A Nova Peneira 92. Finais de Maio 2018

Page 61

Finais de maio 2018 [ XIII]

ENTREVISTA Forte, moi forte. Estamos nunha fase expansiva coa aportación de novos afiliados e afiliadas, mozos e mozas con ilusións renovadas, mesturadas coa experiencia dos que somos máis veteranos. A nosa pretensión é de sermos un sindicato de rúa, de traballarmos nas fábricas e tamén nas escolas. Iso que dis, agrádame moito e tamén me sorprende. Ti e eu somos da mesma quinta. Na nosa mocidade, a nosa xeración estaba moi politizada, o nivel de conciencia política e sindical era enorme. Agora non é así. Existe unha desafección moi importante coa política, e especialmente significativa na xente máis nova. É aínda posible Ricardo, captar mozos e mozas con potencial para asumir compromiso sindical? É necesario e tamén posible. De feito eu creo que é máis posible agora que hai 15 anos. Nos anos 80 e 90 as oligarquías económicas son responsables de narcotizar á sociedade, transmitindo a falsa sensación de que coa “democracia” xa estaba todo conseguido, e non había nada polo que loitar. Pero agora, a mocidade estase decatando de que os estudos non lle serven para acceder ao mercado laboral en condicións dignas. Os mellores postos de traballo, están vetados para as fillas e fillos das clases traballadoras Inventáronse os másters para iso creo eu. Sen dúbida. Iso pode acender tamén o ánimo de pelexa sindical. O problema que temos é o do sindicalismo traidor.. O SX de UGT Galicia di que “unha huelga general no tiene sentido y que

sólo traería problemas para los trabajadores y para los ciudadanos”... Non espero outra cousa da UGT. Agora estamos nun contexto de reflotación sistémica tanto de UGT como de CCOO. Nun primeiro momento, apretáronos cos plans de formación, pero agora decatáronse de que os necesitan para diminuír a conflitividade social, e como van ser reflotados economicamente non se poden pór na tesitura de apoiar unha folga. Pero iso non é sindicalismo. Eu téñoo claro desde hai moito tempo. O 1º de Maio, o SX da CIG avanzaba a convocatoria de Folga Xeral para o 19 de Xuño. Falaron contigo? Tivemos a primeira conversa o día 2Nós entendemos a necesidade dunha folga xeral, pero claro xa nos ven o tema un tanto estruturado. Sénteste ofendido porque non tiveran falado con vós antes da convocatoria oficial? Non, ofendido non, pero si entendo que para que unha folga xeral triunfe ten que haber un exercicio previo de acordos e de formulación do traballo. Un traballo de base inmenso. Que quede claro porén, que nós non lle negamos o protagonismo á CIG, que ten que ser quen a convoque. Despois de termos realizado esta entrevista vas ter unha xuntanza con Paulo Carril. Cal vai ser a túa posición nesa reunión? Direille que temos certas reticencias na forma, pero na necesidade dunha folga xeral estamos absolutamente de acordo, sen o máis mínimo aceno da dúbida. Para calquera que teña unha

cativa, só cativa conciencia de clase, é impensable non dar unha resposta ante a situación na que se atopa o país. Para quen non teña esa conciencia. Por que é necesaria para ti, unha folga xeral? O mercado laboral está cada vez peor. Traballamos máis tempo, por menos cartos e en peores condicións. Os dereitos son cada vez menores, e polo principio de xustiza e dignidade cómpre dar unha resposta. E por outra parte como pobo, como país nos están desestruturando. Vós vedes nas rúas e nas fábricas a figura do traballador pobre? Cada vez máis. Hai amplos segmentos de persoas, que malia que traballen non poden chegar a fin de mes. Eu considero que a existencia de dúas centrais sindicais nacionalistas cun corpus teórico moi semellante, A CIG e a CUT, é un erro de calado. Eu entendo que habería que buscar a maneira de pechar vellas feridas e camiñar cara a fusión. Eu coincido. E por que non se fai? Eu creo que ese camiño tarde ou cedo terá que darse. Pero non abonda cunha declaración de intencións, hai que dar pasos, e necesitamos crear dinámicas de unidade sindical, de facer xestos que nos fagan sentirnos cómodos a ambos. Por exemplo, no último congreso noso, nós convidamos á CIG, e nin sequera nos contestaron. Exemplo da unidade que falas podería ser o tema de Pescanova? Por exemplo. Ese é un caso de unidade sindical que conseguimos acadar os

compañeiros da CIG e da CUT á que se sumaron USO e UGT, e grazas a iso salvamos unha situación complexa e conseguimos os obxectivos. O tema da xustiza está nunha fase de estancamento. A min chamoume a atención o resultado da votación dos traballadores coa vitoria da posición máis combativa e as valoracións de Rueda referentes a que ese non foi un referendo no que se votara con liberdade ? Pero a dereita sempre reacciona así.:” As eleccións son para que eu gañe, senón non son “democráticas” “.Acórdate daquela entrevista de Suárez con Vitoria Prego, na que recoñecía que non convocaron unha votación para escoller entre monarquía e república porque tiñan datos que precedían a vitoria da opción republicana. Este conflito da xustiza é de longa distancia, o tema non está rematado. Rematamos Ricardo agradecéndoche a túa amabilidade. Velaí tes as nosas páxinas para tirar a mensaxe que desexes. Eu quixera animar a todas as traballadoras e traballadores que lean esta entrevista a que sindicalicen. Tanto se as súas condicións laborais son óptimas como se non o son. O feito de que hoxe esteas ben, non asegura que o esteas no futuro. A conciencia de clase, a solidariedade entre traballadores e traballadoras é a única forma posible de combater os abusos, e de protexer a quen sofre a inxustiza. Tede a certeza que na CUT sempre atoparán un sindicalismo honesto e combativo na defensa dos intereses da clase obreira.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.