__MAIN_TEXT__

Page 1

ANO 7 - Nº 95

Xullo 2018 (Primeira edición) - 2€

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

REPORTAXE: O

NARCOTRÁFICO. ENTREVISTAMOS AO ARREPENTIDO E TESTEMUÑA PROTEXIDA DA OPERACIÓN NÉCORA, MANOLO PADÍN PÁXINAS 20 E 21

DÍA DA PATRIA GALEGA Por Tino Lago Por Néstor Rego

BAIXO MIÑO

2 4

Cen nenos e nenas gozan do Campus de fútbol de Tomiño XIX

ENTREVISTA

Julen Mendoza, alcalde de Errentería (Bildu) IV E V

FÚTBOL: O ascenso do Arcade VIII

REPORTAXE

A GUARDA EN FESTAS XV E XVI

REPORTAXE

Homenaxe á Romana de Casa Gallardo en Puxeiros 10


[ 2] Xullo 2018 (Primeira edición) EDITORIAL

TINO LAGO Director de A Nova Peneira

O 25 DE XULLO, A NACIÓN GALEGA E O BNG

Se no abrente deste día puideramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas as direccións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Desde as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeirais; desde as serras nutricias do Miño a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas de entrambos ríos; ou desde os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.......” Desta maneira tan fermosa comezaba Castelao o seu inmortal discurso “Alba de Groria” en 1948 no centro galego de Buenos Aires, co gallo da celebración do día da Patria Galega. Desde A Nova Peneira sumámonos gozosos á celebración, un ano máis, do día da nosa patria. E se no abrente dese día puideramos voar sobre as comarcas do noso país ás que chega o noso xornal, e percorrelas en todas as direccións asistiriamos á marabilla dunha mañá única. Desde o sol do Condado que fai agromar exul-

tantes, ás cores dun inmenso xardín inzado de flores e froitas, ata a profunda intensidade lírica do branco, azul, e gris, das praias da península do Morrazo; desde o Val da Louriña e o Val Miñor aloumiñados polos afagos de pedra e choiva da Galicia que quere seguir sendo Galicia, ata a dignidade dos traballadores e traballadoras do metal do pobo traballador da ría de Vigo; desde o Baixo Miño acariñado polas augas do seu pai, como un avó garafetea ao seu neto no berce, ata as terras de Redondela onde Mendíño cantou á Illa de San Simón e onde naceu a miña filla. Pero se no abrente dese día puideramos voar sobre as comarcas do noso país ás que chega o noso xornal e percorrelas en todas as direccións tamén asistiriamos á inmunda negrura; desde o perigo de morte no que se atopa o nosa lingua, falada por menos dun 5% das nenas e nenos de Vigo; ata a infame Ence asasinando o futuro das comarcas que toca, como toca a negra parca os corpos que ven reclamar; desde as peaxes de Rande que nunca se acaban, ata o alcalde de Baiona, de cuxo nome quero esquecerme, que

quería pór un campo de Golf en plena serra da Groba, onde moran desde a noite dos tempos, ceibes, centos e centos de cabalos ;desde o pésimo goberno de Mos que agocha a ruína económica na que sumiu ao seu concello, tratando de arrasar os montes de Tameiga e Pereiras, para que os especuladores sigan especulando coa riqueza que é de todas e todos os mosenses, ata as obras eternas na A55,o lindano no Porriño a inutilidade do goberno da Xunta para acabar cos incendios que ano si e ano tamén arrasan os montes das Neves, de Pazos de Borbén, de Soutomaior.... Só a existencia de forzas políticas que asuman as nosas especificidades como un pobo máis no mundo, nin mellor nin peor ca ningún outro, pero con identidade propia, que entendan a necesidade defender os intereses do pobo galego, pode facer que aquela Alba de Gloria que cantaba Castelao sexa unha realidade viva 1.000 primaveras máis. O vindeiro 25 de xullo, percorrerei as rúas da capital da miña patria, coa íntima convicción de que a existencia, a fortaleza e a solvencia do BNG é o que resulta en verdade imprescindible para que así sexa.

OPINIÓN JUAN C. PIÑEIRO DOCAMPO

M

Secretario Xeral de C ompromiso por Galicia

adrid absorbe como un burato negro parte do potencial de crecemento de Galicia. É difícil explicar isto sen caer nunha certa tendencia a converter o discurso nun dogma. Mais é unha realidade que frea moito o crecemento de Galicia e a capacidade de xerar sinerxías de crecemento. A rexión da capital do reino de España non ten potencia económica propia; non xera enerxía, non ten mar, non ten materias primas, non transforma, case non ten agricultura pero embárgantes acumula o 31,8% de empresas do Estado e o 13,8 % do PIB relacionado coas exportacións, ten moito mérito se temos en conta que é un páramo que non ten capacidade de

MADRID O BURATO NEGRO

produción ningunha. Galicia sofre esta rémora en moitas das nosas principais empresas produtivas e tamén de servizos, sufrindo unha trampa mortal nas posibilidades de crecemento e de asentamento empresarial e sobre todo sufrindo os recortes e perda de servizos públicos aplicados dende a Xunta para cadrar as cifras. Un exemplo claro e o que sucede con Alcoa, multinacional americana que no seu día recibe o agasallo de Aznar para mercar a fábricas públicas de Alumina Aluminio presentes en San Ciprián e Coruña. Supón o 30% do PIB da Provincia de Lugo pero que ten o domicilio fiscal en Madrid. Outro exemplo moi significativo é o

dos coches de renting e de flota empresarial, todos pagan a matriculación e o imposto nun pequeno concello madrileño, que se beneficia de todas as empresas de España. Segundo datos do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, no ano 2010, 170 empresas galegas mudaron o domicilio fiscal a Madrid movidas pola menor presión fiscal. Menos mal que ninguén declarou a independencia, logo falan da fuga de Catalunya. Madrid é xa que logo unha sorte de paraíso fiscal para as empresas galegas e un burato negro por onde se perde a calidade de vida e a capacidade de inversión do noso País. Ollo agora tamén empeza a atraer competencias.

Moitos de estes cambios de domicilio fiscal non son reais, polo tanto existen mecanismos para denunciar este fraude, pero claro ós políticos dependentes da metrópole: xa sexa Génova, Ferraz, A Complutense ou a Rúa Alcalá non lles interesa que a capital imperial sufra en detrimento dos que somos de outra zona. Ó final Madrid concentra moito voto. Galicia precisa xa que logo políticos que non miren a Madrid e sexan capaces de reclamar o noso, non por teimas de independencia, simplemente para que os galegos e galegas vivan o mellor posible co que somos quen de xerar, e depós se sobra axudar ó resto.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 3]

OPINIÓN

BALDOMERO IGLESIAS Mero

MEMORIA E IMPUNIDADES A

chégase o día 22 de xullo, día de celebración da Memoria Histórica que en Galiza se manifesta conxuntamente naquel eido de cárcere e sufrimentos. Si, xa sei que a mesma palabra pode resultar redundante, pois non hai memoria senón da historia e do pasado, nin hai historia que non sexa memoria do mesmo pasado. Ás veces isto último non se verifica como certo. Ocorre moitas veces na nosa Matria, hai un obsceno costume de mercar vontades e de mercar silencios. É moi evidente nos medios de comunicación, hoxe e –o peor- vén de sempre. Vendidos ao poder, que é quen paga de calquera xeito as subvencións do silencio. Neses silencios que estamos sumidos. De feito hai unha historia próxima que carece da súa memoria, porque non se conta nin se contou, porque ninguén relatou verazmente, porque os culpables aínda están impunes e poñéndose medallas pensionadas entre eles mentres, os verdadeiros verdugos –con consideracións vitalicias polos extraordinarios servizos daquela desfeita, gozan da deferentes atencións e –para colmo- do descanso en mausoleos de alto copete e rango. Lamentable todo, resulta un espectáculo, e aínda

así porque para o esclarecemento dos feitos hai impedimentos para investigar e buscar documentos, cando hai sorte e non foron destruídos. Porque hai e houbo gobernos que en base a quedar ben con todos, queren ocultar a verdade. A historia está falta de revisións, mesmo plurais pero que teñan o rigor preciso da verdade. Non se fala do que aconteceu, do xenocidio, ocúltase e na mesma ocultación oféndese aos que a sufriron inxustamente, porque eles eran os que defendían a legalidade e non a usurpación que logo nos atereceu. Non se sabe aínda, levamos anos descubrindo novas fosas, novas probables identidades de mulleres e homes que foron privados da vida e, xa non digamos, privados de honra. Por iso poñemos pedras que vaian sinalando os sitios, placas de recordo daqueles que sabemos foron tirados de calquera xeito ignominioso alí, para escarmento dos veciños. O caso é que o 22, como todos os anos, volveremos á Illa de San Simón para facerlles homenaxe ás vítimas do franquismo. É un acto de solidariedade coa dor de tantas persoas que aínda sofren o esquecemento e o inxusto desprezo dunha das pasaxes históricas

máis lamentables, feridas en carne viva por mor do desleixo e abandono, da pasividade de tanta “boa praxes” que impide contar a verdade dos feitos co rigor do acontecido. Pero tamén é unha data para a reposición e para non quedar en paz mentres siga a campar a infamia e teñamos que renunciar á paz de tantos esquecidos. Fanse exhumacións, verifícanse adeenes, rescátanse do esquecemento nomeando a aquelas persoas, sinalando os lugares, devólveselles a honra e os restos volven ás mans dos seus familiares, dáselles apoio ás familias – perseguidas e silenciadas desde as datas do crime e abandonadas tamén nesta “democracia” que pactou co demo. Fotos das entregas, silencios e prantos. Calcúlase que son 114. 226 persoas que seguen nas cunetas, nas gabias da nosa xeografía humana, alí na mesma orixe das entrañas. Tarde, é moi tarde xa para recuperar a nosa estima desde a memoria. Seguiremos a lembrar e facer pública homenaxe dos que non consentiron a morte das ideas diante da barbarie, dos grupos guerrilleiros que gardaron a nosa dignidade –miles de mulleres e homes, enlaces, encubridores- loitando desde

o monte e dando as súas vidas pola causa da razón anque sen razón, morreron por causa da legalidade. Por exemplo, “...o día 5 de marzo de 1949 ao amencer a Garda Civil rodeou a casa e, en combate, caeu morta Carme Temprano Salorio. Ás tres da tarde, na estrada de Porto Mouro a Santa Comba, cercados de novo houbo un novo enfrontamento, foron abatidos todos os membros do destacamento xunto coa sobriña da dona da casa de Zas, Manuela Teiga. Eran José María Castelo Mosquera, Manuel Pena Camino e Vicente Peña Tarrasa. Manuel Ramiro Souto foi o único que logrou fuxir, anque morreu no ano 1952 durante un novo enfrontamento coas mesmas forzas en Mesía”. E a lista sigue, en todos os camiños, en todas as valgadas, nos recantos dos ríos, nos muros dos cemiterios. Toda a nosa xeografía está chea de ignorados, de pequenos relatos contados con medo que merecen honra e respecto, tamén reposición desde unha democracia intransitable que se resiste a xulgar delitos de lesa humanidade e que consente a impunidade dos verdugos e que nos “rouben” a Illa de San Simón, que é lugar de reflexión e encontro para todas as vítimas daquela masacre, alegando outros mesteres ousados.


[ 4] Xullo 2018 (Primeira edición) OPINIÓN

H

NÉSTOR REGO SX da UPG e membro da executiva do BNG

ai agora 50 anos, no 25 de xullo de 1968, militantes da UPG penduraron na Alameda de Compostela unha faixa co lema “Viva Galiza ceibe e socialista”. Fixérono burlando a intensa vixilancia policial e con risco da súa liberdade e da súa vida, naqueles duros anos de represión da ditadura franquista. Foi, aliás, a culminación dunha intensa campaña clandestina desenvolvida por todo o noso País chamando a se manifestar no Día da Patria Galega para reclamar liberdade e soberanía, unha sociedade democrática e xusta nunha Galiza libre e próspera. Lembramos este acontecemento non só como un acto histórico, mais como un feito de alto significado político e simbólico. Con el, o nacionalismo que viña de se reorganizar apenas catro anos antes, daba un paso de xigante para se tornar nunha forza actuante politicamente na Galiza sometida da ditadura, e recuperaba a conmemoración do Día Nacional da Galiza que as Irmandades da Fala celebraran por primeira vez en 1920. Mais, sobre todo, porque este acto de fonda rebeldía e valentía política alimentou e continúa a alimentar a loita do povo galego

DÍA DA PATRIA GALEGA, PARA GAÑARMOS O FUTURO

pola dignidade e polos dereitos nacionais e sociais que lle corresponden. En definitiva, o soño de alcanzarmos un futuro diferente que só poderemos construír colectivamente. Desde esa perspectiva, defender que o povo galego existe, que a Galiza existe como nación e que, en consecuencia, é suxeito de dereitos colectivos que debe exercer, ten o mesmo valor revolucionario que hai 50 anos e tamén o mesmo sentido político, mesmo nas súas consecuencias prácticas. Reivindicamos o dereito de autodeterminación non só por patriotismo ou por unha convicción ideolóxica lexítima. Tamén porque, frente á constatación de que o sometemento da Galiza a España representou historicamente para o noso povo -e continúa a representar- mar-

xinación, empobrecemento, emigración, desemprego, precariedade, negación da nosa lingua... só fica como alternativa tomar o futuro nas nosas mans con plena capacidade de decisión sobre os nosos asuntos. Esa é a razón de ser do nacionalismo galego e ese é o sentido que mantén a reivindicación da Galiza como nación e a celebración do Día da Patria. Vivimos nun País rico en recursos e potencialidades e, no entanto, empobrecido polas políticas que outros -Madrid e Bruxelas- deciden por nós. E para o constatar non é preciso ir moi lonxe; chega con prestar atención a un problema de plena actualidade como é o da sardiña. O fechamento da pescaría para a frota do xeito, decretado polo Goberno español

sen ningún tipo de xustificación porque se trata dunha arte de pesca artesanal que ten escaso impacto ambiental e que coincide no peor momento posíbel da campaña de captura de xouba e sardiña, está a afectar 400 barcos e tamén a industria conserveira. Para alén da lexítima protesta frente a unha decisión inxustificada e inxusta, a pregunta fundamental é: Por que é Madrid quen decide sobre a nosa pesca? Por que non pode ser a Galiza quen decida sobre o seu mar e en función dos propios intereses? Para isto precisamos de soberanía. Ou o que é o mesmo, a plena capacidade de decidir sobre todo o que nos afecta e nos interesa para poder pór os nosos recursos e potencialidades ao servizo do progreso e do benestar do povo galego. E para isto tamén precisamos sumar vontades neste Día da Patria e cada día do ano, como acertadamente proclama o BNG. Porque a Galiza dona de si, libre e próspera, que reclamaba aquela faixa clandestina en 1968 na Alameda de Compostela, continúa sendo un soño necesario que debemos moldear entre todas e todos. Para gañarmos o futuro.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 5]

OPINIÓN

XOÁN ALONSO Corresponsal en Euskadi de A Nova Peneira

E

n termos xerais as linguas non son máis ca unha ferramenta artificial para entender o mundo que nos rodea, para comunicármonos e para tentar expresar os nosos sentimentos do xeito máis atinado. Hai cousa dun par de meses, no pleno do concello de Redondela, debatíase unha moción, presentada por AER, na que se deitaba enriba da mesa a alarma dos vecinos da parroquia de Cesantes sobre a apararicón, por arte de maxia, de tubaxe de fibrocemento, amianto, na rede a abastecemento de auga. Non sei como, nin o porque, pero a moción presentada centrouse, nun intre, no inoportuno emprego, segundo a bancada popular e a do BNG, da palabra alarma á hora de afrontar a preocupación de moitos vecinos, coma se non fose alarmante dita situación tendo en conta os da-

PREOCUPACIÓN ALARMANTE

nos que chega a causar na saúde. É dicir, segundo eles, non se pode crear alarmismo dunha situación preocupante, cousa que dende aquel pleno non acabo de entender, pois estas dúas palabras adoitan ir alarmantemente da man, coma as ligazóns dunha cadea. Supoño que todos nós poderiamos afirmar que toda preocupación xera, invitabelmente unha alarma, maior ou menor, pero unha alarma, e toda alarma leva no seu esquelete unha preopucación. Non embargantes, o alarmante dunha preocupación e a falla de reacción. É alarmante que o concello de Redondela dilate non tempo unha acción eficaz e contundente para solucionar a máis que evidente preocupación dos vecinos, e, non me valen as palabras vencidas do voceiro do Psoe cando recoñece a fangosa

CAFÉ BAR MARACAY

“O TEU LOCAL DE REFERENCIA NA LOURIÑA." CRUZ BUDIÑO, 41 PORRIÑO

lentidude dos trámites burocráticos. É alarmante que neste estado, no día de hoxe, ainda se lle permitan homenaxes a un dictador asesino, que o seu arrepiante mausoleo siga en pé e que o seu herdeiro estea por enriba de toda lei e xustiza. É alarmante que a día de hoxe milleiros de persoas non saiaban onde están enterrados o seus familiares cun furado no peito. É alarmante a falla de memoria que adoitamos levar sobre as nosas costas cando ollamos dende o cumio máis alto a curvatura salgada do horizonte. É alarmante o medo na noite, as labazadas de amor e o sangue nas coroas de flores nos brazos indefensos dunha amiga. É alamarmante a dinamita nas pontes, na política, nas bandeirass, nas linguas, nos montes, nos ríos e

no mar. A dinamita en todo o que non é deles. É alarmante o abuso de sufixos, eufemismos, mentiras e enredos. É alarmante a teima que temos de botarlle sempre a culpa dos nosos males aos demais. Ata chega ser alarmante o reguetón sen prescripción facultativa. Non quero eu alarmar a ninguén pero, neste verán inestabel, aconsello abrir ben olllos, desconfiar dos vendedores de fume, botar crema protectora abondo e non dar un paso atrás. Vai sendo hora de chamar ás cousas polo seu nome porque é o único xeito de desprendérmonos da roupa emprestada e dos traxes herdados para poder camiña cara adiante. As veces non é doado entender o mundo, entendérmonos, ainda que todos o días inventemos palabras para reconstruir pontes dinamitadas.


[ 6] Xullo 2018 (Primeira edición)

ÁNGEL PÉREZ Profesor de Filosofía

HOMES

P

aseaba cun amigo á beira do río da miña aldea e me contaba que lle resultaba desconcertante e que mesmo sentía vergoña ao recordar que a maior parte da súa vida asumira a visión tradicional das mulleres. Apurouse a me dicir que non lle preguntase cales eran esas ideas sobre as mulleres das que se avergoñaba porque, aseguraba, son de sobra coñecidas, basta con apuntar a que son as que as nomean como o “sexo débil”. Aceptei, non pedín que se estendese sobre ese punto, pero preguntei se o desconcerto que sufría era do tipo que se describe como“caída do cabalo”, en referencia á conversión do verdadeiro fundador das primeiras comunidades cristiás, San Paulo, nas que un cambia de opinión de xeito súbito e asume as novas ideas con absoluta convicción ou, se pola contra, o cambio fóra paulatino, resultado da acumulación de pequenas variacións das súas ideas primitivas. Non sei, respondeu. Supoño que ten máis do primeiro que do segundo. Unha amiga pasoume uns poemas da poetisa americana residente en México,

Ambar Past, e lendo neles podería acordar contigo que caín do cabalo, pero non estou seguro. Se non estás seguro, é que non viviches esa experiencia de cambio de opinión repentina e para sempre, contesteille. Son experiencias que ocorren rara vez. Pero en todo caso, está claro que cambiaches a túa maneira de ver as mulleres, pois xa non poderás volver tratalas como antes. Estabamos nesas cando chegamos a unha taberna que puxeron hai pouco no paseo do río. Estaba chea de xente e ao saudar uns coñecidos liámonos e perdemos a nosa conversación. Con todo, non fun quen de atender debidamente á aquela xente porque o meu pensamento seguía no asunto de se os homes ven as mulleres como son ou as ven como lles gusta, como as viron sempre, que era a fórmula coa que me resumía a cuestión. Nunca vemos as cousas como son. Nunca, ninguén, as mulleres tampouco non ven, afortunadamente, os homes como son. Do contrario veriámonos coma animais. Pero, tampouco podemos evitar ver certas cousas como

nos gustan e aquí é onde aparece o problema pois “o que nos gusta”é anterior a toda elección, por iso dicimos que eliximos algo “porque nos gusta. Necesariamente ese algo ten que ver co azar biográfico de cada quen incluído o lugar, o tempo, o corpo e mesmo a familia que che tocaron en sorte. Neste punto, fun eu quen caeu no desconcerto. Alguén dos presentes preguntoume se estaba ben. Fantástico,contestei. Mais aquel que tiña dentro da miña cabeza seguía perplexo: se non podemos elixir o que nos gusta, entón estamos condenados a repetir sempre certos comportamentos e, de ser así, as ideas tradicionais dos homes sobre as mulleres poderían ser das que imos repetir sempre. Algo no meu maxín tiña que ir mal. Estaba, pensei, a sofrer unha dura caída do cabalo O meu amigo, que non me quitaba ollo, sorrindo pasoume un caderno. Ambar Past. Poemas. Lin na primeira páxina: As mulleres buscan nas súas camas/algo que non é home/Nin muller/ Algo que os homes tampouco encontran.

Prado critica a xestión da Xunta da catástrofe de Paramos: “dista moito de ser exemplar” SANTIAGO.

A deputada por Pontevedra, Montse Prado, criticou a xestión que a Xunta está a facer da catástrofe de Paramos, en Tui, cando non debería escatimar esforzos para conseguir que as persoas afectadas recuperen a normalidade canto antes e reciban tanto as axudas como a atención que precisan. “Dista moito de ser exemplar”, espetou ao vicepresidente Alfonso Rueda, a quen acusou de “poñer o ventilador para difundir a idea de que todas as administracións son responsables e que teñen as mesmas competencias, nunha estratexia deliberada para agochar a súa falta de compromiso coa veciñanza de Paramos”. O Goberno galego non está levando a cabo unha actuación “á altura” da gravidade da catástrofe, nin para que as persoas afectadas “poidan recuperar a normalidade das súas vidas canto antes”, salientou a deputada nacionalista. Prado denunciou que as axudas postas en marcha pola Xunta non cobren os danos causados, pero o PP votou en contra de aumentalas no pleno, “axudas que van quitando por capítulos para favorecer a súa estratexia de comunicación pero non as necesidades da veciñanza”. Outra das cuestións que Prado denunciou na súa interpelación ao vicepresidente Rueda foi a negativa da Xunta a prestar atención psicolóxica ás persoas afectadas no centro de saúde de Tui, pese a que hai unha lista de 35 familias que solicitaron esta atención psicolóxica en proximidade. “Todo por unha falta de sensibilidade por parte da Xunta” e, por exemplo, “os nenos orfos só recibiron esta atención dous días”.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 7]

GALICIA

Fantástico 5º posto para a Selección Galega Absoluta de atletismo

SANTIAGO.

A nosa selección absoluta acadaría onte no Campionato de España de Comunidades desenvolto en Granollers unha fantástica quinta posición que a consolida un ano máis entre o top do atletismo nacional. O encontro sería domiñado pola selección catalana quen se imporía con 497 puntos seguidos de andaluces e madrileños con 426,5 e valencianos con 423. A nosa comunidade lograría un total de 374 superando a seleccións importantes como a vasca e manchega. Con este posto Galicia repite e afianza esta importante posición logrado xa nos anos 2013,2014,2015 e 2017 e na que tan só o ano 2016 baixaría ata o sétimo posto. A nivel de resultados, as baixas importantes de Triana, Chamosa, Peleteiro, Ben, Parada, ou mesmo Okutu, serían suplidas pola gran competitividade amosada por todos e cada un dos integrantes do combinado que de novo amosaron o seu compromiso e entrega, en todas e cada unha das probas pelexando ata o límite das mesmas. O máis salientable serían os

O profesorado galego suspende a Feijóo por incomparecencia ante os problemas do sistema educativo SANTIAGO.

trunfos da nosa internacional Solange Pereira nos 1.500 con 4:22.20 e da francesa do Celta con ficha galega Marie Genevieve nos 3.000 Obstáculos con 10:28.96 nunha decisión de selección técnica arriscada e discutida, pero que se confirmaría como a máis acertada para os intereses galegos. Importante sería tamén a excelente contribución de Paula Mayobre co seu segundo posto sobre os 5.000 m. cun rexistro de 16:39.63, O sector de lanzamentos sería

un dos “motores” de Galicia cos segundos postos do noso pentaolimpico Frank Casañas en disco con 57.31 m. e da mundialista Belén Toimil no peso con 16.20 m. sempre fieles a chamada da Selección. Moi salientable unha vez máis, o terceiro lugar da Sub18 Irene Gómez en martelo lanzando ata os 52.62m. Mesmo lugar e mesma importancia para para Carlos Moro, quen nos 400 valos con 52.04 milloraría en preto dun segundo a súa MMT. Area de Comunicación FGA.

Comunicación@atletismo.gal Claudio Hornillos 619847195 Por último facer unha referencia ó fantástico comportamento dos equipos de relevistas a nivel xeral. Nesta ocasión serían os equipos femininos quenes lograran nada menos que o récord galego tanto nos 4×100 con 47.28 (l.Ferrer/C.Garrido/ A.Pais/O.Becerril ) como no dos 4×400 m. con 3:45.03 (I.Oitaven/L.Sicre/ S.Pereira/P.Iglesias) poñendo con elo o broche de ouro a unha gran xornada para o atletismo galego.

A CIG-Ensino fai avaliación continua da presidencia de Alberto Núñez Feijóo durante este curso académico no que, a xuízo do seu secretario nacional, Suso Bermello, estivo máis preocupado polos seus temas persoais no Partido Popular que por ocuparse da situación do ensino público galego. Dado que nin o conselleiro nin ningunha outra persoa nese departamento ten peso político na Xunta, o sindicato responsabiliza das principais agresións ao sistema educativo ao presidente da Xunta, fundamentalmente no que tivo que ver coa negociación da suba salarial. “Unha farsa desde o comezo que a Consellaría prolongou artificialmente para chegar até finais de curso coa situación bloqueada e da que o único responsable é o propio Feijóo”, apuntou Bermello. O final de curso para o profesorado galego está sendo negativo, “polo que nos atrevemos a afirmar que o profesorado galego suspéndeo claramente nas súas funcións”.


[ 8] Xullo 2018 (Primeira edición) A LOURIÑA

Posicionamento do BNG ante o debate sobre a cidade deportiva do Celta MOS.

Para BNG de Mos, o Celta é unha empresa privada máis que quere trasladar a súa cidade deportiva dende o concello de Vigo ao de Mos, como moitas empresa que xa o fixeron antes e outras que o farán máis adiante. Cal é a diferencia deste traslado con relación ao de outras empresas si xa se ten feito en máis dunha ocasión?. A diferencia é que non se traslada a zonas habilitadas para elo (polígonos, etc.), por que se así fose non habería ningún tipo de problema. O problema ven, porque ademais da cidade deportiva,, ven un centro comercial e onde se quere instalar non está destinada para usos terciarios no PXOU aprobado recentemente neste concello ( aprobado co voto en contra do BNG ), por iso, ante a petición do Celta de instalarse nos montes comunais de Pereiras e Tameiga, no pleno de xaneiro do 2018 pedimos por parte do BNG un informe externo ao concello, que complementado co informe interno da secretaria do concello, aseguraríanos a legalidade deste proceso. A petición do BNG foi aprobada por unanimidade

e dito informe xa foi encargado. Mentres non se confirme o contrario, consideramos que esa modificación do plan está dentro da legalidade. Nada máis coñecer a existencia do proxecto do Celta, o BNG comezou unha rolda de reunións cas Comunidades de Montes é Augas afectadas, sendo os primeiros en darlle a pouca información que tiñamos naquel intre e poñéndonos a súa disposición para o que precisaran, tamén tivemos reunións coa Alcaldía e máis coa empresa Celta SAD., xa que desde esta organización entendemos imprescindible escoitar a tódalas partes implicadas. En todas as reunións que tivemos e nos preguntaron cal era a nosa postura con relación a esta cuestión, sempre dixemos o mesmo, primeiro que falaran os axentes directamente implicados, quedando ao marxe os partidos políticos para non interferir, pero sempre expectantes para que non se pasara por riba dos intereses veciñais. E cando rematase este proceso, e tras recoller a información das comunidades, teríamos unha asemblea no BNG de Mos onde votaríamos que postura

tomar tendo en conta tamén que como organización política temos que valorar a incidencia do proxecto no conxunto do concello. Aínda que ante o que a nosa militancia nos transmite, vemos case imposíbel que poidamos apoiar o proxecto. Dende o BNG de Mos, temos que expresar que non compartimos que as Comunidades de Augas de Tameiga non queiran falar coa empresa Celta, xa que o feito de falar non implica aceptación de nada, e na nosa opinión, ese non querer falar pode supoñer o non auxilio que a Conca Hidrográfica Miño-Sil debe exercer ante ditas comunidades. Sempre hai que esgotar os pasos legais que nun futuro poden inclinar a balanza se chegan a xuizos. Como o órgano máximo de decisión destas comunidades é a asemblea de comuneiros, o Bng tomará en consideración a posición que tomen e actuará en consecuencia. Doutra banda, un dos grandes erros deste proxecto foi e segue sendo, o vender “a pel do oso antes de cazalo”, é dicir, que xa se dá como feito o proxecto cando non se teñen os terreos.

A Asociación Cultural Viaxamos no Tempo solicitou un estudo arqueolóxico de Chan de Pou MOS.

No mes de novembro de 2017, durante a posta en valor petróglifo da Pedra das Cruces (GA36033057) en LouredoMós, atopouse a escasos 400 metros, unha nova estación rupestre na Chan de Pou - Coto de San Gregorio. Este achado foi comunicado naquel momento aos arqueólogos encargados daquela intervención e ao servizo provincial de Patrimonio Cultural. Como queira que for, estes gravados aínda non están catalogados e nestes mesmos estanse realizando labores de retirada de madeira queimada polos incendios de outubro no monte de Louredo. Recentemente púdose comprobar que estas labores estanse a realizar sen ningín tipo de control arqueolóxico na área de 200 metros de protección que corresponden a este tipo de grabados que por lei son Bens de Interese Cultural (BIC). A maquinaria pesada pasou a escasos metros da laxe que contén os grabados e as polas das árbores taladas foi depositada enriba ocultando a súa visibilidade.

Ante esta situación deuse aviso á CMM de Louredo e á Delegación de Patrimonio Cultural de Pontevedra para suspendan estes traballos no entorno do petróglifo ata que poidan ser supervisadas por un técnico. Ademais tamén informamos ao Distrito Forestal, que enviou a un axente para levantar un informe e proceder ao balizamento da laxe como primeiras medidas cautelares que eviten danos no ben patrimonial. Dende o punto de vista da asociación, o Coto de San Gregorio ten moito potencial arqueolóxico e os grabados prehistóricos solo son unha pequena mostra xa que nas inmediacións observanse varias estructuras habitacionais que poderían ter arqueolóxico ou etnográfico por determinar. É por isto que tamén solicitan un estudo en profundidade deste enclave.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 9]

A LOURIÑA

O BNG de Mos denuncia a non aplicación da Lei de protección contra os incendios MOS.

Cando hai dous meses o Bng lle preguntou ao gobernó local sobre a aplicación da Lei 3/2007 de prevención de incendios, e dos cambios introducidos na Lei 9/2017, a resposta foi que non sabían en que lle afectaba ao concello. Nese mesmo momento díxoselle que tiñan que aplicar, desde o concello, esa lei aínda, e que eles eran os responsables. A limpeza de cunetas e balados está moi ben, as novas de que hai numerosas persoas traballando por suposto é correcto, pero contratadas agora? En pleno verán? Onde queda a prevención? De seguro que nun caixón gardada. Quen percorra o noso concello, atopará que a gran mayoría de viais teñen as árbores prácticamente enriba da estrada, incumplindo a normativa gravemente. O gobernó local non quere asumir esa responsabilidade porque non quere enfrentarse

aos vecinos, pero quedar ben con todo o mundo non é viable en política. No caso dun incendio e se quedan atrapadas persoas na estrada, a quen se lle vai botar a culpa?. O responsable é o concello por non esixir o cumplimento da lei e por non facela cumprir aínda que sexa subsidariamente. Esiximos ao gobernó do PP que de xeito inmediato asuma a súa responsabilidade e comece a esixir, que por seguridade de toda a cidadanía se cumpla a lei.

Deixadez no contro, dos vertedoiros de lixo

Ademáis, esde hai tempo estase a sofrir no noso con-

cello a existencia de varios puntos onde tanto empresas coma particulares deixan sen control os residuos que xeneran. Realmente é lamentable o espectáculo de ver moreas de lixo acumuladas. O incívico do comportamento de algúns, non é excusa para non actuar. E o goberno do PP está deixando de lado o loitar contra este tipo de actuacións irresponsables. O gobernó debe actuar de xeito urxente para tomar medidas e evitar eses verquidos incontrolados. A vixilancia é primordial para acabar con todo ese noxento espectáculo. O custe para o concello é moi grande, xa que a recollida ten que facerse por una empresa que logo separe o que se tirou de mala maneira. O pouco civismo dunha minoría o pagamos entre todos e é responsabilidade do gobernó do PP.

Os veciños de Pego advirten do perigo de derrube dunha torreta de media tensión PORRIÑO.

Os veciños do barrio de Pego advirten do perigo que reviste o estado dunha torreta de media tensión que se ubica a escasos metros das súas vivendas. O poste metálico que soporta o tendido eléctrico está visiblemente inclinado, o que provoca unha excesiva tirantez nos cables. Isto fai temer aos veciños polo risco de rotura do cableado, coas consecuencias que iso podería traer. O tendido atravesa unha zona de arborado moi denso e está tocando directamente as polas e nalgúns casos o propio tronco das árbores. Os veciños quéixanse ademáis da falla de limpeza da zona. O trazado está cuberto pola maleza e Gas Natural Fenosa (agora Naturgy) non fixo os labores de desbroce e clareo do tendido a que está obrigada por lei. O portavoz do BNG, que estivo o martes pola tarde en Pego cos vecinos, faise eco desta denuncia veciñal e lamenta que tanto a compañía eléctrica,

propietaria da liña, como o Servizo de Emerxencias 112, dependente da Xunta, como o propio concello do Porriño, desoísen as reiteradas denuncias formuladas ante todos eles polos residentes no barrio. Apoiamos aos veciños na súa reclamación, atendemos a súa preocupación polo perigo que reviste o mal estado da instalación e demandamos unha solución urxente. Instamos ao goberno local a que de xeito inmediato requira a empresa para que subsane a deficiencia que presenta o tendido eléctrico e reforce as medidas de seguridade para as vivendas próximas.


[ 10] Xullo 2018 (Primeira edición) ENTREVISTA

HOMENAXE Á ROMANA DE CASA GALLARDO ALMA DE PUXEIROS, MEMORIA DA LOURIÑA

O pasado 30 de xuño, un grupo de veciños de Puxeiros artellaron unha homenaxe á histórica señora Romana, que foi quen dirixiu durante décadas, con intelixencia, sabedoría e amor incontable, a centenaria casa da rotonda de Puxeiros. Falamos con dous dos organizadores, Vicente e Arximiro(este último propietario da non menos histórica taberna Rikitri, do centro de Vigo).

VICENTE Ti fiches un dos organizadores da homenaxe verdade? Xi, xunto con Arximiro o do Rikitrí e Miro Zapata, fomos un pouco as caras máis visibles, pero foi unha homenaxe colectiva porque á Romana todo o mundo a quería. Temos unha peña que sempre imos a San Blas, e máis ou menos alí naceu a idea. Por que a fixestes este ano en concreto? Non é que se conmemorase ningún acontecemento especial, xurdiu así e así se fixo. Malia que a coñecían por Romana, ese non era o seu nome non? Efectivamente, ela chamábase Josefa Como era como traballadora? Como se di agora, unha máquina. Ela era a alma de casa Gallardo. E como persoa?

Impresionante, tiña unha bondade e unha humanidade superlativa. A homenaxe consistiu nunha comida en casa Gallardo, como convocastes á xente? Fixémolo co boca a boca. Eramos conscientes de que se lle dabamos publicidade previa, non nos chegarían 100 casas Gallardo para acoller a todas as persoas que quererían vir. De feito a ela, en vida xa lle fixeramos unha homenaxe e viñeramos duascentas e pico persoas.

ARXIMIRO RODRÍGUEZ Ti es de Puxeiros tamén verdade? Si, eu nacín ese sitio tan fermoso que é o alto de Puxeiros. Lembro que unha vez contoume o pai de Waldo, que cando el era rapaz Puxeiros era unha zona de veraneo, con moito éxito por certo, deixoume flipado. Si, si, tamén me lembro eu, ata futbolistas famosos, como un porteiro do Atlético de Madrid, Pazos, viñan de vacacións a Puxeiros, e paraban na Casa Gallardo. Como xurdiu a idea de facerlle unha homenaxe á señora Romana? Levabamos moitos anos con esa intención, porque Romana era unha muller que o merecía todo. Eu non a coñecín, pero todo o mundo que si a tratou, fala dela como unha persoa excelente. Romana foi unha muller marabillosa, calquera cousa boa que se diga dela quédase corta. A bondade dela non se encontra en ningún sitio, sempre disposta a axudar a quen o necesitaba. Quedaches satisfeito do resultado da

homenaxe? Foi unha cousa sinxela pero si moi satisfeito. O pergamiño que lle escribistes é moi bonito, confesa, fuches ti? Ben, si fun eu, pero falaba pola boca de todos. É co cariño tan grande que lle tiñamos á Romana, é doado que agromen as emocións. Que anos ten a taberna rikitri? Pois xa supera os 100,antes de ser rIkitrí era casa Anuncia. Caramba que interesante, debe ser unha historia moi bonita, quedamos emplazados para que ma contes calquera día. Cando queiras. Moitas grazas Arximiro, un pracer falar contigo.

Bo Camiño, a tenda do Peregrino


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 11]

OPINIÓN

N

CATALINA COYA SOLIÑO Membra de GañaMós Asemblea Veciñal

on é a primeira vez que maliciosamente lle colgan a GañaMós o sambenito de ser un partido que só critica ao Goberno Municipal. Certo é a labor de fiscalización e crítica construtiva que desenvolvemos contra o goberno municipal do Partido Popular. Pero tamén é certo que a Sra. Arévalo e compañía non fan nada a dereitas, e aínda por riba levan a Mos ao desastre económico.

En honor á verdade hai que dicir que, ademais de desempeñar a nosa principal función como oposición, no que levamos desta lexislatura son moitas e diversas as nosas propostas para axudar as veciñas e veciños de Mos a ter unha mellor calidade de vida. Ademais, non nos limitamos a que estas propostas se quedaran só en bonitos titulares, senón que traballamos para que foran escoitadas no organismo competente e realmente se apliquen e redunden en beneficio da veciñanza; xa que non nos contentamos con que sexan aprobadas formalmente e rematen cohabitando no caixón da Sra. Arevalo xunto cas centos de facturas impagadas e demais ordenanzas sen cumprir. Unha das nosas propostas máis emblemática foi a de aproveitar as antigas instalacións do Hospital Rebullón para facer un Centro de día que atendera as necesidades sociosanitarias dos noso maiores. A nosa proposta foi aprobada no Pleno de Mos e cando o Goberno Local quixo enterrala no fondo do seu caixón, entregámoslle a proposta por escrito ao Concelleiro de Sanidade e a levamos ao Parlamento Galego coa axuda da deputada Eva Solla de En Marea. Todo foi inútil; está claro que o Partido Popular ten a intención de pór todo este patrimonio público en mans privadas. A nosa proposta, que máis eco tivo na prensa e que máis apoio recabou na nosa comarca, foi a de liberar a peaxe do treito Vigo - Porriño da autoestrada

GAÑAMÓS PROPOSTA A PROPOSTA

AP-9 como solución alternativa ao trazado da autovía A-55. Aínda que o Partido Popular rexeitou a nosa proposta no Pleno de Mos, grazas ao traballo conxunto coa deputada Alexandra Fernández acadamos que o Congreso dos Deputados/as en Madrid aprobara a nosa proposta. Posteriormente o Goberno Central do Partido Popular bloqueou o mandato do Parlamento, pero estaremos atentas a que o novo goberno inclúa unha partida nos Orzamentos de 2019 para que a nosa proposta sexa realidade. Outra proposta nosa que tamén conseguimos que fora aprobada no Congreso dos Deputados/as foi a remodelación do cruce da saída da autoestrada AP-9 cos accesos a autovía A-55 no alto de Puxeiros. Unha proposta que aínda que foi aprobada no Pleno de Mos, o Goberno da Sra. Arévalo pretendeu agochala no seu caixón para non ofender aos seus xefes de partido responsables de Fomento. Cando destapamos a súa manobra comezaron a dicir que esa rotonda era problema de Vigo e non de Mos. Cando viron que a veciñanza non tragaba con semellante escusa, cambiaron de discurso, esta vez dicindo que a Sra. Arévalo xa levaba tempo con contactos a “altísimo nivel” co Ministerio de Fomento para solucionar dito cruce. Coas obras da autovía A-55 quedou claro que eses contactos a “altísimo nivel” non eran máis que fume. Menos mal que cambiou o Goberno Estatal e parece que estas obras empezan a avanzar de verdade. Tamén fixemos propostas en defensa dos dereitos dos animais, de feito grazas a unha moción nosa declarouse no Pleno Municipal que Mos fora un Concello libre de escravitude animal. Son dignos de ovación toda a labor desenvolvida pola nosa Concelleira Aurora Giráldez

para o control e coidado dos animais libres. Non nos esquecemos do medio ambiente nas nosas propostas. Despois dunha dura batalla co Goberno Local conseguimos que se prohibira o uso de pesticidas e herbicidas que conteñen glifosatos (un auténtico veleno). O PP non quixo de inicio aprobar a nosa moción alegando que en Mos non se utilizaba este composto canceríxeno, aínda que tivo que recúar cando demostramos que no almacén municipal se amoroaban bidóns de glifosato. Varias propostas nosas para a deseucaliptizacion e o coidado dos nosos montes foron ao Pleno de Mos, pero sempre remataron desatendidas. Mesmo cando reclamamos que se dotara dun Plan de Prevención Municipal contra incendios, recoñeceron que careciamos del, pero con prepotencia dixeron que non era necesario. Incrible foi ver como se lle atragantaban a Sra. Arévalo e compañía todas as nosas propostas a favor do feminismo. Vetaron case todo o que propuxemos para que nin sequera fora debatido no Pleno de Mos. Logo cando millóns de mulleres saíron a rúa a reivindicar os nosos dereitos, á Sra. Arévalo se lle deu por facer o paripé no seu despacho con algunha das súas acólitas en presencia da prensa. O único que si apoiaron foi a adhesión do Concello de Mos a Guía de linguaxe inclusiva elaborada pola Deputación de Pontevedra. O derradeiro que sabemos desta guía é que durme nalgún caixón do Concello. Nós seguimos facendo o camiño do feminismo a base de propostas da man de mulleres tan preclaras como a compañeira Paula Quinteiro, deputada nacional, e Ángela Rodríguez, deputada estatal.

Unha das propostas na que confiabamos en chegar a acadar que o Goberno da Sra. Arévalo se movera foi a de recuperar e pór en valor o Castro de Torroso. Todos os nosos esforzos foron en van, e isto a pesares de que a Sra. Arévalo se encheu de facer fotos e titulares na campaña electoral dicindo que ía recuperar este xacemento arqueolóxico. O certo é que non queren ver nin en pintura este legado das nosas antergas. Múltiples foron as nosas propostas para arranxar camiños, adecentar rúas, reparar fontes, arranxar pistas deportivas ou sinalizar pasos de peóns perigosos. A maioría aínda agardan que o Partido Popular teña a ben solucionalos. A variedade na temática das propostas tamén é indudable: a gratuidade dos estudos da ESO para adultos; a creación dun mercado veciñal de horta ou mesmo a creación dun viveiro de empresas. Esta última proposta parece que si lle gustou ao Partido Popular e parece que a esta levando a cabo. Aínda non entonamos un aleluia porque con estes nunca se sabe. A última proposta que fixemos, e que ademais contou co respaldo do Psoe e do PP, foi a de instar a Fomento a facer un enlace que una a autoestrada AP-9 ó polígono industrial de Monte Faquiña para reducir o tráfico pesado que atravesa as zonas urbanas residenciais de Puxeiros e Peinador. !Estate tranquilo caixón de Arévalo que esta non é para ti!. !Xa nos encargamos nós de que este asunto avance na comisión do Congreso dos Deputados en Madrid!. Sen dúbida de aquí ata que remate a lexislatura seguiremos propondo todo aquilo que redunde no beneficio da veciñanza e traballando para eludir o caixón do esquecemento da Sra. Arévalo, co fin de poder levalo a cabo.


[ 12] Xullo 2018 (Primeira edición) OPINIÓN

AURORA GIRÁLDEZ Concelleira de GañaMós Asemblea Veciñal

N

OUTRA PROMESA INCUMPRIDA DO PP. CANTAS VAN?

o último pleno preguntámoslle ao Partido Popular que fixeron ou que van facer para cumprir a lei de eliminación de barreiras arquitectónicas nos municipios, xa que ademais eles mesmos se comprometeron

o ano pasado coas asociacións de discapacitadas/os, en acometer as adecuacións necesarias nos edificios e accesos municipais. Temos que resaltar que a cantidade consignada nos orzamentos era realmente irrisoria, só 20.000 euros. E cando xa rematou o prazo que daba a lei para realizar estas obras, nos últimos sete anos, o goberno de Mos, non fixo absolutamente nada. No pleno non atinaron a detallar ningunha actuación nin feita nin por facer para eliminar as barreiras arquitectónicas nas dependencias municipais. Tampouco quixeron respondernos cando lles dixemos que nas últimas Resolucións de Alcaldía quitáronnlle 11.000 euros de fondos a partida que figuraba no orzamento

TABERNA RIKITRÍ

Rúa Hernan Cortes, 14 Vigo

2018 para Barreiras Arquitectónicas. Recordamos que se a partida inicial de 20.000 € xa era irrisoria, agora o sacarlle estes 11.000 €, quedamos con 9.000 €. Imposible así conseguir unha mobilidade igualitaria para todas as persoas. Esta claro que unha vez máis o goberno do PP se xuntou coas asociacións soamente para conseguir a foto, facendo un titular de prensa e un pé de foto que remata outra vez nunha falsa promesa. Cantas van xa? Nós hai tempo que perdemos a conta Desta vez tocoulle a esta partida ser baleirada, con todo o que supón que o goberno da Sra. Arévalo deixe totalmente desamparadas as persoas mais necesitadas, pero todos os meses atopámonos con resolucións da

alcaldesa traspasando partidas orzamentarias para tapar os buracos da súa nefasta xestión económica. En vez de plantexar un Plan de Axuste Económico serio para rematar este ano sen incrementar máis a débeda, o Goberno Municipal improvisa mes a mes movendo as partidas dun lado a outro, sen ningún sentido, e con toda a súa incapacidade. Se a Sra. Arévalo e o seu goberno non rectifican vaise cumprir o que anunciou a Tesoureira Municipal, e, como xa dixemos noutras ocasións, remataremos o ano cun Concello acosado polos acredores e con moitas dificultades para pagar a amortización da débeda bancaria e as nóminas das e dos traballadores municipais.


Nº 65 (PRIMEIRA EDICIÓN)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

Xullo 2018 - 2€

WAKE CLUB FORNELOS,

O PARAISO ESTÁ EN FORNELOS DE MONTES

Fornelos en Festas PÁXINA IX


[ II] Xullo 2018 (Primeira edición) OPINIÓN ALEJANDRO FIGUEROA SX das xuventudes socialistas de Mos

OS MÁIS ESQUECIDOS: BENS E SERVIZOS PÚBLICOS

C

ando un servizo público ten un funcionamento deficiente sempre aparecen os voceiros da privatización como solución infalible. Sen embargo, cando un servizo privado funciona deficientemente rara vez se plántea a necesidade de que volva a mans públicas. É que por desgraza hai políticos que usan a confianza depositada neles para beneficio de algunhas empresas a costo do interese público. E isto é corrupción, tanto se é legal coma se non. O claro exemplo témolo no goberno do concello de Mos, onde cada vez vemos os bens e servizos públicos máis deteriorados e deficientes estando estes últimos xestionados por entes privados na meirande parte das ocasións. Un claro exemplo témolo no servizo da recollida de lixo do concello, somos un dos concellos que máis pagamos de lixo da provincia aínda que non contemos co mellor servizo. Seguimos a ter colectores ser renovar, sen limpar, temos unha carencia en moitos núcleos de colectores para a reciclaxe, o que nos fai ver de seguido o resto dos colectores nun estado de desbordamento continuado. Vemos como é un só traballador o que ten que levar o camión, baixar e baleirar o colector. O mesmo estado de abandono teñen os bens públicos que foron feitos con cartos de todos e todas e vemos como non se inviste nin un céntimo na súa mellora. Este é o caso, por exemplo, do edificio multiusos das Pozas en Petelos, unha obra feita polo anterior goberno socialista pensado para o encontro de todos e todas as mosenses que non so esta quedando en un segundo plano co actual goberno do Partido Popular, senón que este goberno non foi quen de realizar nin unha soa das melloras que este auditorio municipal precisa. Unha obra que precisa de melloras de alumeado, son e equipamentos coma un proxector ou un escenario tiñan que ser unha realidade a día de hoxe, pero desgraciadamente topámonos con un goberno que non ten nin o máis mínimo respecto nin interese en investir no patrimonio do concello.

Outra cantinela moi parecida témolo cos avellentados e deteriorados polideportivos de Mos. O claro exemplo témolo no pavillón do colexio Peña de Francia en Tameiga, o cal un temporal tirou gran parte do polideportivo polo estado calamitoso no que se encontraba, e o peor e que despois do “arranxo” non parece que lle queden moitos máis invernos para que volva a correr o mesmo risco. Parecido é o caso do Óscar Pereiro de Petelos, os usuarios seguen presentando queixas continuadas do estado da pista e os continuos estancamentos de auga polas goteiras, onde tamén ocorre o mesmo problema é no Patricia Martínez na parroquia de Mos, pero que non se estenda o pánico, o goberno do Partido Popular sempre ten isto arranxado se temos un bo verán…que o inverno xa se mirara como ven. Menos mal que grazas a Deputación de Pontevedra puidéronse arranxar as instalacións da piscina municipal fai pouco porque boa falla lle facía. Que seria de Mos sen unha deputación igualitaria como a actual e non como a anterior na que soamente recibían subvencións os concellos amigos do anterior presidente!! Soemos ver algunhas administracións que están demasiado tempo en mans de partidos con maioría absoluta sen ningún contrapeso interno e externo, esta situación implica todo tipo de corruptelas e malas prácticas. Por desgraza podémolo comprobar no Concello de Mos no día a día xa que estes dirixentes que temos actúan sen escoitar as opinións dos e das veciñas, o exemplo está nas reclamacións que reciben das AMPAS dos colexios, asociación culturais e deportivas ou da veciñanza en xeral, que fan repetidas visitas o despacho da alcaldesa coas súas demandas o seu equipo de goberno recibindo por resposta unha chea de desculpas e promesas pero poucas solucións.

Peixes e mariscos da Ría de Vigo

Menú do día R/ Isidoro Queimaliños, 41 Redondela - 986 401 194

Peluquería

Corte de chico - Corte de chica Mechas - Tinte Manicura - Pedicura Depilaciones hombre y mujer - Masajes Esmaltado semi permanentes... Alto do Viso, 35 - O Viso - Redondela 611 465 947


Xullo 2018 (Primeira edición) [ III]

OPINIÓN

S

CARLOS MÉIXOME Historiador

orpréndeme a facilidade coa que algunhas amizades, que sei racionais e de esquerda, mesmo galeguistas, isto é, que reclaman a liberdade da nación, caen en trapelas urdidas por trampulleiros e demagogos de calquera caste e condición. Pasou estes días co mundial. Moitas amizades torcían por Croacia en contra da imperial Francia, cando non había máis que mirarlle a cor da pel, a uns e a outros, para desbotar calquera simplificación sobre o tema. Xa non digamos se prestamos ouvido aos eufónicos nomes africanos en contraste cos étnicos croatas rematados en Ć. En calquera caso paréceme ben animar apupar ao máis feble, aínda que só o sexa en aparencia. Mais o colmo, non da precipitación senón da manipulación mediática descarada, foi a lea que se armou coa efusiva presidenta adobiada coa camisola do dameiro branco e vermello e que lle facía as beiras a quen lle pasase por diante. O personaxe fíxose popular. Non perdeu oportunidade para darse a ver cada vez que os seus rapaces se batían con habilidades futboleiras e capacidade de sufrimento, dignas de exaltación. Só o imperial Macron lle roubou un chisco de protagonismo na final; mentres Putin ría como un coello e como deben facer os espías cando lles sae ben unha xogada. O malo foi que a choiva lle estragou o peiteado. Pois non pararon de chegar esas trapalladas que acaban por enrabiarte

POPULISMO, NACIÓN E FÚTBOL

e van rematar por estragar un sistema rápido e áxil de comunicación como son as redes de whatsapp. Chegoume, centuplicado, que a tal Kolinda era unha marabillosa presidenta, suponse quedun país marabilloso. Non poderá haber un país de xentes horribles cunha presidenta tan xeitosa. Esta muller, simpática, fervorosa animadora dos seus pateadores de coiro, riseira cos contrincantes ata cando estes lle gañaron, seica pagou do seu peto viaxes e gastos en Rusia e ata descontou do seu salario os días que andou de animadora da selección nacional. Por riba, din, vendeu o avión presidencial, 35 Mercedes que empregaban ministros e altos funcionarios e devolveulle os cartos ás arcas do Estado, home, tampouco ía quedar con eles! Non contenta con todo isto reduciuse o salario, e o dos ministros, á metade; quitoulle as xubilacións a congresistas e senadores e subiu o

salario mínimo ao sector privado, aos do público entendese que non. Fala sete idiomas e como se puido ver é unha muller “campechana”. Entre nós tamén tivemos durante anos un “campechano”.A xente entusiásmase enseguida. O caso é que a tal Kolinda Grabar-Kitarović é presidenta de Croacia polo HDZ ou Unión Democrática Croata, o partido creado polo xeneral FranjoTuđman, construtor da Croacia independente, perseguidor dos serbios que se interpoñían no soño da Gran Croacia e un dos máximos responsables das terribles guerras que destruíron a segunda Iugoslavia. En vida de Tuđman o sistema político era presidencialista, hoxe é un sistema parlamentario. O HDZ esta integrado no Partido

Popular Europeo, aplicou con rigor extremo as políticas privatizadoras e de gasto impostas pola UE e máis tarde pola troika; o retardo na integración na UE debeuse á súa resistencia a recoñecer as resolucións do Tribunal de La Haya para os crimes de guerra na antiga Iugoslavia. A tal Kolinda é unha política profesional que foi Ministra de Asuntos Exteriores, de Asuntos Europeos, Subsecretaria xeral da Diplomacia Pública da OTAN e embaixadora en Washington, país no que se formou de nova e no que lle aconteceu un escandaloso affaire relacionado co emprego, por parte do seu marido, para desprazamentos privados, do vehículo da embaixada. Quererá asegurarse o segundo mandato. Non chega con parecer...


[ IV] Xullo 2018 (Primeira edición) ENTREVISTA POR XOÁN ALONSO

JULEN MENDOZA. ALCALDE DE ERRENTERÍA

“CAL É O MODELO DE ESTADO QUE PROPÓN MADRID PARA QUE TODOS NOS POIDAMOS SENTIR CÓMODOS?” Julen Mendoza de Bildu, é o alcalde desta localidade vasca, a terceira máis poboada de Guipúscoa, tras Donostia e Irún, con case o 32% dos votos da súa veciñanza. Julen é o alcalde de Bildu que o ano pasado, no seu municipio, homenaxeaba aos seus veciños asasinados por ETA, dous concelleiros do PP e un policía municipal. No seu discurso Julen pronunciou as fermosas palabras seguintes” Neste país non tivemos a imaxinación de abondo para pórmos no lugar do outro. Mirabámolo como un inimigo no canto de velo como unha persoa”. Facemos noso ese pensamento e expresamos o desexo de que a maioría de persoas decentes deste mundo consigamos que os fanáticos que miran ao adversario político como un inimigo acaben reducidos á nada. O noso correspondente en Euskadi, Xoán Alonso, mantivo unha extensa conversa con el. Velai vai o que deu de si. A túa vila é coñecida como a pequena Manchester. Por que? En Errentería a finais do século XIX e a principios do XX comezaron a abrir bastantes fábricas, e propicia certa relación conceptual con Manchester no sentido de que había moitas fábricas rodeadas de casas. Esta situación supuxo un aumento demográfico moi importante. Pasamos de 15.000 habitantes en 1950 a 46.000 en 1976,moitos deles galegos. Por desgraza, na actualidade queda moi pouco do noso pasado industrial, Quen é Julen Mendoza,e como decide encabezar unha candidatura da esquerda abertzale? Julen Mendoza, é un home a piques de

cumprir 40 anos, xa que logo en plena crise existencial. Ha ha ha ha. Teño dous fillos e no ano 2.011 decidín dar o salto a presentar a miña candidatura, despois dun proceso de reflexión interna e posterior cambio de estratexia do mundo da esquerda abertzale, que optou por apoiar vías exclusivamente políticas, pacíficas e democráticas. Deuse asemade, tamén o cese definitivo da violencia de ETA,e o nacemento de Bildu, que como sabes é unha coalición de distintas tendencias políticas, que ata aquel intre estiveron en moitos casos enfrontadas. Todo iso foi para min, como para boa parte da sociedade vasca, enormemente

ilusionante. E alí foi cando chegamos á alcaldía, revalidándoa no 2.015. Como recibiu a sociedade civil a chegada dun goberno de Bildu? Eu quero dicir, que a colaboración do asociacionismo con este Concello é magnífica, sen eles non poderiamos ter desenvolto moitas da iniciativas que fixemos, O anuncio do cese definitivo de ETA chegou tarde? Si. Non tes a sensación de que a sociedade, mesmo os segmentos que nalgún tempo

puidesen sentir conexión con eles, estaba xa absolutamente desconectada do que facía ETA? Desde unha perspectiva ética ETA xerou moito sufrimento, e a xente que estivo en ETA tamén asumiu moito sufrimento. A violencia non é o camiño pola enorme dor que provoca. Malia que o discurso oficial incide na actuación policial como causa esencial da desaparición de ETA, a miña opinión persoal é que o mérito fundamental teno a sociedade civil? Estou de acordo contigo. Foi a sociedade


Xullo 2018 (Primeira edición) [ V]

REDONDELA vasca que xa non lle permitiu a ETA continuar. En xuño do ano pasado, o concello que ti dirixes fixo un acto de recoñecemento ás vítimas de ETA, no que ti falabas de: ”humanizar o deshumanizado e sentir como propia a dor allea” O ano pasado fixemos dous actos no noso municipio, que non xorden porque si, senón como consecuencia dun proceso que comezamos no ano 2012. Nós encargamos un informe sobre a vulneración de dereitos humanos no noso concello. Fixérono desde o ano 1956,o primeiro estado de excepción que se declara en Rentería, ata o ano 2012, e alí estúdanse os casos de vulneración de dereitos humanos no noso concello. Unha vítima ten 3 dereitos; xustiza verdade e reparación. En canto ao primeiro, un concello moi pouco pode facer. No que se refire á verdade co informe pretendemos dar resposta, e no que atinxe á reparación nós non podemos indemnizar, pero si reparar socialmente. Iniciamos un proceso de escoitar ás vítimas, e de aí xurdiron os dous actos do 2017. O de xuño, no que pretendemos

recoñecer aos dous concelleiros e ao traballador municipal asasinados por ETA. En decembro tivemos outro acto coas vítimas da violencia policial da semana pro amnistía do ano 1977, 3 persoas mortas pola policía e decenas de feridos, aos que nunca se lle recoñecera nada. Falemos de emigración; Canto máis altos son os muros e valados que pomos ás persoas que veñen fuxindo da morte e da miseria, máis ignorantes somos? Non hai ninguén no mundo, que se xogue a súa vida e á da súa familia, escapando do seu país porque queira vivir de prestacións sociais. Este concello creo que é un exemplo no que supón a integración dos emigrantes. Fíxate, no ano 1975 o 40% da nosa poboación nacera fóra de Euskadi. A abordaxe dos fluxos migratorios é sen dúbida un dos grandes retos das sociedades occidentais actuais. E ese reto como se afronta? Para min, a chave está na educación, A terrible lacra da violencia machista como se debe combater? Para min o problema da violencia ma-

chista é que está alicerzada nunha sociedade con profundos valores machistas. O asasinato de mulleres é a expresión última e máis intensa do machista, pero é a consecuencia máis horrorosa e dramática dunha sociedade fundada no machismo, e inzada de múltiples micro machismos. Agardo que o 8 de marzo supoña un antes e un despois na toma de conciencia colectiva da necesidade da abordaxe desta lacra, desde a base. Na situación de Catalunya as verdadeiras derrotadas son a palabra, a política e a democracia? Eu creo que o que está en cuestión é o modelo de estado. O réxime do 78 deixounos tres eixos; o modelo económico, a monarquía e a territorialidade. Ao meu xuízo só é posible mudar de réxime se somos capaces de cambiar os tres pilares sobre os que está constituído. Creo que debemos re inventar o modelo de estado. Á Generalitat se lle critica que non ten en conta á metade de Catalanuya non independentista, cargando sobre a Generalitat toda a responsabilidade. Pero claro, que modelo de estado propón Madrid no que todas e todos nos poidamos sentir cómodos?

Non o hai, só o réxime do 78, o que ocasiona que segmentos de poboación catalá, vasca e galega non se sintan cómodos porque queren verse reflectidos doutra maneira. Como ves o tema da corrupción? Eu creo que a política é o reflexo da sociedade. Non habería corrupción significativa se a cultura e a educación funcionasen mellor. A xustiza é igual para todos?. Como ves o caso dos mozos de Alsasua? Non, non é igual para todos. O caso de Alsasua que dis, e o dos membros do anterior gobern da Generalitat son exemplos claros. O estado ás veces é garantista e ás veces non o é. Aplica o sistema garantista cando lle interesa e non o fai cando non lle interesa. O dos rapaces de Alsasua, pois xa veremos como remata. A verdade o prognóstico non é nada bo. Supoño que iremos de recurso en recurso ata chegar a Estrasburgo. No día a día si que poden existir garantías xurídicas, pero no que afecta ás liñas básicas do estado, España aseméllase máis a un estado autoritario que a un estado democrático. Moitas grazas.

Avenida Castelao, 29 Arcade Telf/Fax 986 70 06 12 libreria.loli@hotmail.com

Calle José Solla, 57 Arcade Telf/Fax 986 70 13 30 libreriallimprenta@gmail.com


[ VI] Xullo 2018 (Primeira edición) REDONDELA

O NOSO QUERIDO AMIGO MANOLO, DE CABEIRO, FICOU TREMENDAMENTE ORGULLOSO do resultado das festas de San Xoán na súa parroquia,despois do grande esforzo persoal e colectivo na súa organización. Despacháronse 200 kgm de Sardiñas asadas,a asistencia de xente foi moi numerosa,a unha festa moi animada que se prolongou ata altas horas da noite,coa actuación destacada da orquestra América.

Nefasta xestión económica en Redondela segundo BNG

REDONDELA.

O BNG califica “neglixente”, a xestion económica do goberno de Javier Bas. A organización nacionalista sae ao paso das declaracións do alcalde de Redondela, afirmando que “o gasto sen criterio, a improvisación e a

falla de Proxecto convertéronse nos signos de identidade deste goberno”. Segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, as declaracións do alcalde de Redondela sobre a súa boa xestión económica, carecen de fundamento.

O PSdeG-Redondela denuncia a perda do servizo de préstamo de libros interbibliotecas públicas en Chapela REDONDELA.

As persoas usuarias da Biblioteca Pública de Chapela podían solicitar o préstamo de libros do fondo da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela. Dende hai máis de 5 meses, os usuarios e usuarias da Biblioteca Pública de Chapela non teñen dereito a dito servizo debido á falta de xestión do Goberno Municipal do PP de Redondela. Cabe engadir a esta problemática que a Biblioteca de Chapela ten moitos menos fondos e un horario máis que reducido, chegando o Goberno Municipal de Redondela a ordear o peche da biblioteca durante un tempo pola falta de espazo que facía

díficil a labor do clube de lectura coa habitualidade da biblioteca. A falta do servizo de préstamo levantou queixas dos usuarios e usuarias da Biblioteca Pública de Chapela, ao mesmo tempo que rexistrouse por parte do PSdeG-Redondela unha pregunta sobre a non resposta á veciñanza e motivos da falta do servizo de préstamo de libros. Pasados os meses dende que os usuarios presentaron rexistros ou queixas e non obtiveron respostas por parte do PP, o PSdeG-Redondela só recibiu unha contestación verbal despois do reclamo dos rexistros non contestados nunha reunión. A contestación era que o Go-

berno Municipal do PP estaba buscando a fórmula de préstamo de libros a través dunha empresas de envios. Para os socialistas “é inaceptable que o acceso á cultura tarde máis de cinco meses por culpa do Goberno Municipal do PP de Redondela”. Tamén, debido á falta de xestión neste eido, o Grupo Municipal Socialista presentou no pleno de principios de xullo unha pregunta referida a este tema que volveu a ter unha resposta pouco concreta do Goberno Municipal do PP de Redondela, é dicir, sen unha data concreta para a volta deste servizo tan esencial para Chapela.


Xullo 2018 (Primeira ediciรณn) [ VII]

REDONDELA


[ VIII] Xullo 2018 (Primeira edición) ENTREVISTA

JUAN AMOEDO, ADESTRADOR DO ARCADE

“DURE O QUE DURE A MIÑA CARREIRA COMO ADESTRADOR, XAMAIS ESQUECEREI A MARABILLOSA EXPERIENCIA DO ASCENSO CO ARCADE”

Despois de moitas temporadas sendo un equipo ascensor entre terceira e segunda división autonómica, o Arcade acadou en só tres anos un meteórico e inesperado ascenso de 3º a 1º división autonómica. O seu adestrador é un mozo de Redondela que respira fútbol por todos os poros da súa pel, alén de ser un excelente conversador que fai que as horas se convertan en minutos na súa compañía. Por segunda vez nos últimos tres anos A nova Peneira conversou con el. Moitas grazas por atendernos novamente Juan. Grazas a ti e á Nova Peneira, por manter o interese no deporte da comarca de Redondela. Alén de agradecer á túa atención temos que darche os parabéns, xa que este ano conseguistes un ascenso histórico á primeira categoría autonómica? Si a verdade é que foi moi emocionante, había moitísimo tempo que o Arcade non conseguía estar en primeira. Canto tempo? Pois non o sei de memoria, pero arredor de 10 anos. Ti collíchelo en 3º,só hai 3 anos, a verdade era impensable pensar en estar en primeira en tan pouco tempo? Foi enormemente emocionante, asemade fixémolo con moitísima xente do pobo, e asegúroche Tino que foi unha experiencia marabillosa, que dure o que dure a miña carreira como adestrador non vou esquecer xamais. Eu lembro falar contigo Juan, ao pouco tempo de ter estreado o teu cargo de adestrador, e dicíasme que a túa meta era chegar a primeira, pero a medio longo prazo Eu son un home que sempre procuro metas ambiciosas. Ilusiónome moito e pelexo a morte para que os meus sonos se fagan realidade, pero a verdade é que nunca pensei facelo tan rápido. Como foi o primeiro ano en segunda? Salvámonos. E foi difícil a salvación? Complicadísima, ata a última xornada non se conseguiu. Karallo igual que no ascenso de segunda a primeira. Ti es especialista en emocións fortes Juan?

Bffff, a verdade é que si, xa comezo a estar afeito ás emocións extremas. Como foi esa evolución de pasar de salvarvos a última xornada, a ascender ao seguinte ano? Eu creo que tomamos conciencia de todo o potencial que tiñamos na pre temporada, cando a un equipo tan importante como o Pontevedra B, fomos quen de gañarlle 4-0. Cando comezou a temporada, honestamente Juan, que obxectivo tiñas? Estar entre os seis primeiros, e pelexar por disputar a promoción. A medida que ían avanzando as xornadas, xa os rapaces me dicían “Queremos máis, queremos o ascenso directo”..e fomos a morte. Teño un grupo fenomenal, desbordan paixón e ilusión polo fútbol e pola vitoria, e entre todos fixemos un equipo ao que é moi difícil derrotar. A xornada do ascenso a primeira foi épica, non Juan? E tanto que si. Nós comezamos a xornada no 4º posto, gañamos no campo do segundo, o noso máximo rival, o Ponte Sampaio, e tamén necesitabamos que o equipo que estaba de 3º,o Moraña fose derrotado polo Marín. E afortunadamente saíu todo a pedir de boca. O partido contra a Ponte Sampaio foi tranquilo? Que va, todo o contrario, comezamos perdendo e tivemos que remontar, houbo varios incidentes, tivo que vir a ambulancia a buscar a un xogador rival lesionado. O de lesionar a un xogador rival non sería adrede para que se retrasase o partido voso, e saber o resultado do Moraña, confesa Juan, confesa... Ha ha ha ha ha, desde logo que non. Neses minutos que se parou o noso partido fraguouse o ascenso, estou seguro. Os xogado-

res nosos uníronse e foron a pola vitoria con todas as forzas que tiñan, e coas que non tiñan tamén. Nunca o vou esquecer. Había moita xente no campo? Dixeron que sobre 500 persoas. Impresionante. Absolutamente. Como foi a festa de celebración? Eu emocioneime, coa miña familia, cos meus amigos, cos meus xogadores. Foi un día no que as emocións afloraron en cada poro da miña pel, en cada parte do meu corpo e en cada curruncho da miña alma, na súa máxima intensidade. Eu deixeime ir, eran momentos de felicidade absoluta nos que, a verdade, perdías a conciencia das cousas que facías. Costou un pouco confirmar a túa renovación, Por que? Eu creo moito neste proxecto, pero entendo que o club debe dar o máximo nivel para que a parte de xestión, vaia ao mesmo ritmo que a parte deportiva. O club non fai o suficiente? Fan o xusto, pero o que fixeron os xogadores por encima do esperado, ao meu xuízo debe facelo o club tamén. Vai ser moi dura a primeira? Potentísima, hai equipos de moitísima calidade. Moitas fichaxes? Só imos facer 4,unha fichaxe por liña, xa temos o porteiro o defensa e o medio e só nos falta pechar o dianteiro.

O núcleo que posibilitou o ascenso valo manter ou perdes algunha peza importante? Afortunadamente mantémolos a todos. Merecen seguir. E as expectativas? Salvarnos claro está, pero sobre todo e ante todo gozar, gozar e gozar da categoría e dos marabillosos campos nos que xogaremos esta temporada. Cando vaiamos xogar a Barreiro, quero que os meus xogadores gocen. Guardiola era un dos teus adestradores de referencia non Juan? Si, xunto con Jacobo Montes Entón o estilo de manter a posesión da pelota e someter ao rival quitándolle o balón e como vas tentar xogar en primeira? Si, sen dúbida eu creo nesa forma de xogo total e absolutamente. Cando se publique esta entrevista o mundial xa terá rematado, no momento de facela estamos acabando os oitavos de final. Imos facer unha porra, eu digo que gaña Bélxica e Ti Juan? Eu digo que Francia, e de segunda opción aposto por Brasil Moi ben Juan, pois quédanos pendente tomar unha caña para ver quen ten razón...Moita sorte na temporada 2.018-19, agardo poder entrevistarte para celebrar a consolidación do equipo en primeira división


Xullo 2018 (Primeira edición) [ IX]

REDONDELA

Fornelos en Festas Un ano máis Fornelos de Montes vivíu a inigualable Festa da Chanfaina e da Carne do Suido. A nova Peneira non podía faltar a unha cita coas mellores carnes de todo o mundo, e abofé que levamos una inmensa sorpresa pois alén da inigualable gastronomía de Fornelos, descubrimos que o paraiso existe e está en Fornelos de Montes. Alí ondo o Barragán e o Oitavén se fusionan e convírtense nun só, está o Wabe Club Fornelos, un inigualable complexo deportivo de beleza superlativa. Falamos cos dous mozos que o explotan Ricardo e Marcos, que nos contan que o club é una instalación deportiva para facer esquí naútico. As instalacións son únicas en todo o norte do estado español, de maneira limpa e non contaminante, cuns presos ao alcalce de todos os petos, e unha serie de servizos complementarios como o restaurante, albergue, jacuzzi exterior, parque de hinchables para nenas e nenos... En definitiva un complexo de nivel sobresainte, nunha contorna de beleza como moi poucas no mundo que sen dúbida paga a pena visitar.

Alternativa Veciñal melloras no centro de saúde de Pazos de Borbén

PAZOS DE BORBÉN.

O Pleno de Pazos de Borbén ven de aprobar unha moción da Agrupación de Electores Alternativa Veciñal (AV) demandando melloras no centro de saúde do concello. AV presentou esta moción logo de que as numerosas e graves carencias deste centro foran debatidas no Parlamento de Galiza cun resultado pouco satisfactorio. O decrépito edificio que alberga o Centro de saúde ten unha única sala de

espera cun tamaño moi pequeno, polo que se pode ateigar facilmente e onde se poden xuntar persoas con enfermidades contaxiosas con nenos e nenas sans a espera dunha revisión. Só dispón de tres consultas: para enfermaría, médica e pediatra. Cando están ocupadas as tres simultaneamente non hai lugar onde atender unha urxencia que poida entrar pola porta. E poderiamos seguir a sumar fallas, como barreiras arquitectónicas, etc...


[ X] Xullo 2018 (Primeira edición) ENTREVISTA

EMILIANO LAGE. ALCALDE DE FORNELOS DE MONTES

“SIGO TENDO TODA A ILUSIÓN DO MUNDO EN DAR O MELLOR DE MIN PARA MELLORAR A VIDA DAS MIÑAS VECIÑAS E VECIÑOS”

Fornelos é un concello especial para min. Nós momentos de desacougo, de incerteza espiritual ou de crise material, achegarse ata a beleza das súas augas, á intensidade cromática das súas montañas, á inmensidade dos seus camiños e corredoiras e ata a tranquilidade pétrea da súa praza, sempre provoca en min ser aloumiñado novamente pola paz e a serenidade. Un ano máis, antes das súas festas subimos ata as terras de Fornelos a conversarmos co seu alcalde quen, como sempre, atendeunos con moita amabilidade. Un ano máis, Alcalde, moi agradecido pola túa atención con nós Moitas grazas a vós, polo voso interese no noso pobo. Cando publiquemos esta entrevista xa se terá realizado a festa da Chanfaina, no momento de facela aínda

non. Infórmoche Emiliano, que o día da festa, o 22 de xullo, estarei eu aquí coa miña familia, e teño a intención de pasar un gran día. Ti que opinas? Eu teño a certeza de que o pasaredes estupendamente, gozaredes dunha magnífica comida, a carne do Suido é de primeirísima calidade, o entorno é moi bonito. E ao igual que todas e todos os que nos visiten seredes recibidos con moito cariño pola veciñanza de Fornelos. Vai ser a primeira vez que veña. Estou seguro de que en anos futuros repetirás. Temos moitísimos visitantes de fóra, que nos distinguen coa súa compañía ano tras ano. Esta época é moi intensa no que as festas se refire. Cóntanos o máis destacado? O día 22 comezamos coa festa da carne do Suido, o día anterior temos o famoso campionato de Tute. O día 4 de agosto temos o festival folk no río, e entre o día 9 e o 11 temos as festas patronais de San Lorenzo. Como está a piscina? Pois aberta como todos os anos e con 2 socorristas contratados. Un que é tra-

TAPERIA

O MUELLE Cesantes Avda. Mendiño. 76

"SENTIMOS PAIXÓN POLO NOSO TRABALLO.PROBA O MELLOR CHURRASCO DE REDONDELA" Nova Xerencia. Coñécenos.

ballador municipal, e o outro contratado para reforzo. Estou moi contento de como funciona a nosa piscina, a verdade ten moitos usuarios. Xa temos o pavillón novo en funcionamento? Si, desde hai tres meses. Xa fixemos a fin de curso escolar aí E a pistas de pádel? Pronto comezaremos a obra, e temos a previsión de que estean operativas no ano próximo.

As instalacións deportivas de Fornelos déixanme abraiado. Temos piscina, pavillón e teremos ximnasio e pista de pádel. Eu creo que están a un nivel superior ás de Redondela. Fornelos, como todo o rural galego, ten un grave problema de despoboación. É moi difícil manter á mocidade no rural. O noso esforzo insírese no contexto de ofrecer á mocidade alternativas de lecer, de primeiro nivel, para que na medida do posible non se marchen.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ XI]

ENTREVISTA As relacións coa DEP do bipartito seguen sendo boas? Si, rotundamente si. As relacións con esta DEP deron a volta 180 grados en relación á etapa de Louzán. A súa axuda foi moi importante para as nosas instalacións deportivas e agora temos o ambicioso proxecto de renovar a rúa das escolas, a ver se conseguimos o financiamento. E as obras que estades a facer no interior do Concello? Estamos a pór un ascensor, para adaptar o concello a quen teña necesidades especiais. Quen financia esa reforma? 75% a Xunta e o 25% o Concello cos nosos fondos. Outro aspecto relevante en Fornelos, como en todo o rural é o do saneamento. Como está? Avanzando. Estamos a piques de rematar a parroquia de Calvos. O groso de Calvos está feito? Si, o máis importante xa está rematado, e Fornelos tamén. Logo seguiremos

con outras parroquias, malia que como sabes o saneamento supón obras moi complexas e de enorme contía económica. Vas ser o candidato do PSOE, para tentar revalidar a maioría no Concello de Fornelos? Se a saúde me sigue acompañando, e os meus compañeiros e o meu partido seguen a confiar en min eu estou disposto. De ánimos e moral como estás? Perfectamente. Segues tendo ilusión en dar o mellor de ti, para mellorar o día a día dos teus veciños e veciñas? Toda a do mundo. Eu ás 7,30 da mañá estou sempre ao pé do cañón, porque teño moita ilusión. O día que a perda retirareime. Falemos da oposición? Ben a verdade é que o PP de Fornelos non se mete con ninguén, son bos rapaces. O BNG é quen fai oposición belixerante neste concello. O teu goberno é transparente coa

oposición ou pódeslle trabas para facer o seu traballo? Transparente absolutamente. Este é un Concello de portas abertas e calquera concelleiro pode acceder cando queira á documentación que queira. Eu creo que Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSDG, equivócase en non entrar de contado no parlamento. Entendo que terá opcións de ser o próximo presidente da Xunta, pero fáltalle visibilidade e debería corrixir iso de contado? Estou de acordo contigo. Gonzalo é un home moi listo, el saberá o que fai, pero entendo, coma ti, que debe entrar no parlamento xa. En canto á política estatal, supoño que ilusionado co novo goberno socialista de Pedro Sánchez? Moi ilusionado. Eu creo que moita xente, mesmo do partido popular, estabamos desexando que houbese un cambio. O ambiente era irrespirable, tanto pola corrupción, como pola tensión extrema coa que se estaban xestionando

os episodios da vida cotiá. O problema catalán? Non vai ser fácil, pero hai que buscarlle un encaixe. Meténdoos no cárcere, imposible, creo eu? Está claro. Agardo que impere a cordura, e que se busque unha fórmula para que Cataluña siga formando parte con comodidade, deste proxecto común que é España. Pedro Sánchez poderá esgotar o mandato? Vai ser complicado, cunha oposición moi dura, pero espero que si. Rematamos Alcalde. Velaí tes as nosas páxinas ao teu dispor. Quería convidar a todas e todos os lectores a que se acheguen por Fornelos a gozar do noso pobo, das nosas festas, da nosa gastronomía e dun entorno fermoso. Podo dicir con inmenso orgullo do meu pobo, que é un dos máis bonitos de Galicia, e naturalmente todas e todos nós estaremos encantados de recibir a quen queira coñecernos.

PROLIM ARCADE Produtos de limpeza, hostelería e celulosas. Fogar, hostelería e empresas. Estrada Soutomaior, 38 Arcade


[ XII] Xullo 2018 (Primeira edición) ENTREVISTA

AGRUPACIÓN DE ELECTORES DE REDONDELA

“ESTAMOS ANTE UNHA OPORTUNIDADE HISTÓRICA DE QUE UNHA AGRUPACIÓN DE ELECTORES POIDA GAÑAR AS ELECCIÓNS EN REDONDELA, AGORA BEN, PRECISAMOS QUE AS PERSOAS QUE CONFÍARON EN NÓS SE ACHEGUEN A AER A BOTAR UNHA MAN” Un ano máis achegámonos ata Redondela a conversar coa xente de AER. E antes de ofrecerlles o que deu de si a nosa extensa charla, mentres gozabamos dunhas cañas na terraza da Disco Tasca do noso amigo Manu, quixera reproducir un pensamento de Cicerón, escrito 2.100 anos antes de que nacera AER, que amosa a clarividencia do gran Marco Tulio, pois estou seguro que o produciu pensando nas mozas e mozos de AER: “A honradez é sempre digna de eloxio, mesmo cando non supoña nin utilidade, nin beneficio nin proveito” Un ano máis moitas grazas por atenderme, penso que esta é a quinta entrevista que facemos non? A sexta. Mi maa, como pasan os anos, xa son 6 con AER na Peneira¡¡ Imos ver, hoxe vin co tempo moi xusto de Vigo e decidín coller a autoestrada para achegarme a Redondela. Levei unha enorme sorpresa porque, non sei se 5 ou 6 meses despois de escoitar a representantes do PP local, como o alcalde ou o deputado Alberto Pazos gabarse de como as marabillosas xestións entre gobernos razoables permitirían a supresión da peaxe de Rande, resulta que aínda seguimos “apoquinando”? Esa situación amosa con claridade que o alcalde mentiu. Agora semella que andan a pasarse a bola uns aos outros, falando de estudos de viabilidade, in-

formes e demais, pero o certo é que a principios de ano, anunciaron algo que non é verdade. Agora co cambio de goberno en Madrid, o alcalde xa ten a quen botarlle as culpas. Pero, imos ver, ese tema interprétase só en chave” o alcalde mentiu”, ou é algo máis complexo? Tamén hai unha parte importante de ineficacia e mala xestión por parte do goberno municipal. Malia que iso non quita que esteamos convencidos de que o alcalde mentiu voluntariamente. Xa que comezamos por esa zona, sigamos por Chapela. Que nos dicides das humanizacións da Avda de Vigo? Son deficientes e non se adecúan ao que está proxectado. Hai moitísimos erros: contenedores diante de pasos de cebra que impiden a visibilidade, zonas nas que non pasan as cadeiras de rodas,

escasa presenza de árbores. Chapela precisa cambios estruturais profundos, non meras operacións de maquillaxe estética. Cales son as eivas principais que ten Chapela? A desconexión entre Chapela de arriba e Chapela de abaixo, o transporte, a tolemia do deseño urbanístico, o desarraigo con Redondela, o problema das pluviais e fecais. A si, eu pensei que o tema das augas estaba xa amañado? Non, de feito Augas de Galicia sancionou ao concello por un vertido ao río. Mentres non se arranxe a depuradora de

Teis, o tema das augas en Chapela non terá unha solución definitiva E por que non se arranxa? Porque non hai vontade política para facelo. Augas de Galicia é un ente controlado polo PP que non serve para nada. Falando do Control do PP. No asunto, para min gravísimo, da retirada da exposición do Colectivo Republicano, a valedora do pobo seica lle deu a razón ao PP, pero ben agora semella, presuntamente, que a valedora ten un serio problema por, repito o de presuntamente, ter enchufado a un cargo do PP. Fiádevos da obxectividade e

Repostería creativa Panadería Lambonadas Xeados


Xullo 2018 (Primeira edición) [ XIII]

ENTREVISTA imparcialidade á hora de tomar decisións da Valedora do Pobo? O problema é que non sabemos os criterios que utilizou a valedora do pobo. As motivacións son un misterio que nós descoñecemos. Seica Esquerda Unida, que foron os denunciantes iniciais, son os que saben as motivacións da resposta da Valedora. Non estaría mal que os fixeran públicos. Eu levo moitos anos seguindo a actividade política, hai cousas vosas que non comparto, pero xa o dixen un feixe de veces que sodes completamente diferentes a calquera cousa das que vin antes, e teño visto moitas. Agardo que a vida de AER en Redondela, sexa aínda moi longa? A verdade vivimos nun contexto desmotivador. Sentimos que AER conseguiu moitas cousas, pero cun traballo bestial detrás. O sistema é moi hostil, e facer traballo político sen ningún tipo de interese, só coa vontade de mellorar a vida das veciñas e veciños, supón dedicarlle un montón de horas e todos temos familia e vida privada... Aproveito que está Ana, para dicirche que me chegaron novas de que soas como futurible candidata de AER, e tes sona de ser unha candidata de enorme solvencia? Ha ha ha ha.. AER é unha organización asemblearia e calquera cousa se decide en asemblea pero de verdade non na teoría. Escoítanse moitas cousas, a min tamén me chegou que o meu pai me pedira por favor que non fora para “alcaldesa”. Ah,o teu pai dedícase á política? Non,o meu pai o que nunca me pediría é unha cousa por favor....ha ha ha ha (risas xeralizadas).

Non me aclarastes a pregunta anterior. Falta só un ano. Que imos facer para as eleccións do 19? Polo de pronto pedir á veciñanza que se una ao noso proxecto. É a única maneira posible de que poidamos ter futuro. Pero o capital político tan enorme que confiou en vos, case 3.000 persoas, merece unha resposta máis clara. Precisamos axuda, en verdade cho dicimos que necesitamos que a xente que confiou en nós bote unha man no traballo, só así AER poderá ser unha realidade con expectativas dunha longa vida. Traballar na oposición é moi difícil. Arrepentídesvos de estar na oposición? Non, esta é a eterna pregunta Pero non quero que sexa a eterna pregunta, non quero de novo unha análise das motivacións. Quero que me digades se visto coa perspectiva do paso do tempo, seguides pensando que a vosa decisión política foi acertada? Si, consideramos que foi unha decisión correctísima. O psoe só contemplaba un goberno de coalición, non quixeron de ningún modo gobernar en minoría. Agora, porén, vemos como con Pedro Sánchez, poden gobernar en minoría sen necesidade de obrigar a ninguén que non queira, a formar parte do goberno. Hai asemade exemplos, como pode ser Gondomar nos que se ve como os que se prestan a gobernar co PSOE acaban escaldados e deixando o goberno. Si vale, pero hai outros caso como por exemplo Ponte Caldelas nos que iso non é así. Por certo Redondela Pode, ou Son Redondela..volverán a aparecer agora que chegan as eleccións non?

Non sabemos, pero supomos que algo xurdirá. Están catro anos sen facer nada en absoluto e cando chegan as eleccións veñen a dar leccións. Se alguén de Podemos, EU, Mareas... se dirixe a vós para ofrecervos integrar nalgo coas súas marcas, a resposta será a mesma de sempre? Si, sen dúbida. Nós somos unha agrupación veciñal de veciños e veciñas de Redondela. Como algunha vez lle escoitamos a alguén das CUP: ”as confluencias trabállanse durante 4 anos, non a un mes da eleccións”. Valorade ao goberno de Javier Bas? Sen proxecto, sen Cabeza, fuxindo cara a diante. É un goberno meramente estético. Non hai proxecto global de Vila, deixan correr as cousas ata o último momento e as súas actitudes son moi cuestionables. Están en minoría, e gobernan como se tiveran maioría absoluta. Cremos que parte de culpa téñena o PSOE e o BNG Por que? Porque desenténdese de facer o necesario para chegarmos a acordos entre todos. O pleno xa ten poucas competencias, e o PSOE e o BNG desenténdese das que hai. Un exemplo claro é o tema do remanente. Como está o tema da senda do Río Maceiras? En Mans de Augas de Galicia, a ver como remata. Fagamos unha porra. Ao voso xuízo quen vai ser o candidato ou candidata do PP? Mari Carmen Amoedo(responden unanimemente as 5 persoas que estiveron na entrevista). E Javier?

Supomos que o premiarán con algún cargo en Santiago. E por que motivo o habían de premiar? Porque é un home de partido, moi fiel ao PP que lle importan moitísimo máis os intereses do seu partido que os do pobo de Redondela. Agora que hai outro partido no goberno do estado seguro que vai dar a cara por cousas nas que antes mirou para outro lado,como por exemplo as obras do AVE que arrasaron Redondela, Estivestes na gala da Peneira do 15, tamén na do 17. Imaxino que na do 19 contaremos tamén con vós? Será un pracer. Algún froito do voso traballo político do que vos sintades especialmente orgullosos? O tema da cementeira foi enormemente satisfactorio para nós. O tema da transparencia é moi importante para nós Pero ese tema da transparencia o goberno municipal esgrímeo como un éxito da súa xestión? Redondela é un concello transparente porque AER está aí. Dicímolo con humildade pero con claridade absoluta. En Redondela pódeselle gañar ao PP no 19? Si, sen dúbida que se pode, e a vontade de AER sempre foi gañar e gobernar Moitas grazas un ano máis pola amabilidade, podedes dicir o que queirades para rematar Estamos nunha oportunidade histórica de que unha agrupación de electores gañe as eleccións en Redondela, pero necesitamos xente nova. Aos que confiades en nós: por favor botádenos unha man para que AER viva¡¡¡

Roupa e complementos Praza da Igrexa, 12 681 059 160

AVENIDA DE CASTELAO, 126. ARCADE

Fornelos de montes


[ XIV] Xullo 2018 (Primeira edición)

E

X. CARLOS GONZÁLEZ Portavoz Municipal do BNG de Redondela

n poucos casos como o da eliminación da Peaxe en Rande, queda tan patente a manipulación do Partido Popular, e do Partido Socialista, segundo os seus intereses. A eliminación deste pago que a diario sufren numerosos veciños e veciñas de Redondela e bisbarra, convérteo nun dos máis elevados de Galiza. A Peaxe en Rande,sitúase nos 0'90€, por percorrer escasos 5 qm. En xullo de 2015, recén iniciado o actual mandato, en nome do BNG, encargueime de defender unha moción no Pleno da Corporación de Redondela, instando ao alcalde de Redondela a que iniciara as xestións pertinentes c@s responsábeis de Fomento, para acadar a gratuidade da Peaxe en Rande. Considerabamos que a primeira moción que se presentaba no actual mandato, debería versar sobre un dos temas de maior relevanza para o noso Concello, como era o da supresión desta peaxe. Redondela vén sufrindo un agravio comparativo asumindo dende hai décadas o pago dunha autoestrada dun treito prácticamente urbán, que a fendeu en dous a parroquia de Chapela. A ampliación dos últimos anos, cunha inversión de 190 millóns de euros, agravou esta situación. Durante os dous anos que duraron as obras, os usuarios e usuarias deste treito da AP9, tiveron que facer fronte ás continuas subas da peaxe. Ao mesmo tempo desprezo total e absoluto de AUDASA para os que empregaban a Autoestrada para acortar tempo, pagando 0'90€, mais que se con-

ELIMINACIÓN DA PEAXE EN RANDE; INSTRUMENTALIZACIÓN DUNHA INXUSTIZA

vertían en vítimas de numerosas retencións sen que se lles compensara. Dende o BNG de Redondela, denunciamos en numerosas ocasións esta situación, instando a que a concesionaria levantara as barreiras, ante o silencio cómplice de Javier Bas. Mais tamén cómpre recordar, a irresponsabilidade e o silencio dos que, con moitos votos de veciños e veciñas da nosa bisbarra, acadaron representatividade no Congreso e no Senado, e non converteron a supresión da peaxe nunha prioridade. No caso da eliminación da Peaxe, semella que nin socialistas, En Marea, prantexárana como condición para aupar ao novo presidente, malia o amplo apoio social recibido. Atrás quedan as diversas iniciativas que sobre este tema, e a a propia ampliación presentaban a cotío, os parlamentarios e parlamentarias do Bloque Nacionalista Galego. A principos de ano, o alcalde de Redondela, Javier Bas, fachendeaba con grande profusión de medios e aduladores/as, de que a eliminación da Peaxe iba a ser unha realidade. Pasaron os meses, e esta realidade non se materializou. Mais todo o contrario, as retencións multiplicáronse, e a peaxe mantívose. Como voceiro do BNG, soliciteille por escrito que facilitara os documentos no que se recollían ditos compromisos, sen que nos amosara ningún. Instrumentalización da Supresión da Peaxe; xa atopou tema o PP para lanzarse contra o goberno central. O propio Feijóo amosou, a portada dun estudio no que se recollía a proposta de eliminación, nunca

Na Pantalla Cesantes

682 152 025 - 886 310 577

os contidos. Pola súa banda, Fomento argumenta que nunca se deron os pasos para suprimila, nin negociacións coa concesionaria, nin estudios de impacto. Mentras, os veciños e veciñas de Redondela, e bisbarra continuamos a sufrir un pago inxusto, un agravio comparativo. Nin tan sequera as obras garanten que poidamos circular por esos 5 qm., posto que se seguen mantendo as retencións, sen que se levanten as barreiras. O alcalde de Redondela, segue facendo

a súa campaña, sen iniciar ningún tipo de xestións cos nov@s responsábeis de Fomento. Solicitámoslle que tomara a iniciativa, mais non hai resposta. Instrumentalización da Supresión da Peaxe. Dende o BNG, continuaremos presionando e apoiando ao movemento asociativo de Chapela, que xa tén advertido de que “ou se soluciona a cuestión de inmediato, ou haberá que volver a tomar a rúa”. Agora é o momento. Agora temos que rematar coa peaxe de Rande.

“A EXTREMA DEREITA CHEGA A REDONDELA, O PARTIDO ULTRA NACIONALISTA ESPAÑOL, CIUDADANOS, PRESENTOUSE O PASADO DÍA 13 NO AUDITORIO DO NOSO POBO”


Xullo 2018 (Primeira edición) [ XV]

REPORTAXE DE G. FIGUEIREDO

A

A GUARDA EN FESTAS

Guarda é un concello do suroeste de Galicia, ten a poboación máis meridional da provincia. Comunica con Portugal pola fronteira natural do río Miño polo sueste, co Océano Atlántico polo oeste e co concello do Rosal polo norte. A altitude a nivel do mar non impiden ao Monte de Santa Tecla e ao Monte Terroso elevarse sobre 314m e 350 m respectivamente, permitindo excelentes vistas, especialmente desde o Monte de Santa Tecla onde se pode gozar da desembocadura do río Miño, o océano Atlántico e os montes de Portugal e Galicia. Hoxe imos falar das súas festas máis coñecidas, a Festa da Lagosta e As Festas do Monte. A festa da lagosta celebrouse os pasados 6, 7 e 8 de xullo no porto de A Guarda cunha aposta pola gastronomía local e un completo programa de animación. A gran calidade da gastronomía guardesa permitiu ampliar a oferta de

pratos mariñeiros e así todos os visitantes puideron coñecer os excelentes produtos do mar e, como non, o bo facer dos restauradores guardeses. Desde o 2007 a festa da Lagosta converteuse na Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. A festa celébrase na chaira do porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados. Os comensais poden degustar a lagosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras. Tres restaurantes ofreceron a lagosta cocida ou á prancha. E como en edicións anteriores a lagosta foi a protagonista en máis de 20 pratos mariñeiros: nécoras, percebe, camarón, polbo, empanadas e así ata os 20 pratos elaborados con produtos do mar. Desde a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a lagosta é a rosca de xema, sobremesa típica da Guarda creado en 1953 por un pasteleiro guardés. Outros produtos son as filloas, tortas, etc. Tamén é importante o viño da Denominación Rías Baixas xa que o viño

Albariño e do Rosal combina perfectamente coa gastronomía guardesa. Os restaurantes e demais expositores ocuparon postos diferenciados na carpa. A venda foi directa nas propias casetas polo que non foi preciso adquirir tickets previamente. Tan só escoller entre a gran variedade e calidade das propostas. Nesta edición destacou o pregoeiro galego de proxección estatal Nancho Novo. Actor, humorista e cantante da Coruña moi recoñecido tanto en pantalla como en teatro. Nancho Novo actuou ante o público na carpa co seu espectáculo “O Caver-

nícola”. Obra cómica e intuitiva sobre o modo no que se relacionan os homes e mulleres. Esta é a súa versión da mítica obra de Broadway e de gran éxito no teatro de Madrid coa que leva máis de 1.200 funcións. Como novidade para esta edición foi dedicar a noite do venres á música tradicional con serán mariñeiro onde máis de 10 grupos tradicionais e pandeireteiras amenizaron unha noite diferente. FESTAS DO MONTE. Celebradas sempre na segunda semana de agosto.

Segue na páxina XVI


[ XVI] Xullo 2018 (Primeira edición) REPORTAXE Este ano 2018 cadra do 6 ao 15 do vindeiro mes e é organizada pola Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O Cancelón. A Festa do Monte destaca pola variada programación con tres eventos centrais: sábado co desfile folclórico; domingo coa romaría no monte de Santa Trega e martes de despedida coa tirada de lumes. Estas festas xa centenarias son as máis destacadas da comarca. Durante a semana diferentes actos culturais e deportivos atraen por centos a visitantes e as noites están reservadas ao entretemento con citas musicais tradicionais e verbenas. Comezou a súa historia en 1913 co descubrimento do gran xacemento arqueolóxico de Santa Tegra, cos anos converteuse no recurso turístico e cultural máis visitado da Rías Baixas e o

segundo de Galicia. Os veciños decidiron celebrar este descubrimento, ao principio era moi familiar, pero pronto converteuse nun evento de gran relevancia na contorna das Rías Baixas polo que foi declarada como Festa de Galicia de Interese Turístico no ano 2009. Un dos principais actos é o Desfile do sábado ao que asisten miles de persoas para contemplar os traxes locais e os grupos de gaitas, tanto do concello como invitados, que enchen de música as rúas no seu percorrido. Tamén destacan a vintena de bandas mariñeiras que co seu toque de tambores e caixas fan único este desfile. Estas bandas mari-

ñeiras, familias e asistentes ascenden ao Monte Santa Trega a mañá do domingo para celebrar a cita máis importante, a romaría centenaria. No monte, ao que as bandas soben sen parar de tocar os seus instrumentos de percusión, formando un gran estrondo, cumprirán o ritual da xura: “todos os seus compoñentes beben viño xurando volver e en

memoria dos que non puideron estar”. A romaría convértese nunha gran festa por todo o monte, as bandas distribúense pola cima do monte nunha ambiente moi animado cos seus tambores e caixas como protagonistas. O seu son pódese escoitar en todo o municipio sen descanso durante toda a romaría que segue pola tarde durante a baixada das bandas, chamada A Desfeita, desde o monte ata o porto, polas rúas da Guarda. Na baixada fan unha parada de rigor no Montiño onde as bandas repoñen forzas comendo e bebendo con outros romeus. o vindeiro domingo 12 de agosto a visita á Guarda é obrigada para gozar dunha marabillosa festa nunha contorna paradisisaca.

HOTEL EL MOLINO

NA PRAIA DE CAMPOSANCOS

"ESPECIALIDADE EN PULPO, PEIXES E CARNES"


Xullo 2018 (Primeira edición) [ XVII]

BAIXO MIÑO

Mostra Amigos do Mar en A Guarda A Cámara de Comercio de Tui

A GUARDA.

Despois de ter dado inicio hai xa varios meses a campaña de recollida polas casas de homes e mulleres vinculados o mar, acadando un gran éxito, pola cantidade de utensilios náuticos e artes pesqueiras recollidas, unhas donadas e outras en depósito, campaña que continua vixente, encontrándose unha parte destes materiais en Exposición no Museo de Póvoa do Varzim, destacando, fundamentalmente todo aquelo vinculado as marcas, redes, aparellos, imáxenes mariñeiras, etc., e a súa similitude cas daquela vila e de outras localidades, dita Exposición estará nas dependencias museísticas da Póvoa ata mediados de setembro, cando se trasladará o noso pobo, para ser inaugurada o día 22 de dito mes.

Dende a Asociación de EmTradicionais barcacións “PIUEIRO”, acordouse levar unha Mostra-Exposición, que pretende ter continuidade no tempo, instalada no local dos antiguos Efectos Navales “Guadalupe”, que será aberta ao público en xeral, o vindeiro venres día 13 a partir das oito da tarde, e na que falará Agustín Ferreira Lorenzo de ANABAM sobre as marcas mariñeiras y

a continuidade dos traballos de identificación e recopilación que nesta área levan desenbolvendo dende fai anos, e a que se incorporará PIUEIRO como colaborador do mesmo, para que máis pronto que tarde, se plasme nunha publicación. Con esta Mostra, “PIUEIRO”, quere darlle as grazas a todos aqueles que teñen colaborado nesta campaña para salvar unha parte da historia do “noso mar” e manter presente dunha das actividades laborais e económicas que máis incidiron e segue tendo influencia no desenvolvemento de A Guarda. Dita Mostra-Exposición, denominada “AMIGOS DO MAR”, estará aberta o público o longo de toda etapa estival, abrindo pola mañan os días domingo e festivos de 10 a 1 e tódolos días de 19 a 22,00 horas.

súmase á elaboración da ‘estratexia 2030’

TUI.

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, e parte do equipo técnico e científico do proxecto Smart Minho, mantiveron unha reunión coa directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui para a elaboración da `Estratexia 2030´ de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronteirizo, na que se materializou o compromiso da asociación tudense a sumarse á construción deste documento estratéxico. Así o manifestou o presidente da Cámara, Gumersindo Alonso, quen destacou a súa satisfacción por formar parte dun “proxecto tan ilusionante” e amosou a súa

disposición a traballar conxuntamente nesta iniciativa. O deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, agradeceu “a implicación da Cámara”, e destacou “a importancia de contar cunha organización como esta que representa a gran parte do sector económico do Baixo Miño”. Benítez incidiu na relevancia que terá a estratexia para o territorio “xa que é a primeira vez que se elabora un documento así, tomando o río Miño como un eixo vertebrador entre os dos dous países, e non como un elemento de separación”. Así mesmo, destacou a importancia da participación dos axentes locais na redacción dun documento.


[ XVIII] Xullo 2018 (Primeira edición) BAIXO MIÑO

Comezan as Rutas de Artes e Oficios, co fin de achegar á xente os artistas tomiñeses TOMIÑO.

O pasado xoves, 12 de xullo, comezaron as Rutas de Artes e Oficios 2018; unha das numerosas actividades de verán organizadas polo Concello de Tomiño dende a AulaMuseo Antonio Fernández de Goián. Trátase dunha serie de visitas aos talleres de diferentes artistas asentados no concello, co fin de coñecer de primeira man as súas obras e os procesos de traballo, así coma os materiais que cada un utiliza nas súas creacións. A actividade é para todos os públicos e de balde, e so é preciso inscribirse na páxina do concello neste link: http://tomino.gal/inscricion-de-ac-

tividades-de-arte-e-patrimonio/ A primeira visita, xoves 12 de xullo, será ao estudo de escultura e cerámica de Liliya Pobornikova e Nando Álvarez. Liliya Pobornikova nace en 1979 en Bulgaria. Actualmente vive e traballa en Tomiño. Estuda na Escola Nacional de Artes en Sofía - Escultura en madeira. Traballa con diferentes materiais, como: pedra, madeira, metal, cera, formigón, bronce, cerámica, xeo, neve - tamén na arte na natureza. As súas esculturas están representadas en coleccións públicas, entre as que destacan obras en museos de Taiwan, Dinamarca, Eslovenia,

Rúa Concepción Areal A Guarda

Exipto, China e Brasil, así como en coleccións particulares. Participa en 101 simposios de escultura en 31 países dende 2001 ata a actualidade. Austria, Arxentina, Bulgaria, Brasil, China, Chipre, Dinamarca, Exipto, Francia, Alemaña, Guatemala, Italia, Xapón, Luxemburgo, Lituania, Letonia, México, Noruega, Paraguai, Portugal, Polonia, Rusia, Eslovenia, Suecia, Suíza, España, Turquía, Taiwan, Tailandia e EE. UU. Recibe premios polo seu traballo fotográfico en "Revista Destacados" e " National Geographic Magazine", e premios en diversos simposios e concursos.

O BNG pide asistencia psicolóxica para os afectados de Paramos

TUI.

Despois da traxedia ocorrida o pasado 23 de maio no lugar de Paramos en Tui, coa explosión de material pirotécnico almacenado de xeito totalmente irregular, é preciso prestar á máxima atención ás persoas afectadas. A atención debe cubrir aspectos materiais, físicos, socias, mais tamén emocionais e psicolóxicos. “Estanse atendendo algúns dos aspectos materiais aínda que dun xeito totalmente insuficiente, mais son os psicolóxicos, os que pasados xa 41 días do impacto da traxedia, empezan a ser motivo de preocupación, e consideramos que é preciso dotar de recursos para atender este aspecto no propio centro de saúde de Tui”, reclamou a deputada por Pontevedra, Montse Prado, ante o director xeral de Asistencia sanitaria da

BAR PUENTE

Xunta, Jorge Aboal. “É preciso axudar ás persoas que perderon as súas vivendas, os seus recordos, que o perderon todo, que viven de prestado, axudalas a recuperar o equilibrio roto pola situación que están vivindo, facilitar o control da situación, axudar a entendela, evitar secuelas”, alegou a nacionalista, crítica co “indecente” inacción da Xunta que só ten como proposta derivar ao Alvaro Cunqueiro a asistencia psicolóxica a persoas que non teñen nin como desprazarse ao hospital vigués. “A irrupción dun desastre desta magnitude sobrepasa a capacidade de abordalo e superalo de moitas das vítimas, en particular ás persoas maiores e @s nen@s”, indicou Prado, porque estamos ante persoas “esgotadas, de baixa laboral...”, explica.

CIGUÑEIRAS 26 - TUI - GUILLAREI


Xullo 2018 (Primeira edición) [ XIX]

BAIXO MIÑO

Estudosos interesados en potenciar unha ruta xudía tranfronteiriza percorren o barrio xudeu de Tui

TUI.

O pasado 3 de xullo visitaron Tui un grupo de académicos interesados na potenciación dunha ruta xudía no territorio transfronteirizo que abranguería Porto, Tui, Ribadavia, Chaves e Bragança. En Tui, da man do historiador tudense Suso Vila, puideron coñecer o importante legado da comunidade xudía na cidade nun percorrido que comezaron na antiga zona da Oliveira – hoxe en día convento das Clarisas -, e que proseguiu visitando os restos da sinagoga na rúa Ordóñez, e a Catedral onde pui-

deron admirar as pezas dos prateiros xudeus que se conservan no museo catedralicio, así coma o menorá do claustro, que é testemuña da relación que existía entre a comunidade xudía e a cristiá.. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, acompañou a esta trintena de persoas no seu percorrido pola cidade. Cómpre lembrar que a Ruta Xudea está recollida tanto nun folleto turístico coma sinalizada dende a praza da Inmaculada, podendo a través dos sinais e códigos QR realizar un percorrido polo patrimonio xudeu que conserva a cidade

Preto de cen nenas e nenos disfrutan do Campus de Fútbol de Tomiño

TOMIÑO.

Preto de cen nenas e nenas de entre 4 e 16 anos están a participar no campus de fútbol organizado polo Concello de Tomiño e que se celebra nos campos de fútbol da Carballa (Tomiño) e do Regatiño (Goián). Estas xornadas, que xa son un referente a nivel deportivo nos veráns da comarca do Baixo Miño, serven para que as rapazas e rapaces coñezan as tácticas e técnicas dun dos deportes con máis adeptos no municipio. O pasado martes recibiron a visita de Sara Tui, xogadora da primeira división femenina no clube Unión Deportiva

Granadilla Tenerife Egatesa. A centrocampista galega entrenou xunto cos participantes no campus e ensinoulles algunhas das claves para triunfar no mundo do fútbol. Pero o Concello de Tomiño considera que o campus ten que ir moito máis alá que aprender a xogar ao fútbol. Por iso programa unha serie de actividades para que as nenas e nenos fora do terreo d exogo. Unha charla sobre a igualdade no mundo do deporte, outra sobre a prevención de lesións e un obradoiro de primeiros auxilios, figuran entre as actividades programadas.

Gran participación de nenos e nenas nas actividades de verán

TOMIÑO.

Un centenar de nenos e nenas acoden ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán. Todas as mañás, de 9 a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera. Divididos en dous grupos, por idades (3 a 6 e 7 a 12 anos), comparten as súas inquedanzas con nove monitores, tres de eles en prácticas. Terán cociña e a visita do mago “Samu” coma novidades. Algúns repiten experiencia e outros veñen por primeira vez, coma Xabi, 8 anos, de Barrantes, ou Marta, 9 anos, de Areas (Tui). Ao primeiro gústalle todo o que fan, mentres

que a segunda prefire os xogos en grupo. Unha das monitoras, Lorena Méndez, de Chirlo Mirlo, corrobórao: “o que máis lles gusta son os xogos libres”. Comezaron tamén os campus de tenis e padel, con máis de 50 persoas apuntadas. O monitor Fabián Gutiérrez Corvetto, salienta a aceptación cada vez maior deste tipo de deportes até o de agora minoritarios, situación que no caso de Tomiño é posible tamén polas pistas da Área do Mosteiro, anexas ao colexio Pedro Caselles, arranxadas polo Concello recentemente. Paralelamente, están a piques de empezar outras actividades, coma o campus de rugby, piragüismo e fútbol.


[ XX] Xullo 2018 (Primeira edición) BAIXO MIÑO

O BNG esixe mantemento sistemático do Dez persoas comezaron a traballar Castelo de Santa Cruz e a súa contorna como peóns de horticultura e falta de limpeza, árbores rotas... xardinería no Concello de Tui BLOQUE NACIONALISTA GAEsta xoia do patrimonio guardés

A GUARDA.

LEGO presentou un escrito solicitando que se tomen medidas para a limpeza e mantemento do Castelo de Santa Cruz e a súa contorna. Dende hai tempo o BNG ten denunciado o estado de abandono que sofre a contorna do Castelo de Santa Cruz, con herbas que superan o metro de altura, ramallos tirados pola zona,

custou moitos cartos do erario público para lograr a súa apertura ao pobo e a posta en valor coas reformas que se fixeron. É responsabilidade do grupo de goberno do PSOE manter e potenciar este espacio. Para o BNG é un esperpento o vivido días pasados coa organización do “Interlude Fest” pon de manifesto a falta de mantemento, non so da contorna do Castelo, se non tamén do seu interior. “Unha infraestrutura chamadaa ser unha das áreas de lecer máis importantes do Concello da Guarda sofre un estado de abandono preocupante. Debera ser un lugar de encontro para guardeses e guardesas e as veces parece máis unha finca abandonada...”, comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG. Dende o BNG temos claro que este espazo non se pode limpar soamente cando se celebra algún acontecemento puntual. Este recinto necesita dunha limpeza sistemática para que calquera persoa que desexe gozar deste espazo aberto o poida facer sen ter a sensación de entrar nun espazo abandonado.

TUI.

Dez persoas comezaron recentemente a traballar no Concello de Tui coma peóns de horticultura e xardinería grazas á achega de 103.260,15 concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao Concello de Tui. O contrato terá unha duración de sete meses. Por outra parte dende hai unha semana dúas bolseiras do Plan

de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra están a realizar a súa estadía laboral no Concello de Tui por un período inicial de 6 meses, prorrogables outros 8. Trátase dunha graduada en Xornalismo que realiza a súa formación na Radio Municipal e Gabinete de comunicación e outra persoa co Ciclo superior produción audiovisual e espectáculos formarase no Departamento de Cultura.

Remodelación nas delegacións do equipo de goberno tudense TUI.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, vén de remodelar as delegacións da alcaldía logo de que o concelleiro Andrés Urseira, por incompatibilidade laboral e de mutuo acordo co resto do equipo de goberno, deixará dúas das delegación que viña ocupando, como son as áreas de Deportes e Turismo. Porén seguirá ao fronte da Eurocidade e as Relacións Supramunicipais coma viña facendo dende o pasado mes de outubro.

Esta decisión leva a reestruturación das delegacións de tal xeito que dende a próxima semana o alcalde pasará a xestionar directamente a área de Turismo, e o concelleiro Eduardo Freiría asume Deportes, un departamento que sumará aos de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente. Por este motivo, dada a sobrecarga de traballo deste edil, o rexedor tudense proporá no pleno deste mes de xullo unha dedicación parcial para Eduardo Freiría.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ XXI]

BAIXO MIÑO

O Concello de Tomiño inviste en sinalización e iluminación nos núcleos urbanos do Seixo e Goián e en parroquias TOMIÑO.

A Concellería de Seguridade Cidadá e Iluminación Pública, que dirixe Manuel Álvarez González, vén de investir perto de 20.000 euros en obras de sinalización, horizontal e vertical, e melloras de iluminación en diferentes puntos do municipio. A reposición e colocación de espellos (uns 60 en total), sinais de stop, dirección prohibida, rúas sen saída, ceda o paso, etc. foron outras das accións levadas a cabo tanto en varias zonas dos núcleos urbanos do Seixo e Goián, coma en parroquias. Asemade, pintouse de novo parte da Zona Azul e zonas de carga e descarga, por exemplo, na rúa República Arxentina e Uruguay,

no Seixo, ou Avenida Ordóñez e habilitouse un nova para a Escola Infantil de Goián. Na entrada á parroquia de Santa María de Tebra, ademais de sinalizar, realizáronse melloras da rede eléctrica, por valor de 8.000 euros. As obras consistiron, concretamente, na reposición de varios cadros e postes de madeira; báculos novos, colocación de focos de lede e cambio de máis de 4.000 metros de cable. Estas obras veñen sumarse ás feitas anteriormente noutros puntos do municipio, e a intención do Concello é continuar levando a cabo melloras nas zonas que o precisan e que aínda non foron obxecto de acción municipal.

A programación vén recollida no número 36º da axenda Corredoira Cultural

MÚSICA, CINEMA, GASTRONOMÍA E DEPORTE NO VERÁN CULTURAL DE TUI

TUI.

A música encherá o verán tudense nos distintos actos previstos dende esta fin de semana até o mes de setembro. A programación, que inclúe tamén cinema, deporte e gastronomía, foi presentada este mediodía na casa do concello. Esta oferta cultural vén recollida no número 36º da Axenda Corredoira Cultural da que se editan 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença. Esta publicación achega tamén a programación de outono/inverno conformada por oito eventos que se celebrarán no Teatro Municipal de Tui de outubro a decembro. Compareceron ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, unha representante da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei, Alicia González Pérez, a directora do IKFEM, Andrea González, un representante da Escola de Gaitas e Baile San Fins organizadora da Noite

Internacional do Miño, Alfonso González, unha representante do curso Tamara Brooks, Aloia Martínez, o director de Música no Claustro, Samuel Diz, e a directora de Arraianos, Andrea Costa. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou a oferta variada, equilibra e rica que presenta esta programación apuntando que “no mundo da cultura e da programación cultural de Galicia Tui ten un recoñecemento e unha traxectoria importante cunha axenda cultural consolidada”. Ao tempo destacou a vertente solidaria de varios dos eventos que se van celebrar este verán cos afectados de Paramos e Guillarei, engadindo que esta solidariedade cos afectados pola explosión no barrio da Torre está tendo unha vertente transversal nos distintos actos que se celebran na cidade. O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, salientou pola súa banda o variado repertorio de eventos que van dende o cinema infantil, a mú-

sica, as representacións teatrais no outono, e citas tradicionais no verán tudense. A primeira das propostas da programación do Verán Cultural terá lugar mañá venres, 13 de xullo, coa primeira das proxeccións de “Cinema no Verán”. A cita será ás 22.30h na praza de San Fernando coa película “El hijo de Bigfoot”. O cinema de animación para todos os públicos continuará os venres 27 de xullo con “Cavernícola”, o 3 de agosto con “Coco” e o 24 de agosto con “Ferdinand”. Baixo o título de “Concertos de Verán” a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá tres concertos no Paseo da Corredoira, este sábado 14 de xullo, o sábado 11 de agosto e o sábado 1 de setembro, sempre ás 21.30h. Por outra parte este domingo, 15 de xullo, o Paseo Fluvial acollerá o Concerto Solidario “Todos con Paramos” no que actuarán as bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e San Xoán de Paramos xunto a

BAUTIZOS, COMUNIÓNS BODAS, EVENTOS PARA EMPRESAS, DESPACHO DE COMIDA PARA LLEVAR...

EN GOIAN 690 997 806


[ XXII] Xullo 2018 (Primeira edición)

AS REPORTAXES DE G. FIGUEIREDO (VII)

O ASASINATO DE JOSÉ RODRÍGUEZ SILVOSA E RAMÓN SOMOZA ÁLVAREZ Desta volta vouvos falar do asasinato destes dous veciños de Monforte de Lemos, un xastre e un gandeiro socialista detidos e fusilados en xullo de 1938 pola Garda Civil do réxime franquista.

J

osé Rodríguez Silvosa era natural de Lugo, a data do seu nacemento non está confirmada pero foi alá polo 1907. Era fillo de José Rodríguez e Estrela Silvosa, casou con Julia Expósito, con ela tivo tres fillos chamados José, Ermidas e Enriqueta, quedou viúvo con 31 anos e dende 1936 os seus fillos tiveron que ser acollidos e criados por unha tía. A súa profesión era a de xastre, e levaba residindo en Monforte dende 1936, poucos meses antes do estalido do golpe de Estado Falanxista. Tras participar na resistencia ao golpe de Estado en Monforte de Lemos, e dende o fracaso desta e a toma de control das forzas militares e falanxistas, vese obrigado a fuxir ás montañas, xa que se lle acusa de xeito directo da morte, durante os tiroteos producidos o día 22 de xullo, do falanxista José Expósito. Permanecerá como fuxido ata o 10 de xullo de 1938, cando é localizado e detido, aínda que non se saben as circunstancias concretas desta detención. É fusilado tres días despois, o 13 de xullo de 1938, cando tiña 31 anos. Na

súa acta de defunción di: "debendo tratarse dun homicidio, digo hemorraxia interna". Morte ás 20:00 "pouco máis ou menos". Ramón Somoza Álvarez era natural de Ponte Canedo en Santiago das Caldas, Ourense, onde nacera en 1899. Era fillo de Rodrigo e Eudosia, solteiro e de profesión gandeiro, pero tamén residente en Monforte. Pertencía ao Partido Socialista de Monforte, do cal foi concelleiro durante a II República. Foi condenado a seis anos de prisión uns meses antes da revolución de outubro de 1934, implicado nun depósito de dinamita xunto con Juan Tizón, tamén concelleiro socialista que en 1936 se converteu en alcalde da vila, e outros sete dirixentes da agrupación socialista local, todos ferroviarios, aínda que con posterioridade foi amnistiado, segundo o relato da ARMH. Neses días tamén foron enviados á cadea os rexedores de Sober e Ribas de Sil. Ao igual que Rodríguez Silvosa, Ramón participou na resistencia que existiu en Monforte contra os militares falanxistas sublevados contra o goberno republicano. Tamén

Rúa do Porto, 56 - A Guarda - 986 614 571 www.arruaz.com reservas@arruaz.com

Somoza puido fuxir en 1936 e permaneceu agochado e, de feito, a súa familia tiña todo preparado para fuxir do país. Porén, foi delatado por un compañeiro de partido, a quen os falanxistas lle prometeron que salvaría a vida se lles indicaba o paradeiro do ex-concelleiro, pero foi igualmente asasinado. Somoza era, ademais, cuñado de Víctor Martínez Rodríguez, tamén concelleiro en Monforte, fusilado en 1937. Somoza permaneceu agochado ata o 11 de xullo de 1938, momento en que foi delatado e detido. Fusilado dou días despois da súa detención, con 39 anos, o 13 de xullo de 1938. No rexistro de defuncións di "de-

bendo tratarse dun homicidio, digo abundante hemorraxia". En xullo de 2016 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica atopou e exhumou os cadáveres destes dous veciños de Monforte asasinados polo réxime franquista. Estaban soterrados no cemiterio da igrexa parroquial de Seixo de Castroncelos, na Pobra do Brollón. Os restos humanos estaban sepultados en dous lugares diferentes, separados por unha distancia duns vinte e cinco metros e situados respectivamente xunto ao muro este e ao muro oeste do recinto do cemiterio. O pasado 28 de abril entregóuselle aos familiares os restos destes dous homes asasinados pola Garda Civil cando eran conducidos polo camiño de Salcedo e Castroncelos, por "tentar fuxirse", segundo recóllese na documentación xudicial existente e feita pública pola ARMH. Foi un acto moi emotivo na Casa de Cultura da Pobra do Brollón de Lugo no que se homenaxeou tamén aos represaliados durante a Guerra Civil. Foi organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en colaboración cos concellos da Pobra do Brollón e Monforte. “Animamos a Asociación Pola Memoria Histórica que non deixe de buscar aos asasinados e demais vítimas inocentes do golpe do estado e da ditadura franquista para poder facer algo de xustiza devolvendo os corpos aos seus familiares. Grazas.”


Xullo 2018 (Primeira edición) [ XXIII]

BAIXO MIÑO

O BNG pide explicacións de por que Camposancos non solicitou axudas para normalización

A GUARDA.

A vogal do BNG na Entidade Local Menor de Camposancos, Merchi Martínez, presentou un escrito solicitando explicacións de por que dita entidade non solicitou as axudas que a Deputación de Pontevedra puxo a disposición dos concellos e das entidades menores para normalización lingüística. Trinta e catro concellos xunto coa Entidade Local Menor de Bembrive e o propio concello de A Guarda beneficiáronse de axudas para dinamización e normalización lingüística as cales foron aprobados e concedidos

pola deputación de Pontevedra. En concreto na comarca do Baixo Miño beneficiáronse os concellos de A Guarda, Oia e Tomiño. “Non pode ser que perdamos estas ocasións de poñer a disposición dos veciños e veciñas de Camposancos actividades creativas en torno a nosa lingua. Non entendo ao Presidente da Entidade: ou non lle importa ou é un incompetente”, comentou Merchi Martínez. Entre outras actividades, Camposancos perdeu a oportunidade de campamentos de verán para menores de 14 a 16 anos, talleres de creación literaria, contacontos, etc.

O ano pasado tramitáronse 137 denuncias que afectaban a 312 parcelas. A maioría dos expedientes resolveuse enviando unha soa notificación

Tomiño envia notificacións para a limpeza de fincas para a prevención de incendios

TOMIÑO.

A calor volve a instalarse en Galicia e dispáranse as alertas polas vagas de incendios que cada ano afectan ao ámbito forestal máis urbano dos municipios galegos, aqueles terreos forestais máis próximos aos núcleos habitados. Dentro das medidas adoptadas para evitar os lumes e cumprir a normativa autonómica de prevención e defensa contra os incendios, o Concello de Tomiño xa enviou 209 notificacións aos propietarios e pro-

BOC & PIX

pietarias de distintas fincas para que levaran a cabo as tarefas de limpeza necesarias para evitar riscos. Nestes intres, os servizos municipais teñen abertos 397 expedientes, a maioría deles (273) abertos a instancia de particulares. Pola súa banda, o Concello abriu de oficio un total de 124 expedientes. Ata o de agora están afectadas 93 parcelas segundo a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e outras

RÚA BAIONA, 5 A GUARDA

304 pola ordenanza municipal de xestión de biomasa BOP (26/03/2015). O Concello de Tomiño tramitou durante o ano 2017 un total de 137 denuncias que afectaban a un total de 312 parcelas que non cumprían coa normativa antiincendios, 29 delas de oficio. Todos estes expedientes tiñan como obxectivo que se aplicara a lei e que os propietarios e propietarias executaran as medidas pertinentes nas súas correspondentes fincas.

MASTER VICENTE

Rúa Concepción Arenal, 53 - Baixo A Guarda

RESTAURANTE CAMPING

SANTA TECLA Amplo salón para eventos. Unha proposta excepcional nunha contorna para gozar. EN A GUARDA XUNTO A DESEMBOCADURA DO MIÑO


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida e Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso.

Este xornal imprimiuse en papel reciclado

Depósito Legal: VG-195-2011

Avenida de la Concordia, 29 - TUI www.ladejoseluis.com

EN REBORDÁNS, TUI

Para encontrar a mellor vivenda coa máxima satisfacción

AVENIDA DA CONCORDIA, 28 - TUI


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 13]

ROBERTO RODRÍGUEZ

C

Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

ada vez que queda ao descuberto a xestión do Goberno de Arévalo, tamén queda manifesta a súa incapacidade para facer as cousas medianamente ben. Un claro exemplo disto é a forma na que o Concello xestionaba os alugueres das naves industriais situadas nos polígonos de Monte Faquiña. Unha vez que o Concello perde a titularidade destes inmobles, e a xestión dos alugueres pasa a outras mans máis transparentes, podemos decatarnos do despropósito e da nefasta xestión, que xa non sabemos si é debida a incapacidade ou mesmo a desidia e desgana dun Partido Popular que, en vez de gobernar, vai arrastrando os pés. Neste despropósito atopámonos con Empresas que estaban pagando un aluguer irrisorio porque o Goberno non foi quen de actualizalo; outras que estaban subarrendando ilegalmente e sacando un beneficio económico en detrimento do Concello; e moitas que non cumpren cos pregos de contratación polos que foron adxudicatarias das parcelas ou das naves industriais. Todo isto, obviamente, suma unha morea de cartos que ano tras ano o Concello de Mos deixou de ingresar.

A LOURIÑA

A INCAPACIDADE MANIFESTA DO PP PARA XESTIONAR BEN

Nos atopamos cunha xestión chea de irregularidades, algunhas tan graves como modificar o réxime dos contratos sen que estes chegasen ó seu vencemento e sen sacalos a nova licitación pública. Durante todos estos anos nin tan siquera se molestaron en actualizar os alugueres según o IPC. Non en van, a colocación é a pedra angular da súa rede clientelar. Perdéronse para as arcas municipais os ingresos dos alugueres das naves dos polígonos de Monte Faquiña, pero alomenos seguen redundando na veciñanza. Nembargantes, no caso do Polígono do Rebullón, debido a desastrosa xestión do Plan Xeral Municipal de Mos (PXOM) e a deixadez do Goberno Municipal, boa parte deste polígono se atopa nestes intres dentro dos lindes do concello de Vigo (co que hai que acordar o deslinde de ambos municipios), polo que actualmente se atopa comprometida a recadación dos impostos e taxas que deben pagar as empresas que se atopan nese emprazamento. Ademáis da posilibidade real e certa de enfrentarnos a unhas demandas millonarias por parte dos propietarios das naves afectadas o pasar de estar en solo urbano industrial en Mos a solo rústico de protección fo-

restal en Vigo, cas consecuencias de non poder solicitar novas licencias de actividade para as súas naves, ou cambiar as xa obtidas, ademais da imposibilidade de obter novas licencias de obra que superen a mera rehabilitación ou reforma. Seguimos o rastro da mala xestión do Goberno de Arévalo e chegamos ao Polígono da Veigadaña. O polígono estrela de Mós segue semibaleiro despois de tantos anos, un polígono feito coa intención de atraer a industria e aliviar a contaminación industrial nas zonas residenciais, e que non cumpriu a súa función. Arévalo ben podería ofrecerlle o que resta deste polígono o Sr. Mouriño para o seu proxecto, claro que neste terreo o da recalificación e pelotazo económico xa non sería posible. Este polígono segue semibaleiro, aínda que a Xunta de Galicia bonifique o prezo dos terreos e o Concello de Mos faga exencións nos impostos, porque como sociedade cos Gobernos do Partido Popular deixamos de investir en mellorar as infraestruturas, as comunicacións, a investigación e desarrollo e o peor de todo deixamos de investir en formar profesionalmente aos traballadores e traballadoras, deixando que a precariedade o invada todo.

Guía linguaxe inclusiva elaborada pola DePo

Hai meses aprobamos que Mos se adherira á Guia de Linguaxe Inclusiva elaborada pola Deputación de Pontevedra. Leendo os documentos realizados no Concello parece obvio que non se esta cumprindo dita Guia e que esta dormita no caixón do Goberno municipal xunto cos centos de facturas impagadas e o resto de ordenanzas sen cumprir. Imos concederlles o beneficio da dúbida e preguntarlles se alomenos intentaron aplicar esta guia ou se foi directamente ao caixón sen pasar pola casilla de saída.

Moción monte Faquiña aprobada

No pasado Pleno de Mos aprobouse co apoio do Psoe e do PP a moción de GañaMós para instar a Fomento a realizar un acceso directo desde a AP-9 ao polígono de MonteFaquiña e así aliviar de tráfico rodado as zonas residenciais de Puxeiros e Peinador. GañaMós agradece o apoio do PP pero saben que si é polos Populares a moción vai directamente a criar malvas no caixón do Goberno Municipal. Por iso, GañaMós xa iniciou os trámites para que esta proposta este na mesa da correspondente Comisión do Congreso dos Deputados.

Ordenanza uso do galego

O Grupo Municipal GañaMós volveu a preguntar ao Goberno Municipal do PP polo imcumprimento reiterados da ordenanza para o uso do galego. A concelleira de cultura do PP asegura que si se esta cumprindo pero en realidade resulta que non, xa que non se están levando celebrando as comisións interdepartamentais que teñen que velar polo desenvolvemento da ordenanza.


[ 14] Xullo 2018 (Primeira edición) OPINIÓN

ROMÁN GONZÁLEZ GARRIDO Integrante de GañaMós Asemblea Veciñal

E

stamos chegando xa o mes de Agosto, mes no que historicamente a xente colle as súas vacacións, unhas vacacións que na maioría dos casos son ben merecidas. Pero noutros, como no caso de PP de Mos, levan todas suspensas para Setembro. Como decía anteriormente, ao chegar a este mes, facemos balance do curso político, algo necesario se queremos seguir progresando. Dentro dese resumo, tamén facemos a necesaria autocrítica, algo indispensable para poder medrar como grupo, e así poder ofrecerlle as veciñas e veciños unha alternativa real ao Partido Popular no noso concello. Se facemos balance deste último curso, non vexo un goberno capaz de solucionar os problemas municipais, senón máis ben de todo o contrario. A nivel de xestión económica, estamos fartos de repetir unha e outra vez a nefasta xestión que está a levar a cabo Arévalo. Quen está aumentando mes tras mes a débeda municipal e mostrando a súa incapacidade, sen ser quen de presentar e aplicar un plan de axuste municipal, para polo menos garantir o pago das nóminas das traballadoras e traballadores municipais, asi como tamén o pago dos gastos correntes do propio concello, como a luz, a auga, etc. Todo isto xa o dixemos en reiteradas ocasións e está reflictido nos infor-

VALORACIÓN DO CURSO POLÍTICO mes oficiais de tesourería e intervención. Ademais o PP non quixo nin quere facer un plan municipal de prevención de incendios, amosando o pouco que lle importa a seguridade veciñal. No asunto do Polígono do Rebullón segue amosando a súa neglixencia e incapacidade, onde pola súa avaricia, agora o concello de Mos ten que pelexar con Vigo un deslinde que case con toda probabilidade rematará co concello de Mos pagando unhas indemnizacións millonarias ao propio concello de Vigo, facendo así máis grande o buraco nas nosas xa valeiras arcas municipais. O dialogo e a boa mediación, tampouco forman parte do dicionario do PP de Arévalo, e así quedou patente en multitude de ocasións, nas que as artimañas do PP o único que conseguiron foi levar a enfrentamentos aos propios veciños, e a única forma que entenden é a expropiación forzosa. Temos un claro exemplo na ampliación da senda do Rio Louro, onde lonxe de chegar a acordos cas veciñas e veciños, aplica a mencionada expropiación forzosa. Outro claro exemplo da sua codícia e incapacidade é o asunto do macrocentro comercial que Mouriño quere construir nos montes de Tameiga. É inaudito e preocupante, que Nidia Arévalo queira regalarlle

uns terreos que non son de propiedade municipal para tal fin, pasando por riba dos propietarios e propietarias co que sexa preciso, mentindo, enganando e confrontando dunha maneira vil e sen escrúpulos co único propósito de enriquecer a un par de millonarios, e quen sabe se a ela mesma. Todo isto quere dicir que Nidia Arévalo está a favor da especulación e da opresión, algo que nós xamais toleraremos nin aceptaremos. Esa vella política xa non ten cabida no noso concello. Contra todo isto, dende GañaMós estamos máis que reforzados de cara o novo curso político que como todas e todos sabemos estará condicionado polas vindeiras eleccións municipais. Unhas elección nas que GañaMós e a parte que me toca dentro do grupo estaremos con moito máis que a ilusión do ano 2015, imos estar coa experiencia adquirida nesta lexislatura, que vos podo asegurar que aprendemos a marchas forzadas. Imos estar, sendo coñecedores das artimañas do Partido Popular, e convencidos do que hai que mudar para que este Concello avance cara un futuro máis sostible, e cun futuro cheo de esperanza. Todos os problemas internos que tivemos, non fixeron máis que fortalecernos- Axudáronnos a aprender dos erros e a centrarnos no que realmente nos une que son os problemas municipais que repercuten di-

Concertos:

Venres 3 de agosto ás 22,00h.

Rubén Reinaldo & Kely García

rectamente nas veciñas e veciños de Mos. Sabemos cal é o noso camiño, sabemos cal é a nosa esencia, e sabemos tamén porqué estamos na política municipal, e non é máis que por amor ao noso Concello e as súas xentes. Temos dentro do noso patrimonio, un potencial inmenso e incrible que non está sendo aproveitado. Con todo o noso potencial, sabemos e estamos convencidos de que Mos tería que estar holgadamente dentro da lista dos mellores concellos da provincia e lamentablemente agora mesmo estamos a cola dos mesmos. Por iso, a volta das vacación miraredes un GañaMós renovado, forte e sólido, cunhas propostas axeitadas e merecedoras do noso concello. Unhas propostas que estamos convencidos de que, entre todas e todos, conseguiremos darlle a volta a esta situación de desidia na que estamos inmersos e conseguiremos sacar dunha vez ao goberno de Nidia Arévalo da nosa institución. A parte que a min me toca dentro deste grupo, será cada vez máis forte e máis sólida, aportando o sentido común necesario para conseguir o obxetivo común, porque eu non podo quedar indiferente ante este despropósito e ante estes ataques aos que nos somete o goberno de Arévalo, entre todas e todos, poñeremos fin a esta situación de precariedade na que Nidia Arévalo nos ten metidos

Venres 10 de agosto ás 22,00h.

Xoan López


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 15]

BODEGAS

IGLESIAS

CASAL - BUDIÑO O PORRIÑO 986 34 61 10


[ 16] Xullo 2018 (Primeira edición) OPINIÓN VICTORIA ALONSO Secretaria local do PSOE de Mos

O PP DE MOS NON DA RESPOSTA AS QUEIXAS DA VECIÑANZA A

principios de ano renovamos a executiva do PSdeG-PSOE de Mos e cun novo trazado comezamos a traballar executiva e grupo municipal conxuntamente. Decidimos iniciar rondas de reunións co tecido asociativo e coa veciñanza, coñecer de primeira man as súas queixas e informalos do noso traballo e conxuntamente buscar solucións dende a nosa situación de oposición no goberno para os seus problemas. Nestas reunións por parroquias ten cabida toda a veciñanza, xa que levamos o lema de que imos a escoitar máis que a falar porque quen máis

coñece a problemática dos barrios son as e os veciños. Pero a cuestión que máis nos chama a atención e que parte das queixas son semellantes en tódalas parroquias. Ninguén entende coma co nivel máis elevado de impostos, cun presuposto que ronda os 10 millóns de euros e con subvencións doutras administracións temos unha débeda recoñecida de máis de 10 millóns de euros nin coma levou na primeira metade do ano ata catro recoñecementos extraxudiais por valor de máis de 1 millón de euros. As e os veciños non entenden como xestiona os cartos do concello. Cando lle damos as cifras e lle explicamos a situación económica tan crítica que atravesa o concello bótanse as mans a cabeza preguntándose coma o Partido Popular foi quen de levar a Mos a semellante ruína. O saneamento é outra tónica en tódalas reunións, dinnos estar cansos de ir o concello a solicitar que se avance neste tema e de ler noticias e escoitar que xa está apiques de rematarse nalgunhas parroquias. Pleno tras pleno as concelleiras preguntaron

cando pensaban pórse co tema e escoitamos que o 90% das vivendas xa están conectadas, pero as contas non dan... se a meirande parte dos veciños quéixanse é imposible que so falte un 10% e despois de moito preguntar conseguiron que nos dixeran que ese 90% é das estradas principais, e dicir, manipulan as palabras para non dicir a cifra do que realmente falta. Unha vez máis o Partido Popular rise dos veciños o non falar claro sobre o tema. Outra queixa que nos din é que xa vai sendo hora de romper coa tradición de rozar as herbas polas parroquias na época das festas, porque aínda por riba limpan a zona máis preto da igrexa quedando rúa máis afastadas que parecen verdadeiras cavernas naturais pola vexetación que xa teñen. E non é que pretenda ser exaxerada, é que moitos camiños nos que xa colle un so coche co tamaño das herbas case parece unha xoaniña en medio de tanto verde. Outra das cuestións das que informamos é que Mos non ter capacidade económica para realizar investimentos,

ten que recorrer a subvencións doutras administracións para ser quen de sacar algúns proxectos adiante. E é neste punto onde lles comentamos que a Deputación de Pontevedra está apoiando a Mos a pesares de ser doutro cor político. Que rompeu coa costumbre de Louzán de darlle os concellos nos que gobernaba o PP e así o demostran os máis de 5 millón de euros que o noso concello recibiu. Moita da xente coa que falamos e lle enumeramos obras que se fixeran con fondos provincias ou a onde destinan estes cartos nin o sabían, porque o concello informa de pasada para que sexa un dato que pasa desapercibido. Dende a agrupación local temos a intención de seguir con estas reunións das que saimos esperanzados, porque respirase un alo de esperanza de pórlle fin a este goberno despilfarrador, a xente acude as reunións, fala dos seus problemas e pregúntanos polos nosos proxectos. A veciñanza pode confiar en que imos seguir tendo reunións e transmitindo as queixas porque queremos que se sintan participes do noso traballo.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 17]

VAL MIÑOR

Benítez supervisa o fin da mellora viaria na estrada provincial Chaín-Morgadáns PANXÓN.

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora na estrada Gondomar-Chaín-Morgadáns dentro do termo municipal de Gondomar. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez, xunto co alcalde Francisco Ferreira, realizou hoxe unha visita á zona para supervisar a actuación, que consistiu nunha rehabilitación estrutural do firme xunto coa instalación de redutores de velocidade e a creación dunha ‘zona 30’. Benítez destacou que o proxecto de mellora, consensuado co alcalde, supuxo un investimento de máis de 406.300 euros, e foi executado pola empresa ‘Nexia Infraestrutu-

ras’. Subliñou que o actual goberno da Deputación aposta por mellorar a seguranza viaria na rede de estradas provincial, polo que a solicitude de Ferreira foi atendida logo de valorar o mal estado do firme, que presentaba un deterioro moi importante. Asimesmo, o nacionalista tamén apuntou que a Deputación insistiu na necesidade de

instalar elementos de calmado de tráfico co fin de minorar a velocidade coa que os vehículos transitaban pola zona ata o momento, colocando seis pasos de peóns sobreelevados (PPS ou máis coñecidos como ‘lombos’) e nova sinalización horizontal e vertical que delimita claramente a 30 quilómetros por hora o paso dos coches.

Aconsellamos a todas as nosas lectoras e lectores que non deixen pasar o verán sen achegarse a coñecer o BAR RÍO de Sabarís. Alí, Jose e Eva, abofé que nos farán coñecer o valor dun sorriso, o aloumiño do acougo de dous profesionais sobresaintes nunha contorna espectacular e cun producto de primeirísima calidade.

RÚA ROMANA BAIXA Nº 3


[ 18] Xullo 2018 (Primeira edición) VAL MIÑOR

XII EDICIÓN DO FESTIVAL NIGRÁN JAZZ FELIPE VILLAR. DIRECTOR DO FESTIVAL

“ORGANIZAR O NIGRÁN JAZZ É DO QUE ESTOU MÁIS ORGULLOSO NA MIÑA VIDA”

Os vindeiros 27 e 28 de Xullo poderemos gozar dunha nova edición do festival de Jazz de Nigrán. Este evento xa está consolidado no calendario como un acontecemento imprescindible, no que os músicos máis importantes do Jazz mundial ofrecen a todas e todos os que aprecien este tipo de música un acontecemento de calidade superlativa que cómpre non perderse. Sen dúbida o traballo cuantitativa e cualitativamente sobresaínte do seu director Felipe Villar, ten moitísimo que ver no éxito deste festival, xa referente cultural no verán do Val Miñor. Un ano máis achegámonos ata Nigrán a conversarmos con Felipe.

Recentemente fixestes a presentación dunha nova edición do festival NIGRÁN JAZZ, e imos xa por que edición? O tempo pasa moi rápido, imos pola XII edición, que desenvolveremos o venres 27 e o sábado 28 deste mes de xullo. Como se presenta este ano o festival? Ao igual cós últimos anos, procuramos combinar aos músicos locais, coas figuras internacionais de primeiro nivel no mundo do Jazz. Contaremos co trío de Xacobe Martínez Antelo, e logo co quinteto de Voro García. O sábado 28 teremos a Dani Font, un rapaz moi novo de Vincios, que está a formarse en Holanda e que teño a certeza de que

será unha futura referencia mundial neste mundo noso do Jazz, e remataremos o sábado co trío de Jesse Van Ruller. Traer músicos de primeirísimo nivel ano tras ano, todos e cada un dos anos, non debe de ser nada doado? Ben, facemos o que podemos. Aos poucos imos coñecendo a todos os artistas internacionais, e co contacto cada vez máis habitual, acabamos converténdonos en amigos. Non podemos investir demasiados cartos, pero aproveitamos as oportunidades de combinar con outros eventos. Falando de investimento. Estás contento co apoio do Concello e da De-

putación, ou temos que tirarlles das orellas? Estou moi contento. Para un Concello como Nigrán, o esforzo que fai en apoiar o Nigrán Jazz é moi apreciable, e a axuda que nos dá a DEP é tamén moi importante para nós. O entorno no que celebrades este ano é o mesmo de sempre? Si por suposto. O marabilloso entorno do Esteiro da Foz, é, creo eu, un dos secretos do éxito do noso evento. Supoño que como outros anos complementaredes os concertos con actividades paralelas? Pois si, tamén teremos as clases maxistrais, este ano dedicadas á guitarra de Jazz alén das Jam session Os horarios? Os concertos comezan ás 21,00,as clases maxistrais ás 12,30 da mañá no auditorio do Concello, e as Jam session ás 12 da noite. Cobrades entrada? Non, o festival é de balde. Calquera persoa queira asistir só ten que ir. E con toda a humildade atrévome a recomendalo, creo que é un evento moi

bonito, de gran calidade artística que paga a pena coñecer. En relación á asistencia que expectativas tes? A dos últimos anos. Se temos sorte co tempo, agardo que enchamos, como habitualmente. Teño a sensación Felipe, que organizar o Nigrán Jazz, é algo que te produce unha intensa satisfacción íntima? Probablemente sexa do que estou máis orgulloso na miña vida. E non te quedas, só no Nigrán Jazz non Felipe,? este ano tamén te encargaches do festival de Jazz de Vigo? Si, este ano si, fixémolo Iago Vázquez e eu. Xa sabes Tino, que eu vivo unha intensa historia de amor co Jazz, e todo o que teña que ver con el e a súa promoción que pase polo meu carón, a resposta que se vai encontrar pola miña banda, vai ser sempre o si máis cálido e afectuoso que poida ser capaz de expresar. Que valoración fas do festival de Vigo? A nivel musical foi fantástico.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 19]

VAL MIÑOR Os festivais de Jazz están moi consolidados na nosa contorna, non? Si, a verdade é que si, temos a 1º edición do festival de Bueu, a 2º do festival de Moaña, por suposto segue o marabilloso festival de Pontevedra, o estupendo festival de Cangas. Ti asistes a todos? Desde Logo, todos somos compañeiros e amigos e todos axudámonos entre nós. Que alegría atopar un contexto de colaboración, no canto dun ambiente de competición interna. É que facernos competencia entre nós, sería unha absoluta estupidez Estou completamente de acordo contigo Felipe, e alégrame, un ano máis, conversar cunha persoa que pense da maneira que ti pensas. Xa che digo que somos moi amigos e axudámonos todos entre nós. É a miña forma de entender a vida. Rematamos Felipe, agradecendo a túa amabilidade e cunha última cuestión. A que nivel está o Jazz Galego? O nivel dos músicos galegos máis destacados é elevadísimo, o noso Jazz está á máxima altura do Jazz europeo. Moitas grazas.

Embelecemento de fachadas, balcóns ou ventás. Gondomar vila para a Beleza e a harmonía

GONDOMAR.

O concello da Vila de Gondomar convoca o II Concurso de Embelecemento de Balcóns ou Ventás e Fachadas da Vila de Gondomar para o verán de 2018. O concurso celebrarase dende o 16 de agosto ate o 31 de agosto do ano 2018 Mediante este concurso, preténdese poñer en valor os beneficios estético-ambientais da recuperación dos balcóns e ventás como elementos vivos da Vila, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha contribución cidadá á mellora estética dunha rúa ou dun edificio, á mellora da calidade ambiental e, sobre todo, á mellora da relación veciño/a-entorno urbano a través dunha persoal achega artística que podemos gozar todos e todas, tanto veciños/as como turistas. Poderá participar no concurso toda persoa propietaria ou arrendataria de vivenda con balcón ou ventá que reúna as condicións necesarias para ser decorado, sen que a actividade decorativa supoña un perigo para a integridade da persoa mesma nin das persoas viandantes. Asemade, a ventá ou balcón e fachada obxecto de decoración deberá atoparse dentro do Casco Urbano de Gondomar. Facilitarase un distintivo (lazo azul con número) a cada participante, que deberá ser exhibido nun lugar visible en tódolos balcóns/ventás e fachadas.

Panxón acolle ata o 22 de agosto a exposición 'El agua de la vida'

PANXÓN.

O Pavillón Municipal de Panxón acolle ata o 22 de agosto de 9:00 a 14:00 horas a exposición 'El agua de la vida', do centro de día de persoas maiores 'Botando unha man'. Nesta mostra recóllese mediante un panel o traballo creativo de pintado dun mural que realizaron os usuarios no propio centro de día, ademais, permanece exposta unha escultura de vidro realizada coa axuda dun monitor.


[ 20] Xullo 2018 (Primeira edición) ENTREVISTA

MANOLO PADÍN. NARCO ARREPENTIDO E TESTEMUÑA PROTEXIDA DA OPERACIÓN NÉCORA

“A CONIVENCIA DO NARCOTRÁFICO E O CONTRABANDO CO PP FOI A TOPE” Nas décadas dos 80 e 90 o narcotráfico foi unha gadoupa mortífera para toda a sociedade galega en xeral. Unha xeración de homes e mulleres que debían vivir a súa mocidade, os mellores anos da súa vida, nesas décadas, sufriron o inferno en vida de seren escravos dos narcóticos, que comerciaban traficantes sen escrúpulos, que se enriquecían ata a indecencia a conta do sufrimento a escravitude e a morte de centos de mozos e mozas. A Nova Peneira achegouse ata unha cidade calquera da península ibérica a conversar con Manuel Fernández Padín, narcotraficante arrepentido, que no seu momento foi xunto con Ricardo Portabales testemuña protexida na mediática operación Nécora. Como chegas a traballar cos Charlíns? Eu de novo tiven problemas coas drogas, aos 24 anos tiven unha sobredose moi grave de LSD que me afectou moitísimo e condenoume a estar toda a vida de psiquiatra en psiquiatra, ata agora que vou facer 59 anos. A droga fíxome perder o traballo, a saúde e o matrimonio, a droga fixo que se arruinara á miña vida. Marchei de Vilanova e estiven en Australia, e logo en Canarias pero sempre me foi mal. En Canarias atopei un psiquiatra de Vilagarcía que me recomendou volver á miña casa. E de volta en Galicia como evolucionaron os acontecementos? Volvín á miña casa, e recibín tratamentos psiquiátricos moi fortes que me mantiñan drogado perdido todo o día, e me facían

pensar obsesivamente na idea do suicidio. Non intentaches buscar traballo? Pois si, non sei como, quitei forzas de onde non as tiña e comecei a buscar, pero non o conseguía por ningures. Entón ocorréuseme meterme no contrabando de tabaco. Falei con Manolito Charlín,un dos amigos que me quedaba da pandilla, e díxenlle que se lembrara de min para descargar tabaco. E acordáronse de ti? Viñéronme a buscar ás 10 da noite e leváronme ao sur de Pontevedra. Moralmente non te supuxo problema? Pois si, eu estaba totalmente en contra do contrabando, pero naquel momento tiña urxencias económicas, dependía dos meus pais e decidín facelo.

Os Tonios e os compromisarios

Cantos anos tiñas? 30. Fostes ao sur e que pasou? Fomos facer unha descarga a Baiona entre a dúas e as tres da mañá, e cando estaba descargando vin que non era tabaco senón hachís. En 3 días 7.000 kgs de hachís Canto che pagaron pola descarga? 200.000 pesetas (1.200€). Seguiches traballando con eles? Si, boa parte desas 7 toneladas foron incautadas pola Garda Civil, nun trailer dun holandés, pero eu repartín por Arousa parte da droga que non foi decomisada, e xa me metín nese mundo.

Estamos falando de maio do 1989.Unha vez que se repartiu todo ese hachís, cal foi o teu seguinte encargo? En Agosto dese mesmo ano, tamén me dixeron que preparase con roupa escura outra noite ás 22,00 h. De novo Hachís? Eu miraba como descargaban das lanchas unha especie de bidóns, e a verdade non sabía o que era. Cando comezaban a abrir os bidóns para metelos nun coche, vin que sacaban fardos dun kg e que era cocaina. Quen estaba nas planeadoras? Suramericanos, supoño que colombianos.

HUMOR: MARCOS ESCUDERO http://cousasdebuxo.blogspot.com.es


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 21]

ENTREVISTA Como te convertes ti en testemuña protexida? Eu cando vin que se trataba de cocaina, falei cun amigo de Érguete e díxenlle que quería denunciar os feitos. El tiña contactos na TVG e saín nun programa de máxima audiencia, coa voz disimulada e ataviado cunha gorra para que non se me recoñecera, e alí denunciei que se estaban a introducir en Galicia enormes cantidades de cocaina. Na descarga que ti estiveches, que cantidade de cocaina se introduciu? 700 Kgs. Cando fixeches a denuncia, temiches pola túa vida? Si claro, sabía que me podía pasar calquera cousa. E ben, recoñecéronme pola tele, claro que si. E no canto de matarme o que decidiron foi entregarme á policía con 4 kgs de cocaína. Tiña que facer unha entrega e paroume a garda civil, malia que rexistraron o coche non atoparon a coca, e decidín desfacerme dela nun centro comercial de Pontevedra, un garda xurado denuncioume como o propietario da bolsa e viñéronme a deter a Vilanova. É entón cando decides colaborar coa garda civil? Si, tardei 3 días e finalmente decidín colaborar con eles. Leváronme a Valladolid a unha prisión de máxima seguridade para que non me asasinaran. En Carabanchel coñecín a Garzón, que ao meu xuízo cometeu irregularidades tanto comigo como con Portabales. Fixo manobras para que denunciara a Oubiña, a Sito Miñanco, a

Terito, mandoume á prisión de Toledo e excarceroume. Preguntoume a onde ía ir a vivir, eu díxenlle a Galicia, e el contestoume que a Galicia imposible que en Galicia podíanme matar. E ben agora parece que iso xa se esqueceu, que xa non me poden matar En que consistiron esas supostas irregularidades de Garzón contigo? Chamoume a declarar dúas veces sen avogado. El quería que imputara a Manolito Charlín Pumares. El dicía que era o cerebro da organización. Pero claro eu iso non o sei,e o xuiz estivo comigo arredor de 15 mnts tentando que o implicara. Entón ofreceume nas súas propias palabras “ un pacto de caballeros” que consistía en que eu confesara que Manolito Charlín participara en actos delituosos pero sen asinar. Non o conseguiu e mandoume a “recapacitar ao calabozo”. Na segunda declaración estou diante de Garzón e Zaragoza(fiscal da Audiencia Nacional) e entra pola porta Ricardo Portabales, que xa intentara sonsacarme cousas na prisión e desde logo non pintaba nada na miña declaración. Segues tendo medo? Si claro que si. De feito estiven en Galicia recentemente pero andei escapado. Quitáronche a protección non? Si, quitáronma no 2.010/2.011. Por que? Pois porque segundo eles, 20 anos xa é tempo dabondo e que xa non ía pasar nada. Tamén falaran de darnos un posto de traballo e unha nova identidade pero esquecéronse de todo.

E iso que algún atentado xa sufrín, como cando me queimaron unha furgoneta diante da casa dos meus pais Que fas agora, estás traballando? Fago cousas de mensaxeiro de cando en vez, ou algunha changa ca outra Ti cres que os narcos seguen facendo o mesmo ca antes? Eu creo que si, non saben nin queren facer outra cousa. O narcotráfico nunca se vai acabar porque dá moitísimos cartos. Ti pensas que entraron no cárcere todos os que tiñan que entrar? Os máis importantes si. Eu refírome a máis arriba do que ti denominas “os máis importantes”? Iso habería que preguntarllo a Portabales, eu non vivín máis arriba do que vivín Que opinas da famosa foto de Feijoo con Marcial Dorado? Feijoo sabía de sobra con quen estaba. Se non sabía que era narcotraficante, polo menos que era contrabandista e delincuente si. E das fotos famosas de Fraga e Rajoy? A conivencia do narcotráfico e do contrabando co PP foi a tope. O outro día dixo Sito Miñanco que el financiara ao PP, non? E Oubiña tamén, dixo claramente que pagou a AP e a UCD. Que papel cres ti que xogaron as nais? Cando os seus fillos lle levaban os cartos do tráfico de drogas estaban encantados. Xa pero eu refírome ás nais dos toxicómanos. Si, xa te entendera, pero hai que con-

talo todo. Non cabe dúbida de que tiveron moito valor, pero quen metemos no cárcere aos narcos naquela época fomos Portabales e eu, e logo deixáronnos tirados. Ti tiveches problemas con Nacho Carretero o autor de Fariña? Si, di de min cousas que non son certas, xa tiven con el un acto de conciliación no que non chegamos a un acordo, e agora vouno denunciar. Di que eu trafiquei cunha xente “os lulús de Muxía” que nin sequera coñezo. Moitas grazas.


[ 22] Xullo 2018 (Primeira edición)

A 'E.D. Val Miñor-Nigrán' asume co apoio do Concello a creación do seu primeiro equipo senior para dar cabida a xogadores

Nigrán aposta pola creación dun novo equipo de fútbol Senior O Concello de Nigrán aposta pola creación dun novo equipo de fútbol senior no municipio ante a recente disolución do Nigrán C.F e a proposta da E.D. Val Miñor-Nigrán por asumir ese baleiro. Deste xeito, a 'E.D. Val Miñor-Nigrán', que ata agora compartía co Nigrán C.F. o campo municipal de Condomínguez e mantiña con este clube dende hai case unha década unha relación de filialidade, asume co apoio do Concello a creación do seu primeiro equipo senior para

dar cabida a xogadores da comarca nun momento especialmente complexo da categoría, non só por esta desaparición, se non tamén pola incertidume do futuro do Gondomar e do Erizana. "Coa disolución do Nigrán o municipio quedaba só co equipo senior do Racing Vilariño, así que dende o Concello non dubidamos en sumarnos e apoiar totalmente esta iniciativa que permite non mermar a oferta deportiva no municipio e, con elo, que os mozos que rematan a categoría xuvenil nos seus respectivos clubes teñan unha oportu-

o encrucillado A B C D E F

G H I

K

1

2

3

4

5

6

7

8

nidade máis de seguir", sinala o alcalde, Juan González. A E.D. Val Miñor-Nigrán creará unha comision xestora independente dentro da súa propia xunta directiva para este novo equipo senior, o primeiro co que contan nas súas filas. Así, o novo equipo arrancará a vindeira tempada en Condomínguez en Terceira Rexional e da man do adestrador Alejandro Alonso, ex-xogador do Nigrán e adestrador tamén do xuvenil B da E.D.Val Miñor, equipo co que ven de obter o ascenso a Liga Nacional. A plantilla, a piques de pecharse

de Khan Deán

9

10 11

xa, estará composta por xogadores do desaparecido Nigrán e outros de toda a comarca. Os adestramentos arrancarán en agosto e será presentado públicamente ese mes no torneo Concello de Nigrán, clásico derbi organizado dende o consistorio e que ata agora desputaban o Nigrán C.F. e o Racing Vilariño. O Nigrán C.F. xurdiu hai

HORIZONTAIS: A- A-PARROQUIA DE TOMIÑO-OUTRA PARROQUIA DE TOMIÑO. B- ORGANIZAR ALGO DE MANEIRA COHERENTECONTRACCIÓN DE PREPOSICIÓN MÁIS ARTIGO FEMININO. C- ACRÓNIMO EN INGLÉS DA SOCIEDADE AATLÉTICA DE BOSTON-SEGUNDA VOGAL-PREPOSICIÓN. D- ASEMBLEA NACIONAL CATALÁ-XESÚS DE NAZARET REI DOS XUDEUS-500. E- CONSOANTE-RÍO DE SUIZA-PUBLICA. F- CONXUNCIÓN COMPARATIVA-TERMINACIÓN VERBALMILITAR CARTAXINÉS. G- QUE CONSERVA TODAS AS SÚAS PARTES-TOLO. H- ESCRAVA DO HARÉN DO SULTÁN.I-INSTRUMENTO MUSICAL DE VENTO EN FORMA CURVA-FAMOSO FABULISTA GREGO. I- REZA-A FLOR DO 25 DE ABRIL PORTUGUÉS

máis de 15 anos tras fusionarse o Dunas e o Priegue. Nos seus 12 primeiros anos ascendeu vertixinosamente de Terceira Rexional a Preferente e na derradeira tempada descenderon de Segunda a Terceira Rexional. Só conta contaba cun equipo de afeccionados senior tras acordar unha fusión en 2009 de tódalas categorías base coa E.D.Val Miñor.

VERTICAIS: 1- QUE SE GABA EN EXCESO A SI MESMO. 2- CIDADE DE ALXERIA-CAMIÑAR. 3- A ONDE QUERÍA VOLTAR ULISES-IMPOSTO. 4- AS DÚAS PRIMEIRAS VOGAIS-COLUMNA,A PARTE PRINCIPAL DO ESQUELETO DOS VERTEBRADOS. 5- DOMINIO PARA OS PAISES BAIXOS-MARCHARMATRÍCULA DE GIRONA-100. 6- PRACTICAN A LECTURA-....AMANDI,POEMA DE OVIDIO-VOGAL. 7- EXCLAMACIÓN EMPREGADA PARA ANIMAR-VOLVER A NACER. 8- SÍMBOLO QUÍMICO DO ESTRONCIO-....AMÍN TIRANO PRESIDENTE DE UGANDA NA DÉCADA DOS 70 DO PASADO SÉCULO-PARTE CURVA DUN OBXECTO POLA CAL PODE SER COLLIDO. 9- CONSOANTE-100-IMPOSTO DE BENS INMOBLESMARCA DE TAMPÓNS. 10- 365 DÍAS-TRIBUNAL DE ARBITRAXE DEPORTIVA-A PARTE DO CORPO COA QUE NOS APOIAMOS NO CHAN. 11- ÁRBORE PROPIA DA INDIA E OCEANÍA CON FROITO EN FORMA DE CEREIXA-EQUIPO DE FÚTBOL FRANCÉS

HORIZONTAIS A-GOIÁN-ESTÁS.B-ARTELLAR-NA.C-BAA-E-CON.D-ANC-INRI-D.E-N-AAR-EDITA.F-CA-R-ANIBAL.G-INTEGRA-IDO.H-ODALISCA.ISAXO-ESOPO.K-ORA-CARABEL VERTICAIS 1-GABANCIOSO.2-ORÁN-ANDAR.3-ITACA-TAXA.4-AE-ARELO.5-NL-IR-GI-C.6-LEN-ARS-A.7-EA-RENACER.8-SR-IDI-ASA.9-T-C-IBIOB.10-ANO-TAD-PE.11-SANDALO-OL

NIGRÁN.


Xullo 2018 (Primeira edición) [ 23]

BRINDOS Á MATRIA

KIKE ESTÉVEZ PUNTA DA NAVALLA Imos comezar o conto Non queremos ir pró “trullo” Ímoslle brindar á Matria Que é 25 de xullo!

Xa empezando polo nome Matria vaiche neste fado Porque estamos algo fartas De chamarlle “Patria-arcado” Como ela é feminina A pregunta hai que facer, Por que lle chamamos patria se Galiza é muller? Por iso nesta cantiga Non cantamos aos Manolos Non queremos que este día Sexa outro “todo pirolos”

Cantamos ás nosas rías Esta copla non ten perda Tamén cantamos á choiva Que fai que nos medre a herba! E tamén ás nosas barcas A verdá! Dá xenio velas Tanto ten se che son dornas Ou lanchiñas ou gamelas! E tamén ás nosas peixas Lles cantamos na Galiza Dános igual maraghota Que pescada ou robaliza!

E se falamos de cunchas, vieiras, lapas ou ameixas Aló van mariscadoras Con sachas e ganchas cheias! Ei están nosas matriarcas Que nunca ninguén as loia… Elas son coma guerreiras Saídas da mesma Troia! E se volvemos á terra Nesta copla non alampo foron elas quen fixeron Sempre de todo no campo Muxidoras e labregas As d´ hoxe e mailas d´onte Amais de facer a casa levar as vacas ao monte!

E se falamos nas letras Hai que facer outra sega Onde che están as mulleres No Día das Letras Galegas? Amais tamén digo algo Que xa o dixo a miña tía Que sería de nosoutras De non ser por Rosalía!

E se vos non o sabedes Vóuvolo contar amigas Que foron todas señoras quen fixeran as Cantigas

Outras moitas loitadoras Deuvos a Terra do Miño Dende Isabel de Castro Ata María Solinho

e grazas a cantadoras que non vos pareza mal foi que nos chegou a hoxe nosa tradición oral Por iso aquí brindamos Facemos tarifa plana Por Leonarda de Tallo A Lovaia ou a Cubana!

E no tema galeguista Vouno dicir neste set Haille que mandar un brindo á grande Emilia Docet! No exilio e na emigración Houbo arte neste ensaio Como a de María Casares, como a de Maruxa Mallo E chegou a dentadura E fodeuse o noso pan Fomos saíndo da cova Unha vez morreu o can

E chegou a democracia E a lingua foi prá escola Aínda que a día de hoxe

O galego, é unha esmola

E no 2018 Por Laíño e por Lestrove Seguen a mexar por nós E nós dicindo que chove!

Canto mellor nos iría Vouvos dar a solución Se unimos seguidoras Da Alexandra e da Pontón! E a ver se Cataluña Se vai indo no seu bote E nós tamén somos libres Algún día, de rebote…

Como dixo Rosalía Na súa ben sabida estrofa Porque sermos nós de Hespaña Se de nós tanto se mofa? Seguiremos nós cantando Faremos o bis a bis Ata que algún día esta terra Sexa de seu un país E xa imos rematando Non damos máis a paliza Hoxe, mañá e por sempre Que viva a nosa Galiza!

Porque aquí non é alí E deixade que me explique Aló gañan xs da terra Aquí gañan os caciques O que vai quedando claro é que morden coma o tigre E que queren que Hespaña Siga unha, grande e libre Pois xa vedes o que pasa o Estado ten moito ego politicas e rapeiras todo o mundo pró talego!

O TEU XORNAL EN GALEGO

TABERNA MAGARIÑOS Torre 5 A Couso, Gondomar 986 197 908


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L.

2018

Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos,

Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida, Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso. Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado

Profile for A Nova Peneira

A Nova Peneira 95 (Primeira edición) Finais de Xullo 2018  

A Nova Peneira 95 (Primeira edición) Finais de Xullo 2018  

Advertisement