Page 1

ANO 6 - nº 87

finais de decembro 2017- 2€

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

Entrevista con:

Xosé Manoel Beiras páx. 6 e 7

Pepe Represas

ALCALDE DE PONTEAREAS páxS. 32 e 33

Antonio Lomba

ALCALDE DE A GUARDA páxS. 22

A CIDADE DEPORTIVA DO CELTA EN MOS páx. 14

TOMIÑO

O Concello leva ante Zona Franca propostas para potenciar a sía actividade empresarial

páx. 28

REPORTAXE ANA RODRÍGUEZ:

Parroquia a parroquia

O VEGANISMO

"SER VEGANA É RESPECTAR O DEREITO Á VIDA E A DIGNIDADE DE TODOS OS SERES CONSCIENTES"

páx. IV e V

Podemos facer calquera cousa, basta querelo con vontade e paixón. Fagamos cousas maravillosas neste 2018.

Torroso, 400 anos facendo historia

páx. 38

REDONDELA

Últimas noticias sobre a ampliación da AP-9 páx. xI

CARLOS MEIXOME:

Crónica de urxencia. E agora que? páx. xII


2

FINAIS DE DECEMBRO 2017

EDITORIAL

O

Tino Lago Director de A Nova Peneira

M. RAJOY

oito de febreiro de 1937 as tropas do exercito franquista entraban na cidade de Málaga. O máis que fundado terror da poboación civil ás represións fixo que un mínimo de 15.000 persoas abandonasen a pé a cidade en dirección a Almería, que daquela estaba aínda controlada polo exercito republicano. Porén, a perversidade e a falta de escrúpulos dos fascistas non coñecían límite algún, e tomaron a decisión de asasinar aos que fuxían. As columnas de homes, mulleres, nenas e nenos que escapaban, foron bombardeadas desde terra por Queipo de LLano (aquel militar que nos seus discursos radiofónicos incitaba a violar mulleres, e que tivo durante moitos anos unha rúa en Vigo), pola aviación franquista desde o aire, e polos canóns do buque Canarias desde o mar. O capitán deste barco de guerra era o militar de Ferrol, Salvador Moreno. Este episodio de asasinato masivo de civís é coñecido como “la desbandá”, e as estimacións diversas consideran que son entre 3.000 e 5.000 as persoas asasinadas polos salvaxes franquistas. O doutor canadiano Norman Bethune, testemuña directa da infamia, pois estivo na estrada auxiliando ás persoas que fuxían, escribiu o libro “O crime da estrada Málaga Almería” que me permito aconsellar a súa lectura se alguén quere saber máis deste estarrecedor acontecemento. Desde o ano 2005 cada mes de febreiro celébrase, na devandita estrada, unha homenaxe con diversos actos de lembranza ás persoas asasinadas polos militares franquistas nesta zona de Andalucía. En outubro do 2002 a sensibilidade do goberno

do BNG de Pontevedra, a iniciativa do hoxe deputado Luís Bará, fixo que o pleno desta cidade retirara do rueiro de Pontevedra o nome da rúa Salvador Moreno xa que homenaxeaba a unha persoa que colaborou activamente nun golpe de estado, na morte de civís que fuxían desarmados por unha estrada, e nunha ditadura militar responsable de ducias de milleiros de asasinatos extraxudiciais. Lembremos que España é o segundo estado do mundo en número de desaparecidos despois de Camboia. Desde ese ano, a rúa chámase Rosalía de Castro. O militar ao que nunha exemplar decisión, que contou co voto contrario dos concelleiros do PP de Pontevedra, se lle retirou a honra de ter unha rúa co seu nome tamén tivo responsabilidade noutra acción armada contra a poboación civil. En concreto aos mandos do barco de guerra almirante Cervera participou no bombardeo da cidade de Gijón que ocasionou ducias de mortos.

A finais do pasado mes de novembro, o presidente do goberno español M.Rajoy tamén galego como Franco ou como Salvador Moreno, dicía, nun acto con militares españois en África, literalmente o seguinte:”ahora no se sabe porqué le han quitado la calle al almirante Salvador Moreno pero, en fin, le sigo llamando así”.. Cales poden ser as motivacións profundas que leven a calquera persoa en xeral, e a unha en particular coa responsabilidade política tan elevada que ten M. Rajoy, a laiarse pola retirada da dignidade de ter unha rúa a unha persoa que participou en actos de violencia contra civís?: 1)- carece de sensibilidade para empatizar coa dor allea?, 2)- é un canalla que considera que en determinadas circunstancias o asasinato de civís pode ser lexítimo?, 3)- é unha persoa de moi escasa intelixencia?. Tan escasa que non lle dá para comprender que o asasinato non pode ser dignificado?, 4)- é unha persoa cuxo nivel cultural. non pasa de interpretar as páxinas do diario Marca e non sabe diferenciar entre Salvador Moreno, e Rosalía de Castro? ou 5) unha combinación de todas ou de parte das catro primeiras hipóteses?... En calquera caso teño moi claro que en Alemaña ou en Italia sería impensable que ninguén que lamentase a retirada de honores a un destacado nazi ou a un significativo fascista puidese ser nunca nada na vida pública, mentres que neste estado chega a ser presidente do Goberno. Se cadra a sentencia que o príncipe Hamlet escoitou de boca de Marcelo é axeitada para rematar este artigo :”Algo cheira mal...” e non precisamente en Dinamarca.

OPINIÓN

Ana Hermida Asociación Lisístrata

O

CARTA DE NADAL… A QUEN CORRESPONDA

la, debería comezar así: “Queridos Reis Magos, como este ano fun moi boa…”, pero xa estou farta, que quen son eu? non sodes magos? pois deberiades sabelo, anque vós saber, non sabedes nadiña de nada, nunca dades unha, tanto contarvos os meus desexos e non serve de nada. Ademáis, non che son eu moito da realeza, sabedes? total, que é un rei? pois un home normal e corrente que ten un sombreiro cun furado, menuda parvada! e para que serve un rei? para nada, só é un home que se non ten ninguén a quen mandar, xa non ten sentido, boh. Outra cousiña, tampouco dou entendido por que non hai tres raíñas magas, e non estou a falar das vosas mulleres, se é que as tedes, non. Tres raíñas que gobernen, pensen e decidan, porque ten que habelas, e logo por que non son elas as encargadas de recibir o correo de Nadal? de seguro que o farían moito

mellor ca vós. Non vos quero volver ver na miña casa, trabucádesvos sempre. A moto que vos pedín deixásteslla ao meu irmán, e lembrades o xogo de química? tamén para o meu irmán, sodes ben zoupóns!, lembro aquel Nadal en que meu irmán vos pedira unha boneca cun carriño, pódese saber porque ma trouxestes a min? eu ese ano pedira un xogo de construccións, porque por se non o sabedes, quero ser enxeñeira, menos mal que a miña nai mercoume despois un xogo ben feitiño, que se fose por vós. Non vos quero volver ver pola miña casa! xa botei tamén a ese homiño vestido de vermello que non pinta nada no noso Nadal galego, que home máis estúpido, se está tan gordiño e ten medo de que lle caian os pantalóns, pódese saber porqué leva o cinto por fóra? Ese si que anda nas verzas, ho ho ho! anda pampo cantando cancións de fóra, aquí

cantamos panxoliñas e non vestimos coma el, ridículo, que é un ridículo, ese xa non volve, dígocho eu, o ano pasado deixeille, para que comese, unhas laranxas, pero inxecteilles un laxante, así aprendará a non parar na miña casa. Xa non sei a quen escribirlle, porque á clase política mellor non, esa non se quere enterar de nada, que lles vou pedir eu? Si, xa sei que mandan e moito, pero sonche máis de pedir que de dar. E co que cobran poderíanse facer unha chea de cousas, reparar moitas inxustizas, pero viven nas alturas, como se estivesen por riba do ben e do mal. Quixera poder facerlles o mesmiño que lle fixen ao Papá Noel do grelo. Así que vou facer as miñas peticións ao aire, ao pobo, que polo que teño escoitado, é quen máis ordea, o pobo será en quen deposite eu as miñas esperanzas e os meus desexos para ter un mundo mellor. Non quero moito para

min, en realidade non quero nada, o que si sei é o que non quero, así que aí van os meus desexos: Non quero que maltraten ás mulleres, non quero que se xogue coa igualdade, que a usen para gañar votos, non quero que a clase política gaste os cartos da igualdade en parvadas, non quero que haxa xoguetes para nenas e outros para nenos, non quero que me asubíen pola rúa coma se fose un can, non quero que a xustiza dubide da miña palabra cando denuncio, non quero escoitar cancións, contos, chistes, nin historias machistas… ah, e tampouco quero que desprecen o noso idioma, o galego. Unha aperta agradecida, Ana

PD. Son políticamente incorrecta, rabuda, feminista, loitadora, pode que non o mereza moito, aínda así confío en que se cumpran os meus desexos.


FINAIS DE DECEMBRO 2017 3

OPINIÓN Baldomero Iglesias Mero

N

X. S. Paramos

...A VER SE O ENTENDEN!

ada que ver os dereitos humanos co estado de dereito que nos ofertan e de tan limitadas cotas. A onde chegamos! Fóronse perdendo grandes liberdades, acadadas con sangue, coa desculpa da crise, unha crise creada por eles. Tanto foi o que furtaron! Alí quedan todo tipo de fundamentos ideolóxicos asentados agora na vinganza e ruindade. Egoísmos que foron dar a paraísos fiscais e contabilidades en B. Neste estado de dereito e de silencio, viólanse os máis básicos dereitos humanos que dentro, aquí dentro, se producen. Estamos a falar da Lei Mordaza e da restrición da liberdade de expresión, que lle chamaron Lei de Seguridade Cidadá –mirade que eufemismo contraditorio, coa lei que impide o dereito de reunión pacífica, a liberdade de opinión e cátedra, de votación e confrontación de ideas, a protección e reparación de datos persoais, a protección e reparación das persoas que sufran acoso ou intimidación, sobre todo mulleres que sobreviven á violencia de xénero, o dereito a discrepar, o dereito á verdade, xustiza e reparación das vítimas do franquismo e da Guerra Civil. Fundamentos ideolóxicos de vinganza e ruindade, repito. E xa non vaiamos aos dereitos básicos da dignidade humana en cuestións de salarios e traballo, de acollida de refuxiados, marxinados e dependentes; temas de sanidade e educación, nos que se foron perdendo os humanos dereitos de amparo e protección, dereito de vida digna. E agora, en Galiza, veñen de aprobar a chamada “Lei de depredación medioambiental”. Eles chámanlle, novo eufemismos, Lei de Fomento de Implementación de Iniciativas Empresariais de Galicia (LFIEG). Lei de Emprendemento,...case nada!. Supón a regresión ao dereito de pernada, pois é unha norma ao servizo das multinacionais e vai directamente contra o pobo. Fíxose de xeito sibilino, sen que ninguén soubera. A súa aprobación non se

coñeceu, non atenderon razóns. A súa razón é a forza, que aproveitan coa maioría. De novo decretan contra de nós. Desregulariza os requisitos fundamentais de protección xeográfica e da paisaxe, humana e do medio ambiente, de obrigas –por parte das empresas- de investimento e controis, así como creación de emprego para a súa actividade. Xa poden esquilmarnos directamente, todos eles, pois xa aprobaron o desastre humano e ecolóxico. Son novos prestixes, angrois, lumes,...o rural morre lentamente e desatendido. Non fixeron nada, sequera coordinar, por evitar o mal. Que estraños intereses haberá detrás da deixadez, dos incendios, das minas, da industria madeireira? Serán as empresas que son dos amigos? Fano desde a corrupción institucionalizada que consente e agranda os problemas sen xestionar sequera. Agora condénasenos a ser escravos das multinacionais, despois de séculos de abuso, opresión e de desleixo, de esquecemento por parte dos supostos gobernos. Definitivamente hai que romper co pasado que nos evocan, hai que deixar de mirar pasivamente o que fan co noso, e tomar cartas no asunto. Nestes últimos anos foi unha desfeita cultural e social, tamén medioambiental. Non se pode permitir que hipotequen o futuro e acaben co que temos, coas nosas riquezas e materias primas que, agora, grazas a eles, resultan máis baratas. Temos que volver facer que a Nosa Terra volva ser Nosa, e non deixala en mans de desaprensivos! Eles, os que teñen mando en praza, son responsables e terán que se facer cargo desta torpeza, do desencontro e descontento que habita en todos nós, mesmo esta tristura de derrota e de querer proclamarnos autoxestionadores de nós mesmos. Prescindindo do que sempre buscan fóra. Cómpre un novo sistema económico e político social e cultural que nos faga sentir orgullosos e protagonistas de nós e do noso.

A confianza

María deixou de lavar a louza e púxose a xogar coa cadela. O home todo enfurruñado dille : - ¡Dáslle moitos mimos…! tanto mimo e tanta mexericada pona parva – María contesta cabreada: - Besta, animal, ata os animaliños queren cariño, non sendo ti qué es un orco - pousou a cadela no chan e seguiu lavando a louza. - Esta miniatura non vale para nada, polo menos defendera a casa ¬ rosmou o home. María finxiu non ouvir. Cando acabou de lavar a louza deulle un bico a cadela e despediuse del rosmando… - Marcho traballar que xa me son horas… trata ben á cadeliña. Así que María marchou, el comezou a lidar coa cadela. Cambioulle a voz e dicíalle: chuchurruchciñaaaaa…pequerrechiñaaaa, tiroulle unha pelota e fartouse de rir. Cando se cansou foi ver a tele, puxo a cadela o seu carón dicíndolle… pequerrichiña queeee, dicíallo con voz de neno. Ó cabo de catro horas saltou a cadela do seu carón e comezou a facer unha festa na entrada da porta. - Xa che ven o teu cariñito – dixo el baixiño Abriuse a pota e entrou a muller cargada de bolsas, pousounas no chan, colleu a cadela no colo, deulle unhas apertas e preguntou: - Qué …? ¿ esta qué ? El contestou coa voz de home e sen deixar de ver para a tele - Ben. xa sabes que eu non lle fago caso… estivo deitada. Muíño da Feixa. X.S.Paramos


4

FINAIS DE DECEMBRO 2017

OPINIÓN

Juan Karlos Pérez Álvarez. Concelleiro de EAJ-PNV

PIB, PNB … e Bitcoins S

eguramente sexa un gran desafío atopar un economista dos de título. Iso sI, en España, na actualidade, mentres se supón que se vai saíndo da crise, como hai 15 anos na Arxentina, en cada cidadán hai un experto economista dos que o teñen todo claro. Tanto … que xa esqueceron as cousas do pasado, porque o espazo de retentiva é limitado, e a vocación informativa actual, que fai que os ciclos de 24 horas poidan ser, en momentos, ata longos, encadean elementos deslavazados e é

complicado facer o percorrido ou tracto completo dunha historia para comprendela íntegra. Imos ver un pouco sobre indicadores e a novidade da moeda virtual. En tempos de maricastaña (é dicir, nos anos 70 e 80 do século XX) había unha cousa que se chamaba Produto Nacional Bruto. Que era? Pois, sinxelamente, aquilo que producían empresas de capital e accionariado do país, menos o que producían as empresas estranxeiras máis o que producían as empresas patrias fose das súas fron-

teiras. Pode ser unha fórmula complexa, pero podíase calcular. Claro, dada derívaa das empresas e a súa situación actual de complexidade, talvez habería que cortar en anacos demasiado. Mesmamente, o goberno de Noruega (público) é recentemente novo accionista de Bankia (da que o estado español quérese desprender) a través do seu fondo soberano de investimentos, produto dos beneficios dos seus hidrocarburos. Así todo, impúxose o PIB, Produto Interior Bruto. Todo aquilo que se produce dentro das fronteiras e a correr. Que pode indicar isto da substitución do PNB polo PIB? Pois que as economías nacionais non existen, senón un grao maior ou menor de interdependencia, de cruces de camiño, no que, sobre todo, o pequeno, ha de ser intelixente, e procurar, non só ter centros de decisión política, senón tamén económica, empezando por

institucións financeiras, que, cal corazón do sistema, poida bombear sangue ao sistema. E xa que imos con iso, ata 1869, data da unificación moneraria en España, os bancos (como o Bilbao, o Biscaia ou o Santander) emitían moeda propia. Antes tiña o sustento en ouro ou prata. Agora no poder do estado que está detrás, e emítea, co seu patrimonio e o seu PIB. O Bitcoin é un bluff, que seguramente, como outras similares, non desaparecerá. Pero, sen sustento, máis que en operacións da deep web, clandestinas e encriptadas, non se sustentan senón na credibilidade e a intangibilidad. E aínda que é o seu momento, tamén en economía necesítanse raíces para saír ao mundo. Lembrar que as palabras non son inócuas. E lembrar tamén porqué úsanse. Só así poderemos saber de que demos falamos cando queremos dicir o que pensamos.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

5

OPINIÓN

Ángel Pérez Fernándes. Profesor de filosofía

O

UN EXERCICIO DE CINISMO

termo "posverdade" non está no dicionario da Academia Galega. Paréceme ben porque non engade nada. Pero tamén sospeito que os responsables non poderán resistir a tentación de non incluír a palabra a medio prazo. A presión para incluíla non procederá, ao meu entender, do pobo, que en xeral nos se interesa por estas cuestións, senón dos grupos de expertos en comunicación política, en "neolíngua", diría Orwell, xentes con poder bastante para impoñer as palabras que emprega o discurso político común, é dicir, para impoñer o sentido común en política. Din os expertos de Oxford, os primeiros en incluílo no seu dicionario, que o vocábulo se escoitou por primeira vez nun escenario teatral, en Broadway, en alusión á característica, ben coñecida, do discurso político de non aterse á verdade e servirse sen reparos dun falar mendaz. Non creo que a incluíran por isto, porque, repito, o discurso político nunca se cinguiu á verdade. Estamos a vivir outra campaña electoral en Catalunya e, coma sempre, todos os días sobran exemplos de fanfurriñadas dun e doutro lado. En vez diso será, tal vez, porque o poeta tería captado algo novo. Os responsables do dicionario de Oxford argumentan que o novo está en que a opinión pública confórmase máis ás emocións do que aos feitos obxectivos, son opinións "posfactuais", pero iso, creo, tampouco non é ningunha novidade. Poñen os exemplos da campaña presidencial de Trump e a do Brexit

de Farage, que badúan máis do que falan. Pero, os seus respectivos rivais tampouco non laretaban menos, o caso da candidata Clinton era evidente. Logo, u-la novidade que xustifique ese estraño neoloxismo que suxire a posibilidade de deixar atrás a verdade? A miña hipótese é a seguinte. O poeta, Steve Tesich, escribiu a súa obra en 1992, moito antes desas famosas campañas electorais e mesmo tamén moito antes desta crise que chegou para se quedar no ano 2008, moito antes, en definitiva, desta onda de populismo e nacionalismo á que os medios atribúen a dexeneración do discurso político. Entón a palabra non tivo acollida. Se a ten hoxe e porque é agora cando comeza a ser evidente, polo uso xeneralizado das redes sociais e demais novas tecnoloxías, que os medios tradicionais e os partidos establecidos, no Reino de España diríamos do "réxime", non contan cos medios que lles garantan a imposición do seu discurso político. E coma se o discurso político andase sen amo. Pois ben, o paradoxal, senón directamente cínico, é que eses medios recorran á posverdade para denunciar a palla no ollo alleo. Pois foron os grandes medios de tradición liberal os que pulverizaron a verdade política. O único modo de verdade que precisa que todos a crean. Foi ao longo dos anos de goberno de Reagan e Thatcher cando mentiras do tipo de que “o problema é o goberno” e que “o mercado funciona libremente”, que soamente caben na cabeza dos interesados, aniquilaron a posibilidade de toda verdade en política.

Rubén Cela. Membro da Executiva Nacional do BNG

A BATALLA DAS PALABRAS, A BATALLA DAS IDEAS

A

s palabras nunca son neutras. O significado de algunhas é amplamente discutido. Un caso claro é o do termo “nacionalismo”. Puidémolo comprobar, máis unha vez, nos numerosos artigos e tertulias a respecto do proceso soberanista en Cataluña. A maioría des@s profesionais da opinión sitúan ao nacionalismo no ámbito da irracionalidade e do anacronismo histórico. Outr@s, equipárano coa fé relixiosa: algo místico e mobilizador de masas manipuladas mediante a apelación a sentimentos primarios. A maioría, caracteriza o nacionalismo como un movemento político egoísta, insolidario, intolerante, excluínte e contrario a unha sociedade igualitaria, cando non directamente como unha ideoloxía racista, portadora de patoloxías xenófobas e cun substrato violento contrario aos dereitos humanos. A maioría deles entenden que as nacións non xeran o nacionalismo, senón ao revés, que é o nacionalismo quen artificialmente crea nacións e a raíz diso, a necesidade de se constituíren en estado. Ven o nacionalismo como algo primitivo, un fenómeno reaccionario e atávico que implica a proliferación de integrismos e de irredentismos fanáticos. Unha reclamación artificial (e irracional) que só pode conducir a unha balcanización do mundo, antitética á verdadeira irmandade entre os homes e mulleres de todo o mundo e entre os pobos que o compoñen, polo que descualifican como infundada, irracional e perniciosa calquera reivindicación da nación cando esta xa forma parte de algún estado.

A criminalización do nacionalismo como ideoloxía e a carizaturización dos seus postulados son unha constante en todos os medios de comunicación e foros políticos. Deste tipo de análises non escapa nin a dereita nin a esquerda. Do fascismo máis reaccionario ao marxismo dogmático e esquemático. Ambos chegan á mesma conclusión: o nacionalismo é “malo” ou, no mellor dos casos, “non é bo”. Porén, a realidade é ben outra. O nacionalismo é unha ideoloxía de progreso social que combate unha das maiores inxustizas do noso tempo: a opresión nacional. Non é un movemento agresivo nin chovinista (iso é o fascismo ou imperialismo) senón un movemento de autodefensa que persegue o dereito á existencia; un mundo en paz, onde as diferentes nacións do planeta poidan conviver en paz e en pé de igualdade, sen inxerencias nin subordinacións. Defende que o mundo é plural e diverso é que iso, lonxe de ser un problema é unha riqueza que non só hai que preservar senón que hai que apoiar de xeito decidido. É pois evidente que, palabras como “nacionalismo”, poden ter signficados antagónicos segundo quen e como as empreguen. Porén, por riba do significante está o significado. Aínda que algunhas palabras están prostituidas e manipuladas até a saciedade, iso non debe facer que as abandonemos. Débemos dar a batallas das palabras que, no fondo, é a batalla das ideas e de diferentes concepcións do mundo e da sociedade. E a do nacionalismo é unha batalla de xustiza, liberdade e democracia. Unha batalla que paga a pena. (Parque Infantil)


6

FINAIS DE DECEMBRO 2017

ENTREVISTA

O noso colaborador e amigo Aarón Franco entrevistou na Reboraina ao histórico Xose Manoel Beiras.

Aarón Franco Outón

XOSE MANOEL BEIRAS

- Quixera comezar esta entrevista no 20 de novembro do ano 1975. Onde estaba, que facía, que sentía? - O día que cascou o vello? - Si. - Moita xente abríu champán, eu non porque morrera na cama. Estaba no meu traballo na facultade, non tiña nada que celebrar, eu tiña 39 anos. Nese momento xa se estaba a descompoñer a creba democrática que comezara antes no congreso de Suresnes. Por iso non celebrei para nada a morte do cocho. - Na mal chamada transición, que non deixou de ser unha reforma política do réxime do 1939, xogou un papel moi importante na descomposición da creba o PSOE liderado por Felipe González... - E o "canijo". - O "canijo"? - Alfonso Guerra. - Onde e cando coñeces a Felipe? Que sensación che transmite? - Ao mesmo tempo que en 1973 fora axustizado Carrero Blanco, acababa de dirimirse a cuestión da dirección lexítima do PSOE. A dirección no exilio mantiña a Rodolfo Llopis como secretario xeral, no interior estaba Pablo Castellanos e mentres Tierno Galván e a súa xente monta o PSI para facerse co control. A internacional socialista deulle finalmente a dirección ao grupo do interior. Con todo isto móntase a Conferencia socialista ibérica nos primeiros meses do ano 74. Iniciase un proceso de xuntanzas onde había varios movementos, entre eles o PSG. Nese proceso de xuntanzas hai unha que se celebra en Alemaña e indo nun bus séntase ao meu lado Felipe González, é cando o coñezo, e ao paso por Bad-Godesberg Felipe dime "y pensar Beiras que en este lugar el SPD renunció al marxismo", moito me lembrei eu diso que me dixera. Despois cando xa era secretario xeral coincidimos en posteriores xuntanzas nos anos 75 e 76, pero xa estabamos coa idea do que fi-

FOTO XOSE MANUEL ALBÁN

“AS POLÍTICAS DE ALIANZAS SON DE ALIANZAS, NON DE VASALAXE, E SE OS NOSOS ALIADOS NO ESTADO NON CUMPREN HABERÁ QUE REVISAR ESA POLÍTICA"

nalmente se fixo e todo rematou como rematou. - Falando de que todo rematou mal, faise inevitable reflexionar sobre o papel que o PCE e o carrillismo xogou naquel intre á hora de pactar e aceptar a monarquía, a bandeira... coa perspectiva do tempo, que valoración fas diso? - Houbo xente que se deu de baixa como Toni Domenech ou Manolo Vázquez Montalbán, con iso todo está relacionada a obra "Asesinato en el comité central", libro no que despois se inspira Diego Ameixeiras para escribir "Asesinato no Consello Nacional". A creba democrática tiña cada vez máis potencia, estaba a cidadanía, sindicatos, parte da igrexa e os partidos políticos. Dentro dos partidos políticos quen tiña máis peso era o PCE e en Catalunya o PSUC. As presións internacionais comezaron a poñer a Carrillo nun problema. Suárez ponllo claro: se aceptas o proceso legalizamos o partido, se non aceptas non te legalizamos. Mentres xa se

estaba montando todo por riba co Departamento de Estado americano, co pacto entre a internacional democristiá e a internacional socialdemócrata e cos cartos dos alemáns. Foi todo iso o que frustou a creba, o que lle están a aplicar agora a Catalunya aplicáronno entón e é cando se convocaron as eleccións do 77 trucadas por partida dobre. Primeiro que tiñan que ser convocadas como constituíntes e non se fixo así, e segundo porque había unha situación de desvantaxe clarísima. De aí vén o que estamos a vivir: o franquismo sen Franco. Pero voltando ao PCE de Carrillo, falando con cadros que daquela eran xente moza como o caso de Anguita ( con quen tiña unha relación semiclandestina porque senón o Bng enfadábase), eles, estaban pola creba democrática e comprenderan que todo aquelo fora desastroso para o PCE. - Por que o PSG non chegou a coallar nos procesos electorais? - Non tiñamos un peso. O PSOE desembarcou cos cartos alemáns e o PSG

xa tiña problemas. Os cartaces na campaña do 77 eran en branco e negro, era imposible. Aínda así todo o mundo en campaña dicía que sacabamos representación, incluso dicíase que o PCE a sacaría, e de feito foi unha grande inxustiza que Rafael Pillado non saíra deputado, pero estaba todo montando para que acontecese o que finalmente aconteceu. Malia todo iso as eleccións municipais do 79 sairán moi ben a través de Unidade Galega (onde estaban o PSG, o POG e o PG), e de feito Domingos Merinos chega a ser o primeiro alcalde nacionalista dunha cidade galega, da Coruña. Aínda con todo, quen acaba co PSG e o propio proceso da Transición. - E nisto chega o ano 1982, asemblea de Riazor, nace o BNG que ate o ano 2001 medra imparable para a continuación iniciar un proceso de desgaste onde a día de hoxe volta na praxe aos números de finais dos 80. Como valoras todo ese proceso? - Aquí había que elaborar unha alianza pola esquerda e comézase a manter


FINAIS DE DECEMBRO 2017

7

contactos. nisto visítame na Facultade Alfredo Suárez Canal para falar dunha reformulación da fronte e constituir unha xestora, e digo que si. Fun falar con Esquerda Galega para que entraran na xestora e din que non. Eu aí o que aporto xunto con outra xente é a cultura política do PSG de comezos dos 70, e mentres o BNG actúa con arranxo a ese deseño vai subindo, ata que a UPG voltou ás andadas. - Se che digo o nome de Anxo Quintana que pasa pola túa cabeza. - Ten unha traxectoria singular, é unha persoa con moito gancho, un gran axitador, cun discurso que hoxe dirían populista e que traballaba na órbita da UPG. Nos anos 80 case non o coñecía. Cando no 85 saio deputado polo Bng, en plena campaña ía gravarse un programa de "La clave" en Compostela, ao que foran convidados todos os partidos menos o Bng, polo que decidimos asaltar o Hostal dos reis católicos, que era onde se ía gravar o programa, para ocupar o espazo de gravación que finalmente se fai no alto do Pazo de Raxoi e coa policía rodeando todo. Discutimos que facer e lembro que Quintana dicía que tiñamos que saír e que mallaran en nós, finalmente saímos e non pasou nada pero ese foi o primeiro día que identifiquei a Quintana. Quintana tivera unha traxectoria moi boa na revolta popular en Allariz, e logo como magnífico alcalde, e cando eu mesmo no BNG propoño diferenciar roles ( o candidato á presidencia por un lado e o portavoz da organización por outro), iso aproveitouse contra min mesmo. Tivera conversas con todos os sectores para ver quen podía asumir un dos dous roles e chegamos á conclusión de que a persoa aceptábel para a UPG era Quintana. Pero lembro unha vez a Paco Rodríguez que di "a min non me vale nin Beiras, nin Camilo, nin Quintana". - Entón quen lle valía? - Dicía que el era da UPG e que non podía dicilo, pero estaba pensando en Lores. Pero voltando ao tema, a cuestión era que había dous roles, eu estaba disposto a seguir nun deles e cando falo con Quintana el di claramente que quere ser o candidato á presidencia. Iso levouse ao Consello nacional que encetaba a Asemblea Nacional do outono do 2003, e aí xa se víu que a UPG tiña a operación montada, dicindo que os dous roles non se podían desglosar, e é así como ao remate desa Asemblea Nacional Quintana asume eses dous roles. Co paso do tempo, o BNG disociounos: claro, era o lóxico, e xa non tiñan o 'problema Beiras'. - 20 de maio do ano 2001. Diche algo esa data?

- Así de súpeto non. - Cuba. Fidel. - Ah. Foi ese día? - Si. - Fora unha semana en Caracas e outra na Habana. - Que lembranzas tes dese encontro? - Estaba previsto que foramos recibidos por Fidel e un día pola mañá o 'gallego Fernández', o vicepresidente, que era o noso anfitrión -e con quen acadei unha relación de recíproca confianza e cordial amizade- infórmame de que esa noite seremos recibidos polo comandante, cita que se confirma despois do xantar, iamos cear co comandante Fidel. Lembro a cordialidade, a sinxeleza e a franqueza na conversa, póndose ao noso nivel, como se fose un máis, sen adoutrinar, o realismo, e que non só falaba, preguntaba cunha enorme curiosidade sobre Galiza e o noso xeito de traballar, dando logo a súa opinión e algún consello práctico. Falaba de todo, mesmo das súas conversas co Nuncio sobre a existencia de deus, o universo... E tamén de Fraga, claro, de xeito moi 'retranqueiro' e divertido. Era unha personalidade fenomenal, incriblemente lúcida e áxil. Mágoa non termos unha gravadora oculta, abofé -é brincadeira, claro. - Imos ir cos temas de actualidade comezando pola situación que se está a dar coa cuestión catalá e o retroceso de liberdades que estamos a vivir. Pode empeorar aínda máis a situación? - Si, no Estado e na UE que xa sabes que é o IV Reich. Desde que comezan a perder lexitimidade as institucións do réxime e se lle está a dar a volta polo forro á constitución -alén de que por existir unha constitución iso non quere dicir que exista democracia, porque pode ser un constitucionalismo oligárquico., Ese proceso activa á cidadanía. Nese senso o primeiro chanzo é o Nunca Máis e en Catalunya a falcatruada que fan coa reforma do estatuto o PSOE e especialmente o PP e Rajoy que se carga o estatuto no tribunal constitucional pro-

FOTO XOSE MANUEL ALBÁN

ENTREVISTA

vocan unha rebelión cívica que emerxe coas consultas municipais en clave social e nacional, e onde os protagonistas non son os partidos. Aí conxúganse dúas dinámicas que moveron sempre á sociedade española, a cuestión de clase e a cuestión nacional. Por iso cando Podemos di que é unha cuestión da dereita e da burguesía catalá eu digo que non, e a proba é a emerxencia da cidadanía diante da represión do aparato do estado. - Está a cometer Podemos respecto ás cuestións nacionais, os mesmos erros históricos da esquerda tradicional española? Así llo dixen hai poucos días a Pablo Iglesias. É curioso, Pedro Sánchez descabezado polo felipismo e o susanismo, recupera o poder no PSOE esta a facer o que pedían os que o descabezaron. E en Podemos na asemblea do 2016 debátense as teses de Pablo Iglesias e Iñigo Errejón, gaña Pablo Iglesias pero éste finalmente aplica as teses de Iñigo Errejón. Podemos entrou nunha deriva de abandono do horizonte rupturista. O certo é o que o referendo finalmente desenmascarou todo (en especial o fascismo do estado e do réxime), de aí a miña insistencia durante o pasado verán a determinados cadros políticos de Catalunya en comú, como ao meu amigo Gerardo Pisarello, en que apoiaran o referendo como mísil que ía estoupar directo no corazón do réxime e da monarquía borbónica. - Respecto a todo o relacionado con Catalunya e tamén co relacionado coa situación do noso país, cal debería ser na túa opinión o discurso de En Marea? O discurso de estar pola defensa de todos nós, da democracia e de denunciar por unha banda o proceso de anulación dos dereitos e liberdades democráticas, de derrogación fáctica do cerne da Constitución, e pola outra continuar a denunciar a situación de emerxencia social, onde por poñer un exemplo continúa a haber desafiuzamentos e onde queren vender o país con leis como a de depredación.

O poder está a practicar unha estratexia de exterminio e escravización. Cómpre escoitar á xente e ao mesmo tempo ter memoria histórica porque do contrario faise o que se está a facer. A nosa base de datos ten que ser a xente. - Temos escoitado moitas veces a persoeiros como por exemplo Iñigo Errejón, utilizar expresións como "la constitución de nuestros padres" ou "renovar el pacto de convivencia". Neste contexto corremos o risco de que emerxa unha nova forma de carrillismo? Os persoeiros son substituibles, e se a dinámica política é a correcta serán substituídos, pero se realmente se dá unha nova forma diso que ti dis, será moito pior que aquelo, porque entón os que fixeron o que fixeron tiñan claro que había un réxime fascista e agora semellaría que non, porque lle estarán a chamar constitución ao fascismo. Agora ben, e aínda o dixen onte en Ferrol, as políticas de alianzas son de alianzas, non de vasalaxe, e se os nosos aliados a nivel do estado non cumpren haberá que revisar esa política. - Que perigos corre Galiza? Está en xogo o país? Está en xogo a nosa integridade, a empezar pola medioambiental, a dos nosos ecosistemas, e a respeito do noso pobo, a súa supervivencia, mesmo demográfica, e somos un país en proceso, e non só en perigo, de extinción. - Antes de rematar a entrevista vou nomear a unha serie de persoas das que quixera que me digas algo e non con moitas palabras. -O mestre Pereira. O meu mestre, republicano represaliado do que aprendín cousas que aínda hoxe son fundamentais para min. - Alexandre Bóveda. Galiza como ensoñación. Un defensor da república que pagou coa vida. - Filgueira Valverde. Un erudito considerable, galeguista na súa mocidade pero que cando se dá o golpe de estado e apresan a Bóveda el falaba na radio dos golpistas. - Castelao. O corazón de Galiza. - Otero Pedrayo. A personalidade humana máis impresionante que tratei na miña vida e que ademáis non era de dereitas. -Martiño Noriega. A persoa con máis peso específico, ideolóxico e político que ten hoxe o nacionalismo galego. - Luís Villares. Un namorado da xustiza que ten que aprender que na política se libran combates, non se dictan sentenzas. Moitas grazas pola túa atención Xose Manuel.


8

FINAIS DE DECEMBRO 2017

GALICIA

Ven de rexistrar unha moción para o seu debate no Pleno do Parlamento galego

En Marea reclama solucións reais e urxentes para acabar co drama dos desafiuzamentos SANTIAGO.

A agrupación política En Marea ven de rexistrar unha moción para o seu debate no Pleno do Parlamento galego para demandar solucións ante o drama das persoas que se quedan sin vivenda todos os días en Galiza, excluíndoas dun dereito básico. Segundo os datos do CXPX incrementáronse en Galiza no primeiro trimestre de 2017 nun 9,8 por cento, e no segundo un 6 por cento, e aínda que baixan as execucións hipotecarias, suben espectacularmente os lanzamentosderivados de impagos de aluguer. Cada día danse de media en Galiza máis de 4 lanzamentos. A grpuación En Marea non cre que se trate dunha situación coiuntural senón que é estructural, e deriva por un lado do empobrecemento de amplas capas da sociedade, debido aos efectos do desemprego, do incremento do emprego temporal, da inestabilidade, precariedade da xeralizaación dos salarios que non son suficientes para vivir, e por outra banda dunhas políticas de

vivenda que priorizan o negocio dos grandes poseedores de vivenda sobre o dereito á vivenda. A maioría dos mozos e mozas que acceden a unha vivenda fano través do aluguer.A porcentaxe incrementouse espectacularmente nos últimos anos. Ante a ausencia de mecanismos de regulación dos prezos e das condicións dos alugueiros o aumento da demanda fai subir uns prezos que en Galiza medraron no 2016 un 6,6 por cento,o que incrementa e incrementará as dificultades para acceder a unha vivenda de moita xente, sobre todo moza e de colectivos con menores recursos económicos. Por iso, En Marea propón priorizar as políticas que doten a Galiza dun parque público de vivenda pública en aluguer con prezos sociais cunha dimensión axeitada, moto maior que a actual que non chega nin ao 0,3 por cento do parque total de vivenda, xa que sería un elemento regulador do mercado e unha boa opción para a xente con menos recursos económicos, ou aquela

que opte polo aluguer como opción sobre a compra. Nos anos de goberno do PP en Galiza, a vivenda pública en alugueiro non ten medrado practicamente, non sobrepasa as 3500 vivendas propiedade da Xunta de Galicia nese réxime, e en calqueira caso carece da forza necesaria para ser unha solución a este grave problema. Ademáis, En Marea propón que se incrementen os orzamentos adicados á vivenda de promoción pública, que se modifiquen os decretos, 253/2007 de Réxime Xurídico do Solo e das edifica-

cións promovidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, e o Decreto 1/2010, polo que se regula o Rexistro único de demandantes de vivenda de Galiza, que regulan a adxudicación das vivendas de promoción pública, para dotalo de maior axilidade e simplicidade. O sistema actual de adxudicación provoca longos periodos de espera grande cantidade de renuncias, porque as características da vivenda non se adaptan ás necesidades do demandante porque nese periodo mudaron as características da unidade familiar. O grupo parlamentario demanda tamén a que se esixa ao Goberno do Estado que ceda as vivendas propiedade da SAREB que sexan necesarias para que pasen a formar parte do patrimonio público xestionado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. “É un escándalo democrático que despois dos miles de millóns de diñeiro público empleados en rescatar os bancos e en mercar os activos tóxicos, ésas vivendas

propiedade da SAREB non se poñan a disposición da xente que o necesita” asegurou o vicevoceiro no Parlamento. A maiores propoñen que se tomen medidas que permitan gravar as vivendas baleiras, mediante o desenvolvemento regulamentario previsto no RDL 2/2004 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, impoñendo recargos si así o acordan os concellos, e a modificación da Lei de Arrendamentos Urbanos que mellore a estabilidade dos contratos, limite o incremento dos prezos entre contrato e contrato, e limite as fianzas. Para En Marea “é dunha inxustiza incomparable que nun país con 300.000 vivendas baleiras, cos bancos rescatados con miles de millóns de euros de diñeiro público, todos os días haxa xente que sexa expulsada das súas casas”. “Esta realidade é resultado de políticas ao servizo dos especuladores, e de gobernantes cunha absoluta falla de sensibilidade social” concluíu Antón Sánchez.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

9

GALICIA

Conta atrás para que os concellos se adhiran ao Plan Revitaliza

Esixen a preservación do patrimonio do Centro Galego de Bos Aires antes da súa venda

Comeza a conta atrás para que os concellos que queiran participar no Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación poidan adherirse e obter un plan de residuos individualizado baseado na compostaxe. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica hoxe as ‘Bases reguladoras da nova convocatoria de subvencións para a consolidación do Plan Compost Revitaliza’, cun prazo de solicitude que finaliza o vindeiro catro de xaneiro. Este novo prazo abriuse debido ao interese mostrado por algúns concellos que quedaron fóra da anterior convocatoria, aprobada en xullo, coa que os municipios adheridos se beneficiaban de varias actuacións postas en marcha pola Deputación de Pontevedra, desde a formación do persoal, ata dúas liñas de subvencións para consolidar o Plan Revitaliza. A liña 1 permitíalles aos concellos adheridos dispoñer dun plan de residuos individualizado no que estudar

O grupo parlamentario En Marea vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que a Xunta negocie co goberno de Arxentina para garantir a protección, conservación e acceso ao patrimonio cultural do Centro Galego do Bos Aires, abocado á venda á empresa Ribera Sáude e á posterior desaparición. A promotora da iniciativa, a deputada Ánxeles Cuña, destacou o valor patrimonial dos fondos culturais que alberga o centro “con máis de 140 obras pictóricas de Maside, Laxeiro, Seoane, debuxos de Castelao e uns 20 mil libros”. Ademais, lembrou o vínculo do Centro Galego de Bos Aires con Castelao “que morreu alí nun cuarto que aínda se conserva intacto”, polo que En Marea reivindica “que todo este patrimonio na chamada quinta provincia galega debe ser coñecido por todo o pobo galego”. Ademais da protección dos fondos, En Marea propón na súa iniciativa “negociar con Goberno da República de Arxentina a com-

O BOPPO publicou as bases da nova e última convocatoria para obter plan de residuos individualizado baseado na compostaxe

PONTEVEDRA.

que parte da poboación pode compostar de xeito individual, canta pola vía dos centros de compostaxe comunitaria e canta a través dunha planta de tratamento. A liña 2 tivo por obxecto subvencionar a adquisición dos composteiros individuais e comunitarios necesarios para a posta en marcha do novo modelo de xestión de lixo baseado na compostaxe, así como dos materiais complementarios para o seu bo funcionamento (trituradoras, remolques etc.), e estaba dotada con 1.250.557,45 euros. Ao remate da primeira convocatoria foron 29 os concellos adheridos ao Plan Revitaliza, dos cales 24 solicitaron participar na liña 1 e oito na liña 2, cifras que superaron as previsións iniciais e que obrigaron a Deputación de Pontevedra a facer un grande esforzo para dotarse dos medios humanos e técnicos necesarios para poder cumprir coas esixencias presentes e tamén futuras. Nas últimas datas recibíronse numerosas peticións de

concellos que, por diferentes motivos, non entraron nesta primeira convocatoria. Para atender esta demanda a Deputación de Pontevedra decidiu abrir unha nova e última convocatoria no mandato para adherirse ao plan e acceder á liña 1 de subvencións, ao ser materialmente imposible atender máis concellos na liña 2 de subvencións económicas. Segundo explicou no seu momento o vicepresidente Mosquera esta é a última vez que se dá esta posibilidade de adhesión, posto que a Deputación “xa está ao límite das posibilidades de persoal”. A Deputación ten instalados en 21 concellos 54 centros de compostaxe con 377 unidades modulares que funcionan perfectamente e contan con todos os parabéns das veciñas e veciños que participan no proceso. De cara a futuro, a institución provincial tamén vai mercar outros tres lotes de diferentes composteiros: individuais, comunitarios e de terraza ou balcón.

SANTIAGO.

pravenda daquelas obras indispensables para a transmisión do patrimonio cultural de Galicia as xeracións vindeiras ou no seu caso a súa reprodución”. Tamén considera que o goberno do Estado debería asinar convenios de colaboración coa República da Arxentina para dar a coñecer a obra de persoas galegas ilustres na diáspora, nomeadamente da pictórica, con garantía de restitución e coas medidas de seguridade precisas para cada caso. A institución, con 110 anos de historia, alberga no seu interior o teatro Castelao, a sala de sesións, a presidencia, a sala Ramón Otero Pedrayo, a pinacoteca e unha biblioteca, para os que se demanda tamén a sua protección e restauración, vía negociación coa empresa Ribera Sáude e a Fundación Favorolo. “En caso de non garantirse a conservación da obra, nomeadamente da pictórica, solicitar do goberno de España aquelas actuacións tendentes á negociación e compra por parte do mesmo en colaboración co goberno de Arxentina.”, reza a iniciativa de En Marea.


10

FINAIS DE DECEMBRO 2017

GALICIA

Maceira: “gustaríanos que os deputados e deputadas do PP que aman a lingua galega saian do armario lingüístico”

O PP nega que o galego teña os mesmos dereitos que o castelán, o eúscaro e o catalán

SANTIAGO.

A Mesa pola Normalización Lingüística lamenta que o Partido Popular continúe a oporse aos avances para a lingua galega. Evidenciouno co rexeitamento á iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A defensa da ILP correu a cargo do presidente da Mesa, Marcos Maceira. Este, explicou a necesidade de contarmos cunha lei que protexa os dereitos lingüísticos ante as reiteradas vulneracións e discriminacións que se producen en Galiza. Neste sentido, Maceira enunciou casos reais de situación que acontecen a diario no ámbito socioeconómico, onde o normal é que a lingua non estea. “Casos como as centos de peticións para que Ikea dea opción de galego na súa web, casos coma o das empregadas de Extel ou Ferroatlántica que defenden o uso do galego como maneira de manter os postos de traballo no país ou como a aseguradora Génesis tivo que dar marcha atrás na ne-

gación de facilitar documentación e contratos en galego” apuntou Maceira. Para a Mesa, o idioma debería ser o alicerce sobre o que establecer os principios mínimos da política galega, porque a normalidade da lingua galega ten que ser a mostra da cohesión social e da unidade do pobo galego. Hoxe, o PP rexeita unha proposta que comezou a súa andaina co apoio de 125 persoas representativas de diferentes ámbitos, mais que finalizou con máis de 28.000 asinantes. Tamén contou co apoio de asociacións de comerciantes, persoas usuarias e consumidoras, sindicais, de persoal do sector da tele-atención e mantivéronse xuntanzas con institucións como a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Consello da Cultura Galega, Instituto Galego de Consumo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, entre outras. Maceira recriminou que o PP se auto-exclúa da unanimidade que debería existir en torno á lingua e se absteña ou directa-

mente actúe en contra da cativa lexislación e acordos que amparan a lingua, a Lei de normalización da lingua galega ou o PXNLG. Un PXNLG elaborado coa participación de 1000 persoas, aprobado unanimemente polo Parlamento que se concretou

en 440 accións que trece anos despois seguen inactivas. “Imaxínanse un país con lingua propia oficial onde as actividades económicas que se poden realizar en galego son anecdóticas? Un país onde non poidan asinarse contratos ou ter formu-

larios na túa lingua? Ese país existe e chámase Galiza” afirmou con rotundidade o presidente da Mesa. A Mesa denuncia que os últimos sete anos, os gobernos do PP foron os máis agresivos para a lingua galega. Isto implicou un importante retroceso do galego tal e como demostran todos os estudos. A pesar do diálogo mantido con multitude de entidades e partidos, tamén o PP, este preferiu consolidar a súa animadversión á lingua. Porén “queremos recoñecer o interese de persoas do Partido Popular dentro e fóra do Parlamento por tentar que o seu partido apoiase a ILP”, sinalou Maceira. Finalmente a Mesa anima a continuar traballando polo impulso do galego en todos os ámbitos. “O traballo non remata aquí, non imos ficar de brazos cruzados mentres vostedes votan contra a lingua propia de Galiza. Cremos que a situación do galego non é irreversíbel e por iso o seguiremos empregando, defendendo e impulsando”rematou Maceira no Hemiciclo.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

11

OPINIÓN Xosé Abelenda. Migrante galego en Suiza e militante do BNG nese país.

F

Os emigrantes queremos voltar á nosa terra

artos de andar coa maleta dun lado pra outro, os emigrantes queremos voltar para a nosa terra pero non só de vacacións, queremos axudar a construir a nosa nación, mellorar as cousas. Por desgraza xa emigraron os nosos antepasados e tristementente seguimos a marchar por falla de oportunidades e debido a precariedade laboral, pódedesme crer que non é por gusto e menos por facer turismo como din ou pensan moitos políticos. De seguro que por seren fillos de quen son, o fillo de Feijóo e a directora de Zara Home, non terá que quitar o seu lar, claro xa se sabe, o que ten padriño bautiza. Se os galegas e os galegos, non tivesemos que emigrar, o problema do avellentamento da poboación e a perda da poboación sería resolto dun xeito fulminante, sen grandes medidas. Pero claro como os nosos dirixentes actuais ou non se decatan ou non se queren decatar da grande eiva que provoca o éxodo de profesionais cualificados para o desenrolo do país, debido aos contratos lixo, o parón brutal da construción despois das politicas que fomentaron a especulación urbanística e coma emigrante que son, doe, escoitar, ler, ver, que o Par-

tido Popular, co seu lider máximo na Gallaecia, tenta convencernos que con medidas como o cheque bebé vai resolver o problema de perda poboacional, non sei en que mundo vive esa xente, semella que non queren ver que a xente moza vaise por non ver nen presente nen futuro e non se lle pode botar a culpa á falla de preparación como lles puido pasar aos nosos pais. Outros coma Urdangarín e a Borbona, son emigrantes da JET, viven a corpo de rei nas terras Helvéticas e a eses, si que se lles podería aplicar o dito, de que lle choven os cartos do ceo, aos demais tócalle traballar duro, soñando con voltar algún día á terriña e ao final no mellor dos casos voltarán xubilados, mentres as casas construidas con tanto suor grazas aos xiros, valeiras fican durante case todo o ano. Se a mocidade se vai, evidentemente, non se pode manter a poboación e menos aumentala. Galiza estase a conveter nun país de vellos. Sen invertir en investigación, en políticas de industrialización sostible, sen ter unha facenda própria e un proxecto de país, non se poderá revertir a tendencia, os nosos fillos seguirán emigrando e os que naceron na diáspora, serán turistas

da súa terra. Que podemos esperar do bipartidismo, que non cre no potencial da nosa terra e senta aos seus nos consellos de administración das eléctricas que expolian os nosos recursos naturais e xa non falemos de ENCE-ELNOSA, culpábeis da destrución dos nosos montes coa eucaliptacizacion masiva e para ir rematando non me queda mais remedio que falarvos do que se pasa no goberno Central (“centralista”) segundo o punto de vista do partido da caixa B e de M. Rajoy, o desemprego baixou moito no estado Español e a precariedade laboral é unha ilusión, normal, os que estamos fóra, xa non figuramos nas estatísticas e os grandes medios de comunicación que están ao

servizo do IBEX 35, subvencionados con fundos públicos, lávannos o cerebro ca súa propaganda progubernamental e mentres os súbditos do reino Español preocupalle máis a secesión de Cataluña que poder ter unhas condicións laborais dignas, unha pensión decente e a corrupción xa pasa a un segundo termo e mentres teñan fútbol e touradas, todo vai, ben, non importa que caseque un 30 % da poboación estea en risco de pobreza ou exclusión social, o importante es la banderita y a por ellos OE ! Se non cremos en nos, se non apoiamos aos nosos con vontade de cambio, non nos quedara máis remedio que seguir emigrando, triste é noso destino.


12

FINAIS DE DECEMBRO 2017

A LOURIÑA

Xuntanza de alcaldes con representantes do Comité de Empresa de Maderas Iglesias PORRIÑO.

Sétima proba puntuable da copa Galicia de ciclocross

A Copa de Galicia de Ciclocross visita o concello de Culleredo

CULLEREDO.

Con apenas 1º temperatura o concello coruñés de Culleredo acollía recentemente a sétima proba puntuable da copa Galicia de ciclocross, que alcanza o ecuador da competición.O club Ciclista Cambre organizaba unha proba moi exixente onde os bikers do ciclocross galego tiñan que afrontar pendentes que parecían imposibles de ascender a golpe de pedalada. As 9:30 da mañá con 1ºC de temperatura arrincaba a xornada de ciclocross coa categoría de promoción, na que os representantes da A.D. Avanza marcaron o ritmo da carreira de man de Andrés Valverde que conseguía cruzar o arco de meta na primeira posición, onde tamén os seus compañeiros conseguían rematar

entre os seis primeiros postos, Hugo Martínez 3º, Iker Otero 4ª e Uxía Soto en quinto lugar resultando a primeira fémina en cruzar o arco de meta. Na categoría cadetes os integrantes da Asociación Deportiva Avanza de O Porriño chegaban a Culleredo cun Xoel Montes situado na terceira posición da clasificación xeral da copa Galicia, tivo que afrontar unha xornada de mala sorte o ir en varias ocasión o chan o que non lle impediu rematar na décima posición e seguir mantendo viva a disputa por estar aí arriba na clasificación Xeral, os seus compañeiros de equipo na categoría non correron mellor sorte onde Sergio Lorenzo remata 8º e David Fernández que se ía o chan cando estaba disputando o

quinto posto quedando relegado a novena posición. Na categoría Junior Jose Ramón Martínez “Chechu” remataba 5º, nunha xornada na que mantivo unha dura loita por manterse nos postos de cabeza acompañado nas primeiras voltas do seu compañeiro de equipo Óscar Fernández que tivo que afrontar unha dura xornada derivada de varias caídas que repercutiron en distintas fallas mecánicas no transcurso da competición conseguindo a décima posición. Na categoría Elite Luís Fernández Oliveira “Oli” cunha sexta posición poñendo o peche final a unha xornada onde unha maioría dos integrantes da A.D. Avanza de o Porriño conseguen cruzar o arco de meta entre os dez primeiros da categoría.

Os alcaldes de Salceda, Marcos Besada, Ponteareas, Xosé Represas, Mondariz, Xoán Carlos Montes, As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o tenente de alcalde de Mos, Camilo Augusto Martínez, mantiveron este luns unha xuntanza, no Concello do Porriño, con representantes do Comité de Empresa de Maderas Iglesias, e dos sindicatos CIG, CCOO e UXT, que trasladaron aos rexedores que a empresa comunicoulles a apertura dun expediente de extinción de 140 contratos-ou de todos eles, preto de 300- o vindeiro día 12 de xaneiro.Ante esta situación, os alcaldes e alcaldesa veñen de solicitar un encontro ao máis alto nivel, con representantes da Xunta de Galicia, acompañados polos membros do Comité de Persoal, de cara a evitar a eliminación destes empregos- ou da totalidade deles-e o peche dunha empresa

que consideran parte dun sector estratéxico para a economía galega como é o da madeira. Os alcaldes e a alcaldesa, coñecedores do interese da Xunta en evitar a eliminación destes empregos, considerando que a a empresa recibiu no seu día fondos públicos por medio do IGAPE e lembrando que todos os grupos do Parlamento de Galicia aprobaron unha iniciativa apoiando tomar a iniciativa para facer viable Maderas Iglesias, piden ao Goberno de Galicia que nesta situación de extrema gravidade para a continuidade desta firma, fagan efectivos os termos desta iniciativa e preste as garantías posibles e necesarias para manter os empregos.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

13

A LOURIÑA

O estudo de 1999 confirmou a localización de solos contaminados no Polígono das Gándaras e Torneiros e no lugar de Contrasto PORRIÑO

O deputado por Pontevedra, Luis Bará acadou hoxe o compromiso do grupo parlamentar do Partido popular na comisión de Medio Ambiente para iniciar as medidas necesarias contra os riscos á saúde dos solos contaminantes por lindano no concello do Porriño. O nacionalista lembrou que o estudo realizado no ano 1999 confirmou a localización de solos contaminados por lindano no Polígono das Gándaras e Torneiros así como a presenza deste produto no lugar de Contrasto despois de realizar as obras de saneamento. O texto da proposición non de lei do BNG, transaccionado co PP e Psoe contou coa unanimidade da comisión para instar ao Goberno galego a: 1. Rematar, no tempo máis breve prazo posible, o estudo exhaustivo que se está realizando sobre os solos conta-

Bará acada o compromiso do PP para resolver os residuos de lindano en Porriño minados con lindano no concello do Porriño. 2. Tras os resultados do estudo e localizadas as zonas contaminadas, realizar en colaboración co concello un proxecto de descontaminación das zonas afectadas que deberá comezar a executarse ao longo do ano 2018. 3. Continuar adoptando en colaboración co concello de Porriño as medidas preventivas necesarias para evitar riscos para a saúde das persoas. 3.bis, Colaborar coa Confederación Hidrográfica MiñoSil co concello para garantir o abastecemento de auga á poboación afectada. Na súa intervención, o deputado do BNG lembrou que o lindano comezou a ser co-

ñecido a finais dos anos 40 e mediados dos 60. A empresa Zeltia, explicou Bará, sintetizou

Lindano, un hexaclorociloexano utilizado para a fabricación de insecticidas. Os resi-

duos cristalizados xerados neste proceso de fabricación foron empregados como material para a construción de camiños e estradas, así como en recheos en diversas obras a pesar da alta toxicidade do produto cuxos efectos incrementáronse co paso do tempo provocando un grave risco para a saúde e o medio ambiente. O parlamentario nacionalista recibiu con satisfacción o acordo acadado hoxe no Parlamento galego e anunciou que o BNG vixiará o cumprimento deste acordo que fai imprescindíbel a actuación da Xunta de Galiza para procurar unha solución definitiva á contaminación de solos e pozos de auga no concello do Porriño.


14

FINAIS DE DECEMBRO 2017

ENTREVISTA

Recentemente coñeceuse a intención do Celta de construír unha cidade deportiva e un centro comercial nos montes de Pereiras e de Tameiga. Semella que cuestionar algo relativo a un narcótico social tan profundo como é o fútbol é un anatema. Pero agardemos que isto non sexa un intento especulativo máis, no que baixo o escaparate da suposta utilidade pública dos campos deportivos se esconda a verdadeira intención; facer negocio inmobiliario a conta de expropiar forzosamente os montes comunais?.

A CIDADE DEPORTIVA DO CELTA EN MOS Falamos con ANTONIO CAXIDE e GONZALO PÉREZ, presidente e coordinador da comunidade de montes de Tameiga para coñecer o que pensan sobre o proxecto deportivo. Como coñecedes vós ese proxecto? Ben, a nós chámannos e nos contan que hai un proxecto Cando e quen vos chama? A primeira chamada é do noso avogado e produciuse arredor de hai cinco meses Ata que recibistes a chamada do avogado non tiñades nin idea da existencia das intencións do celta ? Non. E que vos conta o avogado nesa chamada? Que tiña unha chamada do celta para informarlle da súa intención de construír unha cidade deportiva nos montes de Pereiras e unha zona comercial nos montes de Tameiga. Cal é o seguinte paso? Unha xuntanza cos representantes do Celta na súa sede social en Vigo, na que nos presentan a súa intención.

Eles dinnos que para concretar o seu proxecto, precisan que lles vendamos arredor de 30 hectáreas, de terreo propiedade da comunidade montes de Tameiga. E Vós que respondestes? Que legalmente non podiamos facelo, e que a nosa vontade non era tampouco a de vender terreo, senón todo o contrario. Eles nos preguntan que opción habería sen chegar a unha expropiación e nós comentamos que a única hipótese posible sería arrendalo. Eles din que desa maneira non

sería posible, porque eles queren construír e vender. Non quedaría máis opción que unha permuta? Efectivamente, entón nos preguntan como podería ser unha permuta. E nos comentamos que a relación de cambio sería 8 a 1, por cada metro que cedamos terían que darmos 8. Eles quedaron de miralo e nós marchamos. Houbo máis xuntanzas? Si, tivemos unha xuntanza a primeiros do mes de decembro nas instalacións

Os “Tonios” e a cidade “especulativa” do Celta en Mos

do CC das Pedriñas. Alí falan de que o da permuta podería ser factible, sen especificar a proporción de cambio malia que sería máis ou menos o comido polo servido. Claro,nós dixemos que un a un pois non tiña en absoluto interese para nós.. E nós sacamos a colación o tema das traídas de augas, pois neses terreos hai 5, e claro a construción dun área comercial suporía que se secaran. A discusión sobre ese tema dos pozos prolongouse moito e quedou todo sen definir e ata hoxe non soubemos nada máis. Vaia déixasme estupefacto, entón todo o espectáculo que organizou o concello con presenza dos políticos, alcaldes,xogadores de fútbol na que deron por feito a concreción do proxecto, é allea a vós, que sodes os verdadeiros propietarios do monte? Nós non temos nada que ver. Cal é o sentir xeral dos comuneiros de Tameiga ao respecto? É moi difícil de responder porque temos moi poucos datos. O goberno municipal de Mos púxose en contacto con vós para saber o que pensabades? Non. E a oposición? Si, os tres grupos políticos da oposición viñeron falar con nós. Moitas grazas.

HUMOR: MARCOS ESCUDERO http://cousasdebuxo.blogspot.com.es


FINAIS DE DECEMBRO 2017

15

A LOURIÑA

GañaMos ve con prudencia e preocupación o proxecto do Celta en Mós

F

ROLDA DE PRENSA DA DEPUTADA ALEXÁNDRA FERNÁNDEZ XUNTO COS CONCELLEIROS DE GAÑAMÓS

O Congreso aproba as propostas de GañaMos sobre á a-55

MADRID.

Aprobáronse no Congreso dos Deputados, en Madrid, dúas das propostas que GañaMós levaba tempo traballando, para acadar unha solución ao grave problema da autovía A-55 en Mós. Ambas iniciativas, presentadas pola deputada de En Marea, Alexandra Fernández, saíron adiante co voto favorable de todos os partidos agás a abstención do Partido Popular. -Implantación dunha tarifa anual bonificada no treito Vigo-Tui da AP-9 e a posterior eliminación da peaxe para que se converta nunha alternativa real á autovía A-55. Mós leva moito tempo sufrindo a sangría da A-55 que se cobra decenas de vítimas cada ano sen que ninguén fixera algo de verdade para solucionalo e mentres a autovía A-55 soporta unha altísima densidade de tráfico, a autopista AP-9 cun trazado paralelo entre Puxeiros e Porriño está baleira. Por iso é necesario converter

dito tramo da AP-9 nunha alternativa real ao perigoso trazado da A-55 ao seu paso por Mos. A implantación desta tarifa bonificada pode ser o primeiro paso para suturar esa ferida que supón a A-55 en Mos. -Reforma do cruce de Puxeiros onde conflúen a saída da autopista AP-9 coa antiga estrada de Madrid. A solución para este conflitivo cruce é sinxela xa que Fomento posúe terreos expropiados que permitirían acometer as obras sen grandes investimentos. Non se entende porque isto non esta xa solucionado sabendo a cantidade de vehículos que circulan a cotío por esta complicada intersección. GañaMós di que non estarán satisfeitos ata que estas dúas propostas sexan unha realidade, e que usaran todos os seus resortes institucionais para seguir presioando e que o Ministerio de Fomento acate o mandato do Congreso.

inalizamos o ano vendo como o Real Club Celta de Vigo, xunto cos representantes do PP de Mos e da Xunta, anuncian a súa intención de construír unha cidade deportiva e un mega centro comercial nos montes de Tameiga e Pereiras, que afectaría aos veciños propietarios, ás Comunidades de Montes e ás Comunidades de Augas existentes. Nese anuncio propagandístico falase dun “acordo pechado” coas Comunidades de Montes de Pereiras e Tameiga, cando a día de hoxe as asembleas de comuneiros aínda non foron convocadas para decidir por votación este suposto acordo. A realidade non é tan bonita como nola tratan de vender. A realidade é que de non acadar un acordo pactado cos propietarios, os promotores deste proxecto teñen o respaldo da Xunta e do Concello para expropiar e facerse cos terreos por un prezo irrisorio. E todo isto amparado por un suposto “interese social”, no que único beneficiario claro sería a Sociedade Anónima Deportiva Real Club Celta de Vigo, que incrementaría o seu patrimonio a través da posterior recualificación destes mesmos terreos. Dende GañaMos vemos con preocupación esta estratexia de presión mediática, que xoga co forte sentimento social do Celta para someter á opinión pública e aos propietarios, sen apenas máis información, e con moitas dúbidas por resolver: Que hai detrás dun mega centro comercial e cidade deportiva que xa rexeitaron antes en Valadares, Candeán e Cabral? Que pasará coas Traídas de Auga que verán gravemente afectadas as súas captacións? O proxecto prevé a construción dun deposito con capacidade para millóns de litros, que despois de ser cedido ao Concello pasará ao Consorcio de Augas do Louro,

pero, quen pode garantir que poida dar servizo a todos os veciños? E que prezo terán que pagar nun futuro por esta agua? Por outra banda, sobran exemplos por todo o país de mega proxectos que quedan inacabados por diversas razóns. Onde están os prazos de execución e os compromisos de continuidade? Dubidamos de que este proxecto sexa beneficioso para as arcas municipais, xa que descoñecemos que tipo de exencións fiscais levan implícitas esas obras e licenzas. Aínda que este proxecto proporcionara un ingreso significativo para o Concello de Mos, vía impostos e taxas, non se pode permitir que se asoballen os dereitos das veciñas e veciños. Antes de tomar unha decisión, os veciños afectados teñen que estar debidamente informados e polo de agora, e co pouco que sabemos, o proxecto ten enormes carencias ou deficiencias que os propios promotores non acertan a aclarar. Por iso queremos deixar ben claro que estaremos ao carón dos veciños e as Comunidades de Montes que son os verdadeiros motores da vida social, cultural e incluso económica de Mós, para darlles o noso apoio ante esta ocupación “forzada” dos nosos montes e respectaremos sempre a decisión que tomen nas súas respectivas asembleas.


16

FINAIS DE DECEMBRO 2017

A LOURIÑA

O BNG de Mos reúnese cos Orzamento 2018 concello de afectados polo proxecto Mos, máis do mesmo plo é o que pasa este ano, e o concello de Mos terá do clube de fútbol Un ano máis, os orza- no que estaba previsto re- que pagar 124.000 euros, e MOS.

MOS.

A obriga que ten o Bng de Mos é velar porque os dereitos dos cidadáns do concello non se vexan mermados por calquera tipo de proxecto que se queira levar a cabo no territorio municipal, sexa cal sexa o promotor de dito proxecto. Por esta razón, o Bng de Mos mantén contactos coas Comunidades de Montes afectadas así como proximamente, coas comunidades de augas que verían danadas as captacións que dan auga a centos de veciños. A inversión millonaria que parece que vai ter lugar, non é óbice para que as cousas non se fagan ben. Neste caso parece

que se comezou a casa polo tellado, e anunciouse un investimento nun proxecto, sen ter asegurado nin un só metro cadrado de terreo. O Bng seguirá fiscalizando todo este proxecto para evitar perxuizos aos nosos cidadáns.

mentos do Concello chegan a pleno. Pero esta vez, por moito que diga a alcaldía, non están en tempo, xa que entrarán en vigor como mínimo a finais do mes de xaneiro. Pero éste é só un detalle. É importante lembrar que este ano 2018, é o último antes das eleccións, polo que tal como se pode ver, as inversións dispáranse, algo que fai que poidamos calificar aos orzamentos de electoralistas. Os ingresos previstos son irreais, a recadación o IBI, según o goberno, vai ser de 2 millóns de euros, algo que non vai poder ser. Un exem-

cadar 1.880.000 e a mes de novembro lévase recadado só 917.000 euros. O que clarifica o nivel de ingreso que se pode ter o concello. Ésto é avisado pola intervención do concello no seu informe. Ademais os gastos en inversión se disparan, por exemplo, en estradas duplícase de 150.000 a 300.000 euros, e hai unha nova partida de 150.000 euros para parques infantís. Electoralismo en estado puro. Ademais, non aparece a débeda que ten o concello coa Mancomunidade, que comezou a súa disolución,

esta débeda non aparecen en ningún lado no orzamento. Este orzamento legaliza a produtividade que arbitrariamente concede a alcaldía a certos traballadores, cambiando as bases de execución do orzamento para poder levalas a cabo sen que a intervención do concello poña reparos. Logo, cando non saian as contas, as facturas vanse acumular nos caixóns, como fixo xa hai algúns anos o goberno do PP. O Bng non se fía do equipo de goberno do PP, e polo tanto non vai apoiar os orzamentos.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

17

ENTREVISTA

MARINA ALCALDE (GañaMos), bióloga e integrante da Plataforma Antilindano da Louriña

“O GOBERNO DE MOS TEN UNHA ACTITUDE PASIVA NUN TEMA TAN GRAVE COMO ESTE” A pesar do moito que se fala estes días da contaminación por lindano na Louriña parece que a xente non acaba de ter conciencia do grave problema que supón este veleno para a poboación. Poderías aclararnos que consecuencias ten sobre a saúde a exposición ó lindano? O lindano é unha molécula organoclorada e, como tal, ten unhas características que a fan moi daniña para o medio ambiente e tamén para a saúde de tódolos organismos vivos, pois non é biodegradable e asemade acumúlase nos tecidos graxos. A toxicidade prodúcese por varias vías: o contacto directo, a inhalación e tamén a inxestión de alimentos e bebidas contaminados. A OMS clasifica o lindano como “canceríxeno de grupo 1”, pois hai numerosos estudos científicos que avalan este feito. En concreto, na Universidade de Granada existe un grupo de investigación que leva moitos anos investigando os efectos do lindano e outros tóxicos na saúde humana e tamén chegaron á conclusión de que produce cancro, sobre todo, cancro de mama. Ademais, cos seus estudos tamén determinaron que o lindano é un “disruptor endocrino” moi potente, o que quere dicir que interfire coas hormonas esteroideas causando distintos desordes hormonais, entre outros, observaron que produce esterilidade en homes e mulleres, e tamén certas malformacións de feto non asociadas aos xenes, senón á presencia deste tóxico na placenta durante o embarazo. Polo que podemos ler na prensa estes días, parecera que o problema só afecta ao Concello do Porriño, pero a Plataforma Antilindano da Louriña acumula testemuñas de que tamén existe lindano

enterrado en varios puntos do Concello de Mos, non é así? Pois si, polo que nos contaron hai varios testemuños de persoas que din que a finais dos anos noventa, cando se construíu a última fase de vivendas de protección oficial de Torneiros, levouse a terra contaminada que se sacou de aí para usar de recheo na zona que hai entre o colexio de Sanguiñeda e a discoteca Queen, xusto onde hoxe en día está o Parque da Auga. Parece ser que durante o tempo que duraron eses movementos de terras, curiosamente, moitos dos nenos do colexio de Sanguiñeda puxéronse enfermos. Aínda que, claro, hoxe en día non se pode afirmar que isto estivese asociado á presenza de lindano, pero é moi probable. Mentres que no Porriño activouse un protocolo para medir a contaminación da auga das fontes e mananciais do Concello o goberno municipal de Mos mantén unha actitude pasiva, como querendo volver a eque nterrar

o lindano xunto coa verdade, algo que xa pasou en 1998. Pois desgrazadamente, iso parece. Ante a pasividade do goberno municipal con respecto a este tema, GañaMos interpelou no pleno á alcaldesa para que se levaran a cabo análises específicas nas fontes e mananciais no noso Concello, pois as análises de potabilidade de augas que se realizan de maneira rutinaria non analizan parámetros coma o lindano, senón que

Concerto:

12 de xaneiro ás 23,00

se trata fundamentalmente de análises bacteriolóxicas. A nosa alcaldesa limitouse a dicir que dende o Concello se pediran uns informes á Xunta e que de momento non queren crear alarmismo, pero nós pensamos que o goberno municipal realmente non se está ocupando deste asunto como debería, pois non está tendo en conta o Principio de Precaución. Dáse o paradoxo de que tanto en Santiago como en Madrid están falando do lindano que moi probablemente temos enterrado en Mos, e que aquí o PP non mostra ningún interese nun problema de tal gravidade que de ser así afectaría directamente a moitos mosenses. E pola vosa parte, que acción estades levando a cabo para atallar este problema no Concello de Mos? Pois de momento estamos participando coa Plataforma Antilindano na recollida de testemuñas dos lugares onde se produciron esas verteduras para elaborar un mapa de contaminación por lindano en Mos, para posteriormente realizar catas neses puntos. Unha vez que se confirmen as nosas sospeitas, será o momento de esixir que se tomen as medidas oportunas para erradicar para sempre este terrible problema. MOITAS GRAZAS.

Gran actuación de Fulano Mengano y Citano


18

FINAIS DE DECEMBRO 2017

A LOURIÑA

Escrito por Xosé Ramón Paz Antón e ilustrado polo fotógrafo Xulio Gil

Presentan o libro “O Porriño. Historia e Patrimonio cultural” PORRIÑO.

“O Porriño. Historia e Patrimonio cultural”, escrito por Xosé Ramón Paz Antón e ilustrado polo fotógrafo Xulio Gil ven a “encher un vacío sobre a historia porriñesa que se contempla neste libro dende os tempos prehistóricos ata a actualidade”. Paz Antón resume en algo máis de duascentas páxinas o pasado deste territorio e as súas xentes ao tempo que se describe unha parte relevante do seu patrimonio cultural e paisaxístico, un relato que vén de salientar o excelente labor de Xulio Gil, quen capta coa

súa cámara aspectos insólitos ou pouco coñecidos e engade unha lectura visual que fai moi atractiva a obra que se presenta. Partindo dos xacementos arqueolóxicos, da romanización e da alta idade media, a información vai facéndose densa coas incursións viquingas e árabes, a creación dos mosteiros de Budiño e Cans, os señoríos e loitas medievais, o nacemento do concello da Louriña, a dependencia de Baiona e Salvaterra, a queima das fábricas de pan na guerra con Portugal, a forte reedificación de templos no Barroco e a in-

vasión dos franceses. A partir de aquí resúmense os fitos máis relevantes dos séculos XIX e XX, o concello constitucional, a vida social e cultural, a emigración, os movementos agrario e obreiro, a guerra civil, o franquismo e a industrialización. Entre outras achegas destacadas cabe citar a reproducción do primeiro mapa do concello que se conserva no Archivo General de Simancas e que foi realizado en 1655. Como subliña a alcaldesa, Eva García de la Torre, “O Porriño. Historia e Patrimonio cultural”, que foi editado gra-

zas a colaboración do Concello, “é unha excelente mostra dos nosos recursos naturais, o noso patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e cultural e amosa quenes somos, e ensina o porqué temos que estar orgullosos do noso pasado e, en base ao mesmo

seguir avanzando cara ao futuro”. García de la Torre reitera que este “magnífico traballo” que O Porriño non tiña e que necesitaba e que servirá de clave para mirar cara ao futuro e á necesidade de poner en valor os nosos costumes e a nosa esencia.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

19

A LOURIÑA

Manus e o CRA Raíña Aragonta colaboran en Salceda co Programa de Alimentos SALCEDA.

O Centro de Educación Infantil Manus e o CRA Raíña Aragonta veñen de facer unha aportación para o Programa de Alimentos e de xoguetes de Salceda, resultado de sendas iniciativas solidarias levadas a cabo nos propios centros educativos que consistiron na recollida de xoguetes e alimentos. As familias dos nenos e nenas que asisten a Manus e ao CRA Raíña Aragonta fixeron as aportacións de xoguetes e alimentos, e os nenos e nenas que asisten a ámbolos dous centros foron os encargados de facer a entrega dos xoguetes e alimentos recadados a duas voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda.

Ao longo do ano son diversos os colectivos, institucións, empresas e persoas individuais as que fan aportacións de diversa índole para este Programa, xestionado a través do voluntariado de Salceda por medio dos Servizos Sociais Municipais. O Programa de Alimentos de Salceda atende actualmente a unhas 50 familias do Concello, que reciben alimentos en función do número de membros da unidade familiar, con especial atención aos máis cativos. O Programa súrtese fundamentalmente dos excedentes da Unión Europea distribuídos a través da Cruz Vermella, aínda que é básica tamén a aportación de alimentos feita de actos benéficos, festivais, certames… organizados tanto polo Concello como

por diferentes asociacións e entidades do municipio. Na época do Nadal realízase tamén reparto de xoguetes ás familias que teñen nenos e nenas, co obxectivo de que nestas datas tan especiais non se quede sen agasallo ningún cativo. Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social e Ensino: “Os colectivos de Salceda, neste caso os centros escolares seguen a demostrar a súa solidaridade e a súa disposición a realizar este tipo de eventos altruistas. Dende o Concello agradecemos enormemente estes xestos, e dende logo non queremos deixar pasar a ocasión de trasladarlle a Manus e ao CRA Raíña Aragonta neste caso os nosos parabéns por esta iniciativa que levan a cabo ano tras ano”.


20

FINAIS DE DECEMBRO 2017

A LOURIÑA/ BAIXO MIÑO

Salceda mellora o seu parque de maquinaria para un mellor servizo SALCEDA.

O Concello de Salceda de Caselas ven de adquirir dous novos vehículos para o parque móbil das Concellarías de Vías e Obras, Medioambiente e Medio Rural. Trátase dun camión con grúa e volquete e dun tractor de desbroce. No primeiro caso, o camión con grúa e volquete será sen dúbida de gran axuda en tarefas tan diversas como limpeza de camiños e estradas de tituralidade municipal, transporte de asfalto para bacheo, traslado e colocación de postes para o alumeado público, transporte de materias para todo tipo de obras que realicen os operarios municipais, obras varias no ámbito rural e urbano ou reco-

llida de enseres voluminosos para o seu posterior traslado a unha planta de reciclaxe. O camión mercouse con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, por un importe de 27.000 €. No caso do tractor para desbroces, será empregado nas labores de desbroce nos camiños e estradas de titularidade municipal así como nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa de ámbito municipal para a protección dos núcleos poboacionais. Neste caso, a adquisición foi posible grazas a un convenio coa Consellería de Medio Rural, na cal a Consellería asume os 87.750 € de custe do tractor, e o Concello o IVE correspondente.

O Nadal chega á Biblioteca Municipal O ROSAL.

O NADAL chega á Biblioteca Municipal do Rosal. Abrirá polas mañás de 10 a 13 h, con actividades para os máis pequenos, e polas tardes de 16 a 20 h. Non te esquezas de vir buscar o teu libro de lectura para este Nadal.

A praza de abastos de A Guarda loce os adornos feitos no II obradoiro infantil “Decora o teu Nadal” A GUARDA.

Raecentemente tivo lugar na Casa dos Alonso de A Guarda o segundo obradoiro da campaña de decoración de Nadal na vila, adicado aos máis pequenos da casa. O Concello da Guarda leva varias semanas impulsando a campaña «Decora o teu Nadal», dentro da cal se enmarcan tres obradoiros infantís de decoración propia destas datas para engalanar distintas dependencias municipais. O pasado sábado, 16 de decembro, os cativos e cativas de entre 4 e 12 anos participaron

no segundo destes talleres, celebrado na Casa dos Alonso, coa finalidade de decorar a Praza de Abastos. Os nenos e nenas desfrutaron durante a mañá creando os seus propios e personalizados adornos en forma de pingüíns e figuras de Nadal, para colocar nas varandas da Praza de Abastos. O último obradoiro deste ano celebrarase o próximo martes 2 de xaneiro, na Casa dos Alonso a partir das 11:30 h, e nel as cativas e cativos prepararán a Recepción Real dos Reis Magos.

Aviso recollida de lixo para estas datas O ROSAL.

Os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro son festivos e non haberá recollida de lixo. Posto que as 3 datas coinciden antes ou despois de domingo, serán 2 días seguidos sen recollida. Nestas datas sempre producimos máis residuos do normal, por iso pedimos ós veciños e veciñas que non deixen o lixo fóra do colector. No caso de que estean cheos, se é posible, manteña as bolsas no seu fogar para evitar problemas de malos cheiros e mal aspecto visual.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

21

BAIXO MIÑO

Emenda do BNG aos Orzamentos da Xunta para o novo aceso ao porto da Guarda rexeitada polo PP A GUARDA.

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2018 na que destaca a petición dunha partida de cartos para realizar o novo aceso ao porto da Guarda. O resultado foi moi claro para o pobo da Guarda: voto en contra do PP. Consideran que o PP queda inhabilitado como partido político para a defensa dos intereses da Guarda: “non se pode estar en misa e repicando, ou estás co pobo da Guarda apoiando a realización dun novo aceso ao porto ou rexeitas esta proposta condenando á Guarda a uns acesos propios do século pasado. O PP teno claro, prefire unha Guarda do pasado”, comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG na Guarda. Dende o BNG, consideran que a realización deste novo vieiro é un dos aspectos fundamentais para que a transformación da Guarda sexa unha realidade. “Coa construción dun novo aceso ao porto e a reforma de Concepción Arenal, estariamos a falar da transformación urbanística e social máis importante dos últimos anos. Sería entregar a Guarda aos seus habitantes e visitantes que recibimos cada ano”, comenta Án-

gel Baz, portavoz municipal do BNG. Para o BNG a actitude do PP é incomprensíbel: vota en contra do convenio coa Deputación de Pontevedra para a modificación da rúa Concepción Arenal e rexeita a construción do novo aceso ao porto da Guarda. O BNG ten claro que o novo aceso ao porto é unha prioridade para conseguir un proxecto de pobo aberto, un pobo no que andar, utilizar a bicicleta non sexa unha actividade de risco, onde as persoas con mobilidade reducida non teñan que sufrir para poder saír da casa. En definitiva, un pobo no que sexa agradábel vivir e camiñar. “Como BNG conseguimos sacar esta infraestrutura do PXOM, agora é a Xunta quen ten que comprometerse a realizala, pero lonxe disto, di non a todo”, sinala Ángel Baz. Para o BNG é unha pena que o PP non entenda a necesidade desta obra. Os guardeses e guardesas tomarán nota e seguro que non esquecerán o sucedido. O BNG seguirá a reivindicar un novo aceso ao porto da Guarda que libere de tráfico a rúa Concepción Arenal para convertela nun motor de dinamización social e comercial baixo criterios de mobilidade universal.

O vindeiro 31 de decembro ás 11.00 horas.

IV Carreira Popular San Silvestre do Rosal 2017 O ROSAL.

O Concello do Rosal, en colaboración con comerciantes do Rosal organizan a IV Carreira Popular San Silvestre do Rosal o vindeiro 31 de decembro ás 11.00 horas. A iniciativa xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles. Por esa razón, non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará a participación. Os productos ou servizos sorteados serán cedidos polo comercio do Rosal que colabora activamente nesta iniciativa. Categoría Infantil : de 0 a 14 anos • De 0 a 5 anos (non participan no sorteo) • De 6 a 10 anos • De 11 a 14 anos

Categoría Xuvenil – Adulto: • De 15 a 20 • De 21 en adiante. A proba celebrarase o 31 de Decembro de 2017; ás 11:00h realizarase a andaina e a continuación terá lugar a carreira non competitiva estimando que nunha hora estará rematada a san silvestre. A saída e meta estarán situadas na Praza do Calvario. A andaina terá 2.400 metros para os máis pequenos e a carreira

non competitiva terá 5.142 metros. Inscricións (2€ por persoa participante) ata o 28 de decembro e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000 e no Facebook Omix Do Rosal. Máis Información: http://ow.ly/nbN930h1d8z Regulamento: http://ow.ly/QNGV30h1dfD


22

FINAIS DE DECEMBRO 2017

BAIXO MIÑO

Rematamos o ano conversando con Antonio Lomba, alcalde dunha das vilas máis fermosas e con maior potencial de todo o país galego, A Guarda.

ANTONIO LOMBA. Alcalde de A Guarda

“O VOTO EN CONTRA DO PP Á REFORMA DE CONCEPCIÓN AREAL É INEXPLICABLE”

A túa profesión é profesor de Instituto. Que che gusta máis a docencia ou a política? Vamos ver, son cousas moi diferentes. Pódoche dicir que o traballo que fago no Concello ilusióname e si me satisfai. Levántome cada mañá con gañas de vir ao meu posto de traballo e facer cousas. Malia que o ensino tamén o boto de menos. Dous anos e medio despois de chegar á alcaldía do teu pobo xa é tempo dabondo para poder facer un balance? O meu balance é moi positivo, aínda que tamén atopo cousas preocupantes, especialmente o lenta que vai a administración. Toda a administración? Eu falo da municipal. Por exemplo, a asistenta social vaise xubilar, co que teremos que quitar unha praza, pero o proceso administrativo,ao igual ca calquera outro,necesario para concretalo e penosamente lento. Os veciños quéixanse e con razón, porque requiren solucións inmediatas aos seus problemas. E iso é reversible? Eu creo que si, no momento en que o goberno central tome conciencia de que as medidas de estabilidade orzamentaria á que obriga aos Concellos, na maioría dos casos, non teñen sentido. Eu non o teño claro que o goberno do PP asuma iso. Eu tampouco, pero ti me preguntas se é posible e eu contesto que si que o é. A Guarda é unha vila fermosa, cun encanto especial e cunhas potencialidades infinitas. Ao meu xuízo alcalde, está mal vendida. Estou de acordo en como cualificas á nosa vila pero en desacordo na segunda parte da túa opinión. Eu creo que está

ben vendida, pero que se pode mellorar claro está. Nós temos dous iconos esenciais dunha importancia superlativa: O monte Santa Tegra e a desembocadura do Miño. Si, pero eu creo que hai unha importante identificación de A Guarda como unha vila illada, que entendo que retrae. Non pode ser Antonio, que se tarde unha hora en vir desde Vigo ata aquí. Desde logo. É necesario unha vía de que mellore substancialmente as comunicacións da nosa vila. A conselleira Ethel Vázquez comprometeuse a activar a autovía e eu quero confiar en que iso será certo. Todo o baixo Miño precisa mellorar as súas comunicacións. Por exemplo, en relación ás potencialidades do pobo. Na parroquia de Camposancos houbo un campo de concentración espantoso, no franquismo,e eu entendo que o seu coñecemento, estudo e publicidade ten unha dimensión moito menor do que merece polos aterradores episodios que alí se viviron. Por que motivo non se

potencia a súa explotación como un sitio para honrar aos mortos do franquismo? Esa é unha cuestión complexa. Ese edificio é un problema para quen o ten, que son os Xesuitas. Eles non son capaces de mantelo. San Simón funciona moito mellor ca Camposancos, porque o primeiro é público e o segundo é privado. Ese é o problema. Estou de acordo en que o ideal sería polo a funcionar. Oxalá a Xunta acabe asumíndoo. Nós, dado o caso, dariamoslle todas as facilidades. A polémica que o teu goberno tivo no seu momento coa comisión organizadora das festas do monte está superada? Si. Naquel momento consideramos que algunha cousa non estaba ben feita. Así o manifestamos, pero xa está arranxado. Cal é a túa opinión sobre a polémica en relación coas obras na rúa Concepción Areal? É unha polémica moi curiosa. O convenio que asinamos coa DEP para financiar as obras nesa rúa, ten unhas magníficas condicións para nós. A DEP asumirá un 70% do coste. Investirá nesa rúa máis dun millón de euros. Non entendo como se pode votar en contra. O PP,que votou en contra, non discutiu o modelo de rúa, discutiu o investimento en si. Algo realmente inexplicable. Cando se vai concretar un novo acceso, moi necesario, ao porto da Vila? Nós necesitamos outro acceso ao porto, abofé que si. Hai unhas semanas entrou por rexistro un estudo de trazados da

DEP, nos estudiarémolo. O proxecto xa está feito, e confío en que pronto comece a moverse. O Concello ten previsto adherirse ao plan REVITALIZA da DEP? Iso foi a pleno vía moción do BNG.O noso concelleiro de servizos deu argumentos nese pleno para motivar a nosa decisión de non adherirnos a ese plan. Como son as relacións cos distintos grupos de oposición? As persoais boas con todos. Alégrome, pero eu pregúntoche polas relacións políticas? Ben, pois van oscilando en función dos distintos momentos políticos do mandato. Agora mesmo, por exemplo estamos algo distanciados co PP, polo tema de Concepción Areal. O ano pasado, pois, aprobamos os orzamentos grazas ao apoio dos dous concelleiros non adscritos. Non foi posible chegar a acordo ningún co BNG nin co PP.E este ano xa veremos que pasa. Vas ser, supoño, o candidato do PSOE nas eleccións do 19? Non o teño aínda decidido. Estou satisfeito como che dixen, pero aínda non tomei a decisión. Como valoras a situación do PSOE após as vitorias de Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero ? Nós viñamos dunha malísima situación. Agora penso que a imaxe de estabilidade e fortaleza é outra, para podermos ser dunha vez por todas unha alternativa seria e solvente tanto en España como en Galicia. Se seguimos en leas internas non imos acadar nada. A xente necesita ao PSOE forte e unido como alternativa. O teu compañeiro Quique Cabaleiro presentarase en Tui? A verdade teño moitas gañas de falar con el. Eu agardo que se presente e teño a certeza de que si o fai, acadará uns resultados magníficos. Rematamos alcalde, agradecéndoche a túa amabilidade e ofrecéndoche as nosas páxinas para que tires a mensaxe que desexes? Nestes momentos desexar unhas magníficas festas á toda a veciñanza e dicirlles que o seu alcalde está enormemente ilusionado, que está aquí para o que necesiten e cunhas enormes gañas de facer moitas cousas en beneficio de todas e todos.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

23

BAIXO MIÑO

Se creará unha grande praza na fronte do convento e igrexa de San Bieito e se reformulará a praza de Avelino Vicente de A Guarda

Proxecto da Deputación para a mellora integral da rúa Concepción Arenal A GUARDA.

O proxecto de mellora integral elaborado pola Deputación de Pontevedra para a rúa Concepción Arenal en A Guarda dará prioridade ás persoas. Segundo indica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a actuación pretende recuperar o espazo público para veciñas e veciños e fomentar un modelo de convivencia co tránsito rodado, sempre coa filosofía de que a circulación peonil debe ser a principal. En calquera caso, o deseño e características da vía permitirán que, só de xeito provisional, poidan circular por ela “as necesidades de tráfico hoxe demandadas” con velocidades máximas de 30 quilómetros por hora. Segundo dixo o nacionalista, a intención deste deseño para Concepción Arenal é seguir as indicacións do Plan de Mobilidade redactado pola Deputación e presentado en febreiro deste ano, e facilitar e promover os tránsitos peonís cara ao Porto, que a día de hoxe se ven constrinxidos polo fluxo de tráfico rodado e a existencia de beirarrúas mínimas, en mal estado, e con nula accesibilidade. Benítez lembrou que a Deputación ten xa deseñado un estudo de trazados alternativos de acceso ao Porto para o tráfico pesado, o que permitirá liberar de vehículos a actual estrada provincial, que deberá cambiar a súa tipoloxía cara a unha vía máis urbana e amable para os veciños e veciñas de A Guarda.

“Concepción Arenal concibiuse como unha estrada de acceso ao Porto, e agora é a rúa que estrutura o espazo público de A Guarda, cunha grande actividade comercial. Cómpre transformala nun exemplo de espazo público para as persoas que fomente a mobilidade peonil e ciclista”, asegurou o deputado. Así mesmo, o nacionalista destacou que “urxe que a Xunta de Galicia faga un novo acceso para o tránsito de vehículos pesados ao Porto”, lembrando que é unha competencia do goberno galego mellorar tamén os accesos á área portuaria de A Guarda igual que se fixo noutros municipios. “Non é normal que en 30 anos non se mellorase o acceso ao porto nesta vila”, dixo, para engadir que a Deputación remitiu hoxe ao Concello a documentación sobre os trazados alternativos posibles, que será presentada publicamente nas vindeiras semanas.

Espazo de calidade

A proposta provincial consiste na reforma integral dun treito de 590 metros da estrada EP-3401 de acceso ao Porto, dende a intersección coa PO552 ata a contorna de igrexa e hotel convento de San Bieito. O proxecto resólvese nunha plataforma única co mesmo nivel para beirarrúas e tráfico rodado, xogando con diferentes materiais e texturas para os pavimentos.

Na actuación inclúese a creación dunha grande praza na fronte do convento de San Bieito, onde se propoñen dúas zonas de lecer, a adecuación dos xogos infantís existentes e a mellora da zona de acceso á igrexa, así como un novo tratamento para a praza de Avelino Vicente. En ambos casos o criterio será a eliminación dos aparcamentos existentes e a recuperación da maior cantidade de superficie como espazo público para a cidadanía. A maiores, o proxecto inclúe melloras en diferentes servizos urbanos (abastecemento de auga, saneamento, instalación da rede de gas, novo alumeado, xardinería, mobiliario urbano e sinalización para toda a zona de actuación). O importe total ascende a 1.598.755,98 euros que se financiarán ao 70% por parte da Deputación de Pontevedra e ao 30% por parte do Concello, segundo se establece no convenio que ambas institucións asinarán en vindeiras datas e que foi aprobado hoxe en Xunta de Goberno. O prazo de execución das obras será de

oito meses logo de que se adxudiquen os traballos e se asine a acta de replantexamento. Unha vez rematada a actuación, a estrada será transferida ao Concello.

Dous treitos diferenciados

O proxecto para Concepción Arenal divídese en dous treitos diferenciados. O primeiro vai dende o cruzamento coa rúa Enrique María Sesto ata o hotel convento de San Bieito e pretende consolidar a vía para un uso mixto onde convivan o tráfico e a circulación peonil, transformando o espazo do convento, potenciando as súas características monumentais e aproveitando o espazo público existente. A segunda zona do proxecto de Concepción Arenal vai dende o cruzamento coa PO-552 ata a rúa Enrique María Sesto, e inclúe o tratamento da Praza Avelino Vicente. Os criterios a seguir serán os mesmos que na anterior zona: un único nivel con diferentes materiais para os pavimentos e elementos de formigón a modo de mobiliario urbano.

Esixen cartos á Xunta para un novo aceso ao porto da Guarda A GUARDA.

O Bloque Nacionalista Galego insta ao grupo municipal do PP a abandonar a demagoxia na que está instalada para demandar á Xunta de Galiza que poñan cartos enriba da mesa para construír o novo acceso ao porto da Guarda. Considera que o PP está utilizando de xeito totalmente demagóxico as porcentaxes de custo da obra de remodelación de Concepción Arenal, para esconder a súa incapacidade e falta de proxecto político para a Guarda. Hai que lembrar que grazas a unha nefasta xestión do PP, que agravou os problemas que xa tiña o casco urbano guardés, a Deputación volta a investir 1.100.000€ para realizar un proxecto pensado nas persoas. O BNG quere lembrar que estas porcentaxes son as mesmas en concellos de distinta cor política, todo o contrario ao sistema de amiguismo que estivo a utilizar o PP na Deputación con Louzán á cabeza.

Novo aceso sur ao porto

O BNG lembra que é precisamente a Deputación de Pontevedra, dende a área de Mobilidade e Cooperación dirixida polo nacionalista Uxío Benítez, quen está redactando un proxecto para o novo aceso ao porto da Guarda. “O PP guardés debera estar esixindo aos seus compañeiros na Xunta unha partida para a execución deste novo aceso que desafogue o tráfico de Concepción Arenal abrindo un abano de oportunidades para esta rúa como referente para a Guarda”, destacou Ángel Baz.


24

FINAIS DE DECEMBRO 2017

BAIXO MIÑO

O Concello de Tomiño ten previsto sacar en breve a poxa pública a adxudicación dos catro postos de venta creados no mercado

Rematadas as obras da praza de abastos de Goián

TOMIÑO.

Goián xa conta cunha remodelada e modernizada praza de abastos. O Concello de Tomiño vén de rematar as obras de reforma das instalacións, nas que se seguiu a mesma filosofía de remodelación seguida no mercado municipal do Seixo. Cun investimento total de 109.557,40 euros, as obras centráronse principalmente no espazo interior da praza con pequenos cambios no exterior, tanto no pórtico para darlle accesibilidade ao local como na terraza para arranxar deficiencias de desgaste. En breve, o Concello de Tomiño ten previsto sacar a poxa pública a adxudicación dos catro postos de venta creados no interior das instalacións: unha carnizaría, unha peixaría, unha froitaría e unha floraría. Xunto con estes postos, a remodelación permitiu abrir novos ocos de paso, crear unha illa central e axeitar unha parte das instalacións a outros usos relacionados coa cultura e a cohesión social.

O obxectivo era dar unha nova vida ao mercado municipal, “reciclando o seu interior e adaptándoo ás necesidades funcionais, espaciais e sensoriais adecuadas para o tempo no que vivimos”, humanizando o espazo e facéndoo atractivo tanto para os usuarios como para os comerciantes, para que vexan na praza de abastos un recinto de oportunidades. Este proxecto supón a consolidación da aposta do goberno local polo comercio de proximidade e a concepción dos mercados coma puntos de dinami-

zación económica e social dos núcleos urbanos. Outro dos obxectivos é conseguir facer do centro de Goián, a segunda parroquia máis poboada do municipio, un lugar de encontro e convivencia dos veciños e veciñas. Do orzamento total empregado nas melloras, arredor de 70.000 euros foron achegados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través dunha axuda aprobada dentro da convocatoria ‘Espazos de Emprendemento Comercial no Rural’.

Presentado o proxecto para o edificio da futura Biblioteca Municipal

TOMIÑO.

Será a “materialización física nun edificio das peticións sociais e das necesidades recollidas polo Concello”. Así definiu o arquitecto Xavier Pousa o edificio da futura Biblioteca Municipal durante a presentación do proxecto definitivo tanto aos grupos de persoas que participaron de forma altruísta na definición do proxecto como á cidadanía en xeral. Nun salón de plenos do Concello ateigado de público, Susana Rodríguez, a responsable do estudo, resumiu as necesidades detectadas pola poboación para o deseño e creación deste servizo municipal, que reclamaba unha biblioteca moderna, próxima, inclusiva, coeducadora, participativa, divertida ou dinamizadora, entre outras cousas. O propio arquitecto do proxecto, Xavier Pousa, debullou aos asistentes os pormenores da futura biblioteca, un edificio integrado na contorna “coa vocación de ser un dinamizador social e cultural da comarca” e a intención de “converterse nun polo de atracción local e comarcal”. En pleno núcleo urbano de

Tomiño, o edificio contará con un total de cinco alturas divididas nun sótano, na planta baixa, primeira e segunda planta e baixocuberta. No soto instalarase o arquivo municipal, o fondo bibliográfico e distintas instalacións municipais. Na planta baixa estará situado o acceso á biblioteca, que tamén ocupará a primeira planta xunto co Espazo Memoria Tomiñesa. Esta primeira planta contará ademais cun xardín que sirva para dar máis luz e claridade ás instalacións ao tempo que oculta a medianeira. Xa na segunda planta habilitaranse espazos para a Aula Cemit, para a Concellería de Cultura e para reunións. No último piso, baixocuberta, haberá espazos de usos múltiples e unha terraza exterior.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

25

BAIXO MIÑO

Con 13 votos a favor e 4 abstencións. Tras a publicación do acordo no boletín oficial, o proxecto estará durante un mes a exposición pública

O pleno aproba o procedemento de expropiación para a apertura do Camiño do Alivio

TOMIÑO.

Aprobado por maioría. O concello de Tomiño aprobou en pleno o inicio do procedemento de expropiación necesario para a apertura da rúa Camiño do Alivio, unha iniciativa que servirá para reorganizar toda a contorna coa Praza do Seixo e que permitirá crear un núcleo urbano pensado para as persoas, con accesibilidade universal e con calidade urbana. Con 13 votos a favor e 4 abstencións, todos os grupos do goberno municipal coinciden en que este proxecto “era unha necesidade para o municipio”. A iniciativa afecta a dúas parcelas que deben ser expropiadas para derribar unha das esquinas da rúa e camiñar cara o futuro proxecto de remodelación das rúas Camiño do Alivio e República Arxentina. Esta zona representa na actualidade un punto conflitivo dentro das rúas de Tomiño,

tanto por ser un punto que dificulta a accesibilidade para a cidadanía como polo que se complica o tráfico rodado, con escasa visibilidade e limitando a mobilidade na contorna. O Plan Xeral de Ordenación Municipal xa contempla unha aliñación que lexitima o procedemento expropiatorio e que posibilitará que o entronque da rúa Camiño do Alivio e República Arxentina teña máis de 12 metros de largo, fronte

aos escasos 5 metros que ten nestes intres. Tras a publicación do acordo no boletín oficial, procederase á exposición pública do proxecto durante un mes. Neste prazo de tempo será no que os propietarios e propietarias das parcelas afectadas poderán presentar as alegacións, caso no que deberían resolverse e volver a levar a pleno para darlle a aprobación definitiva ao proxecto.

Pecha a primeira edición do Campus Deportivo Cerveira Tomiño O tenis de mesa e a saída de orientación en familia foron as actividades con mellor acollida TOMIÑO.

O bo tempo respectou aos máis de 80 participantes que esta fin de semana desfrutaron do deporte no sentido máis amplo da palabra durante o primeiro Campus Deportivo Tomiño-Cerveira, unha das actividades elixidas pola cidadanía dentro da primeira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo e que irmandou a galegos e portugueses a través da actividade física en distintas instalacións de ambos os dous concellos. Dende o 24 ao 26 de novembro, todos os inscritos e inscritas puideron disfrutar dunha amplo abano de actividades para todos os gustos e públicos. Ademais dos 40 inscritos, a metade galegos e a metade portugueses, para disputar os encontros de fútbol da primeira xornada do campus, a actividade que contou con maior participación foi a de tenis de mesa no pavillón de Sobrada e a de orientación en familia no Parque do Lazer

Castelinho de Vila Nova de Cerveira. Entre as actividades das que puideron desfrutar os participantes estiveron un campus de atletismo e de calistenia na área deportiva de Mosteiro, así como de pilates no pavillón de Goián. Pola súa banda, no concello de Cerveira galegos e lusos puideron practicar natación en familia na piscina municipal. Todas as persoas participantes nalgunha actividade do campus deportivo recibiron unha camiseta técnica co lema do campus deportivo e unha mochila con froita e auga. Trátase dunha actividade elixida pola cidadanía dentro da primeira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo que ten por obxectivo educar en valores de tolerancia, cooperación, interculturalidade e respecto entre nenos e nenas dos dous concellos, así como fomentar o coñecemento cultural e social mutuo, o deporte saudable e a competitividade sen violencia.


26

FINAIS DE DECEMBRO 2017

BAIXO MIÑO

Nos últimos dez anos o goberno municipal investiu 6,5 millóns de euros na ampliación desta rede, incrementando un 40% o acceso ao servizo

Tomiño inicia unha campaña para incrementar as conexións á rede de saneamento TOMIÑO.

O tratamento inadecuado das augas residuais xeradas pola actividade humana é unha das principais causas de contaminación das augas subterráneas e unha forma importante para protexer a saúde das persoas. Consciente desta realidade, nos últimos 10 anos o Concello de Tomiño investiu aproximadamente 6,5 millóns de euros

en ampliar a rede de saneamento municipal, o que deu como resultado un incremento do 40% no acceso ao servizo. Mentres que no ano 2007 tan só o 20% das vivendas tiñan acceso á rede, este ano un 70% das casas tomiñesas teñen a posibilidade de conectarse á rede pública de recollida de augas residuais. Porén, deste alto porcentaxe de vivendas con acceso ao

servizo soamente están conectadas un 57%, mentres que o outro 13% non se conectou ao saneamento a pesar de ter o servizo dispoñible. A pesar de ser unha demanda veciñal recorrente e un servizo fundamental, especialmente en aras de mellorar a calidade ambiental e reducir a contaminación a terra e canles de auga, existe “un déficit importante de conexións nalgúns dos tramos realizados”, como sinala a responsable de Medio Ambiente e Optimización dos Servizos Públicos do Concello de Tomiño, María Xosé Vázquez. Ademais, tanto o Decreto autonómico 141/2012 como o Regulamento Municipal da rede de saneamento obrigan a conectarse a todas as vivendas que conten con acceso á rede a menos de 50 metros da súa propiedade. Por este motivo, o Concello de To-

miño está a realizar unha campaña exhortando aos veciños e veciñas a conectarse á rede ou ben a acudir as dependencias municipais para estudar a problemática asociada a cada caso particular e que pode estar dificultando ou impedindo estas conexións. A Concellaría de Medio Ambiente está a realizar unha base de datos na que se detectou que hai barrios nos que menos do 50% das vivendas que teñen acceso ao servizo están realmente conectadas á rede. “A raíz destes datos e cos envíos de cartas a estas propiedades non conectadas, o Concello quere analizar as causas deste déficit de conexións para actuar conseguintemente e traballar xunto con Aqualia, a empresa concesionaria, para mellorar os ratios actuais”, salientou a concelleira de Medio Ambiente.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

27

BAIXO MIÑO

A alcaldesa, Sandra González, explicou a transformación da praza de abastos do Seixo

Tomiño presenta o seu modelo de mercado nun congreso en A Coruña TOMIÑO.

Un lugar que aposte polos produtos locais, de calidade, pero que tamén se converta en punto de encontro do municipio. É o que pedían os veciños e veciñas de Tomiño para a praza de abastos do Seixo, un mercado de finais dos anos 50 no que xa se fixeran distintas reformas que non conseguiran reflotar a actividade. Por iso, cando o actual goberno municipal quixo afrontar unha nova mellora preguntou á veciñanza que quería. O resultado tras ano e medio de traballo foi unha praza de abastos con 11 postos de venta e 17 traballadores e un numeroso público todos os días. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentou este cambio radical da praza de abastos no I Congreso de Mercados Urbanos Sostibles que se está a celebrar en A Coruña, no que o mercado tomiñés se presentou como un exemplo de transformación cara aos novos hábitos de consumo sen perder a súa esencia. Durante dous días e a través de distintas mesas redondas neste congreso estanse a dar a coñecer aqueles modelos de mercados nos que as prazas pasan a ser lugares de experiencia turística, nas que hai convivencia entre o uso alimentario e de hostelería, e naqueles que se están a levar a cabo estratexias de recuperación desde a innovación e a tradición. Facendo unha composición de lugar, a

O

PANADERÍA PROGRESO. TUI alcaldesa explicou ao público asistente a situación na que se atopaba antes o mercado da praza do Seixo, con actividade de “carácter temporal, coa venda de peixe os mércores, que ocupaba o lugar central e que facía que o espazo parecera permanentemente baleiro o resto dos días”. A calidade dos produtos ía degradándose co paso do tempo e os clientes eran cada vez máis escasos e de avanzada idade. Tras un proceso participativo no que se incluíu a toda a cidadanía, o Concello desenvolveu un estudo de necesidades, un plan de usos e un proxecto de reforma e ademais de buscar novos praceiros e praceiras deuse formación aos que xa tiñan o seu posto alí. O resultado foi un mercado moderno, con novos postos de venta con produtos de calidade e con cada vez máis usuarios, cada vez máis novo que busca produtos de calidade e que axuda a revitalizar o comercio próximo. Ademais, converteuse nun lugar empregado para a compra de consumidore de fóra da vila, de visita dos turistas e de punto de encontro para a poboación.

pasado día 16, os nosos amigos da panadería Progreso de Tui, fixeron unha espectacular festa de nadal, que tivo unha gran acollida pola parte dos seus clientes e amigos.Sempre é un pracer para nós conversar xa sexa no Porriño, xa sexa en Tui coa boa xente que leva esta panadería.No caso de Tui, estivemos co seu xerente Jose Limia. Hai canto tempo abristes o local de Tui, Jose? Pois xa levamos medio ano con esta aventura. E que valoración fas destes primeiros mesesa de vida? A verdade é que magnífica, tanto eu como todo o meu equipo estamos realmente satisfeitos.Nunca me arrepentín de abrir o local e Tui.Agora mesmo media ducia de persoas traballamos neste local, e podo dicir que a Panadería Progreso en Tui, é un proxecto de futuro. Cóntanos como foi o espectáculo infantil que montastes o pasado día 16? Puxemos un trineo de 6 metros, pintacaras, globos, animación, veu Papa Noel nun coche,fixo fotos cos nenos e nenas, recibiunos e leu as súas cartas... E que aceptación tivo no público Tudense? Unha aceptación estupenda, a verdade é que estamos moi agradecidos á veciñanza de Tui polo ben que nos recibíu. Nun contexto económico tan complicado a imaxinación será moi importante para ter cota de mercado? E tanto que si.No noso caso por imaxinación non vai quedar.Fíxate xa fixemos unha festa con Mickey e Minnie,unha cata de cervexas artesás,unha festa de toy stori,pronto faremos cata de viños e cafés..en definitiva, asegúroche que por imaxinación, esforzo e ilusión non vai quedar.


28

FINAIS DE DECEMBRO 2017

BAIXO MIÑO

Repartíronse 4.000 enquisas entre a cidadanía dos dous municipios

Cerveira e Tomiño avaliará servizos e equipamentos compartidos TOMIÑO.

Co obxectivo de coñecer o impacto da cooperación transfronteiriza no día a día e ponderar a demanda cidadá de servizos compartidos a prestar, os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira queren facer un estudo do que está a suceder no terreo. Por este motivo, ambos os dous concellos distribuíron arredor de 4.000 enquisas divididas por franxas de idade que servirán para deseñar e seleccionar os equipamentos a compartir por ambos os dous municipios no futuro. A mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública, unida a unha maior cooperación entre a cidadanía e as institucións, é fundamental para o abandono das asimetrías existentes, para a promoción do acceso universal e común ao conxunto dos equipos e servizos e para a consolidación da desfronteirización. O obxectivo principal do envío destas enquisas é coñecer de primeira man a opinión dos cidadáns de ambos concellos, sobre todo dos que partillan xa algún tipo de servizo compartido. Por outro lado, cos re-

sultados obtidos a partir das respostas cidadás a Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira coñecerá o estado actual e real no que se atopa a cooperación entre fronteiras, sobre todo dos proxectos e accións que afectan directamente á cidadanía dos dous municipios, para traballar no fortalecemento das relacións e mellorar as estruturas de funcionamento. En estreita colaboración cunha escolma de centros de ensino, asociacións cidadás e veciñais, entidades de benestar e solidariedade social ou técnicos dos servizos públicos, entre outros, repartíronse preto de 4.000 enquisas con 26 preguntas de resposta rápida para estudar o grado de coñecemento da poboación, así como as súas demandas en canto aos equipos

de uso común. Deste xeito, a organización contará con información coa que deseñar accións de futuro nas que prime a opinión da cidadanía. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anima a toda a cidadanía a participar de xeito activo nesta iniciativa e contestar ás enquisas para que “cando se poñan en marcha máis actividades enmarcadas no programa IINTERREG VA POCTEP cumpran as expectativas de todos os veciños e veciñas de Cerveira e Tomiño”. A Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira é un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea. A cooperación transfronteiriza entre ambos os dous concellos ten pautado a súa acción arredor da valorización da participación pública e a cidadanía activa, poñendo en marcha o iniciativas como Orzamento Participativo Transfronteirizo ou a figura da Valedora Transfronteiriza, ademais de diversas accións e obradoiros que involucran a entidades e cidadanía.

Sandra González reuniuse coa delegada do Estado do Consorcio, Teresa Pedrosa

A alcaldesa de Tomiño leva ante Zona Franca propostas para potenciar a actividade empresarial no concello TOMIÑO.

Proxectos cos que potenciar a actividade empresarial en Tomiño, aproveitando a materia e prima e as instalacións coas que conta o municipio. Arredor destas ideas xirou a reunión que mantivo este mércores 13 de decembro a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, coa delegada de Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, nas que ambas se amosaron moi interesadas en estudar posibles vías de colaboración. A este encontro tamén asistiu o concelleiro de Planificación Territorial, Facenda e Proxectos Estratéxicos, Uxío Benítez. Durante a reunión de traballo, a alcaldesa expúxolle á responsable de Zona Franca a si-

tuación na que se atopa o parque empresarial de Tomiño, con máis de 500.000 metros cadrados paralizados dende hai tempo. González amosou a Pedrosa o interese de que o Consorcio traballe de forma conxunta co Concello na potenciación deste parque xestionado por Xestur, unha idea que dende Zona Franca acolleuse con boa disposición e que porá en estudo. Sandra González aproveitou a reunión para amosar á responsable de Zona Franca o que a moderna agricultura de Tomiño pode ofrecer a nivel empresarial e de competitividade económica. Por este motivo, e como posibilidade de colaboración futura, a delegada do Estado visitará o concello o vindeiro mes de xaneiro.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

29

O CONDADO

Bolechas, Papa Noel, os Reis Magos e o campamento, eixos da programación

Salvaterra arrecende a Nadal SALVATERRA.

V Carreira do Pavo nas Neves o 24 de decembro AS NEVES.

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio e o Concello das Neves presentaron na a 5ª edición da carreira popular e solidaria do Pavo nas Neves. O vindeiro 24 de decembro na tarde previa a noiteboa pequenos e maiores disputarán esta proba deportiva polas rúas das Neves. Esta carreira xunta a parte competitiva, a familiar ou veciñal e a solidaría. Hai participantes que compiten por gañar a proba, outros participan de xeito festivo e todos o fan de xeito solidario, porque cada

corredor ou corredora debe entregar alomenos un quilo de alimentos non perecedeiro que será donado a servizos sociais do concello nevés. Na presentación, amáis de membros do clube ACD Sanomedio e o Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes Oscar González estiveron corredores e gañadores da edición de 2016, o gañador absoluto Óscar Bernárdez Carballo, o gañador local Juan Ramón Lira Fernández, a gañadora local Ana Isabel Domínguez Álvarez e o corredor e colaborador Bernardo Durán.

Un ano mais o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación de Nadal, e como é normal, está centrada especialmente nos máis cativos da casa, xa que son eles os que viven con mais intensidade estas datas, pero sen esquecernos dos non tan pequenos. Arrancan cun Obradoiro De Decora O Nadal para adultos, do 11 ao 14 de decembro. Pontenova realizará o seu tradicional Festival de Nadal o venres 15, e o domingo 17 terá lugar o Concerto de Nadal do Coro Lacedurium. A seguinte semana, do 18 ao 20, será o momento da cociña co Obradoiro De Cociña En Nadal para adultos. A partir do 22 ata o 4 de xaneiro comeza o Campamento Infantil De Nadal. O 23 e 24 todos aqueles que se acheguen a Salvaterra poderán desfrutar dun viaxe gratuíto no Tren “Chuchu” con visita pola Eurocidade Sal-

vaterra – Monçao. E o nadal tamén é a data escollida polos Bolechas para achegarse a Salvaterra de Miño a presentar o seu libro “Salvaterra de Miño Vila Milenaria”, o sábado 23 ás 16.30h. E pola noite, ás 21.00h terá lugar o Conceto de Nadal da Banda de Música de Salvaterra. Na tarde do 24 será PAPÁ NOEL o que nos visitará, ás 16.00h chegará en barco polo río Miño ao embarcadoiro e fará un percorrido polas rúas da Vila, para ás 17.00 h recibir a todos os cativos na Praza do Concello. Obradoiro Xuvenil De Cociña En Nadal E De De-

cora O Nadal para os días 26, 27 e 28 de decembro. Do 26 ao 29 de decembro faremos un regreso ao pasado co Obradoiro De Creación De Xogos Tradicionais, un obradoiro pensado para facer en familia. O 30 de decembro San Silvestre Solidaria de Salvaterra a Monçao. Concerto de Nadal do Coro Cantemos o sábado 30 de decembro, e o martes 2 de xaneiro Cine Infantil. E pechan a programación coa tradicional Cabalgata De Reis o venres 5 de xaneiro a partir das 16.00h. As súas Maxestades chegarán a Salvaterra dende a Ponte Internacional e recibirán aos máis cativos na Praza do Concello. Dende a Concellería de Cultura informaron que as actividades son totalmente gratuítas, para empadroados, e as prazas son limitadas. O prazo de inscrición ábrese a partires do 1 de decembro.


30

FINAIS DE DECEMBRO 2017

O CONDADO

Día 3, Día Internacional das Discapacidades

Cogami Mos participou nunha xornada de convivencia en Asprodico SALVATERRA.

Usuarios se usuarias de Cogami Mos celebraron o Día Internacional das Discapacidades con Adapta (Asociación de persoas con discapacidade do Condado Paradanta) pertencente a Cogami no Centro Asprodico de Ponteareas. O Concello de Ponteareas, en colaboración con Adapta, pendurou no balcón unha lona con motivo deste día e onte xoves día 30 recibíu, ao igual que o ao pasado, a visita dos usuarios e usuarias de Cogami de Mos. O encontro foi nas instalacións de Asprodico e tamén estiveron presentes os membros de Adapta. Esta xornada de convivencia durou toda a mañá e responde a necesidade de realizar unha actividade de socialización e confraternización na que compartir inquedanzas e por en común ne-

Ponteareas conta por vez primeira con remanente de tesourería positivo En 2015 o remanente negativo era de 5 millóns PONTEAREAS.

cesidades e proxectos conxuntos. Entre as actividades que desenvolveron estivo a proba do método “Makey makey” un hardware aberto consistente nunha placa de circuitos impresos que traslada ao ordenador os movementos. Cun cableado conectado a plastilina ou a unha peza de froita, por exemplo, os usuarios e usuarias que non teña mobili-

dade fina poderán transmitir o movemento das mans aos comando do ordenador. Tamén se deu lectura lectura a un manifesto en prol de acadar dereitos para o colectivo de persoas con discapacidade, primeiramente pola Presidenta de Adapta, Montserrat Cuevas e usuarias e usuarios de Cogami Mos e Asprodico.

O goberno de Ponteareas comunicou que, por primeira vez na etapa da democracia as contas de tesourería pechan un trimestre con remanente positivo. A 30 de setembro de 2017 a tesourería do Concello de Ponteareas pechou cun remanente positivo de 1.757.571,18€. “Grazas ao esforzo conxunto de todos, veciñanza e equipo de goberno, podemos celebrar un feito histórico para a etapa da democracia en Ponteareas. A cifra positiva do terceiro trimestre do ano reflexa o traballo realizado para mellorar o futuro da cidade. Agora toca pechar o último trimestre do ano que agardamos reflexe unha cifra similar e poder volver comunicarlle ao veciños esta boa nova”, explica o Alcalde.

Un plan de aforro efectivo e útil e un gasto austero foron capaces de colocarnos hoxe nesta posición que dicta o cambio, o antes e o despois de Ponteareas. Da situación negativa á positiva. Grazas a estas medidas, agora o Concello ten liquidez para facer frente aos gastos corrientes e emprender novos proxectos que revirtan na mellora da calidade de vida da cidadanía. “Sen dúbida, agora é palpable o cambio de tendencia. Ata agora o Concello tiña que facer fronte ao pago de débedas sen ter liquidez, asfixiados polos números pendentes de pago. A partir de agora ninguén agardará anos para cobrar facturas de traballos para o concello”. En 2015 o remanente negativo era de máis de cinco millóns de euros.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

31

O CONDADO

Trátase de dúas prazas de peón

Aberto o proceso de selección de persoal para o servizo de emerxencias PONTEAREAS.

O Concello de Ponteareas convoca o proceso de selección para a contratación laboral por interinidade de dous peóns para o servizo de extinción de incendios e emerxencias, unha delas de condutor. Os interesados en optar a este contrato temporal a tempo completo deben dirixir as instancias ao Alcalde do Concello de Ponteareas que se poderán presentar no prazo de vinte días naturais a partir de hoxe luns día 18 de decembro. Para a praza de condutor deberá estar en posesión da ESO ou equivalente, e do carné de conducir C+E. Para a praza de peón grumir estar en posesión da titulación de certificado de estudios primarios. Ambas prazas pertencen na actualidade ao servizo de extinción de incendios e emerxencias, polo que a praza de condutor, aparte das funcións propias de condución dos vehículos propios do departamento, estarán incluídas todas aquelas propias do departamento o que estarán destinados e que impliquen a súa participación activa nos servizos de emerxencia que se requiran e que xeralmente serán as da participación conxunta

co peón grumir o que acompañe, aparte do todas as que se poidan establecr no seu m Co obxectivo de garantir á veciñanza un servizo e unha cobertura máis ampla a Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, convoca estas prazas para completar o cadro de persoal do servizo de extinción de incendios e emerxencias, estando ocupadas 8 na actualidade. “A necesidade derívase fundamentalmente que na actualidade existen no cadro de persoal 10 prazas no servizo de extinción de incendios e emerxencias, estando ocupadas 8. O incremento da plantilla é fundamental para evitar producir un extraordinario número de horas extras, así como a necesidade de acudir de xeito continuado a contratación temporal para cubrir as quendas, que dado o carácter do servizo préstase 24 horas o día os 365 días do ano”, explica Vanesa Fernández. O goberno engade que cumpre así co compromiso que adquiríu de mellorar un servizo esencial non só para o Concello de Ponteareas se non tamén para o outros oito concellos que atende o servizo.

Ponteareas contou cun stand na Feira das Industrias Culturais

O público do Culturgal gustou da mostra da cultura pontareán PONTEAREAS.

Os días 1, 2 e 3 de decembro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a X Feira de Industrias Culturais de Galicia – CULTURGAL 2017 no que participou o Concello de Ponteareas. O evento ten como finalidade fomentar a contratación de empresas e colectivos culturais de Galicia, amosándose coma unha plataforma única de publicidade e de intercambio comercial de amplo alcance. Un ano máis, o Concello

de Ponteareas quixo tomar parte desta importante cita do calendario cultural galego contando cun stand informativo no que expuso 6 bloques de industrias culturais destacadas da nosa cidade. No espazo principal desta Feira, ante a atenta mirada dos visitantes do Culturgal, tiveron lugar as actuacións do cuarteto da Banda de Gaitas Tremiñado e do Rancho de Reis de Fozara. Ademais, proxectouse un vídeo promocional para animar a todas as persoas a visitar Ponteareas e coñecer os re-

cursos turísticos dos que dispomos. Na presentación, o alcalde, Xosé Represas, acompañado da concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, destacou o enorme patrimonio musical co que conta Ponteareas, sendo un piar fundamental dos recursos turísticos da nosa vila. Así mesmo, convidou aos presentes a achegarse a Ponteareas para contemplar estas actuacións musicais, que terán espazo na programación de nadal elaborada polo Concello de Ponteareas.

Cafetería

D,TRES AVDA. FDEZ. DE LA VEGA PONTEAREAS Xusto ao lado do Mercado


32

FINAIS DE DECEMBRO 2017

AS ENTREVISTAS DE VERÓNICA (II)

PEPE REPRESAS. Alcalde de Ponteareas. BNG.

“A DISCRIMINACIÓN DE PONTEAREAS NOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA É EVIDENTE”

-Pepe, un ano máis moitas grazas por atender á Peneira Moitas grazas a vós por ofrecernos as vosas páxinas -Que che pareceu a nosa gala de febreiro? agardo que estiveras cómodo, e espero que poidamos contar contigo para cando fagamos a seguinte ? Ben,foi unha gala novidosa e neste aspecto necesaria polos recoñecementos realizados, e agardando a seguinte naturalmente. -Fainos unha valoración xeral destes dous anos e medio de goberno? Moi positiva, polo que significa un cambio o profundo para Ponteareas, transformando as ideas en proxectos asumibles economicamente e que con esas liñas permitira que poidamos resolver as prioridades do Concello. Quixera asemade recordar aos veciños que liquidamos a débeda histórica.A partir de agora os veciños empezarán a ver os froitos de todo este esforzo. Ata agora era unha economía de guerra, debido a ese inmenso lastre económico que nos deixaron os anteriores gobernos. -Que tal están as relacións cos vosos socios de goberno do Psoe e da Riada do Tea? As relacións son inmellorables en estes dous anos e medio, sen ningún problema coas tres forzas políticas que forman o goberno.Creo que ninguén ve a pluralidade do noso goberno como un problema senón como unha ventaxa, xa que permite dar con distintas sensibilidades respostas ás necesidades dos cidadáns, e penso que no futuro seria importante para ter mais forza que se sumen outros forzas políticas e consensuar para dar resposta a cuestións básicas como saneamento, auga, comunicacións e así ter mais forza nas relacións con outras administracións. -No mes de agosto o PP fixera casus belli sobre a suposta vontade do goberno que ti dirixes de premiar aos funcionarios que cum-

O PP DEIXOU O GOBERNO DE PONTERAEAS NUNHA CALAMITOSA SITUACIÓN ECONÓMICA, CHEGANDO AS SÚAS CONTAS A ESTAR INTERVIDAS POLA ADMINISTRACIÓN ESTATAL. NO ANO 2.015 UN GOBERNO TRIPARTITO ENCABEZADO POLO NACIONALISTA PEPE REPRESAS DO BNG, ACADABA A MAIORÍA NECESARIA PARA DESALOXAR DEMOCRATICAMENTE Á DEREITA DO GOBERNO MUNICIPAL. HOXE, DOUS ANOS E MEDIO DESPOIS AS CONTAS MELLORARON SUBSTANCIALMENTE, BOA PARTE DA DÉBEDA ESTÁ LIQUIDADA E O GOBERNO DA VILA, PRESUME UNHA SEGUNDA PARTE DE MANDATO MOITO MÁIS ENRIQUECEDORA. FALAMOS CO ALCALDE REPRESAS PARA QUE NOS CONTARA A SÚA VISIÓN DA REALIDADE POLÍTICA LOCAL.

priran o 90% da súa xornada laboral. Alcalde, explícanos este episodio? É habitual que en corporacións locais ou empresas privadas que unha parte do salarios se cobre por esta vía, recoñecer a aquelas persoas con maior compromiso co traballo e con mellor atencións os cidadáns.O PP formulouno como se fose un problema e era todo o contrario. Nós como non pode ser doutra maneira pedimos implicación 100% aos traballadores. -O BNG, partido no que ti militas, foi moi duro en relación cos presupostos da Xunta para Ponteareas. O alcalde considera que a Xunta marxina a Ponteareas?. Por que? O por que, debería explicalo o goberno de Feijóo pero é evidente a discriminación de Ponteareas nos orzamentos da xunta de Galicia. Temos moitas cuestións que non podemos asumir só con orzamentos

municipais, senón que o que precisamos e unha coresponsabilidade entre a Xunta Galicia e o concello, agardemos que co apoio dos partidos do concello inclusive o PP poidamos solucionar estes problemas no concello e non ter este desamparo da Xunta. -A situación económica na que o PP deixou ao concello de Ponteraeas era calamitosa, chegando as contas do concello a ser intervidas pola administración estatal. Recentemente o teu goberno anunciou a baixada de tres impostos:-IBIPLUSVALÍA –IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS. Entendo que melloraría substancialmente para poder acometer esta rebaixa da presión fiscal. É así? Como o conseguistes? Eses impostos foron incrementados no seu dia coa xustificación de que era para pagar as débedas.A suba destes impostos foi apoiada polo

PP y ACIP,e nos logramos nun corto prazo de tempo que esta situación rematara e grazas principalmente aos veciños e a xestión do concello xa que se non fora por isto inda nos quedara débeda ata 2024.Isto xa esta encarrilado e agora non cargaremos as familias con esta situación. Por último quero anunciar en exclusiva que vamos baixar outro imposto no mes decembro que é o imposto de obras e construción un 80% para incrementar actividade económica. -Cal é a previsión económica para o futuro máis inmediato? Para 2018 quedaran os últimos flecos das débedas atrasadas por liquidar.A nosa xestión permitira ter mais dun millón e medio de euros para destinar a obras e necesidades básicas.A situación polo tanto vai estar,como nunca estivo na historia desde esta etapa democrática e a 31/12/17 será a primeira vez que o remanente sexa positivo e iso indica que temos recursos para pagos ordinarios alén de xerarmos aforros para vindeiros investimentos. -Como alcalde dunha vila afectada pola terrible vaga de lumes de outubro, como valoras a xestión da xunta desta situación? Nun primeiro momento de abandono.... porque na aquel momento quen lle fixeron fronte aos lumes foron os veciños xunto cos medios do concello, con traballadores de este ademais de bombeiros de vías e obras e de protección civil que podían acompañar os veciños... chegamos a ter lume preto dun cento de vivendas, os medios nosos eran insuficientes faltaron chamadas e axuda externa, faltou coordinación


FINAIS DE DECEMBRO 2017

33

ENTREVISTA de mando e unha lección cara o futuro que espero nos sirva para aprender dos erros. -A oposición acúsavos de perder unha axuda de 1.000.000 de € para construír unha rede de calor con biomasa. Cal é a versión do goberno municipal sobre este asunto? Nós convocamos dous plenos para aprobalos e este goberno non ten maioría absoluta.Como sabes de 21 concelleiros está conformado por 10.O PP e o responsable absoluto de esta situación. Eran sabedores dos límites nos prazos e a pesar de este puxeron todas as trabas e non se poido levar a cabo... esperemos e estamos seguros que o volveremos presentar na seguintes convocatorias xa que e un plan estratéxico e a duración ata 2020... seguiremos batallando ata acadalo. -Falta un ano e medio para as próximas eleccións municipais alcalde. Que percepción social captas nas rúas, sentes o apoio da veciñanza ao voso traballo? E teño unha percepción nidiamente positiva. Sinto que a xente en xeral é moi receptiva e tolerante ao noso traballo,é compresiva coa situación

económica que nos deixou o PP. Nestes 2 anos, pagamos tres millóns de euros destinados a débedas. Imaxinemos o que poderemos facer con todos estes cartos. Entendo que algo que non se ve pero a partir de agora xa poderemos facer visibles investimentos concretos para necesidades específicas do noso pobo. Agardo que o cambio se consolide,por nós desde logo que non vai quedar. -En moitas ocasións, cando o BNG chega ao goberno dunha vila galega, faino cunha aritmética complexa e logo multiplica os apoios acadando cómodas maiorías absolutas.Será Pepe Represas un novo Félix Juncal ou unha nova Sandra González? Non me atrevo a dicir tanto, pero cada concello ten a súa dinámica.Eu creo que Ponteareas é unha sociedade plural, esta moi satisfeita co goberno de coalición, espero ter o mesmo apoio ou melloralo claro que si. Pero esa a aspiración só a pode decidir a veciñanza. Eu creo que o goberno de coalición plural é beneficioso, este consenso sería mellor aínda con a ampliación de outras forzas que están na oposición.

-As alcaldías nacionalistas de Pontereas, As Neves ou Mondariz, serán o xermolo de situacións análogas noutras vilas do Condado Paradanta? Pode ser, xa sucedeu noutras comarcas do pais, en gobernos encabezados polo nacionalismo. É un proceso lento por iso precisaremos alo menos 4 anos mais. -E no que respecta ao noso País cal é a túa opinión da situación do BNG após a chegada de Ana Pontón á máxima responsabilidade da fronte nacionalista? Resultou un revulsivo e unha nova ilusión.Sabe conectar coas novas xeracións e a expectativa é de cre-

cemento e presumo será máis cara o fururo. -Rematamos Pepe, agradecéndoche a túa amabilidade e convidándote a que utilices as nosas páxinas para transmitir a mensaxe que estimes oportuna ás veciñas e veciños de Ponteareas? Despois da situación que levamos pasado é un momento moi ilusionante para o futuro de Ponteareas. Aproveito tamén a oportunidade para felicitar o ano a todas as veciñas e veciños. Estou convencido de que o 2.018 vai ser un un punto de inflexión entre o pasado negro e o futuro esperanzador para PONTEAREAS. MOITAS GRAZAS.


34

FINAIS DE DECEMBRO 2017

O CONDADO

Axudará a financiar a súa escola de música

Convenio entre concello de Ponteareas e a Banda de Música de Xinzo

PONTEAREAS.

O presidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Francisco Represas, e o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, asinaron o día 28 de novembro un convenio de colaboración entre ambas institucións para o financiamento polo Concello de Ponteareas de parte dos gastos de funcionamento da Escola de Música de Xinzo. Este convenio, por importe de 6.000€, é aplicable para este ano 2017, pero dende a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, esperan que se renove cada ano, de igual forma que acontece co convenio que ten a propia Banda de Música co Concello de Ponteareas, asinado no ano 2006. Dende a Xunta Directiva da Banda e da Escola de Música de Xinzo, valoran este acordo como positivo, aínda que insuficiente. Segundo verbas de Francisco Represas, “xa levamos dende principio de ano traballando neste acordo, nos solicitámoslle ao Concello un convenio por un importe de 15.000€, pero finalmente só accederon a unha partida de 6.000€, que nos

ante todo valorámola de forma moi positiva”. “Ademais, a Escola de Música de Xinzo, sufriu ata agora unha discriminación impropia dun colectivo con tanta repercusión social, cultural e educativa como o noso, dado que Ponteareas era un dos poucos Concellos de Galicia no que non existía un convenio deste tipo cunha Escola de Música con características similares á de Xinzo”. O total de gastos anuais da Escola de Música ascende a 30.000€, e os ingresos apenas alcanzan os 10.000€, o que leva á propia Banda de Música Xuvenil de Xinzo a

asumir case o 70% do custe total da súa Escola. Mermando as actividades que organiza dita Banda para poder sufragar os gastos da súa Escola de Música. Neste curso escolar 2017/2018, a Escola de Música de Xinzo creceu en número de alumnado así como tamén na súa oferta educativa. Neste momento aglutina a máis 100 alumnos, asegurándose un futuro prometedor. Por último, informar a todos os interesados/as que si desexan iniciarse nos estudos musicais na Escola de Música de Xinzo poden informase nos teléfonos 620 06 14 34 ou 655 29 65 76.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

35

O CONDADO

Xogos adaptados a menores con mobilidade reducida son algunhas das novidades

7 das 13 parroquias xa están sinalizadas e as demáis estarán en 2018

A Perillana renova por completo o seu parque infantil

As Neves instala a primeira fase das sinais informativas dos barrios e parroquias

PONTEAREAS.

O Concello de Ponteareas redeseña o parque infantil da Perillana que a partir de agora contará con novos xogos diferentes ocupando unha maior superficie. O chan de caucho será renovado por completo. Na obra, que xa comezou nestes días, estanse a retirar os xogos deteriorados incorporando elementos de xogo novidosos, algúns adaptados a menores con mobilidade reducida, incorpora unha tirolina cunha caída de un metro para nenos e nenas maiores de cinco anos, unha casa árbore, unha formiga tobogán, balancíns e montañas con camas elásticas e tobogáns en acero inox, entre outros elementos. Ademáis, todos os xogos serán de materiais antideslizantes e disporánse de xeito que faciliten a socialización dos cativos e cativas e con cores uniformes para a súa integración nunha contorna

AS NEVES,

de elevando valor patrimonial. O entorno do parque infantil mellorarase tamén coa colocación de bancos e papeleiras que completa un orzamento de 57.003€. Para o goberno de Ponteareas a mellora da calidade de vida dos máis novos é fundamental xa que son o fu-

turo de Ponteareas. Seguindo as directrices marcadas na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” o goberno apostará sempre pola implantación de áreas de convivencia e participación, a mellora de espazos que faciliten a socialización e promovan hábitos de vida saudables.

O Concello das Neves ven de executar a primeira fase do proxecto de instalación de sinais informativasque se financiou a través do Plan Concellos da Deputación e afectou a 7 das 13 parroquias do termo municipal coa instalación de máis de 150 sinais. Esta iniciativa do goberno municipal de BNG e Psoe é refrendada pola veciñanza xa que das reunións nas parroquias, a través do programa “O Concello escoita”, esta foi a demanda común en todas elas facendo fincapé na necesidade da sinalización para os visitantes, a prestación de servizos, como ambulancias ou repartos e dar valor a diversidade de lugares do Concello. Oscar González, segundo Tenente de Alcalde e responsable do proxecto in-

forma que a primeira fase está completada coa instalación de sinais en San Cibrán de Ribarteme, Vide, Liñares, Tortoreos, parte das Neves, San Pedro e Santa Olaia de Batalláns. “O proxecto está elaborado ao completo e a segunda e última fase levarase a cabo no 2018 tan pronto sexa econónicamente posible”


36

FINAIS DE DECEMBRO 2017

O CONDADO / OPINIÓN

A

orixe etimolóxica do nome desta Vila está relacionada coas dúas palabras que o forman: Ponte, en referencia á ponte romana, tamén coñecido como Ponte dos Remedios, e Areas, que é a parroquia á que está unida pola devandita ponte. Atopamos dúas máxicas penas enroladas no patrimonio da vila. Estas son A Pena do Equilibrio e A Pena dos Namorados. A Pena do equilibrio forma parte do conxunto de bólas graníticas ás que tamén pertence a «Pena dos namorados». Está situada na subida ao Monte dá Picaraña, pertencendo á parroquia de Arcos. Situado moi preto do centro urbano e do Mosteiro de San Diego de Canedo. Ten unha altitude de 365 metros, e é un excelente miradoiro. Xunto ao cume está situada a capela da Santa Cruz, construída no ano 1907. Esta pena destaca por ser un enorme pedrusco situado sobre outro, en pleno equilibrio. A natureza ofrece cousas tan espectaculares como este equilibrio de ambas as rochas e é moi visitada polos amantes da natureza. A pena dos namorado, situada xunto á N-120, no lado oposto á Pena do equilibrio, dentro do termo da parroquia de Arcos Forma parte dun conxunto natural de restos de bólas graníticas, onde as parellas namoradas coñecen o seu futuro amoroso. No pasado foi refuxio de cazadores neolíticos. Actualmente é un monumento turístico. Tamén é chamada Pena do San Valentín.

G.FIGUEIREDO.

A PONTEAREAS MÁXICA Se ides visitala, chamaravos a atención se observades cara á parte superior, a gran cantidade de pequenas pedras que cobren a roca. Estas forman parte da lenda deste sitio. Un cartel situado en fronte á roca mostraravos a lenda. Centos de namorados veñen ao lugar para realizar o rito das tres pedras e preguntar polo seu futuro amoroso. De seguido vos deixo a lenda deste lugar: “Aseguran os máis vellos da bisbarra que noutro tempo vivía no castelo do Sobroso Don Álvaro de Sarmiento, pai dunha fermosa rapaza en idade de namorar. Aldina, que así se chamaba, entregáralle o seu corazón a Tristán, un labrego da zona ou señor da fortaleza da Picaraña, segundo quen nolo conte. En calquera caso, amores furtivos e prohibidos por don Álvaro. Seica os amantes facían por se ver nos solpores nun lugar afastado de miradas indiscretas: A Pena dos Namorados. Mais esas citas clandestinas chegaron a ouvidos de don Álvaro, que

decide verificar o ruxe ruxe. Disfrazado de mendigo vai seguindo as pegadas de Aldina até chegar ao lugar e comprobar cos seus propios ollos o que acontecía. Cheo de carraxe agarda agochado a que a súa filla marche e encárase co amante. Don Álvaro non atende a razóns e comezan a pelexar até que a súa espada atravesa o corazón namorado de Tristán. Despois arromba o seu corpo contra as silveiras e marcha. Aldina, descoñecedora do suceso, segue a acudir á súa cita diaria na Pena dos Namorados. Por tres noites agarda a chegada de Tristán sen resultado. Entre bágoas, na terceira noite escoita as badaladas do mosteiro de Canedo e a figura fantasmal de Tristán aparece no lugar para lle explicar que o seu corpo foi achado

por un veciño, que foi o seu pai, Don Álvaro, quen lle deu morte e que esas campás anuncian o seu enterro e que, en tres días mais estarán xuntos para sempre. Ao albor, cando Aldina chega ao castelo, crúzase co seu pai sen mediar palabra e péchase na torre da Homenaxe. Será a última vez que Don Álvaro a vexa con vida pois, entre saloucos, a vida váiselle escapando e morre ao terceiro día. Seica desde entón, á Pena dos Namorados acoden mozos e mozas de toda a bisbarra a preguntar polo seu futuro amoroso seguindo o rito das tres pedras. Disque colocados de costas á pena e logo de recoller tres pedriñas do chan, deben tiralas por enriba do ombreiro. Se as tres pedras ficaren no alto da pena significa que casaremos no prazo dun ano. E hai quen engade que se só ficaren dúas pedras ese prazo se vai alongar até os dous anos; se só fica unha pedra, a voda tardará aínda máis tempo; e se non fica ningunha, o noso namoramento no terá futuro.” Como vedes, estamos antes dous lugares incribles, fermosos e, sobre todo, máxicos.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

37

A PUNTA DA NAVALLA

(

Brindo Vs Regueifa (2ª parte)

…) Nesas, o bergantiñán non quedaba atrás, pois rapidamente lle respostaba que, aínda que o Ribeira era de Lugo, parecía un “pertughés” ou espetáballe que “viñeches aprender á conta miña”. E así continuou a loita verbal, na que o Ribeira, coma sempre, chegou a dicir que el era o “ghefe dos brindos” e que non ía alí “por diñeiro”, mentres que o de Santa Comba lle daba nos fuciños con coplas que dicían cousas como “se vas outra vez ao Luar, préndete a Guardia Civil”. “E sabrá de educacione e o ganado na labrada ai se xa se ríe a xente é das túas paiasadas”

Ribeira

“Eu xa sei que son paiaso Porque Dios me dou así amais somos dous tamén Pásame o mismo cá ti” Atrevido

Deste xeito foi rodando a conversa cantada, co Ribeira moi subido, dicindo que o seu contrincante “non sabía brindar” ou que cando chegase a casa “ía soñar con Ribeira”. A cousa púxose algo máis tensa contra ao final da disputa, pois O Atrevido insinuou que o Ribeira facía o amor coas cabras, cousa que incomodou a este, que axiña lle respostou que “aquí solo hai xente, non fales de animales”. “Tu non lle queres ás cabras E o ganado na labrada e non seie o que dices solo é unha trapallada” Ribeira

Ribeira de Louzarela.

“Eu non son ningún trapalleiro Cada un di o que quere Eu non preciso de cabras Chégame ben as mulleres” Atrevido

E así foi chegando o combate ao final, coa despedida do Ribeira dicíndolle ao Atrevido que xa lle cheiraba “a conto” e que estaba “pasado da cabeza”, mentres que o Atrevido afirmou rematar “aburrido” ante o seu rival. E todo este cantar entre os dous, cada un coa súa melodía, co se ritmo, coa súa idiosincrasia, co seu saber… Se o brindeiro o facía nunha ladaíña máis diverxente nos melismas e na entonación, o bergantiñán alongaba os versos ao seu gusto para deitar neles a melodía monótona da regueifa… Tamén apreciamos fórmulas de inicio e de peche, versos de arranque nun e noutro cantador (“Vouche dicir unha cousa” “porque deus me deu así” ), recursos como o leixa-prén, a anáfora e o paralelismo, a metáfora… Aló estaban dous poetas duns setenta

Perfumes de Autor - Profesionales de la cosmética ecológica Paseo Matutino 13, Bajo 36860 Ponteareas Tel. 886 311 0003 elrincondelperfumista.es También estamos en Facebook

Atrevido de Grixoa.

anos, ambos labradores de nacemento e con a penas estudos nas súas infancias, un das montañas de Lugo, outro da zona de Bergantiños, a improvisar unha chea de versos, a maioría deles ben rimados e medidos (ou comparados), empregando recursos poéticos e atacándose entre eles, sen deixar de lado a retranca e o humor.

“E pra huxe e pra mañán E non quero estar de feiras Pois eu quéroche dicir Que paramos cuando queiras” Ribeira “E pois se queres parare Teño moito entendemento Pois descansaremos logho Que pra eso temos tempo” Atrevido

E aí quedou a batalla, a disputa, a porfía; perdida no tempo, pero lembrada por sempre. Unha mostra case irrepetíbel dunha controversia entre dúas das cantigas improvisadas que máis percorrido e fama ti-

veron na Galiza rural do século XX. Hoxe, a regueifa semella estar medrando, mentres o brindo vai esmorecendo. E aínda que o Atrevido xa nos deixou hai uns cantos anos, aínda quedan regueifeiros na comarca de Bergantiños e van nacendo novas promesas por aquelas terras e no resto do país. Pola contra, se falamos do canto de voda das montañas de Lugo, xa só temos ao noso Ribeira dando guerra polo Cebreiro, na súa aldea de Louzarela, aos 91 anos de idade. Que medre o brindo e non se malve a regueifa!

(Fe de erratas: No anterior número afirmamos dende estas páxinas que o presentador deste evento celebrado na Coruña fora Xurxo Souto, cousa que non é certa xa que fora o arqueólogo Antón Malde. Tamén afirmamos enganadamente que o 1º encontro entre brindeiro e regueifeiros fora este da Coruña, pois a 1ª xuntanza celebrárase en Vigo 3 días antes, o 14/5/95 no Auditorio do Concello)


38

FINAIS DE DECEMBRO 2017

PARROQUIA A PARROQUIA

NESTA II EDICIÓN DESTA SECCIÓN, HOXE IMOS FALAR DE TORROSO, UNHA DAS MAIS GRANDES E VITAIS PARROQUIAS DO CONCELLO DE MOS.

TORROSO 400 ANOS FACENDO HISTORIA

TRAJO EL ESTATUTO DE ROMA EL DOCTOR PADILLA. OBISPO D. JUAN GARCIA DE VALDEMORA. LUIS PEREIRO I ABADQUE HIZO A SU COSTA. CON LICENCIA DE D. GABRIEL DE QUIROS SOTOMAYOR” E é así coma no ano 1617 nace a que actualmente coñecemos como parroquia de Torroso, pola unión de Torroso e Cerdedelo e a posterior construción da actual Igrexa de San Mamede. As festas patronais de Torroso son as que dan nome a súa igrexa chamadas “Festas Patronais na Honra de San Mamede”. A Parte desta igrexa, en Torroso tamén está a Capela de San Xoán e en Louriñó, atopámonos co Muíño de Aboo. Tamén temos que destacar deste

o encrucillado A B C D E F

G H I

K

1

2

3

4

5

6

7

de Khan Deán 8

9

10

gran barrio o seu castro, chamado O Castro de Torroso. O Castro sitúase preto do límite coa parroquia de Petelos. Atópase a unha altitude sobre o nivel da mar de 135 metros, na marxe dereita no alto do val do río Louro. Ocupa un lugar privilexiado na xeografía que a modo de anfiteatro ábrese cara ao sur (á zona meridional da depresión Meridiana) e protexido polo leste polos Montes do Galleiro e polo oeste pola Serra do Galiñeiro. Atópase a tan só 8 km en liña recta da ría de Vigo. Preto do xacemento son abondosos os mananciais e cursos de auga. Trátase dun castro de terreos de pouca pendente, cun claro dominio dos chans con pendentes inferiores ao 5% e arrodeado de pendentes de entre

un 5 e un 10%. Foi descuberto polos temporais do inverno, estes tiraron varias árbores e facilitaron que na primavera de 1983 Justo J. González Ballesta e Manuel Domínguez Domínguez descubrisen entre as raizames anacos de cerámica que recolleron e amosaron ao equipo do Museo de Pontevedra, quen comprobou que se trataba de cerámica de tipoloxía castrexa, razón pola que promoveron un plan de escavacións sistemáticas. O diario de escavación, inventarios e achados consérvanse no Museo Provincial de Pontevedra. Ditas escavacións se producen entre os anos 1984 e 1990. Sen dúbida, unha parroquia moi interesante para visitar e pasear pola súa contorna natural e histórica.

HORIZONTAIS: ABCDEFGHIK-

Insecto da familia dos blátidos de cor negra – símbolo químico do fósforo. Parroquia de tomiño. - . ...........ferreira alcalde de gondomar. Síndrome do rostro inexpresivo - penúltima vogal - do revés o contrario de ben. En idioma euskera conxunción copulativa e -conxunto de arcos dunha construción. Chuvia conxelada que cae en forma de grans - digrafo con que se representa o fonema r. Consoante - que non está permitido pola lei ou pola moral. O contrario que despois - contración de preposición máis demostrativo. Que carece de compañía - froita da maceira. Policía política da alemania nazi - cazadora. Conxunción comparativa - saúdo - parte dun obxecto polo que pode ser collido

VERTICAIS: 1- Coalición galega - parroquia de tomiño-100. 2- Arteria pola que sae o sangue do corazón - pronome posesiva feminino. 3- Afeccionados ao luxo e ao refinamento. 4- Comites abertos de facultade - interxección-símbolo químico do oxíxeno. 5- 367 - 366 - relativo ao abismo. 6- 500 - do revés rei persa - nome de muller. 7- Partido político xermolo do actual pp, fundado por varios ministros franquistas - estrutura de taboas que se pon a cada lado do carro para que non caia a carga. 8- Exclamación - mitra papal formada por tres coroas superpostas. 9- Pinturas colocadas en marcos - artigo feminino plural. 10- Terreo plantado de maceiras - penultima vogal - na mitoloxía exipcia compoñente do espiritu humano

HORIZONTAIS A-CASCUDA-P.B-GOIAN-PACO.C-RBF-O-LAM.D-ETA-ARCADA.E-SARABIA-RR.F-T-ILICITO.G-ANTES-NISO.H-SOA-MAZÁ.I-SS-ANORAK.K-CA-OLA-ASA VERTICAIS 1-CG-ESTÁS-C.2-AORTA-NOSA.3-SIBARITAS.4-CAF-ALE-O.5-UN-ABISMAL.6-D-ORIC-ANA.7-AP-CAINZO.8-ALA-TIARA.9-CADROSAS.10-POMAR-O-KA

G. FIGUEIREDO. Mos forma parte da comarca e da área metropolitana de Vigo, así como da comarca histórica de As Terras da Louriña. Limita ao norte con Redondela e Pazos de Borbén, ao sur con Porriño, ao oeste con Vigo, e ao leste con Ponteareas. A poboación supera lixeiramente os 15.000 habitantes, nunha área de 53,2 quilómetros cadrados, repartidos en dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso. Torroso está situada no centro de Mos, limitando con Guizán ao norte, Mos ao leste, Petelos ao sur e Tameiga e Dornelas ao oeste. É a parroquia que máis barrios ten: Barreriros, Cabezal, Carballeira, Cerdedelo, Cotofe, Fontiña, Igrexa, Louriñó, Outeiro, Peinador, San Juan, Seixabre e Texe. Esta parroquia conta cunha poboación de máis de 1.300 habitantes. Este ano Torroso estivo de festa, pois celebrou o pasado mes de febreiro o seu 400 aniversario. Na igrexa súa podemos ver unha pedra conmemorativa coa seguinte lenda: “ESTA IGLESIA SE HIZO AÑO DE 1617 EN QUE LA IGLESIA DE TUY FUE LIBRE DE JUDIOS Y


FINAIS DE DECEMBRO 2017

39

CINEMA jOSIñO ArAújO

Como gastar con sensatez o diñeiro do Gordo

O MELLOR E O PEOR DE 2017

D

esambiguación: Non falamos da posibilidade de poderes gastar o diñeiro dun home gordo que, non podo imaxinar como, caera nas túas mans. Non. Falo do premio Gordo da Lotería Nacional. Ti pensas que non necesitas ler os meus consellos porque de sobra saberías que facer cun montón de pasta, e que calquera sabería empregala sabiamente para vivir o resto da súa vida feliz e sen máis problemas. Pero a realidade demostra o contrario. Hai moita xente que se fixo rica grazas á lotería e que, non sabendo xestionar a súa nova fortuna, se arruinou en pouco tempo. Hai moita xente que se fixo rica grazas á lotería que foi secuestrada e non apareceu máis. Hai moita xente que se fixo rica grazas á lotería que entrou no mundo das drogas e acabou en pouco tempo no cárcere ou no cemiterio. Hai moita xente que se fixo rica grazas á lotería que foi asasinada por algún ser querido para cobrar o seguro, ou por vinganza. E mira todo o que lle pasou a Hurley despois de que uns números malditos o fixesen millonario! Pero a pesar de todo, nós queremos facernos ricos grazas á lotería, e ademais, como tanta xente, poñemos os medios para que isto suceda, xogando. Nestas datas de Nadal, sobre todo. As probabilidades de que nos toque o Gordo varían de sorteo a sorteo, claro. A xente xa está dicindo que o anuncio deste ano da Lotería de Nadal o deixa ben claro, son tantas como as que hai de encontrar unha marciana. Pero este, se cadra, é o sorteo onde hai máis. Se busquei ben en internet, unha entre oitenta e cinco mil. Aínda así, hai moitas máis probabilidades de ter un cáncer de mama, por exemplo. A xente que non xoga, se se compara con aquela que gasta unha pasta, pode dicir que xa lle tocou o que non xogou. Este tipo de comentarios son o que máis jode o día 22, cando non che toca nada. Pero nesta columna, neste mísero espazo, por falta do mesmo, non imos contemplar esta posibilidade. Imos pensar que nos vai tocar o Gordo e que temos un “ problema”: un monte de diñeiro. A cuestión agora é que facer con el para vivir unha boa vida e que nos dure moito. Eu voucho dicir de maneira breve e altruísta. Só tes que ter en conta tres cousas: A primeira...

D

Moncho Lareu Membro de Anova e do CC da FPG

ende hai unhas semanas, se non saimos da casa e facemos caso da televisión, todo é normalidade. Incluso coa seca. Até que se decida o contrario, por suposto: unhas veces Venezuela, outras veces Cataluña... Porén, a crise –what crisis?–, que nos fan padecer dende hai unha década fixo mudar considerabelmente os paradigmas infraestruturais e superestruturais tanto do sistema-mundo coma do rexime español. É por iso que, por moito que teimen os abraiados, os sorprendidos, os que continúan en estado de choque dende 2012 ou dende antes, nada voltará xa a ser coma antes. Centrándonos no que temos máis próximo, no Estado Imperialista Español, como xa sabemos, a crise do

V

olve decembro e con el os balances das cousas positivas e negativas que nos deixou o ano, análises que normalmente teñen como consecuencia os bos propósitos de aninovo que nunca se chegan a cumprir de todo. Dentro destes balances tamén están incluídas as listas co "mellor e o peor do ano" de calquera cousa, que normalmente son simplistas e superficiais pero serven para facernos unha idea de "como foi a cousa". Este mes aproveito a sección para compartir con vós a miña lista cinematográfica do 2017, espallándome máis no "mellor" para que o balance sexa positivo. No cine, considerar que unha película é dun ano ou de outro é sempre complicado xa que depende do criterio que se empregue. Aquí voume cinguir a aquelas que se estrearon comercialmente no Estado en 2017 (sen contar festivais ou certames de cine, nin medios ilegais de descarga ou visionado). Polo tanto, incluirei algúns films xa vistos antes de que comezara o 2017 e deixarei de mencionar outros xa vistos pero aínda sen estrear. Aí vai a lista:

MELLORES PELÍCULAS 1.- Toni Erdmann (Maren Ade) 2.- Estiu 1993 (Carla Simón) 3.- Mimosas (Oliver Laxe) 4.- O outro lado da esperanza (Aki Kaurismaki) 5.- Liberami (Federica Di Giacomo) 6.- Manchester fronte ao mar (Kenneth Lonergan) 7.- The Square (Ruben Östlund) 8.- La la land (Damien Chazelle) 9.- A ghost story (David Lowery) 10.- Grave (Julia Ducournau) // Blade Runner 2049 (Denis Villeneuve) PEORES PELÍCULAS 1.- Rei Arturo: A lenda de Excalibur (Guy Ritchie) 2.- A torre escura (Nikolaj Arcel) 3.- O boneco de neve (Tomas Alfredson) 4.- Valerian e a cidade dos mil planetas (Luc Besson) 5.- Pieles (Eduardo Casanova)

2018. Unidade ou barbarie sistema levou aparellada a conseguinte crise de rexime. As progresións nos procesos soberanistas/independentistas das chamadas periferias engadidos á emerxencia con forza de movementos políticos democratizadores con valores republicanos na propia cerna da metrópole, e á exposición dun Rexime´78 corrupto en todas e cada unha das súas estruturas, orixinan un apurado repregamento do rexime en forma de búnker político-económico. Un búnker (Monarquía, PP-Cuidadanos-PSOE e IBEX), patrocinado pola reaparición dos seus zombis (Felipe, Aznar, Corcuera...), bendecido pola prensa empresarial-sistémica do pensée unique, blindado coa aplicación do artigo-mordaza 155 a Cataluña

pero tamén aos municipios rebeldes do resto do Estado, e multiplicado cun aumento da actividade represiva contra toda disidencia: sindicalistas, artistas, comunistas, xornalistas, independentistas, xentes do cine, da música, de todos os oficios. O búnker está unido, pode ter enfrontamentos internos e guerras intestinas, pero non amosa fendas nin grechas. É un aparello letal e implacábel. Ameazado e amedrentado mudou o seu Rexime´78 en Rexime´155, ese que pode actuar sen necesidade de render contas nin dar explicacións. Fronte semellante búnker, calquera tentación idealista, purista ou identitaria do bloque demócrata é unha frivolidade da que a historia nos fará res-

ponsábeis. A unidade das esquerdas é máis que unha necesidade, é unha urxencia vital para as nacións e as clases agredidas. Urxe, logo, recuperarmos o espírito de confluencia que alumea dende a Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos do 2009 e dende as prazas do Nunca Máis e do 15-M. Por que se as esquerdas estatais, por un lado, e os movementos de liberación nacional periféricos, polo outro, vivimos de costas e enfrontados, o Rexime´78 –agora Rexime´155–, gaña. O que é o mesmo, a Reacción corrupta e fascista vence. Unidade ou barbarie. Decembro de 2018.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L.

Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos,

Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida, Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso. Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


finais de decembro 2017 - 2€

PROXECTO GATO

"Especialistas en repostería creativa100% artesanal Diseños personalizados para tu boda, cumpleaños o evento.

Tú lo imaginas, nosotras lo horneamos

PÁXS. XXX-XXXI

Infórmate en el 986 182 166 o en nuestra página web www.midulceeli.com

Avda. Castelao 57, bajo 36860 - Ponteareas

FOTO MARTA B.

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

nº 54 (cUarTa xeira)


II

FINAIS DE DECEMBRO 2017

OPINIÓN G. FIGUEIREDO.

Román González Garrido Membro de GañaMos

A SITUACIÓN POLÍTICA NO CONCELLO DE MOS O

mundo da política é algo tan fermoso como complexo, é moi complicado unha vez que estás en pleno axetreo municipal, non deixarte levar pola inercia avariciosa do poder. Algo que está a acontecer no noso concello co goberno da sra. Arévalo. Dende que entrei a formar parte deste proxecto de futuro que é GañaMos, non deixei de comprobar unha e outra vez o desastroso que pode ser para as veciñas e veciños, que un político so pense no seu propio ego. Para min comprobar como se fan uns orzamentos municipais ca base do engano e dunha situación irreal que so ten o PP na súa cabeza, como se xestionan de forma precaria e irresponsable os recursos do noso concello, como se xenera conflicto entre as veciñas e veciños arrasando camiños privados, o que conleva a conseguinte confrontación quedando eles como falsos anxos da garda, como se fai unha RPT(relación de postos de traballo) deficiente arbitraria e desigual cas traballadoras e traballadores, como asi o dixo a xustiza e moitas outras cousas mais, fan que as miñas ganas de involucrarme neste proxecto de futuro que é GañaMos, medren máis cada día que pasa. Canfo decidín formar parte de GañaMos, fíxeno convencido de que inda hai esperanza de mudar a situación política, económica e social para todas as veciñas e veciños e que non pode ser que sigamos con estas políticas de desigualdade e que so levan a frustracion de todas e de todos, e por moito que o pp se empeñe e achicarnos cada dia mais,eu non vou desistir no meu empeño de facerlle fronte. Estes días anunciou Nidia Arévalo xunto co presidente do Celta, Carlos Mouriño, o acordo deste clube deportivo e o concello de Mos para construir unha supercidade deportiva e comercial nos nosos montes. Eu pregúntome si de verdade é tan maravillosa como nos queren facer crer, xa que reventar os nosos recursos para deixalos baixo o cemento do capitalismo, non creo que sexa tan maravilloso.

Deste asunto falo como celtista de corazon,que sinto a cor celeste por riba de moitas cousas, pero xamais por riba dos meus recursos naturais, como pode ser o suministro de auga. E tamen intentando comprender o benestar que pode traer este macroproxecto para o noso concello, e por mais voltas que lle dou, non o dou atopado. Que se expropie monte veciñal a precio ridículo para regalarllo a unha empresa privada como é o Celta SAD, e despois se lle recalifiquen os terreos para que nun futuro poida enrriquecerse o triple vendendo o capital adquirido, non é maravilloso, iso é especulación, e eu non quero que o fagan cos nosos montes. Pero o peor de todo, é que neste asunto se representan todos os valores polos que eu decidin meterme en política para erradicalos de raiz. E vouno facer con un grupo asambleario maravilloso como é GañaMos. Pareceme lamentable e preocupante, que se xogue desta maneira tan descarada cos sentimentos das persoas, que usen o sentimento celeste para xogar cas emocion das veciñas e veciños, e que se aproveiten dunha maneira tan corrupta e calculadora da necesidade que temos as persoas de crer nalgunha cousa, da necesidade que temos de sentir a emocion por algo, para vender un proxecto totalmente capitalista e especulativo, que so vai servir para enriquecer o señor Mouriño e o seu grupo inversor. Estou convencido de que este proxecto vai traer mais perxuicios que beneficios e non vai xerar tales postos de traballo, como demostra o PP en cada cousa que toca. As e os mosenses merecémonos dunha vez unha clase política constructiva, transparente e honrada,e sobre todo ca vocación de querer axudar a mellorar a calidade de vida dos demais, non so a de un mesmo pasando por riba do resto, que isto é algo que esta a superar con creces este goberno do PP. Merecémonos crer nos nosos recursos e na nosa capacidade para explotalos,merecémonoscrer nos nosos montes, pero sobre todo, merecémonos crer na nosa xente.

INVENTOU LACTANCIO O CRISTIANISMO 300 ANOS DESPOIS DE "CRISTO"?

E

stamos en plenas festas de Nadal. Poucos días antes de que este xornal chegase ás súas mans, as persoas que profesan a relixión Cristiá celebraron o nacemento de quen para eles é o fillo de Deus, feito home. Ata hai ben pouco a teoría comunmente aceptada,era a incuestionable existencia de Xesús de Nazaret,coñecido como Cristo, con algún matiz cronolóxico dubidoso en relación ás datas exactas do seu nacemento e da súa morte. De feito a propia igrexa católica fala dun desfase de entre 4 e 8 anos entre a data real,e a aceptada como o inicio do Cristianismo. Esta relixión foi elevada á categoría de oficial do imperio romano no século IV polo emperador Constantino, algo que sen dúbida foi chave na súa evolución futura. Pero naceu o cristianismo realmente cando se di que naceu?. En realidade existiu Xesús de Nazarét?...O escritor Fernando Conde no seu libro “303” defende que nin unha cousa nin a outra son certas. Na súa opinión a relixión cristiá naceu no século IV e foi unha creación do historiador Lactancio, seguindo o encargo do emperador Constantino, a quen lle interesaba oficializar unha relixión diferente, motivado unicamente por intereses de tipo político.

CONSTANTINO, Flavio Valerio Aurelio Constantino, nado sobre o ano ano 272,, e finado no 337. Foi Emperador dos romanos. Legalizador da relixión cristiá polo Edicto de Milán en 313, Constantino é coñecido tamén por refundar a cidade de Bizancio (actual Istambul, en Turquía), chamándoa «Nova Roma» ou Constantinopla, a cidade de Constantino. Convocou o Primeiro Concilio de Nicea en 325, que outorgou lexitimidade ao cristianismo no Imperio Romano por primeira vez. Constantino era violento e fácil de irritar, fixo matar á súa esposa Fausta e ao seu fillo Crispo. Igualmente foi desapiadado cos seus rivais. Era un home moi ambicioso. Cando transferiu a sede imperial á nova capital, comportouse como un soberano oriental: as súas roupas aran fastuosas e sementadas de pedras preciosas; na cabeza levaba unha diadema de perlas. Lactancio viviu desde o ano 240

ao 320 segundo a maioría dos especialistas, aínda que o ano real está aínda por determinarse. Era un escritor latino e apoloxista cristián nado no norte de África. Foi o primeiro pai da Igrexa en realizar unha síntese dos principais ensinos do cristianismo e chamado polos humanistas do Renacemento como o " Cicerón cristián". Ensinou retórica en varias cidades orientais do Imperio romano, incluíndo Constantinopla. O Emperador Constantino, no ano 303, reuniu un pequeno equipo redactor e encargoulles escribir os catro Evanxeos e varios textos máis, co fin de implantar no Imperio a súa nova relixión, o Cristianismo pero, canto pode mudar unha historia contada 300 anos despois do suposto nacemento de Xesucristo?.Segundo a teoría defendida con moita solidez argumental por Fernando Conde Xesucristo é un invento literario de Lactancio. Déuselle a figura de fillo de Deus porque Lactancio estaba obsesionado con que todo o Imperio adorase ao Deus único. Esta teoría da invención política do cristianismo 300 anos despois de que presuntamente nacera, ten certos problemas como por exemplo algunha obra de Flavio Josefo,dous séculos anterior a Constantino na que supostamente fala de Cristo.Segundo Fernando Conde Flavio Josefo escribiu as súas Antigüidades judaicassin sen citar para nada a Xesucristo, o que sucede é que Constantino formou un equipo integrado por Lactancio e Eusebio de Cesarea, que era historiador. E a este último tocoulle interpolar a Flavio Josefo e a Plinio para meter unha cuña na que citase a Xesucristo. Pero os historiadores con cabeza xa atopan que esa cita de Xesucristo non pega no sitio, xa que corta dúas pasaxes que teñen unha perfecta unión entre si. É dicir, que xa hai sospeitas de que o testemuño flaviano é unha falsificación e, ademais, apareceron probas de que é unha interpolación. Como non podía ser doutra maneira a consideración da veracidade ou non,da opinión de Fernando Conde,deixámola á liberdade da razón ou porque non da fe, de cada lector e de cada lectora.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

III

REPORTAXE

O

EN 2010 UN INFORME DA ONU POSTULABA UN CAMBIO hACIA UNhA DIETA SEN DERIVADOS LÁCTEOS PARA LIBRAR AO MUNDO DA FAME, DA ESCASEZA DE COMBUSTIBLE E DO CAMBIO CLIMÁTICO veganismo (do inglés veganism)a é a práctica que rexeita a utilización e consumo de todos os produtos e servizos de orixe animal. A quen practica o veganismo chámaselle vegano ou vegana. Malia que ás veces podemos confundir os termos, ser vegano non é mesmo ca ser vexetariano. O vexetarianismo remóntase á antigas India e Grecia. O termo « veganismo» foi acuñado en 1944 por Donald Watson, co obxectivo de distinguir o vexetarianismo simple (non carne) do vexetarianismo estrito (non produtos animais) por razóns éticas. En definitiva, a diferenza entre unha persoa vexetariana e unha persoa vegana, está en que é a ética só a ética e nada máis cá ética a motivación que lles leva, ás persoas veganas, a practicar esta forma de entender a vida, baseándose no respecto á vida e a dignidade de todos os seres conscientes. As persoas veganas rexeitan o consumo de todo produto de orixe animal por respecto aos demais animais como seres sensibles. Ademais de seguir unha alimentación vexetariana estrita ou pura, tamén estenden dita filosofía a todos os ámbitos das súas vidas e opóñense ao uso ou consumo, para calquera propósito, de animais ou produtos de orixe animal. Nas sociedades do que se coñece como primeiro mundo existe unha gran sensibilidade cara aos animais domésticos, pero o enorme impacto negativo sobre os animais silvestres das técnicas agrícolas utilizadas para alimentar aos seres que se producen para alimentar humanos pasa case desapercibido para a maioría das persoas. Os e as activistas do veganismo tratan de facer ver como os matadeiros ou os centros de produción poden chegar a ser auténticos espazos nos que os animais son sometidos a aterradoras e inimaxinables torturas. Por outra banda, unha liña do veganismo suxire que as plantas tamén son seres «sentintes», capaces de experimentar tensións de maneira similar aos animais, comunicarse ampla e activamente e, a un nivel rudimentario, distinguir entre o «eu» e o «non-eu». Non hai probas científicas de que sintan dor, só evidencias circunstanciais. Expúxose que, como seres vivos que son, débense recoñecer os seus dereitos como no caso dos animais. En Suíza, unha lei promulgada en 2004 ordena que a dignidade de todas as criaturas, incluídas as plantas, sexa considerada na investigación. Os que practican esta de forma

O VEGANISMO

de vida ven ao veganismo como unha filosofía e rexeitan a comercialización dos animais e a súa condición de mercadoría; e evitan usalos como comida, indumentaria, entretemento ou para calquera outro propósito. Un dos paises nos que existe unha maior tradición vegana é o Reino Unido, de feito a Sociedade Británica Vegana só certifica un produto se este non foi elaborado con materiais de orixe animal ou por animais, incluíndo aqueles que foron probados en animais. Os produtos de orixe animal inclúen: todo tipo de carnes, ovos, produtos lácteos, mel e cera de abellas; peles, coiro, la, seda, plumas ou calquera produto que conteña derivados da graxa animal. Tamén produtos menos coñecidos como: carbón animal, porcelana de cinza de óso, carmín de cochinilla, caseína, xelatina, cola de peixe, lanolina, callo, goma laca, sebo, soro de leite. Existen tamén outros ingredientes aínda menos coñecidos que non poden ser detectados nas etiquetaxes. Algunhas pezas de vestir utilizadas polos veganos, particularmente as elaboradas con sucedáneos de coiro, están feitas de produtos a base de petróleo; isto desatou críticas en segmentos do ecoloxismo debido aos danos ambientais asociados á extracción e comercialización do petróleo. Alén da cuestión ética hai outro tipo de argumentos que fan do veganismo unha sólida posición intelectual, así pois semella unha evidencia científica que as dietas baseadas en plantas son máis sustentables que as dietas ricas en produtos animais, debido a que utilizan menos recursos naturais e provocan menor impacto no medio ambiente. A nivel global, a gandería é

unha das principais causas de perda de biodiversidade e de emisión de gases de efecto invernadoiro e, probablemente, a principal fonte de contaminación da auga nos países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento. Os pastos ocupan un 26% do total da superficie terrestre libre de xeo e aproximadamente o 34% das terras cultivadas corresponde a alimentos para o gando (cultivos forraxeiros). A suma de pasteiros e cultivos forraxeiros representa case o 80% dos terreos destinados a actividades agropecuarias. A agricultura ten unha enorme repercusión negativa sobre a Terra; provoca a redución da superficie dispoñible para a vida silvestre, destrúe gran número de insectos, plantas e animais, tanto directamente na preparación dos terreos e mediante o uso de praguicidas ou outros métodos para defender os cultivos (incluíndo envelenamentos e caza a tiros), como pola contaminación das augas. Así mesmo, os insecticidas, herbicidas e funguicidas contaminan a auga doce con compostos que, ademais de afectar a moitas formas de vida silvestre, prexudican a saúde dos seres humanos. En xuño de 2010 un reporte do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, di que se require un cambio cara a unha dieta sen derivados lácteos para librar ao mundo da fame, a escaseza de combustible e do cambio climático. Porén tamén hai científicos que opinan o contrario. Nun estudo sobre unha simulación de utilización do chan para diversas dietas para o estado de Nova York, realizado no 2007 pola Universidade de Cornell, concluíuse

que a pesar de que as dietas vexetarianas utilizan a menor cantidade de terra per cápita en realidade precisan a mesma cantidade que a necesaria para unha alimentación convencional, xa que os cultivos de forraxe son realizados en terras de menor calidade que os destinados ao consumo humano. Rematamos este traballo falando do impacto que unha dieta vegana pode ter na saúde dunha persoa e como non podía ser doutra maneira reflectimos opinións favorables e outras que non o son tanto. As dietas veganas, ben planificadas, poden reducir o risco de desenvolver certas enfermidades, tales como a enfermidade coronaria, a diabetes tipo 2, a hipertensión, certos tipos de cancro e a obesidade. Son consideradas apropiadas para todas as etapas da vida pola Academia de Nutrición e Dietética de Estados Unidos e a Asociación de Dietistas de Canadá.Pola contra a Sociedade Alemá de Nutrición non as recomenda en nenos, adolescentes ou durante o embarazo e a lactación, e a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición desaconséllaas en lactantes e nenos, e advirte do risco nas mulleres embarazadas. As dietas veganas, ben planificadas, tenden a ser máis ricas en fibra dietética, magnesio, acedo fólico, vitamina C, vitamina E, potasio e fitoquímicos; e máis baixas en calorías, graxa saturada e colesterol. Con todo, como resultado da eliminación de todos os produtos de orixe animal, as dietas veganas poden provocar importantes carencias nutricionais, principalmente de vitamina B12, vitamina D, calcio, ácidos graxos omega-3, ferro e zinc. Estas deficiencias só poden ser previdas mediante a elección de alimentos fortificados ou a toma regular de suplementos dietéticos, para o que é esencial unha educación e avaliación personalizada por parte dos profesionais en nutrición. O nutriente máis crítico nas dietas veganas é a vitamina B12. Só os alimentos naturais de orixe animal conteñen cantidades suficientes de vitamina B12 para os seres humanos. A deficiencia desta vitamina é moi frecuente entre os veganos, o cal pode provocar trastornos neurolóxicos potencialmente irreversibles. Epílogo: En homenaxe a unha deliciosa comida vegana da que gocei nun restaurante de Gondomar, en inmellorable compañía no presente mes de decembro.


IV

FINAIS DE DECEMBRO 2017

ENTREVISTA

Rematamos este traballo sobre o veganismo entrevistando a Ana Rodríguez Porto. Ana é da parroquia de Soutolobre, no concello de Salvaterra, e leva case tres anos practicando esta forma de entender as relacións entre os animais humanos e os non humanos. Ana é unha soa coa súa conciencia e por iso é excepcional.

ANA RODRÍGUEZ PORTO, vegana concienciada

“SER VEGANA CONSISTE EN RESPECTAR O DEREITO Á VIDA E, DESDE LOGO, A UNHA VIDA DIGNA DE TODOS OS SERES CONSCIENTES”

Ti es vegana verdade? Si, eu si. Hai canto tempo? Pronto fará tres anos. Foi un proceso gradual? En absoluto, foi dun día para outro e sen ningún tipo de transición. O teu entorno máis próximo como reaccionou? Ao principio encontrei algo de incomprensión pero, ao ver que era unha decisión tan firme, acabárono asumindo con naturalidade. Para quen o descoñeza, ilústranos. Que é ser vegana? Para min é algo moi sinxelo. Basicamente consiste en respectar a todos os animais en todos os aspectos; e esencialmente, no seu dereito a vivir, e desde logo, no seu dereito a vivir con dignidade. (Libres de calquera tipo de uso ou explotación por parte da nosa especie). As razóns que te levan a ser vegana son alimenticias, éticas ou ambas? Son razóns éticas, o veganismo non se

pode concibir doutra maneira que non sexa a ética. Pero ti es consciente de que hai persoas que chegan a esa posición por

motivos puramente alimenticios? Si, pero esas persoas non son veganas, dado que as súas razóns para deixar de comer animais e derivados non son

éticas, senón por benestar persoal. En todo caso, serían vexetarianas estritas. Quero recordar que o veganismo se extende a todos ámbitos da nosa vida non só ao que se pon no prato, senón á vestimenta, produtos de uso na hixiene, espectáculos aos que se acude… Cal é a diferenza entre ser vegano e ser vexetariano? Como che dixen, o veganismo é motivado por unha razón ética, non é unha forma de alimentarse, nin unha posición ecolóxica, só o fundamenta o respecto pola vida e pola dignidade de tódolos seres conscientes. O vexetarianismo en cambio, si é unha forma de alimentación, que pode ser motivada por mellorar a saúde ou calquera outro motivo, que non necesariamente inclúa o respecto polos animais, dado que moitos vexetarianos seguen participando na explotación de certos animais demandando por exemplo, ovos, lácteos e/ou mel ou ben usando cosmética testada nos mesmos, peles, etc.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

V

ENTREVISTA Cando nace o veganismo? Nace en 1944. O seu fundador é un inglés chamado Donald Whatson, que crea nese ano a primeira sociedade vegana do mundo. Produtos como os ovos, o leite ou o mel os consumes? Non. Por que? Porque para producir calquera dos produtos que mencionas utilizas a outro animal para un fin teu. Hai animais non humanos que comen a outros animais para vivir. Que hai de malo en que os animais humanos fagamos o mesmo? É moi sinxelo, as persoas podemos elixir temos a facultade para decidir isto si e isto non. Os animais carnívoros non teñen opción, se un león non come a unha cebra morre, non pode facer outra cousa. Todos os nutrientes que precisa unha persoa para ter unha vida sa, poden, ao teu xuízo, ser consumidas prescindindo total e absolutamente de produtos de orixe animal? Por suposto, calquera nutriente que precise o ser humano para sobrevivir existe no reino vexetal; Así o garanten organismos internacionais como a ADA (Asociación de Dietética Americana) que nos asegura que unha alimentación (ben planificada) baseada en vexetais non só e apta para tódalas persoas en calquera etapa da súa vida, senón que é a única viable para manter un estado óptimo de saúde. Hai quen considera que non é así. Hai opinións que esgrimen que os que non consumides animais, tedes

problemas coa vitamina B12, seica é esencial para o correcto funcionamento do fígado?.

Esa vitamina, que efectivamente é necesaria non é nin de orixe animal nin vexetal, é de orixe bacteriano. O que se di de que esa vitamina está exclusivamente en produtos de orixe animal é totalmente falso. É, como tantas outras cousas, unha estratexia de venda para favorecer ás grandes industrias cárnicas. Os animais de por si, non teñen no seu corpo vitamina B12, a eles subminístranlla nas granxas. O suplemento desa vitamina pode mercarse perfectamente, e desde logo, é máis ético compralo e consumila directamente que comer un animal para obtela. Se todos os seres humanos fixeramos como ti e non consumiramos animais, non sería necesario multiplicar a superficie de terras para producir alimentos, co que a propia vida salvaxe natural estaría afectada? Non, rotundamente non. É exactamente do revés. Se toda a superficie cultivable que se dedica a alimentar aos animais, que se producen para alimentar humanos, se dedicase directamente a producir vexetais para alimentar directamente a humanos, non habería fame no mundo. Actualmente cultivamos alimento para 12.000.000.000 a 15.000.000.000 de persoas. No mundo, so hai 7.000. 000.000, e destas, 1.000.000.000 de persoas pasan fame a diario. Mundialmente, o 50% de grans y legumes cultivados é para alimento de animais.

Comen unha enorme cantidade de grans e legumes. En EE.UU., chegan ao 70, 80, dependendo do cereal (cerca do 90% da soia). En canto ao consumo de auga, manter a todos eses animais supón un consumo nove veces maior ao que gasta a poboación mundial humana ao día. En resume, a gandería industrial non é sostible e supón unha catástrofe ambiental enorme, é o primeiro factor destrutor do amazonas ( tálanse miles de hectáreas por segundo para pastoreo animal e cultivo do seu alimento), contamina máis que todo o sector do transporte xunto (un 51% frente a un 13% dos medios de transporte) e asemadeé a causa principal de extinción de especies. Eliminar ao ser humano da cúspide da pirámide alimentaria non alteraría perigosamente o ciclo da vida? Non. O desenvolvemento do ciclo da vida xa non é natural, está artificialmente deseñado co gallo de favorecer o interese do ser humano. Alterar alteraríase pero para ben, se temos en

conta o citado anteriormente, volveríamos a estar en equilibrio coa natureza, por así dicilo. Supoño que che gustaría que ao ler a túa entrevista algunha persoa dea o paso que ti deches hai tres anos? A min gustaríame que todos fosen veganos, por suposto, pero iso ten que saír de cada un. A persoa que queira facelo ten que ter a conciencia ética para facelo convencida. A ti gústache cociñar, explorar cousas distintas no teu menú ou tes as catro opcións básicas que temos os non veganos: luns tortilla, martes filete, mércores croquetas.. No tema da cociña, dos sabores e texturas, gústame explorar, innovar e procurar cousas novas aínda que, os meus menús son bastante sinxelos. Rematamos Ana agradecéndoche a túa amabilidade é cunha última cuestión; a túa decisión de ser vegana é irreversible? Definitivamente si, é unha decisión de por vida. Moitas grazas.

Repostería creativa Panadería Lambonadas Xeados


VI

FINAIS DE DECEMBRO 2017

ENTREVISTA

XURXO PARDO. Responsable do BNG de Pazos de Borbén

“O PP DE PAZOS É UN GOBERNO DE CACIQUES SEN PROXECTO DE CONCELLO” O BNG de Pazos ven de mudar o seu responsable local. Xurxo Pardo un rapaz arquitecto do barrio do Pousiño encabeza agora aos nacionalistas nesta localidade. De sólida formación intelectual e con toneladas de ilusión por facer ben as cousas Xurxo contounos a súa visión da situación política do seu Concello.

Cando asumiches a responsabilidade de encabezar o BNG de Pazos? Pois hai dous meses, a finais do mes de setembro. Ti es nativo de Pazos verdade? Si, son nativo do Pousiño Para a xente que non te coñeza fainos un pequeno perfil da túa persoa? Ben eu teño 27 anos, son arquitecto técnico licenciado pola universidade da Coruña, e actualmente traballo nunha empresa de construción. Fago unha pequena parte da vida en Vigo, pero a práctica totalidade desenvólvoa no meu pobo. Aquí nacín, de aquí é a miña familia e síntome emocionalmente moi vinculado a Pazos, aquí quero vivir e desenvolverme como ser humano, contribuíndo ao ben común con toda a humildade, pero con toda a intensidade da que sexa capaz. Eu participo no tecido asociativo de Pazos e estou moi ilusionado porque a miña persoa en particular e o BNG en xeral poidamos ser útiles á veciñanza. Pois tes moito mérito, porque por desgraza aos mozos e mozas do rural

galego non lles resulta nada doado poder desenvolver un proxecto de vida persoal na súa propia terra. Si, tes razón, a mocidade galega non o temos nada fácil e a mocidade do rural témolo realmente difícil.. Habería que dotar ás vilas e aldeas de alternativas solventes de traballo, servizo e ocio para os seus fillos e fillas Sen dúbida, o rural galego ten un gravísimo problema estrutural que fai moi difícil a súa supervivencia Agora fálanos da túa parte máis política, cando como e por que no BNG? Teño inquedanzas políticas desde moi rapaz. Comecei a militar activamente na universidade en contacto co mundo estudantil, e concreteino á volta do Erasmus que fixen en Alemaña. Cando estiven fóra, decateime da necesidade dunha forza política propia que defenda os intereses do país, de aí o meu achegamento ao BNG. No 2.015 o BNG quedou a moi poucos votos de entrar no concello de Pazos. Como estades agora? Quedamos a 5 votos efectivamente.

No momento presente estamos ben, nun proceso de reorganización e de espallamento por todo o tecido asociativo do noso pobo. Queremos medrar e que todas e todos os veciños de Pazos que poidan sentir proximidade á nosa forma de entender a realidade, saiban que o BNG está, e que está para ser unha ferramenta axeitada para resolver problemas e para situarse en fronte de calquera inxustiza. A Valoración do goberno do PP de Pazos? O que temos é un goberno de caciques que non teñen proxecto de Concello. O caciquismo é un problema endémico de Galicia, pero en Pazos, debido aos gobernos do PP, está xa case inserido na psique colectiva como algo normal. Xurxo, en Pazos non hai espazo para dous proxectos tan semellantes como o do BNG e AV. Eu creo que cómpre ter unhas relacións cordiais e de colaboración co proxecto que lidera Luciano. No caso contrario non vai ser posible desaloxar democraticamente ao PP e o que perde vai ser o nacionalismo? Estou totalmente de acordo. É posible recompoñer relacións?. Hai dous anos fixeramos unha reportaxe sobre o nacionalismo en Pazos e deume a sensación de que as cousas estaban moi tensas. Eu penso que é fundamental dialogar co grupo de Luciano. Ti estarías disposto a sentarte con

Luciano, dialogar con tranquilidade e chegar a algún tipo de acordo? Por suposto que si. Eu podo sentarme con Luciano, con Carlos e ata con Andrés E con Severino? Para ter unha conversa persoal si, para ter conversas políticas non, con Severino non me sento. Ti como máximo responsable do BNG en Pazos, garantes que Luciano ten a man tendida para falardes e ter relacións leais e construtivas? Si. O BNG fará todo o que estea na súa man, como fixo sempre, para colaborar en que o PP non goberne. Cal é a voa opinión sobre o tema do campo de fútbol de Nespereira? Parécenos unha tolemia gastar esa cantidade de cartos na reforma dun campo de fútbol. Estamos de acordo en ofrecer servizos aos veciños claro que si, pero primeiro hai que atender as necesidades primarias. E da imputación de Severino? Como che dixen antes, o caciquismo é un problema moi grave en Pazos. Que Severino siga no concello é indecente e inmoral. Moitas grazas Xurxo Moitas grazas a Vós, quixera rematar convidando a todas as persoas que lean esta entrevista a que nos dean ao BNG un anaco da súa confianza, non lle imos fallar nunca. A vontade do Bloque e a miña persoal é estar inequivocamente sempre ao servizo do ben común

CAFETERÍA DO CENTRO CULTURAL DE SAN ESTEBAN DE NEGROS ZONA WIFI

Tu punto de encuentro B. IGREXA, 10 - NEGROS - REDONDELA TELÉFONO 986 697 545


FINAIS DE DECEMBRO 2017

VII

REDONDELA

AER comproba un ano máis que o goberno local esquécese das parroquias polo Nadal A Agrupación de Electores de Redondela, un ano máis constata a falta de sensibilidade do goberno local do Partido Popular cara ás parroquias de Redondela vista a liña xeral que vai levar a programación socio-cultural oficial de Nadal. Se ben, o aumento de actividades organizadas polo Concello nas parroquias é unha demanda de anos atrás da maioría de entidades culturais e veciñais, o constante recelo do goberno local a descentralizar a programación propia do Concello ás diferentes parroquias, fora do que é a vila de Redondela e Chapela, fará que durante este Nadal o Concello se esqueza completamente das parroquias na súa programación socio-cultural. Así pois, AER constata que unha vez máis a programación de Nadal oficial do Concello deixa de lado ás parroquias, a excepción dun acto en Cedeira, non quedándolle outra á veciñanza desta que seguir achegándose á cultura e ao lecer de Nadal nos seus barrios e lugares unicamente a través das programacións propias dos centros cul-

turais, asociacións de veciños e veciñas e diferentes colectivos e entidades culturais que desenvolven a súa actividade pola súa conta nas diferentes parroquias de Redondela. Na programación oficial constátase que a totalidade das actividades oficiais organizadas polo Concello de Redondela centralizaranse na Vila e en Chapela; Multiusos da Xunqueira, Alameda e rúas do centro de Redondela, e en Chapela no Multiusos do Piñeiral do Crego

ou Ponteareas. En contraste con outros concellos próximos, como o de Mos ou O Porriño onde sí que o Concello programa actividades en diferentes centros sociais das parroquias, o goberno local do Partido Popular diferenciará entre veciñanza de primeira e de segunda segundo o seu goberno local se digne a realizar eventos culturais na súa parroquia ou non. Salvando o programa municipal de conciliación “Nadal con Simona” que se oferta como corresponde en diversas parroquias ademais de Redondela e Chapela, no que respecta ás actividades propias de Nadal programadas pola Concellería de Cultura e a Concellería de Eventos, a Agrupación de Electores de Redondela unha ano máis que a programación socio-cultural oficial do Concello chegue a toda a rede de centros sociais existentes ao longo de todo o Concello, posibilitando que a totalidade da veciñanza teña as mesmas posibilidades de acceso ao lecer e cultura financiada con fondos públicos, neste caso durante o Nadal.

Rascas con centos de premios directos e un gran sorteo con vales de compra de ata 1.000€.

A Asociación de Empresarios presenta a campaña de Nadal brindando por un própero 2018 A Asociación de Empresarios de Redondela coordina sendas campañas de premios en Redondela e Chapela. As campañas terán unha duración de tres semanas ata o 6 de Xaneiro e na que os clientes do comercio local recibirán rascas polas súas compras con centos de premios directos en cada establecemento o un gran sorteo final por partida dobre xa que un terá lugar en Redondela e outro en Chapela. Todos os comercios e establecementos de hostalaría que se sumen a esta campaña terán como obsequio lotes de material comercial como bolsas e outros elementos de packaging navideño, para os comercios e miniservis, para a hostalaría. A campaña comprende tamén accións de decoración común para os establecementos asociados aínda que convidamos a todos os locais da vila a seguir esta mesma estética consistente nunha alfombra vermella e dúas ponsettias, unha a cada lado da porta ou fachada comercial. Esta tradicional planta de Nadal distribuída pola Asociación é 100%

local xa que foi criada un viveiro da localidade de Redondela o que lle confire unha maior resistencia e intensidade de cor. A animación de rúa contará este ano como protagonista a Papa Noel que se paseará pola vila de Redondela nun flamante FORD METEOR convertible de cor vermello. Coa colaboración dos comercios asociados instalaranse distintos Tronos para recibir a visita de Papa Noel nos que irase parando ao longo de toda a tarde. A visita de Papa Noel será o venres 22 e o sábado 23 en horario de 17:30-20:30h e visitará todos os recunchos da vila estando previsto que os comerciantes de Vilavella os reciban na rúa Salgueiral, os comerciantes de Reveriano Soutullo e rúas anexa o recibirán na praza deste mesmo nome e os comerciantes da Rúa General Rubín o recibirán ao pe desta mesma rúa. Papa Noel espera poder recibir a todos os nenos da vila e anuncia que virá cargado con caramelos e globos que graza a xenerosa colaboración de Abanca e a Asociación de Empresarios.


VIII

FINAIS DE DECEMBRO 2017

REDONDELA

Andrés Díaz e Agustín Reguera avogan por unha alianza firme e sen partidismos entre todos os concellos afectados

Os alcaldes de Ponte Caldelas e Soutomaior xuntan forzas para loitar contra o trasvase do río Verdugo

O trasvase do río Verdugo é unha barbaridade ambiental cuxas consecuencias no medio natural e nos sectores produtivos do fondo da ría de Vigo non foi analizada nin estudada polas partes que o promoven. Partindo desta premisa, os alcaldes de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e Soutomaior, Agustín Reguera, celebraron hoxe a primeira xuntanza dos alcaldes directamente afectados pola iniciativa que promove Augas de Galicia (Xunta de Galicia) coa colaboración do Concello de Vigo. Os dous alcaldes xuntáronse esta tarde en Soutomaior e coincidiron na necesidade de superar partidismos ou protagonismos de ningunha forza política, “pois trátase dun asunto transversal á política e que só debe discutirse en base a criterios de avaliación ambiental, de repercusión sobre os sectores produtivos e tamén sobre o dano á imaxe turística e patrimonial ao actuarse sobre o río que é sinal de identidade de ámbolos dous concellos”. Andrés Díaz e Agustín Reguera subliñaron que ámbolos dous concellos xa aprobaron de-

claracións de rexeitamento ao trasvase dende o Verdugo. Ao mesmo tempo, coincidiron na necesidade de que máis concellos vaian adoptando acordos plenarios que recollan unha postura común de todos os grupos municipais. Os concellos afectados, como fontes da soberanía popular e da implicación directa co territorio e os seus valores naturais, teñen que estar en primeira liña da defensa do río. Na xuntanza destacaron a coincidencia nos argumentos xurídicos e acordaron compartir información para enfocar a res-

posta administrativa contra as medidas adoptadas por Augas de Galicia para declarar como obra de emerxencia o pretendido trasvase dende A Roca (Ponte Caldelas) para retirar uns 350 litros/segundo ao río Verdugo en situacións de seca, o que supón, na práctica, case a metade do caudal circulante. Non existen razóns que amparen esta declaración de emerxencia e, por este motivo, Ponte Caldelas xa solicitou a súa revocación e Soutomaior reclamou toda a información existente e está a estudar posibles actuacións.

Díaz e Reguera subliñaron que o Consello da Xunta de Galicia dispón de dous meses para convalidar a declaración de emerxencia e declarar a obra como de utilidade para a comunidade autónoma, iniciando así o expediente. Será nese momento, e unha vez publicados os acordos no DOG, cando os concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior acudirán aos xulgados do Contencioso. Os recursos estarán baseados, ademais da improcedencia da emerxencia, na carencia de estudos de impacto ambiental, na falta de petición de informes

de compabilidade aos concellos e na falta de xustificación para ocupar os terreos afectados sen as garantías ordinarias do procedemento expropiatorio. Ambos concellos opóñense tamén á sinatura dun convenio interadministrativo entre Augas de Galicia e o Concello de Vigo para o financiamento dunhas obras que abranguen 7 Km do territorio de Ponte Caldelas e Soutomaior e lembran que o convenio debe ser publicado e tamén pode ser obxecto de actuacións xudiciais. Finalmente, os dous alcaldes anuncian a súa intención de participar en cantas xuntanzas e mobilizacións se acorden no futuro para expresar o seu rexeitamento a unha obra que consideran lesiva para os seus municipios, partindo sempre da base de que a loita debe ser apartidista e de que os dous concellos non van renunciar ao seu papel institucional. Neste senso, o alcalde Andrés Díaz xa anticipou ao seu homónimo de Soutomaior a súa intención de participar na mobilización convocada para este sábado en Arcade.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

IX

REDONDELA

Novos Videomarcadores nos pavillóns de Redondela O Concello de Redondela instalou dous videomarcadores no Pavillón de Chapela e do Pavillón A Marisma. O videomarcadores consisten nunha pantalla led de 10 metros cadrados de última Xeración con múltiples funcións, ordenador de control que controla a pantalla led e incorpora un software de control deportivo multimedia e consola deportiva para controlar os marcadores dende a mesa de cronometradores. Estes videomarcadores son de iguais características e coas mismas funcións que as de estadios de primeiro nivel como o Santiago Bernabeu pero de inferior tamaño adaptado aos pavillóns onde foron instalados.

Os marcadores adáptanse mediante un programa específico a todos os deportes dende futbolsala, balonmano, baloncesto, tenis... Se encontran conectados á rede o que posibilita a programación instantánea dos mesmos ou con antelación ao partido. O importe dos dous videomarcadores ascende a 45.850 euros que foron financiados coa aportación da Xunta de Galicia a través da firma dun convenio coa Secretaria Xeral para o Deporte. “Seguimos a mellorar as instalacións deportivas de Redondela porque pensamos que os nosos clubes merecen unhas instalacións á súa altura” comentou Julio César Mougán.

Califican de “irresponsábel” ao goberno de Javier Bas ante a seca Según declaracións de Xoán Carlos González, portavoz do BNG, “Dende antes do verán, xa había comunidades que estaban atravesando problemas de abastecemento. O goberno municipal, no canto de planificar iniciativas, mesmo chegou a criticar aos comuneir@s, e ás xuntas direitivas”. Considera que estase a actuar improvisadamente, ante unha necesidade tan perentoria como o subministro de auga á metade da poboación de Redondela. Xa no mes de agosto, dende

o Bloque Nacionalista Galego, demandouse a posta en marcha dun Plan de Choque para paliar a seca que se estaba a padecer. O concelleiro nacionalista considera que o goberno de Javier Bas debe poñerse a traballar de verdade ante unha problemática que afecta ao 50% da poboación e que pode extenderse aos núcleos urbáns. Instao, a deixarse de facer publicidade en cuestións intrascendentes, e velar realmente polos intereses dos seus veciños e veciñas.


X

FINAIS DE DECEMBRO 2017

REDONDELA

Obradoiros lúdicos sobre Arquitectura

Durante as vacacións de Nadal os días 27 de decembro e o 3 de xaneiro en horario de mañá o Concello de Soutomaior ofrece aos rapaces e rapazas de 4 a 17 anos unha proposta lúdica e formativa para explorar no ámbito da Arquitectura e a creación. Estas actividades serán moi entretidas, creativas e innovadoras.

A proposta diferencia tres actividades diferentes en función das idades: OBRADOIRO: o refuxio Idades: 4 a 7 anos Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro Horario: 10,15 a 11,15 h Descrición: o xogo para explorar a idea de refuxio desde a perspectiva do corpo en

relación co espazo. Realizaremos experimentos plásticos e psicomotores, construcións colectivas a partir do xogo simbólico e os roles. OBRADOIRO: no chan Idades: 8 a 11 anos Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro Horario: 11,30 a 12,30 h Descrición: mediante o

xogo e o visual traballaranse destrezas múltiples con actividades de construcción. Experimentación física da gravidade cunha actividade visoespacial. A estrutura molecular e as incribles figuras xeométricas, experimentaremos co triángulo como elemento xerador de tridimensionalidade.

OBRADOIRO: a casa Idades: 12 a 17 anos Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro Horario: 12,45 a 14,15 h Descrición: a través do xogo realizaremos un percorrido sobre a historia e a diversidade de casas. Exercizos gráficos de planos e elaboración de maquetas de traballo; arquitecturas populares, avances na arquitectura sostible... Como queremos que sexan os nosos fogares?

Na Pantalla Cesantes


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XI

REDONDELA

Bases para el Premio Viadutos de novela 2018

O pasado xoves, 14 de decembro, ás 12:30h, tivo lugar na Casa do Concello de Redondela a presentación aos medios do novo Premio Viadutos de Novela, convocado polo Concello de Redondela e a súa Concellería de Xuventude, e organizado pola Editorial Galaxia. Con este premio o Concello de Redondela decide apostar unha vez máis polo apoio e fomento da creación e a publicación en lingua galega. Deste xeito, o Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, que acadaba neste 2017 a súa decimooctava edición, e que

estaba considerado un galardón de referencia para os novos narradores en Galicia (podían concorrer obras de creadores entre os 18 e os 35 anos), convértese nun premio de novela que buscará tamén o talento senlleiro e que non esquece a súa orixe, nin tampouco o seu referente: os viadutos ferroviarios, que desta volta se

integran nun deseño gráfico novidoso e rompedor. Poderán participar no Premio Viadutos aquelas autoras e autores maiores de 18 anos que teñan unha novela inédita que supere as 100 páxinas. O premio está dotado con 3.000 euros e a obra gañadora será publicada na colección Literaria da Editorial Galaxia. O prazo para a recepción de orixinais estará aberto ata o 30 de marzo de 2018 e o fallo darase a coñecer no mes de maio. A entrega do premio terá lugar no Concello de Redondela coincidindo coa presentación da obra premiada.

Tres redondeláns no Comité Provincial

Leonardo Cabaleiro na executiva provincial do PSdeG-Pontevedra O III Congreso dos socialistas de Pontevedra, celebrouse en Pontevedra a pasada fin de semana e situou a David Regades como secretario xeral do PSdeG-PSOE da Provincia de Pontevedra xa que saira elixido cun 56,78% dos votos que se emitiran nas primarias socialistas. O pasado sabado, o 74,88% dos 223 delegados e delegadas ao Congreso Provincial PSdeG-Pontevedra deron o seu respaldo á executiva composta polo novo Secretario Xeral, David Regades. Desta nova

executiva pasa a formar parte Leonardo Cabaleiro Couñago, concelleiro redondelán e secretario xeral da Agrupación de Redondela, coa Secretaría de Pesca. Con máis dun 90 por cento foi aprobada a lista dos 25 membros do Comité Provincial que saen elixidos mediante o Congreso, desta lista pasan a formar parte: o concelleiro na nosa vila Eduardo Reguera, a concelleira e diputada provincial Digna Rivas e a voceira do PSdeG-Redondela Ana Isabel Rey.

O ALCALDE ANUNCIA NO PLENO QUE AS OBRAS REMATAN E AS CONTRAPRESTACIÓNS… XA VIRÁN…

Últimas noticias sobre a ampliación da AP-9 No pleno do xoves 30 de novembro de 2017 Javier Bas organizou unha “autocomparecencia”, que pretendía levar a cabo sen réplicas, nin preguntas, nin intervencións de ningún tipo por parte da oposición. Como precedente, na xunta de voceiros do martes 28, comunicou aos grupos da oposición que a comparecencia, a petición do PP, era para “informar”. Os grupos presentes recordámoslle que existen foros de información e debate como son, por exemplo: a comisión de seguimento das obras da AP-9, os consellos parroquiais, a comisión informativa de Urbanismo... ou a mesma xunta de voceiros na que se NEGOU A FACILITAR DATO ALGÚN SOBRE A INFORMACIÓN QUE ÍA TRANSMITIR na comparecencia no pleno. Tamén se lle preguntou se había algún compromiso asinado e a súa resposta foi negativa. CONCLUSIÓNS SACADAS DESPOIS DA COMPARECENCIA NO PLENO: - O Colexio de Infantil e Primaria “Igrexa” de Chapela está moi ben protexido por uns muros novos e non hai perigo. O traslado será… cando se poida. Mentres tanto temos unhas aulas prefabricadas que están

moi ben e que teñen content@s a tod@s. Ou sexa, imos abrir o terceiro carril porque está todo moi ben preparado e non haberá que encadearse para impedilo. - Presenta un “borrador” de suxestións para proxectos que se están a estudar en Fomento. Basicamente son melloras da ponte que conecta Trasmañó con Chapela e, “non desmontar” a ponte que fixeron sobre a vía do tren para acceder ás obras de ampliación da ponte de Rande (que veremos como queda, porque está aberta á negociación con ADIF). - “Pode que” se suprima a peaxe en Rande, aínda que non se sabe quen lle pagará a AUDASA, porque, segundo dixo, vai ser coma a “gratuidade do Morrazo”. O usuario non paga directamente pero AUDASA recibe a súa cota de beneficios. AUDASA COBRA. - Mellorouse a seguridade dos noiros. ¡Grazas! Moitas grazas por facer noiros con menos risco de derrubo. Noiros feitos fóra do proxecto, sen ningún tipo de exposición pública e moito menos con estudo de impacto ambiental das augas de escorrentía que produce este novo aterramento. - Estase a solicitar que se repoñan as desfeitas nas vías e

demais infraestruturas afectadas. Xa se farán os proxectos. GRAZAS. - O antigo colexio vai desaparecer e van facer outro novo para... “o antes que se poida”. GRAZAS. E así foi louvando o labor do equipo de goberno municipal e da Asociación de Afectados pola AP-9. Os demais colectivos non contan, nin pensan contar con eles porque non se adquiriu compromiso algún de convocar a Comisión de Seguimento, nin o Consello Parroquial, nin a Comisión de Urbanismo. SUMAR E NON RESTAR O alcalde valora en sete millóns de euros o que “pode que se consiga” como contraprestacións á desfeita executada sobre unha poboación xa afectada suficientemente pola propia autoestrada, polas vías do tren, pola ocupación de gran parte do seu litoral e por un desenvolvemento urbanístico caótico. Pero o alcalde parece non saber restar. Informou como se eses “posibles” orzamentos viñesen gratuitamente, no caso de que veñan. Pero non hai tal. Debemos empezar a restar, a poñer en valor o que se perdeu, a valorar en millóns as perdas e as afeccións que van

permanecer sobre Chapela nas vindeiras décadas. A desfeita dos viais, de espazos de lecer, da vida de moitos veciños/as, do patrimonio etnolóxico, mesmo do valor do solo que agora vai quedar afectado. E de algo moi intanxible pero real, como é a mobilidade interna da parroquia, as relacións sociais... a vida mesma. Sen deixar de mencionar os ruídos por traballos nocturnos prohibidos pero consentidos (non puideron mandar á Policía Local a formarse nesta materia por falta de efectivos, pois Redondela

quedaría en perigo mentres os axentes ían formarse), ou centros educativos convivindo con índices de ruído que superaron con creces o tolerable para o desenvolvemento da función educativa. Estamos gañando algo? Que se fixo durante este tempo máis alá de consentir? Seguramente se estivo traballando neste borrador de peticións pendentes de trasladarse a proxectos que se trasladarán a Fomento para que cheguen a incluírse nuns orzamentos do Estado que pode que algún día se executen.


XII

FINAIS DE DECEMBRO 2017

OPINIÓN Carlos Méixome Historiador

C

omunícame o sr. Director que a miña colaboración ficaba condicionada, por razóns técnicas, ao inmediato coñecemento dos resultados das elección catalás, sobre as que me comprometera a escribir. Desculpen pois os lectores posíbeis interpretacións precipitadas dos resultados; aínda que os erros deberanse máis á impericia do analista que ás presas do tempo. Partíase dun previsíbel equilibrio entre bloques, é o temino mediático que se impuxo, os independentistas e os unionistas, en propiedade republicanos catalanistas e monárquicos, cun minguante sector de intermediarios ou equidistantes. Os bloques non xogaban nas mesmas condicións. Un tiña os seus candidatos no cárcere ou no exilio. O outro contaba coa forza coercitiva dun estado, que é moita, o apoio político dunha alianza económica, aínda que sexa en horas baixas, dirixida polas institucións europeas. Aínda así o Estado, ante a forza cidadá do outro bloque, tivo que actuar con contención e aplicou un 155 “interruptus” por unhas eleccións rápidas esixidas polos socios europeos. Agardábase nos círculos de poder político e económico de Madrid e Bruxelas que o castigo xudicial, o machaque mediático, as ameazas dos señores do Ibex35 con representación de fuxidas incluídas, fose suficiente. Aínda así, era de agardar o equilibrio

Crónica de urxencia. E agora que?

entre bloques. No catalanista cunha ERC que partía como favorita e unha candidatura afastado de vella Convergencia construída por Carles Puigdemont dende Bruxelas e que a medida que avanzaba a campaña medraba, segundo as enquisas, en apoio popular; e unha CUP que resistía como podía á natural concentración provocada pola polarización. No bloque españolista anunciábase a agrupación do voto arredor do partido da dereita españolista emerxente; un pequeno ascenso do PS, xa sen a C, borrada pola traxectoria dos últimos anos e por “consentidor” do 155; e un

anunciado devalo do partido do goberno de España, do primeiro ministro Rajoy, aplicador do 155 e, en especial, un fracaso da xestión da vicepresidenta encargada da ventaíña catalá. Auguraban tamén as enquisas unha elevada participación e un descenso dos indecisos equidistantes; xustamente por selo. Como en moitas ocasións as previsións demoscópicas cumpríronse pero coas matizacións que sempre introduce a cidadanía cos seus votos e non sen certas sorpresas. A previsión de participación cumpriuse. O voto unionista concentrouse no partido que emerxe como substituto do partido corrupto e que, semella, conta con bos amigos entre as xentes que deciden, os do Ibex-35, a quen citou na súa comparecencia pública, en varias ocasións, o presidente Puigdemont. O agrupamento produciu o desfonde do PP, o partido máis pequeno da cámara cun 4,25% que, de aplicarse a lei electoral galega, ficaría como extraparlamentario; o parón do PSC que só deu traducido o seu aumento en votos e en porcentaxe (13.93) nun único escano máis. En síntese, os unionistas (C´s+PSC+PP) fican co 43,68% e 1.888.190 votos. Fronte aos titulares da prensa española que imaxino para mañá resaltando a vitoria da señora Arrimadas, a sorpresa estivo entre os independentistas. A posibilidade de que mantivesen a maioría parlamentaria prevíase, aínda que a elevada participación a media tarde introducía incertezas. Ora ben, nin se agardaba que fose tan segura nin que a lista de Puigdemont superase a ERC. O “president” soubo manexar con tino o seu rol institucional e evitar a tentación da entrar na disputa electoral entre os seus. A súa actitude foi recompensada con nove ou dez deputados máis dos que agardaba. Cómpre con todo salientar tanto a lealdade institucional como o proxecto da independencia que mantiveron ERC e a CUP. Destacábel neste último caso, xa que se sabían os máis prexudicados polo polarización. En resumo, os republicanos mantiveron a súa maioría parlamentaria nas peores condicións que podían imaxinar, superaron a barreira dos dous millóns de votos e acadaron o 47,71% deles. A República catalá do 1-O, dixo Puigdemont, derrotou a monarquía do 155. En terra de ninguén ficaron os autonomeados comúns que seguen sen percibir que tiveron votos para cambiar

as cousas pero non para andar a xogar a facer que fago. Perderon case cincuenta mil votos, a pesar da elevadísima participación, e un punto e medio en porcentaxe. Xunto co PP son os grandes derrotados, pero o “president” non tardou en botarlle un cabo: os partidarios dun referendo suman o 55.55% dos votos. E agora que? Pois que se a DUI foi un brinde ao sol, o 155 un estalote de San Xoán. Estamos no mesmo sitio, porque a vontade de independencia, cando menos da metade, do pobo catalán é hoxe máis forte que hai dous anos, e moitísimo maior que hai unha década. Seica, lin nalgún sitio, o vello Borbón, díxolle a alguén sinalando o exministro Margallo: “Lo de Cataluña es todo culpa de estos del PP”. O Borbón sabe máis por vello que por raposo e atina no síntoma pero non na doenza. Dixo Juncker, temeroso do efecto ficha de dominó que se desencadeou tras o golpe dos mariscais contra Gorbachov en agosto de 1991, “o nacionalismo é veleno”. Reafirmou: “Europa é un club de nacións e non acepto que as rexións vaian contra as nacións”. Ergo, que as nacións vaian contra as rexións será posíbel? Ao que lle ten medo o luxemburgués trampulleiro é a que a onda de soberanía nacional que abalou a Europa oriental hai case trinta anos se poida propagar pola Europa occidental e o club de nacións do que fala, na verdade un club de estados decimonónicos, poida converterse no club dos pobos libres de Europa. A iso, e a que o voto democrático revalide a maioría institucional en Cataluña; outorgue a hexemonía ao nacionalismo na Córsega da Francia xacobina e imperial; que o brexit poida non ser suficiente para deter o independentismo escocés; que o medre da poboación católica no Ulster poida abrir a porta á reunificación irlandesa; que os vascos poidan curar pronto as feridas, as de ETA e as da laminación de Ibarretxe; que o Quebec francófono siga a ser unha espiña cravada na “grandeur” parisiense; que Bélxica sobreviva formalmente como estado porque eles teñen alí o centro de mando. Os grandes derrotados nesta noite catalá foron o señor Rajoy e monsieur Juncker. O primeiro por nostálxico do imperio e o segundo por fariseo, pois sabe ben que o caso é ter estado, aínda que sexa pequerrechiño.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XIII

REDONDELA

O Parque de San Pedro en Cesantes xa luce renovado A concellería de Parques e Xardíns M José Barciela visitou esta semana o parque de San Pedro unha vez rematadas as obras para comprobar o estado final. A obra foi financiada tras recibir a pasada semana a resolución da Subvención de Vicepresidencia e Adinistarcións Públicas da Xunta de Galicia que representa unha axuda do 80% da inversión poñendo o Concello de fondos propios o 20 % restante. O parque de San Pedro Cesantes renováronse todos os xogos adaptando o parque a todas as

idades para que poidan disfrutar do mesmo o maior número de nenos posible. Entre os xogos incluiuse, columpio con asiente

Peixes e mariscos da Ría de Vigo

Menú do día R/ Isidoro Queimaliños, 41 Redondela - 986 401 194

"MARISQUERIA HOTEL SANTO APóSTOLO. CELEBRACIONES FAMILIARES Y DE EMPRESA.

FELICES FIESTAS"

plano, combinado, balancín e casita… O parque dotouse dun cerre de madeira que lle da mais seguridade ao mesmo.


XIV FINAIS DE DECEMBRO 2017 MORRAZO

O Apalpador visitará Marín o vindeiro 31 de decembro!

A A.C. Almuinha, A.C.D. Gharaboto e a Asociación Marinense de Artesáns estamos a organizar a chegada do Apalpador a nosa vila, que terá lugar o domingo 31 de decembro. A partir das 17:00h. percorrerá as rúas de Marín acompañado do seu grupo de músicos (Os de Marín), achegándose á rapazada e repartindo doces. Ás 18:00h. chegará á carpa da Feira de Artesanía, que se atopa na Alameda Rosalía de Castro, onde fará entrega dos premios do III Concurso de Debuxos "Debuxando ao Apalpador". Mais para aliviar a espera, onte inauguramos o posto do Apalpador na carpa da Feira de Artesanía, onde instalamos unha imaxe xigante do carboeiro para facer un Photocall, e quen o desexe poderá tirarse unha foto facendo de Apalpador, E por outra banda, organizamos o III Concurso de debuxo "Debuxando o Apalpador", cuxas bases engadimos a continuación, e animamos aos/ás máis pequenos/as a que participen e leven os seus traballos á carpa até o día 30 de

decembro. O ano pasado participaron máis de 60 nenos/as, así que este ano agardamos que sexan máis!

Bases do III Concurso "Debuxando ao Apalpador": 1. Os debuxos deberán versar sobre a figura do Apalpador, e levará un lema escrito en galego. 2. Haberá tres categorías. Unha primeira para nenos/as entre 3 e 5 anos. A segunda para nenos/as con idades entre 6 e 8. E a terceira será para nenos/as entre 9 e 12 anos. 3. Para poder participar no concurso, cada neno/a deberá presentar un deseño orixinal, con calquera material ou técnica, relativo á figura do Apalpador. O deseño será presentado nunha folla de papel ou cartolina de tamaño A4. 4. Entregaranse 9 premios, para os tres mellores debuxos de cada categoría. 5. Os traballos terán que ser entregados como data tope o 30 de decembro de 2015 na Carpa da Feira de Artesanía, na Alameda Rosalía de Castro

de Marín. Os debuxos serán expostos na Carpa desde o momento da entrega. 6. Para identificar os traballos, na parte de atrás dos debuxos deberá constar o nome e apelidos do autor, así como a súa idade. 7. O xurado estará composto por 4 persoas: unha da A.C.D. O Gharaboto, outra da A.C.Almuinha, outra da Asociación de Artesáns de Marín e o propio Apalpador. 8. O veredicto do xurado darase a coñecer e os premios entregados polo propio Apalpador o día 31 de decembro ás 18:00h. na Carpa da Feira de Artesanía, na Alameda Rosalía de Castro de Marín. 9. A participación no concurso supón a autorización expresa para a difusión das imaxes. 10. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, así como o criterio das 3 entidades organizadoras da actividade na resolución de calquera cuestión non prevista nestas bases.

Doazón de libros polo artista Camilo Camaño Xestido en Bueu

O artista cangués Camilo Camaño Xestido fixo este xoves unha doazón de libros da Casa Museo A Mangallona ás bibliotecas dos centros educativos da vila de Bueu, e tamén ás municipais. O obxectivo desta entrega non é outro que "tentar que a arte e a cultura cambie o mundo", en palabras do pintor, e por iso contribúe a esta causa dando a coñecer

este material por todos os lugares posibles. O acto, que tivo lugar no Centro de Asociacionismo de Bueu (CDA), contou coa presenza de Teresa López, concelleira de educación, José I. García Cuervo, edil de facenda e tamén membro da Fundación A Mangallona, e de representantes dos centros educativos do municipio.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XV

MORRAZO

O Alcalde de Bueu participou na entrega de diplomas do programa T+T do CEIP a Torre de Cela Félix Juncal, alcalde de Bueu, participou recentementeno acto de inauguración do programa T+T (Titores máis Titorizados) que tivo lugar no CEIP A Torre de Cela, no que estivo acompañado da concelleira de educación, Teresa López. Alí fixeron entrega dos diplomas aos rapaces e rapazas titores e titorizados, tanto entre 6º e 4º de primaria, como entre os de 5º e 3º que se estrearon coa sinatura do correspondente carné. O programa de T+T consiste en implicar ao propio alumnado na prevención do acoso escolar e xa está levando a cabo por moitos centros. O acto comezou coa interpretación dunha canción realizada polo alumnado de 4º, 5º e 6º que tiña como temática a loita contra a violencia machista, e que xa fora presentada con motivo do 25 N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. A con-

tinuación, procedeuse á entrega de diplomas, na o que o alcalde da vila se mostrou moi satisfeito xa que “sempre me enche de ledicia compartir momentos cos máis cativos e cativas”, declarou. Ao longo desta lexislatura, Juncal ten participado en abondosos actos relacionados coa actividade escolar nos diversos centros do munici-

pio, como a inauguración do programa TEI (Titoría Entre Iguais) tanto no IES Johán Carballeira como no CEIP A Pedra, ou mesmo celebracións do Día da Biblioteca, recitais poéticos, recepcións e visitas á Casa do Concello... nos que sempre se tenta achegar a institución local á rapazada da vila, co obxectivo de compartir sinerxias.

Bueu reestrutura as áreas de goberno do Concello

Tras unha pasada reunión do grupo de goberno Félix Juncal, alcalde de Bueu, anuncia unha nova reestruturación das concellarías. Así, Xosé Leal Fariña (tamén deputado de cultura e lingua) pasará a levar a área de cultura, ademais de ser o presidente da Comisión Informativa da correspondente macroárea. Pola súa banda, Adrián Ferrer Reboirás, recentemente nomeado edil da corporación, asumirá a concellería de medio ambiente e Martín Villanueva será o novo voceiro do grupo nacionalista. Esta reestruturación lévase a cabo debido á renuncia ao cargo por motivos persoais de Juan Carlos Eirea Eiras, quen levara dende o comezo da lexislatura ata este verán a carteira de cultura.


XVI

FINAIS DE DECEMBRO 2017

MORRAZO

Adecuación e ampliación das zonas de xogo nos parques infantís canguenses

Wifi pública en Cangas a disposición da veciñanza

O concelleiro de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo, Jesús Pérez Gallego, presentou o novo sistema de Wifi pública do Concello de Cangas. Un servizo accesible para toda a veciñanza que polo de agora está presente en cinco sedes: o Concello, a Casa da Cultura, a Casa da Xuventude, o Auditorio e a sede de Turismo do Porto. Esta última considérase moi importante para que as persoas usuarias poidan consultar os horarios de transporte, xa sexa de barco ou de autobús. Esta nova prestación conta con varios puntos de acceso: tanto internos, dentro dos propios establecementos; como exteriores, para que a xente se poida conectar desde zonas

alleas (prazas, rúas, etc), exceptuando neste último punto ao Auditorio de Cangas. Como o sistema está xestionado a través do portal cautivo Cisco Meraki, antes de acceder ao servizo, a persoa interesada debe realizar un rexistro para así cumprir coa lei vixente de Telecomunicacións. Para cumprimentar o citado rexistro débese crear unha conta través dun formulario no que se solicitan o nome de usuario, o email ou o contrasinal. Despois de tres días en funcionamento, a Wifi pública xa conta con, aproximadamente, 200 inscritos ou inscritas. De feito, desde o Concello cóntase cunha plataforma que permite coñecer os anotamentos que se levan a cabo, así

como os dispositivos a través dos que se realiza a conexión (tablet, ordenador, móbil) e as aplicacións máis empregadas. A velocidade está restrinxida aos 10 Megabytes para descarga e subida. Ademais, impídese o acceso a páxinas indebidas que están prohibidas. Con este novo sistema cómprese coa legalidade vixente, posto que ata o de agora, calquera persoa se podía conectar sen ningún tipo de inscrición previa. Neste momento xa é necesario un rexistro polo que, se se comete algún delito, poderase identificar ao indiviiduo causante do mesmo, o que proporciona unha maior seguridade para toda a cidadanía.

Os traballos para cumprir os proxectos de Adecuación á Normativa e Ampliación das zonas de xogo nos parques infantís de Cangas, que están redactados pola oficina técnica da Concellaría de Obras e Servizos e financiados dentro do Plan de Concellos 2017 da Deputación provincial, xa comezaron. Por iso, procedeuse á retirada dos elementos deteriorados e fixéronse adecuacións en Socotelo, Alameda de Aldán e Vilariño, onde xa se instalaron os novos xogos remodelando totalmente esa deteriorada zona. Unha vez se instale a varanda perimetral en Socotelo xa se completarán os traballos neses tres espazos. Asemade, tamén se iniciaron os labores no emblemático parque dos Xardíns do Sinal. Por iso se pechou a zona da torre e o espazo infantil con vallas para poder retirar os elementos deteriorados. Estas tarefas lograrán a adecuación do parque coa reparación do pavimento e dos xogos. Desde a Concellaría de Obras e Servizos laméntanse as molestias ocasionadas e prégase compresión ás persoas usuarias, garantindo en todo momento o seguimento dos traballos para poder reabrir os recintos canto antes en óptimas condicións. Os parques que se inclúen para adaptalos á normativa e

que serán completados con novos elementos de xogo son nove e están situados en: Xardíns do Sinal, Estación de Autobuses, A Caina - San Roque, Nazaret, Praia de Rodeira, Irmandades da Fala, Vilariño O Hío, Socotelo en Aldán e parque da Alameda en Aldán. Con estas actuacións cómprese o obxectivo da citada Concellaría de corrixir as graves deficiencias de moitos anos nas zonas de xogo infantil. Xunto co da Avenida de Ourense e o de Outeiro de Balea, que xa foron remodelados completamente o pasado ano, mellóranse en total 11 parques. No vindeiro exercicio económico continuarase apostando por garantir o coidado dos espazos públicos para toda a veciñanza.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XVII

REPORTAXE

OS BENEFICIOS DA COMPOSTAXE

MENOS EMISIÓNS DE CO2:

UNHA AXUDA AO PLANETA

N

o planeta estanse a bater récords de temperatura e de emisións de dióxido de carbono que se superan sucesivamente. O consumo de enerxías para dar servizo ao ritmo e estilos de vida, de consumo e de mobilidade actuais están a ter consecuencias na atmosfera e na saúde da cidadanía, e a compostaxe supón unha vantaxe medioambiental: ao compostar biorresiduos en lugar de incineralos afórranse máis da metade das emisións de CO2. Cada galego e galega produce ao ano unha media de 190 quilos de biorresiduos (restos de comida e vexetais) que unha vez tratados co actual sistema de Sogama supoñen a emisión á atmosfera de 261,16 quilos de CO2. Pola contra, ao tratar ese lixo orgánico con centros de compostaxe comunitaria como os do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra elimínase o CO2 da recollida do camión, do transporte a Cerceda e da incineración, producindo unicamente 116 quilos, é dicir, chégase a un aforro de emisións de CO2 do 55,56%. Facendo as contas, e cos datos dos composteiros instalados a día de hoxe pola Deputación de Pontevedra, aforraríanse nun ano máis de 1.200 toneladas de emisións de CO2 á atmosfera, e de cara a un utópico futuro, se todos os municipios da provincia chegasen a xestionar a totalidade dos seus biorresiduos mediante compostaxe, a atmosfera deixaría de recibir arredor de 136.000 toneladas de dióxido de carbono cada ano. Pero a compostaxe non só permite una redución do CO2 emitido á atmosfera. Tamén é un modelo ambientalmente sustentable de xestión de lixo porque mellora a recollida selectiva do resto das fraccións: ao separar a parte orgánica para depositala nos composteiros é máis sinxelo distinguir onde botar o resto do lixo e reciclalo correctamente. Ademais obtense un fertilizante de elevada calidade para as plantas, o compost, sen ningún tipo de elemento químico sintético, que aplicado no chan mellora a saúde da terra aportándolle materia orgánica, actuando en moitos casos como bactericida e fuxincida de xeito natural.

E a nivel económico, que?

Segundo os cálculos feitos polos técnicos provinciais, cada un dos módulos dos centros de compostaxe do Plan Revitaliza ten capacidade para tratar unhas catro toneladas de biorresiduos ao ano. Tendo en conta que o custe medio do tratamento e transporte por tonelada de lixo na provincia está nos 191 euros -dos que 76 euros corresponden ao pago a Sogama-, o aforro en termos económicos tamén é claro. Cos módulos agora instalados pola Deputación e só contabilizando o que se deixa de incinerar nun ano os concellos poderían aforrar un mínimo de 114.000 euros. A maiores tamén se evitaría parte do custe da recollida e do transporte actual.

Compost de grande calidade

Os centros de compostaxe comunitaria da Deputación de Pontevedra xa teñen producido ducias de lotes de compost dende a súa posta en marcha. Para garantir a súa calidade, os diferentes lotes son analizados no laboratorio, onde se identifican os seus contidos nutrintes e aportacións proteínicas, así como a capacidade para regular o PH do solo. A día de hoxe todas as partidas producidas nos composteiros provinciais superarían con resultado excepcional as máis altas esixencias de calidade establecidas pola normativa, acadando un resultado de A+ que permitiría o seu uso como fertilizante de cultivos ecolóxicos. De

feito, o compost dos composteiros está a ser utilizado como fertilizante da horta ecolóxica do centro de hostelería Carlos Oroza de Pontevedra. Alí cultívanse 47 tipos de hortalizas, legumes, froitas e herbas aromáticas (rúcula, o apio, rabaniños pequenos, allos tenros, grelos, cenorias mini, salvia, loureiro, romeo, perexil rizado, chícharos, nabicol, hortalizas chinesas, cebolas, porros, coles de Bruxelas, lombardas mini, espinacas, repolos, rubarbos, pepinos, morotes, fisalis, amoras, framboesas, grosellas, maracuiá, así como flores comestibles, entre outras). Todos estes ingredientes utilízanse na oferta gastronómica do restaurante Álvaro Cunqueiro e da cafetería Suso Domínguez do centro de hostelería que están abertos ao público.


XVIII FINAIS DE DECEMBRO 2017 REPORTAXE

POR XOSé LOIS VILAR PEDREIRA

PROXECTO EQUUS. CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA.

A ARTE DESPOIS DOS LUMES

A

s seccións de arqueoloxía e etnografía do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) ó abeiro do Proxecto Equus combina os estudos zoolóxicos, etnográficos e arqueolóxicos sobre os équidos. Os que Felipe Bárcena chama equus ferus atlanticus. Agora imos centrar a atención na arte rupestre. A hipótese inicial do traballo consiste en que na última glaciación würm- a fauna menos adaptada ó frío baixou na procura de abrigueiro cara o sur da Europa polo que non é imposible que aquí haxa équidos desde hai varios miles de anos que son os que permanecen salvaxes, con propietario, nas nosas serras. Quizais os únicos équidos salvaxes do mundo. Sen reintroducións posteriores. Se nos nosos petróglifos milenarios hai équidos representados serán estes mesmos, que ben poderían seren domesticados e usados para a produción de carne, para montar, para tirar do carro ou do arado. Ou para cargar. A domesticación puido ser importada da Europa central ou aquí puido haber un foco independente. Hai que facer estudos xenéticos e hai que tentar datar os petróglifos con équidos. A bibliografía temàtica no presente milenio deixounos impresas afirmacións como "por que sempre é o cervo e non outro animal o que é cazado nos gravados galegos?", ou "o cervo como práctico monotema nos petróglifos con compoñente figurativa" ou "... é ben coñecido que as figuras zoomorfas de máis frecuente aparición nos gravados rupestres galaicos son as de cérvidos. Tanto é así que, fronte a elas as restantes especies representadas apenas superan a condición de anécdota..." (2011). Nos labores propios de pescuda fixemos o baleirado bibliográfico, visitamos as estacións, consultamos prospectores (Cándido Verde, Pepe O Buraco, Manolo Ledo) e o resultado parcial é un novo paradigma para a arte rupestre galega e portuguesa: entre o fondo da ría de Vigo e o río Lima (xa cun caso en Felgueiras, máis ó sur) o animal case

exclusivo, multirepresentado non é o cervo, son os équidos. Nesta extensísima área xeográfica só coñecemos dez superficies claras con cérvidos, delas só unha, quizais dúas en Portugal, pegadas ó Miño (Verdoejo) e máis de cen con équidos co mesmo comportamento que os cérvidos. Persguidos, cazados, simplemente representados na pedra. Os équidos cazados vivos ou matados co home como dominador da natureza, perseguindo a pe ou dacabalo e axudado ou non por cánidos e co équido liado nunha trampa ou ferido por unha arma (lanza, frecha,. ..). Este postulado comprobado na práctica vén de afianzarse aínda máis coa descuberta en Taboexa (As Neves) dun petróglifo que confirma o novo paradigma que propoñemos. Nunha laxe inclinada coviñas ciscadas pola superficie e algunha figura abstracta máis e uns vinte zoomorfos orientados en direccións diverxentes

ocupando toda a pedra. Claramente équidos coa cola espesa, as orellas, a ausencia de cornas. Na parte alta presidindo un home ben sexuado, á súa esquerda un cánido e debaixo un équido ferido por arma longa. Animais de boísima factura, boa conservación, grande tamaño e na mesma zona do petróglifo gravados usando tres técnicas distintas. Un esquemático. Unha liña define a liña cérvico-dorsal e dela saen as catro patas. Debaixo un individuo con todo o corpo baleirado e a seguir un exemplar gravado con dobre liña para fociño, pescozo e tronco. Unha obra de arte, un monumento descuberto por culpa do lume, Cándido Verde, Pepe O Buraco, Xilberte Manso. Agora comeza o traballo. Catalogar, limpar, estudar, publicar, sinalizar, amosar, conservar,. .. e dicirlle ó mundo que nas Neves tamén temos a mellor arte rupestre do mundo.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XIX

VAL MIÑOR

Xavier Rodríguez Voceiro do BNG de Nigrán

A vida sempre florece

H

ama é un saharauí que vive en Smara, o máis poboado dos campamentos dos refuxiados do Sáhara Occidental. Tiven a oportunidade de coñecelo nunha recente viaxe aos campos da man de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui). Guiounos como condutor á delegación que visitamos os campamentos de Tindouf durante boa parte da semana que pasamos alí, cumprindo o seu cometido con eficacia e profesionalidade. Ata nos convidou, o último día da nosa estadía, a compartir un café con el e a súa familia, dúas nenas preciosas e unha muller embarazadísima, na súa modesta pero moi digna casa de adobe. Nescafé soluble, por suposto, pois o de verdade é un luxo non estendido e así apreciamos cada cunca coa que polas mañás nos agasallaban Jadeicha e Salek, os nosos anfitrións, que nos amosaron ata que punto se queda corta a lendaria hospitalidade árabe. Sogaps e a Delegación Saharaui para Galicia tiveron a magnífica idea de abrir a posibilidade de compartir a súa viaxe aos representantes institucionais dos concellos galegos, posibilidade que atraparon un puñado de representantes políticos de Ferrol, Moaña, Tomiño ou Viana do Bolo. No Val Miñor eu non quixen desperdiciar a ocasión de coñecer de primeira man a realidade dos refuxiados, acompañando a un bo número de veciños do Val que tamén acudiron á chamada do deserto, vinculados a Sogaps a través do loable programa Vacacións en Paz. Un programa cunha longa e forte implantación na nosa comarca. Xunto con nós tamén viaxou o Grupo

Interparlamentario do Parlamento Galego, representado polas deputadas Marián García (PP), Eva Solla (En Marea) e Montse Prado (BNG), coa intención de coñecer a situación dos campos e do conflito. Vacacións en Paz ten contribuído a facer posíbel que unha gran cantidade de nenos saharauís, ao longo de todos estes anos, desfruten dun período de descanso que alivia as súas difíciles condicións de vida nos campamentos, nos meses nos que a climatoloxía alcanza as condicións máis extremas, con temperaturas que acadan ata os 50º. Pero Vacacións en Paz non é só un programa solidario. É tamén un instrumento para dar a coñecer a lamentablemente esquecida situación do pobo saharauí. Grazas a Vacacións en Paz, nenos como Abderrahmán, hoxe un mozo que desempeña a actividade de Director Rexional de Xuventude e Deporte en Boujador, visitaron moitos veráns o Val Miñor, mantendo os vínculos ao longo do tempo, como no seu caso coa súa familia galega de Camos. Pero Hama, o noso condutor, as súas fermosas fillas e a súa embarazadísima muller, ao igual que todos os seus compatriotas, non quere vivir nos campamentos. Érguese cada día coa esperanza de volver á súa terra, os territorios ocupados do Sáhara Occidental. Ocupados polo expansionismo imperialista do Reino de Marrocos. O puto imperialismo. Xa de regreso recibimos unha extraordinaria noticia. A súa embarazadísima esposa deixou de estalo. Alumeou outra preciosa nena e as dúas están ben. A vida sempre florece.

O voto en contra do PP e a abstención do PSOE impiden aprobar esa emenda presentada polo BNG a unha moción debatida no Pleno

PP e PSOE impiden instar á Xunta de Galiza a declarar como praga á vespa velutina

O Bloque Nacionalista Galego presentou dúas emendas ao texto dunha moción sobre o asentamento definitivo da vespa velutina na Galiza, debatida no pleno da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor celebrado onte mércores. Por un lado, propuxo engadir no primeiro punto dos acordos que na comisión de seguemento da problemática da vespa velutina, ademais do tecido asociativo apícola se inclúa a “froiticultores, comunidades de montes e asociacións medioambientais e sociais”, como colectivos tamén implicados. Esta proposta foi aceptada. Por outro, engadir un novo acordo no sentido de “instar ao Goberno galego a declarar a existencia da praga da vespa velutina nigritorax, e que sexa calificada de utilidade pública a loita contra a praga da vespa velutina nigritorax”. Neste caso

o voto en contra do Partido Popular e a abstención do PSOE impediron que a proposta saíra adiante. A declaración como praga implicaría que, por directiva europea, tivera que iniciarse unha verdadeira campaña encamiñada ao control e erradicación, se está for posible, da praga. Unha campaña dotada da conseguinte e suficiente dotación orzamentaria, que posibilitaría realizar os estudos de campo, investigacións científicas e técnicas, e a formación de persoal cualificado, necesarios para enfrontar con rigurosidade e éxito a loita contra a velutina. Desde o BNG, que xa ten presentado iniciativas neste sentido con anterioridade, lamentan que PP e PSOE non queiran apoiar esta proposta tendo en conta as consecuencias tan negativas, tanto medioambientais como económicas, desta praga.


XX

FINAIS DE DECEMBRO 2017

VAL MIÑOR

Concurso de debuxos relacionados coa Navidade “O adorno mais bonito”

Programa Termalismo Social do Imserso en Gondomar

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirixe a Concelleira Rocio Cambra, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO. O prazo de presentación de solicitudes para os meses dende febreiro ata

agosto remata o 4 de Xaneiro de 2018. O prazo de presentación de solicitudes para os meses dende setembro ata decembro remata o 11 de maio de 2018. Para maior información os interesados poden pasar polo Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, situado na Casa de Cultura.

O Concello de Gondomar a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe a Concelleira Rocio Cambra Castro, e a Empresa Serviancar Autos, teñen programado un concurso de debuxos relacionados coa Navidade que leva por título “O adorno mais bonito”. As Bases da convocatoria indican que a idade máxima para particiar é de 12 anos, o debuxo será a tamaño folio e no reverso do mesmo indicarase o nome e idade do/da neno/a. O obxetivo deste concurse é que, o facer entrega do debuxo, cada neno/na deberá entregar 1 kilogramo de alimentos non perecedeiros, que serán doados a Benestar Social do Concello para o reparto a familias en situación de emerxencia social. A data de entrega é dendo o 11 de decembro ata o 3 de xaneiro nas oficinas de Serviancar Autos en Gondomar. Os premios o mellor debuxo consisten unha bicicleta, un monopatín, un premio para nenos/as de ata 6 anos e un premio para nenos/as de

entre 7 e 12 anos. Todos os debuxos estarán expostos na cristaleira do Local: Serviancar Autos. O xurado constará de 2 membros do Concello e un representante de Serviancar Autos e a entrega dos premios será o próximo día 5 de Xaneiro de 2018 polo xurado.

Felicitamos as festas con cariño aos nosos clientes e amigos, e convidámolos a vernos este mes de decembro


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XXI

VAL MIÑOR

Con un investimento de 56.000 euros, estanse a instalar novos conxuntos modulares con diferentes elementos de xogo, balancíns, pirámides de corda para trepar, tirolina ou columpios

Renovación dos parques infantís da Alameda de A Ramallosa, Panxón e Centro Cultural ‘A Camoesa’

O Concello de Nigrán inviste un total de 56.051 € na renovación dos parques infantís da Alameda de A Ramallosa, Gaifar (Panxón, frente ao pavillón) e Centro Cultural ‘A Camoesa’ (Camos). A mellora suporá a instalación nestas semanas de novos elementos como conxuntos modulares, redes trepadoras, balancíns e columpios para nenos de tódalas idades e tamén con problemas de discapacidade. Deste xeito, Nigrán contará na Ramallosa cos primeiros columpios inclusivos do municipio, aspecto fundamental incluído no programa de goberno ‘Un Nigrán para todos’. “Trátase de tres parques con moita afluencia e con elementos xa moi deteriorados e obsoletos, polo que están sendo xa renovados atendendo tamén ás necesidades dos nenos con algunha discapacidade, aspecto que temos en conta en tódolos nosos proxectos”, sinala o alcalde, Juan González. Así, o parque infantil de A Ramallosa contará cun novo conxunto modular composto por torres con e sen tellado, ponte, dous tobogáns, barra de bom-

O parque de A Ramallosa contará cos primeiros columpios inclusivos do municipio para o uso seguro de nenos con algún tipo de discapacidade. beiros e pasarela-tubo. Ademais, instalaranse 6 novos columpios (dous deles con asentos inclusivos, dous para bebés e outros dous convencionais) e un balancín de muelles adaptados de sete prazas. Ao mesmo tempo, antes de que acabe o ano, renovarase a pista multiusos da Alameda, en mal estado tras dez anos de antigüidade. O orzamento total ascende a 22.015 €. Compre sa-

lientar que neste 2017 o Concello de Nigrán habilitou na parroquia unha praza pública e parque infantil bautizado como ‘Parque da feira”, situado na rúa Damas Apostólicas e no que investiu 72.000 €. Paralelamente, no parque infantil de Panxón instalarase unha pirámide de trepar de corda cunha altura de 6 metros e un diámetro de 10; unha tirolina de 25 metros

Os postes que invaden indiscriminadamente a calzada e as beirarrúas desaparecerán definitivamente en poucas semanas

Nigrán elimina o cableado de baixa tensión na rúa San Roque (Camos) Nigrán rematará as obras de soterramento do cableado de baixa tensión na rúa San Roque (Camos) a inicios de ano, eliminando definitivamente os postes que invaden aleatoriamente a calzada ou beirarrúas cos conseguintes probemas de seguridade e accesibilidade para peóns e condutores. Con anterioridade, e a instancias do Concello de Nigrán, Telefónica soterrou o seu tendido. A obra, xa en marcha, supón un investimento de 145.000 euros. O goberno local resolve así unha

débeda histórica coa parroquia que foi reiterada dende hai anos pola Asociación de Veciños 'A Camoesa'. Así, actualmente a empresa Felix y Viñas SLU contratada mediante concurso público está a abrir gabias para, a continuación, realizar as acometidas e a canalización do cableado e, por último, quitar definitivamente os postes, debéndose rematar o traballo en menos de 8 semanas. "Era dunha demanda fundamental dos veciños, xa que os postes dificultan a circulación

segura dos vehículos e tamén a dos peóns; non se entende que a rúa permanecese así durante tantos anos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán. Así, a eliminación destes obstáculos supón para o Concello de Nigrán un paso máis no seu política de accesibilidade, compromiso adquirido desde o goberno e no que se está traballando a través de diferentes proxectos e obras no municipio. “O noso compromiso non se vai a quedar aquí e realizaremos máis obras nesta liña”, garante González.

de lonxitude e catro columpios, dous deles para uso simultáneo por adulto e bebé. O investimento total é de 21.036 €. Finalmente, no parque infantil de Camos situado no centro cultural ‘A Camoesa’ instalarase un conxunto modular composto por torres con e sen tellado, pontes de barra fixa, tobogán, rede de trepar, escadas e columpio. Ademais, disporase dun balancín de tres prazas. O investimento total é de 13.000 €. Nesta parroquia o Concello habilitou hai un ano un novo

parque infantil situado no torreiro de San Roque e actualmente estase a rematar a renovación do situado nas escolas de Balinfra, sumando ambos máis de 60.000 €. “Nos próximos meses comenzarán as obras dos parques do Torreiro de Priegue, o parque José Vázquez Grela en Nigrán, a Praza do Torreiro de Parada ou o Parque de Poutón en Vilariño, cos que dotaremos a barrios e parroquias de novos espazos públicos e parques infantís”, resume o rexedor.


XXII

FINAIS DE DECEMBRO 2017

OPINIÓN Manuel Ruiz Carballos capitán de navío da Armada, portavoz do colectivo de militares demócratas Anemoi, membro de ACMYR.

Catalunya e o Reino de España E

é unha revolta?... Non, Sire, é unha revolución… Luís XVI e o duque da Rochefoucauld (Reino de Francia, 1789)

xpoño a continuación, en calidade de portavoz do colectivo de militares demócratas, un modesto e breve análise da grave crise de Estado que estamos a padecer, así como da súa posible evolución. O artigo 155 da Constitución e a Lei de Amnistía. O bloque monárquico, liderado por Felipe VI, quitouse a careta, mostrando as súas credenciais franquistas. Este réxime, escasamente democrático, naceu dunha metamorfose da ditadura e das conquistas sociais arrancadas ao ditador. Debemos estas conquistas, hoxe gravemente ameazadas, á heroica loita das organizacións obreiras e cidadás, así como aos movementos da soberanía dos pobos da nosa patria; nunca o esqueceremos. A aplicación do perigoso artigo 155 -que, como outros artigos da Constitución, son deliberadamente confusos e contraditorios entre sideixou as mans libres a un Goberno ás ordes do rei e dos seus falcóns militares. É unha grave involución, de consecuencias imprevisibles. A falsa “Lei de Amnistía” -en realidade unha lei de punto final, aprobada en 1977 polo Congreso dos Deputados, con anterioridade á aprobación da Constitución de 1978- é outro dos alicerces fundacionais do Réxime. Nos anos 70 do século pasado ao ditado duns xenerais franquistasinseríronse desequilibrios fundamentais nos cimentos desta democracia, cuxos efectos demoledores están a empezarse a sentir. A ameaza militar. Durante máis de corenta anos, tras a morte do ditador militar Francisco Franco, permaneceu incólume o poder do rei, ameazante espada de Damocles sobre o pobo español. É un rei Xefe do Estado e das Forzas Armadas; un rei ilexítimo, herdeiro da ditadura, que ademais non se presenta ás eleccións. Unha proba do carácter franquista do réxime é a xigantesca cruz que serve de mausoleo ao ditador, visible a moitos quilómetros na Serra de Guadarrama. Mentres, miles e miles de vítimas do fran-

quismo seguen en fosas comúns ou dispersas polas cunetas do territorio nacional. Unha escritora imprescindible, pola súa lucidez e compromiso valente coa Memoria Democrática, é Enriqueta da Cruz, autora de excelentes relatos novelados. En particular O Testamento da liga Santa, publicado en 2006, esencial para comprender algúns dos factores máis importantes que están a incidir na actual crise de Estado. Chámano democracia e non o é. O aparello do Estado é un instrumento hexemónico polas elites dominantes. Con todo, está atravesado polas contradicións da sociedade civil. É, por tanto, a cristalización dunha correlación de forzas nunha conxuntura histórica concreta. As importantes transformacións da sociedade civil nestes últimos 39 anos, xunto á irrupción da gran crise financeira internacional, agudizaron as contradicións do Estado e deron un cambio significativo a dita correlación entre clases. A situación actual non se corresponde, pois, coa estrutura xurídicopolítica do réxime do 78. De aí o nacemento do 15M e o seu clamor “Non nos representan”, “chámano democracia e non o é”… tamén a emerxencia de PODEMOS, Unidos Podemos e ANOVA en Galicia, xunto ás chamadas mareas, etc. E, por último, a agudizade do conflito histórico do Estado español coa Generalitat de Catalunya. Un novo escenario político. A grave decisión política que implica a toma de control das institucións da Generalitat por parte dun goberno do PP -cunha representación en Cataluña inferior ao 9 %- e o encarceramento, no día de hoxe, de altos cargos electos da Generalitat, ditado pola xuíz Carmen Lamela da Audiencia Nacional, creou de facto un novo escenario político. No devandito escenario enfróntanse dúas lexitimidades incompatibles: por unha banda, o movemento soberano, de base democrática, pacífica e progresista, que engloba tamén ás independen-

tistas, e que conxuntamente representan a unha maioría social, por agora non combatida; polo outro lado, a lexitimidade do réxime, representado polo bloque monárquico e os seus aliados, de base franquista e violenta: A por eles! Con todo, a convocatoria de eleccións autonómicas por parte do Sr. Rajoy, apoiada polo PSOE -ao contraxeito dos intereses do rei e dos seus falcóns- abren unha oportunidade histórica o próximo 21 de decembro para a resolución do contencioso. Se estas chegan a desenvolverse de forma democrática, o seu resultado será lexítimo e habería de ser respectado por ambas as partes en conflito. A pretendida reforma do Réxime da Transición é inviable, pois habería de contar coa aprobación do PP, un partido investigado por estar implicado no caso Gürtel. Esta pútrida situación foi denunciada polo valente ex Tenente do Exército de Terra D. Luís Gonzalo Segura. Na súa obra máis recente O libro negro do Exército españolachega datos concretos con nome e apelidos. Conclusión: O rei Felipe VI está a gobernar con ilexitimidade España, como quedou patente no seu discurso dirixido ao pobo español, e indirectamente ao Presidente electo Sr. Rajoy, na noite do 3 de outubro de 2017. Os dereitos, tan duramente conquistados, están hoxe ameazados por unha Constitución ilexítima. Unha Constitución que dá poderes ilimitados a un Goberno en minoría, co apoio tristemente incomprensible da actual dirección do PSOE. Con todo, a convocatoria de eleccións o próximo 21 de decembro contradí, por primeira vez, a obediencia cega do Goberno aos ditados do rei e dos seus falcóns, abrindo unha físgoa á esperanza (cóidese deles, Sr. Rajoy). Sen República non hai saída a esta crise. Unha república federal que acolla a todos e acabe dunha vez por todas co histórico conflito soberano, de forma democrática e pacífica. É necesaria unha democracia real xa, porque mañá será tarde.

Luís Villares: “Quedou en evidencia a derrota da vía da represión para resolver os conflitos políticos e o trunfo dos valores republicanos e de radicalidade democrática”

E

n resposta aos resultados electorais de Cataluña, o voceiro de En Marea Luís Villares comezou facendo unha valoración moi positiva do dato de participación histórica (un 82%), “que evidencia o interese, a mobilización e a consciencia que había entre a cidadanía catalá da importancia destas eleccións, precedidas dunha supresión completa das institucións de autogoberno lexitima e democraticamente escollidas polos cidadáns cataláns apenas dous meses antes”. Para Villares “esa alta participación da idea dunha conciencia e consciencia de querer revalidar democraticamente as institucións de autogoberno que foron postas en cuestión ata o punto de seren suprimidas polas institucións estatais no marco da aplicación do artigo 155”. “Quedou en evidencia a derrota clara da vía represión para resolver os conflitos políticos”, sinalou Villares, antes de lembrar que dende En Marea “sempre defendemos que os conflitos políticos tiñan que ter solucións políticas, non encarcerando a xente nin suprimindo as institucións de autogoberno”. Ademais saudou moi positivamente o resultado porque “quedou patente unha maioría ampla de todos aqueles que postularon a necesidade de superación dos problemas políticos de Cataluña e a súa ancoraxe no conxunto do Estado por unha vía diferente á aplicación do 155 superando con creces a maioría absoluta e chegando aos 78 deputados e deputadas”, que para o voceiro de En Marea supón “un trunfo dos valores republicanos, de radicalidade democratica, da xustiza social e do recoñecemento da plurinacionalidade”. Para En Marea agora “ábrese un escenario onde necesariamente Mariano Rajoy e o PP teñen que reflexionar porque a súa irrelevancia política quedou asentada definitivamente en Cataluña”. Nese senso, Villares lembrou que “coa lei electoral galega o PP estaría sen representación parlamentaria, porque tiveron menos do 5% de votos”. “Sen embargo un partido que tiña en Cataluña unha representación inferior ao 5% foron os que tomaron a decisión de suprimir as institucións de autogoberno en Cataluña,”, engadiu, antes de instar ao PP “a ver que a sociedade catalá lle deu as costas ao posicionamento político de negativa ao diálogo, polo que deben dar un paso á fronte pola vía do diálogo e da negociaicón, pois os problemas políticos non se resolven pola vía da represión nin da mordaza”. Sobre os resultados electorais de Catalunya en Comú, Villares sinalou que “o traballo realizado polos comúns afortala a maioría republicana e de xustiza social e radicalidade democrática” e amosouse convencido de que “terán unha oposición moi construtiva dentro do Parlamento de Cataluña na defensa deses valores”.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XXIII

VAL MIÑOR

Baiona informa que o último día de Decembro finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas da TDT

Os paxes reais recollerán nos colexios de Nigrán as cartas dos nenos aos Reis Magos

O Concello de Nigrán contactou cos paxes de As Súas Maxestades de Oriente para que, antes de rematar as clases, visiten os colexios do municipio e os nenos lles entreguen persoalmente as cartas ou os seus desexos. Estos comezaron onte na

Escola Infantil A Galiña Azul e Centro de Educación Especial Juan María de Parada e hoxe continuaron visitando o resto de centros que o solicitaron: Escola Infantil As Dunas de Panxón e os CEIP Humberto Juanes e Mallón.

A empresa Llega 800 realizou a finais do mes de setembro un novo aceso dunha antena de telefonía 4 G na zona de Baiona, polo que este municipio puido verse afectado por interferencias ou problemas na recepción no sinal de televisión. De producirse algún incidente, os veciños deberán facer o seguinte: - Se vivimos nun edificio colectivo, falaremos co Presidente da Comunidade de Propietarios ou co Administrador de Leiras para que contacten co Centro de Atención ao Usuario ( CAU). - Se vivimos nunha vivenda individual, deberemos contactar directamente co CAU.

- Para contactar co CAU, os veciños dispoñen de 2 vías: - Chamar ao 900 833 999 (lembramos que esta chamada é gratuíta) - Ou entrando na web www.llega800.es - ¿En qué consisten as actuacións? Na maioría dos casos, a actuación consistirá en colocar un filtro na antena. Para iso, un técnico desprazarase ao domicilio e as actuacións que realice non terán ningún custo para o cidadán. Para calquera dúbida, consulta ou reclamación sobre este tema, os veciños poderán dirixirse á Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Baiona, sita na 2º planta do consistorio, teléfono 986385925.


XXIV FINAIS DE DECEMBRO 2017 VAL MIÑOR

Historia, xoguetes educativos e ilusión no Concello de Baiona polo Nadal

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a Concelleira de Educación, Beatriz González, recibiron aos nenos e nenas das escolas infantís baionesas de “O Agro” de Baredo e “OAreal” de Sabarís e do C. P.I. de Cova Terreña. Os pequenos de Baredo entusiasmados fixeron entrega de agasajos elaborados por eles mesmos e con axuda dos seus pais e familiares. Pola súa banda os de Sabarís, trouxeron un calendario elaborado por eles mesmo expresando os seus mellores desexos para o 2018. Por parte da Concellería de Educación fíxoselles entrega dun xogo educativo para traballar a motricidad fina tan importante para o inicio da etapa escolar. Trátase dun xogo de habilidade fabricado en madeira co que poderán traballar áreas como as figuras xeométricas ou o inglés. Entre as anécdotas dos

escolares, tan ilusionados nesta época do ano, o Alcalde mostroulles a “Chave do Concello” explicándolles, ante o asombro de todos eles, que esa chave máxica é a que tanto Papa Noel como os Reis Meigos utilizan para abrir todos os fogares de Baiona e así

poder deixarlles os agasallos de Nadal, xa que non todas as vivendas dispoñen dunha ampla cheminea. Para finalizar a visita, os escolares foron guiados polo Alcalde e a Concelleira polas dependencias do Concello. Os máis pequenos movéronse como peixe na auga polas dependencias municipais mentres que os máis maiores participaron nun novo concurso cooperativo sobre o patrimonio cultural de Baiona mostrando os seus coñecementos e interese pola historia da vila. Os escolares organizados en diferentes equipos como o equipo Pinzón, o Dores Agrelo, o Alfonso IX e o Mercedes da Escaleira mostraron os seus coñecementos acerca do noso municipio. A xornada resultou ser educativa e proveitosa impregnando a casa consistorial de ilusión e mostrando a historia de Baiona desde os ollos dos nenos.

SOS Mosteiro denuncia o mal estado do conxunto histórico de Oia

Fai uns días a plataforma SOS Mosteiro comunicou aos medios un manifesto denuncia fronte ao deterioro que está a sufrir o Mosteiro de Oia o cal transcribimos: “-A lamentable situación actual na que se atopa o conxunto histórico do mosteiro de oia (ben de interese cultural) polo abandono do seu mantemento e conservación, por parte dos seus propietarios. -As visitas publicas ao mosteiro non poden realizarse xa que o actual propietario impídeo alegando "perigosidade" debido ao seu estado. -Isto implica o incumprimento da lei do patrimonio cultural de galicia (lei 5/2016,

do 4 de maio,) polo que as autoridades poderán (deberan) iniciar os mecanismos de expropiación. O mosteiro e un ben cultural de tod@s e non debemos permitir que se deteriore aínda máis. Polo

cumprimento da lei, esiximos a expropiación e rehabilitación para o desfrute de todas e todos. Van 13 anos de secuestro e especulación, é o momento, salvemos o Mosteiro.”

A iniciativa, presentada polo BNG, recolle a posición expresada pola Plataforma en defensa do comercio local, que aglutina a asociacións de comerciantes da comarca de Vigo e á que tamén se adheriu OVALMI.

Nigrán acorda unha moción en defensa do comercio de proximidade contraria á instalación de Porto Cabral

O Pleno do Concello de Nigrán aprobou, coa abstención do Partido Popular e UCN, a proposición do BNG en defensa do pequeno comercio de proximidade e de oposición á consideración de interese supramunicipal do macroproxecto previsto por Eurofund Investiments no monte comunal de Liñeiriños-Cabral. O BNG coincide coa Plataforma en defensa do comercio local en que a instalación deste macrocentro comercial suporía un golpe moi duro para o sector do pequeno comercio, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, aos concellos limítrofes como Nigrán. Por iso dende as administracións non cabe, ao noso xuízo, ningunha actuación para favorecer a súa implantación, antes ben, ao contrario, debera limitarse a instalación de grandes áreas comercias. É por isto que a Corporación de Nigrán acordou recoller as demandas dos pequenos comerciantes do Val Miñor e dirixirse á Xunta, que é quen ten competencias na materia, para instarlle a aprobar unha moratoria de dez anos na concesión de licenzas para grandes áreas comerciais, así como a desenvolver nese tempo un plan sectorial de equipamentos comerciais en Galiza, a xeito de ordenar a oferta comercial. MOCIÓN DO BNG D. Xavier Rodríguez Fernández, na súa calidade de Portavoz do Grupo Municipal do BNG, presenta para o seu debate en Pleno, e aprobación se procede, a seguinte: MOCIÓN EXPOSICIÓN DE MOTIVOS No concello de Vigo existe un proxecto de construción dun macrocomplexo comercial e de

lecer no monte comunal de Liñeiriños-Cabral, promovido por Eurofund Investiments. A instalación deste macrocentro comercial suporía un golpe moi duro para o sector do pequeno comercio de proximidade, coa perda estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes, como é o noso caso. No BNG coinciden coa plataforma en defensa do comercio local, recentemente constituída e que abrangue a maior parte dos concellos da comarca, incluídos os do Val Miñor, en que este é un problema para toda a contorna de Vigo. Afectará, en termos xerais, a uns 20.000 negocios. Este tipo de grandes áreas comerciais ademais de arrasar co pequeno comercio, contribúen á perda de postos de traballo e á precarización do emprego no sector comercial levándose, ademais, a maior parte dos seus beneficios para fóra. Por iso consideramos que a Xunta de Galiza debería desenvolver un plan sectorial de equipamentos comerciais na Galiza, co obxecto de ordenar a oferta comercial e defender o comercio local e de proximidade. Por estas razóns, solicito do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS 1. Instar á Xunta de Galiza a aprobar unha moratoria de dez anos na concesión de licenzas para grandes áreas comerciais.

2. Instar á Xunta de Galiza a desenvolver un plan sectorial de equipamentos comerciais en Galiza, a xeito de ordenar a oferta comercial e a defensa do comercio de proximidade.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XXV VIGO

Propoñen aumentar substancialmente as partidas de política social, emprego, igualdade, cultura e medio ambiente

O BNG de Vigo emenda 9 millóns de euros dos presupostos para “dar un xiro completo” á política municipal O BNG presentou a finais de decembro as súas emendas aos orzamentos municipais do Concello de Vigo para o 2018. Unha propostas “elaboradas coa colaboración de entidades e colectivos sociais que procuran dar resposta ás necesidades da veciñanza”, segundo explicou responsábel local do BNG vigués, Serafín Otero. “Lamentamos que o PSOE insista en negar a participación na elaboración duns orzamento que teiman nunha política de aparencias que non atende os problemas reais” valorizou Otero. Diante duns presupostos continuistas, “as nosas emendas, por importe de 9 millóns 200 mil euros, permitirían mellorar de maneira substancial os orzamentos, priorizando o gasto social, o combate do desemprego, as políticas de igualdade, a promoción da nosa cultura e a protección do medio natural”, explicou. “Temos unha cidade moi ben alumeada polo nadal, pero a cola dos concellos a nivel estatal en gasto social per capita”, remacha Otero.

Máis política social

A fronte nacionalista propón a construción de catro novas escolas infantís municipais para os barrios de Coia, Balaídos, Teis e O Calvario, asignando 100 mil euros a elaboración dos seus proxectos. Demandan dotar con 120 mil euros unha partida destinada a axuda médico-farmaceútica para persoas con dificultades económicas, así como a posta en marcha dun Plan municipal de axuda ao alugueiro, que ofreza axudas directas de 200 euros mensuais ás familias en risco de desafuzamento. No capítulo social o Bloque aposta nun aumento significativo das partidas dedicadas a Axudas a familias e fondos de emerxencia por desafiuzamentos (+250 mil euros), Axuda alugueiro vivenda, alimentos, c. Enerxética (+860 mil euros), e

Becas libros e comedor escolar (+300 mil euros). Para facer fronte a ”gravísima situación de desemprego, precariedade e empobrecemento” as emendas nacionalistas incrementan en 1 millón 800 mil euros os fondos do Plan de emprego municipal, até o dotar dun total de 3 millóns de euros.”O desemprego é a principal preocupación social na nosa cidade e merece que o Concello lle dedique o máximo de recursos”, defenden. Aliás, propoñen tamén a creación dun Plan municipal de choque contra o desemprego xuvenil e feminino, con 500 mil euros.

Igualdade

“O combate das violencias machistas debe ser unha prioridade municipal. Vigo non atura nin un feminicio máis”, defendeu Otero. Con ese obxectivo, a organización nacionalista rexistrou varias emendas destinadas a reforzar de maneira substancial as políticas de igualdade. Desta maneira, propoñen un Programa de apoio ás mulleres vítimas de violencia machista (250 mil euros), un importante aumento nas partidas de Campañas contra a violencia de xénero (+137 mil euros) e do Plan municipal de igualdade de oportunidade (+345 mil euros).

Neste capítulo tamén demandan a con dun novo centro de información ás mulleres, no barrio de Coia (25 mil euros) e a implementación dun Plan Municipal de Apoio aos Coidados (850 mil euros). Transporte Para o BNG é urxente unha aposta decidida por mellorar o servizo de transporte colectivo urbano. A ese fin formulan emendas que demandan a creación dun Bonobus gratuíto para persoas desempregadas (500 mil euros), e mais a elaboración dun novo Plan de mobilidade local (50 mil euros).

Cultura e lingua

“Diante da nefasta política cultural do Concello de Vigo e do absoluto desprezo cara ao noso idioma é urxente unha mudanza radical”, asegurou Otero. A ese respeito propoñen a construción de dúas novas bibliotecas, en Teis e Navia (250 mil euros), a creación dun Programa de dinamización de bibliotecas e salas de lectura nos barrios (150 mil euros) e o desenvolvemento dun Programa municipal de promoción da lectura (100 mil euros). Consignan tamén emendas por un total de 660 mil euros para diversas actuacións orientadas á posta en valor e dinamización da Rede Museística da Cidade.

En materia cultural tamén propoñen que se aumente a dotación do convenio da Festa da Reconquista (+40 mil euros), a creación dun Centro Cívico Municipal no Calvario (250 mil euros) e a reapertura do Programa de dinamización xuvenil Súbete ao Castro (85 mil euros). No que atinxe á normalización lingüística propoñen un Programa de promoción da lingua galega en Vigo, con 200 mil euros.

Medio ambiente

A protección e posta en valor do “enorme patrimonio natural e ecolóxico” da cidade, é outro dos eixos das emendas nacionalistas. Nelas, inclúese unha partida de 75 mil euros para a Protección e posta en valor do Río Lagares, así como a elaboración dun Plan municipal de aforro e optimización do subministro de auga (50 mil euros) –para evitar situacións como a vivida nas últimas semanas por causa da seca--, ou destinar 500 mil euros a un Programa de axudas para a prevención dos incendios, reforestación e valorización do monte comunal. Suxiren tamén aumentar en +90 mil euros a partida de Recuperación de zonas verdes.

Xestión pública

“Unha das asignaturas pendentes na nosa cidade é modernizar o modelo de xestión municipal, apostando por alargar a xestión pública directa e promovendo a participación veciñal”, sosteñen desde o Bloque. Para iso demandan a elaboración dun estudo e avaliación para o rescate público das concesións de abastecemento de auga, recollida de lixo, manntemento de parques e xardíns e transporte urbano (50 mil euros), e que se estude a Creación dunha empresa municipal de servizos (15 mil euros). Entre as emendas máis novidosas, o BNG propón a posta en marcha dun Programa piloto de orzamentos participativos “Vigo veciñal”, reservando 300 mil euros para que a través da participación directa a veciñanza e os colectivos sociais decidan a que programas e investimentos dedicalos.

Reducións e supresións

Para financiar estas novas partidas e os aumentos referidos, as naccionalistas recollen tamén unha batería de emendas destinadas a reducir ou suprimir gastos superflúos ou de menor interese social, garantindo desta maneira o equilibrio económico finaceiro das contas municipais.

Urxe o reforzo de Urxencias do CHUVI para evitar colapsos A situación de colapso do servizo de urxencias do complexo hospitalario universitario de Vigo (CHUVI) que se está a vivir nos últimos días, pon de manifesto para o BNG “as consecuencias da nefasta política sanitaria da Xunta de Galiza e do desmantelamento da sanidade pública que promove o Partido Popular”. Para a fronte nacionalista é “intolerábel que decenas de persoas fiquen á espera de cama de ingreso, e que moitos e moitas pacientes teñan que soportar grandes esperas para seren atendidas”. Diante das explicacións ofrecidas por parte da Xerencia do CHUVI e de responsábeis do Sergas, o Bloque defende que é “urxente un xiro radical na política sanitaria da Xunta de Galiza”. Do contrario,

aseguran, estarase a poñer en risco a saúde da poboación. “A Xunta de Persoal e os sindicatos teñen advertido de maneira reiterada da falla de planificación e dos recortes en persoal sanitario que son causa destes colapsos e que prexudican enormemente a calidade asistencial, pero a resposta do Partido Popular é seguir a teimar no desmantelamento da sanidade pública galega”, denuncia o responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero.

REFORZAR A ATENCIÓN PRIMARIA

Para alén de dotar do persoal sanitario necesario o servizo de urxencias, desde o BNG poñen o foco tamén en que a masificación deste está relacionada coa “precarización” da atención primaria. A este

respeito, reiteran a proposta de dotar a Vigo de dous novos Puntos de Atención Continuada (PAC), nas zonas de Navia-Coia e Teis, tal e como demandaron a través dunha emenda por importe de 2 millóns de euros aos orzamentos da Xunta para 2018. “Vigo conta neste momento cun único Punto de Atención Continuada, no antigo Xeral, despois do fechamento do da rúa Bolivia e Coia. O propio persoal sanitario ten pleno coñecemento de que unha parte importante dos casos que acaban nas urxencias hospitalarias poderían ser pefectamente atendidas na atención primaria, e para iso xogan un papel chave os PAC, sobre todo nun contexto no que os centros de saúde están ao límite das súas capacidades asistenciais”, explica Otero.


XXVI

FINAIS DE DECEMBRO 2017

VIGO

VIGO

Está composta polo 80% das asociacións de comerciantes de Vigo, as que se suman centos de establecementos da área metropolitana. Califican como “golpe mortal” o que suporía a chegada deste macrocentro para o pequeno comercio. Advirten da pérdida de 6.000 empregos en Vigo e nos seus concellos limítrofes

Nace a Plataforma Polo Comercio Local Non a Porto Cabral con máis de 1.200 membros

O comercio local de Vigo e dos concellos limítrofes únese por unha causa común: a defensa do modelo de comercio de proximidade e a oposición ao proxecto de Porto Cabral. Baixo estes dous obxectivos principais, as organizacións comerciais máis representativas de Vigo, FECOVI (AETRAVI, Comerciantes de Navia, Comerciantes do entorno do Hospital Xeral, Pi y Margall), O Calvario (ACECA), Comerciantes da Zona Príncipe; e da súa área, Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) ou a de comerciantes de O Porriño, queren explicar a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar o que califican como “golpe mortal” ao comercio de proximidade, a todo o sector e a outros vinculados. Esta plataforma quere denunciar a información interesada e manipulada que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que sería a destrucción de miles de empregos si este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso pide as autoridades que non apoien ningún tipo de iniciativa que poda dar luz verde a este proxecto e que se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema. O comercio local reúne a uns 20.000 negocios en Vigo e a súa área que dan traballo a 30.000 persoas. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%. Xunto a adhesión dos comerciantes, esta plataforma acaba de activar unha petición en Change.org, dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, para que non

afundan ao comercio local apoiando a creación deste marcoproxecto. Unha petición que en apenas 36 horas conseguiu 1.200 firmas. As principais reivindicacións da Plataforma son: - Pérdida de 6.000 empregos no pequeno comercio en Vigo e área. - Problema global, non só de Vigo, senón que afectará a uns 20.000 negocios incluindo os concellos do entorno, directamente afectados. Esta plataforma reúne xa o 90% dun sector que defende que o mellor para o comercio local e impedir a chegada destes megacentros nas aforas da cidade, que desertizarán os nosos barrios e rúas. Aumentará o uso do vehículo privado, en consecuencia as emisións de CO2, creará máis residuos e un consumo altísimo de enerxía, ademais de destruir 600.000 m2 de monte verde.

lectivos o programaron as accións que se van levar a cabo nas vindeiras semanas. A recollida de firmas online do portal Change.org, que sigue activa, complementarase co reparto en toda a comarca vigusa de 100.000 dípticos informativos e interactivos, nos que se poderá firmar esta petición dixitalmente mediante un código QR que len os móviles. En Vigo, xunto aos colectivos impulsores desta iniciativa, FECOVI, Aetravi (Travesas) e Aceca (O Calvario), están representadas as asociacións de comerciantes de Zona Príncipe, do entorno do Hospital Xeral, Pi y Margal e Navia. A última incorporación foi a Asociación de Comerciantes de Bouzas. A través desta plataforma queren explicar a súa total oposición ao macroproxecto pre-

Redondela, Nigrán, Gondomar, Baiona e Salceda de Caselas súmanse á Plataforma

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O movemento en contra da instalación en Vigo do macrocentro comercial Porto Cabral crece cada semana. A plataforma creada a inicios de novembro, representando ao comercio de 5 concellos (Vigo, Cangas, Moaña, Bueu e O Porriño), sumou nos últimos días as adhesións dos comerciantes de Redondela (AER), Salceda de Caselas, Nigrán, Baiona e Gondomar, estes tres últimos unidos na asociación OVALMI. O intento de instalar Porto Cabral suporía un golpe mortal a este sector, coa gran pérdida de empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes. Por iso, onte a Plataforma tivo unha reunión na sede dos comerciantes de Redondela, que acaba de sumarse a este movemento, onde deron a benvida as novos co-

visto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar a desaparición do 25% do comercio de proximidade que existe na actualidad, a todo o sector e a outros vinculados. De feito xa se tiveron as primeiras reunión con dirixentes da Xunta e de varios representantes municipais. Esta plataforma insiste en denunciar a información interesada e manipulada que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que sería a destrucción de miles de empregos si este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso pide as autoridades que non apoien ningún tipo de iniciativa que poda

dar luz verde a este proxecto e que se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema. O comercio local en Vigo e a súa área da traballo a unas 30.000 persoas, catro veces máis que o traballo directo que xera a fábrica de Citroën en Vigo. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%. Polo que é un colectivo cun peso específico ao que se debe escoitar.

Máis información: Encarna Álvarez (presidenta ACECA) | 625.386635 Víctor Fernández (presidente FECOVI) |604.053223 Lina Río (xerente FECOVI) | 607.323868 Nélida Carraceda (presidenta FECIMO)|647.579243 Contacto por mail: polocomerciolocal@gmail.com

Moción do Bloque Nacionalista Galego rexeitando ás grandes superficies comerciais No concello de Vigo existe un proxecto de construción dun macrocomplexo comercial e de lecer no monte comunal de Liñeiriños-Cabral, promovido por Eurofund Investiments. A instalación deste macrocentro comercial suporía un golpe moi duro para o sector do pequeno comercio e de proximidade, coa perda estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectaráa Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes, como no caso do concello de Redondela. Un dos sectores da nosa economía local, que máis postos de traballo xenera, vería comprometido o seu futuro. No BNG coincidimos coa plataforma ne defensa do comercio local, recentemente constituída, en que esta tema é un poblema para todos os concellos da contorna de Vigo xa que afectará, en termos xerais, a uns 20.000 negocios. As grandes áreas comerciais ademais de arrasar co comercio local, contribúen á perda de postos de traballo, fomentando a precarización do emprego no sector comercial. A xuízo do BNG existen moitas razóns para desbotar un proxecto especulativo como o denominado “Porto Cabral”: a) Ambientais: posto que a ocupación de aproximadamente 600.000 m2 de monte na parroquia viguesa de Cabral vai ter un forte im-

pacto nun espazo de grande valor social e paisaxístico. b) Urbanísticas: porque utiliza a planificación urbanística para favorecer a especulación e a desfeita do territorio, no canto de promover unha ordenación racional e a protección dos usos sociais do monte. c) Económicas: pola destrución do tecido económico local que provocan as grandes superficies comerciais, que ademais levan a maior parte dos seus beneficios para fóra de Galiza. A Xunta de Galiza, asume competenzas na lexislación que regulariza a instalación deste tipo de grandes superficies no noso País. Polo tanto debería desenvolver un plan sectorial de equipamentos comerciais, co obxecto de ordenar a oferta comercial e defender o comercio local e de proximidade. Por estes motivos, o Grupo Municipal do BNG de Redondela, solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes.

ACORDOS

1. Instar á Xunta de Galiza a aprobar unha moratoria de dez anos na concesión de licenzas para grandes áreas comerciais. 2. Instar á Xunta de Galiza a desenvolver un plan sectorial de equipamentos comerciais en Galiza, a xeito de ordenar a oferta comercial e a defensa do comercio de proximidade.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XXVII VIGO

Representa a un territorio onde existen 15.000 pequenos comercios

O

s comerciantes de Vigo e a súa área de influencia, preocupados polo futuro do comercio local e de proximidade da nosa cidade e tamén polo dos concellos limítrofes (Baiona, Gondomar, Nigrán, Ponteareas, Porriño, Mos, Redondela, Moaña e Cangas, Bueu…), unímonos na Plataforma Polo comercio local, Non a PORTO CABRAL. Un proxecto que pretende implantar en Vigo un dos maiores centros comerciais de Europa, promovido por Eurofund Investments, un fondo de investimento radicado en Luxemburgo, coñecido paraíso fiscal, e que repercutirá moi negativamente no comercio local de toda a zona, nas formas de consumo e socialización dos nosos concellos e barrios, e no modelo de cidade sustentable que desexamos. Este grupo investidor está a utilizar informacións de dubidosa credibilidade, nas que promete miles de empregos, millóns en investimentos e un teórico empuxe económico para Vigo e a súa área de influencia. Informacións tras as cales se esconde un modelo de negocio e de cidade moi distante do que todos queremos. E para iso, nun intento de dividir ao comercio local, pechou acordos económicos con algunhas asociacións que consideramos unha “compra encuberta” de vontades e unha estratexia para “vender” un apoio dos comerciantes a Porto Cabral que non é tal. Somos unha gran maioría deste sector (80% nestes momentos), e doutros indirectamente afectados, os que nos unimos nesta plataforma e manifestámonos en contra deste proxecto. Non é certo que Porto Cabral vaia a crear emprego. Ao contrario. Son moitos os estudos sobre a incidencia de grandes areas comerciais que demostran que a apertura deste tipo de complexos implica o peche de numerosos establecementos do

MANIFESTO

comercio local. As estatísticas indican que por cada 2 empregos que se crean en centros comerciais, destrúense 3 no comercio local, polo que a posta en marcha de Porto Cabral destruiría miles de empregos en toda a zona (entre 5.500 e 6.000). Como exemplo máis próximo, o caso da Coruña: Na última década, un total de 4.000 pequenos establecementos pecharon na Coruña, destruíndo 6.000 postos de traballo, mentres aterraban na cidade centros como Marineda City ou Dolce Vita (este último pechado xa). Non é certo que creará riquieza na zona. Os seus visitantes non pisarán Vigo, xa que alí terían todo o necesario para pasar un día completo. Polo tanto, os beneficios deste gran centro apenas repercutirán na súa contorna. Será un mínimo porcentaxe deses cartos o regresaría a Vigo e a súa área, mentres que dos beneficios do comercio local, un 50% retorna á economía da súa zona. O impacto desas miles de visitas previstas (20 millóns ao ano, segundo os promotores de Porto Cabral) afectará negativamente aos negocios de distintos sectores (lecer, roupa, alimentación, hostalería, construción, materiais...) que deixarán de recibir esa mesma cantidade de visitas ao ano. E no só afectará o pequeno comercio senón tamén aos centros comerciais xa existentes na cidade (Gran Vía, Camelias, Praza E, Travesía, A Laxe). Como sucedeu na Coruña, corren o risco de pechar e contruibuir así a destrucción masiva de emprego. Trasladar novas opcións de lecer e comercio fora do centro urbano implica que a vida de Vigo, dos nosos barrios, e tamén dos nosos municipios limítrofes verase moi afectada. Así, converterase aos poucos, nunha cidade baleira e pan-

tasma, desertizando a maioría dos seus barrios e zonas de lecer. Isto porá en perigo a seguridade da veciñanza e fará máis perigosa a vida en Vigo, nos seus barrios e nos concellos veciños. Afectará negativamente á sustentabilidade ambiental na cidade e a súa área, xa que aumentará a dependencia do vehículo privado e, con iso, provocará un maior nivel de contaminación. Afastándonos así do obxectivo da redución progresiva de CO2 e do modelo de “Cidade de distancias curtas” no que vaiamos cara a un modelo onde se priorice a redución do tráfico motorizado. Esta nova área comercial destruirá 600.000 de m2 de monte (300.000 metros cadrados serán de área comercial e de lecer) da coroa verde que rodea o concello de Vigo. Actuación que vai en contra do aproveitamento sustentable do monte e do seu valor natural. Pon en peligro a vida dos veciños do barrio da parroquia de Cabral, Becerreira, co risco de destrucción de 70 vivendas que afectaría a 200 persoas, nun posterior desenrrolo urbanístico desa zona. A nivel de consumo de enerxía, este macrocentro non vai na liña do Vigo que desexamos, no que se debe apostar por reducir as súas construcións a un tamaño manexable nun mundo de limitacións enerxéticas. O proxecto tamén terá un impacto negativo na vida cultural, de lecer e de convivencia nas cidade e nos concellos da área. E en paralelo, provocará unha uniformidade do mercado entre a poboación, desarraigamento do propio, desculturización e unha progresiva perda de identidade coa súa contorna, facendo unha sociedade máis fráxil e vulnerable. Sobre as garantías de futuro, este tipo de negocios igual que chegan,

vanse. As súas marxes de beneficios e perdas son moitos máis estreitos, e en canto as contas non saen, pechan e buscan novos oportunidades noutras zonas. Todo o contrario que o comercio local, que está totalmente involucrado no tecido social e económico da súa contorna, porque é o seu. E, ademais, a información sobre este proxecto deixa sen contestar as preguntas que consideramos fundamentais: 1. De onde proceden eses fondos de investimento? 2. De onde son a maioría dos negocios que se implantan neste tipo de áreas? Que tipo de empregos ofrecen e en que condicións? 3. Para onde van os beneficios destes negocios? POR TODO ISO Pedimos o teu apoio porque cremos que non se trata simplemente de opoñerse a un proxecto como Porto Cabral, co impacto negativo que terá sobre todos nós, senón en empezar a traballar por fomentar outro modelo de cidade, outros modelo de consumo, máis ligado á vida dos nosos barrios e aos produtores da nosa terra. E solicitamos ás autoridades competentes neste asunto, Xunta de Galicia, Concello de Vigo e outros concellos da área, que non apoien esta iniciativa e que, coa nosa colaboración, reflexionemos xuntos sobre a cidade e área metropolitana que queremos os que aquí vivimos e traballamos. E non asumir un modelo que nos impón unha multinacional estranxeira. Se es unha das moitas asociacións de comerciantes desta cidade, da contorna de Vigo, dunha asociación de veciños, de cidadáns organizados en calquera tipo de colectivo, e tes interese en fomentar estoutro modelo de cidade e de consumo, únete a nós e asina este manifesto.


XXVIII

FINAIS DE DECEMBRO 2017

VIGO / PONTE CALDELAS

Unha representación de membros da Plataforma reúnese no Parlamento con PP, PSOE, BNG e En Marea.

Os catro grupos do Parlamento de Galicia reciben á Plataforma ‘Polo Comercio Local Non a Porto Cabral de Vigo’ A totalidade dos grupos do Parlamento de Galicia xa coñecen os plantexamentos da recién creada Plataforma polo Comercio Local – Non a Porto Cabral, que aglutina ao 90% de comercio de Vigo e a súa área de influencia. En xeral transmitiron o seu apoio as posicións deste colectivo. Portavoces desta plataforma, representando ás asociacións viguesas de Príncipe, O Calvario (Aceca) e Travesas (Aetravi), e polos concellos veciños a Asociación de Empresas de Rendondela (AER), mantiveron esta semana unha ronda de reunións no Parlamento de Galicia. Primeiro cos responsables da formación política En Marea, co seu portavoz Luis Villares ao frente; tamén có BNG e a súa voceira, Ana Pontón; con membros do grupo parlamentaio do PP (a viguesa Teresa

Foron informados das consecuencias negativas que tería para o comercio local, coa pérdida de 6.000 empregos en Vigo e nos concellos limítrofes. Egerique e o diputado redondelán José Alberto Pazos); e por último có vigués Abel Losada, representando ao PSdG-PSOE. A todos se lles informou do que a implantación deste macrocentro suporía para o sector, a destrucción de miles de empregos, un pasa atrás no desenrrolo sustentable de Vigo, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso se lles pediu aos grupos parlamentarios galegos que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto.

PP, BNG e En Marea comunicaron que están nesa liña, mentras que o socialista Abel Losada, que falou a nivel persoal, dixo que apoia aos comerciantes pero que será o partido quen decida qué facer neste tema, algo que non teñen aínda decidido. Tamén explicaron aos membros da plataforma que a presentación de 70.000 firmas a favor de Porto Cabral non ten, a nivel parlamentario, ningún tipo de validez. O comercio local reúne a uns 20.000 negocios en Vigo e a súa área que dan traballo a 30.000 persoas. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%.

Ponte Caldelas contará cun orzamento de máis de 3,5 millóns O Goberno local arante uns investimentos totais no municipio de 900.000 euros

O Concello de Ponte Caldelas debateu a aprobación inicial do seu Orzamento para o ano 2018. Unhas contas históricas, pois rompen a barreira dos 3,5 millóns de euros para chegar aos 3.509.713 euros, o que supón unha suba próxima ao 4%. E que, ademais, continúan na senda da saúde financeira, reducindo a débeda dende o millón de euros herdado do anterior equipo de Goberno a 448.552 euros. O Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) destaca que Ponte Caldelas goza hoxe dunha posición económica envexable despois de iniciar o mandato cunhas contas que apenas pasaban dos 3,2 millóns de euros e unha débeda asfixiante. Máis aínda subliña que no que vai de mandato logrouse incrementar a recadación, a pesar de ter reducido os impostos e taxas municipais ás capas máis sensibles da poboación. Un logro que se conseguiu, nestes tres exercizos, sen pedir un só euro aos bancos. O alcalde, Andrés Díaz subliña que no ano 2015 cada ha-

bitante tiña unha débeda aproximada de 181 euros que agora quedará reducida a uns 80 euros, froito da política de contención e tamén do crecemento poboacional que se ven experimentando nestes últimos anos. “Uns datos que son indiscutibles e que demostran que o camiño emprendido foi o correcto e que hoxe estamos xa en disposición de tomar decisións que antes eran imposibles”. Por outra banda, o remanente municipal do Orzamento de 2017, froito dos aforros, o control do gasto e as baixas nas adxudicacións, alcanzou tamén unha cifra récord, chegando aos 507.572 euros, como se demostra na liquidación avalada polo interventor municipal. Os Orzamentos municipais para 2018 prevén un investimento total duns 900.000 euros, que son froito de sumar os 400.000 dos recursos propios cos que achegarán o Plan Concellos e o Plan de Reequilibrio Territorial da Deputación Provincial, unha achega esta coa que se efectuará a humanización da Praza de España.


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XXIX VIGO

Lucía Rodríguez convocada pola Os atletas galegos acadan una medalla de Ouro e outra de Bronce Federación Española de Bádminton Lucía Rodríguez por equipos nos Campionatos de acabaA Salvaterrense de ser convocada pola Federación Española de Bádminton para Europa de Campo a Través participar coa selección nos CampeoRecentemente desenvolveuse na localidade eslovaca de Samorín o Campionatode Europa de Campo a Través na que unha potente Selección Española acudiría a esta importante cita ca presenza de catro galegos entre os seus equipos. Os primeiros en tomar parte serían o lucense Miguel González e o noiés TarikuNovales na categoría Sub20. O das murallas deixaría manifesta a súa calidade paraesta especialidade ó rematar nunha brilante quinta posición cun rexistro de 18:48 a tan só tres segundos do bronce e nunha chegada moi disputada gañada polo noruego Jakop Ingebrigtsen con 18:39. Salientable tamén o comportamento de Tariku Novales entrando no décimo terceiro lugar cun rexistro de 18:54 e contribuindo de maneira importantísima a que España se acabara proclamando por equipos

Campiona de Europa nesta categoría por diante de Francia e de Turquía. Na categoría feminina Sub23 destacable a actuación de Carmela Cardama que entraría na línea de meta no posto décimo oitavo, cun rexistro oficial de 21:40 a un segundo da primeira representante española Celia Antón un posto por arriba. Esta categoría sería gañada pola alemana Aluina Reh cun crono de 20:22 ocupando España por equipos o quinto lugar. Xa por último e no relevo mixto, no que tomaba parte a outra atleta galega Solange Pereira, novo podium para o equipo nacional sendo nesta ocasión o bronce o premio colleitado polo combinado masculino e feminino. Péchase pois un notable campionato europeo de cros na que os nosos atletas contribuirían de maneira moi notoria e importante o bo papel desenvolto polo equipo nacional en terras eslovacas.

natos de Europa sub-15, que se celebrarán en Kazán (Rusia) o próximo mes de febreiro. Lucía ten 13 anos e empezou a competir con so 8. Na súa traxectoria conta con títulos tan relevantes como o campionato de España sub 11 en 2015, Campionato de España sub 13 en individual e mixtos en 2017, Prata en individual no Slovenia Youth International U15 en 2016, Prata en dobres mixtos no Slovak Youth U15 International, en 2017 e Prata en individual no Slovenia Youth International U15 en 2017.


XXX FINAIS DE DECEMBRO 2017

REPORTAXE

PROXECTO GATO é unha das protectoras máis importantes da nosa comarca. Centos de animais son atendidos polas voluntarias e voluntarios desta asociación na súa nave de Coia ou alí onde sexan chamados. Na actualidade están en fase de tramitar un ambicioso proxecto de traslado a unhas novas instalacións de Gondomar. Falamos con Sonia e Fátima, dúas responsables da asociación para que nos conten o máis significativo das súas circunstancias.

FOTO MARTA B.

Cando e por que nace a vosa asociación? Fai 11 anos, coa denominación de Asociación Protectora Proxecto Gato. Foi fundada co fin de controlar e mellorar a calidade de vida dos gatos dos nosos barrios e das persoas que viven preto deles, e así conseguir unha convivencia en harmonía. Mellorando as relacións entre eles diminuirá o abandono e os malos tratos. Cales son as vosas actividades máis importantes? * Seguir un programa sanitario no que se inclúa a desparasitación, o censo das colonias de gatos rueiros e a súa esterilización para evitar a proliferación descontrolada. * Divulgar as avantaxas da esterilización para evitar a reprodución descontrolada de animais que conduce á superpoboación e ao abandono. * Realizar campañas de adopción dende os medios de comunicación que permitan aos animais unha segunda oportunidade de ter unha vida digna. * Fomentar a tenza responsable de animais e asesorar sobre o coidado correcto dun gato adoptado. A educación é a única garantía para previr o abandono. * Realizar as denuncias oportunas baseadas na Lei de Protección dos animais cando se demostre que algún deles é obxecto de persecución cruel ou se atenta contra a súa vida. Onde estades fisicamente e cal é a vosa área de influencia? Actualmente en Vigo, nunha nave de aluguer que non cumpre os requisitos necesarios para un adecuado mantemento dos animais, e que non nos permite darlle a calidade de vida e dignidade que merecen A nosa área de actuación é calquera parte de Galiza. Como desenvolvedes a vosa actividade cotiá?. Tendes persoal contratado ou todo é a base de voluntarismo? Actualmente a Asociación conta con voluntarias e voluntarios que acoden ao refuxio semanalmente en horario variable de mañá ou tarde, segundo as necesidades e a súa dispoñibilidade. A intención no novo refuxio é, a maio-

FOTO MARTA B.

“PRECISAMOS AXUDA PARA PODERMOS TRASLADAR A UN NOVO ESPAZO QUE NOS PERMITA DAR AOS ANIMAIS AS CONDICIÓNS NECESARIAS PARA UNHA VIDA DIGNA”

res do voluntariado, poder contar con alomenos unha persoa que acuda diariamente de forma remunerada. Como é a relación coas distintas administracións; a municipal, a provincial e a autonómica? Proxecto Gato non depende de ningunha administración pública, e polo tanto non obtemos subvención algunha. Como se financia a vosa asociación? As nosas fontes de ingresos actualmente son: ● Cuota das socias e socios, madriñas e padriños Persoas altruístas que aportan a súa axuda tanto económica como de voluntariado. ● Donativos dunha fundación de axuda a protectoras en todo o mundo, con más de 2.500 socios. ● Empresas solidarias Asemade, debido ao noso historial de actividades sociais, hoxe en día estamos tramitando o certificado de “Utilidade Pública. A Utilidade Pública supón un recoñecemento importante e amosa boa imaxe, prestixio e credibilidade ás ONG, pois para poder obter esta declaración, a entidade ten que demostrar a súa eficacia, transparencia e boas prácticas. ● Mercadiño solidario

● Teaming Teaming é unha ferramenta online para recaudar fondos para causas sociais a través de micro doacións de 1€ ao mes. A filosofía de Teaming baséase na idea de que con 1€ nós solos no podemos facer moito, pero se nos unimos podemos conseguir grandes cousas. ● Feiras tradicionais Posto de produtos caseiros elaborados por voluntarias e voluntarios. ● Viaxes solidarias Dende todo o país organízanse doazóns de alimento e materiais para os animais do refuxio. Cal é a resposta que atopades na sociedade en xeral á vosa actividade? Esta asociación leva preto de once anos traballando e conta actualmente con 325 socias e socios. Pouco a pouco imos abranguendo máis e tentamos amosar o noso traballo ao maior número de persoas posibles, e a verdade é que nos sentimos moi apoiadas. Vai en aumento o número de chamadas que recibimos, e dado que a maior parte son para solicitar axuda urxente por algún caso de perigo dun animal, despois de prestarlles a axuda, a resposta é de enorme agradecemento. Dirías que o grado de concienciación xeral dos seres humanos no que respecta ás necesidades dos animais é deficiente, suficiente ou significativa? É certo que cada vez os seres humanos teñen máis conciencia do respecto cara os animais, pero hoxe en día lamentablemente temos que dicir que é insuficiente.

A concienciación e sensibilización da cidadanía é o mellor e máis eficaz instrumento, polo tanto un dos nosos obxectivos é incrementar os esforzos e facer maior fincapé nas seguintes actividades: ▪ Campañas de sensibilización. “NON ao abandono, SÍ á castración e á microchipaxe”. ▪ Colaboración coas clínicas veterinarias e concellos. ▪ Difusión nos medios de comunicación. ▪ Charlas e actividades nas escolas, asociacións veciñais e culturais. É imprescindible amosarlles tanto a pais coma fillos, a responsabilidade que conleva ter un animal e os coidados básicos que necesitan as nosas mascotas. ▪ Visitas guiadas e charlas no refuxio. ▪ Visitas de colectivos especiais. Colaboración con empresas especializadas en terapia asistida con animais. ▪ Posibilidade de facer prácticas para mozas e mozos con estudios relacionados co coidado dos animais. Estades pendentes de concretar un ambicioso proxecto futuro. Cóntanos en que estado se encontra e cal sería o camiño desexable para que se puidese facer realidade na maior brevidade posible? O proxecto que temos en marcha actualmente é o traslado do refuxio a unhas novas instalacións sitas en Gondomar. Necesitamos con urxencia mellorar as condicións nas que se atopan os animais que temos no refuxio. Por outra banda, co traslado ás novas instalacións, a Asociación mellorará de cara a aumentar a súa capacidade de protección e poderá abranguer a un maior número de animais aos que poder axudar.Nas novas instalacións, aparte de seguir coas actividades diarias da asociación, ofertaranse uns servizos para axudar a mellorar o funcionamento e mantemento do refuxio, sempre en aras do beneficio dos animais: ▪ Servizo de gardería felina e canina. O servizo de gardería farase tanto nas propias instalacións que se van a adaptar na nova ubicación do refuxio, coma


FINAIS DE DECEMBRO 2017

XXXI

Os sitios máis curiosos do mundo VI nos domicilios particulares dos solicitantes. Ben sexa por períodos vacacionais, por enfermidade, por motivos de traballo, como por traslados a clínicas veterinarias, perruquerías, medicacións, ou paseos caninos, todo aquel que o necesite poderá contar cos nosos servizos. Contarase cun dispositivo de vixilancia telemático as 24h. O propósito é poder ter unha continua comprobación do bo estado dos animais. E con este sistema os donos dos animais aloxados, poderán observalos sempre que queiran para a súa tranquilidade. ▪ Forno Incinerador Na maioría dos fogares considéranse os animais de compañía coma un membro máis da familia polo especial cariño que se lles confire, e cando chega a hora da súa morte se preguntan: Que fago cos seus restos? onde os soterro? A experiencia dos veterinarios di que ista é a pregunta máis frecuente que se fan a maioría dos desconsolados donos. A solución que está en auxe hoxe en día é a entrega dos cadáveres dos seus animais a empresas especializadas que transforman os seus restos en cinzas para así poder conservalos nunha furna. O forno incinerador situado nas novas instalacións estará especializado para mascotas, e ofertarase a posibilidade de presenciar as incineracións, servizo practicamente inexistente en toda Galicia. Actualmente xa temos o proxecto para reformar as novas instalacións e así poder situar aos animais e dar comezo ás novas actividades. Pero para poder facer o traslado necesitamos unha gran inversión económica, por iso necesitamos moitísimo apoio e difusión. Nas nosas redes sociais estamos difundindo un vídeo que amosa parte do noso traballo. Entre todas e todos temos que conseguir acadar este soño.

MOITAS GRAZAS.

G.FIGUEIREDO

Nesta VI edición dos sitios máis curiosos do mundo vouvos falar do túnel das glicíneas en flor dos xardíns de Kawachi Fuji de Xapón, que desafortunadamente só se poden contemplar no seu maior esplendor durante 20 días aproximadamente.

O túnel das Glicíneas en flor de Kawachi Fuji, Xapón O

s xardíns de Kawachi Fuji atópanse situados nunha cidade de Xapón chamada Kitakyushu. Está situada na prefectura de Fukuoka, dentro da illa de Kyushu. A mellor época do ano para visitar estes fermosos xardíns é a finais de abril e principios de maio debido a que nestas datas, durante 20 días aproximadamente, pódese visualizar un gran espectáculo de cor e aromas embriagantes cando o túnel máxico está en plena floración, pois parece un bosque encantado, se vas noutra época do ano, a súa aparencia será unha masa de ramos sen vida e tortos. Estes 20 días poden variar segundo o clima que estea a presentarse en cada ano. O festival da Wisteria, que se celebra nesta máxica floración, inicia nestas datas e finaliza na “Semana Dourada” 27 -29 de abril. No Kawachi Fuji Garden existen máis de 150 plantas de glicinas do xénero Wisteria. Unha planta endémica famosa en todo o mundo debido ao seu uso para a decoración romántica e mística de espazos tales como xardíns e parques. Neste tipo de planta pódese visualizar ao redor de 20 especies. As máis recoñecidas son a Wisteria sinensis ( Sims) Sweet orixinaria de China e a Wisteria floribunda ( Willd) DC. a glicina de Xapón. A principal atracción do Kawachi Fuji son os túneles con flores glicina. Estes túneles confórmanse grazas ao arbusto leñoso e trepador que resulta do cultivo destas plantas ornamentais e compleméntase cuns soportes. Existe un armazón xa que as glicinas cólganse nas estruturas utilizando as súas ramas para

rubir sobre outras plantas enrolándoas xa sexa no sentido das agullas do reloxo ou en sentido contrario. É por isto que poden subir ata 20 metros do chan e uns 10 metros cara aos lados. Na primavera logran cubrir case 1.000 metros cadrados da cidade de Kawachi. Pódense atopar diferentes tonalidades nas flores que dá como froito esta planta. As cores dependen da especie e varían entre branco, azul, púrpura, rosado, amarelo e violeta. Xeralmente alcanzan entre 10 cm e 1 metro de longo. O lugar máis espectacular do xardín é o túnel da Wisteria que permite aos visitantes camiñar baixo unha explosión de cor e aromas tan máxicos que non se poden describir, ben podería ser o túnel de flores máis bonito do mundo.

Desde 1977, os mestre xardineiros comparten co público a beleza das súas fuji (o seu nome xaponés). Prefiren non darlle moita publicidade para que o lugar sígase mantendo tranquilo e íntimo. Dicirvos que é un sitio privado por iso os visitantes deben pagar a entrada. En tempada baixa o ingreso custa 300 yenes ( uns 2.26€ ) e en tempada alta sobre 900 yenes (case 7 €). Desde Tokio o percorrido para chegar aos xardíns é de 5 horas se viaxas no tren Nozomi de alta velocidade, penso que este transporte é a mellor opción, pois a outra é en taxi e sae moi caro. Se tedes pensado ir de vacacións a próxima primavera e non tedes claro a onde, esta podería ser unha opción de viaxe fantástica, relaxante e fermosa.

COMIDAS E CEAS DE GRUPOS. OS DOMINGOS COCIDO

Camiño do Sobreiro, 101 36205 Vigo 687 466 277

Zona Martínez Garrido, Est. Autobuses)


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida e Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso.

Este xornal imprimiuse en papel reciclado

Depósito Legal: VG-195-2011

MIRADAS DO NADAL Reportaxe gráfico de Berlín J.Giráldez

Reportaxe gráfico de José Durán

ADEGA DO PESCADOR Churrasquería - Restaurante - Parrillada

Una churrasquería de las de antes, asamos con leña a su vista y al momento. Preparado por un gran maestro con más de 60 años de oficio que avalan que su asado esté en un punto óptimo.

Verdeal, 43 - DOMAIO 986 32 66 96 - 666 88 50 88

CARNES DE ALTA GAMA

- Chuletón linea Gustas (Premium) - Churrascos - Picaña y entrecot de Angus americano de Dakota del Norte. LA MEJOR DEL MUNDO ANGUS

Disponemos de salón privado para comidas de empresa, grupos y familia.

ANovaPeneira87. Finais de decembro 2017  

ANovaPeneira e Hermes&Atenea. Finais de decembro 2017

ANovaPeneira87. Finais de decembro 2017  

ANovaPeneira e Hermes&Atenea. Finais de decembro 2017

Advertisement