Page 1

2010-2011 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


Grupo Imaxina

1. PRESENTACIÓN

O grupo “IMAXINA” é unha empresa especializada na realización de actividades extraescolares e na organización de temas educativos. Adicada á xestión integral de actividades extraescolares, conscientes da importancia que esta ensinanza non regrada está tomando dentro da sociedade actual. Nos especializamos tanto na posta en marcha como na xestión total. Encargámonos de colaborar coas A.N.P.A.S, realizando sóndeos, reunións informativas, correspondencia e xestión de cobros. Coa

posta

en

marcha

das

nosas

actividades

extraescolares

pretendemos ser o complemento da educación e a cultura impartida no centro. Dirixímonos as A.N.P.A.S ofrecendo un gran abano de actividades lúdico-educativas, tanto para nenos coma para adultos, coa posibilidade de creación da ¨ESCOLA DE PAIS ¨.

2


Grupo Imaxina

2. VANTAXES DO GRUPO IMAXINA

Os clientes de actividades extraescolares contan con:

XESTIÓN INTEGRAL: Imaxina se caracteriza pola súa xestión integral contando con nos para todo o proceso da actividade dende a enquisa de prematriculación ata a xestión de recibos.

SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL: Os nosos compromisos son ofertar uns servizos coa maior calidade e seguridade. Por isto contamos cun seguro de responsabilidade civil que cubre ata 300.000€.

A SEGURIDADE DO SEGUIMENTO semanal do estado da actividade ,tanto por contacto telefónico como vía mail co responsable da A.N.P.A .

SUSTITUCIÓNS GARANTIDAS: Contando para iso con tres monitores que cobren ao persoal nestes casos.

CONTROL DE MONITORADO tanto en puntualidade como en trato co alumno e impartición da actividade asignada.

INFORMES TRIMESTRAIS PERSONALIZADOS; os pais son informados do realizado polos seus fillos/as na actividade cada trimestre.

3


Grupo Imaxina

EXHIBICIÓNS E ACTOS PROGRAMADOS de todas as actividades extraescolares para os alumnos de Imaxina durante todo o curso.

BOLETÍN MENSUAL que informa da actualidade de Imaxina.Este boletín é enviado por e -mail a todos os clientes.

REALIZACIÓN DE CONCURSOS para os nosos alumnos independentemente da actividade á que acudan. Estes concursos son realizados para inculcar nos nenos unha serie de valores que a política da empresa considera fundamentais.

3. TALLERES Cada taller é elaborado con métodos propios, ¨IMAXINA¨ oferta os seguintes:

TALLER LÚDICO EN INGLÉS// AREA DE IDIOMAS TALLER LÚDICO EN FRANCÉS EXPRESATE COAS CORES TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL ÁREA DE TALLERES ARTÍSTICOS

TALLER MUSICAL : PERCUSIÓN MANUALIDADES E ABALORIOS TALLER DE MEDIOAMBENTE E RECICLAXE TÉCNICAS DE ESTUDO

ÁREA DE APOIO ESCOLAR

APOIO ESCOLAR INFORMÁTICA PATINAXE

ÁREA DE DEPORTES MULTIDEPORTE TAEKWONDO ARTES MARCIAIS

KUNG FU DEFENSA PERSOAL BAILES DE SALÓN

DANZAS

AERÓBIC EXPRESIÓN CORPORAL

4


Grupo Imaxina

BAILE MODERNO BAILE REXIONAL

TALLER ESCRITURA CREATIVA TALLER DE RISOTERAPIA TALLERES DIVERSOS

TALLER DE CÓMIC TALLER DE COCIÑA INFANTIL DIETÉTICA E NUTRICIÓN PREVENCIÓN EN DROGADICCIÓN

TALLERES PSICOLOXÍCOS E DE APRENDIZAXE XERAL

3.1.

TALLER DE ORGANIZACIÓN DOMÉSTICA

ÁREA DE IDIOMAS

Os alumnos coñecerán o Inglés e francés básico pero o mesmo tempo avanzado para a súa idade xa que non son clases escritas senón faladas no propio idioma onde non hai lugar para a traducción. O que se pretende con este sistema e que aprendan a falar o idioma naturalmente. As clases iran dadas polo nivel xeral deles e seguirán o seu ritmo. Tendo en conta que en cursos anteriores nenos de sete anos aprenderon perfectamente a desenvolverse no idioma dado, podendo ser capaces de defenderse en variadas situacións. Así, ao emplear en todo o momento o idioma e sempre de forma lúdica, asistimos a unha nova ensinanza, na cal o alumno dita o ritmo. E sempre queda constancia da aprendizaxe porque na seguinte clase precisará eses coñecementos para desenvolverse.

5


Grupo Imaxina

3.1.1.

TALLER LÚDICO EN INGLÉS

O perfil dos alumnos a formar é de nenos de 3 a 12 anos que se dividirían en tres grupos dependendo a súa idade. Obxectivos: Pretendese a finalidade de que os nenos aprendan inglés a ritmo de exercicios orais sempre de forma lúdica e amena. Toda a clase será dada no idioma: non se traduce nin se fala no idioma do neno. Para entendernos empregaremos a mímica ou tarxetas con debuxos.

Perséguense os obxectivos principais : - Mellorar as posibilidades de expresar: cognitivas, comunicativas e de movemento. - Aprender o Inglés básico

6


Grupo Imaxina

- Co xogo teatral e actividades aplicadas a psicomotricidade, aprenderan a

compartir, traballar en equipo (team work) e

respetarnos. - Desenrolar as capacidades de aprendizaxe de cada alumno en particular e o mesmo tempo as do conxunto en xeral. Sen deixar ningunha particularidade de lado. - A través do speaking conseguiremos que o neno non traduza e asimile as palabras naturalmente.

IDADES: Dende os 6 anos. DURACIÓN: 1 hora a semana. Posibilidade de 2 horas a semana.

3.2.

ÁREA DE TALLERES ARTÍSTICOS

3.2.1.

“EXPRESATE COAS CORES”

Taller no que se pretende o desenrolo da actividade e creatividade plástica do neno. O debuxo, a cor, o volume, o modelado... mestúranse facendo unha aula sen límites de técnicas nin materiais. A teoría plástica esta detrás de todas as actividades que realizan os alumnos, que sen darse conta nunha clase amena asimilan conceptos básicos da técnica artística como a línealidade, volume, proporción, cor, degradación… Matericamente desenrólanse distintos proxectos vencellados o mundo da pintura e incluso da escultura, ca orixinalidade e a forza da creatividade temprana.

7


Grupo Imaxina

IDADES: Dende os 3 anos. DURACIÓN: 1 hora e media semanal.

3.2.2.

TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL

O teatro é unha das actividades máis completas e formativas que se poden realizar. Unanimemente admitida a necesidade de que o teatro chegue a infancia e a xuventude. O carácter lúdico e formativo do teatro, desempeña un importante eido na educación do neno. A actividade teatral permítelle manifestar a súa capacidade creadora e imaxinativa. Axúdalle a dominar a expresión corporal e oral, a exercita-la memoria e a capacidade de improvisación e contribúe dun modo notorio ao desenrolo da súa personalidade.

8


Grupo Imaxina

O perfil dos alumnos a formar é: Nenos de 5 a 7 anos, Xogo teatral Nenos de 8 anos en diante, Teatro feito por nenos

Obxectivos: Perséguese que o neno domine e coñeza o seu corpo. -

Dinamize a sua imaxinación e a sua capacidade de imitación.

-

Adquira espírito de cooperación.

-

Integración no grupo.

-

Desenrolo emocional e da personalidade, mediante a resolución de conflitos.

Contidos: Dentro do xogo teatral teñense en conta determinados xogos que deben formar parte do mesmo: -

Exercicios de relaxación e respiración

-

De xogos con obxectos

-

Dos sentidos

-

De sonidos

-

De creatividade propia

-

De expresión corporal

-

De xesto e da mímica

-

De psicomotricidade

Para cada sección elixirase un tema que faga de fío condutor destes exercicios que poden estar relacionados con calquer feito cotidiano, cun conto, cunha idea proposta por algún dos alumnos ou cun suceso do colexio. Tamén se levaran a cabo diferentes talleres dentro deste mesmo, coma:

9


Grupo Imaxina

Titeres e marionetas, o teatriño, as máscaras, a maquillaxe, o vestiario, a iluminación, os efectos sonoros, a música, e outros recursos.

IDADES: Dende os 3 anos. DURACIÓN: 1 hora e media semanal.

3.2.3.

TALLER MUSICAL : PERCUSIÓN

É ben sabido a importancia da musica no desenrolo da intelixencia nas idades tempranas. Rompendo coa férrea doutrina didáctica que sempre rodeou á ensinanza da musica, pretendemos ensinar os principios básicos da disciplina duna maneira práctica e animada. O ritmo, solfeo, tempo...

10


Grupo Imaxina

11

Asimilaranse fora da seria teoría músical entendéndose na propia experiencia musical. Dende este enfoque os nenos experimentarán e coñeceran os distintos instrumentos:

de

percusión,

corda,

vento...

descubrirán

a

representación física da son, que é a danza. Despois da iniciación no mundo musical cada neno escolle o seu camiño e es comeza cun instrumento. As especialidades son: percusión, corda e vento.

IDADES: Dende os 8 anos. DURACIÓN: 1.30 hora a semana.


Grupo Imaxina

3.2.4.

MANUALIDADES E ABALORIOS

Xarriños, marcos, xoguetes, marionetas, papel recicrado... nada ten límites neste taller, podendo realizar de todo con todo tipo de materiais. Aqui estamos para fabricar e inventar; pretendemos educar habilidades manuais nos pequenos artistas, creatividade e unha boa dosis de conciencia da reciclaxe. Ensinaremos a reciclar, a valorar as manufacturas e a fabricar nos mesmos todas as cousas que se nos ocorran. ¡Que os demais compren as cousas , nos facémolas!

IDADES: Dende os 3 anos. DURACIÓN: 1 hora e media semanal

12


Grupo Imaxina

3.2.5.

TALLER DE MEDIOAMBENTE E RECICLAXE

Pretendemos recuperar moitos dos coñecementos sobre plantas, animais, ecoloxía que antes os nenos aprendían nas nosas aldeas e pobos. Tamén a conciencia ecolóxica ten cabida protagonista neste módulo, abrindo os ollos as novas xeracións as condutas bioloxicamente correctas e educando a unha mocidade que coñeza e protexa o medio. Recuperar, reducir, reciclar, inventar, serán as palabras importantes dos obxetos decorativos e utilitarios que faremos na clase. Fomentaremos iniciativas para a protección do medio, recollida de pilas, reforestación de espazos... Coñeceremos as prantas facendo algunha práctica de viveiros e terrarios. Creando unha horta ecolóxica onde os nenos aprenden bos habitos de consumo e involúcranse na producción dos propios alimentos. En caso de non ter un espazo exterior, faríamolo en macetas e viveiros na aula. Importante tamén é que os nenos aprenden os nomes das técnicas de labranza que tan habituais eran nas xeracións anteriores; abrimos un vínculo co pasado agrícola e tamén cun futuro ecolóxico.

IDADES: Dende os 3 anos. DURACIÓN: 1 e media a semana .

13


Grupo Imaxina

3.3.

ÁREA DE APOIO ESCOLAR

3.3.1.

TÉCNICAS DE ESTUDO

É un taller adicado as técnicas de estudo e reforzo. Orientase ao neno a interpretar, asimilar, reter, entender os contidos de estudo, e facendo inca pe na capacidade para logo expresalos. Este taller personalizase corrixindo as deficiencias educativas de cada neno e potenciando a capacidade de asimilar os contidos. Pretendese que os alumnos aprendan unha serie de técnicas que os axuden a estudar e lles sirva ademais como apoio ou reforzo nas asignaturas escolares.

3.3.2.

APOIO ESCOLAR

3.3.3.

INFORMÁTICA

Este taller ten como obxectivo adentra-los nenos no mundo da informática. Conscientes dos avances desta tecnoloxía e do útil que lles será no futuro desenrolarse co ordenador. O manexo do rato, control do entorno de Windows, a búsqueda de información en Internet… son uns dos primeiros pasos que se dan. Unha vez que o neno se desenvolve neste entorno comenzanse as clases cos procesadores de texto e as follas de cálculo. Dous aspectos importantes cara a formación dos nenos e tendo en conta que son aspectos que se dan obrigatoriamente na ESO.

IDADES: Dende os 6 anos. DURACIÓN: 1 hora a semana. Posibilidade de varios días a semana.

14


Grupo Imaxina

3.4.

ÁREA DE DEPORTE

3.4.1.

MULTIDEPORTE

Actividade programada para os nenos máis pequenos para que vaian coñecendo e familiarizandose con distintos deportes, as súas regras e movementos.

IDADE:De 3 a 5 anos. DURACIÓN:1 hora a semana.

Nesta área tamén contamos con monitores de distintos deportes como: -

Monitor de fútbol sala

-

Balonmán

-

Voleibol

-

Hockey

-

Patinaxe

IDADE : De 6 A 12 anos. DURACIÓN: 1.30 a semana.

15


Grupo Imaxina

3.5.

ARTES MARCIAIS

Os alumnos

coñeceran cada arte marcial en concreto e en xeral

afianzaran os obxectivos máis básicos que son: desenrolo de capacidades motrices, diferenciación de técnicas básicas e regras. Contamos para isto con profesores federados dándolle a os rapaces a posibilidade de cambio de cinturón e poder federarse. Se levaran

a diante exhibicións ao longo de todo o curso e

competicións. A nivel federativo Imaxina fundase coma clube de Taekwondo profesional , formando así un equipo de nenos que representaran ao clube nas distintas competicións nacionais.

3.5.1.

TAEKWONDO

3.5.2.

KUNG FU

IDADES: Dende os 6 anos DURACIÓN: 1 hora e media semanal.

16


Grupo Imaxina

3.6.

DANZAS

Contamos con unha gran variedade de danzas aplicables a diferentes grupos e idades:

3.6.1.

BAILES DE SALÓN

3.6.2.

BAILE REXIONAL

3.6.3.

AERÓBIC

3.6.4.

BAILE MODERNO

3.6.5.

EXPRESIÓN CORPORAL ( De 3 a 5 anos)

IDADES: Dende os 6 anos. DURACIÓN: 1 hora semanal

17


Grupo Imaxina

3.7.

TALLERES DIVERSOS

3.7.1.

TALLER DE CÓMIC

Taller onde os nenos desenrolan a súa capacidade creadora e de imaxinación aprendendo a deseñar todo tipo de viñetas e as súas estruturacións. IDADES:Dende os 8 anos. DURACIÓN:1 hora e media semanal.

3.7.2.

TALLER DE COCIÑA

Neste taller se teñen en conta varios factores que son: Aprendizaxe de hábitos de alimentación sans e saudables, creación de distintos pratos (todos fríos), desenvolvemento do sentido do gusto e do olfato e, por enriba de todo, que descubran a importancia dunha boa alimentación.

IDADES: Dende os 3 anos. DURACIÓN:1 hora e media a semán.

18


Grupo Imaxina MATERIAIS: 6 € / ao mes

19


Grupo Imaxina

3.7.1.

TALLER INFANTIL

Neste taller os máis pequenos realizan todo tipo de actividades segundo trimestre:

1º trimestre: Contacontos e teatro. 2º trimestre: Manualidades e reciclaxe. 3º trimestre: Danza moderna e cancións.

IDADES: De 3 a 5 anos. DURACIÓN: 1 hora e media á semana.

20


Grupo Imaxina

OS MONITORES Somos conscientes de que unha das principias valías dunha empresa que se adica as actividades extraescolares son os mestres e monitores, polo cal ¨Imaxina ¨ conta cun equipo con grande experiencia e seriedade. Son persoas dinámicas e entusiastas con vocación pola ensinanza. Mestres que transmiten aos seus alumnos toda a motivación necesaria para crear unha actividade amena e creativa. PROCESO DE SELECCIÓN O proceso de selección de persoal de Imaxina consiste: 1ª FASE:

Selección de persoal realizada por unha empresa

especialista na materia. 2º FASE :

Curso de dos días de formación especifica para que os

monitores coñezan como se traballa en Imaxina e cal é a politica da empresa. 3ª FASE : Logo de esta proba de tres días faise a selección final. CONTROL DE TRABALLO En Imaxina

contaremos este curso 2009/2010 cunha coordinadora de

persoal presente. O traballo de esta coordinadora é asistir a duas das catro clases do mes para ver de preto o funcionamento de cada actividade. Levando consigo unha planilla, na cal recolle distintos apartados coma a puntualidade, trato cos nenos, seguemento do alumnado e a programación, etc. Encargase tamén de resolver calquera dubida ou questión da A.N.P.A. Cada actividade esta englobada dentro de areas, cada area ten o seu propio coordinador, especialista na area, o cal realiza as reunións mensuais nas que se entregan partes de asistencia do alumnado, comentar o estado da actividade , etc.

21


Grupo Imaxina

REUNIÓNS MENSUAIS CON A.N.P.A.S E PAIS DE ALUMNOS Ao finalizar cada mes realizamos unha reunión con integrantes da A.N.P.A para comentar o estado das actividades e questións importantes. Os monitores pola sua parte deben realizar unha reunión mensual cos pais dos alumnos , que se realiza na última clase do mes .Ao rematar a clase.Os monitores deben entregar na oficina central unha planilla cuberta cos datos da reunión mantida cos pais .Esta planilla e entregada a A.N.P.A.

22


Grupo Imaxina

4. FORMACIÓN DE GRUPOS Imaxina colabora coas A.N.P.A.S na elaboración das actividades extraescolares do seu colexio, realizando sóndeos, reunións informativas e correspondencia. Todo isto encamiñado a facilitarlle a labor na posta en marcha dos talleres e o seu posterior desenrolo e seguimento garantido para que se manteñan no taller o maior número de nenos. Todas as actividades a desenrolar dependerán da dispoñibilidade dos docentes para os días e horas escollidos. Cuestións importantes:  Os centros deben ter un número mínimo de 10 alumnos por grupo para que se poda desenrolar a actividade.  Ao comezo do curso firmarase un contrato con cada cliente no que constaran unha serie de normas e a relación contractual concreta.  A formación de grupos debe ser supervisada con Imaxina. En caso de ter que facer dous grupos dunha mesma actividade terá que ser sempre en horario continuo e nunca en días distintos.  As idades dos grupos deben ser homoxéneas para o bo funcionamento do grupo e da actividade.  Imaxina, ao comezar o curso, envía a tódolos pais unha circular na cal se explica que os alumnos dispoñen de outubro e novembro para decidir darse de baixa ou non, fora de este prazo so se aceptaran baixas con razóns de forza maior. Con isto pretendese eliminar as baixas e altas dentro dos grupos para conseguir a estabilidade do curso.  Todas as baixas deben ser comunicadas a Imaxina antes de comezar o mes seguinte. 

Todas as cuotas de materiais seran domiciliadas.

23


Grupo Imaxina

FORMA DE PAGO

¨IMAXINA¨ xestiona todos os cobros a través de domiciliación bancaria. En caso de devolucións bancarias se cobraran os custos da devolución. Todo isto explicaríase nunha reunión informativa que tería lugar antes de comezar a actividade.

PREZOS

Área de deportes :

15 € por alumno

Área de idiomas:

15 € por alumno

Área de actividades artísticas:

15 € por alumno

Apoio escolar e técnicas de estudo:

15 € por alumno

Informática:

16 € por alumno

Talleres diversos:

15 € por alumno

Escola de pais:

15 € por alumno

*I.V.E non incluído. *Prezos por mes.

24


Grupo Imaxina

5. ESCOLA DE PAIS Esta escola vai enfocada a unha alternativa do emprego do tempo das nais e pais dos alumnos. Xa que hai que ter en conta que unha maioría dos pais agardan aos rapaces ou deben facer tempo para logo recollelos ao remate da actividades extraescolar. Así o que se pretende e que este tempo de espera sexa investido nas instalacións do colexio, que se converte nun espazo público a empregar pola comunidade, realizando unha actividade cultural ou deportiva. Coa posta en marcha desta escola de pais acadaríamos entre outros fins: unha maior relación dos monitores / profesores cos pais , coa A.N.P.A e co centro educativo. Chegando así a unha maior fluidez do contacto dos diferentes grupos. Pretendemos tamén que esta escola sexa unha forma de incentivar aos nenos na súa continuidade na actividade extraescolar escollida durante todo o curso, vendo o exemplo dos seus pais. En resumo a escola de pais é unha nova iniciativa que ¨Imaxina¨ cree que pode ser o centro de unión entre as distintas partes para colaborar así no progreso da educación do neno e facendo que todos nos involucremos nos distintos aspectos da actividade extraescolar. As actividades a ofertar para a escola de pais son: -

TEATRO

-

AERÓBIC JAZZ

-

XIMNASIA DE MANTEMENTO

-

IOGA E RELAXACIÓN

-

TALLER LÚDICO EN INGLÉS

-

PILATES

*A duración das actividades é de 1 hora e media, agás os idiomas de 1 hora de duración.

25


actividades imaxina  

actividades imaxina

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you