anuario lusocom 2012

Page 114

114 ANUÁRIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA

2012

sector publicitario a nivel nacional. De novo nos atopamos cun cambio de tendencia con difícil valoración xa que son varios os factores que poderían ter incidido nel. A isto temos que engadir que o investimento recollido nas TPAs céntrase na denominada publicidade convencional (Táboa 13) polo que todo apunta a estratexias publicitarias moi pouco novidosas. Gráfica 8. Evolución do investimento publicitario nas TPAs (millóns de euros)

198 2011

272,6

237,7

2010

2009

319,6

354,7

378,1

382,4

2008

2007

2006

2005 Fonte: Infoadex, 2012

Táboa 13. Tipoloxía da publicidade na televisión autonómica (2011) (% minutos) Autopublicidade 28,69 Convencional 63,31 Patrocinios 2,01 Teletenda 5,52 Fonte: Infoadex, 2012

Non podemos perder de vista que á hora de elaborar a planificación estratéxica dunha campaña os anunciantes indican que a cobertura segue a ser o valor principal para elixir un ou outro medio. Ademais deste factor, tamén se valora moi positivamente o perfil da audiencia e o custo por impacto, sendo o último elemento valorado a flexibilidade da negociación (Grupo Consultores, 2012). Todos estes elementos converten ás TPAs en medios de grande importancia: xeograficamente delimitados, cun perfil de audiencia concreto e baixo custo por impacto. Estes factores son os que condicionan que os anunciantes con maior investimento nas autonómicas (Táboa 14) sexan os grandes anunciantes a nivel nacional (Procter & Gamble, Danone...) feito que non só se debe a súa maior capacidade de investimento senón a un sistema de planificación que tenta captar a públicos máis localizados (Del Pino, 2007). Táboa 14 : Ranking de anunciantes en TPAs 2011 por investimento Anunciante Investimento en euros Procter & Gamble 11.041.514 Danone 10.607.353 Reckitt Beckiser España 10.214.153 Telefónica 9.697.153 Puig S.L. 5.586.865 L´Óreal 5.227.507 Volswagen-Audi 3.332.214 La Caixa 3.091.669 Reckitt Beckiser Healthcare 2.981.768 Ford 2.754.914

% sobre o total TPAs 5,58 5,36 5,16 4,90 2,82 2,64 1,68 1,56 1,51 1,39 Fonte: Infoadex, 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.