Page 7

7

queres darte a coñecer? kalaikia@apeneira.com

-EXISTE

UN FÍO CONDUTOR NA TÚA OBRA,

QUE SE FORMALIZA DE MANEIRAS VARIADAS: FOTOGRAFÍA, MÚSICA, VÍDEO-CREACIÓN...

-Creo firmemente que sempre hai un fío que liga todo o que un fai, aínda que ás veces non sexa dun modo evidente. E o fío condutor para min é o blues, entendido como un determinado modo de estar no mundo. Considérome un “bluesman” que vive no século XXI e na Galiza. -COMO PLANTEXA-LAS TÚAS FOTOGRAFÍAS, SEGUES ALGÚN MÉTODO OU TÉCNICA? -O meu modo de traballar é totalmente intuitivo, nese sentido non sei moi ben onde vou chegar, nin o que me vou a atopar, nin cal será o seguinte paso que me toque dar, pero si sei si vou polo camiño que quero ir ou non. Hai veces que quero fotografar algo ou a alguén e despois de mirar, acabo descartándoo para centrarme nun detalle que para min transmite máis que o conxunto. Aprender a facer fotografías é fácil, o difícil é aprender a mirar. As imaxes, ante todo, deben aguantar e facer pensar ao que as ve. -DETÉCTASE NAS TÚAS FOTOS CERTAS DOSES DE SURREALISMO... -Si, por que non, o que me interesa é esta liberdade de viaxe, de cambio, de transición entre dúas figuras distantes entre si. Tamén entre unha forma e outra, ou entre a figura e a abstracción, ou entre o real e o imaxinario. -AO FALAR DO REAL E O IMAXINARIO, PODERÍAS FACER UNHA REFLEXIÓN SOBRE COMO USAS ESTES ELEMENTOS NO TEU TRABALLO?

-É un xogo de espellos. O espello reflicte a realidade nun principio. Pero si facemos como Alicia no país das marabillas ímonos alén do espello, é dicir, á realidade “transformada”, a realidade dos soños, que é á súa vez unha total e libre interpretación do noso subconsciente. Os espellos serven para descompor o tempo e o espazo nunha viaxe ligada á procura do esencial, á relación co exterior e a construción do “eu” interno a través das experiencias vividas. Todo o que, en definitiva, axúdanos a sentirnos libres. -XA POR ÚLTIMO, EN QUE PROXECTO ESTÁS METIDO AGORA? -Estou afeito traballar ao estilo multitasking, é dicir, levar a cabo varios proxectos á vez. Acabo de facer unha serie fotográfica titulada Untermenschen (sub-humanos), coa que quixen facer unha homenaxe a todas esas persoas consideradas inferiores polos nazis. Retratei xitanos, eslavos, enfermos mentais, persoas en situación de exclusión social, yonkis, etc. O binomio da corrupción e o poder político conduce usualmente ao exterminio dos débiles. Agora empezo cunha serie fotográfica dedicada ao feminino. É un experimento no que utilizo modelos non profesionais para tratar de mostrar, indirectamente, a realidade feminina na nosa época.Non me interesa aquilo que entendo acerca da muller, senón aquilo que non entendo. Por iso coa fotografía tento tirar algunha luz sobre iso. Por se alguen quere colaborar, o meu correo electrónico é: bbdavidthesmokers@myspace.com

A QUEN INSULTAR

O ÁRBITRO, ALGUÉN

4:3

P

érez Lasa é o protagonista deste documental de Canal+ no que se pretende amosar o fútbol desde un punto de vista pouco frecuentado: o de o árbitro. Se o obxectivo era achegarse ao lado humano dos colexiados e conseguir que os espectadores empatizasen con este colectivo tan desprezado, lograron todo o contrario. Despois de escoitar os comentarios que fai entre si o equipo arbitral e os diálogos que manteñen cos futbolistas, un fica perplexo ante o seu absurdo autoritarismo e ponse de parte dos xogadores. Tamén resulta sorprendente que este sistema de audio aínda non se incorporase ás retransmisións deportivas, que gañarían en interese con este recurso propio dun reality. Por outra banda, un ten a certeza de que a figura do árbitro quedou obsoleta e debería saír do campo para empregar a tecnoloxía que existe. Moitos nenos queren ser futbolista, pero ningún quere ser árbitro. Despois de ver este documental, pode que algún pai decida reorientar a ca-

jacobo_paz * rreira do seu fillo. O motivo? Non hai tanta competencia, continúan en activo até os 40 anos e poden gañar 96.000 euros por tempada. *Jacobo Paz é guionista

outubro´09

David Otero, fotógrafo con espírito de bluesman

Kalaikia 37  

Magazine cultural galego

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you