Page 1

DE MONELOS Á LÚA Este ano 2009 celébrase o ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA . Por esta razón, a Biblioteca de Monelos, en colaboración con varios departamentos do centro,

organiza unha serie de actividades “arredor da LÚA” dirixidas,

principalmente, aos alumnos de primeiro ciclo da ESO. ACTIVIDADES 1. CONCURSO:” QUÉ SABES DA LÚA?” En colaboración co departamento de Bioloxía. Todas as semanas( do 2 de novembro ao 18 de decembro) faranse dúas preguntas sobre a Lúa. As preguntas estarán expostas en cada clase e na páxina web do instituto no apartado“Biblioteca >Animación á lectura >O noso blogue”. As respostas deberán entregarse na Biblioteca antes do 1º recreo de cada venres. Non esquezades escribir o voso nome e o número da pregunta xunto coa resposta. 2. CONCURSO DE PLÁSTICA: “MISS/ MR. SELENITA” Os alumnos de 1º de ESO poden participar cun deseño dun/dunha selenita. O xurado elixirá os tres mellores selenitas de 1º (un por cada curso). Prazo de presentación: venres, 11 de decembro. 3. CONCURSO LITERARIO: “LÚA DE PAPEL (Cartas á Lúa). Os alumnos de 1º e2º de ESO poderán presentar a este concurso poemas, relatos, cartas, obras de teatro… orixinais que teñan como tema principal A LÚA. Prazo de presentación : venres, 11 de decembro.


4. RESOLUCIÓN DOS CONCURSOS -

O xurado reunirase na semana do 14 ao 18 de decembro.

-

A entrega de premios terá lugar a última semana de clase antes do Nadal.

5. PREMIOS • Concurso “Que sabes da Lúa? (un premio) • Mellor selenita de cada grupo de 1º de ESO (tres premios) • Mellor traballo de creación lieraria (un premio) • Sortearase, ademais, un premio entre todos os participantes nos concursos e entre os alumnos que presenten textos literarios, cancións ou calquera outro material relacionado coa Lúa. 6. FESTIVAL de música lunática “LUAR”. Poderán participar todos os alumnos –de calquera curso- e profesores que se inscriban antes do 27 de novembro para interpretar algunha canción que faga referencia á lúa. O festival celebrarase a útima semana de clase antes do Nadal. No novo blogue da Biblioteca podedes votar a canción que máis vos guste.

de monelos á lúa  

bases concursos