Issuu on Google+

Lois Pereiro

17 de maio de 2011 DĂ­a das Letras Galegas


Naceu en Monforte de Lemos, en 1958 de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias PolĂ­ticas e SocioloxĂ­a.


CAR CRASH

A sombra deste horror metalizado

escribirás os diálogos da morte

da cóxega homicida da memoria

no centro geométrico do choque

deixando a porta aberta a outras escenas

na emulsión dos meus ollos que impresionan

imaxes de accidente e feridas.


Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.


NADA

Cun saúdo ó corpo

Á terra

e nada

déronlle terra estraña

á frol maldita

da súa peor imaxe

ó seu cadáver

en plena posesión do seu futuro

aduviñándose na súa pel

o alento envolto en seda dunha amante

presente na súa ausencia

as mans xeadas

un perfumo mortal

e outra vez nada.


Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste periodo entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor

e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985),e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza.Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela corta

Náufragos do Paradiso.


III

Namorado outra vez

do amor que levo dentro

a sede enfurecida dun futuro

esgotou as miñas alternativas

levándome dereito cara ó impacto;

un proxectil conxelado no aire

a poucos metros dun corazón frío

e agardo o menor signo de calor

para abrir a súa pel e entrar no sangue

vencido pola forza do desexo

cegamente e sen medo

ó posible desastre.


1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saca por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe, de cinema e, sobre todo, de televisión.


XIV (Contra a morte o amor que vai conmigo)

dos días que reserva para min o destino

cada unha das súas noites por vivir

sería a derradeira

a única esencial

se puidese vivirte a ti tamén

trasnoitado sobre o teu corpo en calma

cohabitando os teus soños

sobrevivido a miñaa inexistencia

soñando nas túas noites

ou prorrogado en ti.


Publicou dous poemarios en vida,

Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para

renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.


1859 a 1861

Olivanando sen gloria a liña destes rostros desperta a súa ialma maxinada ó eixo dos escravos futuros señoríos

O escuro e incomprendido signo de beleza entra dende o corpo do meu doncel pasado.

Milleiros de segundos pendurados do clima ensortellado a primeira estación fría. cantas veces en presenza dun espello renegas dos obxectos primordiais?

Ise marcado pracer groseiro e gris, feble, efémero.......


Canto das causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cĂşmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepĂĄtica. Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo do seu pasamento foi unha intoxicaciĂłn por aceite de colza desnaturalizado.


XVIII

Hai cousas para as que segue a ser 煤nica como entrar na s煤a vida a sangue e ferro en petici贸n de axuda

E cando un se desfai por dentro esvaecido s贸 ela atende e cura esa emerxencia.

Ou convertir un destino impulsivo nun erro pervertido innecesario.


Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación do día das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e vasco, xunto cos textos orixinais en galego.


LEONORA EN CONFIDENCIA

Sabe que arbres de misterio retorcen os adultos predicando? mollada a língoa en pincel negro, iluminada escurece.

Descansa o día en calma de arma branca millor en ti, doncel profanadora a boca mártir. preparada a estar máis soia.


Morreu na Coruña en 1996, e Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011.


DISPOIS DO TEMPO FRÍO

Dispois do tempo frío sabes que estamos perdidos entre un pouco de violencia.

As raíñas do corazón durmido no bosco escuro aínda se loita e fora do mar area húmida

Co que alimentar a os nenos que tería contigo se unha nube azul baixase á terra

pero dispois disto queda o silencio en guerra


Lois Pereiro-