Page 1

xuño´09

33

Convivir é vivircon arte Société Réaliste.

03

O Apóstolo, a última historia de animación de Fernando Cortizo

04

O rocanrol tamén ten os seus propios asuntos de familia...

Confesonario

06

Guadi Galego confésanos que todo o seu traballo lle “sae de dentro”...

K o l e c t i v o 07

Podemos perforar o granito cunha daga de dúas puntas...?

criticArte

08

Enma Ríos é quen de converter en pura maxia todo o que debuxa...


2 Pontevedra

Concerto de Ophuisa. Forum folk, presentando o seu primeiro disco Paos. 22 de xuño ás 21:00 horas. Fórum Metropolitano.

Espectáculo de humor xestual Brokers, a cargo da compañía Yllana. 20 de xuño de 2009, ás 21:00 horas. Centro Social Caixanova.

xuño´09

A Coruña

Ferrol_A Coruña

Vigo_Pontevedra

Espectáculo de danza Glimpse, a cargo de Gelabert Azzopardi. 28 de xuño ás 19:00 horas. Teatro Jofre.

Exposición: Do Neoclasicismo ao Naturalismo na arte galega. Colección do Museo de Pontevedra. Ata o 12 de xullo. Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixanova .

Lugo

Compostela_A Coruña

Representación de Historia de una escalera, de Buero Vallejo, a cargo da Aula de Teatro do Concello de Lugo, dentro da VII Mostra Teatro Galego. 18 de xuño ás 20:30 horas. Auditorio Gustavo Freire.

Representación de Palabras encadeadas, a cargo da compañía Talía Teatro. 25 e 26 de xuño, ás 21:00 horas. Teatro Principal.

O Porriño_Pontevedra

Ourense

Actuación de Carlos Blanco. 26 de xuño, ás 23:00 horas. Bar Liceum.

Concerto de Luis Eduardo Aute, de presentación do seu novo disco Autorretratos, volumen 3. 23 de xuño ás 21:00 horas. Auditorio Municipal.

Padrón_A Coruña

O Grove_Pontevedra

Espectáculo de monicreques Barriga verde, a cargo de Viravolta Títeres 26 de xuño ás 21:00 horas. Praza de Macias .

Actuación do grupo ConCierto Swing 27 de xuño ás 24:00 horas. Clube Náutico.

Esenia_Noviembre_Silent Tree Agardado, pero por fin xa está na rúa o primeiro EPda banda viguesa Esenia, titulado Noviembre. Xa pasaron dous longos anos dende a aparición de Templo das mareas, aquela maqueta autoproducida que nos deixou tan bó sabor de boca. Agora, con este disco, Esenia abre o camiño dunha nova etapa moito máis aberta que os seus anteriores traballos, xa co apoio de Silent Tree, a editora, que lles permitiu gravar na súa cidade (nos estudos Metrópolis) pero que para as misturas do disco preferiu desprazarse ata Finlandia para traballar con Mika Jussila. Son só catro temas, pero prometen moito máis do que ofrecen. E como colofón desta experiencia, avanzamos que Esenia vai participar cun tema, Resurrection, no disco que se está a argallar de tributo aos alemáns Running Wild baixo o título de ReUnation - A Tribute To Running Wild.

Carlos L. Medrano_Esfinxe. Relatos de pensamento creativo_3C3 Esta obra é unha proposta interdisciplinar de aprendizaxe de diferentes contidos curriculares a través do xogo e do enxeño. Nela proponse a utilización da lóxica para interpretar con coherencia os datos que se ofrecen. Clasificados por graos de dificultade (polo que dese xeito resulta doado seleccionar os que poden ser aplicados en diferentes niveis) e dotados dun solucionario final, estes relatos de enxeño son un adecuado complemento para traballar o desenvolvemento lóxico do alumnado e para completar determinados coñecementos teóricos de disciplinas como as linguas, as matemáticas ou as ciencias sociais. E tamén, por que non, para pasar unha boa tarde tentando averiguar as solucións destes problemas de lóxica. Entretemento asegurado. Conta con ilustracións a cor de Elena Menjón.

Enrique Otero_Crebinsky. The Film_Longametraxe Quen non lembra aos míticos Crebinsky, nados baixo o influxo dos efluvios do chapopote nunha triste noite protagonizada polo maldito Prestige? Os irmáns Feodor e Mihail Crebinsky fixéronse maiores e deron o chimpo da curtametraxe á longametraxe. Seguen a sobrevivir apañando o que traen as mareas, as crebas, pero nesta ocasión vense enleados nunha triste historia que ten a Segunda Guerra Mundial como telón de fondo. O desembarco dos aliados, que se ía efectuar nas costas galegas, desprázase finalmente para Normandía. Os irmáns inician entón, guiados pola súa vaca, unha viaxe existencialista que os levará á súa propia orixe.


3

xuño´09

manrique_fernández

A

longa ruta que conduce ata o sepulcro do Apóstolo foi visitada por millóns de peregrinos dende tempos inmemoriais e dende os últimos recunchos do Mundo antes coñecido como Finis Terrae. A meta do peregrino é o sepulcro do Apóstolo Santiago, que predicou naquelas terras, e, tras ser executado en Israel no ano 44, os seus discípulos embarcárono nunha nave sen tripulación que arribou soa na Iria Flavia, moi preto de Padrón, onde foi enterrado. Posteriormente trasladáronse os seus restos á veciña Compostela, sobre cuxo sepulcro construíuse o gran templo, epicentro simbólico do movemento peregrino. Tal é o punto de partida do que nace O Apóstolo, o novo proxecto artellado por Fernando Cortizo. Falamos dunha cinta de animación que conta con actores reais. Non, non estamos a falar de misturas do estilo de Roger Rabbit nin cousas dese estilo, senón que os personaxes están deseñados en función dos actores participantes no proxecto: Luis Tosar, Carlos Blanco, Celso Bugallo, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Manuel Manquiña, Jorge Sanz, e ata Geraldine Chaplin ou Paul Naschy. Todos eles perfectamente recoñecibles e identificables na súa versión animada. Velaí é nada. A historia, lonxe de ser un relato de peregrinaxes, é un conto de aventuras. Un convicto recen fuxido do cárcere tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha solitaria e apartada aldea, Xanaz. Pero o que alí atopará supón unha condena aínda maior da que xa sufriu: sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un estraño sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago cruzarán os seus camiños nunha historia de terror, humor e fantasía. A aldea á que chega o noso amigo tamén ten a súa pro-

pia historia. Xanaz agóchase nas montañas de Lugo, enchida de pedras milenarias e bosques misteriosos. En 1348, en pleno apoxeo do camiño de Santiago un peregrino afectado pola Peste Negra chegaba a Xanaz. Ao principio ninguén sospeitou das súas estrañas manchas e a súa alta febre ata que foi demasiado tarde. Clausuráronse as casas e queimáronse os cadavres pero, a pesares de todo, a enfermidade comezou a correr as súas anchas polo lugar. Xanaz, conver-

teuse nun pobo maldito, aínda que ninguén puido saír nunca de alí para contalo....ata agora. O dito: aventura, maldicións, tesouros, peregrinos, paisaxes e ata a Santa Compaña absorven o protagonismo desta cinta que nestes intres se está a preparar, que está previsto estrear o 25 de xullo do xubilar ano que vén, e que, de seguro, vai petar con forza. Porque se hai algo de que andan sobrados os responsables é de imaxinación. Un exemplo: nestes intres de crise económica galopante, a alternativa para sacar adiante proxectos coma este é a do que poderiamos chamar “multicoprodución”. Que que é iso? Pois algo tan sinxelo como que calquera pode participar na súa financiación sen grandes inversións. A partires dos 30 euros, ti mesmo podes entrar a coproducir a cinta e participar, no seu momento, dos beneficios que poda xerar. Se estás interesado podes atopar toda a información na súa páxina web: www.oapostolo.es/.


sergio_lagartija

M

ontar unha banda co teu irmán non che asegura o éxito, pero pode ser un punto a favor. Descoñezo se hai estudos sobre o tema, se o estreito vínculo familiar pode facilitar que a sensibilidade artística aflore dun xeito máis natural, pero non podemos negar que montar un grupo co teu irmán mola. Así o demostra a multitude de casos, de maior ou menor éxito que se produciron na historia, desde AC/DC a Oasis, pasando por Dire Straits ou The Psychedelic Furs. Os resultados deses supostos estudos deberían duplicarse no caso de Maryland, pois temos dúas parellas de irmáns. Están Rubén (guitarra e voz) e Pablo Castelo (baixo e voz) e tamén Arturo (guitarra e voz) e Jaime Gutiérrez (batería), catro mozos que rozan a trintena e que se unen en decembro de 2007 para formar Maryland, unha banda que bebe directamente do son americano de bandas de powerpop como The Posies, Weezer, Jimmy Eat World ou Nada Surf, e que o 15 de

xuño presentaron o seu primeiro disco, Surprise (Ernie Producións), un traballo conciso, potente, infestado de guitarras e melodías pop. “Sempre haberá grupos coma nós” aseguran, “pois o noso estilo non é consecuencia das modas”. E teñen razón. As súas cancións son o ABC do pop, como se practicou desde que os Beatles axitasen o planeta. No seu primeiro ano percorren Galicia con enorme aceptación, tocando con xente como Deluxe, Dover, Vacazul, os seus amigos Holywater ou Los Lobos. Asoman a cabeza en varios festivais (Rosal Rock, Festas do Cristo da Vitoria), son finalistas do concurso Nsaio No Camiño, e ata realizan unha breve incursión en terras catalás (Gavá e Barcelona). Así entran a formar parte da inevitable e irresistible escena musical viguesa. “Claro que existe unha escena, e esta é potentísima”, afirman. Pero Maryland non é unha banda máis, e son conscientes diso. “Hai un estilo moi marcado, nós soamos de xeito diferente. Non pretendemos innovar nin nos

importan as tendencias. Só continuamos facendo o noso son”. A finais de 2008 entran nos estudos Areamaster (Vigo), onde deseñan con Pancho Suárez o seu primeiro traballo. Deciden enviarlle un tema a Jaime García, líder de Sexy Sadie, coa intención de que colabore con eles, pero a reacción deste é inesperada, pois amósase entusiasmado e invítaos a Mallorca para rematar a gravación no seu estudo Urban Producciones. O traballo de Jaime é minucioso. Grava pandereitas, voces, multitude de arranxos e rebaixa o peso das guitarras substituíndo algunhas por teclados. A consecuencia disto deciden incorporar a Iván Patiño, teclista, como quinto Maryland, curiosamente primo de Cristovo de The Homens, rizando o rizo en canto ao tema de parentescos do que falaba antes. A súa música é directa e natural, como unha boa relación entre irmáns. En calquera caso, trátese ou non dun asunto de familia, Surprise será, con seguridade, un dos discos máis excitantes do ano.

Maryland: un asunto de familia

xuño´09

4


5

Mai-Thu Perret. Delaine Le Bas.

m._fernández

A Nicole Eisenman.

convivencia. Ah, a convivencia. Esa teima do ser humano por mergullarse entre os outros seres humanos que polo mundo pululan. Difícil papel o de conxugar a identidade propia do individuo coa convivencia con outras culturas, outras inquedanzas, outros sentires... A convivencia. Ah, a convivencia. Que diaños é a convivencia? Se alguén pode definila son, sen dúbida, Xabier Arakistain e Emma Dexter. Que por que? Pois porque por algo son os comisarios da exposición que nos achega o MARCO de Vigo, á que deron en chamar Living together. Estratexias para a convivencia. A mostra, producida polo Centro Cultural Montehermoso de Vitoria-Gasteiz, xira “en torno á noción de convivencia no mundo contemporáneo e aos valores sociais e políticos que a conforman”, en palabras dos comisarios. Insistimos en que é unha tarefa farto complicada iso de definir a convivencia, pero para achegármonos un pouco a esa cuestión a mostra reúne un total de catorce artistas dispares. Si, certo: o propio concepto da exposición vén sendo outra

Daniel Baker.

+info que_Living together. Estratexias para a convivencia onde_Salas de exposición do 1º andar. Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo. cando_Ata o 20 de setembro (horario: martes a sábados de 11:00 a 21:00 h.; domingos de 11:00 a 15:00 h.

reviravolta sobre a convivencia. Ou non un exercicio de convivencia calquera mostra colectiva? Todos eles exhiben pezas realizadas nos últimos seis anos ou traballos creados de maneira específica para este proxecto, que van dende a fotografía á videocreación, instalacións, pinturas, esculturas... Todo un abano no que exhibir esas cualidades para convivir cos traballos dos outros. “A partir dunha reflexión sobre a pluralidade de grupos e suxeitos da sociedade actual, Living together ofrece distintas visións das narrativas e valores que regulan a idea de convivencia”, e volven falar os comisarios, que din que enfocaron a mostra “como un exercicio de análise, reunindo a colectivos e artistas de diferentes procedencias que, dende posicións críticas, investigan sobre o concepto de convivencia e sobre o papel que xogan os sistemas de representación no mundo contemporáneo”. Dito queda. A convivencia. Ah, a convivencia. Neste mundo que nos tocou vivir, no que o individualismo parece querer avanzar a pasos axigantados e absorver todo o que atopa ao seu redor, convén deterse de cando en vez para contemplar o noso entorno e máis para reflexionar un pouco sobre todas as cousas que nos rodean. E mergullarnos na arte como elemento reflexivo e incitativo da convivencia. Porque alguén é capaz de negarme que “convivir” vén sendo algo moi parecido a “vivir con arte”? Pois apliquémonos o conto.

xuño´09

Reflexións encol da mecánica da convivencia


6

Guadi Galego (cantante) /

xuño´09

‘O que fago sae de dentro’ -PORQUE BENZÓN? -É unha forma de dar as grazas dunha maneira moi espiritual. En galego é un hiperenxebrismo. Quería darlle as grazas á música tradicional, á música de autor,... -OS CRÍTICOS ACOSTUMAN A ETIQUETAR. GÚSTACHE QUE CLASIFIQUEN A TÚA MÚSICA? -É algo inevitable. Póñenche etiquetas porque senón non és ninguén. Eu teño traballos moi distintos pero non me importan as etiquetas. Eu fago música dende Galiza, galega e universal. -EU DIRÍA QUE A TÚA MÚSICA É INTIMISTA... -Eu son así. Realmente todo o que fago sae de dentro, é verdade. -A MÚSICA TRADICIONAL SEGUE A SER PROTAGONISTA EN TI. NON ESQUECES AS ORIXES, VERDADE? -Para nada. As orixes están aí e non quero obvialas. Van mudando co respecto ao pasado pero están aí. Un non é ninguén sen o seu pasado. Gústame o concepto do local ao universal, de ceos abertos. Somos 25 artístas galegos, de aquí, pero cunha idea de universalidade. -COLABORACHES EN TRABALLOS ALLEOS E AGORA ÉS TI QUEN BOTA MAN DOUTROS MÚSICOS. QUE TAL A EXPERIENCIA? -Era importante conseguir ese punto plural que hai na música galega. Era moi dificil darlle unha música distinta a cada

ESPERANZA, ESE CANCRO

Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Agora presenta o seu novo disco, Benzón, no que tivo o bo ollo de rodearse de grandes músicos e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular.

arranxista e que soara. Non quixen facer un traballo en serie. A experiencia, ao final, foi increible. -ENTRE AMIGOS... -Si e outros que o serán a partir de agora. -EN BENZÓN APARECEN CIDADES COMO PARÍS OU LA HABANA. AS VIAXES MARCAN AOS MÚSICOS? -Sempre marcan. Por exemplo a La Habana fun de viaxe cuns compañeiros e o tema xurdiu nunha conversa no aeroporto. -NON O VEREMOS EN DIRECTO... -O directo é imposible. Habería que montar unha banda...

mentiras

A

POR ANTÓN FERNÁNDEZ

“…

e sabedor dos seus amores co señor de Vrandeville, gardei o anel xunto coas súas cartas e resolvín iniciar unha viaxe longa, para fuxir así dos meus pesadelos, ou tal vez para enfrontarme a eles […] Esta era, máis ou menos, a cuestión: ou me atrevía eu a desafiar os seus novos sentimentos por Vrandeville [...] axeonllado no Arco da Grand Place co anel na man e un discurso leal [...] ou ben aceptaba escoitar as voces que desde a miña conciencia lembraban as traizóns cometidas, a dor que eu lle causara a vostede […] E

andrés_mahía* decidín que nin sequera a posibilidade de perdela para sempre, querida, debería impedir que eu facilitase a súa merecida procura de felicidade […] E se decido agora escribirlle estas liñas, é co ánimo de que remate vostede para sempre cos restos da esperanza que arruínan cada un dos días da miña existencia. Dígame que o seu amor por min está morto, seco, como as follas de outono [...] Só así poderei vivir sereno outra vez […] a esperanza, que tantas veces brinda a luz precisa para transitar o mundo, é agora un anaco de metal afundido nas miñas entrañas […]” Fragmento da carta de M. Olivier Strech a Mme. P. Dupin. Abril, 1823. Biblioteca Orsay de Gante. *Andrés Mahía é guionista


7

queres darte a coñecer? kalaikia@apeneira.com

Daga de 2 puntas, pop-rock de granito xuño´09

‘N

on admira quen máis mira senón aquel que pensa o que ve”. Con esta cita reflectida no seu primeiro traballo do 2008, Daga de 2 puntas lanza unha invitación non só a apreciar a súa música, senón tamén a criticala, pois a propia banda afirma entre risas que “a opinión e a competencia fainos mellorar cada día, aínda que ao final fagamos sempre o que nos apeteza”. Eles son Sabela Cerezo, Anxo Casales, Kiri Cabaleiro, Rafa González e Fran Leboso, e a historia é a que segue: no ano 2006, Rafa e Fran quedan para tocar coa idea de estudar música xuntos, pero pronto esa mesma idea gusta a máis xente ata darlle forma ao que hoxe é Daga de 2 Puntas. Co tempo, e aínda sen unha intencionalidade clara de subírense a un escenario, a agrupación decátase de que conta cunha formación estable, un repertorio propio, e ademais forza de abondo, gañas a esgalla, e ilusión a moreas. Velaí a orixe de todo. Son rapaces de entre 17 e 24 anos que no pasado mes de agosto presentaron en directo a súa primeira maqueta, que quixeron bautizar como Todo por un concerto (parece que xa lles empezaban a tirar os escenarios!!) E foi directamente na casa: na Praza do Concello do Porriño, a terra do granito. Na-

queles días venderon ata 400 exemplares daquela primeira gravación. “Este feito motiva máis se cabe a seguir coa evolución desta forma de vida” que para eles é a música, aseguran. Dende aquelas datas pasearon o seu traballo por prazas, salas e locais de España e Portugal e acadaron o soño de que a música trocase as súas vidas ata o punto de que o pasado mes de maio xa estaban presentando no Festival de Curtas de Cans o seu primeiro vídeoclip Qué más da, dirixido por Ana Diz e Andreia Táboas. Logo dun ano nos escenarios, manteñen un repertorio de versións e de

cancións propias nas que amosan a súa debilidade por un pop-rock influído por unha morea de estilos que van dende o chill ao hip-hop, house, progressive, ska e ata o reggae, entre outros. Din que están a traballar en novo material e que non van tardar en volver ao estudo de gravación para darlle forma ao seu primeiro disco ofricial, así que haberá que estar atentos. Mentras, poderemos seguir a súa andaina pola internet a través de www.dagade2puntas.com.

BOB O CONSTRUTOR, “YES, WE CAN”

4:3

jacobo_paz *

P

ode que «yes, we can» sexa unha frase popularizada por Barak Obama, pero moito antes de que o presidente norteamericano a empregase como lema da súa campaña electoral este xa era o berro de guerra dos seguidores de Bob o construtor, unha serie infantil que comezou a emitirse en 1999. Como o título pode levar a engano, será mellor aclarar que Bob o constructor non é unha serie protagonizada por un promotor inmobiliario que se dedica a especular. Iso sería demasiado didáctico para os nenos e aquí o que se trata é de telos entretidos con contos sen conexión coa realidade. Só nun mundo de ficción poden existir Bob e as máquinas que o axudan. Para os adultos, ver a un albanel que mellora a calidade de vida dos seus veciños mediante as súas reparacións resulta demasiado irónico. Acostumados a Pepe Gotera y Otilio, ese dúo de chapuzas tan español, Bob o constructor preséntase como o representante ideal dun gremio cunha ma-

la sona gañada a marteladas. Para que a fantasía fose perfecta, a esta serie só lle falta un banqueiro que conceda créditos sen intereses. *Jacobo Paz é guionista


Hexed: A serie que Emma Ríos x.r._couñago

kalaikia@apeneira.com

986.660.986

www.apeneira.com

Dirección: Guillermo Rodríguez

Coordinador: Diego Giráldez

Deseño: Manrique Fernández

DP: VG 1253-2008

ISSN: 1889-464X

H

exed a serie que a galega Emma Ríos fixo para Boom! Studios en Estados Unidos foi todo un éxito e isto motivou que a editora xa anunciase a publicación dun volume recompilatorio en capa dura que chegará ás tendas o vindeiro mes de xullo. Esta serie conta con catro volúmenes e foi publicada simultaneamente en formato papel e na web desde a que se pode descargar gratuitamente no myspace da editorial Boom!Studios. O guionista de Hexed foi Michael Alan Nelson creador de títulos como Dead Run, Cthulhu Tales, Dominion, Last reign ou Full of Cthulhu: King of wars e a cor correu a cargo de Cris Peter que ten traballado en The Savage Brothers, Thombie Tales ou Fall of Cthulhu entre outros. Emma Ríos ocupouse tanto da tinta como do lápiz. É a historia dunha ladroa xuvenil, Luci Jennifer Inacio Das Neves – “Lucifer”, con poderes sobrenaturais e que acompañada dun pequeno peluche é capaz de viaxar a outros universos paralelos e contactar con espíritus de toda índole. Nesta ocasión vai ser vítima dunha chantaxe e terá que arriscar a súa propia vida. “Lucifer” naceu como secundario na serie de Cthulhu Tales da mesma editorial, pero o guionista quixo desenvolver ao personaxe nunha serie particular. Trátase dun mociña capaz de saltar do romance ao gore sen desentonar. No que respecta ao traballo de Emma foi capaz de adaptarse ás esixencias do guión e recrear á perfección os momentos de loita épica cos inimigos así como os de debate interno da protagonista. A galega está dotada dunha extraordinaria capacidade para encher os seus debuxos de dinamismo e cinética. É capaz de lograr que unha secuencia típica de conversación adquira unha inercia visual que fai atractiva visualmente tramos da historia que doutro xeito serían moito menos dixeribles. É unha narradora visual que non dubida en arriscar á hora de parcelar a páxina coas viñetas e que gusta de romper da uniformidade compositiva na que outros caen. Consegue crear ambientes enigmáticos e perturbadores rodeando ás figuras humanas de formas extranas e envolventes que recrean un ambiente máxico e conseguen transportar ao lector a outra dimensión da realidade. Realmente chega a cuotas nas que o lector parece deslizarse por un divertido tobogán de atractivas escenas nas que xoga moi ben co “tempo” das accións. Ademais Emma non escatima esforzos á hora de xogar cos enfoques de cámara e cando a acción o require móvenos entre picados, contrapicados e visións de 3/4 que describen a situación e aos personaxes dun xeito casi tridimensional. A esta arousana que comezou como arquitecta agárdaa un futuro brillante como autora de banda deseñada.

converteu en

máxica

enma_ríos

xuño´09

8

Kalaikia 33  

Magazine cultural Kalaikia

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you