A Nova Peneira Número 100. Outubro 2018.

Page 94

[ XXXVIII] Outubro 2018

O Concello dota de pluviais e pavimento de asfalto un camiño que foi obxecto dunha “chapuza” no mandato anterior

Ponte Caldelas afronta os problemas de acceso a vivendas na Insua

PONTE CALDELAS.

A aposta polo rural, que se está a traducir na reparación de camiños e infraestruturas nos 33 núcleos de poboación de Ponte Caldelas, chega tamén á parroquia de A Insua, onde veñen de comezar as obras de reparación do camiño de acceso a media ducia de vivendas. O Goberno municipal (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) está realizando unha nova campaña de obras no rural coincidindo cos principais problemas postos de manifesto pola veciñanza dos diferentes lugares. A mellora dos pavimentos, a dotación de augas pluviais e reparación de muros de contención son o eixe principal destas actuacións. O camiño da Insua conecta coa estrada autonómica e constitúe o único acceso a este grupo de vivendas, algunhas delas habitadas de xeito permanente, outras

de xeito ocasional e algunhas en proceso de restauración. O Goberno local atopouse con que os seus antecesores chegaron a facer unha obra parcial que quedou abandonada. Así, os algo máis de 100 metros de camiño contan con só parte do seu percorrido con tubo de recollida de augas pluviais. Sen embargo, nin chegaron a colocarse as grellas de fundición para tapar as arquetas. O resultado foi que o firme de formigón quedou parcheado e, co tempo, deteriorado.

Plaza de Cotobade, 8 Ponte Caldelas

Praza Pedreira, 5 986 768 046 671 472 290 A Lama

A SCD Ponte caldelas estrea cores na segunda equipación con vitoria diante do Cotobade 1-0 PONTE CALDELAS.

A Sociedade Cultural e Deportiva Ponte Caldelas estreou recentemente a segunda equipación, con cambio radical de cores, cunha traballada vitoria (1-0) diante do Cotobade. O novo uniforme, con camiseta e medias vermellas e pantalón negro, foi doado polo seu patrocinador principal, que é o Concello de Ponte Caldelas. Á estrea, que se produciu nun partido como local no campo de Chan da Barcia, asistiron o alcalde, Andrés Díaz, e o tenente de alcalde, Lito Muíños en representación do Goberno municipal tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG). O equipo verdibranco substitúe así a habitual segunda equipación,

completamente branca, dado que daba lugar a problemas pola coincidencia con algúns equipos da categoría que tamén teñen o verde e o branco no seu uniforme principal. Durante a estrea comentouse tamén o porqué das cores verde e branca no equipo de Ponte Caldelas. Un feito que se debe a que un dos seus fundadores, no ano 1974, quixo homenaxear ao equipo dos seus amores, que é o Racing de Ferrol. Manolo "Soledad", como é coñecido na localidade, fixo o servizo militar na Cidade Departamental e de alí trouxo a súa querencia por estas cores que agora unen aos equipos ferrolán e caldelán.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.