Issuu on Google+

A ACRÓPOLE ATE IE SE DESPOIS DA GRECIA CLÁSICA


PARTE Ó

Vistas de Atenas desde o Partenón a finais do século XIX

Non podemos afirmar con exactitude cando o Partenón deixou de ter a súa función orixinal. O que si comecemos é moito da súa evolución posterior. No século VI xa foi empregado como igrexa cristiá adicada á Divina Gracia, engadíndoselle unha ábsida no extremo leste, cegando, ademais, a zona de acceso á cella e os intercolumnios da fachada agás un para que funcionara como entrada principal. Mantívose un interior con tres naves engadíndose piastras nos muros perimetrais da sala. Cando a partir de mediados do XV os turcos conquistaron Atenas, convertérono unha mesquita, suprimindo o muro perimetral do templo e edificando un minarete ao carón da ábsida do leste. Xa no século XVII, e por un debuxos conservados na Biblioteca Nacional de París, sabemos que os frontóns de Fídeas estaban practicamente destrozados: faltaban as figuras centrais dos dous conxuntos (o nacemento


de Atenea e a súa competición con Poseidón). Tamén é moi coñecida a pasaxe acontecida neste mesmo século cando os turcos converteron o Partenón nun almacén de pólvora e o sueco Koenigsmark en 1687 ordenou ás tropas venecianas bombardear a edificación con que o Partenón quedou partido en dúas metades. Teríamos que lembrar tamén, lembrade que xa o fixo Iniciarte, as visicitudes dos coñecidos como os “mármores de Lord Elgin”: 56 paneis do friso das Panateneas, 15 metopas e partes dos frontóns. Baixo a dirección do enxeñeiro Nikolas Bálanos, entre 1894 e 1941, puxéronse en pe as columnas as columnas do peristilo do norte e sur e o entaboamento perdido empregando formigón. Debemos lembrar, agora, a famosa Carta de Atenas de 1931 que marcaría os traballos de restauración e reconstrución durante moitos anos. Así permitiuse o emprego de grapas de ferro para facilitar a estabilidades dos tambores das columnas pero que co paso do tempo os mancharía de óxido e os agrietaría, e tamén foi admitido o formigón para os perpiaños pero que acabaríase agrietándose. A finais do século pasado, concretamente en 1981 un terremoto obrigou de novo a intervir na edificación, reconstruíndose o mura da cela co aproveitamento de moitos perpiaños atopados in situ ademais doutros de nova talla. As campañas de reconstrución restauración continúan ata os nosos dias.

Grabado sobre o estoupido do Partenón en 1687


PROPILEOS

A entrada da Acrópole cara a 1896

A entrada da Acróple ateniente practicamente non sufriu ningunha modificación ata o século XIV. Nese século, os florentinos, en plena expansión comercial polo Mediterráneo oriental, fixéronse co control de Atenas e para adaptarse a entrada e as súas salas para pazo ducal e fortaleza ergueron unha gran torre “toscana” diante mesmo das grandes escaleiras. Dita torre foi edificada nunca pedra máis escura que o mármore do Pentélico orixinal para o que necesario sustituir e mesmo suprimir, os corpos laterais adosados dos Propileos. Esta torre “toscana” mantívose ata o século XIX o cal quere dicir que sobreviviu ás “inquedanzas” relixiosas dos turcos e mesmo a un raio que no 1656 destruíra practicamente toda a estrutura orixinal do pórtico. Cando o arqueólogo arqueólogo alemá Schliemann en 1875 chego a Atenas coa idea de reconstruír (restaurar?) a entrada da Acrópole, o primeiro que


fixo foi derrubar a torre florentina, limpar a fronte norte da muralla e tratar de eliminar partes dos engadidos padecidos aos longos dos século. De feitos da escaleira orixinal tan so se conservaba parte dun pequeno treito da zona mais preto do templo de Atena Niké, todo o demais era un completo desastre cheo de lixo e de restos dos sucesivos derrumbes. Cara a 1860 a monumental entrada esta case totalmente destruída. Non existía a cuberta e tan só estaba en pe seis columnas aínda que moi seriamente danadas, mesmo dúas delas unidas por un pequeno tramo de entallamento. Será a partir de 1930 cando se inicien os traballos para reconstruír os propileos mediante materiais novos para a entrada xa que puidéronse aproveitar moi pouco dos restos liscados polo chan. Finalmente en 1975 os Propileos foron desmontados unha vez mais, ao igual que o templo de Atenea Niké, para tratar as partes anteriormente reconstruídas. Desmontouse o pórtico oriental tratando logo de introducir na reconstrución elementos orixinais liscados polo chan, cousa que non foi posible no pórtico exterior da entrada, de feito tal nas columnas tan só se puido sanear as partes que aínda quedan en pé. Estas obras recibirían un novo pulo nos anos 90 co gallo da celebración das Olimpíadas de 2004. Cando vexamos os Propileos pensemos que o que estamos a ver ten menos dun século.

Os Propileos a finais do século XX


ATE EA IKÉ

O Templo de Atenea !iké cara a 1897 O fermoso templo de Atena Niké, situado no lateral dereito dos Propileos, non padeceu moitas modificacións ata a chegada dos turcos que o desmontaron en 1687 para empregar os seus perpiaños no reforzo dunha batería defensiva. Posteriormente o arqueólogo alemán Ludwig Ross iniciou as obras de limpeza e restauración da Acrópole, empregou as pezas orixinais atopadas na muralla feita polos turcos para a reconstrución da Atenea Niké. Pero gran parte dos seus relevos xa non estaba. O noso amigo Lord Elgin encargárase de levalos a Londres. Co gallo das Olimpíadas de 2004, acrecentouse o ritmo nas obras iniciadas no 2000: desmontouse de novo o pequeno templo para sustituir o perpiaños danados e colocar algúns orixinais recuperados en lugar doutros novos.


ERECTEIO

O Erecteion en 1869 Probablemente sexa esta a edificación que padeceu as alteracións máis graves ao longo dos séculos. Cando a partir do XV Atenas foi conquistada polos turcos, o Erecteion converteuse no lugar onde estaba o harén do xefe militar turco. Logo foi case completamente destruído para empregar os perpiaños de mármore branco do Pentélico na construción da vivenda dun alto mando militar. O noso coñecido Lord Elgin levouse a segunda cariátide occidental do pórtico sur para poñer na súa ubicación un piar de ladrillos. Neste tempo, século XIX, a fachada orixinal de semicolumnas xónicas padeceu graves deterioros, chegando case a desaparecer. Na zona reservada ao culto xa non había cuberta. Foron tapiados completamente os intercolumnios do pórtico xónico do lado norte. En 1827, durante a revolta grega contra a ocupación turca, o Erecteion practicamente desapareceu posto que gran parte do seu muro perimetral foise abaixo e, logo, durante unha tormenta en 1852 rematou por caer completamente agás no fondo do pórtico das Cariátides. (Fixádevos na fotografía de 1869) A partir da década de 1870 fóronse realizando numerosas intervencións para tratar de devolverlle, teoricamente, o seu estado orixinal, ou ben para engadirlle algunha dependencia máis. Reconstruíuse todo o pórtico oeste


con pezas novas. A principios do século XX volvéronse facer mais obras que serían basicamente desmontadas a partir de 1979 mediante os estudos de anastilosis, reconstruíndo gran parte das columnas, recompúxose o muro norte con algúns bloques supostamente orixinais. As Cariátides padecerían durante anos os problemas derivados da contaminación da cidade e, tras un chamamento internacional da UNESCO fixéronse importantes estudos que remataron co traslado das pezas orixinais ata o museo da Acrópole. En conclusión, practicamente nada do que vemos actualmente é orixinal.

O Pórico das Cariátides en 1853


A Acropole despois da Grecia Clasica