Page 1

POLA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

PETICIÓN POLO MANTEMENTO DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO Plataforma da Comunidade Educativa Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto Os pais e nais do alumnado do ensino obrigatorio público e concertado galego, xunto co resto da comunidade educativa, ante as declaracións SEdo Sr. Conselleiro de Educación manifestando a intención da súa Consellería de modificar o sistema actual de gratuidade dos libros de texto Manifestamos que: • A gratuidade do ensino é un dereito consagrado na lexislación vixente. • A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social de todos os galegos. • A intención do goberno galego de reducir gastos educativos, argumentada na crise económica, non debe afectar á gratuidade dos libros de texto, condición necesaria para acceder á igualdade de oportunidades na educación. • Dende hai 3 anos, todo o alumnado do ensino obrigatorio, en condicións de igualdade, recibe en préstamo os libros de texto que vai necesitar ao longo do curso escolar. Unha vez rematado o curso, os nenos devolven os libros, que serán usados ao ano seguinte por outros alumnos. Pasados 4 anos, os libros son renovados. • Todo isto significa que durante catro anos a administración non realiza novos investimentos, polo que, ao noso modo de ver o cambio do sistema de préstamo ao de libros en propiedade ten como único obxectivo o beneficio das editoriais, non entendendo o pretendido aforro económico. • O sistema de préstamo supón a implicación dos alumnos no coidado dos libros, fomenta a solidariedade e o respecto aos bens públicos, e da paso adiante na defensa do noso patrimonio ecolóxico. • Por outra banda, non entendemos as formas da Consellería de Educación, que pretende impoñer unha política de factos consumados durante a época estival, prexudicando directamente ás familias. En consecuencia, os abaixo asinantes esiximos á Consellería que manteña o sistema de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio que se implantou en Galicia no curso 2003/04, negándonos rotundamente a mercar os libros de texto para o novo curso escolar se non temos garantías de que a gratuidade é universal. APELIDOS

NOME

DNI

SINATURA


POLA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

APELIDOS

NOME

DNI

SINATURA


POLA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

APELIDOS

NOME

DNI

SINATURA

gratuidade  

gratuidade libros de texto

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you