Page 1

Acta Asamblea Xeral ordinaria Anpa A PENA DO EQUILIBRIO

ACTA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA A PENA DO EQUILIBRIO COLEXIO RAMIRO SABELL MOSQUERA BRO. BARRAL S/N PONTEAREAS 13 XUÑO 2008

ASISTENTES: ANPA DANIEL GARGAMALA ALDIR XOSE HENRIQUE GONZALEZ LAGO OTILIA RODRIGUEZ GONZALEZ

PAIS E NAIS :

20 pais/nais

Sendo as 19.00 horas do venres 13 de xuño de 2008, ten lugar a Asemblea Xeral ordinaria da Anpa “A pena do Equilibrio” do Colexio de Educación Infantil e Primaria Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas, actuando como convócante a Anpa do colexio, e asistindo todas as persoas anteriormente sinaladas.

Toma a palabra o presidente da Anpa agradecendo a asistencia de todos os presentes. A continuación toma a palabra o Secretario e da lectura das actividades feitas pola anpa neste período, Solicitude do plan madruga, Denuncia sobre o bloqueo da rotonda, solicitude da policía, solicitude apertura comedor, problemática da novas paradas do autobús, Actividades extraescolares, pintura,manualidades, debuxo, informatica, balonmán... Exposición dos traballos feitos nas actividades extraescolares De seguido acláranse as dudas dos pais e nais sobre os temas anteriormente citados. Volve tomar a palabra o Secretario informando que as relacións coa FANPO están totalmente rotas xa que estes non funcionan coma unha asociación si non coma unha organización dependente dun partido político, negándose a render contas, presentar facturas,facer públicos os estatutos da asociación. Proponse e se somete a votación a saída desta anpa da fanpo. A proposta e aprobada por unanimidade dos alí presentes.

1


Acta Asamblea Xeral ordinaria Anpa A PENA DO EQUILIBRIO Volve tomar a palabra o secretario informando sobre o estado das contas e facendo publicas as mesmas. De seguido son aprobadas por unanimidade dos alí presentes. Volve tomar a palabra o Secretario informando do novo IES, a súa situación actual,e o seu futuro. De seguido acláranse as dudas dos pais e nais sobre o tema anteriormente citado.

Volve tomar a palabra o secretario informando que despois de dous anos e como manda os estatutos tense que iniciar unha nova etapa dentro da directiva, anima os alí presentes a presentar unha nova equipa directiva.

Toma a palabra don JUAN CARLOS CARRILLO CLARO para presentar a súa candidatura a presidencia da Anpa amosando a súa dispoñibilidade para ocupar o cargo e continuar a excelente labor que se esta a realizar por parte desta directiva.

De seguido, toman a palabra Dona MARY YOLANDA CHAINE SUAREZ e Dona CRISTINA MISA ALONSO E Don JESUS YUNTA SANTOS para por de manifesto de que tamén están dispostos a pertencer a nova equipa directiva. Ante a presentación da única candidatura chegase por acordo unánime a nova equipa Directiva ( Anpa) como Presidente Don JUAN CARLOS CARRILLO CLARO con DNI 35567849M, como secretaria Dona MARY YOLANDA CHAINE SUAREZ con DNI X3966846 J, coma tesoureira Dona CRISTINA MISA ALONSO con DNI 36091163 T, como vocais Don JESUS YUNTA SANTOS con DNI 52092842 G, Don DANIEL GARGAMALA ALDIR con DNI 36045073 W, Don XOSE HENRIQUE GONZALEZ LAGO con DNI 76895056 F. Volve tomar a palabra o secretario para facer entrega dos premios actividades extraescolares.

das diversas

Finalmente, e sendo as 21 horas e 5 minutos, dáse por concluída a sesión convidando a todos os membros da anpa a participar e traballar neste novo curso que comenzara en setembro.

Presidente saínte Daniel Gargamala Aldir DNI 36045073 F

Secretario saínte Xosé Henrique González Lago DNI 76895056 F

Tesoreira saínte Otilia Rodríguez González DNI 76.900.238 Z

Tesoreira entrante Cristina Misa Alonso DNI 36091163 T

2


Acta Asamblea Xeral ordinaria Anpa A PENA DO EQUILIBRIO

Presidente entrante Juan Carlos Carrillo Claro DNI 35567849 M

Secretaria entrante Mary Yolanda Chaine Suarez DNI X3966846 J

3

acta 13/06/2008  

actas 13 de xuño do 2008