Issuu on Google+

janite,

by Sergio Lagartija

03

Ramón Viéitez abre unha fiestra á nova arquitectura galega

Confesonario

Russian Red desvélanos as súas inquedanzas

04

06

Patasdepeixe, preséntanos a un neno devorador de libros

K o l e c t i v o 07

Ana Pérez Cerviño, ou como facer arte tuneando ideas

criticArte

08

Susana Cendán viaxa a Londres para presentar a faciana fashion de Chalayan

maio´09

32


2 A Coruña

Representación de Testosterona, a cargo da compañía Chévere. 16 de maio ás 22.00 horas Teatro Ensalle.

Exposición de pintura A escola de La Haya. Obras mestras do Rikjsmuseum. Até o 21 de xuño. Pazo de Exposicións e Congresos (PALEXCO).

maio´09

Vigo_Pontevedra

A Coruña

Vigo_Pontevedra

Concerto de Tangazz Trío. 23 de maio ás 23.00 horas Pub Garufa.

Exposición Manuel Eirís. Rúa Palma, nº 9, 2º. Até o 21 de xuño. Museo de Arte Contemporánea-Espazo anexo (MARCO).

Compostela_A Coruña

Compostela_A Coruña

Representación de danza Menos 1 a cargo da compañía Pisando Ovos. 29 de maio ás 21.30 horas Sala Nasa.

Representación de Evita, Eva Perón, a cargo da compañía Encena Producións Artísticas. 30 de maio ás 18.00 e ás 21.00 horas, e 31 de maio ás 18.00 horas Sala Santart.

Lugo

Pontevedra

Representación de O médico a paos a cargo da compañía Pinchacarneiros, dentro da VII Mostra de Teatro Galego. 18 de maio ás 20.30 horas Auditorio Gustavo Freire.

Exposición Alejandro de la Sota e o Pavillón Municipal do Deporte sobre a obra do arquitecto pontevedrés. Até o 14 de xuño. Pazo da Cultura.

Ourense

Ferrol_A Coruña

Concerto para escolares dentro do ciclo de jazz clásico a cargo de The New Orleans Blue Stompers. 21 e 22 de maio. Auditorio Municipal.

Representación de Bailadela da morte ditosa, de Roberto Vidal Bolaño, a cargo de Teatro de Ningures. 5 de xuño ás 20.30 horas Teatro Jofre.

Nunc et in hora_Francisco

Fanny + Alexander_Alfaias_A Regueifa Volven os composteláns Fanny + Alexander co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Copyleft tanto en formato físico a traves de ARegueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel ARegueifa Plataforma. Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do pop contemporáneo, indo dende o pop electrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos en língua galega, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI. Continuando coa liña dos traballos anteriores, as letras dos temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración, contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel, de Projecto Mourente; Martin Wu, de The Homens; Alex Charlón, de Ataque Escampe; e o hammond de Banin, de Los Planetas.

Alberto Lema_Sidecar_Galaxia Alberto Lema presenta en Sidecar dous relatos de corte erótico nun volume no que as palabras pronunciadas (ou non) polo desexo e polos corpos lle van dando forma definida. Pausas, fracasos, cimas e perdas son algúns dos lugares onde o lector poderá atopar os protagonistas destas historias. E aínda lle queda tempo ao autor para deixarnos tamén o seu testemuño do real en forma de conflito laboral, nota sobre a emigración, ou mesmo un breve ensaio sobre a imposición do ideal amoroso. Remiso á hora de pretender referentes, apúntanos, preguiceiro, o Banquete de Platón “pola paixón polo viño, a carne e a conversa” e o cine de Fellini “cando se pon giallo”. Cando ten que deixarnos un enderezo xenérico escolle “porno existencial, por dicir algo”.

Brives_Longametraxe Toda unha longametraxe sen diálogos de ningún tipo? Pois si. Francisco Brives, recoñecido poeta, presenta en Nunc et in hora (“No momento oportuno”) unha aposta tan rotunda como experimental. Inspirada polo neosimbolismo, nesta cinta trátanse tratan temas que parten do individual transcendendo cara ao universal “na procura dun retrato que conduce á batalla da alma”, en verbas do propio Brives. Protagonizada por Eva Barceló, Luisa Aguado e Alvar Zarco, procedentes do teatro, foi rodada en Galicia, Madrid e Castela e presenta “unha sinfonía de luces, paisaxes e sons que transportan ao espectador á reflexión sobre o aquí e o agora do ser humano”. E volven ser verbas de Brives.


3

maio´09

Unha fiestra á nova arquitectura galega Hoxe en día tentar establecerse como arquitecto, tal e como está o panorama no sector da construcción, parece unha loucura. ¿Cómo seguen aparecendo novas firmas? Vexamos a continuación as claves: USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS. A mediados dos anos noventa comeza a expansión masiva do uso do ordenador nos estudos de arquitectura e, con el, chegan as novas ferramentas de debuxo e deseño. Hoxe en día a evolución segue cos medios de representación fotorrealísticos que permiten chegar a resultados finais realmente creibles. Como exemplo déixovos o enlace ó blog do estudo enzimas: http://enzimasblog.wordpress.com DIFUSIÓN NO ENTORNO VIRTUAL. Os estudos de arquitectura tradicionais deron as costas a publicidade e a difusión do seu traballo fora dos ámbitos especializados. Esta actitude alonxou os pensamentos dos profesionais da xente, erro que aínda lamentamos os que creemos que esta é unha profesión social. As novas xeracións sen embargo están tratando de subsanar esta altanería coa difusión dos seus pensamentos e obra en blogs, páxinas webs ou redes sociais, conseguindo así darse a coñecer como profesionais cun custo de difusión que tende a gratuidade. Como exemplo o myspace de Joaquín Gutiérrez, www.myspace.com/jgutierrezarq e aproveitando a ocasión a miña propia páxina web www.ramonvieitezrodriguez.com ASOCIACIONISMO E COLABORACIÓN. Nunca antes tantos arquitectos deciden asociarse para comezar a súa actividade profesional, son moitos os que deciden formar grupos de traballo chamados “obradoiros”, “asociacións” ou “colectivos” que afrontan os comezos arroupándose uns a outros nestes organismos complexos que son capaces de responder ós encargos con axilidade. Como exemplo a web de Ergosfera www.ergosfera.org ou a de CDG arquitectos www.cdgarquitectos.com MULTIPLICIDADE DE FACETAS PROFESIONAIS. Outra das vías para conseguir traballo é saírse das marxes tradicionais reservadas ós arquitectos. Na sociedadade actual demándanse cada vez máis elementos de deseño e moitos son os estudos de arquitectura que exploran estes ámbitos, ocupando un espazo aínda valeiro coa vantaxe de que a competencia é menor que nas tarefas relacionadas coa construcción tradicional. Así destaco o mobiliario urbano “Saxo” do xove estudo Onarquitectos www.onarquitectos.com ou os traballos de deseño gráfico de Desescribir www.desescribir.com. CONCURSOS. Os concursos seguen a ser unha das formas máis exitosas de darse a coñecer no mundo da arquitectura. Nos últimos anos a proliferación deste tipo de eventos deu lugar a unha cantidade inxente de premios que están a disposición de todo o que queira presentarse. Como exemplo o último convocado polo Foro da Madeira de Galicia que arroxou varios gañadores entre eles Xulio Turnes Vieito un xove arquitecto santiagués. Aínda que a tarefa parece imposible, son moitos os xoves que adican o seu esforzo a competir nesta área saturada e algúns incluso sobreviven.

Casa Fernán (Xulio Turnes Vieito).

ramón_viéitez


Lourdes Hernández (Russian Red) / A Russian Red -alter ego de Lourdes Hernández- o respecto como artista lle chegou da man de MySpace e Youtube. Con “I love your glasses”, esta madrileña de 23 anos colleita éxitos por onde pasa. Débelle o nome a unha cor de pintalabios e participou nas bandas sonoras de Camiño e El rey de la montaña.

–O certo é que está moitas veces na miña cabeza e xa teño algunha canción. A ver se empezamos a gravar a finais de ano. –INCLUIRÁ EN PRÓXIMOS TRABALLOS AS CANCIÓNS DA MAQUETA QUE A DEU A COÑECER? –Non creo. Agora interésanme máis os temas que foron xurdindo despois do disco e cos que me sento máis identificada. –NO SEU CASO O DIRECTO VEU ANTES QUE A GRAVACIÓN. HAI ALGÚN TRAZO DA SÚA VOZ EN CONCERTO QUE SEXA INCAPAZ DE PLASMAR EN ESTUDO? –É que iso depende do son, a acústica... Son cuestións máis técnicas e eu non son a profesional. Pero si que me gusta máis o son do directo que o de estudo. –CAL FOI ATA AGORA O SEU MELLOR PÚBLICO? –Pois a verdade é que lembro dous. O concerto na sala Karma de Pontevedra, que estaba chea, e en Granada. Directos nos que o público estivo verdadeiramente entregado. Lembro dun modo moi especial estas dúas ocasións. –E CANDO TODA ESTA VORÁXINE SE CALME, TEN PREVISTO RETOMAR OS SEUS ESTUDOS DE

TRADUCIÓN? –O certo é que se volvese á universidade sería para estudar outra cousa. Xa non me propoño dedicarme á tradución, así que volvería para empezar outra cousa.

mentiras

A

POR CAROLINA PIÑEIRO

‘Para min, o importante é poder tocar e gozar facéndoo’

–PARECE QUE ESTÁ ABRINDO CAMIÑO AO INDIE... –Eu non o diría así. Tivemos moita sorte, tocamos moito. E logo veu o disco. Pero non me consideraría como un referente. –ADEMAIS DO VERMELLO DO PINTALABIOS, MANEXOU OUTROS NOMES? –Pois a verdade é que o nome xa o tiña un ano antes de gravar o disco, entón xa non me prantexei outro. –NON LLE PARECE MÁIS MERITORIO GAÑARSE O RESPECTO COMO UNHA ARTISTA “SERIA” A TRAVÉS DA REDE; UN ESPAZO QUE PARECE ESTAR RESERVADO PARA XENTE MÁIS “INFORMAL”? –A verdade é que non creo que sexa máis meritorio, porque internet ofrece moitas vantaxes e agora é máis fácil darse a coñecer. –PERO A OFERTA É MOITO MÁIS AMPLA. –Non o vira así. Como internet ofrece tanta información talvez sexa máis difícil, pero nós tocamos moito. –EN MYSPACE A SÚA PÁXINA SUPERA XA O MILLÓN E MEDIO DE VISITAS. É TODO UN LOGRO. –Si, a verdade é que é moitísimo. –SAÍU EN TODAS AS CABECERAS IMPORTANTES. QUE SENTE AO VER A SÚA CARA NOS QUIOSCOS? –Eu non me fixo moito niso. Si que leo as entrevistas; pero a quen máis ilusión lle fai é á miña nai. Para min o importante é poder tocar e gozar facéndoo. –O ÉXITO TAMÉN A LEVOU A PROTAGONIZAR A CAMPAÑA PUBLICITARIA DUNHA MARCA DE ROUPA. IMAXINÁRASE ALGUNHA VEZ A SI MESMA COMO MODELO? –Que va! Se son un tapón... –EN “I LOVE YOUR GLASSES” ATREVEUSE CON CINDY LAUPER. A QUEN LLE GUSTARÍA VERSIONAR AGORA? –Faríame moita ilusión versionar a algúns autores pero non sei se meterei algunha versión no próximo disco. Ao mellor algún día podo facer un só de versións. –TEN XA EN PROXECTO O PRÓXIMO ÁLBUM?

TRUE LOVE

maio´09

4

vida e as historias de amor levan case sempre camiños diferentes. Mathew Emery, un entomólogo de Manchester clasificou máis de nove mil especies de bolboretas en América do Sur. Foi a obra dunha vida. Cando embarcou en Liverpool en 1893, Mathew deixou atrás á muller que amaba, unha virtuosa do piano chamada Alexandra Waston-Firnch. As súas paixóns eran contrapostas e inquebrantables, coma os taboleiros dunha cruz. No peirao, Mathew prometeulle a Alexandra que volvería para vela tocar desde o palco central do Fennymore Theatre, onde ela soñaba con debutar. E mentres Mathew veneraba a Darwin e descubría a heliofilia da Ornithoptera Alexandrae –así bautizada por el-, Alexandra chegou

andrés_mahía* a triunfar moitas veces no Fennymore. E sempre buscaba unha fenda de escuridade entre os focos para poder distinguir aos ocupantes do palco central. Nunca sucedeu. Alexandra casou cun director de orquestra francés e tivo con el catro fillos. Gozou da familia, do éxito e dunha vida tranquila que durou setenta e catro anos. Pero naquelas olladas cara o palco central, sen esperanza, repetidas e inevitables coma os eclipses, podíase rastrexar o brillo do único amor verdadeiro. O que sempre está preñado de desexo. O inacabado. *Andrés Mahía é guionista


5

perfecta

sergio_lagartija As súas mans súan mentres me agarran con firmeza, sucede sempre así. Xusto antes de que o grupo saia, paréceme encantador que Janite chegue incluso a tremer, amosando unha debilidade que non se corresponde cos seus xa dez anos de experiencia. Dez anos ao seu carón, el e máis eu, quen mo ía dicir. Se cando nos vimos por vez primeira el parecía interesado en todas nós. Despois explicoume que é precisamente a fascinación que sente cara a nós a que fixo que se convertise no fotógrafo que é agora. Especializouse en concertos de rock e, malia que disfrute coma un neno fotografando figuras toscas que empuñan ameazadores instrumentos, el é fotógrafo pola atración que nós exercemos sobre el. Flashes, obxectivos. Parece que xa sae a banda ao escenario. A iluminación, da que Janite e máis eu estamos sempre tan pendentes, parece definirse, ao mesmo tempo que por tras nosa o ruxe-ruxe disperso convírtese nunha onda de sonora excitación que sempre parece que nos vai engulir. Agárrame con forza, tremelecente, sendo esa incertidume a que o mantén alerta e fai que dea o mellor de si. Sacará miles de fotos. Cando voltemos á casa tomará unha cervexa, prenderá un cigarro e pasará a noite en vela selecionando as súas favoritas. É consciente de que os avances técnicos tamén teñen os seus inconvintes. “Antes sí que era un oficio”, acostuma a dicir con nostalxia, malia que el non viviu esa época. Medir a luz, o revelado, o inevitable feitizo de todos eses cachivaches que xa pasaron a mellor vida. Agora todo é más rápido e limpo, tes a tentación de esquecerte do momento, coma un soldado zoupón, e disparar por disparar. Iggy canta Gimme shelter, Janite parece que baila, pero en realidad está a piques

de atopar a posición axeitada para que eu poida capturar a alma desta noite, outra noite máis que compartimos xuntos. Resístese a empregar o flash, “non fai falla”, di, e saca todo o partido ás luces do escenario, creando imposibles contrastes das luces más tenues coas sombras de máis peso, sen que haxa un punto de luz que escape da súa visión. Iggy ataca No fun e Janite e máis eu atopamos máis e máis intres cos que quedarnos, dos que el mesmo descartará a maioría, en contra da miña vontade. É consciente de que ser fotógrafo é unha carreira de fondo. El é novo e os seus referentes son sempre moito maiores, así que esíxese moito e segue a correr. Iggy abandona o micrófono en I wanna be your dog. Janite aprétame entre as súas mans e un dos seus longos dedos deslízase sensualmente ata que atopa o botón por enriba da miña cabeza, mentres que a iguana do rock camiña con suficiencia e dun chimpo sube a un dos amplis. Sígoo coa mirada e sei que agora janite vai chantar os seus pés no chan, consciente de que iste, e non outro, é o momento da noite. Iggy baila sobre o amplificador, Janite e máis eu somos unha soa máquina. Unha máquina perfecta capaz de deter o tempo ao grito de: ¡agora!

maio´09

Janite, a máquina


maio´09

6

ana_belén_real

Patasdepeixe irrompe no

mercado editorial con O incrible neno devorador de libros

O

equipo de Patasdepeixe está formado por persoas distintas en cada proxecto, porque cada libro require dunhas habilidades e uns talentos diferentes. En palabras de Laura Sáez, tradutora nesta ocasión, “a editora é un organismo vivo que muda segundo os proxectos nos que se involucra”. O incrible neno devorador de libros de Oliver Jeffers é un libro dirixido a persoas de 0 a 99 anos, porque “é un libro moi completo, as ilustracións son preciosas, o texto é moi simpático”. Desde Patasdepeixe “puxemos moita ilusión, para facer un libro incrible, cuns cartos que tiñamos, porque Patasdepeixe está en contra do sistema de subvencións, debemos ir adiante pola nosa viabilidade económica, e polo tanto, e sendo consecuentes, non sabemos se sacaremos un segundo libro ou non”. Elixiron a tradución porque é un sistema de incorporar novidades ao galego, “se nos autoalimentamos do que nós facemos dalgunha forma estamos pechando un círculo que na cultura non ten moito sentido porque todo nace a través das mesturas e das influenzas e aínda que é moi importante potenciar o noso, non hai que ser egocéntricos e aprender dos demais, e a tradución é unha porta ao que hai fóra”. Que lles suxire a vostedes Patasdepeixe? Desde este novo proxecto queren deixar voar a imaxinación e, que esta leve ata onde poda chegar.


7

queres darte a coñecer? kalaikia@apeneira.com

Ana Pérez Cerviño, ¿Quén?... Ana Pérez Cerviño (Vigo) é escritora, ilustradora e deseñadora gráfica. ¿Como empezou todo?... Comezou a súa andadura estudiando Arte e aprendendo con todo tipo de mostras pictóricas. Pouco despois empezou a desenvolverse o seu interese polo mundo da literatura. Asistiu a obradoiros literarios, empezando a escribir o seu primeiro poemario ao mesmo tempo que asistía a recitais poéticos e participaba dando clases de Iniciación a poesía e Obradoiros literarios. Ultimamente o seu arte amplíase, abríndose camiño no mundo do Deseño Gráfico, as Artes gráficas e a Publicidade para investigar en novos traballos e enriquecerse. ¿Dando paso a...?... A fusión da literatura cós audiovisuais, a poesía gráfica e visual,

ao net-art (arte dixital) e a súa configuración entre deseño e puro arte.... ¿Motivacións?.... Sobre todo, é unha búsqueda. Para encontrar novos camiños e axudar a dinamiza-la cultura entre os mais xóvenes, promover a literatura. Facer soñar e transportar soños. Tamén unha necesidade, poder contar historias a través das palabras ou do arte. Poder expresar miles de sentimentos e emocións tan só co poder da creatividade, o bo traballo e a ilusión. ¿Agora?.... O meu desexo e seguir traballando e argallando ideas. Abrir novos camiños. Seguir investigando no Deseño, escribir, continuar co meu proxecto dos audiovisuais, e intentar preparar novos obradoiros de poesía visual e comunicación gráfica. Intentar remover ou desconcertar, aló menos, esta cultura local e seguir loitando ¡pola fermosura da cultura e as nosas palabras! Porque ao fin e ao cabo ¿qué seríamos sen arte neste mundo?....

4:3

CHOQUE DE CIVILIZACIÓNS

PERDIDOS EN LA TRIBU,

maio´09

argallando e tuneando ideas

jacobo_paz *

N

a película Bienvenido, Míster Marshall, os veciños dunha vila de Castela modifican os seus hábitos e transforman as súas casas. Queren darlle un aspecto andaluz que se corresponda coa folclórica idea que os norteamericanos que os van visitar teñen de España. É dicir, deforman a realidade para axustarse aos preconceptos dos estranxeiros. Ao mirar o reality de Cuatro un ten a sospeita de que asiste a unha representación, de que os indíxenas esfórzanse por facer o papel de ‘salvaxes’ o mellor posíbel. Esta sospeita confírmase cando un descobre que este formato xa foi emitido noutros países co nome de Ticket to the tribes e que as tribos seleccionadas para enviar aos occidentais foron as mesmas. De modo que os habitantes desas ‘remotas civilizacións’ xa están adestrados niso de aturar a concursantes. Supoño que esta é unha evolución lóxica na explota-

ción deses pobos: primeiro foron masacrados, logo discriminados e agora, cando o planeta xa é un parque temático, empregados para o espectáculo. O peor é que resulta entretido. *Jacobo Paz é guionista


8

kalaikia@apeneira.com

986.660.986

www.apeneira.com

Dirección: Guillermo Rodríguez

Coordinador: Diego Giráldez

Deseño: Manrique Fernández

susana_cendán

N

o outono de 2000 Hussein Chalayan (Nicosia, Chipre, 1970) presentou unha colección cuxa pegada non deixou de conmocionarnos. After Words, concluía cunha performance na que catro modelos visten as fundas de tea que cubrían catro cadeiras, mentres que unha quinta acaba poñéndose unha mesa de listóns de madeira por monteira. E para rematar, os mobles pregábanse converténdose en maletas que as modelos portaban suxerindo viaxes cara a rumbos incertos. A colección completábase cuns deseños sutís e refinados -o marabilloso traxe elaborado con superposicións de capas de tul azul- que, sen facer alusión ao traballo de ninguén, non perderon un ápice da súa vixencia. Nembargantes non todo é moda no universo deste creador xenial que sabe facer virtude da súa condición británico-mediterránea, e ao que tan axiña atopamos editando un vídeo para as institucións máis prestixiosas de Europa como preparando a súa participación para representar a Turquía na Bienal de Venecia (2005) ou formando parte dunha das coleccións máis multidisciplinares deste país, a do MUSAC. Chalayan cuestiona a través dos seus traballos de moda problemáticas tan controvertidas como a inmigración, a fe cega no progreso ou a neurose xerada ao redor do terrorismo internacional -imposible de esquecer aquelas escenas televisivas de miles de americanos comprando mascarillas para protexerse dun posible ataque con armas químicas-. Infundir o pánico de xeito maniqueo funciona, senón que llo digan a determinados políticos e medios de comunicación. Consciente diso, Chalayan crea unha peza de vídeo, A presenza ausente -realizado para a Bienal de Venecia de 2005-, na que mulleres non británicas doan roupa das que se extraen células para, unha vez examinada a súa secuencia de ADN, especular como sería a súa aparencia física. O vídeo protagonízao a actriz inglesa Tilda Swinton que, coa súa peculiar androxinia parece conquistar a alma de moitos deseñadores. Victor & Rolf dedicáronlle toda unha colección, aínda que as súas formulacións conceptuais son menos crípticas cás do creador chipriota. Coinciden na procura de novas canles a través das que expresarse, en utilizar a moda como un medio para investigar conceptos que van alén do estritamente comercial. Aínda que, como me advertiu unha amiga, Chalayan nunca se riría contigo no sofá da túa casa revisando algún dos episodios de Sexo en Nova York e Victor & Rolf sí. Unha boa razón para elixir, aínda que, polo momento, prefira non facelo.

+info

Hussein Chalayan_ From Fashion and back_ Design Museum. London_ Ata o 17 de maio_

hussein_chalayan

DP: VG 1253-2008

ISSN: 1889-464X

maio´09

Moda con contido


Kalaikia 32