. Afán polo logro. Dispoñibilidade xeográfica. Permiso B-1 e coche propio. CALDEREIRO: ETT require para empresa recoñecida, con máis de 12 anos de experiencia no sector naval e formada por un equipo de grandes profesionais un Caldereiro. Requírese experiencia contrastada, mínima de 5 anos, no prefabricado de bloques en aceiro. Experiencia na lectura de planos, rectificación, coñecementos de aplicación de calores, nivelado de bloques, cortar e descoser con soprete así como experiencia no trazado e marcado. Coñecemento no manexo de máquinas e ferramentas asociadas ao oficio: máquina de electrodos, gatos, pullits, nivel optico... ENXEÑEIRO DE CAMIÑOS OU ITOP: Empresa dedicada á Consultoría, En-

xeñería, e Servizos Integrados da Construción, tanto no ámbito da Edificación como no das Infraestruturas situada en Vigo require un Enxeñeiro de Camiños ou ITOP. Xornada laboral: Completa. Salario: 24.000 30.000 €/bruto ano. Contrato temporal. Requírese licenciatura en Enxeñería de Camiños, Canles e Portos ou Enxeñería Técnica de Obra Pública. Experiencia mínima de 2 anos como Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e de 4 anos como Enxeñeiro Técnico de Obra Pública. Coñecementos altos no manexo do Paquete Office e de Autocad. Permiso de conducir B-1. CONDUTOR: Empresa de transporte con domicilio social en Mos require un Conductor para cubrir a ruta Benavente- Vigo- Benavente. Experiencia mínima de seis meses en posto similar. Imprescindible residencia en Benavente ou periferia. Imprescindible posuír os permisos de conducir C+E. XESTOR COMERCIAL: Empresa dedicada á distribución de peixe fresco require un Xestor Comercial para o porto pesqueiro de Vigo. Funcións: captación e fidelización de clientes así como venda telefónica. Horario: de 6.00 a 15.00 horas ou de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 de luns a sábado e de 4.00 a 5.00 horas puntualmente na lonxa. Requírese titulación media con altos coñecementos de informática, experiencia mínima de seis meses en posto similar, preferiblemente no sector da alimentación. Posibilidade de incorporación inmediata, dispoñibilidade xeográfica e horaria. Persoa dinámica, con vocación comercial e con capacidade de traballo en equipo. Imprescindible nivel alto de portugués, francés e inglés. PERSOAL DE LIMPEZAS: ETT require Persoal para limpeza de oficinas. Xornada laboral: completa. Salario: segundo convenio. Horario: de 5.00 a 13.00 horas. Experiencia mínima dun ano en posto similar. Persoa seria, autónoma e responsable. Incorporación inmediata. Permiso de conducir B1 e vehículo propio.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: ofertas@aemos.es www.aemos.es

23


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com

A Peneira da Louriña 60  
A Peneira da Louriña 60  

A Peneira da Louriña 60

Advertisement