Page 1

Banda Curta. Benvido Mr.

02-03

As mellores citas na nosa bitáKora. As novidades no escaParate

04

Lilifilms aseguran que o super-8 matou á estrela da televisión

06

Andrés Mahía estrea a súa sección de opinión Mentiras

K a l a i k i a K o l e c t i v o 07

Aíd presenta dende Vigo a súa particular visión do hip-hop

criticArte

08

David Garabal achéganos ao mundo de Antón Mouzo

febreiro´09

29


A CORUÑA

bitáKora

febreiro´09

2

A Coruña Exposición A cidade na arte. A Coruña vista polos artistas. Ata febreiro de 2009. Museo de Belas Artes. Concerto de José Luis Pardo & The Mojo Workers. 27 de febreiro ás 23:00 horas. Jazz Vides. Proxección de 11X14, de James Benning, dentro do ciclo adicado a este cineasta norteamericano. 18 de febreiro ás 20:30 horas. CGAI. Proxección de Northon Evers, de James Benning, dentro do ciclo adicado a este cineasta norteamericano. 23 de febreiro ás 20:30 horas. CGAI. Proxección de RR, de James Benning, dentro do ciclo adicado a este cineasta norteamericano. 26 de febreiro ás 20:30 horas. CGAI. Proxección de Desert, de James Benning, dentro do ciclo adicado a este cineasta norteamericano. 28 de febreiro ás 18:00 horas. CGAI. Proxección de El Valley Centro, de James Benning, dentro do ciclo adicado a este cineasta norteamericano. 20 de febreiro ás 20:30 horas. Fundación Luis Seoane. Proxección de Los, de James Benning, dentro do ciclo adicado a este cineasta norteamericano. 27 de febreiro ás 20:30 horas. Fundación Luis Seoane.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e maila Fundación Luis Seoane están a desenvolver estes días un ciclo dedicado ao cineasta estadounidense James Benning, unha retrospectiva con trece títulos en total que intenta cubrir as súas diferentes etapas creativas. A obra de Benning iníciase a comezos dos 70, independente e próxima ao estruturalismo e ao filme-ensaio. A partir de 1998 o seu traballo sofre un xiro e comeza a traballar con estruturas prefixadas O cine de Benning non se singulariza polos seus temas, senón pola especial relación entre paisaxe e tempo, esixindo do espectador un posicionamento activo para percibir este desenvolvemento temporal.

bitáKora

Oito_artistas.gal é o nome da mostra colectiva integrada por obras de recén titulados en Belas Artes. Logo de visitarLeón, Girona, Madrid e Porto, chega agora á Sala X da Facultade. Temáticas, técnicas e formatos diversos - vídeo, debuxo, escultura, fotografía, gravado… conforman os traballos de Ignacio García Gómez del Valle, Jorge Migoya, María Blanco, Nuria Ruibal, Pablo Sande, Sonia Tourón, Tamara Feijoo e Víctor Hugo Costas. Durante a súa itinerancia, as obras que conforman a mostra foron cambiando, de xeito que os artistas puideron mostrar diferentes obras en cada unha das paradas da exposición.

Representación de O morcego de Johann Strauss a cargo do ballet e orquestra da Wiener Operetten. 4 de marzo ás 20:30 horas. Auditorio Municipal Gustavo Freire

Concerto de Bukowski Blues Trío? 21 de febreiro ás 00:30 horas. Sala Planeta.

Exposición Futuro Auga. Ata o 28 de febreiro. Auditorio Municipal. Exposición Mármara, o arte nas súas ribeiras. Ata o 15 de febreiro. Museo Municipal. Concerto de Cornelius. 20 de febreiro ás 21:30 horas. Auriense Café Cultural. Concerto de Moon Cresta. 27 de febreiro ás 21:30 horas. Auriense Café Cultural.

Teatro para adultos. Representación de Náufragos, a cargo de Teatro Galileo. 27 de febreiro ás 21:00 horas. Pazo da Cultura. Carballo.

OURENSE

PONTEVEDRA

Compostela

Ourense

Pontevedra

Teatro infantil. Reoresentación de Un agasallo para Xaquín, a cargo de Os Monicreques de Kukas. 4 e 5 de marzo ás 18:00 horas. Teatro Principal. Exposición Debuxos infinitos, de Toño Barreiro. Ata o 4 de abril. Sala DF_Arte Contemporánea. Exposición antolóxica de Antón Mouzo. Ata o 31 de marzo. Auditorio de Galicia. Concerto da Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias, dirixida por Maximiano Valdés. Invitado: Kirill Gerstein (piano). 19 de febreiro ás 21:00 horas. Auditorio de Galicia. Concerto de Beatriz Luengo no que presentará o seu disco Carrousel. 27 de febreiro ás 21:00 horas. Teatro Principal. Concerto da Orquestra Sinfónica de RTVE co director Adrian Leaper e o pianista Manuel Ituarte. 26 de febreiro ás 21:00 horas. Auditorio de Galicia. Concerto da caboverdiana Lura dentro do ciclo Sons da Diversidade. 28 de febreiro ás 21:00 horas. Auditorio de Galicia.

Exposición de pinturas de Xulio Prieto Nespereira. Museo Municipal. Permanente.

Concerto de Meu. 28 de febreiro ás 23.00 horas. Sala Karma. Teatro Infantil. Representación de Tris Tras Trus. Una historia de sentidos, a cargo da compañía Combinats (Valencia). 8 de marzo ás 18:30 horas. Teatro Principal. Teatro Infantil. Representación de Que viene el lobo, a cargo da compañía Kamante (Asturias). 15 de marzo ás 18:30 horas. Teatro Principal. Exposición colectiva de recén licenciados en Belas Artes Oito_artistas.gal Ata o 27 de febreiro. Sala X (Facultade de Belas Artes).

Carballo

A paisaxe soñada de Benning

O futura da arte en Oito_artistas.gal

Ferrol Exposición colectiva A rebelión dos xéneros. Retratos, paisaxes e flores. Ata o 3 de maio. Centro Torrente Ballester. Concerto do Trío Polymorphia (violín, cello e piano). 19 de febreiro ás 20:30 horas. Teatro Jofre. Concerto do pianista José Núñez Ares. 26 de febreiro ás 20:30 horas. Teatro Jofre.

LUGO Lugo Concerto de Arpa a cargo de José Antonio Domené dentro do ciclo Músicas a carón da Mosqueira. 2 de marzoás 20:30 horas. Fundación Caixa Galicia.

Sarria

Ponteareas

Como ensinar un consumo sostido O teatro infantil volve a Compostela da man da compañía “Os Monicreques de Kukas”, que os días 4 e 5 de marzo achega ao teatro principal Un agasallo para Xaquín, un espectáculo creado por proposta do Instituto Galego de Consumo que conta a historia de Xaquín, un neno consumista e caprichoso que só se alimentaba de larpeiradas e mercaba sen xeito, ata que o día do seu aniversario vive un pesadelo que o fará reflexionar sobre a súa actitude cambiando os seus hábitos de vida.

Concerto de Dandy Fever. 21 de febreiro ás 00:00 horas. Salón Parroquial. Concerto de El Puchero del Hortelano. 1 de marzo ás 00:00 horas. Salón Parroquial.

Vigo Espectáculo de danza Desencantos a cargo da Cia Internacional D.a.t.a (danza e Teatro). Do 7 de febreiro ao 4 de marzo (consultar datas e horarios). Teatro Arte Livre. Concerto de Baldosa Amarilla. 27 de febreiro ás 22:00 horas. La Fábrica de Chocolate. Teatro infantil. Representación de Babiliglub a cargo de Galitoon. 28 de febreiro ás 18:00 horas. Centro Cultural Caixanova. Concerto de The Homens. 27 de febreiro ás 23:00 horas. El Ensanche. Concerto de José Luis Pardo & The Mojo Workers. 28 de febreiro ás 23:00 horas. Contrabajo. Exposición colectiva 7+1 Proxect Rooms. Ata o 19 abril. MARCO. Exposición colectiva En calquera lugar, en ningún lugar. Ata o 19 abril. MARCO.


Wang Fei, Marie Sellier e Catherine Louis_O nacemento do Dragón_Faktoría K

Edgar A. Poe_O escaravello de ouro/Os crimes da rúe Morgue_Cumio

Mentres que en Europa o dragón é un animal misterioso e de reminiscencias diabólicas, en Asia é sinónimo de paz. Esta obra bilingüe galego-chino mandarín, que conxuga literatura, caligrafía e ilustración, conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempo inmemorial polos nenos e nenas das diversas tribos chinesas. Os adultos, que veneraban os animais sagrados, tamén facían a guerra no seu nome... O libro complétase cun mural despregable no que se explica a técnica dos ideogramas e da escritura chinesa; no asesoramento colaborou a profesora Claudia Berger, responsable de ensino de chinés moderno na Universidade de Xenebra. Ademais, na elaboración deste volume utilizouse papel obtido de bosques xestionados de maneira responsable, certificados de acordo coas normas do Forest Stewardshil Council.

O escaravello de ouro e Os crimes da rúe Morgue son dous clásicos de Edgar Allan Poe que agora Edicións do Cumio presenta traducidos ao galego por Susana Rodríguez Barcia, dando así comezo a unha biblioteca adicada ao autor americano. No primeiro caso, logo de encontrar un abraiante escaravello e un misterioso pergamiño, William Legrand decide buscar o tesouro do capitán Kidd, levado por unha forte intuición, e axudado polo seu servente Xúpiter. No segundo, a aparición de dous corpos femininos, mutilados e destrozados tras uns brutais asasinatos, convértese nun caso sen solución para a policía. Isto dá pé a Auguste Dupin a iniciar pesquisas pola súa conta, achegando luz e resolución fronte ás tebras do caso.

novidades

Labazada_Labazada_A Regueifa Cinco temas compoñen este segundo traballo dos composteláns Labazada, logo da súa primeira maqueta Mákina infernal, editado en 2007. Cinco novos temas nos que seguen a mesturar o punk e mailo metal co hard-core máis clásico, cantando sempre en galego. Fosi,, Alberto, Chata e Jano (voz, guitarra, batería e baixo) permiten a descarga do disco de balde dende a plataforma A Regueifa, aínda que tamén se pode atopar fisicamente nalgúns locais de Compostela.

Organic colective_Maybe in other life_Audia

Nunc et in hora_Francisco Brives_Longametraxe

Marcos Pin e Carlos López (guitarra e batería), procedentes do mundo do jazz máis próximo ao blues clásico, decidiron un día unir as súas carreiras musicais. O resultado desta decisión foi un proxecto común que bautizaron como Organic Collective, no que se viron acompañados por Pablo Castaño e Juan Galiardo (saxo e teclados). O resultado é un primeiro álbum, Maybe in other life, abandeirado pola fusión, que contén dez temas compostos por Pin, agás un de Galiardo e outro de López.

Nunc et in hora (No momento oportuno) é unha obra experimental sen diálogos, baseada na obra neosimbolista do poeta galego Francisco Brives e que supón, en palabras do seu director, “a procura dun retrato que conduce á batalla da alma”. O proxecto, rodado en Galicia e Castela, toca temas que parten do individual para transcender cara ao universal mediante unha linguaxe poética reforzada pola profundidade interpretativa dos actores, que se viron privados da palabra para o seu traballo.

febreiro´09

escaParate

3


febreiro´09

4

m._fernández

M

orreu a televisión? Precisamente agora que todo o mundo está a falar da TDT e derivados? Precisamente agora que veño de mercar unha de plasma dun cento de pulgadas? Precisamente agora que me presentei ao casting de Gran Hermano? Non, non pode ser. Quen son estes dous que aseguran que a tele morreu? Un tal Fernando Pujalte e un tal Ángel Rueda que, como parece que estaban aborrecidos da televisión tradicional lles deu por montar un negociete. “Lili-films”, din que lle chaman. Boh! Unha andrómena máis. Porque a que se adican estes tipos? Din que á procura, restauración e proxección de películas domésticas e documentos de todo tipo en formato Súper 8. Pero, quen lembra o Súper 8? Ese si que morreu, carafio, e non a miña bendita televisión! De seguro que estes dous tipos o que pensan é que entre os baúles da xente do común van atopar documentos históri-

cos de primeira orde... Ilusos! Se a xente o único que garda en Súper 8 son esas cintas da primeira comuñón dos nenos, da boda de Carlos, da excursión a Tenerife... Trapalladas! Pero é que estes tipos aínda non se conforman con procurar cintas vellas e esquecidas de todos. Aínda por riba pretenden que a xente lles pague unha pasta por recuperalas e organizar proxeccións... NA SÚA PROPIA CASA! E quero dicir na casa dos clientes, que aínda se fora na destes dous e puñeran, de paso, unhas tazas e unhas tapiñas, aínda bueno... Pero non, é na casa dos clientes. E quen di na casa di no bar da esquina ou en sitios así. Estes tolearon! “As sesións compóñense dunha coidada selección composta por películas domésticas e outras de época que se proxectan acompañadas dunha banda sonora creada especialmente para cada sesión e que se representa en vivo, acompañadas da súa correspondente escenificación”, din na súa páxina web. Pois era o que me faltaba! Aínda non teño espazo no salón do meu minipiso para enchufar a WII do neno e vou traer a estes dous, con todo o aparello de proxector, pantalla, músicos e ata unha posta en escena! Érache boa! Pero cala, oh... Que aínda din que eles mesmos fan os seus propios documentais para proxectar nestas sesións... Tache ben: non vexo os da Dúas, que son do náchonal lleográfic ese, e vou pagar para ver os destes tipos... Ha, ha, que risa! E claro, para facer eses documentais, de onde sacan o material? Pois das cintas que lles vai pasando a xente. É dicir: aprópianse do noso propio pasado para facer as súas peliculiñas sobre as festas populares, a matanza do porco, as rapas das bestas... O que se lles ocorre a estes dous! Bueno, Diego, aínda que non che guste moito eu xa cumprín coa miña paxiniña para o Kalailkia. Se non o tes claro, podes botarlle unha ollada á súa páxina web: http://es.geocities.com/lilifilms/ Agora marcho, que vai empezar o Diario de Patricia. Que morra o Súper 8 e que viva a televisión! Abur.


5

febreiro´09

Banda curta, resucita a música na Galega a._pedreira

D

ende fai só tres semanas, a parrilla da TVG conta cun novo espazo enfocado directamente á música galega actual. Banda Curta está presentado polo xornalista Luís Pardo e dirixido por Alfonso Pato e, entre outros acertos, tivo o atrevemento de centrar o seu traballo na música en directo. Como? Na tele? Pois si, na tele. En directo? Pois si, en directo. Con un par. Música en vivo, reportaxes, entrevistas, novidades do mercado, axenda de concertos... Banda Curta nace con vocación de dar a coñecer o amplo panorama da música pop e rock en Galicia, os grupos emerxentes ou a explosión de bandas nacidas nos últimos meses arredor da rede de locais de ensaio. Un repaso a todo o que ten que ver con este movemento que a cada día que pasa parece querer facer máis e máis amplo. “Unha fiestra”, din os seus creadores, “á que poidan asomarse os grupos, os festivais, as salas de actuacións, os estudios de gravación e todos os sectores que forman parte da industria musical en Galicia”. É ou non é un acerto? E ademais, aderezado con entrevistas con xente relacionada co mundo da música, ou con seccións como a adicada a saber que foi dos grupos que emerxeron coa chamada Xeración Xabarín, ou ADN, onde personaxes populares darán a coñecer os seus gustos musicais. Unha hora de boa música feita, como dicía aquel amigo meu, “tras da cociña”, todos os sábados a partires das catro da tarde. Non faltedes, pasamos lista.

Luis Pardo, presentador

‘O nome do programa debería ser ‘Falta facía’ -FACÍA FALLA UN PROGRAMA COMO “BANDA CURTA” NO PANORAMA TELEVISIVO GALEGO? -Si. De feito, o nome do programa debería ser precisamente ese: “Falta facía”. Aínda que se o rocanrol sobreviviu á morte de Buddy Holly e outros tantos tamén sobrevivirá a nós. -DIN QUE, EN GALICIA, SE LLE DAS UNHA PATADA A UNHA PEDRA APARECE UN GAITEIRO. E ROQUEIROS? -Agora, se lle das unha patada a unha pedra, en vez de unha gaita aparecerá unha guitarra eléctrica. Roqueiros, popeiros e de todo tipo: nin emitindo 24 horas ao día,

coma no “Gran Hermano”, teríamos sitio para todos. -CANTAS CANCIÓNS TES NO I-POD? -Non teño i-pod. Bueno, o outro día regaláronme un pero aínda non tiven tempo nin a cargalo. -ENTÓN DIME QUE CD TES NO COCHE AGORA MESMO... -Un de Pesteicida que comprei o outro día na sala Nasa. Antes andaba escoitando un dos Specials. -CAL FOI O ÚLTIMO DISCO QUE COMPRACHES? -O outro día atopei no Corte Inglés unha oferta a 4’95... ¡Parecía o top manta! Tívenme que controlar, pero comprei seis ou sete discos. -E LEMBRAS CAL FOI O PRIMEIRO? -Foi un casete do “Like a Virgin” de Madonna. Debía ter eu 6 ou 7 anos. A miña nai preguntábame que facía eu cun disco dunha tía que saía na portada con tan pouca roupa...

-VOLVAMOS A BANDA CURTA. COMO VAN AS AUDIENCIAS? -Andamos en torno ao 10%, que parece ser que era o obxectivo da TVG, e non nos piden máis. É moi positivo traballar sen presión. -REMATEMOS CUNHA ANÉCDOTA. -Habería moitas. Pero pódoche contar que no primeiro programa houbo que regrabar case todo porque ao presentador deulle por cortar o pelo sen avisar a ninguén, e por aquilo do racord non podía sair cada vez cun pelo distinto...


O virus Kalaikia enferma a rede A través da campaña ‘YES WE K !’, inauguramos blog, invadimos facebook e facemos amigos en Flocos.tv diego_giráldez

O

magazine cultural K A LAIKIA está de estrea, vén de inaugurar o seu novo espazo dixital ao que se pode acceder dende a web www.apeneira.com. 10.000 exemplares véñense distribuindo en papel por toda Galicia dende hai dous anos e pico e agora, xa vedes, o podedes tamén saborear dixitalmente. As seccións fixas iranse actualizando ao mesmo tempo que o novo número saia á rúa; así e todo, na portada irán aparecendo novas de actualidade relacionadas cos diferentes eidos da cultura contemporánea do país (música, deseño, arte, ilustración , teatro, literatura, fotografía, BD,...). Decidiu entrar así, ao xeito deses virus maliciosos e tóxicos que a cotío sacan de quicio aos internautas. K ALAIKIA enfrontaráse nesta etapa dixital aos antivirus que anulan a imaxinación e a modernidade. Cómpre lembrar que K ALAIKIA naceu no mes de setembro de 2006 coa pretendida (e pretenciosa) arela de ollar cara a nova cultura galega dun xeito moderno e contemporáneo. Novos ámbitos da creación menos considerados noutros medios de comunicación conseguiron aqui o seu espazo e protagonismo.

Decidiu

entrar así, ao xeito deses virus maliciosos e tóxicos que a cotío sacan de quicio aos internautas. Kalaikia enfrontaráse nesta etapa dixital aos antivirus que anulan a imaxinación e a modernidade. Encetamos un blog e organizamos unha orxía multitudinaria no Facebook. Centos de persoas de todo o país uníronse ao noso grupo apoiando o proxecto; xente da cultura, dos medios de comunicación, amigos e amigas que cren en K ALAIKIA porque é diferente, é coma vós. A eles e elas temos que sumarlle outros cento e pico da rede social Flocos.tv, da Axencia Audiovisual Galega. En fin, aí estamos... Xa sabedes, queremos engrosar o poderío de K ALAIKIA , botade unha man, universalizádeo. Din que somos o mellor magazine cultural do país e nós... aceptámolo. O dito, un pracer enfermar as vosas CPUs. Hackers a nós...

mentiras

AGNES CONTRA DEUS

febreiro´09

6

andrés_mahía

“O

home ten unha única arma para loitar contra deus: a mentira”. A frase impresionoume no seu inglés orixinal, pero tampouco perde ritmo coa tradución. Fronte a orde establecida polos costumes e o destino, a mentira dános a oportunidade de darlle unha volta á baralla e burlar aos astros. Non é este un eloxio do embuste nin dos mentirosos, é o recoñecemento dunha lei física. Agnes Deconfourt foi a primeira muller que tocou nun grupo de cámara na corte francesa. Tocaba o violonchelo na capela real de Saint Michel de Pres e foi aforcada en 1629 por orde do cardenal Richelieu. Agnes morreu por men-

Detalle dunha imaxe de David Lachapelle sobre un fondo de ‘mentira’

tir, por non contar a verdade sobre as súas relacións co duque inglés de Castleforth. A historia completa non cabe nestas liñas, pero apuntemos que o propio John Castleforth, nos seus diarios, recoñece que non entendeu nunca a ansia de Agnes por manter viva a mentira que a levou ao patíbulo. Non foi o amor, nin as conviccións políticas, nin tan sequera o rencor. Poidera ser, conclúe o duque, unha forma de loita contra o destino. Unha victoria no cara a cara diario con Deus. Non imaxino nada máis luminoso que ser dono, por un instante, da brúxula que guía o devenir dos astros. Ah, a mentira.


7

Hip-hop Aíd

se presentan ao IV Heineken Greenspace para artistas noveis. En febreiro chega Xogando, o seu esperado álbum debú, producido polo Puto Coke. As súas influencias son diversas e heterodoxas: desde o rap old school de Enrik Sermon, Nas, Twista, Ice Cube, Bustha Rhymes, Delasoul, Greg Nice ou Mc Young, ata a pioneira Roxanne Shantee, aínda que tamén un alto grao de innovación: do reggae á electrónica. Así, en Xogando atopamos 16 cortes repletos de sons oitenteiros, disco, música negra, funk, jazzsoul. En definitiva, o flow de Aíd susténtase sobre unhas boas bases e letras con (moita) faragulla. www.myspace.com/aid8990

JEKYLL,

LOITAS INTERNAS

4:3

D

Que fas? Tocas? Escribes? Pintas? Actúas? Esculpes? Deseñas? Entón por que non te presentas ao mundo dende estas páxinas? Cóntanos o que fas, mandanos unha foto, e terás o teu espazo. kalaikia@apeneira.com

catorce anos, envíalle unha maqueta caseira con catro temas a un amigo. Este encárgase de colocala nun coñecido portal de hip-hop, onde consegue unha gran repercusión. Son os cimentos. Un ano despois fórmase a Crew 8990, da que sairán diversos proxectos. En xaneiro de 2007 sae á luz “Aquí teneis” (producido case na súa totalidade por 12pros): sete cortes instrumentalmente melódicos, letras directas e retrousos elevados. Tamén entra a formar parte, xunto a 040 (Solemne & Zentinela), Wöyza e El Puto Coke, no proxecto musical Licor Kafé, unha simbiose que culmina coa publicación do seu primeiro recompilatorio, xa en maio de 2008. Na mesma época colabora co carismático rapeiro Porta en En boca de tantos. E é que 2008 é a eclosión de Aíd. Aos seus 17 anos, acompañada de Dj Liha e do Bboy Rubn (Inthecisos Crew), convence a público e xurado de que a súa é a mellor das 1.300 propostas musicais que

febreiro´09

O mundo do hip-hop pasa páxina con Aíd, unha artista que destila desenvoltura ao rapear, unha equilibrada mestura de enxeño e estilo cunhas bases que nacen do bo gusto e un resaibo a funk, jazz, soul... e unha descarada mocidade. Aíd é un nome que empeza a soar con moita forza desde que se fixo coa IV edición do Heineken Greenspace por diante de máis dun milleiro de aspirantes, ou desde a base do colectivo Licor Kafé, unha das propostas máis prometedoras da música galega. Aíd non é a típica rapera. Aíd é o sobrenome de Aída Alonso, estudante de Telecomunicacións e locutora de Radio Piratona, onde participa no programa Moito de aquí e pouco de alá, que repasa a escena hip-hop local divulgando a súa ideoloxía e o idioma galego sen deixar de lado o pasado da música negra. O seu primeiro contacto co hiphop chega aos 11 anos, da man dos corros de bboys e dos grafiteiros que daban vida ás paredes do seu instituto. É entón cando empeza a tomar forza no seu interior a necesidade de contar cousas, de rimar palabras, cando empeza a dedicarlle horas a escribir sobre papel as sensacións, imaxinacións, soños, recordos... Era a orixe dunha Mc crecendo no seu interior, e a casualidade xoga un papel fundamental na incipiente carreira artística de Aíd: con

in que en calquera narración o antagonista debe ser unha proxección dos medos do protagonista. Se a ese rival lle poñemos o mesmo rostro que ao noso heroe estamos a incorrer no doppelgänger. Doppelgänger é un termo que se emprega para catalogar aquelas obras que abordan o tema do dobre. Un asunto moi tratado debido ao seu impacto visual e ao seu potencial como xerador de conflictos. Sen dúbida, un dos capítulos máis recordados de O coche fantástico é aquel no que Kitt ten que enfrontarse a Katt, a súa versión maligna. En 1886, Robert Louis Stevenson publica Dr. Jekyll e Mr. Hyde. Unha novela na que un científico logra separar o seu lado escuro mediante unha apócema e ten que loitar contra esa personalidade para que non se apodere da súa vida. O ben e o mal conflúen nun mesmo individuo, un personaxe enfrontado a si propio... Jekyll, a miniserie da BBC, non é unha adaptación da novela. Toma a idea do libro para ambientala na actualidade e iso supón

jacobo_paz pagar a peaxe da conspiración. Coma sempre, pode que desexemos a victoria do Dr. Jekyll, pero o que agardamos con interese é a aparición do seu Mr. Hyde.


8

criticArte “Antón Mouzo (antolóxica)”. Ata o 31 de marzo. Auditorio de Galicia.

febreiro´09

Unha antoloxía de Antón Mouzo david_garabal

kalaikia@apeneira.com

antón_mouzo

986.660.986

www.apeneira.com

Dirección: Guillermo Rodríguez

Coordinador: Diego Giráldez

Deseño: Manrique Fernández

DP: VG 1253-2008

“E

adquirindo conciencia da sutil utilidade do inútil, entrou nos camiños da arte”. Pensando nesta cita de Okakuro Kakuzo viñéronme a mente imaxes da obra de Antón Mouzo (Vimianzo, 1957- A Coruña 2007), invitándome a unha reflexión sobre a búsqueda incansable de novas técnicas, coas que experimentar formas expresivas, que van dende o uso de minerais como a mica con un poder lumínico evidente, ou bombillas cuxa luz inerte provén agora do propio cadro. Nesta exposición contamos con obras dende 1984, pasando dun momento primeiro, onde predominaba a figuración co uso reiterado de cores ocres e siluetas de traza “seoánica” ata o 2007, ano da súa morte, con pezas que se encamiñan hacia a abstracción. A mezcla de estilos, materiais e temática e evidente, aínda que non debemos esquecer as referencias á súa vila natal e a viaxe que realiza a través da súas obras pola natureza, tratada sempre dunha forma simbólica. A pintura foi o seu principal campo de investigación e experimentación, os seus cadros representan o eixo principal da exposición. Por outra banda destacamos a videoinstalación La Montaña Disoluta, xénero pioneiro no contexto galego, exposta o ano pasado no CGAC na exposición Ficcións Analóxicas, ou a peza Follas Tornasoladas onde a natureza e as connotacións do arte póvera ( vésaxe G. Penone) lévannos hacia unhas miradas moito menos encasilladas e compracentes coa restrición do moderno ao imperativo da experimentación do linguaxe artístico. Mouzo formou parte activa do núcleo artístico coruñés dos anos oitenta, as súas series de cadros sobre papel de prensa, aparecen na película Fisterra de Xabier Villaverde. Esta exposición do Auditorio de Galicia plantéxase coma unha homenaxe a unhas das figuras do arte galego, achegándonos a unha explosión sensitiva das súas obras, intentando unha poética captación da natureza, Mouzo na evanescente evocación da nosa memoria.

kalakia  

Magazine cultural galego