Issuu on Google+

Detalle dunha fotografía de Noemí Díaz Patiño

03

Unha mancha humana invade as salas do CGAC

04

Quico Cadaval repasa a última montaxe do Centro Dramático Galego

Confesonario

06

Confesamos a Emma Ríos, a última gran promesa da banda deseñada galega

K o l e c t i v o 07

Rojo 2, a nova sensación do hardcore vigués

Artellando

08

Francisco Porto lévanos a visitar o Centro Internacional da Estampa

marzo´09

30


2 A Coruña

Celebración da VII Mostra de Teatro Galego. Do 8 de marzo ao 18 de xuño. Consultar cartelera para programa, horarios e lugares de celebración.

Concerto a cargo de Joan Manuel Serrat, que presenta o seu novo espectáculo 100 x 100 Serrat, de corte intimista. 29 de marzo ás 20:00 horas . Pazo de Congresos

marzo´09

Lugo

A Coruña

Vedra_A Coruña

Actuación de Les Luthiers, que presentan o seu novo espectáculo Los Premios Mastropiero. Do 18 ao 21 de marzo, ás 21:00 horas. Coliseum .

Festival de teatro Teatrofilia 2009 Ata o 4 de abril. Consultar programación.

Tui_Pontevedra

Compostela_A Coruña

Quinta edición do Festival Internacional de Cine Documental PlayDoc’2009. Do 18 ao 22 de marzo. Consultar programa en www.play-doc.com.

Concerto de Jazz Frequency Group 31 de marzo, ás 22:00 horas. Sala Ultramarinos

Ferrol_A Coruña

Vigo_Pontevedra

Exposición de pintura Orixes da vangarda rusa. Ata o 29 de marzo. Fundación Caixa Galicia

Ciclo de cine Ficción Portuguesa. 18 e 25 de marzo e 1 e 8 de abril, ás 20:00 horas. Museo Verbum .

Compostela_A Coruña

Ourense

Concerto de Keren Ann dentro do ciclo Sons da Diversidade, no que presentará o seu último traballo, que leva o seu mesmo nome. Domingo 29 de marzo, ás 21:00 horas. Auditorio de Galicia.

Teatro infantil. Representación da obra Cósima a cargo de Sarabela Teatro. 29 de marzo ás 12:00 horas. Auditorio Municipal.

Wöyza_Pisando el suelo que ves_Licor Kafé Producciones Dende Moaña chega a nós o primeiro traballo discográfico de Wöyza, uruguaia afincada nestas terras que se nos presenta da man de El Puto Coke e trae baixo do brazo unha colección de 13 temas (só un en galego), englobados baixo o título xenérico de Pisando el suelo que ves. Dacabalo do hip-hop, o soul e o rythm & blues, Wöyza amosa unha sorprendente capacidade de rexistro en canto a harmonías e estruturas. Para a ocasión contou con colaboracións moi especiais, como as de Kesia e Dani Reus, que fora en dúas ocasións candidato ao Grammy no apartado de Gospel. Sorprende, finalmente, o lanzamento deste traballo en vinilo (en formato dixital xa leva algúns meses na súa páxina web), o que demostra que os vellos discos están de volta coa intención de quedarse. www.woyza.es

VV.AA._Dicionario enciclopedia do pensamento galego_Xerais / Consello da Cultura Galega Esta obra, coordinada por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García e redactado por 46 persoas, trata de conxuntar un dicionario de pensadores galegos e unha visión temática que permita encadrar o labor máis directamente filosófico no campo xeral da nosa cultura. De aí a súa división en dúas partes: a primeira, un dicionario de autores, e a segunda, unha enciclopedia que complementa temas, ideas e persoeiros que propiamente non caben na primeira. Deste xeito, en orde alfabética, permite un percorrido polo enteiro transcurso da nosa historia intelectual e da achega realizada por 110 autores, mentres que a Enciclopedia propicia un amplo encadramento nos diversos campos da cultura: antropoloxía, pensamento científico, dereito, economía, estética, exilio, feminismo, literatura, matemática, medicina, nacionalismo, pedagoxía, política, prensa e relixión.

Campás_Jairo Iglesias_Curtametraxe Galicia, 1937. Fernando, doutor da vila, acompaña a Manuel e Antón ao interior de Galicia, onde hai poboación e soldados feridos por mor da Guerra Civil. Polo camiño Antón comeza a lanzar pedras contra as campás das Igrexas. Fernando e Manuel non comprenden o porqué, pero saben que de seguir así, rematarán metidos nun problema. Escrita e dirixida por Jairo Iglesias e rodada nas montañas da Fonsagrada, esta curtametraxe pecha unha triloxía do autor centradas na Guerra Civil española, unha historia de amor nun contexto difícil naque “con todo, o principal é contar o absurdo da guerra dende o realismo máxico que xa exploráramos en 1936 e máis en Cores”, en palabras do autor. A cinta está interpretada polos actores Fernando Morán, Xosé Barato, Vicente de Souza, Belén Constenla, Isabel Blanco e Gustavo Pernas, entre outros. Podes ver o trailer en www.curtacampas.com


3

marzo´09 Anna Maria Maiolino,“É o que sobra”, 1973. Imaxe de Mark Ritchie

redacción

O

Centro Galego de Arte Contemporánea (cgac) presenta a exposición Amancha humana unha mostra que, a dicir dos organizadores, ten como obxectivo “presentarlle ao público dende unha perspectiva diferente un dos movementos artísticos máis importantes da segunda metade do século XX, a Arte Conceptual, así como a súa relación co resto das prácticas artísticas posteriores a ela”. Pero, ao mesmo tempo, pretende tamén reflectir como esta corrente se integrou paulatinamente nas coleccións do CGAC, pois constitúe un dos seus principais eixes temáticos, e achegar unha nova articulación discursiva sobre os fondos do museo a través dun comisario externo a el, neste caso a alemá Ellen Blumenstein. Apartir destas finalidades. Blumenstein revisa os fondos das coleccións do CGAC e da Fundación ARCO para concretar os aspectos conectivos e os puntos de ruptura no que respecta á relación entre a Arte Conceptual e outros movementos relacionados das catro últimas décadas como o minimalismo ou a land art, até as tendencias máis recentes agrupadas baixo a denominación de neoconceptual. O principio que guía o seu proxecto, sinala a comisaria, “é amosar que a preponderancia da idea nestas correntes e a súa suposta pureza e neutralidade formal non son necesariamente opostas á emocionalidade, á subxectividade persoal, á poesía ou ao político”, senón que as relacións establecidas entre os diversos elementos que atravesen a obra de arte son as que crean unha tensión frutífera. Atese central desta exposición é que a lóxica racionalista coa que adoitamos identificar a Arte Conceptual a miúdo require unha investigación máis profunda do que realmente sucede subxectivamente, tanto no lado do creador coma no do espectador; procura afondar no achegamento ao suxeito a través dos tres principais elementos do Conceptual e dos movementos relacionados con el: a linguaxe, o espazo e o corpo. A mancha humana. O conceptual nas coleccións do CGAC Cando describía os anos cruciais 12 marzo – 31 maio na xénese da Arte Conceptual, a crítica norteamericana Lucy Lippard afirmaba Comisaria: Ellen Blumenstein que había un “culto á neutralidade” no minimalismo da década dos anos setenta, mentres o Conceptual, simultaneamente, centraba a súa atención na claridade da expresión da idea. Tomando isto como referencia, a mostra Amancha humana parte do extremo oposto: a presunción de que non só eses elementos foron superados polos neoconceptuais dos anos oitenta e noventa, senón que unha mancha humana (referencia tomada do título do libro homó-

+info_

Nesta imaxe de Paco Rocha vense dúas obras, unha de Pavel Büchler e outra de Iñaki Bonillas

O CGAC asulagado por unha mancha humana

nimo do novelista Philip Roth) foi sempre un compoñente constitutivo na Arte Conceptual desde as súas orixes. Esta exposición trata, polo tanto, de estudar o contexto no que se desenvolveu esta corrente co obxectivo de ampliar a súa concepción máis convencional. É unha mostra de tese, que enfatiza un punto de vista alén das argumentacións canónicas, e como tal, implica unha escolla entre as múltiples posibilidades das coleccións do CGAC. Amancha humana comeza nunha das máis importantes –e recentes na súa adquisición- pezas da colección, a temperá obra conceptual de Joseph Kosuth, Claro, cadrado, cristal, apoiado (1965), na que introduce un diálogo con outras posicións artísticas do mesmo tempo histórico. Desa primeira xeración de artistas están tamén representados na mostra, entre outros, Donald Judd, Carl André, Sol LeWitt, Vito Acconci, Dan Graham, Luis Camnitzer e Joseph Beuys. Á par introdúcense as sucesivas xeracións influídas pola Arte Conceptual con nomes como Richard Prince, Jac Lernier, Jorge Macchi, Melanie Smith ou Tacita Dean. Así mesmo, a mostra detense nun grupo singular de artistas feministas como Martha Rosler, Ana Mendieta, Helena Almeida ou Anna Maria Maiolino; e de posicións de compromiso político como as dos artistas do leste de Europa Julius Köller ou Mladen Stilinovic. Finalmente, contrasta estas posicións máis históricas coas que emerxeron nos noventa como expoñentes do neoconceptualismo, entre os que se atopan Liam Gillick, Jac Leirner, Gabriel Orozco, Dora García, Michael Müller ou Nicolas Guagnini.


marzo´09

4

Un cabaré sobre o paraíso perdido

quico_cadaval

T

As dunas, de Manuel Lourenzo Centro Dramático Galego Director: Quico Cadaval Con Paula Buján, Evaristo Calvo, Paulo Oliveira, Manolo Cortés, Susana Dans, Christian Escuredo, Iria Pinheiro, Rodrigo Roel, e Davide Salvado

emos dúas maneiras de gozar da ficción, sexa no cinema, no palco ou nas páxinas dun libro. As ficcións, as narracións, arrebátannos por dúas causas. Pode ser que nos seduzan porque nos falan do que nos é propio, do noso propio mundo, do que coñecemos e recoñecemos, ou pódennos atraer falándonos do descoñecido, do exótico, dos países que se perden no neboeiro do horizonte, eses lugares que dubidamos se son mesmo verdade ou se son o simple reflexo dun soño nun espello. En resumo, as persoas interesámonos só polo que coñecemos ou polo que descoñecemos, somos así. Manuel Lourenzo, meu amigo, mestre e chufón, na súa extensa obra, que o obrigou a ampliar o caixón famoso onde dormen as pezas que ninguén viu, ten escrito moito sobre nós, o que nos é propio como país clandestino, cristián e atlántico, e tamén o que nos é propio espiritualmente. Tamén, filantropicamente, escribiu sobre países exóticos, sobre territorios da alma estranxeira, para sabermos, os de aquí, que se pode vivir mellor, menos infelices e menos indignos e que tamén se pode vivir peor, que non hai motivos para tanta queixa. Eu lembro que, cando os dous eramos novos, escribiu un Woyzeck de Büchner, e digo escribiu e non traduciu, porque era tan noso o resultado que non

podía ser completamente alemán. Aquel monumento á felicidade humana encontrou nas palabras galegas que lle deu Manuel Lourenzo un vehículo para o seu veleno. Os velenos son moi importantes na súa obra, os velenos e todos os gabinetes alquímicos e todas as súas cerimonias. A vontade de matar e o seu resumo químico nun frasco pequeno. Tamén lembro Xoana. Unha obra extraordinariamente estranxeira, a morte castelá, o amor flamengo, formas completamente alleas á nosa experiencia e á nosa tradición. Un teatro como un soño estrafalario. Agora pediume Manuel que traballe con el e eu estou feliz, polo que calquera pode sospeitar e mais polo que sei. Manuel Lourenzo prometeu unha peza sobre o que nos é propio completamente exótica, unha obra tan boa e que vai falar do noso país tan ben, que non o imos recoñecer. Imos ter a un tempo o propio e o exótico. Un cabaré sobre o paraíso perdido. A paisaxe sinxela da infancia destruída, ironicamente, polo paraíso en cápsulas que é o turismo. A destrución do rostro dun país como unha catástrofe de cirurxía plástica, a ruína sentimental escenificada coralmente por un grupo de homes e de mulleres que procuran o amor enriba dunha onda de cemento. Tamén me prometeu que vai ser unha comedia. Algo completamente estranxeiro. [Texto cedido por www.centrodramatico.org]


5

marzo´09

A foto saiu movida noemí_díaz_patiño

T De Tamara de la Fuente

De Pablo Araújo

odos sabemos que en época de crise só os máis listos son os que saen adiante, ou polo menos os que consiguen destacar dentro do seu grupo. Esta fórmula é a que empregan actualmente os fotógrafos e aficionados á fotografía para promocionar o seu traballo. Moitos son os espazos disponibles (blogs, fotolog, flickr, myspace, facebook,…), e se a todo isto lle sumamos a facilidade de coñecer xente e a velocidade á que viaxa a información, atopamos na rede a ferramente perfecta de promoción para estas novas xeracións. Xa non fai falla ter unha web excesivamente traballada para amosar as nosas capturas. Hoxe en día, con que saibas moverte o mínimo por internet, tes a posibilidade de que o teu traballo sexa visto por un colega de Asturias ou por unha rapaza de Londres que non viras na túa vida, nin probablemente a vexas endexamáis. Se non fai moito tempo, os primeiros

traballos dos fotógrafos amateurs dedicábanse ás vodas, bautizos e comunións, algúns destes xoves fan os seus primeiros traballos (xa sexan remunerados ou non) e exposicións grazas a contactos feitos por medio da rede. Os máis comúns teñen que ver co mundo da moda, a música ou en publicacións de tirada moderada. Todo é máis doado aínda que menos directo, é posible ir sacar fotos a unha voda sen coñecer en persoa ós noivos, algo que onte era impensable. Está claro que hai que ter un bó traballo, porque senón ninguén se vai fixar nel. Hoxe en día todos podemos adquirir un moi bó equipo a un prezo todavía mellor, todo o mundo sabe abrír o Photoshop; pero existen pequenos detalles que marcan grandes diferenzas. Por moito que teñas un traballo envexable, é moi difícil que chegue á xente se non tes contactos, se non fas vida cibernética (comentas á foto de Fulano, pregúntaslle a Mengano como fixo tal toma, …) e por dicilo dalgunha forma, se non te deixas ver. O imprescindible é moverse.

De Andrea González da Silva

De fondo, detalle dunha fotografía de Javier Fernández Pérez de Lis


6

Enma Ríos, debuxante /

marzo´09

A viguesa Emma Ríos, que comezou a súa carreira na banda deseñada dende o tolo mundo dos fanzines, ten acadado unha ampla sona polo seu estilo agresivo e irreverente. Na actualidade internacionalizou a súa obra traballando para a prestixiosa editora estadounidense Marvel.

_EN KALAIKIA SOMOS FIEIS DO TEU BLOG “STEINERFROMMARS.BLOGSPOT.COM”. A QUE SE DEBE ESTE PECULIAR NOME? _É un personaxe secundario de APB , a miniserie que autopubliquei fai anos. O nome da moza da cicatriz que sae no blog. E, por suposto, unha chiscadela a Bowie. _O TEU ESTILO É MOI CINÉTICO, DE MOVEMENTOS E PLANOS AGRESIVOS- CRES QUE É ESE O MOTIVO DE QUE OS TEUS DEBUXOS RESULTEN TAN CATIVADORES? _Creo que o dinamismo e o movemento da cámara son trucos para captar a atención dos lectores nos momentos axeitados. Paréceme fundamental á hora de narrar acción e tamén unha forma de facer escenas conversacionais con máis dramatismo e menos aburridas. Gústame moito utilizalo porque sempre é un desafío para min como narradora e creo que realmente funciona. De aí a cativar, non se que dicir... hai moita xente á que o meu traballo parécelle desagradable jaja. _FAI ANOS SERÍA IMPOSIBLE SEGUIR A UN AUTOR/A, COMO É O TEU CASO, TAN DE CERCA, COÑECENDO OPINIÓNS, ÚLTIMOS TRABALLOS, FOBIAS E FILIAS... E MANTER UN “CONTACTO” CONTÍNUO A TRAVÉS DE PLATAFORMAS COMO AS BLOGS. NA ENTREVISTA QUE CHE FIXERON RECENTEMENTE EN ZONA NEGATIVA COMENTAS QUE O TEU DESEMBARCO EN AMÉRICA FOI PROPICIADO POLA TÚA PRESENZA NA REDE. COMO TEN INFLUÍDO INTERNET NA TÚA CARREIRA DE DEBUXANTE INTERNET? _Sen internet dubido moito que puidese exercer como debuxante agora. Todo conseguino grazas ao meu blog e á miña conta de flick-r. Aínda non coñezo persoalmente a ningunha das persoas coas que estiven traballando estes últimos meses, nin tampouco a moitos dos que me estiveron escribindo e apoiando a nivel profesional. O que me parece máis interesante disto é que o que realmente fala de ti é o teu traballo. Faime pensar que ten que ser bo e que

POR X. RAMÓN COUÑAGO

“O boom da BD en Galicia é máis un fenómeno mediático que outra cousa”

funciona e dame seguridade en min mesma. Eu son moi perfecionista e insegura e pensar isto axúdame. E tamén me dá a posibilidade de traballar desde a casa, o que sempre é agradable. _NON CABE DÚBIDA DE QUE A BANDA DESEÑADA ESTÁ, EN GALICIA, EN PLENA EFERVESCENCIA, PERO COMO O VES? CRES QUE DURARÁ ESTE BOOM? _Leva en efervescencia xa uns cantos anos diría eu, porque hai unha chea de autores traballando e facéndoo ben, pero isto non quere dicir que a xente estea vivindo de facer cómic. A única forma é traballar para mercados estranxeiros. Nin en España, nin moito menos en Galicia hai unha demanda suficiente de cómics para poder facer a industria rendible. As cousas están mellorando si, pero aínda estamos moi lonxe de poder conseguilo. Todos os autores que están traballando a nivel nacional non teñen máis remedio que compaxinar esta actividade con outras para poder manterse. Por iso, francamente. creo que o do boom trátase máis dun fenómeno mediático que doutra cousa. _COMO SE LEVA O FEITO DE TRABALLAR PARA MARVEL? CAL É A METODOLOXÍA DE TRABALLO QUE TIVECHES QUE LEVAR A CABO PARA REALIZAR AS PÁXINAS DE RUNAWAYS #10?

_Ben, o trato é moi agradable e se hai algo que teñan bo os americanos é o seu entusiasmo. Realmente estou super tranquila e cómoda traballando. Pasáronme o guión, preparei un story abocetado para corrixir a narrativa e fixen o lapis e a tinta. Nada fóra do habitual. Marvel impúñame, eu esperábame correccións e cambios a eito pero por sorte non foi así. Estou encantada da vida. _CAL É A HISTORIA DE BANDA DESEÑADA QUE MÁIS CHE FLIPARÍA FACER? _Realmente o que máis me apetece é traballar sobre as miñas propias historias, escribindo eu. Teño un par de

proxectos pero por cuestións alimenticias aínda non podo. Neste momento síntome en pleno proceso de aprendizaxe, apetéceme moito profesionalizarme traballando para USA, estou aprendendo e mellorando moito ao mesmo tempo que intento abrirme camiño no mercado. Respecto de series americanas nas que me gustaría traballar máis ben dependería do guionista, pero me ilusiona case calquera cousa. Deixar o teu gran de area en franquías de personaxes que adoras desde pequena é xenial. Thor por exemplo, faríame moita coña. Estou nun momento moi especial na miña vida que nunca pensei que puidese chegar polo que teño moita enerxía. Apetéceme todo. _GRAZAS POLA ENTREVISTA E GRAZAS POR DEBUXAR. _Grazas a vós.


7

queres darte a coñecer? kalaikia@apeneira.com

marzo´09

Rojo 2 ... coidado, banda contundente

G

alicia foi dende sempre un auténtico viveiro de bandas que enarbolaron a bandeira do metal en todas as súas variantes como enseña. Dende o heavy máis clásico pasando polo hard-core e todas as súas moitas modalidades e ata chegar ao doom ou ao death, parece que a enerxía musical en estado puro, a adrenalina sonora, consegue callar a este lado do Padornelo. Bo exemplo desta afirmación está na banda viguesa Rojo 2, que dende o barrio de Coia queren berrarlle ao mundo as súas inquedanzas a base de melodías contundentes, voces guturais, riffs infernais e unha base rítmica completamente demoledora. Rojo 2 comeza a súa andaina con Alber e Xandre (guitarristas) e Jabu (batería), “co único obxectivo de facer hard-core dunha maneira agresiva e reivindicativa”, segundo afirma o propio grupo, tentando sempre expoñer as súas ideas e concepcións musicais “de forma clara e directa dentro do caos mediático no que se atopa hoxe en día a sociedade actual”. Foron os primeiros pasos da formación que non tardou en crecer e converterse en quinteto trala incorporación do vocalista Diego e, máis tarde, do baixista Juanillo.

Entramos así no ano 2008 no que, logo de dar uns 20 concertos en directo, deciden pegar o chimpo e entrar nos estudos de gravación para rexistrar a súa primeira e, ata o de agora única, maqueta, Necesidade. Os estudos Desamparados, no Alcabre, foron o escenario escollido para recoller os tres temas, A matar, Adrenalina e Inferno, incluídos na demo, onde amosan á perfección a forza da que fan

DEAD SET, BIG

BROTHER vs. ZOMBIS

4:3

O

s zombis é unha caste de seres fantásticos que está a evolucionar. Nas últimas achegas ao xénero, deixaron de ser torpes resucitados para se converter en infectados rabiosos. Seguen a ser idiotas, pero agora son rápidos. Persecucións e vísceras é un cocktail que os espectadores bebemos con fruición. A ese combinado só hai que engadirlle as vítimas propicias para lograr un bonito espectáculo. Na miniserie Dead Set os que teñen que combater aos zombis son os concursantes do Big Brother. A loita de cerebros non podía estar máis igualada. A esperanza da humanidade son uns tipos que ao saír da casa-plató e descubrir a apocalipse nas rúas son capaces de preguntar “iso significa que nós xa non saímos na televisión?”. Estupidez e carne fresca. O que queira elegancia que vexa unha de vampiros. Aquí ofrécese diversión a bocados e unha imaxe para o recordo: un

gala estes vigueses. E para rematar, unha promesa que tamén sae dos labios dos membros desta agrupación: “Rojo 2 é unha banda de hard-core que pretende amosar frescura e dinamismo coa maior contundencia posible en directo”. Todo un compromiso para os moitos afeccionados a este estilo. Máis información en www.myspace.com/rojo2coia

jacobo_paz * zombi observa con curiosidade unha cámara de televisión mentres outro zombi mírao fascinado a través dunha pantalla. *Jacobo Paz é guionista


marzo´09

8

O

CIEC (Centro Internacional da

Estampa Contemporánea) non está en Bruxelas, Londres ou París. Está moi preto de nós, en Betanzos (A Coruña). A Fundación ten como obxetivos principais a promoción e difusión das artes gráficas. Ademáis dos seus talleres de serigrafía, calcografía, litografía e xilografía nos que o artista pode profundizar nas diferentes técnicas de grabado, a Fundación convoca anualmente o Premio Internacional de Arte Gráfico Jesus Núñez dotado coa cantidade de 6.500 euros e unha exposición individual incentivando desta forma a que os artistas traballen dentro da arte gráfica e buscando a difusión e coñecemento desta arte. O centro é dirixido por Jesús Núñez, artista polifacético que sempre tivo o gravado como unha constante vital creativa fundou o CIEC converíndoo nun dos pilares da obra gráfica no contexto internacional. O seu carácter internacional non pasa desapercibido posto que os alumnos do actual master proceden de diferentes países: Italia, Arxentina, Alemaña, Francia ou do noso país veciño Portugal. Actualmente estase a expoñer a obra da xoven artista María Calzadilla, Las cosas al vuelo, na que as súas composicións cromáticas e sinxeleza aportan á obra unha relación directa co espectador. O próximo mes Ali Ali, presentará unha selección dos seus últimos traballos, La violencia de una mariposa, na que a mistura árabe e occidental está presente en toda a súa obra.

Made in Galicia

made_in_Galicia

kalaikia@apeneira.com

986.660.986

www.apeneira.com

Dirección: Guillermo Rodríguez

Coordinador: Diego Giráldez

Deseño: Manrique Fernández

DP: VG 1253-2008

texto:francisco_porto fotos:esperanza_porto


Kalaikia 30