Débora Campos Vázquez

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 49

Tecedores de redes: as estratexias dos galegos e das galegas na diáspora para ser e existir Dé bora Campos Vá zquez (Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires. Presidenta da Asociació n Internacional de Estudos Galegos - AIEG) Resume Os blogs dos primeiro lustro do século foron mudando en muros nas redes sociais pero o obxectivo é o mesmo: construir dende a diáspora unha pertenenza e un vínculo coa terra, coa súa xente e coas súas institucións para reafirmar a presenza máis alá do país onde se reside. Cando o Estado semella estar en retirada, a comunicación horizontal é o mecanismo que permite a moitos individuos e colectivos non perder a súa condición de actores políticos, culturais e sociais. Palabras chave: galegos na diáspora, redes, comunicación horizontal Abstract Blogs of the first lustrum have been turning in walls in the social media but the goal is the same: to build from the exodus a belonging and attachment to the land, its people and its institutions to reaffirm the presence beyond the country where it resides. When the State seems to be in retreat, horizontal communication is the mechanism that allows too many people and groups not lose their status as political, cultural and social actors. Keywords: Galician people in exodus, networks, horizontal communication Hai dous anos, máis ou menos, un nutrido grupo de persoas que compartían as clases semanais do seu curso de lingua galega na cidade de Bos Aires, foron informadas sobre a cancelación dese programa. Pasmadas e afeitas aos Estados que non dan respostas, decidiron organizarse e reclamar. Mandaron cartas e asinaron peticións, conseguiron enderezos, escribiron mensaxes e fixeron escoitar o seu pedido en non poucos espazos. Presionaron. Con insistencia, presionaron. E, ainda que os cursos non voltaron, o que gañaron foi certamente máis importante: por una banda, conformaron un grupo de estudo autónomo que adianta na súa relación co idioma da Galiza a forza de exercicios, lecturas, películas e actividades que eles mesmos se procuran. E, pola outra, cobraron entidade política tanto na terra como na cidade de Bos Aires. Son O Terzo da Fala e todos saben da súa loita a prol do galego. Como o conseguiron? Comunicando. A rede Internet viviu nos primeiros anos do século a emerxencia dun formato de comunicación, os blogs ou bitácoras que presentaron unha posibilidade expresión, até o momento, inaudita: a capacidade de producir e publicar na rede sen ter (case) coñecementos informáticos. Estas pequenas publicacións, de edición individual en boa parte dos casos, supuxeron un auténtico desafío metodolóxico para comprender os cambios sociais e comunicativos que as novas tecnoloxías están a inducir nas sociedades contemporáneas”, anotaron os integrantes do Grupo de Investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, no seu


50 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 revelador traballo titulado “A blogósfera en galego: demografía, usos e contidos”17. Según o documento que os investigadores composteláns asinaron no ano 2007, “na actualidade, existen cando menos máis de 33 millóns de blogs no mundo”18. Deles, máis de 2 mil están escritos en galego (dende dentro do territorio de Galicia pero tamén densde fóra del). A revolta que, certamente, evidencia a irrupción destas páxinas persoais espallábase moito máis alá dos aspectos tecnolóxicos e comunicativos: inclía xa daquela tamén unha nova meneira de construción e expresión da identidade. Así, case en paralelo que o formato era analizado o panorama cambiaba sen piedade. Deste xeito, apenas tres anos despois, a velocidade na transformación dos soportes e das mecánicas deixou o formato do caderno online, se non en desuso, cando menos reducido a unha poboación fiel de autores, a mans dun conxunto de plataformas denominadas redes sociais. Tanto aquelas primeiras experiencias de comunicación como as presentes plataformas como o Facebook e o Twitter, provocaron un fantástico cambio nas comunidades de persoas emigradas. Aínda que non existan demasiados estudos específicos, unha investigación realizada pola profesora Abril Trigo para o caso da diáspora uruguaia pode achegar algunha idea sobre esta transformación: Al querer estudiar cómo se reconstruye la identidad nacional de los migrantes,cómo se reconstruye la nación fuera del territorio nacional, cómo se forma la diáspora y la comunidad transnacional, descubrimos que debíamos incorporar en nuestro trabajo etnográfico un nuevo medio y contexto como el ciberespacio. Es en él y a través de él es que, a pesar de la distancia física de los migrantes, se desarrollan relaciones sociales, se construyen imaginarios y se recrea la nación 19 Trigo no seu documento, deixa en claro que os individuos na diáspora buscan “reterritorializar” ese espazo “desterritorializado” como estratexia para establecer vínculos socias “reais” que lles permitan formar unha rede. Así, Internet é fundamental para a formación destas comunidades no exterior pero, ademais, se constitúen nun ámbito central para a construción de imaxinarios en torno a elas mesmas e as nacións ás que identifican como propias. Deste xeito, somos o que mostramos de nós xa que a idea dunha identidade de dominio público acentúa o carácter colectivo e público da experiencia de publicar artigos nun blog ou comentarios nun muro. Juan Varela xa o decía claramente: En la Red somos lo que deseamos ser. Cada uno proyecta un yo perfeccionable, a camino entre lo que somos y lo que anhelamos, sin el peso de la realidad y liberados de la física de los átomos. Los bits son más maleables e infinitos. Es la identidad de dominio público. Un yo construido como una personalidad (o varias en función de intereses y comunidades) con la que relacionarse con los demás y con el mundo de la sociedad de la información (público) de una manera 17

O grupo de investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela realizou cutro proxectos de investigación financiados por organismos públicos e publicou oito libros relacionados co xornalismo electrónico e coa arquitectura da información. A páxina do equipo de académicos é www.novosmedios.org. 18 Canabal, Silvia; Gago, Manuel; López, Xosé; Isasi, Antonio; Limia, Moisés; Pereira, José: “A blogósfera en galego: demografía,usos e contidos”. En Blogs´06, Encontro de Blogs de Galicia e Portugal, organizado polo Consello da Cultura Galega e celebrado en Santiago de Compostela o 19 de abril de 2006. O traballo pode descargarse da página www.novosmedios.org. 19 Trigo, Abril: “La patria cibernética”. Disponible no Archivo del Observatorio para la CiberSociedad en hwww.cibersociedad.net/archivo/articulo.php?art=156. 2003


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 51 abierta y transparente, en la que la mayoría de las personas ofrecen mucho (dominio abierto y participativo, copyleft) de lo que tienen, piensan o son. Un modo de controlar la privacidad de forma abierta y evitar los problemas de la invasión de los datos y el Gran Hermano tecnológico. 20 Dous casos: Mulleres e Tercianos A asociación civil Herbas de Prata xurdiu no ano 2007 en Bos Aires coa intención de achegarse ás galegas da diáspora para pensar e traballar por e para elas. O colectivo está integrado por persoas de todas as idades e de todas as profesións que, de xeito transversal ás institucións e asociacións da colectividade galega na Arxentina e tamén fóra dela, buscan abrir posibilidades de debate e proxectos colectivos enfocados nas galegas. A súa intención de percorrer as institucións da colectividade levando actividades e iniciativas diversas foi recibida con algo de sorpresa: non se entendía que alguén presentase unha pertenza aberta, compartida. Con todo, o estilo agarimoso destas mulleres foi máis forte que as desconfianzas iniciais e a calidade profesional do seu compromiso transformounas en referencia na temática de xénero. Elas lembran aquela orixe: En el año 2006, en el contexto de la visita oficial que A Xunta de Galiza hizo a Buenos Aires, la Secretaria General de Igualdad de la Junta, que era parte de la comitiva, visitó a un grupo de mujeres que se caracterizaba por la amplia diversidad, sin más relación entre sus integrantes que la de estar todas ellas en esa mañana en la Asociación Residentes de Vigo. (…) En aquel acto, la funcionaria dijo algunas palabras y luego hizo algo poco habitual en estas tierras: en primer lugar, opinó que la colectividad gallega en Buenos Aires era machista. No dijo “masculina”. Usó la palabra “machista”. Y luego aclaró que venía no a hablar sino a escuchar. Y preguntó: “¿Qué es lo que necesitan? ¿Qué es lo que quieren? Quisiera saber qué piensan ustedes”. Las mujeres de más años casi no hablaron. Muchos años sin ser escuchadas ya habían dejado en ellas una naturalización de su silencio que no fue posible quebrar en una mañana. Pero las que siguen luchando y rebelándose frente a la discriminación, frente a los no de todos los días, frente a la ignorancia y el miedo que tantas veces generan las mujeres con ganas y decisión, esas sí hablaron. (…) De esa primera reunión, en la que se dejaron datos y correos electrónicos, surgió una modesta lista virtual cuyas integrantes decidieron llamar en sus comienzos Queremos Poder, como lazo de continuidad con aquellos pañuelos que la funcionaria había traído en su primer encuentro. Transcurridos los meses, el grupo no podía estar ajeno, en esta aldea global del siglo XXI, a la herramienta más moderna que por estos tiempos conocemos: Internet y sus diversos servicios. Fue entonces que una de las integrantes, colaboradora desde primera hora, ofreció su profesionalismo en el diseño para montar un portal multimedia interactivo propio que fue reflejando las diversas transformaciones que iban transcurriendo en el mismo grupo de mujeres que a diario crecía. Entonces, el portal www.herbasdeprata.com.ar pasó a convertirse no solo en un nuevo punto de encuentro cibernético y virtual de gallegas residentes en las más diversa partes del mundo, sino que además sirvió como punto de partida para un foro de debate que llegó a congregar más de mil participantes.21 20

Varela, Juan: “Identidades de dominio público”. 6 de octubre de 2006, na súa páxina Periodista 21, dispoñible en http://periodistas21.blogspot.com/2006/10/identidad-de-dominio-pblico.html. 21 Herbasdeprata.blogspot.com


52 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 Aquelas procuras iniciais foron acompañadas por un programa comunicacional consciente e esforzado. As Herbas de Prata entendían que era determinante que as galegas na diáspora souberan da súa existencia tanto como que na terra o seu nome rolase. Deste xeito, implementaron un sistema de gacetiñas informativas que espallaban por todos os medios de prensa e as radios que tiñan ao seu alcance: xornais arxentinos, publicacións da colectividade, e prensa galega e española. Deste xeito, Herbas de Prata deuse a coñecer publicamente cun acto celebrado, precisamente, no Día Internacional da Muller do ano 2007. No salón da Asociación Mutualista Residentes de Vigo, ateigado de persoas para as que non chegaron as máis de 120 cadeiras previstas e con momentos de moita emoción, o colectivo lembrou ás emigradas que deixaron a Galiza para construir unha Arxentina. A ocasión tamén deixou inaugurada unha tradición: a de distinguir a dúas mulleres cada ano para salientar o seu traballo público ou privado. Eses nomes xorden dunha votación aberta. A irrupción do colectivo Herbas de Prata sementou unha delicada serie de transformacións moi en sintonía coas que se poden apreciar na propia esfera estatal e política do país que ten presidenta e non poucas ministras, tanto como gobernadoras e decanas e reitoras. Dende hai algún tempo, a meirande parte dos centros da colectividade galega celebran o 8 de marzo e buscan visibilizar ás súas mulleres máis alá dos prototípicos espazos adicados a festas e a comisións de damas. Por outra parte, Herbas de Prata foi convocada pola (daquela) secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia como a asociación civil que implementase en Bos Aires o programa ‘Tempo de mulleres’, creado no ano 2007 pola Xunta para que as mulleres puidesen acceder a información sobre os seus dereitos e dinamizar a súa participación no asociacionismo galego no exterior. Na actualidade, o programa que conta con maior presencia son os obradoiros Cousas de Mulleres que se desenvolven coa coordinación da psicóloga e profesora Patricia Alonso. Trátase de encontros mensuais que teñen sitio en case que todos os centros da colectividade nos que comezaron por traballar a autoestima e que, co paso dos anos, pasaron a conformarse en xuntanzas de reflexión sobre o papel da muller. Con xogos, teatralizacións, lecturas comúns e sobre todo moito goce, Alonso explica que a intención do traballo é a de lograr un “fortalecemento interno e unha toma de conciencia da importancia de ser parte desta sociedade. Asumir que somos tan importantes coma os homes, nin máis nin menos, e dende ese punto chegarán os cambios”. Ese vínculo próximo coas galegas de Bos Aires volveunas non poucas veces unha ponte para otros profesionais. Foi o caso na investigación que deu orixe ao filme A cicatriz branca, da documentalista e académica Margarita Ledo Andión. E tamén unha referencia na propia Galiza na que os medios teñen retratado este traballo e dende onde as contactan. Porque existen e son. Outro caso, algo máis recente, é o do colectivo O Terzo da Fala. Conformado por avogados, xubilados, arquitectos, estudantes, coñecéronse nas clases da lingua galega que promovía a Xunta de Galicia. O escritor, xornalista e académico Víctor Freixanes deu conta do seu traballo nun artigo publicado na súa columna Vento nas velas do xornal A voz de Galicia: Cando a nova Administración por razóns económicas decidiu retirar os profesores, non recuaron, organizáronse asembleariamente e xúntanse unha vez á semana para seguir estudando, comentando libros, informándose da historia dos seus avós, noticias da terra, música, libros. Como non acceden doadamente ás lecturas que necesitan, utilizan fotocopias, e apáñanse coma poden. Tiven o honor


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 53 de visitalos e compartir con eles unhas horas no Centro Lalín, onde noutrora por certo se reunía clandestinamente Raúl Alfonsín cos seus seguidores, traballando a prol da democracia, en plena ditadura dos militares22 Cunha lista de correo como lazo e unha reunión semanal na que non deixan de estudiar o galego, o Terzo convertiuse nun interlocutor en Bos Aires e na Galiza. Infórmanse da realidade do país (dos países, a decir verdade) e teñen boa conta das visitas galegas que chegan á Arxentina. Entón, contactan cos escritores, funcionarios, músicos, académicos e os convidan a visitalos no salón no que se reúnen para aprender deles. So no que vai do ano 2013, recebiron á doutora en Filosofía María Xosé Agra Romero; a vicepresidente da AIEG (Asociación Internacional de Estudos Galegos), Olga Castro; a profesora María Pilar García Negro e Laura Eikilis, premiada en Frankfurt. Tamén se entrevistaron co gaiteiro Carlos Nuñez. Ademais, tamén neste ano, implementaron por primeira vez un ciclo de cinema aberto á comunidade: Cine e churros ofrece un filme galego por mes para disfrutar e reflexionar. Até o momento, proxectaron "El bosque animado" baseada na obra de Wenceslao Fernàndez Flórez, "A Lingua dás Bolboretas" sobre contos de Manuel Rivas, e “Os mortos van á présa”. E prometen que haberá moitas máis. Non son os únicos. Non é a primeira vez que falo das tertulias do café Tortoni, por exemplo, animadas por Débora Campos e Andrea CoBas. Antonio Pérez Prado, recentemente falecido, presidía a asociación Os Gromos, tamén de xente nova. O colectivo Xeito Novo traballa dende hai tempo cos mesmos obxectivos: a pervivencia e continuidade da memoria dos galegos entre as novas xeracións de emigrantes ou descendentes de emigrantes. O grupo Sete Netos leva a música galega, mesturada con outras músicas celtas, polos escenarios do continente americano (algunha vez estiveron en Galicia). Máis recentemente, creouse o colectivo Herbas do Prata? Son algúns casos. Malia os que non o queren ver, a Galicia exterior existe”, pechaba o seu artigo Víctor Freixanes. Rematando Só nos últimos sesenta días, chegaron aos nosos correos o pedido dun historiador na procura dun vello centro lucense; o enlace a unha entrevista publicada na Galiza por unha militante polos dereitos humanos na Arxentina; a referencia dunha moza galega que emigra a Bos Aires e busca traballo. Un destes mails comezaba decindo: “Varias persoas recomendáronme que me dirixira a Vostede para pregar información encol dun tema que estou traballando”. Varias persoas que saben que aquí hai grupos e colectivos enlazados, informados, cunha presenza activa na rede e aos que se pode contactar sen moito esforzo. Varias persoas que entenden que, se o destinatario non sabe ou non pode, enlazará con outro ou con varios, que pode que saiban botar unha man. Porque máis alá dos quilómetros de mar e de terra, todos eles son galegos e, niso, hai un vínculo que reedita e reconstrúe esas relacións que moitos anos atrás tamén valeron aos seus ao chegar ao novo país.

22

Freixanes, Victor. O Terzo da Fala. En La Voz de Galicia de 1 de maio de 2010. Pode leerse aquí: http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/05/02/0003_8456453.htm


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.