Page 1

MES DA POESÍA 2016-17


PROPOSTA O 21 DE marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, efeméride creada pola UNESCO co propósito de soster a diversidade lingüística e protexer a lírica como vía de expresión para todas as linguas. O equipo de biblioteca invítavos a animar aos alumnos/as a coñecer e desfrutar a poesía, a descubrirlles a tradición oral dos recitais, e a mostrarlles que se atopa mais cerca das súas vidas do que pensan.

PRIMARIA PRIMAVERA DE POEMAS -

Queremos converter a biblioteca nunha primavera de poesía.

-

Nunha caixa que hai na entrada do colexio, atoparedes flores e follas para que os nenos/as que queiran escriban unha pequena estrofa de dous, tres, ou catro versos dalgún autor coñecido.

-

Deben estar correctamente escritos, repasados con rotulador negro e co nome do poeta posto, tamén tedes que poñer o voso por detrás.

HORA DE LER -

Durante este mes a Hora de Ler a dedicaremos a lectura de poemas, cada clase terá os seus propios libros de poesía.

-

Ao rematar o mes faremos unha pequena maratón de poesía. As clases participarán lendo ou recitando poesía na biblioteca aos mais pequenos.


EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: INVESTIGAMOS -

Os alumnos/as de 1º E 3º de ESO elixirán unha poesía que lles guste, pode pertencer a calquera autor, tanto galego, español como internacional.

-

Deberán investigar ao poeta, elaborar unha pequena introdución para presentalo aos seus compañeiros e finalmente recitar o poema na clase, poden acompañalo tamén dun pequeno comentario no que expoñan que significa ese poema para eles.

HORA DE LER -

Durante este mes a Hora de Ler a dedicaremos a lectura de poemas, cada clase terá os seus propios libros de poesía.

-

Ao rematar o mes faremos unha pequena maratón de poesía. As clases participarán lendo ou recitando poesía na biblioteca aos mais pequenos.

RAP, POESÍA e MÚSICA - Na clase de música faremos RAPS a partir dun poema de amor CINE -

O CLUB DOS POETAS MORTOS

Proposta mes da poesía 16 17  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you